Xavier FrĂas Conde
Compendio de sintaxe galega
Fundamentos de sintaxe galega
© Do texto: Xavier Frías Conde, 2014 © Da edición: Romania Minor www.romaniaminor.net info@romaniaminor.net
Reservados todos os dereitos. Ningunha parte deste material pode ser reproducido sen o consentimento previo escrito do seu autor.
1. A base semántica da oración
1.1. O predicado como núcleo Non se pode entender a sintaxe sen a semántica. Nas teorías lingüísticas actuais que se ocupan da sintaxe concórdase en que a estrutura sintáctica de calquera predicado vén dada pola súa estrutura semántica subradicante, a cal resulta ser un universal da linguaxe. É preciso partir do principio que toda oración está formada arredor dun predicado (PRED) que proxecta toda unha serie de elementos, con maior ou menor complexidade, até alcanzar o significado procurado. É preciso, por tanto, definir que é un predicado. Trátase simplemente dun verbo lexical, isto é, un verbo con significado de dicionario. Iso significa que o 99,99% dos verbos existentes son lexicais. Alén diso, fica un pequeno número de verbos que teñen un papel complementar, que engaden determinados valores ao predicado, coñecidos como verbos auxiliares e modais. Porén, estes segundos adoitan ser ao mesmo tempo verbos lexicais. Véxase por exemplo ir en: (1) Vou ao traballo onde funciona claramente como verbo lexical, mais polo outra lado estoutro exemplo:
Xavier Frías Conde
(2) Vou mercar un auto novo onde funciona claramente como verbo auxiliar en expresión de futuro. 1.2. As proxeccións do predicado Un predicado usado isoladamente poucas veces ten forza para crear unha oración. Pode acontecer en casos como: (3) Chove Porén, o normal é que o predicado proxecte outros elementos que fan posíbel a transmisión de mensaxes, nomeadamente porque a súa natureza semántica llo impón así. Que significa que a súa natureza llo impón? Para entender iso, vexamos o seguinte exemplo: (4) *O meu tío comprou Neste caso, a oración é incompleta, sabemos que se compra algo. Evidentemente falta ese algo. A natureza semántica do predicado comprar envolve que alguén compre algo. Cando engadimos ese elemento que falta, podemos obter unha oración como: (5) O meu tío comprou un computador. Neste caso, a oración será correcta porque se ten satisfeito 6
Compendio de sintaxe galega a estrutura semántica do predicado comprar, ou dito con outras palabras, porque están todas as proxeccións que precisa o devandito predicado. Daquela, todo predicado ten unha estrutura de elementos que precisa para satisfacer a súa natureza semántica. Cada unha desas proxeccións é chamada valencia ou argumento, expresión tomada da química. A estrutura formada polo predicado e mais os seus argumentos é coñecida como cadro predicativo e, seguindo coas comparanzas coa química, equivale á estrutura dunha molécula, cun núcleo e elementos que orbitan ao seu redor. Nun nivel máis abstracto, o cadro predicativo é unha representación semántica que todos temos no lexicón para cada entrada léxica. No caso dos predicados, podemos estabelecelo da seguinte forma:
Máis sinxelamente: Comprar: <x>, <y>
7
Xavier Frías Conde 1.3. Argumentos internos e externos A partir da estrutura vista anteriormente, sabemos que x e y son valencias ou argumentos, mais non todos os argumentos son iguais. Se tomarmos en consideración os dous argumentos anteriores, veremos que un participa na definición do dicionario mentres que o outro pode ser omitido: Comprar: adquirir algo con diñeiro É preciso facer referencia ao que se compra, mais non a quen compra. Se tomamos unha estrutura absolutamente impersoal, veremos que podemos prescindir de <x> mais non de <y>: (6) Son horas de ver a tele Non sería posíbel: (7) *Son horas de ver Pois ben, <x> é o argumento externo, mentres que <y> é o argumento interno, por tanto, o que fai parte do significado do predicado. 1.4. Clasificación dos predicados Non todos os predicados posúen unha estrutura tan sinxela como a mostrada anteriormente: PRED <x>, <y>. Na realida8
Compendio de sintaxe galega de, as posibilidades que se poden atopar en galego e, de facto en todas as linguas románicas, son máis complexas. En calquera caso, estamos a falar de tipoloxía que ten catro categorías a depender do número de valencias requiridas. Por tanto, os predicados divídense nestas catro categoría segundo o número de valencias que requiran, tendo en conta que <x> é sempre valencia externa: Avalentes: trátase de predicados que non teñen absolutamente ningunha valencia porque non a precisan. Son ben poucos os casos, mais entre eles citaremos os verbos atmosféricos: Chover <Ø>: choveu Monovalentes: trátase de predicados que precisan dunha soa valencia, normalmente a externa. Ladrar <x>: o can ladraba Bivalentes: trátase de predicados que precisan dúas valencias. A gran maioría dos predicados pertence a esta categoría. Imprimir <x>, <y>: Xoán imprimiu todo o relatorio. Trivalentes: non son moitos, mais nalgúns casos, certos predicados precisan tres valencias, sendo as dúas últimas internas. Pór <x>, <y>, <z>: A avoa deixou a torta no frigorífico
Ora ben, estas estruturas non son ríxidas. Certos predicados admiten máis dunha posibilidade. 9
Xavier Frías Conde No caso anterior, correr era predicado monovalente, mais en certos contextos pode perfectamente aparecer como predicado bivalente: (8) Meu irmán correu a maratón Neste caso, correr ten claramente dúas valencias. O caso contrario sería o de cantar no primeiro dos dous exemplos seguintes: (9) Este xílgaro non canta (10) O coro cantou unha peza de Mozart Noutros casos, os predicados varían o seu cadro predicativo mudando, ademais, o seu significado. Véxase o caso do verbo deixar que é polivalente: (11) (12)
O Xoán deixou os estudos (= Xoán abandonou os estudos) O Xoán deixou os libros na casa (=Xoán esqueceu os libros…)
1.5. Os elementos opcionais Unha vez vistos os elementos obrigatorios que acompañan o predicado, cómpre fixarse nos que non son obrigatorios, mais que decote aparecen na oración. A idea de seren obrigatorios ou non depende de seren precisados ou non polo predicado. Obsérvese o seguinte exemplo: 10
Compendio de sintaxe galega
(13)
Merquei unhas revistas na estación
Se eliminamos o elemento unhas revistas, a oración carecerá de significado (14)
*Comprei na estación
Porén, se eliminamos na estación, embora o significado non sexa exactamente igual, seguimos a ter unha oración correcta e con significado: (15)
Merquei unhas revistas.
Así visto, os elementos prescindíbeis, aqueles que non fan parte da estrutura nuclear –semántica– do predicado son coñecidos con nome de satélites. Unha vez visto este capítulo introdutorio á semántica dos predicados, poderemos abordar o estudo da sintaxe, porque a estrutura sintáctica de calquera predicado vénlle dada pola súa estrutura sintáctica como veremos ao longo dos seguintes capítulos.
11
Compendio de sintaxe galega
2. A oración simple: funcións internas
2.1. Elementos constituíntes A nosa visión da estrutura da cláusula, sempre centrada no predicado, pode ser representada a partir do seguinte esquema que iremos desenvolvendo ao longo deste capítulo:
Á hora de traballarmos cos constituíntes de que consta calquera oración, cómpre estabelecer unha diferenza ben clara entre: Funcións internas: trátase dos elementos que xera o predicado e que fan parte do esqueleto da oración. Entre eles atópanse o suxeito (SUBJ) e os diversos obxectos (OBJ)
13
Xavier Frías Conde
Funcións externas: trátase de elementos alleos ao cadro predicativo, isto é, non se trata de argumentos. Algunhas funcións internas poden tornarse externas por causa da énfase, da interrogación, etc. Entre elas están o foco (FOC), o tópico (TOP), a interrogación (INT), etc. Categorías: son elementos cun valor nomeadamente gramatical, non semántico, mais que son necesarios para a oración ter lóxica. Entre eles áchanse a negación (NEG), os auxiliares (AUX), os modais (MOD), etc.
En todo o caso, o núcleo da oración é sempre o predicado (PRED). Ao longo destas páxinas faremos unha abordaxe sempre a partir do papel central que este ten e como a cláusula non é senón a máxima proxección dun predicado que medra en capas, tal como se mostrou no esquema da páxina anterior. 2.2. Macrofuncións internas En primeiro lugar, habemos referirnos ás funcións como valencias transformadas en elementos sintácticos. Trátase, xa que logo, dos argumentos, alzados á categoría de suxeito e obxecto(s). Tanto suxeito como obxectos son funcións obrigatorias, mentres que os adxuntos son funcións opcionais, dado que se poden eliminar. Ambos tipos de funcións poden ser apreciadas no seguinte exemplo SUBJ pro
PRED merquei
OBJ1 un libro
ADJ no aeroporto 14
ADJ para a viaxe
Compendio de sintaxe galega O suxeito omitido (ou calquera operador omitido) é marcado con pro, que quer dicir que pode ser recuperado en calquera momento. 2.3. Funcións obrigatorias As funcións obrigatorias son a representación sintáctica dos argumentos do predicado vistos no capítulo anterior. Por tanto, veñen fixadas pola natureza semántica do predicado. O suxeito adoita ser identificado co argumento externo – isto non é sempre así, mais non imos agora analizar excepcións. En galego as máis das veces inicia a oración e presenta concordancia co predicado de xénero e número cando só hai un verbo, mais caso houbese máis de un (auxiliares, modais), a concordancia hase realizar co verbo que lle caia máis achegado. O galego é unha lingua de suxeito cero. Isto significa que pode omitir o suxeito cando este xa é coñecido. Neses casos, úsase pro para indicar que o operador está omitido (mais na GFC o pro úsase para indicar que calquera operador é omitido mais que pode ser recuperado en calquera momento). Ao falarmos de obxecto referímonos a un macroconcepto, pois non hai un só tipo de obxectos, senón varios. Os obxectos correspóndense ás proxeccións internas dos predicados, grazas aos cales o significados poden estar completos (á diferenza do suxeito, que de facto non complementa o significado do predicado). Imos distinguir catro tipos de obxectos: 1. Obxecto directo (OBJ1) 2. Obxecto indirecto (OBJ2) 3. Obxecto rexido (OBJ3)
15
Xavier Frías Conde 4. Obxecto predicativo (OBJ4)
Máis adiante teremos opción de analizarmos os distintos tipos de obxectos e a súa ocorrencia na oración. Polo de agora abóndanos con ver como dous deles poden concorrer nunha mesma oración. Eis algúns exemplos: SUBJ A miña filla
SUBJ pro
PRED contaba
PRED CLT acusáronme
SUBJ pro
PRED deixaron
OBJ1 piadas
OBJ2 ás súas amigas
OBJ1 pro
OBJ3 de suborno
OBJ1 a casa
OBJ4 detrozada
O atributo (ATT) é unha especie de duplicación do suxeito e sempre vai ligado aos verbos copulativos (ser, estar, parecer, tornarse, resultar) SUBJ A xente
PRED está
16
ATT cansa
Compendio de sintaxe galega 2.4. Funcións opcionais Son constituíntes que non son xerados como proxección do predicado, senón que engaden unha información complementar ao conxunto da oración. Trátase na maioría dos casos de adverbios. O seu valor opcional é perfectamente visíbel cando son eliminados: a oración segue a ter significado completo, tal como se observa no seguinte exemplo: (16) (17) (18)
Hoxe tomaremos [OBJ1un bo café] [ADJ no centro comercial] Hoxe tomaremos un bo café *Hoxe tomaremos no centro comercial
O adxunto pode confundirse co OBJ3, nomeadamente cando vén expresado por un sintagma preposicional (SP). Pode, ademais, ter como operador un sintagma determinante (SD) ou un sintagma adverbial (SADV) SUBJ pro
PRED fala
OBJ1 inglés
ADJ moi ben
E aínda o ADJ pode ser confundido co TOP, mais iso hase ver máis para adiante. Nunha oración simple pode haber máis dun adxunto. As dúas referencias máis comúns dos adxuntos son lugar e tempo, mais tamén poden facer referencia a causa, finalidade, consecuencia, etc.
17
Compendio de sintaxe galega
3. O oración simple: funcións externas
3.1. Funcións extraoracionais Até o do agora vimos que existen unha serie de funcións sintácticas marcadas pola natureza semántica do verbo. Non obstante iso, pódense atopar outras funcións que chamamos extraoracionais e que responden a un criterio aínda máis periférico. As ditas funcións están alén o núcleo da oración (SUBJ, PRED, OBJ, ADJ), mais en certas circunstancias, algunhas destas funcións primarias ou intraoracionais poden deslocarse fóra do núcleo. Un exemplo moi claro disto son as cláusulas interrogativas, cando un operador intraoracional –como neste caso o obxecto– convértese (na realidade “móvese á posición de”) en foco. A forma inicial, afirmativa, pode ser representada como segue: SUBJ O Xoán
PRED escoita
OBJ1 a radio
A forma interrogativa é produto dunha transformación: FOC Que
INT escoita
SUBJ o Xoán
19
PRED escoita
OBJ que?
Xavier Frías Conde Máis adiante verase con maior pormenor este proceso. Polo de agora, indicaremos que no cadro funcional–categorial en que se desenvolve este libro, os movementos de operadores seguen unha pauta semellante a como se describen no xerativismo. As funcións extraoracionais que imos describir a seguir –na realidade trátase de funcións pragmáticas inseridas no cadro sintáctico– son: 1. 2. 3. 4.
Foco (FOC) Tópico (TOP) Vocativo (VOC) Interrogación (INT)
3.2. O foco O foco é a énfase que, normalmente, vén colocado no inicio da oración, decote cunha entoación especial. A focalización pode afectar a calquera das funcións intraoracionais, de tal maneira que o elemento que se move á posición de foco deixa unha pegada, isto é, o seu sitio non pode ser ocupado por outro elemento. Nos seguintes exemplos deslócanse dous obxectos cara á posición de foco, isto é, focalízase: FOC O teu irmán
SUBJ pro
PRED CLT vino
20
OBJ o teu irmán
ADJ antes
Compendio de sintaxe galega 3.3. O tópico O tópico é un elemento que soe facer referencia a lugar e tempo (mais tamén a outras cuestións). O máis frecuente é que vaia no inicio da oración, mais tamén pode ir na fin da mesma, mais non é intercambiábel co adxunto, co cal pode ser doadamente confundíbel (e mesmo en determinadas ocasións son indistinguíbeis). O tópico, por mor da súa colocación periférica, ten unha mobilidade maior que o resto dos elementos. Por norma, cando se coloca no inicio da oración, acostuma ir separado por unha coma. Nos dous exemplos a seguir vese como o tópico pode ir tanto na fin como no inicio: TOP Mañá
SUBJ pro
PRED mercarei
OBJ1 fariña
SUBJ pro
PRED Mercarei
OBJ1 fariña
TOP mañá
Cando coinciden nunha oración un adxunto e un tópico, entrambos poden aparecer no final da oración, mais o tópico ten que vir o derradeiro:
SUBJ
PRED
OBJ
ADJ
TOP
Os nenos
xogan
coa bóla
no patio
todos os días
21
Xavier Frías Conde TOP
SUBJ
PRED
OBJ
ADJ
Todos os días
os nenos
xogan
coa bóla
no patio
ADJ
SUBJ
PRED
OBJ
TOP
*No patio
os nenos
xogan
coa bóla
todos os días
Poden estabelecerse unha serie de diferenzas entre o tópico e o adxunto. As dúas principais veñen enumeradas a seguir:
i. ii.
Tópico
Adxunto
Pode ir tanto no inicio como no final Ten unha importancia semántica terciaria
Vai no final, agás no caso de estar focalizado Ten unha importancia semántica secundaria.
3.4. O vocativo Outra función pragmática que presenta certa semellanza co tópico é o vocativo, que en determinadas linguas –non é o caso do galego– pode mesmo presentar unha terminación de caso propia. En galego é moi frecuente que o vocativo veña acompañado dunha partícula, as máis normais son ou! ei! (19) (20)
Ou Pedro, fuches á feira Ei rapaz, en que cousas andas?
22
Compendio de sintaxe galega 3.5. O interrogador O interrogador, como o seu nome indica, é unha función cuxa finalidade é tornar unha cláusula afirmativa en interrogativa. Atendendo para a distinción entre oracións interrogativas abertas e fechadas, caberá entender que a maneira de se construíren tanto as unhas como as outras é diferente. As interrogativas abertas son máis complexas, pois que precisan un interrogativo xunto cun foco cuxo operador se deslocou desde unha función intraoracional. Vexamos xa que logo cal é a estrutura dunha cláusula interrogativa fechada onde só a entoación é interrogativa: INT [↗]
SUBJ pro
PRED tes
OBJ1 fame?
Porén, as veces o operador do INT non é só a entoación, senón que o predicado se move ao oco do INT, movemento totalmente opcional en galego: INT Trouxeron
SUBJ os nenos
PRED trouxeron
OBJ1 os saios limpos?
Existe unha terceira hipótese que consiste no emprego dunha partícula interrogativa no oco do INT. É moi común o uso de seica:
23
Xavier Frías Conde INT Seica
SUBJ pro
PRED tes
OBJ1 fame?
As interrogativas abertas precisan, como indicamos máis arriba, un interrogativo que pasará a ocupar o posto ao lado do FOC, de xeito que de facto as interrogativas son un tipo de focais moito máis complexas. A focalización máis común é a do OBJ1: FOC Quen
INT viches
SUBJ pro
PRED viches
OBJ quen
ADJ no parque?
Aínda que non se trata dun cadro completo, os principais tipos de cláusulas dependentes veñen recollidos na seguinte táboa: Tipo Condicional Temporal Concesiva
Función Tópico Tópico Tópico
Consecutiva Causal Final
Tópico Adxunto Adxunto
Completiva
Obxecto Suxeito
Exemplo Se tes fame, colle algo do frigo. Cando chegues, chámame. Aínda que esteas canso, espera un chisco. Como rompiches a porta, has pagala. Has pagar a porta, porque a rompiches. Merca un auto novo para facer tantas viaxes Non quero que sexas así Xa me farta que me ignoredes.
24
Compendio de sintaxe galega
4. A oración simple: as categorías
4.1. As categorías Como xa ficou dito, as categorías son basicamente elementos gramaticais que son necesarios para fornecer unha estrutura sintáctica á cláusula. A maior ou menor complexidade lingüística dos idiomas naturais pode precisar a explicitación dun número maior ou menor de categorías, embora a maioría das categorías poidan ser consideradas universais. Para o galego, imos introducir as seguintes categorías, todas elas desvencelladas do núcleo semántico da cláusula, mais que poden ter significado, nas máis das ocasións restrinxido. Eis as categorías que habemos ter en conta: I. II. III. IV. V. VI. VII. VIII.
Negación (NEG) Adverbiais (ADV) Auxiliares (AUX) e modais (MOD) Clíticos (CLT) Diatetizador (DIAT) Complementador (COMP) Relator (REL) Afirmación (AFR)
25
Xavier Frías Conde 4.2. A negación A negación envolve un operador, normalmente o adverbio non, que antecede o primeiro verbo que apareza na oración, sexa o que for. Ademais diso, a negación en galego (como en todo o iberorrománico) é unha función que no admite proxección en galego, o cal significa que non se proxecta en NEG’, senón que vai anexa a un verbo. SUBJ pro
NEG non
PRED comprei
OBJ1 pan
O galego admite a dupla negación como algo opcional: (21) (22)
Nunca non o vin Tampouco non o sei
A súa omisión non é máis que un outro caso de pro como operador de NEG:
SUBJ pro Eu
ADV tampouco tampouco
NEG pro non
CLT o o
26
PRED sei sei
OBJ1 pro iso
Compendio de sintaxe galega 4.3. Adverbiais Coa etiqueta de adverbiais facemos referencia a unha categoría composta, como o seu nome indica, por adverbios (embora sexa posíbel tamén atopar mesmo sintagmas). Os adverbios, como clase de palabras, poden ter funcións. No seguinte exemplo, moi ben é un adverbio (con cuantificador) que funciona como adxunto: (23)
Os meus fillos falan sueco moi ben
Ora ben, outro tipo de adverbios, como os temporais, poden funcionar como adverbiais. Recuperamos un exemplo anterior: (24)
[ADV Tampouco] non o sei
Os adverbios de frecuencia e tempo son un caso típico de adverbial: (25)
[SUBJ Eu] [ADV ás veces] non o entendo
A diferenza fundamental entre un ADJ e un ADV, ademais de na súa importancia semántica, radica na liberdade de movementos enorme que ten o adverbial, que pode ir colocado en moitos lugares dentro da oración. Obsérvese o que acontece con sempre: (26) (27)
Os nenos sempre din a verdade Os nenos din sempre a verdade 27
Xavier Frías Conde (28)
Os nenos din a verdade sempre
4.4. Auxiliares e modais En galego, como en xeral nas linguas románicas, a diferenza entre auxiliar e modal non ten a grande importancia das linguas xermánicas, nomeadamente o inglés. Por esa razón non imos distinguir entrambos os grupos neste libro e falaremos apenas de auxiliares. A característica principal dos auxiliares é que están ao servizo do predicado, dado que teñen un significado moi restrinxido ou nulo, mais engaden outros valores, a miúdo extralingüísticos, referidos a probabilidade, intensidade, tempo, aspecto, calidade, etc. Nunha soa oración poden coincidir máis de dous auxiliares xunto co predicado. Porén, en galego é raro que aparezan máis de tres (nomeadamente por mor da ausencia dos tempos compostos). Eis algúns exemplos de acumulación de auxiliares: SUBJ pro
NEG non
CLT lle
AUX van
AUX poder
PRED quitar
X o auto
SUBJ María
NEG non
CLT nolo
AUX debeu
AUX ter
PRED contado
X nunca
É importante notar que o verbo que vaia en primeiro lugar será o que impoña a concordancia e o que leve anteposta a negación. Como se aprecia, os auxiliares dan lugar á conxugación perifrástica. 28
Compendio de sintaxe galega 4.5. Clíticos Os clíticos requiren un estudo aparte, só para eles, mais tentaremos recoller os elementos máis característicos. En primeiro lugar, os clíticos galegos (e romances) non son pronomes persoais, son un tipo de palabra dunha natureza complicada, a medio camiño entre os pronomes e morfemas verbais libres. Non son operadores que ocupen ocos funcionais –agás no caso da diátese–, de maneira que, como xa vimos que acontecía coa negación, os clíticos non se proxectan CLT’, senón que van anexos a un verbo (hai linguas onde os clíticos si proxectan, como as eslavas, mais non acontece isto nas linguas románicas). O clítico fai referencia a unha función (ao OBJ en galego –e ao ADJ noutras linguas, como catalán, francés ou italiano– e até en determinadas linguas románicas poida ademais facer referencia mesmo ao suxeito, en cuxo caso se chaman funtores). Iso permite que en galego, como en moitas outras linguas románicas, o clítico e o seu referente aparezan conxuntamente: SUBJ A Marta
AUX
CLT púidome
PRED facer
OBJ1 un favor
Porén, cando se trata de focalizacións cun SN, a presenza do clítico tórnase obrigatoria: (29)
[FOC Os libros] pro esquecinos [OBJ1 os libros] na escola.
29
Xavier Frías Conde 4.6. O diatetizador O diatetizador é unha categoría de capital importancia. A través del pódese expresar a diátese ou voz verbal. Nun capítulo posterior desenvolveremos a cuestión da diátese galega que merece ser estudada nun capítulo exclusivo. Polo de agora abonda introducir os dous grandes operadores da diátese: o verbo modal ser para as construcións pasivas e o clítico se para as construcións ergativas e impersoais que, como vimos de sinalar, serán desenvolvidas no capítulo 8. As construcións pasivas en galego envolven o uso de ser, tal como se mostra a seguir. Téñase en conta que unha pasivización é un proceso polo cal unha valencia é omitida e a outra pasa a ocupar o seu espazo sintáctico, dito doutra maneira, o suxeito é obviado e o obxecto alcanza maior forza, perdendo a súa función orixinal. SUBJ
DIAT
ADV
PRED
OBJ1
A ponte
foi
finalmente
destruída
a ponte
Porén, cando o diatetizador é un clítico, temos que o tratar igual que o resto dos clíticos, isto é, como anexo dun verbo: PRED
DIAT
OBJ1 bos autos
Fabrícanse
ADJ en Alemaña
4.7. O complementador O complementador é unha categoría que é asimilábel en case todos os casos á categoría tradicional de conxunción. Ser30
Compendio de sintaxe galega ve para introducir calquera cláusula dependente e ligala a unha cláusula principal, como veremos máis adiante cando tratemos da oración complexa. SUBJ
PRED
pro
espero
OBJ COMP que
SUBJ pro
PRED teñas
OBJ sorte
Pode darse, ademais, a situación de que non haxa complementador expresado. En calquera caso, o seu espazo debe ficar expresado embora o seu operador sexa [Ø]. Ademais, en cláusulas como a anterior, o suxeito tamén ha ser expresado, mais como non se pode empregar ningún operador expresábel, recórrese a [PRO], que indica un operador coñecido mais non recuperábel (á diferenza de [pro] que si é recuperábel). Na oración anterior, ambos os casos serían representados como segue: SUBJ pro
PRED espero
OBJ COMP Ø
SUBJ PRO
PRED ter
OBJ sorte
4.8. O relator O relator é a última categoría a que nos referiremos. Ten en común co complementador que introduce cláusulas, mais á diferenza del, o relator si cumpre unha función sintáctica, de xeito que o seu comportamento é moi semellante ao do foco (de facto é unha variante do interrogador).
31
Xavier Frías Conde Eis un exemplo de cómo o relator encaixa a cláusula relativa na cláusula principal e, asemade, funciona como un tópico: SUBJ SUBJ
COMP O tipo
que
PRO
PRED
OBJ
detiveron
o tipo
PRED
ATT
é
o meu veciño
4.7. A afirmación Trátase dunha categoría normal nas linguas románicas cuxa finalidade é reforzar o verbo afirmándoo. TOP Hoxe
SUBJ pro
AFR si
32
PRED teño
OBJ1 tempo
Compendio de sintaxe galega
5. A oración complexa
5.1. Conceptos previos Unha oración complexa é aquela que consta de dúas ou máis cláusulas, onde unha sempre é principal e a(s) outra(s) dependentes. Non se debe confundir con oración composta, en cuxo caso estamos a falar de procesos de coordinación, algo que polo de agora fica fóra do noso ámbito de estudo. Non falaremos exclusivamente de subordinación, dado que este concepto fai referencia a un só tipo de relación entre unha cláusula principal e unha dependente. Máis adiante veremos que existe ademais outro modo de relacionar dúas cláusulas, a inordinación. Todo isto lévanos a reformular a teoría tradicional sobre os tipos de cláusulas complexas. De entrada, imos distinguir entre cláusulas subordinadas, inordinadas e relativas, esquecéndonos daquela clasificación tradicional de subordinadas substantivas e adverbiais. En troques, agora imos fixarnos en que nos interesa máis atender para o modo en que a cláusula dependente se relaciona coa principal. É aquí onde falaremos de cláusulas subordinadas de tópico e de adxunto. En definitiva, o cadro resumo das cláusulas dependentes vén recollido no seguinte esquema: 33
Xavier Frías Conde
A diferenza fundamental entre subordinación e inordinación consiste en que na subordinación a cláusula dependente fica fóra da principal:
34
Compendio de sintaxe galega Porén, na inordinación, a cláusula dependente fica dentro da principal, realizando nomeadamente unha función primaria:
5.2 A cláusula inordinada Identifícanse nos máis dos casos coas cláusulas coñecidas na gramática tradicional como completivas. Estas veñen inseridas na cláusula principal, desenvolvendo unha función primaria (SUBJ ou OBJ). Cando o complementador está presente, o predicado da cláusula inordinada vai en forma conxugada, porén cando este está baleiro, o máis común é que sexa introducido co infinitivo. Ambos os casos poden ser apreciados nos exemplos seguintes. En primeiro lugar cun complementador, representado linealmente como:
35
Xavier Frías Conde SUBJ pro
PRED
OBJ COMP que
espero
SUBJ pro
PRED teñas
OBJ sorte
A seguir cun infinitivo, representado linealmente como: SUBJ
PRED
OBJ
pro
espero
COMP
SUBJ PRO
PRED ter
OBJ sorte
5.3. A cláusula subordinada A cláusula subordinada, como xa ficou dito, non vén inserida, senón anexa. Dado que ocupa unha posición periférica, pode funcionar como operador no oco funcional do tópico ou de adxunto. Por regra introdúcese cun complementador, mais é posíbel que as formas non finitas do verbo poidan aparecer sen complementador algún Un exemplo de cláusula subordinada de tópico sería o seguinte: TOP COMP Cando
SUBJ pro
PRED teñas
OBJ1 fame,
SUBJ
PRED
OBJ1
pro
come
algo de pan
Máis exemplos semellantes, mais xa non unha cláusula de tipo temporal: COMP
SUBJ
TOP PRED
Ø
pro
vindo
SUBJ
PRED
OBJ1
pro
escoitaba
música
OBJ3
para acó
36
Compendio de sintaxe galega
TOP COMP
SUBJ
PRED
OBJ1
Se
pro
queres
xogar
SUBJ
PRED
ADJ
pro
xoga
fóra
Mais moi a miúdo, dado que o tópico pode vir en segundo lugar e, daquela, a cláusula dependente vén en segundo lugar, como nos seguintes exemplos: SUBJ
PRED
OBJ1
pro
come
pan
SUBJ
PRED
OBJ
TOP COMP
SUBJ
PRED
OBJ1
cando
pro
teñas
fame
COMP
SUBJ
chovía
TOP PRED
vindo
OBJ3
para acó
Un exemplo de cláusula subordinada de adxunto, que linealmente pode ser representado como segue:
SUBJ
pro
PRED
come
OBJ1
pan
TOP COMP
SUBJ
PRED
OBJ1
porque
pro
ten
fame
5.4. A cláusula de relativo Xa fixemos mención ás cláusulas relativas anteriormente, introducindo un exemplo en (4.6.), cando nos referiamos ao relator como elemento fundamental para a súa construción.
37
Xavier Frías Conde Na cláusula seguinte, poderase ver como o relator resulta un elemento dunha complexidade enorme do punto de vista estrutural, dado que ten que manter a concordancia de xénero e número co seu referente e, asemade, axir tamén como un complementador. Ademais, é moi frecuente que o relator veña precedido de preposición. O relator pode cumprir todas as funcións da oración: i.
Suxeito:
A nena
ii.
AUX
PRED
que
a nena
está a
falar
Obxecto (calquera deles, neste exemplo é OBJ2)
A nena
iii.
REL
SUBJ/OBJ SUBJ
REL
SUBJ/OBJ SUBJ
AUX
PRED
OBJ1
que
pro
estás a
ver
a nena
Adxunto SUBJ/OBJ
O negocio
REL onde
SUBJ pro
PRED mercamos
OBJ1 os peúgos
ADJ no negocio
Alén do anteriormente exposto, onde todas as cláusulas teñen referente, é ben frecuente que este tipo de cláusulas non teñan referente. As cláusulas sen referente funcionan como sintagmas nominais, o cal significa que cumpren todas as súas funcións:
38
Compendio de sintaxe galega i.
Suxeito: [SUBJ Quen dixo iso] mentía
ii.
Obxecto directo Non entendo [OBJ1 que está a acontecer]
iii.
Obxecto indirecto Explícallo [OBJ2 a quen te queira ouvir]
iv.
Outros obxectos Nunca se preocupan [OBJ3 do que gañan]
v.
Adxunto ou tópico
[TOP Onde viven] non hai transporte público.
39
Compendio de sintaxe galega
6. Os niveis inferiores da oración
6.1. Elementos lexicais e funcionais: as palabras Nas páxinas anteriores vimos como as oracións están estruturadas arredor dun predicado, o cal proxecta unha serie de funciones (SUBJ, OBJ, ADJ) ou ben outras series xorden por necesidades pragmáticas ou comunicativas (TOP, FOC). Porén, o que non fixemos até agora é analizar a composición dos operadores, isto é, non atendemos para as palabras que hai no fondo, as que combinadas son despois empregadas dentro da engrenaxe sintáctica formando un predio que se rexe por regras perfectamente definidas (iso, en definitiva, é a sintaxe). Á hora de facer a abordaxe á clasificación das palabras, atenderemos para un criterio xeralmente aceptado: a carga léxica. Deste modo falaremos de palabras lexicais e palabras funcionais. As palabras lexicais son aquelas que posúen un significado –carga léxica–, isto é, que teñen un significado máis ou menos definíbel por medio do dicionario. As segundas, a palabras funcionais, non teñen carga léxica (o seu significado é moi limitado caso de o teren) e, ademais, só poden funcionar como operadores categoriais. Deste xeito, o
41
Xavier Frías Conde negador é o operador da negación, o complementador é o operador do complementador, etc. 6.2. Palabras lexicais Xa ficou dito que as palabras léxicas posúen carga léxica. Elas son a base sobre a que se comeza a construír o discurso. Canto ao galego, a lista de palabras lexicais xunto coas funcións que desenvolven é ofrecida a seguir: Palabra
Abr.
Funcións
Nome
N
Realiza todas les funcións primarias, ademais de adxunto e tópico, moi decote introducidos por unha preposición.
Adxectivo
A
Realiza determinades funcións (ATT, OBJ3), mais moi a miúdo complementa o nome.
Verbo
V
Morfoloxicamente corresponde ao Predicado. Non se debe confundir co AUX ou o MOD.
Adverbio
ADV
Ocasionalmente realiza funcións como ADJ ou TOP, e certamente ADV, mais tamén ás veces de OBJ3.
6.3. Palabras funcionais Como xa ficou dito, o seu papel é apenas gramatical, permitindo un funcionamento da maquinaria sintáctica.
42
Compendio de sintaxe galega
Palabras
Abr.
Función
Pronomes
PRN
Realizan as mesmas funcións do nome, mais non teñen significado léxico.
Cuantificadores
Q
Acompañan os nomes (algún, ningún, moito…), adxectivos (moi, pouco, abondo) e adverbios (moi, pouco, abondo). Os cuantificadores nominais teñen flexión, mentres que os adxectivais e adverbiais non.
Determinantes
D
É unha macrocategoría que abrangue artigos, posesivos e demostrativos. Loxicamente cada unha delas pode ser tomada individualmente: artigos (ART), posesivos (POS) e demostrativos (DEM)
Preposicións
P
Nos máis dos casos veñen rexidas polos verbos (OBJ3), ou ben polo ADJ ou o TOP.
Clíticos
CLT
Como xa foi dito, é unha categoría moi complexa cuxa natureza está a medio camiño dun morfema verbal e dun pronome.
Complementadores
COMP
Son palabras que unen cláusulas. É moi común que moitas preposicións se unan a que para formaren complementadores: porque, sen que, a fin de que, etc.
43
Xavier Frías Conde
Relator / REL Interrogador
Correspóndense cos relativos e interrogativos tradicionais. Teñen función sintáctica externa ao funcionaren dun xeito semellante ao FOC. Presentámolos xuntos porque nos máis dos casos son iguais e a súa estrutura si é igual.
Negador
Embora sexa un mero adverbio, o seu papel como operador
NEG
En calquera caso, non é esta unha lista fechada. Noutras linguas será preciso engadir outras palabras funcionais que non están aquí presentes. 6.4. A combinación de palabras: os sintagmas A proxección dunha palabra lexical –e nalgúns poucos casos de certas palabras funcionais, como os pronomes–, dá lugar a sintagmas. Na realidade, determinados elementos proxéctanse co gallo de se uniren a outros elementos que precisan porque sen eles non se constrúe o predio sintáctico correctamente ou ben porque a información transmitida é incompleta. Tomemos como exemplo o nome (N). É moi frecuente que vaia acompañado de determinantes e que, por veces, mesmo por preposicións cando a sintaxe llo impón. SN [SN [N]]: quero [SN caramelos ]
44
Compendio de sintaxe galega Increméntase co determinante: SD [SD [D] SN [N]]: Quero [SD [D uns] [SN [N caramelos]] Unha combinación con preposición en diagrama arbóreo visualízase así: P’ D’
P con
D esa
N’ caixa
Cómpre ter moi presente que as funcións están compostas de sintagmas. Sen eles, non habería posibilidade de expresar nada. Isto lévanos a un dos puntos nucleares da sintaxe, algo que na Gramática Funcional-Categorial ten un espazo de seu: o estudo da sintaxe ten que se facer a dous niveis complementares que funcionan como as dúas caras da mesma moeda: a estrutura e a forma. Nos capítulos 2-5 deste manual presentamos a estrutura, mais xa neste capítulo introducimos as formas. Convén ter presente isto doravante.
45
Compendio de sintaxe galega
7. Os sintagmas
7.1. Sintagma nominal O sintagma nominal é un dos elementos máis frecuentes na oración galega. Por razóns de simplicidade, imos presentalo sen o SP no inicio. É o operador de todas as funcións primarias, nalgúns casos introducido como SP. Aparece tamén como TOP e ADX, con ou sen preposición. O sintagma nominal pode ter proxeccións cara á esquerda, en cuxo caso se trata normalmente dos determinantes, mais tamén da preposición. A extensión máis común é a da adición do artigo baixo a forma de sintagma determinante (SD), mais tamén podería ser un demostrativo: D’
N’
D Este O
N rapaz rapaz 47
Xavier Frías Conde Cando se engade o posesivo, é obrigatorio que en galego haxa un determinante deíctico (artigo ou demostrativo, aos que manteremos a denominación de determinantes), agás cando se trata de nomes de parentesco: D’
POS
D
POS
Os
meus
N compañeiros
Porén, existe un uso do posesivo posnominal. É posíbel cando antes do nome xa se encontra un determinante demostrativo ou artigo indefinido. Porén, mesmo nestes casos, o uso prenominal é plenamente normal en galego á diferenza do español e do portugués, que non o admiten: D’ N’
D Ese
N amigo
POS meu
48 D’
Compendio de sintaxe galega
D’ POSS’
D Ese
POSS meu
N amigo
Determinados adxectivos admiten ser proxeccións á esquerda. En certos casos cun valor estilístico, noutros porque existe mesmo unha diferenza de significado segundo sexan prenominais ou posnominais. Ese é o caso de vello, cuxo significado pode variar segundo se encontre pre- ou posnominal1. Este SA pronominal pode ir precedido dos determinantes nominais: D’ A’
D
A
N
Unha
boa
merenda
1
Obsérvese a diferenza entre un vello amigo (=un amigo antigo, desde hai moito tempo) e un amigo vello (=un amigo idoso).
49
Xavier Frías Conde
No entanto, as estruturas vistas anteriormente, estando todas presente, dificilmente poden acoller un SA. Sería unha estrutura moi forzada: (30)
(?)Aquel meu bo amigo
É máis normal neste caso: (31)
Aquel bo amigo meu
Canto aos proxeccións posnominais, estas son basicamente tres: SA, SP (que recolle de feito outro SN) e SC (sintagma complementador) O sintagma adxectival é a proxección máis común: D’ N’
D
A
Un
tipo
A simpático
Un segundo SN anexado a un primeiro SN faino a través dun SP. O SA pode estar presente, mais ambas as proxeccións xorden a niveis distintos:
50
Compendio de sintaxe galega D’
N”
N’
D
N
Un
tipo
P’
A simpático da miña aldea
Un SN pode, ademais, ser proxectado cunha cláusula, que xeralmente vai introducida por un SP e despois por un SC caso o verbo tivese forma non-finita: (32)
É [un bo libro para agasallares]
Doutra banda, o SN pode ter no seu núcleo pro. O dito pro fornece a información necesaria de xénero e número que o resto dos elementos proxectados polo SN deberán respectar:
51
Xavier Frías Conde D’
N’
D [+ masc.] [– sg.] Os
N [+ masc.] [– sg.] pro
A [+ masc.] [– sg.] novos
7.2. O sintagma adxectival O sintagma adxectival, igual que o adxectivo, ten dous usos principais: atributivo e predicativo. No primeiro dos casos funciona como proxección do nome, tal como mostramos no parágrafo anterior. Porén, cando funciona predicativamente, só pode ser ATT. Canto á súa estrutura, o SA tamén pode proxectarse cara á esquerda, mais neste caso só é posíbel introducir un cuantificador (Q). Porén, cara a dereita, o normal é que se proxecte un SP que xeralmente contén unha cláusula. Ambas as proxeccións veñen reflectidas a seguir:
52
Compendio de sintaxe galega Q’ A’
Q moi
A
P’
interesante de ler nas viaxes
7.3. O sintagma adverbial O SADV ten certas semellanzas co SA canto á súa estrutura como veremos a seguir. No concernente ao seu emprego como operador, pode ser OBJ, mais o normal é que funcione como ADV (adverbial), TOP e ADJ. Tornando á súa estrutura, a proxección cara á esquerda, como acontece co SA, só pode ser dada por un cuantificador (Q). Pola dereita, tamén é un SP o modo normal de proxección. Ambas as posibilidades fican recollidas no seguinte exemplo: Q’ A’
Q
A
P’
moi
lonxe
de aquí
53
Compendio de sintaxe galega
8. A diátese: voz media e voz pasiva
8.1. Concepto de diátese O galego, como todas as linguas románicas, ten unha complexidade diatética que xeralmente non é tida en conta. As posibilidades de combinación da diátese coa estrutura semántico– sintáctica do predicado dan lugar ao seguinte número de combinacións: 1. Voz activa 1.1. Construcións transitivas 1.2. Construcións ditransitivas 1.3. Construcións intransitivas (inergativas) 1.4. Construcións inacusativas 2. Voz media 2.1. Voz media impersoal 2.1.1.Construcións transitivas 2.1.2.Construcións ditransitivas 2.1.3.Construcións intransitivas 2.2. Voz media ergativa 3. Voz pasiva
Non é posíbel desenvolver todo este cadro, mais si nos fixaremos na voz media e na pasiva. Dado que a voz activa é a voz non marcada, a voz por defecto, non requirirá un estudo. As outras voces si presentan peculiaridades. De facto, o punto de 55
Xavier Frías Conde partida para que se active a diátese é que se prescinde da primeira valencia. Todo iso causa un movemento sintáctico complexo que trataremos de analizar a seguir. 8.2. A voz pasiva Non ten en xeral en galego tanto uso como noutras linguas románicas, prevalecendo o seu emprego na lingua culta. Xa ofrecemos anteriormente as pautas da cláusula pasiva. Recuperamos o exemplo que presentamos en (4.6) SUBJ
DIAT
ADV
PRED
OBJ1
A ponte
foi
finalmente
destruída
a ponte
Ao se prescindir da primeira valencia, o obxecto xa non vén asignado polo predicado (os obxectos toman caso acusativo, mais a diátese evita a asignación de caso). Daquela, como o obxecto xa non ten caso, toma o caso por defecto, o nominativo. Desa maneira pode ascender e ocupar o lugar do suxeito que ficou baleiro por causa de se ter prescindido da primeira valencia. Toda esta complexa explicación pódese reducir a: á falta de suxeito, o obxecto ocupa o seu espazo mercé á introdución da diátese. Polo de agora abonda con isto. Xa ficou visto que o diatetizador ten como operador o verbo ser. Trátase daquela dunha diátese analítica. A primeira valencia pode ser recuperada. Neste caso, o chamado axente, reaparece como un adxunto:
56
Compendio de sintaxe galega SUBJ
DIAT
PRED
OBJ
ADJ
A casa
foi
destruída
a casa
polas chuvias
Con todo, ás veces esa primeira valencia tórnase nunha necesidade, isto é, ten que ser introducida porque a oración, sen ela, resulta incompleta. SUBJ
DIAT
PRED
OBJ
ADJ
O libro
foi
publicado
o libro
por Ernesto
8.3. A voz media Non é normal atopar a denominación media en falando da diátese nas linguas románicas, dado que é un termo habitual en se referindo ás linguas clásicas, mais de facto existe. A voz media románica presenta dous subtipos. Dunha banda a voz media impersoal e do outro a voz media ergativa. Canto ao primeiro, vén ilustrado nos seguinte exemplos: (33) (34) (35)
Lévanse pizzas ao domicilio. Alúgase nave en Vilanova. Os melóns que se venden hoxe en día son meirandes.
A segunda é máis complexa, pois trátase de construcións onde se dá unha transformación semellante á das pasivas, mais cun valor distinto. Eis uns exemplos: (36) (37)
A xente comunícase cada vez menos O barco afundiu no medio da baía
57
Xavier Frías Conde Os dous exemplos anteriores corresponden a construcións ergativas, onde unha presenta se e a outra non, como veremos a seguir. 8.4. A voz media impersoal En galego a impersonalidade pode ser expresada de varias maneiras, sendo o uso da voz media unha delas, mais non a única. O modo máis corrente é o uso da terceira persoa do plural sen suxeito. Neste caso, o falante fica alleo ao expresado: (38) (39)
Construíron unha estrada nova que, aos poucos, xa estaba estragada. Non sei por que non reparan esa fachada arreo.
A segunda persoa do singular pode adquirir tamén un valor impersoal, nomeadamente en contextos informais: (40)
E cando chegas ao cruzamento, viras á dereita.
Finalmente, a voz media impersoal é outro procedemento, para o cal é preciso utilizar o clítico se, que funciona como diatetizador, mais á diferenza do que acontecía nas pasivas, é unha forma sintética; ademais, como se trata dun clítico, non ten proxección e debe ser anexado a un verbo, sexa o que for na cláusula. (41)
Decidiuse derrubar toda a parte vella do barrio para ser reconstruída con fondos europeos.
58
Compendio de sintaxe galega É importante entender cal é o procedemento de formación destas construcións. De entrada, o obxecto mantense no seu posto, non sobe para o oco de suxeito como acontece nas pasivas. Con isto destrúese ese estraño concepto que aparece na gramática española e que foi importado para a galega das construcións pasivas reflexas. Nos exemplos que mostramos a seguir vese onde fica o obxecto. Ademais, mostramos que en determinados casos existe concordancia de obxecto (efectivamente, nestas construcións existe este tipo de concordancia, tamén en español e portugués): PRED [+ConcOBJ]
CLT
OBJ1 SN
Procúran-
-se
secretarias
PRED [+ConcOBJ]
CLT
OBJ1 SQ
Procúran-
-se
algunhas secretarias tres secretarias
PRED [–ConcOBJ]
CLT
OBJ1 SD
Procúra-
-se
as secretarias
Segundo a gramática tradicional, o terceiro exemplo é distinto dos dous anteriores, que son “pasivas reflexas”. A diferenza radica en que cando o OBJ1 é operado por un SD, a concordancia de obxecto queda anulada. 59
Xavier Frías Conde En galego sería moi difícil substituír o OBJ1 por un clítico no terceiro caso, mais non o é en español: (42)
Se las busca (a las secretarias) 2
Mesmo nos primeiros exemplos, a substitución é posíbel en catalán: (43)
Se’n busquen (de secretàries)
Ademais destas construcións medias transitivas, é posíbel atopar construcións medias intransitivas: (44) (45) (46)
Vívese moi ben aquí Trabállase pouco neste país Xa se vende pouco leite natural
Atendendo para as súas características sintácticas, esta construción, como diciamos, precisa dun DIAT cuberto co clítico se. Evidentemente pode cohabitar con clíticos doutra clase, mais cando se trata do encontro de se (DIAT) con o/a (OBX) en galego é obrigatorio non fundilo, de maneira que o resultado é: se lle. Así e todo, o normal é que lle faga referencia ao OBJ2. Eis un exemplo:
2
En galego, porén, non sería posíbel: *As secretarias, búscaselles con urxencia. En portugués recórrese sen hesitar á pasiva: São procuradas secretárias urgentemente.
60
Compendio de sintaxe galega
NEG Non
DIAT se
CLT lle
PRED dixo
OBJ a verdade
8.5. A voz media ergativa Unha construción ergativa é unha construción falsamente reflexiva, isto é, a presenza de se (ou outro clítico con forma reflexiva) non indica reflexividade. Esta confusión é moito maior en español por mor da obrigatoriedade do clítico aparentemente reflexivo: (47) (48) (49)
El barco se hundió (*a sí mismo) La lámpara se ha fundido (*a sí misma) La silla se ha roto (* a sí misma)
A ergatividade galega prescinde en moitos casos do se. Os exemplos anteriores resultan: (50) (51) (52)
O barco afundiu A lampadiña fundiu A cadeira rompeu
Obsérvese como se trocamos a orde dos elementos, temos en galego unha oración con SUBJ [pro] (53) (54) (55)
Afundiu o barco Fundiu a lampadiña Rompeu a lampadiña
61
Xavier Frías Conde Un dos problemas máis graves do galego respecto destas construcións é que en galego se ten introducido masivamente se por influencia do español en moitos casos, nomeadamente con verbos entrados en tempos máis recentes na lingua. Os exemplos que expomos a seguir son perfectamente válidos en galego sen o uso de se como mostras ergativas: (56) O neno está a desenvolver a un ritmo normal (57) Moita xente adheriu á campaña3 (58) A ferida infectou rapidamente (59) Divorciaron hai un par de anos (60) Os dinosauros extinguiron hai moitos séculos No resto dos casos, a ergatividade común en galego distínguese da ergatividade en castelán precisamente pola ausencia de se: (61) (62)
[Casamos /*casámonos] hai dous anos [Cala/ *cálate] xa
Porén, existen casos en que é obrigatorio o clítico: (63) (64)
[Érgome / *ergo] moi cedo todas as mañás Este curso organízanse todos os anos4.
3
En portugués non podería ser doutra maneira: Muitas pessoas aderiram à campanha. 4
Este exemplo, sen contexto, podería mesmo ser unha oración media impersoal. Nalgúns casos pode darse ambigüidade sobre a natureza ergativa ou impersoal destas construcións.
62
Compendio de sintaxe galega
Desde o punto de vista estrutural, a voz media ergativa participa de elementos comúns coa voz media impersoal e coa voz pasiva. Coa primeira comparte o feito de ter un diatetizador sintético e coa segunda o movemento do OBJ1 para a posición de SUBJ debido á ausencia desta valencia externa. SUBJ A ponte
PRED esboroou
DIAT Ø
63
OBJ a ponte
Compendio de sintaxe galega
Índice
1. A base semántica da oración 1.1. O predicado como núcleo 1.2. As proxeccións do predicado 1.3. Argumentos internos e externos 1.4. Clasificación dos predicados 1.5. Os elementos opcionais 2. A oración simple: funcións internas 2.1. Elementos constituíntes 2.2. Macrofuncións internas 2.3. Funcións obrigatorias 2.4. Funcións opcionais 3. O oración simple: funcións externas 3.1. Funcións extraoracionais 3.2. O foco 3.3. O tópico 3.4. O vocativo 3.5. O interrogador 4. A oración simple: as categorías 4.1. As categorías 4.2. A negación 4.3. Adverbiais 4.4. Auxiliares e modais 4.5. Clíticos 4.6. O diatetizador 4.7. A afirmación 65
5 5 6 8 8 10 13 13 14 15 17 19 19 20 21 22 23 25 25 26 27 28 29 30 32
Xavier Frías Conde 4.7. O complementador 4.8. O relator 5. A oración complexa 5.1. Conceptos previos 5.2 A cláusula inordinada 5.3. A cláusula subordinada 5.4. A cláusula de relativo 6. Os niveis inferiores da oración 6.1. Elementos lexicais e funcionais: as palabras 6.2. Palabras lexicais 6.3. Palabras funcionais 6.4. A combinación de palabras: os sintagmas 7. Os sintagmas 7.1. Sintagma nominal 7.2. O sintagma adxectival 7.3. O sintagma adverbial 8. A diátese: voz media e voz pasiva 8.1. Concepto de diátese 8.2. A voz pasiva 8.3. A voz media 8.4. A voz media impersoal 8.5. A voz media ergativa
66
30 31 33 33 35 36 37 41 41 42 42 44 47 47 52 53 55 55 56 57 58 61
Este compendio pretende ofrecer os elementos básicos que conforman a sintaxe do idioma galego a partir da abordaxe coñecida como funcionalcategorial. Ofrécense ducias de exemplos que permiten comprender os rudimentos da sintaxe galega presentada segundo conceptos modernos sen por iso deixar de ser un manual didáctico. Xavier Frías Conde é docente de linguas galega e portuguesa na UNED. É especialista en Lingüística Iberorrománica, ademais de tradutor e escritor.