Revista Escolar CEIP As Bizocas 2012

Page 1

O SABICHÓN 19

PÁXINA 1

Olga, 5º Ed. Primaria


O SABICHÓN 19

PÁXINA 2

CEIP “AS BIZOCAS” EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2011/2012


O SABICHÓN 19

PÁXINA 3

Cantarela do caminante Deixo moza no lugar deixo a miña nai soíña quedan pra min o fiar comer e lán na cociña. Levo pan par o camiño levo coxata na man e beberei fresco viño no regato de Chavián.

EDITORIAL:

Como de costume por estas datas,

o

noso

Cen chaves de Sombra. VALENÍN PAZ ANDRADE

amigo

“SABICHÓN “ ……. sae á rúa de novo!. XIANA

GISELA

PATRI

CARMEN

NAILA

XAVI

Un ano máis grazas o esforzo

de

mestres

e

alumn@s poño as miñas SABELA A.

mellores galas. Preséntovos aos alumn@s de 3 anos que este curso chegaron ao colexio. Nesta páxina podedes ler tamén

unha

posesía

do

autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Espero revista!

que

vos

guste a

SABELA O.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 4

5

Visita de Anxo Moure

6

Un mago no colexio

7

Bebidas saúdables

8-9

Samaín

10-13

O Nadal

14,15

Carta aos Reis Magos

16,17

O Guiñol

18,19

Adiviñas

20,21

Día da Paz

22-25

Entroido

26-27

O xardín

28-29

Coida da túa mascota

30-32

Team work in English sessions

33

Letras Galegas

34

Xoga cos números

35

Os sabios insaciables

36-37

Imos medrando

38-39

Educación Vial

40-41

O primeiro ano

42-43

Torneo multideportivo de primavera

44

O noso entorno

45

Despedida


O SABICHÓN 19

PÁXINA 5

Un día do mes de Outubro, estábamos no patio e observamos que alguén se achega pola estrada, ao lonxe parecíanos que viña nun sidecar. Pero a medida que se achegaba ao colexio observamos que viña nunha bicileta, pero unha moi especial. Era Anxo Moure que viña na súa ciclobiblioteca. Anxo adicase a contar contos solidarios para concienciar á xente, tanto pequenos como maiores, para que sexan solidarios. El tamén ten unha ONG que se chama “Bicis pola Paz” , que se atopa en Chantada (Lugo) e nace no ano 1990 . O obxectivo de Bicis pola Paz é As Árbores da Paz, de Anxo Moure é fomentar o ecotransporte nos proxectos de desenvolvemento. Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios…. en máis de vinte países de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes no estado español. Grazas a unha bici un médico pode chegar a tempo para salvar a vida dunha persoa, un mestre pode atender máis escolas ou un inmigrante atopar e desprazarse a un traballo digno. Trouxo un carballo dentro dunha bota e co seu atrapacontos estivo toda a mañá contando contos aos nenos do colexio, desde infantil ata 6º. Sobre as 12:30 marchou na súa ciclobiblioteca, deixounos o carballo no colexio para prantar no noso xardín.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 6

No mes de novembro contamos coa visita dun mago, os alumn@s de infantil e 1º ciclo puidemos disfrutar dos seus trucos, con aros, cordas,….. O máis divertido foi cando saíu Hugo e o disfrazou de mago.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 7

Un ano máis contamos co taller de bebidas saúdables, organizado polo SPAD municipal. O principal obxectivo deste taller é concienciar aos nen@s da importancia de tomar froitas e verduras e ensinarnos como as podemos preparar e tomar. Primeiro ensináronnos as froitas, moitas xa as coñecíamos, poro outras como o caqui non. Tamén nos falaron das súas propiedades.

Logo ,nos mesmos puidemos elaborar os nosos zumes e licuados

A ver que cara poñen, logo probo eu.

Despois do traballo que nos dou preparalos non íamos quedarnos sin probalos.

Esta para chuparse os dedos!

Dirás os beizos!


O SABICHÓN 19

PÁXINA 8

Como é habitual nos útimos anos, celebramos o Samaín no colexio. Unha vez máis unha das actividades máis destacadas foi a exposición de cabazas. Este ano tamén se levou a cabo un concurso de relatos e historias de medo, entregando un agasallo aos gañadores en cada categoría. Non faltaron tampouco as tradicionais festas de disfraces nas aulas.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 9


O SABICHÓN 19

PÁXINA 10


O SABICHÓN 19

PÁXINA 11

Este ano corría o rumor que debido a crise Papa Noel chegaría andando, outros comentaban que podría vir na ciclobiblioteca de Anxo Moure, algúns incluso comentaban que desembarcaría nun barco pirata no porto de Pedras Negras, pero ao final non atinou ningúen.

Grazas a axuda de Iago, Papa Noel chegou ó seu trono, desde o mesmo puído ver e escoitar as panxoliñas dos rapaces e rapqzas do colexio.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 12

Despois das actuacións, Papa Noel entregou un agasallo a cada nen@, momento que aproveitamos para sacar unha foto con el, ao rematar fixemos as fotos por grupos. Tamén entregou un agasallo a Rosa ( encargada da limpeza ) e a Moncho (o conserxe). Os dous estiveron de baixa a partir desta data, desexamoslle unha boa recuperación.

Neste momento Papa Noel despediuse xa que lle quedaban moitos colexios e fogares que visitar. Logo, diriximos ao ximnasio, onde tiveron lugar as exhibicións de taekwondo e baile , para rematar cunha merenda. Como podedes observar o colexio estaba decorado para a ocasión, este ano tiñamos unha fermosa árbore , cargada de adornos feitos polos alumn@s e as súas familias, e ao seu carón un boneco de neve que fixeron os alumn@s de infantil e os de 1º e 2º ciclo.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 13

Os alumn@s escribiron as súas cartas aos Reis Magos, pero nesta ocasión non pedían xoguetes, nin obxetos materiais . As súas peticións referinase a valores e a mellora da calidade de vida das persoas. Había cartas moi fermosas, moitas delas cargadas de sentimentos, nas que os alumn@s pedían pola mellora dos seus familiares ou se inspiraban en situacións moi próximas a eles. Todas as cartas expuxéronse no taboleiro.

Gustaríame que á miña avoa lle pasara a demencia Espero que este Nadal sexa moi especial porque miña nai vai ter un bebé e eu un irmanciño que penso coidar moito” Gustaríame que todos os meniños que están no hospital nestas datas poidan ter moito cariño porque así non lle doerán tanto as pupiñas” Para os meus tíos desexo que atopen pronto un traballo e para os outros tíos meus que teñan máis tempo para estar coa familia” Quero pedirvos millóns e millóns de tapóns para que se cure pronto Aítana. Gustaríame que todos coidasemos máis dos nosos maiores porque son moi especiais e nos dan moito cariño.

Nesta ocasión quero pedirche que a ver si algún día o meu irmán maior pode chamarme polo meu nome e poder ler con el un conto de Nadal. Tamén quero pedirche polos nenos que nesta datas non teñen que comer, nin xoquetes novos. Eu darelilles moito amor e compartirei con eles todos os xoguetes que eu teño.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 14

Gustaríame pedirlle ao goberno que invirta máis diñeiro en investigación para intentar descubrir medicamentos contra diversas enfermidades como: o cáncer, alzheimer.. Pidovos que rematedes coa violencia de xenero. Que tódolos nenos dos países pobres teñan algo para comer, e se pode ser algún agasallo.Tamén no noso país é um momento difícil, pidovos que ningún neno, máis ben familia pase unhas malas festas. Eu este ano tampouco vou ser egoísta. Que os meus pais teñan traballo. Ter un irmán e unha solución para a diabetes. Ser capaz de falar e escribir galego. Que os coches non contaminen a atmósfera.

Queridos Reis Magos: Quero pedirvos que o meu pai se poña ben e veña pronto para a casa do hospital. Que tódolos nen@s teñan unha infancia feliz e un bo fogar e así ter unha vida digna. Querido Papa Noel teño que pedirche un desexo especial, que o meu avó que está un pouco maliño se recupere axiña.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 15

Un dos proxectos do centro para os vindeiros anos e elaborar material propio a través do cal os alumn@s podían aprender e traballar os contidos xogando. Aquí tedes un pequeño exemplo elaborado por alumn@s de 6º e 3º que vos invitan a resolvelo.

PASAPALABRA DE ANIMAIS A B C D E F G H I L M N

Grupo de animáis máis numeroso

Ñ O P R S T U

( Contén) Lugar onde as aves poñen os seus ovos

V X Z

Os peixes e algúns anfibios respiran por elas Segundo a súa almentación os animais poden ser omnívoros, herbívoros e Xuntamos as patas de dous insectos e temos unha Tipo de invertebrado con coiraza espiñenta Mamífero mariño Ártrópodo mariño Os anfibios respiran a través da súa fina pel, cando está ……………… Animais con 6 patas e dúas antenas Nome dun mamífero Grupo de vertebrados no que as nais aleitan as súas crías Crústaceo mariño , de cor “vermella” (cando está cocida) Teñen forma de bola e unha coiraza espiñenta Os mamíferos, réptiles, aves,… respiran por Animais con catro patas hacía ós lados Reptil que non ten patas A boca das medusas é unha abertura rodeada de ________________ velenosos. As extremidades dos lagartos rematan con catro _______________ afiadas Mamífero do que obtemos leite e outros produtos Nome dun peixe (Contén) Os carnívoros o fan para alimentarse

ÁRTROPODOS


O SABICHÓN 19

PÁXINA 16

Este guiñol fixéronno os alumn@s de 5º, e durante a semana do teatro representáronno aos nen@s de infantil e do 1º ciclo.

Ola nenos, vouvos contar a historia dunha familia de animais que vivían nunha granxa. Como eran tan aventureiros, non facían máis que meterse en liortas. Prestade atención.

CABALO: Que calor vai! Imos dar unha volta? POLIÑO: A onde queredes ir ? VACA : Imos ao monte ou á praia ? TODOS : Ao monte, ao monte ¡! POLIÑO : Siiiiiiiiii, alí hai herba, sombra e auga.

VACA : perfecto, poñámonos en camiño. CABALO : Uff!! Que canso estou !! Descansamos un pouco nesta pedra ? AHhhhhhhhhhh! OURIZO : Coidado, aplástasme ¡! CABALO : Sintoo, confundinte cunha pedra. POLIÑO : Pero...ti quen es ? Vives por aquí ? OURIZO : Eu son o ourizo, vivo nesta fraga e teño algúns veciños... O León, O loro... Pero, vós a que andades ? VACA : na granxa temos calor, sede, fame e… non temos libertade, e gustaríanos saber como se vive aquí nesta fraga, coñecer mundo e ...ser libres.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 17

OURIZO :Vide, vide que vos presento ós meus amigos. LORO : Coma sempre o noso feroz león recibe aos invitados cun salvaxe ataque, mirade, mirade. LEÓN : UMMM!! Polo de primeiro, de segundo vaca e para o postre paxaro. LORO :Pero o valente cabalo namais coñecer a intención do León..... CABALO : PAM– PAM-PAM!. Deixou ó león KO. LORO : xa sen problemas de ataques, todos xuntos foron en busca da felicidade. POLIÑO : Kikirikiii, mentres tanto medrei, cheguei a Balea e son o rei do galiñeiro da avoa Carmen. VACA : Muuuuuuuuu!, Eu cheguei a Reboredo e agora son a leiteira do pobo. CABALO : EU cheguei ó Grove e...todo aquel que queira galopar non ten máis que avisar. OURIZO : Pois Eu cheguei a Reboredo, coido moi ben as hortas e se queredes fágovos TORTAS. LORO : Eu voei ata as Baladas e con Antón e o seu balón xogamos un montón. LEÓN : Pois eu, co tortazo do cabalo do planeta Terra quedei trasplantado. Agora vivo en San Vicente rodeado de moita xente. E COLORÍN COLORADO ESTA HISTORIA ESTÁ ACABADA. Os nenos e nenas de 5º curso: Olga, Sandra, María, Airis, Antón e Adolfo.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 18

Os alum@s de 5º de Eduación Infanil (4 anos) poñen a proba a vosa habilidade para resolver adiviñas . Cos seus debuxos a tarefa é moi doada.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 19


O SABICHÓN 19

PÁXINA 20

Cada clase creou un lema para a Paz, que logo escribimos no chan coas nosas pegadas. Estas partían do lema “Pasiño a Pasiño polo camiño da PAZ” , para rematar na “árbore da PAZ”, co lema “Non hai camiño para a PAZ, a PAZ é o camiño” A árbore estaba chea de pombas que fixemos nas casas coas nosas familias:


O SABICHÓN 19

PÁXINA 21


O SABICHÓN 19

PÁXINA 22

Un ano máis o entroido do colexio foi unha festa chea de colorido e diversión. Este ano os disfraces xiraban en torno o tema dos oficios. Comezou o desfile pintores de infantil, que nos soprenderon coa súa creatividade e nos amosaron as súas obras de arte.

Remataron o desfile os pintores, pero a cor seguiu presente. Os sabios do 1º ciclo viñan cos seus mellores atuendos para o baile e nos ensinaron os nomes dos planetas. Estabámolo pasando xenial.

Os presentadores dispoñíanse a presentar aos alumn@s de 3º, nese intre sucedeu un terrorífico accidente. Dous motoristas resultaton feridos de gravidade Menos mal que, grazas as inversións do goberno en materia de Eduación e Sanidade o colexio dispón dos servizos máis avanzados e os equipos de emerxencia non tardaron en chegar.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 23

A rápida e eficaz actuación dos servizos de emerxencia ( Garda civil, bombeiros e médicos) evitou danos maiores e permitiunos seguir coa festa. Mesmo tiveron tempo de bailar o “112 mix”.

No accidente non se viron involucarados animais, pero o colexio tamén conta cun equipo de veterinarios preparados para actuar, neste caso ofrecéndonos una orixinal versión de “Tio Mario, veterinario”

Chegaba o turnos de “As Mariscadoras de Riaso ” , que nos sorprenderon coa súa arte e bo facer para o marisqueo.

Ao rematar a actuación dos de 5º, os presentadores anunciaron que se tiña que ir , o seu avión partía hacía Bizocas nuns intres.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 24

Instantes despois a tripulación do Airbus 302 procedente de O Bao, aterraba no aeroporto de As Bizocas para invitarnos a viaxar con eles ( “Viaje con Nosostros”). Despois de tanta festa tocaba repoñer enerxías, fumos ao ximnasio para degustar os produtos típicos do entroido ( filloas, frores,…) que os rapaces trouxeran da casa.

Co traballo que nos deu facelo e agora a queimalo! Por mandarnos vir con estes farrapos!

O venres queimamos ao Meco, este ano non houbo indulto. A ver si para o ano ten maís sorte.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 25

Este ano no colexio moito imos traballar de diferentes oficios nos imos disfrazar. Polo Entroido nas Bizocas, moi ben o imos pasar tanto profes como alumnos ata os de enfronte aló no bar. Aproveitade ben as festas que o curso está a rematar e os exames e as notas xa están a chegar. Bo entroido meus señores e coidado co xantar, que con tanto cocido aínda ides reventar.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 26


O SABICHÓN 19

PÁXINA 27

Noticia de “La voz de Galicia” sobre o noso xardín. Ao final de curso os alumn@s que quixeron participaron na festa de Voz Nautra, que tivo lugar en Coruña. Para o ano seguiremos no programa e iremos ampliando e mellorando o xardín.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 28

No mes de marzo estiveron no colexio Olga e Rosi, dúas coidadoras do Refuxio de animais de Cambados, tamén trouxeron dous cans, que se chamaban Lula e Tobi.

Explicáronnos que coidados debemos ter cos cans. Aos máis pequenos puxéronnos un conto ( na pizarra dixital) , era moi bonito. O fixera un neno que acolleu un can do refuxio. Os alumn@s cóntannos que coidados debemos ter cos nosos cans.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 29

Tamén nos contaron que os cans hai que educalos, nos demostraron o que poden facer Tobi e Lula. Sabían sumar e restar . Falaronnos tamén da labor social que poden facer os cans, sobre todo coas persoas maiores. Invitaronnos a pasar polo refuxio ( os sábados pola mañá) para poder pasear un can,…


O SABICHÓN 19

PÁXINA 30

TEAM WORK IN THE ENGLISH SESSIONS Este ano os compañeiros de 3º ciclo, na clase de INGLÉS, levamos a cabo varios proxectos en grupo. Preparamos entre todos e coa axuda de Jose Luis, o profesor de Música, unha coreografía para acompañar á canción HEAL THE WORLD de MICHAEL JACKSON, que cantamos o Día da Paz.

Celebramos o 200 aniversario do nacemento do escritor inglés CHARLES DICKENS, un dos autores máis coñecidos da literatura universal. Fixemos un traballo de investigación para coñecer a súa vida,

obra,

citas

célebres, etc. Cando entre todos decidimos que tiñamos suficiente información elaboramos murais que colgamos no pasillo para que todos os nenos do colexio puideran coñecer a este importante autor.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 31

Todos estamos de acordo en que o resultado foi excelente e nos axudou a aprender colaborando uns con outros. Aquí o podedes ver.

Compuxemos a UNION JACK (UNION FLAG), a bandeira do REINO UNIDO; para o que estudamos as diferentes bandeiras que a compoñen (England, Scotland and Saint Patrick from Ireland) así como os diferentes santos patróns dos distintos territorios. Deste xeito tamén revisamos a xeografía das Illas Británicas.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 32

Estivemos “moi caladiños” porque unha das normas deste proxecto era empregar sempre o INGLÉS como LINGUA PARA COMUNICARNOS mentres estabamos a traballar nel; se non o faciamos abandonabamos o proxecto dous minutos (Teacher Sandra tamén saiu moitas veces do proxecto…). O mellor foi que ao final eramos capaces de COMUNICARNOS EN INGLÉS!!!!!

VERY MANY THANKS CHILDREN!!!

YOU ARE A REALLY GREAT TEAM!!!!


O SABICHÓN 19

PÁXINA 33

Este ano o autor homenaxeado nas letras galegas foi Valentín Paz Andrade. Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.alegas estivo adicado a Valentín Paz Andrade “Foi

un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao desenvolvemento económico do País... endexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo debémolo seguir todos”. Camilo Nogueira

Durante o mes de Maio os alumn@s realizaron traballos sobre a vida e obra do autor e tamén tivo lugar a semana do teatro.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 34

CONSIGUE A CIFRA DO RECADRO CENTRAL, SUMANDO OU RESTANDO OS OUTROS CATRO. HAI QUE EMPREGAR TÓDOLOS NÚMEROS

7

1

14

10

9

17

17

8

9

13 23

16

23

12

15

COMPLETA AS SERIES

2

4

8

16

256

1

2

3

5

8

55

1

3

7

15

31

511

2

5

7

10

12

22

CONSIGUE A CIFRA DO CENTRO, MULTIPLICANDO, RESTANDO, SUMANDO OU DIVIDINDO OS DE ARRIBA.

6

25

7

10

933

4

9

2

4

5

100

642

1

9

10

15

8

9

347

7

3


O SABICHÓN 19

PÁXINA 35

Desde que no entroido se disfrazarán de sabios, os alumn@s do 1º ciclo so tiñan unha obsesión:aprender, aprender e aprender. Sempre querían saber algo maís, non facían máis que pedirlle información e libros a súa mestra ( Bea) . Percorreu tódalas librerías e bibliotecas da provincia para satisfacer aos seus alumn@s. Primeiro foi a prehistoria, logo deuselles polos experimentos, máis adiante quixeron saber todo sobre Galicia, o Camiño de Santiago e a comarca de O Salnés. Para rematar deuselles por indagar sobre o “mundo pirata”, pero aquí chegou o máis grave. Comenzron a contaxiar aos demais alumn@s do colexio e todos comezaron a debuxar e pintar sobre o mundo pirata. Agora comentan que no final de curso vai haber un desembarco pirata no colexio, incluso a profe Marga contaxiouse da súa “voracicade polo saber”, a ver como remata isto.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 36

Parece que foi onte cando chegaron ao cole, pero xa pasaron 3 anos. O vindeiro ano verémolos en 1º de Educación primaria. Despidense de infantil contando o que máis lles gustou ou botarán de menos.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 37


O SABICHÓN 19

PÁXINA 38

Este ano continuamos coa Educación Vial, impartida por policías municipais de O Grove. Tivemos charlas semanais durante os meses de marzo, abril e maio. Ensináronnos o significado dos sinais, como debemos ir no coche. Levar casco cando imos en bicicleta e moitas normas máis. Aprendemos moitísimo.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 39

Para o venres 15 de xuño estaba previsto o circuito no que os alumn@s de 3º a 6º conducirían os cars e o máis pequenos practicarían as normas aprendidas desde os seus patinetes e as súas bicicletas. Pero non puido ser debido as condicións metereolóxicas. Os máis pequenos trouxeran as bicis e os patinetes. Ao non poder facer o circuito tiveronse que conformar con dar unhas voltas polo ximnasio.

Esperamos que poidan facer o circuito en vindeiras datas. De todas formas agardamos que estas charlas fosen de proveito e sexamos bos peóns e ciclistas. Lembrade respectar as normas ( levar o casco na bicicleta, cruzar polos pasos de peóns, levar o cinturón no coche e ir no lugar axeitado,…)


O SABICHÓN 19

PÁXINA 40

Os alumn@s de 4º de Ed. Infantil contannos o que máis lles gustou do seu primeiro ano no colexio. Por certo, están moi tristes porque perderon a Carmiña. Non a veríades por ahí?


O SABICHÓN 19

PÁXINA 41


O SABICHÓN 19

PÁXINA 42

Durante o mes de maio disputouse un torneo interescolar entre os diferentes colexios de O Grove ( Bizocas, Conmeniño, Rosalía e Valleinclán). O competición foi os sábados pola tarde, xogando a fútbol, balonmán, baloncesto e brilé. Houbo tres xornadas, a primeira delas foi o campionato de fútbol en Terra de Porto, a seguinte semana tivo lugar o campionato de baloncesto no pavillón municipal . Para rematar o 19 de maio con campionato de balonmán, brilé e a entrega de premios. Esta última xogouse en Terra de Porto

Destacar a boa actuación dos nosos equipos, tanto o feminino como o masculino. Este último un dos mellores equipos en canto a xogo colectivo se refire. As rapazas costoulles entra no torneo pero pouco a pouco melloraron o seu rendemento e so as rapazas de Rosalia conseguiron gañarnos con claridade.

A nivel deportivo estamos moi satisfeitos do rendemento dos nosos alumn@s, pero do que máis orgullosos estamos e do seu comportamento fora do campo. Xa que cando non tiñan partido respetaban aos que estaban xogando e as normas de uso das intalacións.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 43

O 19 de maio tivo lugar a entrega de premios. Con trofeo para os gañadores de cada disciplina e medalla para tódolos participantes. Os gañadores do torneo ( suma de puntos de tódalas disciplinas) tamén recibiron un trofeo. Na categoría masculina resultou gañador Conmeniño e na feminina Rosalia,.

Como podedes ver estes nen@s non paran ( so para relaxarse) , corren, saltan, compiten, escalan ,…..

Nesta foto vemos aos alumn@s do 2º ciclo, en xeral o traballo e o comportamento dos alumn@s nas sesións de EF foi bo. Pero este grupo merece unha mención especial, xa que as clases sempre nos “quedaban curtas”, e todos ( mestre e alumn@s) queríamos seguir máis tempo.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 44

O situación do noso colexio permítenos gozar dunha paisaxe explendida, pero o máis importante é que podemos aproveitar este entorno para realizar diversas aprendizaxes, con especial incidencia nas relacionadas coa matería de Coñecemento do medio. Facemos saídas ao mesmo ( monte, praia,..) nas que a través da observación, a experimentación e o xogo aprendemos. Outros dos obxectivos das mesmas e valorar e respetar o medio natural e aproveitar a posibilidades de lecer que ofrece .


O SABICHÓN 19

PÁXINA 45

Este ano 11 alumn@s rematan a súa etapa de Educación Primaria, a maioría estiveron no centro desde os 3 anos, algúns viñeron despois, como é o caso de Erika que chegou este ano ao colexio. Esperamos que lles vaía todo ben.


O SABICHÓN 19

PÁXINA 46

Gisela, 4º Ed. Infantil


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.