Información Académica para alumnado de 3º ESO

Page 1

3º ESO Curso 2016-17

Fonte da imaxe: Pixabay

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco


ESTRUTURA DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Avaliación e Promoción na Educación Secundaria Obrigatoria

O alumnado que no mes de xuño suspenda algunha materia deberá presentarse as probas extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro. Pasará a 4º de ESO, o alumnado que, tras as probas extraordinarias de setembro, aprobe todas as materias (do curso actual e as pendentes). Tamén promocionará a 4º de ESO, o alumnado que suspenda unha ou dúas materias, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Castelá e Matemáticas ou Lingua Galega e Matemáticas. O alumnado que xa está a repetir 3º de ESO, pasará a 4º de ESO, pero coas materias suspensas pendentes, polo que deberá aprobalas durante o curso de 4º de ESO. Cada curso só pode repetirse unha vez e só se pode repetir 2 veces na Educación Secundaria Obrigatoria. IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


Polo tanto, a idade límite para permanecer na ESO son os 18 anos. O ano no que se cumpre os 18 anos, xa non se pode un matricular na Educación Secundaria Obrigatoria, na modalidade ordinaria.

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria o BOE do Estado do 10 de decembro de 2016, publica un RD-lei 5/2016, que modifica a implantación da LOMCE deixando paralizadas as reválidas tanto da ESO como de Bacharelato; pasando de ser obrigatorias para a obtención do Título da ESO e/ou Bacharelato, a ter un carácter mostral (non se fará en todos os centros) e diagnóstico (coñecer como vai o sistema educativo). Polo tanto, de momento, para a obtención do Título da ESO non será necesario a superación dunha reválida.

Obterá o Título de Graduado en Educación

Secundaria Obrigatoria aquel alumnado que aprobe todas as materias da ESO ou suspenda como máximo dúas, sempre e cando non sexan ao mesmo tempo Lingua Galega e Matemáticas e Lingua Castelá e Matemáticas.

4º ESO O curso de 4º de ESO, constitúe o 2º ciclo da etapa. Ten un carácter preparatoria para ensinanzas postobrigatorias: bacharelato e ciclos formativos de grao medio. Como podes ver no esquema, en 4º de ESO se abren dous itinerarios: Opcións ensinanzas académicas Opción ensinanzas aplicadas Dende a publicación do BOE do 10 de decembro de 2016, non é vinculante o itinerario escollido en 4º de ESO coa opción académica que queiras escoller despois da ESO; non é necesario que escollas a opción de ensinanzas académicas para ir ao bacharelato, nin é necesaria a opción de ensinanzas aplicadas para ir ao Ciclo Formativo de Grao Medio.

4º ESO Materias obrigatorias para todo o alumnado IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


Xeografía e Historia …………………………………………………………………………………… 3 h/semanais Lingua Castelá e Literatura ………………………………………………………………………… 3 h/semanais 1ª Lingua Estranxeira (Inglés)..…………………………………………………………………… 3 h/semanais Educación Física ………………………………………………………………………………………….. 2h/semanais Lingua Galega e Literatura …………………………………………………………………………… 3 h/semanais Relixión / Valores Éticos ………………………………………………………………………………. 1 h/semanal Titoría ………………………………………………………………………………………………………….. 1 h/semanal

Todas as materias dos itinerarios teñen unha duración de 3 h. semanais Lembra que para poder impartir unha materia ten que haber un número mínimo de alumnado. Polo que, non se pode garantir que se respecte na súa totalidade a túa elección.

Ademais, poderás cursar algunha das materias en inglés: música e/ou bioloxía e xeoloxía.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


E despois da ESO, que…

Opcións ao remate de 4º de ESO… 4º ESO Con título de GESO… CFGM

Bacharelato

FP Básica

Formación Profesional

Educación de Adultos

Sen título de GESO…

Proba acceso a CFGM

Proba libre para o título de GESO

1. Con Título de Graduado en ESO

a) Bacharelato: O Bacharelato é unha etapa postobrigatoria do sistema educativo É necesario ter o Título de Graduado en ESO para acceder. Comprende dous cursos académicos, 1º e 2º, e podemos permanecer 4 cursos como máximo. Parta obter o Título de Bacharel é preciso aprobar todas as materias de 1º e 2º, pero non é preciso superar unha reválida.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


A reválida será necesaria unicamente para acceder a estudios universitarios. Esta proba se denomina Avaliación de Bacharelato para o Acceso a Estudios Universitarios: ABAU

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


b) Formación Profesional A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións. A formación profesional ordénase en 27 familias profesionais –grupo de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


Á súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos (grao básico, grao medio e grao superior) co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulos profesionais de formación teórica e práctica.

Cada ciclo ten, polo xeral, unha duración de 2 cursos. Coa superación dun nivel da Formación Profesional, teremos acceso ao nivel seguinte, sen necesidade de superar proba algunha, aínda que só se reservan unha porcentaxe do total das prazas ofertadas.

Acceso á Formación Profesional

2. Sen Título de Graduado en ESO IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


Se rematas a ESO sen obter o Título de Graduado en ESO, podes: a) Obtención do Título de Graduado por outras vías: Educación Secundaria de Adultos (ESA), tes que ter cumpridos os

18 anos no momento do inicio do curso. En Cangas, se imparten a ESA no IES de Rodeira en réxime presencial. Podes preguntar polo réxime a distancia ou semipresencial. Proba libre para a obtención do Título: cada ano a Consellería de

Educación convoca probas libres para a obtención do Título de Graduado en ESO. b) Outras opcións: Formación Profesional Básica: Son programas de iniciación

profesional destinados ao alumnado que non acade os obxectivos da ESO e que teñen como finalidade proporcionarlle unha formación básica e profesional que lle posibilite incorporarse á vida laboral ou proseguir os estudos posteriores. Que requisitos hai que cumprir para acceder a estes programas? Ter entre 15 e 17 anos cumpridos no ano de incorporación ao programa. Non estar en posesión do título de ESO. Ter cursado 3o de ESO e excepcionalmente 2o de ESO. Ser recomendado polo equipo docente e polo Orientador. Ter o consentimento do pai/nai/ titor/a legal. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo e non teñan estudios secundarios completos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio: podes

presentarte a partir do ano en que cumpres os 17 anos.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

A

Orientación Académica 3º ESO


superación da proba dá acceso a calquera ciclo formativo de grao medio en todo o territorio español. Formación Ocupacional: son cursos organizados pola Consellería

de

Economía,

Emprego

e

Industria,dirixidos

a

persoas

desempregadas para mellorar as súas posibilidades de atopar un traballo.

Para iso, estes cursos se basean nun coñecemento

práctico do oficio que queremos aprender. Se estás interesado nestes cursos debes dirixirte ás Oficinas de Emprego.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


SE NECESITAS MAIS INFORMACIÓN

• Pregunta á orientadora • Consulta o blog do departamento de orientación • Consulta o curso da Aula Virtual: Departamento de Orientación / Orientación académica e profesional / 3º ESO

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica 3º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.