COORD. ED. INFANTIL CEIP Conmeniño
INFORMACIÓN PARA PAIS E NAIS DE ED. INFANTIL
CEIP Conmeniño Campos, 14 B. 36989 O Grove – Pontevedra Tf. Fax: 986 731814 ceip.conmeninho@edu.xunta.es
Durante o verán debemos: •
Preparar ,a nena ou o neno reforzando hábitos que favorezan a súa autonomía en alimentación, vestido, aseo e control de esfínteres
•
acollas e acollelos afectuosamente pero obviando as suas queixas, centrándose no que fixeron , nos compañeiros... Valorar os traballos que poidan levar á casa, interesarse por todo o que aconteceu...
Explicarlle o agradable que resulta o colexio, o moito que vai aprender, os xogos que realizará, os amigos que terá...
•
Posibles reaccións infantís nos primeiros días de clase
Tamén debemos ilusionalo coa roupa, o material e todas as cousas agradables relacionadas co comezo da escola.
•
Lerlle contos sobre o tema, xogar aos mestres, axudarlles a que entablen relación con novos
•
Aferrarse a un material. A nena ou o neno recorre a un obxecto cun valor afectivo importante, xa que éste lle da seguridade é en certa forma vai ser o seu “apoio afectivo”. A
nenos no parque ou na praia etc..
medida que pasa o tempo debemos animalo a desprenderse del.
•
Agarrarse con forza á persoa familiar cando chega o momento da separación. Nunca se debe “arrincar” ó rapaz ou rapaza do seu ser querido, se non que debe ser a persoa
Suxestións para os primeiros días •
• Designar unha persoa de referencia que será encargada de acompañar á nena ou o neno os primeiros días á escola e de facer de ponte entre o contorno familiar e novo espazo que ten que integrarse.
•
Espertar á nena ou neno con tempo abondo para almorzar e vestirse con calma. É mellor non andar ás carreiras.
•
Chegar puntual respectando horarios de entrada para que non perdan rutinas comúns.
•
Facer despedidas afectivas pero curtas, con tranquilidade, sen mentir sobre a onde imos ou sobre o tempo que tardaremos en vir, amosando despreocupación e normalidade. Non prometer o que non se vai cumprir (agora volvo, vou facer un recado, agardo aquí fora...)
•
Sair da aula sen aproveitar un descoido do neno ou da nena, pois se perciben o engano non é fácil que volvan confiar.
•
Non acaparar ó profesorado nos horarios de entrada e de saída, porque deberá ocuparse do resto do alumnado.
•
acompañante a que facilite a separación.
Recoller ás nenos ou nenas con puntualidade para evitar frustracións e disgustos inútiles (os primeiros días fánselles moi longos, pero pouco a pouco iranse acostumando). Neses intres,
Agresión. Algúns nenos e algunhas nenas mostran unha conduta agresiva (morder, pegar, rabuñar…) motivada pola súa inseguridade ou rexeitamento ante a escola.
•
Choros. Esta é unha reacción que ás veces se dá por contaxo, se ven que algún compañeiro ou compañeira chora crearase unha inseguridade que se manifestará en bágoas.
•
Vómito. Esta circunstancia é xeralmente unha consecuencia do choro.