ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 3º ESO
Imaxe: Ribeiro Simoes, P: Faces, visions, things to see (https://www.flickr.com/photos/pedrosimoes7/24982877445)
Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación Orientación IES Monte Carrasco Cangas –Pontevedra
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
ACTIVIDADES DE AUTOCOÑECEMENTO
O autocoñecemento é un bloque de actividades dentro da orientación académica e profesional que ten como obxectivo reflexionar sobre os propios intereses e expectativas de futuro. Tamén trata de fomentar a toma de conciencia sobre a importancia de coñecer os intereses profesionais e persoais á hora de realizar unha elección académica e/ou profesional.
Antes de empezar coas actividades, podemos poñerlles un vídeos que están aloxados na Aula Virtual/ Departamento de Orientación / 3º ESO/ motivándonos
As actividades propostas neste documento han de desenvolverse no orden proposto e recollerase a actividade do alumnado para entregarllo á orientadora. A finais de curso todas as actividades recollidas seranlle devoltas ao alumnado.
Despois de realizadas as actividades propostas neste documento, na Aula Virtual / Departamento de Orientación / 3º ESO/ tema “coñecéndonos”, hai unha serie de cuestionarios que o alumnado pode cubrir online e que poden axudarlle a descubrir a súa vocación: .- Test de autoevaluación da Consellería de Educación do Goberno de Asturias .- GR, Gran Recorrido Lembrar que tamén está a súa disposición o programa orienta, que no apartado de cuestionarios tamén pode axudarlle.
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Coñece ben (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)
PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para facilitar o coñecemento entre compañeiros e compañeiras e a reflexión sobre a nosa propia imaxe. DESENVOLVEMENTO a) O/a titor/a explica ao alumnado para que esta actividade: tratar de coñecer mellor ao noso compañeiro/a e reflexionar sobre nós mesmos. Colócase ao alumnado por parellas. b) Repártase a ficha, “Coñece ben…”, unha para cada alumno. Lese en voz alta e acláranse as dúbidas que xurdan. Antes de empezar repártase tamén a ficha complementaria “cualidades”; isto axudaralles a pensar sobre si mesmos. c) A continuación danse 15 minutos para que cada membro da parella entreviste ao seu compañeiro/a, segundo a ficha que se ten repartido; cada un cubrirá a ficha segundo o que lle conteste o compañeiro/a. No nome da ficha porá o do compañeiro/a entrevistado/a. d) Antes de que remate a clase, a titora recollerá a ficha do alumnado e entregaralla á orientadora. e) Finalmente, cada parella presentará ao seu compañeiro/a, segundo o recollido na ficha. Ábrese un debate, en torno ás seguintes preguntas: .- Que importancia ten o aspecto físico para vós? .- A que se lle dá mais importancia, ao aspecto físico ou á personalidade? Ten a mesma importancia en homes e mulleres? .- Podemos dicir que hai unhas cousas que se lle dan ben os homes e non ás mulleres e ao revés?
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Ficha para o alumnado: coñece ben… NOME E APELIDOS____________________________________________ CURSO ______________
Recolle nesta ficha a información que che dá o teu compañeiro/a. Lembra utilizar sempre aspectos positivos. En cada apartado, debes recoller un mínimo de 3 e un máximo de 5 aspectos sobre o teu compañeiro/a.
Características físicas coas que te sentes a gusto
Describe aspectos da túa personalidade cos que te sentes a gusto (para este apartado pode axudarche consultar a lista que está no reverso, “cualidades persoais”, pero podes engadir outras distintas).
Describe que cousas se che dan ben.
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Ficha complementaria para o alumnado: coñece ben…
Pensa si te identificas con algunha destas cualidades persoais: persoais:
Fortaleza
Humildade
Debilidade
Humor
Coraxe
Modestia
Pasividade
Atrevemento
Obediencia
Intelixencia
Coherencia
Orixinalidade Orixinalidade
Receptividade
Audacia
Prudencia
Competitividade
Caridade
Responsabilidade
Dependencia
Cordura
Sabiduría
Independencia
Credulidade
Sinxeleza
Bo xuizo
Elocuencia
Sensatez
Tenrura
Discreción
Sinceridade
Valentía
Elegancia
Tolerancia
Beleza
Esixencia
Vergoña
Xenerosidade
Fidelidade
Vontade
Lealtade
Xenialidade
Optimismo
Sensibilidade
Imaxinación
Amabilidade
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Teño aptitudes (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)
PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para coñecer e reflexionar sobre as nosas aptitudes. DESENVOLVEMENTO a) O/a titor/a explica ao alumnado para que esta actividade: tratar de coñecer e reflexionar sobre as nosas aptitudes. Explica o concepto de aptitude: Unha aptitude é unha disposición natural ou adquirida para efectuar unha tarefa. Hai moitos tipos de aptitudes. Aquí ímonos centrar naquelas que poden influír no teu futuro académico
b) Repártase a ficha, “Teño aptitudes!”, unha para cada alumno. Esta é unha actividade individual. Cada alumno seleccionará da lista cinco aptitudes que crean ter. Para iso disporán de 10 minutos. c) A continuación, voluntariamente o alumnado compartirá as aptitudes seleccionadas. d) Finalmente, o titor/a abrirá un debate sobre como poden influir as nosas aptitudes nas eleccións futuras que fagamos, no ámbito dos itinerarios formativos. e) Antes de que remate a clase, a titora recollerá a ficha do alumnado e entregaralla á orientadora.
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Ficha para o alumnado: teño aptitudes!
NOME E APELIDOS____________________________________________ CURSO ______________
Cada un de vós, riscará cinco aptitudes que creas ter.
(1) Extraídas de: Instituto de la Mujer de la región de Murcia (2005) Guía de orientación Profesional: El futuro está en tus manos, haz una elección profesional sin restricciones. IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
A miña traxectoria académica (Actividade baseada no Programa de Orientación Académica e Profesional para alumnado de ESO desde el enfoque de competencia básicas: Construyo mi Futuro. Cuaderno del Estudiante 3º ESO. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)
PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Para analizar a traxectoria escolar do alumnado, para que valore as súas posibilidades e limitación antes de tomar unha decisión con respecto ao seu futuro académico. DESENVOLVEMENTO a) O/a titor/a explica ao alumnado para que esta actividade: comprender a importancia de ter en conta os resultados académicos á hora de facer unha elección académica e/ou profesional. b) Para iniciar a actividade, a titora abre un debate: É moi importante que cada persoa coñeza a súa traxectoria académica e saque conclusións antes de tomar decisións.
Credes que existe relación entre os resultados académicos e as eleccións académicas e/ou profesionais?
c) Para apoiar as súas argumentacións, a titora pode utilizar este material: Os resultados académicos dependen dun gran número de variables que conflúen de maneira variable en cada persoa. Entre as variables que mais inflúen no rendemento académico están: .- Querer: interese, motivación, esforzo .- Poder: intelixencia, capacidades, aptitudes,... .- Saber: técnicas de traballo axeitadas Estas variables non son inmutables en cada persoa, o traballo fai desenvolver as capacidades intelectuais e axuda a crecer como persoa, ao tempo que permite o acceso a diferentes estudios e/ou profesións.
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
d) Despois deste debate inicial, a titora reparte a ficha “a miña traxectoria académica”. Lese a ficha co alumnado e explícaselle como cubrila. Deterase especialmente na segunda tarefa da ficha, as discrepancias, aclarando as dúbidas que poidan ter. e) Dáranse 10 minutos para cubrir a ficha de modo individualf) Pasado este tempo, invítase ao alumnado a reflexionar sobre o seguinte:
.- Resultouvos fácil pensar sobre a vosa traxectoria académica? .- ¿Alguén quere compartir as discrepancias que atopa entre os resultados académicos, o que lle gusta e o que se lle dá ben?
g) Antes de que remate a clase, a titora recollerá a ficha do alumnado e entregaralla á orientadora.
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Ficha para o alumnado: a miña traxectoria académica
NOME E APELIDOS____________________________________________ CURSO ______________
Completa esta cadro, reflexionando sobre a túa traxectoria académica:
ASIGNATURA
Teño bos resultados? Gústame? Non
Ás veces
Si
Non
Ás veces
Dáseme ben? Si
Non
Ás veces
Si
Lingua Castelá Lingua Galega Matemáticas Xeografía e Historia
Inglés Tecnoloxía Bioloxía e Xeoloxía
Física e Química Música Plástica Outras:
Destaca algunha discrepancia entre os resultados, o que me gusta e o que se me dá ben:
IES Monte Carrasco Departamento de Orientación
Orientación Académica e Profesional 4º ESO