O mundo laboral 3º

Page 1

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


PROFESIONAIS INVISIBLES (Actividade baseada no Programa de orientación académica e profesional Rompiendo Esquemas. Consejería de Educación y Ciencia del Principado de Asturias)

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Identificar relacións entre áreas de coñecemento e profesións, así como competencias profesionais. Comenzar a identificar os nosos intereses formativos e profesionais.

QUE TEÑO QUE FACER? Para esta actividade necesitas un ordenador para buscar información. 

A titora disporá ao alumnado por parellas. A cada parella asignaralle unha materia (segundo o cadro adxunto)

Cada parella deberá pensar en profesións relacionadas coa materia que se lles asignou; cubrirán a ficha do alumnado con ata un máximo de 5 profesións. Utilizará como apoio o material subido á Aula Virtual, “elige profesión sin restricciones de género”: Aula Virtual / Departamento de Orientación / Orientación Académica e Profesional / Información para tod@s. No apartado “as profesións”, vai á ferramenta “elige profesión sin restricciones de género”. Disporán de 15 minutos.

Para a posta en común, a titora escribirá na pizarra os nomes das materias en columnas e pediralle a cada parella que diga que profesións pensou.

Unha vez que todas as parellas aporten as súas profesións, a titora abrirá un debate coas seguintes reflexións:

As profesións están escritas en masculino ou feminino? A linguaxe que se utiliza, é indiferente? A continuación, farase unha reflexión sobre a linguaxe sexista e a súa relación coa segregación ocupacional (ver cadro da páxina seguinte) 

Por último, escolleremos algunhas das profesións sinaladas polo alumnado para que nos conten o que escribiron na ficha. Deberíamos escoller profesións pouco habituais, aquelas nas que as mulleres están subreprensentadas,...

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


PROFESIONAIS INVISIBLES Información complementaria para o profesorado

Materias para asignar á parellas: (podemos asignar mais ou menos en función do número de parellas): .- Linguas estranxeiras .- Matemáticas .- Música .- Tecnoloxía .- Bioloxía e Xeoloxía .- Física e Química .- Xeografía e Historia .- Educación Física .- Educación Plástica, Visual e Audiovisual .- Lingua Galega / Castelá e Literatura

Linguaxe sexista e ocupación A utilización dunha linguaxe sexista na denominación das profesións, entre outras cuestións, invisibiliza ás mulleres profesionais existentes. Isto, á súa vez, supón unha falla de referentes profesionais femininos para as rapazas. Nomear en feminino supón recoñecer e valorar o traballo desenvolvido polas mulleres. Segundo algunhas investigacións sobre elección de estudios nos xoves, se producen asociacións estereotipadas de certas profesións con cada un dos sexos, identificando unha tipificación sexual das materias e atopando o seu correlato nas profesións. (Podemos utilizar algunhas das adiviñas que se atopan a continuación para apoiar esta reflexión)

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


PROFESIONAIS INVISIBLES Información complementaria para o profesorado: adiviñas

Un pai e un fillo sufriron un grave accidente. O pai morreu e o fillo quedou malferido.

Foi trasladado a un hospital

para operalo, pero o cirurxán ao velo comentou: non o podo operar, é o meu fillo! (Solución: a nai é a cirurxán)

Dou indios americanos, un neno e outro adulto, están sentados nun tronco.

O neno é fillo do adulto, pero o

adulto non é pai do neno. Como é posible?

(Solución: o

indio adulto é a nai)

Había unha vez dúas xirafas, unha grande e unha pequena; a xirafa pequena era filla da xirafa grande, pero a grande non era a nai da pequena.

Quen é a xirafa grande?

(Solución: a xirafa grande é o pai)

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


PROFESIONAIS INVISIBLES Ficha para o alumnado Co teu compañeiro/a debes pensar primeiro nas profesións relacionadas coa materia que se vos asignou. Como máximo debedes cubrir 5 profesións e como mínimo 3. A continuación, cubriredes os aspectos que se vos requiren desas profesións, utilizando o recurso da Aula Virtual que vos indicou a titora.

Materia que vos tocou Profesións relacionadas coa materia

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

________________________________________ Coñeces a alguén que a desempeñe

Aptitudes principais

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional O mundo laboral


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.