A Nosa Voz

Page 1

A NOSA VOZ

C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) 1 XUÑO 2008


ÍNDICE

CONSELLO DE REDACCIÓN EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Alumnado de Secundaria Mª Justa Vara Campos (4º A) Coordinadora do alumnado María Prado Barros (4º A) Coordinadora do alumnado María Riveiro Novás (4º A) Andrea Vázquez Fernández (4º A) María Rey Búa (4º A) Cristina Piñeiro Cortés (4º A) Noemí González García (4º B) Adriana Fuentes Melio (4º B) Adriana Cortegoso Aboy (4º B) Javier Vázquez Castro (4º C) Andrés Terceiro Guimarei (3º B) Rocío Torres Iglesias (3º B) Sara Vargas Vázquez (2º B) Laura Riopa Rodríguez (2º B) Cristina Sueiro Pazos (2º B) Olalla Pego Peña (2º B) Lorena Tato Torres (2º B) Olaya Rivas Guimarei (2º B) Samer Abdulkader Sande (1º A) Daniel Fariña Magariños (1º A) Profesorado Román Cerqueiro Landín Ramón Domínguez Mariño Sofía Calo Vidal Xosé Rivas Espiño Isabel Rodríguez Rodríguez Mª Xesús Saborido Castro Concepción Diéguez Álvarez Coordinadora ENDL Persoal non docente Tono Abal Nartallo Capa Lorena Tato (2º B ESO) Contracapa Carolina G. Silven e Noelia G. Pereiro (5ºA) Colabora

Concellaría de Turismo, Cultura, Deporte, Xuventude e Normalización Lingüística. Concello de Cuntis

Editorial Despedidas Entrevistas Actividades Extraescolares Equipo de Normalización Reportaxes Transversais Exprésate Creación Pasatempos Biblioteca

1 2 4 6 22 32 36 44 46 54 56

EDITORIAL: “O GALEGO ESTÁ DE MODA” Non, non é un eslogan duns grandes almacéns. É un feito que se pode percibir desde hai un tempo. Na sociedade hai certo debate sobre a lingua galega: se se fala galego de máis, se se fala galego de menos... O ENDL do CPI Aurelio M. Rey García segue coa súa teima de querer que os rapaces e rapazas de Cuntis falen galego sen complexos. Xa o falan moitos, pero queremos que o falen sen prexuízos, non só por rutina. Queremos romper a tendencia a que a xente máis nova fale cada vez menos galego. Esmagar os prexuízos foi o obxectivo básico do Equipo ao longo deste curso. Deste xeito foron a música e a rede os dous campos de traballo neste ano. Con respecto ás novas tecnoloxías, o labor desenvolvido foi moi importante. Aí están, en internet, os blogues de 4º da ESO, de educación vial, do 3º ciclo de Primaria, a web e o wiki do noso centro, todos en galego, porque a nosa lingua serve tamén, como non, para chegar a calquera parte do mundo a través da rede. E aí está tamén o blogue Na lingua de tod@s, a nova canle de comunicación do ENDL. Aínda queda moito por andar. Pero haberá que ir afacéndose a utilizar cada vez máis estas novas ferramentas, que permiten unha maior difusión e un maior rendemento do traballo. A Nosa Voz acabará circulando pola rede, espallando as voces da comunidade educativa de Cuntis por calquera punto do planeta. Doutra banda, naceu o Musigal, un proxecto que pretende, por un lado, achegarlle ao alumnado da ESO a música máis actual feita en galego. Porque existe, aínda que non se visualice moito. E, por outro lado, tamén busca achegarlle ao alumnado de Infantil e Primaria a música e as cancións propias da súa idade en galego. Consideramos estes dous ámbitos moi atractivos para a xente nova, dúas actividades ligadas á modernidade. Porque o galego non é algo propio do pasado, do rural ou do atraso. En galego queremos vivir o futuro, no campo ou na cidade, loitando polo desenvolvemento da nosa sociedade, polo progreso e a cultura de Galicia. Porque cremos que valorar o propio e traballar por acadar a normalidade da nosa lingua é tamén traballar por unha sociedade máis plural e, polo tanto, máis xusta e humana. E isto debe ser un proxecto de todos e todas nós. 2


OS/AS QUE SE VAN... Xa pronto nos iremos do colexio de Cuntis e por suposto...

botaremos de menos: O compañeirismo destes últimos anos Os/as profesores/as que nos ensinaron “cousas” importantes, xa non só das materias, senón tamén da vida Os recreos na cafetería con Carmen e mais os seus bocatas As excursións A Paco, Carmen, Tono, Toño… O coche de Eusebio e a moto de Paco diante do colexio Os bailes da clase de música As pelis de relixión Baixar ao patio nas horas libres

PROMOCIÓN 1998 1998--2008 Non botaremos de menos: A algúns profes e compañeiros As presentacións e exposicións As clases pola tarde Subir as escaleiras do colexio Exames, recuperacións e deberes A sintaxe, as ecuacións, os verbos… Os berros dos profesores As enquisas que tódolos anos hai que cubrir...

3

Os berros de Paco….


…..

...E O PROFESORADO QUE NOS DEIXA

Para o concurso vindeiro non estarán connosco un bo número de profesores como, de esquerda a dereita na foto superior, Manuel Pérez, Eusebio, Román, Ramón, Sofía, Ana e Manuel. Xunto con Carmen, na foto de abaixo, están Begoña Porto e Belén Treviño, que tamén nos deixan… ao igual que Chus Saborido, Isabel Rodríguez e Chus Goldar, que non estiveron na sesión de fotos pero que tamén cambian de aires. A todos/as, moita sorte nos seus novos destinos.

4


ENTREVISTAS

María Xesús Saborido (Chus), Mestra de Educación Infantil xogos, libros...) domina o castelán e quizais por iso dentro agarime máis o galego.

Seica marchas do noso colexio, é certo? Pois si, este ano decidinme a pedir o cambio. Fundamentalmente pola familia, no cole para o que vou teñen xornada única e ademais os compañeiros que se estaban a colocar no meu pobo teñen moitos menos puntos ca min e, ao mellor, cando quixese achegarme non tiña a oportunidade.

Neste momento hai certo debate na sociedade con respecto ao ensino do galego na escola. Cal é a túa opinión sobre o tema? Non entendo ben certas discusións, certas cerrazóns, o galego é noso, é algo que nos pertence, que non debemos deixar que se perda. Iso non ten que ir en detrimento do castelán. Estamos nunha comunidade bilingüe, debemos dominar as dúas, pero o certo é que o castelán hoxe en día está en clara vantaxe. Por que é malo ensinar en galego? Tamén se ensina en castelán, e deberíamos dominar non só esas dúas linguas senón outras. Isto é positivo e enriquecedor, nunca negativo. O que si é certo é que o castelán nunca se vai perder, non periga de ningún xeito, e depende de nós que o galego siga a mesma sorte.

Canto tempo levabas dando clase no CPI Aurelio M. Rey García? Levo once anos. Pero xa anteriormente estiven en Troáns. Dos 21 anos que levo exercendo, a práctica totalidade desenvolvinos neste concello. Neste colexio sempre na etapa de infantil. vestilo pola mañá para rematar máis axiña porque andamos con tempo xusto, etc.). Que é o mellor de ser mestra de infantil? Ademais, están moito máis protexidos e Os nenos sen dúbida ningunha. Son cariñomimados, parece que podemos traumatizasos, agradecidos, creativos, sen ningún tipo los cun castigo ou unha berra. Non todos os de prexuízos, abertos e receptivos e, adepais reaccionan do mesmo xeito, pero, en mais, ensínanche día a día cousas novas. xeral, si que noto esas diferenzas. Hai 20 Non podes perder comba porque rapidaanos estaban todos “máis preparados” para Que cres que se debería facer para evitar mente reclaman que volvas ao rego. saír do cascarón. o descenso de galego-falantes na nosa sociedade? Outra cousa tamén moi evidente é que toE o peor? Se tivese ou tivesemos esa resposta, a Que esixen unha atención total e absoluta, dos teñen “de todo”. Ás veces dispoñen de pregunta non tería sentido, só sei que é sobre todo os de tres anos. Son como pe- máis cousas na casa do que lle oferta o labor de todos agarimalo, coidar que non se quenos vampiros aos que tes que darlle cole, temos que poñernos ao día senón non perda algo noso, algo que nos enriquece, todo. Iso esgota, física e mentalmente, e hai maneira de motivalos, de ofrecerlles que nos identifica como algo único e difenecesitas un pequeno respiro para volver algo que lles interese. Non valoran o que rente. Deberiamos traballar máis a autoesticon novos folgos. Nalgún curso de tres anos teñen, non son conscientes da gran diferenma como galegos, sentirnos fachendosos tiven que levar algún pequeno comigo ao za dun neno de hoxe en día cun de hai 10 do noso e das nosas diferenzas. Se ninbaño porque non soportaba quedar só. Ás anos, xa non digo de máis. É labor de toguén se avergoñase de falalo, se todos o dos, pais e mestres, facelos conscientes veces sentimos que o noso traballo non considerasemos como enriquecedor, non está o suficientemente valorado cando o das grandes oportunidades que teñen agora habería perigo de ningún tipo. Todos debeconsidero fundamental, son os primeiros e desbotar o que non está ben, que tamén mos poñer o noso gran de area. Os nenos contactos co mundo académico. Se sabe- hai moito. beben do que nós lles transmitimos, e repimos que son decisivos os primeiros anos de A que cres que son debidos eses camto, en infantil, non hai ningun tipo de prexuívida dun neno, por que non valoramos do bios? zo por ningunha, ambas son válidas e posimesmo xeito os primeiros anos de vida Como xa dixen, a sociedade avanza a pativas e serven para comunicarse. Son un escolar? sos axigantados e non sempre dun xeito vehículo de unión, nunca de separación ou positivo. Ás veces temos que pararnos a disputa. Por que non aprendemos deles? Despois de tantos anos, pódese dicir que reflexionar e ver que cousas debemos incortes unha boa visión dos nenos e nenas porar e que cousas rexeitar. Pero hoxe en Que botarás de menos do CPI Aurelio Marcelino Rey García? de Cuntis. Como son? día temos en xeral demasiada présa, e hai Teño unha visión estupenda, creo que xa que pararse nas cousas que de verdade Sobre todo os nenos e os compañeiros. Un quedou parcialmente reflectido nunha das pagan a pena, recuperar valores que nunca colexio é a urdime creada polas relacións anteriores preguntas. Son nenos e nenas pasan de “moda”, tomar as cousas devagar entre as persoas. Neste cole pasaron unha abertos, positivos, cariñosos, cheos de ga- e recreándose máis nas persoas e menos chea de anos da miña vida, e todos e cada un dos meus compañeiros axudaron a que nas de aprender, de medrar… Polas miñas nas cousas materiais. esto fose máis fácil, a que medrara como mans pasaron xa un bo fateixo de nenos e nenas e sempre tiven a expectativa de que Os tempos mudaron tamén para o gale- persoa e como mestra. Uns máis que outros eses pequenos proxectos chegasen moi go. A sociedade de Cuntis é maioritaria- é evidente, pero a todos lles estou agradecilonxe e, ás veces, anos despois, apénache mente galego-falante. Pero, percibes da. Moitos deses compañeiros xa non esque algún quedase no camiño cando ti tiñas cambios con respecto ao uso do galego tán, pero sigo levándoos no meu corazón porque me axudaron a seguir adiante con unha visión del moito máis positiva. Que é o nos nenos? que pasou no camiño? Gustaríame atopar a Na miña experiencia destes once anos non ánimo. Sempre estiven moi a gusto e quero percibín cambios fundamentais. Os nenos e dende aquí darlles as grazas a todos e toresposta. nenas son practicamente todos galego- das, e tamén, como non, aos “meus” nenos O tempo dá unha perspectiva das co- falantes cando chegan ao cole, incluso os e nenas, verdadeiros artífices de todo. Non usas. Percibes cambios nos nenos des- que son castelán-falantes teñen unha comme esquezo tampouco dos pais/nais que que comezaches a hoxe? Cales? prensión plena do galego. Ademais teñen tamén colaboraron estreitamente comigo en Si, fundamentalmente de autonomía. Antes unha cousa fundamental, non teñen prexuítodo o que lles solicitei. Un bico moi forte chegaban con máis madurez á hora de zos de ningún tipo cara ás linguas, pódenos para todos e os meus mellores desexos hábitos e rutinas (ir só ao baño, vestirse…). ter os seus pais pero eles son totalmente para o futuro. Agora non sei se porque as unidades fami- espontáneos. Encántame ver a María liares son máis reducidas, e dedicámoslle (castelán-falante) falándolle a Juan en gale- Moitas grazas, Chus, por ter contribuído toda a nosa atención a ese neno, ou polo go, ou a Paula falarlle en castelán a Goretti a que os nenos e nenas de Cuntis poidan tipo de vida que levamos de tanto trafego, porque veu de Madrid. O meu cometido é medrar felices. Dende A Nosa Voz tamén traballando os dous pais, o que nos leva a que coñezan e dominen as dúas, pero teño che desexamos moita sorte na túa nova facerlle cousas para axilizar (por exemplo, claro que fóra (enténdase radio, prensa, vida!

5


ENTREVISTAS Como te sentiches dando a túa primeira clase? Moi cómodo, agradábame a forma de ser dos rapaces e traballar con eles. Que botaras máis de menos, a nós ou as clases de Inglés? Despois de doce anos aquí, está claro que botarei moitas cousas de menos, por suposto, por enriba de todo, o alumnado. Algunha anécdota boa que contar? E unha mala?

Como te sentiches dando a túa primeira clase? Pois ee... Moi a gusto, estaba afeita a outro tipo de alumnado e sorprendeume gratamente o voso comportamento. Ben, lémbrome tamén que nada máis entrar berreille a Hugo.

ENTREVISTA Manuel Pérez Lourido e Sofía Calo Vidal Polo alumnado de Cuarto

Nun dos primeiros anos aquí, chegoume un alumno a dez minutos do final dun exame, un venres á primeira hora da tarde, sen cortarse un pelo comentou que viña de cortar o pelo. Todos nos botamos a rir. Efectivamente, traía unha boa rapada...

Segues pensando o mesmo? Foi moi boa, e agora aínda estou máis contenta. De feito gustoume moito dar clase en 4º porque tendes máis madurez e son as clases máis divertidas.

Que botaras máis de menos, a nós ou as clases de CC.MM.? Uiiiii... A vós nas clases de CC.MM.

Algunha anécdota boa que contar? E unha mala? Unha boa foi cando lle deron o Nóbel a Watson e Creck Algunha recomendación para tentar cambia-lo futu- e unha alumna dixo que por que non lle daban o dez. E ro? unha mala, o pouco que me deixastes durmir en Bubal. Que o futuro non vos cambie a vós. Con que te quedas de nós? E do colexio? Gústame ese fondo de nobreza que atopo nos rapaces deste centro.Tamén valoro que manteñan o respecto ao profesorado, por moi ben que se leven con el. Sempre hai unha educación.

Sentímolo, he he, he... Pensas que nos cambiaches a nosa maneira de pensar sobre o medio ambiente ? Confío en que valera para facervos cuestionar ou noso modo de vida e que agora sexades máis críticos.

Como te sentes agora que marchas, nas últimas cla- Algunha recomendación para tentar cambia-lo futuses, connosco e cos profesores? ro? Síntome moi raro. Aínda non me acabo de crer que non Bufff.. Cantas queredes? Pois ter a mente aberta, forvaia estar aquí o vindeiro curso. marse durante toda a vida, ser críticos e activos... E, sobre todo, non deixarse ir coa maioría. Un último consello? Intentade sempre ser vós mesmos. Con que te quedas de nós? E do colexio? Quédome co voso interese, traballo, cos risos no traballo, coa vosa solidariedade e, sobre todo, co a gusto e ben que estiven con vós ao longo do curso. E do colexio? Quédome co ben que estiven cos fantásticos compañeiros que me topei e coas súas ganas de facer cousas, que foi moi contaxiosa.

Como te sentes agora que marchas, nas últimas clases, connosco, cos profesores? Un pouco morriñenta, pero aínda non asimilei o verme marchar. Supoño que en setembro serei máis consciente de que non volvo. Un último consello? Aínda queredes máis? Ha, ha, ha... Sobre todo, nunca deixedes de aprender e ter curiosidade polas cousas, e, espérovos na manifa do sábado cotra Ence. Podemos!! Sofía co seu grupo a poucos días de rematar o curso (non vai de fútbol). 6


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Esta nova edición do magosto celebrouse con éxito o 9 de novembro. Houbo un grande clima de convivencia entre todos/as e moitas ganas de aprender nos distintos obradoiros que se organizaron: malabares, elaboración de caixas-niño, xogos populares, compost, bonsais, contacontos para os máis pequenos da man dos bos contadores de historias que son os mozos e mozas de 4º de ESO, etc.

iclaxe

MAGOSTO 2007

e rec oir o d d a r b O

A tribo dos comecastañas

er!!! Vas ca

Obradoiro de maxia impartido por José Manuel

No obradoiro de bonsais dirixido por Ramón 7


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Construíndo niños para os paxaros

Xogos que non pasan de moda aos que, se cadra, xa xogaban os seus avós e os seus pais e nais.

Voltas E máis voltas...STOP!!!

E xogos de habilidades

Os Antonios asan as castañas, Espiño dirixe a operaci ón.

MÁIS FOTOGRAFÍAS EN: http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/ XtraScolares/2007/11/13/Magosto-2007.html

E, por suposto, a com er castañas!!!

8


ENTROIDO 2008

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O venres 1 de febreiro organizouse un festival de entroido no colexio. A maioría dos profes e alumnos/as disfrazámonos. O festival estivo bastante ben a pesar de haber algúns problemas co son (a nós nada se nos resiste). Cada grupo subía ao escenario e facía unha representación. O alumnado da ESO tivo que ir disfrazado representando diferentes culturas. Logo, no pavillón, desfilamos e máis tarde comemos orellas e filloas acompañadas dun zume.

Por rumbas xitanas no Don Aurelio

Este foi o último entroido no colexio para o alumnado de 4º, que por certo gañaron o 1º e o 2º premio do segundo ciclo. No primeiro ciclo tamén gañaron os dous primeiros. Hai que dicir que os profesores (que exercen de titores nas respectivas clases) nos axudaron moito nas representacións que, finalmente, levamos a cabo. En tódolos cursos participaron a maioría dos alumnos/as. Esperamos que para o ano vindeiro esteamos presentes para ver de novo o colexio no entroido e en moitas celebracións máis.

Os homes da casa entre cazolas… faltaría máis!

Por Cristina Piñeiro (4ºA) e Adriana Fuentes

as e sas Unhas fresas ric

George Bush tamén fixo acto de presenza, iso si, ben escoltado

9


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES O Departamento de Actividades Extraescolares organizou un ano máis o entroido no que é, sen dúbida, a xornada festiva máis participativa de todas cantas se celebran no colexio. Nesta ocasión, o Entroido xirou en torno aos contidos transversais, de xeito que todos os grupos traballaron cadanseu contido. - Infantil: Educación medioambiental. “A protección dos animais”. - 1º Ciclo de Primaria: Educación para a Saúde. “Por unha alimentación sa”. - 2º Ciclo de Primaria: Educación pola Igualdade. “Mulleres por homes, homes por mulleres”. - 3º Ciclo de Primaria: Educación Vial. “Por unha circulación responsábel”. - ESO: Educación para a multiculturalidade. “Outros pobos, outras culturas”. Polo colexio desfilou un ronsel de disfraces de todos os tipos e cores, artesanais ou feitos do que se atopou na casa, de cociñeiros e chícharos, de orientais e brasileiros/as, de viquingos/as do norte… Tamén houbo moitos gardas dirixindo viandantes e automóbiles… e os os sinais de tráfico, que por momentos cobraron vida. E, por suposto, non faltaron unhas ricas filloas e orellas da man da Asociación de Nais e Pais “O Baño”.

Un paso de peóns móbil

Cara a Cuntis vou lixe iriño navegando, na miñ a patera polo río Gallo xa estou chegando...

Enterro do Chapante 10


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Excursión a Vigo e O Morrazo

SAÍDAS

O 23 de abril saímos da escola de Cuntis a segunda hora da mañá nun autobús para ir a Vigo, en concreto, á Fundación Barrié de la Maza para ver a exposición "A lóxica do Irracional", que fai un percorrido pola obra pictórica de Laxeiro. Despois saímos do museo para ir a Cangas nun catamarán, que collemos no porto de Vigo. A viaxe no catamarán foi moi divertida. Cando chegamos a Cangas, fomos ao parque a comer e de seguido fomos á praia.

vasados de antes, ademais dunha película baseada na Batalla de Rande. Para rematar, subimos ao autobús e, tras comprobar que ao paso por Marín non podiamos ver o Labirinto de Mogor por mor dunhas obras na estrada das praias, regresamos á casa Cuntis sobre as 8 da tarde. Por Rubén Gosende e Hugo Constenla (4ºB)

“Laxeiro: a lóxica do irracional” Logo tomamos o autobús en dirección ao Cabo Home. Pasamolo estupendamente alí e fomos á Parroquia do Hío para ver o seu famoso Cruceiro e as vistas sobre a Ría de Aldán. Ah... e alguén atopou un balón de fútbol algo deteriorado a causa do paso do tempo entre as silveiras; trouxémolo como botín.

A última parada tivo como destino o Museo Massó de Bueu, onde vimos como se facían os barcos e os en-

En Vigo visitamos a exposición "A lóxica do irracional", dedicada a pintura de Laxeiro. Cando chegamos á Fundación Barrié, tivemos que deixar as mochilas nunha habitación e subir ó segundo andar no montacargas en dous grupos. Ensináronnos os cadros de Laxeiro e explicáronnos algo da súa traxectoria. No noso grupo tivemos un pequeno problema coa muiñeira... he, he. Fomos a diferentes salas e vimos unha escolma dos seus cadros. O que máis nos gustou foi o dos anxos. Cando acabamos, leváronnos a unha espectacular sala polivalente situada no baixo para desenvolver un obradoiro de pintura.: iámonos converter en artistas. Para invertarnos un nome tive11

mos que escribir nun papel o noso nome e primeiro apelido reais separándoos por sílabas. Deseguido, cortamos cada unha das sílabas e mesturámolas. Despois, sacamos unha a unha e xuntabámolas para dar cun "novo" nome artístico, algúns deles eran difíciles de pronunciar. Logo fixemos o mesmo cun dos concellos da comarca do Deza, de onde era orixinario Laxeiro, para inventar o noso trasno, como o pintor tiña o seu. E a pintar. O debuxo tiñámolo que facer seguindo un método vangardista: facer raias dunha cor no papel de maneira instintiva, coller unha figura que nos deron e trazar o seu molde enriba do debuxo con outra cor e, despois, buscarlle unha forma a todos aqueles garabatos procurando unha imaxe de nós mesmos. Finalmente, había que colorear. Algún dos debuxos tiñan diferentes formas, como o de Athenia, que era un parrulo e un home ao mesmo tempo. Tamén saíron pingüíns, persoas cun nariz enorme, etc. Foi moi divertido e pasámolo moi ben. Por Athenia Álvarez e Inma Durán (4ºB)


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

así mesmo, as seccións rentes niveis educativos. Te s t e m u ñ o s , Normas, Humor e Arredor de Como premio ao seu traballo de conscienciaón a Nós. prol dunha condución resO xurado valorou tamén a ponsábel, os dous grupos orixinalidade da proposta, foron de excursión á Corua frecuencia de actualiza- ña, onde visitaron as instación, os comentarios do lacións do xornal, o Aquaalumnado e, sobre to- rium e o Domus. Ceda o paso do, o uso dos blogues e da O blogue do alumnado de prensa como base dun http://blogs.lavozdelaescuela.es/ 4º C da ESO e 6º A de Pri- proxecto de aula en dife- blog/blog2417/ maria foi elixido polo xurado do Concurso de Blogues do programa PrensaEscola da Voz de Galicia como o mellor do mes de abril. Na súa opinión, a bitácora que naceu da man do noso compañeiro Heladio é "un excelente exemplo de como realizar un proxecto de educación vial e de como usar a prensa diaria como soporte e os blogues como panel de exposición e debate". Destacan, mestre. O gañador foi Miguel Zas (1ºB) e, en segundo lugar, quedou outro Zas, Damián (4º C).

Iº CAMPIONATO DE XADREZ O Departamento de Actividades Extraescolares organizou o Iº Campionato de Xadrez a comezos do 2º tri-

Cómpre destacar o labor de Patricia Pequeño e, sobre todo, Vanesa Míguez, ambas as dúas alumnas de 1ºB, na organización do torneo. Por último, hai que sinalar que o torneo espertou o interese por esta actividade. Así, durante todo o segundo e o terceiro trimestres hou12

bo rapaces e rapazas que se converteron en asiduos xogadores de xadrez no recreo.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

EXCURSIÓN A MANZANEDA

SAÍDAS

Entre os días 21 e 23 de maio medio cento de rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO marcharon tres días de excursión a Manzaneda acompañados por Manuel, Sofía e Norma.

Esta saída, programada polo Departamento de Educación Física, é xa unha actividade consolidada no noso colexio e conta co entusiasmo dun alumnado que, durante toda a estadía na estación

de montaña ourensá, combina actividades deportivas e de lecer baixo a atenta supervisión de monitores.

horas en Manzaneda… xunto cos risos nas comidas, nos bungalós e no tempo libre…

Ah! E bailando o chiquiEscalada, hípica, kárting, chiqui… profesores e proou a piscina ocuparon as fesoras incluídos.

13


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

POR TERRAS DE LUGO O mércores 14 de maio alumnos e alumnas da ESO saíron de excursión nunha viaxe organizada polos Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. A primeira parada tivo lugar no recinto de Avifauna, en Castro de Rei, onde puidemos coñecer máis polo miúdo aves de todo o mundo, algunhas exóticas e outras máis próximas a nós. Logo, achegámonos ao Castro de Viladonga, un poboado castrexo posteriormente romanizado que conta cun centro de interpretación moi completo. Alí, puidemos ver unha maqueta xigante do castro, amais de pezas orixinais da época como peites, cerámica, armas, torques e aneis de ouro e prata, moedas... Hai que agradecer a cordialidade e o bo facer do persoal do centro que, tamén hai que recoñecelo, destacou que o de Cuntis era un dos mellores grupos que pasara por alí. Este comentario estase a converter nun costume alá onde imos… Que así sexa por moito tempo.

VISITA A AVIFAUNA E AO CASTRO DE VILADONGA 14


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

EXCURSIÓN Á CASA ALVARELLA

SAÍDAS

En outubro realizamos unha excursión didáctica a Alvarella, a onde chegamos un xoves pola mañá e marchamos o venres ao mediodía. Esta excursión organizáronna os nosos titores para que opinaramos sobre as nosas clases e o noso colexio e decidiramos que podiamos facer nós para sentirnos máis a gusto nel. Fomos a un albergue ecolóxico situado preto das Fragas do Eume chamado “Alvarella” para que, en contacto coa natureza, o medio ambiente, soubesemos manter unha relación de convivencia entre todos e todas: saber organizarnos, compartir habitacións, traballar en grupos as normas da clase, etc. Nesta excursión partici-

pamos varias clases da mellor entre nós: facer as ESO: 4º B, 4ºA, 3ºA, 3ºC e clases máis didácticas, inte1ºA e os titores. grar as novas tecnoloxías... Ademais, falamos sobre coE así foi: respectamos as mo manter o colexio máis regras de convivencia, re- coidado. Decidimos que os partimos o traballo de reco- nosos representantes pediller a louza, poñer a mesa... sen no Consello Escolar Tamén respectamos a hora arranxar os baños (poñer de deitarnos. papel, espellos, xabrón...). Fixéronnos algo de caso No presente curso porque agora hai papel. Taformouse un grupo de mén propuxemos quedar traballo sobre convivencia unha tarde todos/as para pintar a clase, cambiándolle no colexio. O seu a cor ás paredes por outra obxectivo é mellorar o máis agradable. clima escolar fomentando Ó outro día, o venres, realio diálogo na resolución zamos unha camiñada polas dos conflitos e o fomento Fragas do Eume de dúas da cooperación e a horas e estivemos en conparticipación na vida tacto coa natureza. académica. Entre outras Esta excursión serviunos paaccións, cabe destacar a ra realizar propostas que saída das titorías ao axudasen a amenizar as claalbergue ecoturístico ses e convivir mellor no colexio. Casa Alvarella (outubro 07) e o pintado das aulas Só foi un día e medio, pero de 3º B e 4º B por parte aprendemos moitas cousas e ó mesmo tempo pasámolo do alumnado do 2º ciclo ben. da ESO. Por Noelia Diéguez (4º B) Pasámolo ben e dedicamos parte do tempo a decidir novas propostas para que a convivencia no colexio fose

15


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

VIAXE A PARÍS Departamento de Francés

PROGRAMMATION DU VOYAGE CULTUREL À PARIS DU 23 AU 27 AVRIL 2008 16


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

VI XORNADAS CULTURAIS DON AURELIO 2008 Chegou o mes de maio e con el as chuvas... E, un ano máis, as Xornadas Culturais do colexio, que xa van pola súa sexta edición. Nesta ocasión, o fío condutor das Xornadas foi a Educación Vial e o profesor Heladio Anxo o coordinador dun programa plural que superou a vintena de actividades.

Miguel Martínez Campos (Infantil 5 anos)

As temáticas foron variadas e houbo charlas de orientación académica e ocupacional para os maiores, conferencias e proxeccións audiovisuais de contido histórico, moita música galega, moito teatro e títeres, ilustración, literatura... e, sobre todo, educación vial.

Hai que destacar a colaboración do Concello de Cuntis, que achegou material e estivo presente con Protección Civil e a policia no Día da Educación Vial; a DXT; AELESME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal), do Fervedoiro, etc.

Noraboa á organización e a todos/as os/as que axudaron nestas xornadas. O listón queda ben alto para o ano que vén.

Máis Info. sobre Educ. Vial en: http://blogs.lavozdelaescuela.es/ blog/blog2417/

XOGOS DE EDUCACIÓN VIAL O pasado día 16 de maio foi o Día da Educación Vial no noso colexio. A actividade central foi a realización dunha serie de xogos relacionados con esta temática para o alumnado de Infantil e Primaria. Para a organización dos xogos contamos coa inestimable axuda dos profesores Eusebio, Xosé Manuel, Patricia, Ramón, Manuel e Sofía. Pero sobre todo queremos destacar o grande traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO (os que non foron á excursión) e os de 3ºC: Antonio, Damián, María Justa, María Prado, Sheila, Noemí, Paula, Sergio, Javier, Porto, Rubén, María Riveiro, Andrea, David Pereira, David Míguez, Gabriel e Isaac. Grazas a eles todo saíu ben e é de xustiza felicitalos. Para pórlle a guinda ao día puidemos contar tamén co coche de Protección Civil, o da Policía Municipal e o da Garda Civil. Por alí pasaron curiosos e entusiasmados todos os alumnos e alumnas. Temos que agradecerlle a Suso, o municipal, unha vez máis, a súa desinteresada colaboración, así como a Paco, o noso conserxe. Por David Pereira (4º C) 17


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES As actividades realizadas, en tres quendas durante a mañá, foron: o circuíto, que percorreron o en bicicleta, con volantes, atados e/ou facendo unha ‘carreira de sacos’; ás cegas, no que un ‘lazarillo’ guiou unha persoa cega (cos ollos tapados); e sen oír, que é un xogo de mímica semellante aos xogo das películas pero con sinais de tráfico; o clásico xogo das cadeiras adaptado á educación vial; un sinal/unha acción, no que os grupos tiñan que memorizar xestos ou accións vinculados a un sinal; trasvasando auga amodiño; un xogo de pistas polo colexio na procura do tesouro; e o scaléxtric, que foi montado na entrada do colexio.

Preparados, listos… Aparcando nas cadeiras...

Que a gusto estamos aquí!

Van gañando as mozas

Tomando a curva

Atentos ás explicacións das maiores... 18


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES acompañados por Sofía e Norma (que desta vez estaba alí pero coa escusa da perna... non pin-

tou… he, he!). As aulas quedaron moi ben para ser pintadas por nós e aprendimos que, cando queremos, sabemos traballar en equipo! Tamén hai que dicir que saímos na prensa (en tres periódicos diferentes) e entrevistaron a profes e alumnos/as. Por Cristina Piñeiro (4º A) e Adriana Fuentes (4º B)

AULAS DE CORES NO CPI DON AURELIO Durante catro venres, o alumnado de 4º ESO do CPI don Aurelio de Cuntis levamos a cabo un estupendo traballo en equipo. Todos xuntos pintamos dúas clases do centro con dúas profesoras, as nosas titoras.

sos, máis inexpertos. A pesar destas diferenzas, todos rimos e fomos pintanto a nosa clase con ánimo. A maioría do alumnado que estamos nesas clases a diario afirmamos que agora se respira un mellor ambiente (unha vez marchou o olor á pintura) e pódese atender mellor nas clases.

A idea xurdiu na excursión das titorías nas Fragas do Eume. Logo, xa na clase coas nosas titoras, escollemos as cores e puxémonos de acordo para falar co director do centro, solicitarlle permiso e pedirlle que o levara ao Consello Escolar.

As profesoras están de acordo en que agora non é o mesmo. Antes entraban en clase e só se vía un ambiente monótono con esa parede manchada de amarelo e eses armarios esborranchados. O que senten agora é alegría ao ver ese colorido e esa luz que entra polas ventás. O que sentimos nós é orA alcaldesa da vila proporcionougullo porque o fixemos entre tonos o material para realizar a actidos e todas. vidade (pintura, rodillos, cinta de carroceiro, etc.). A tarefa de ir garPor Tamara Alonso (4º B) dando periódicos foi nosa. UNHA EXPERIENCIA NOVA Para nós foi emocionante compar- O día que pintamos estabamos tir horas de traballo. Todo come- moi ilusionados e case todos parzaba os venres, coa fin das cla- ticipamos. O máis importante de ses, levabamos uns bocadillos todo é que pensamos que soubepara comer xuntos no colexio e, mos aproveitar as calidades de logo, comezar a pintar. todos (que eran moitas...) os que alí estabamos e que o fixemos Repartímonos o traballo de forma coma un equipo. O seguinte venque todos e todas cooperasemos res démoslle a segunda man e a e participasemos na actividade. experiencia repetiuse, desta vez Ao son da música, as nosas mans (e da outra) compañeiros/as doumovíanse. Todos pintamos, máis tros cursos viñeron a axudar. Das altos e máis baixos; máis coidado- dúas veces estivemos 19

MÁIS INFO E FOTOGRAFÍAS EN: http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/ blog2793/Titoria/2008/02/26/Aulasde-cores-no-CPI-don-Aurelio.html http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/ blog2793/XtraScolares/2008/04/26/ Segunda-pintada.html http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/ blog2793/XpresaT/2008/04/14/Unhaexperiencia-nova.html


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES LETRAS GALEGAS 2008

Os alumnos Luís Alberto Argibay González (6ºB) e Abrahán Argibay González (2ºA) mereceron un accésit no certame Dinamizando o 17 de maio en Cuntis con este traballo que elaboraron como unha presentación en powerpoint. O concurso foi convocado pola Rede de Dinamización da Consellaría de Innovación e Industria en colaboración coa Concellaría de Industria, Medio Rural, Vivenda e Solo do Concello de Cuntis con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, coa finalidade de fomentar o uso do galego nas novas tecnoloxías e conmemorar ao autor homenaxeado no ano 2008 a partir da creatividade, literaria e gráfica. Pola súa banda, o ENDL montou unha exposición sobre a vida e a obra do autor no segundo andar do colexio mentres que o Equipo da Biblioteca dispuxo unha exposición de libros na entrada. Grazas á axuda do profesor Alberto Armada, coordinador das TIC no colexio, todo o profesorado tivo acceso a numerosos recursos sobre o autor homenaxeado para a súa utilización nas aulas: http:// ticblog.wordpress.com/category/areas/lingua-galega/

O AÑO PITAÑO O año pitaño vai no paraño.

A cabuxa luxa marchou onda a bruxa.

X. Mª. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

O galo ralo rubiuse no valo, e a galiña tiña está na cociña. Anda neniña, déixaos estar, e imos brincar cas cunchas do mar. Vente mirar no fondo do mar os peixiños nadar.

Naceu en Tui no ano 1915. Escribiu libros de poesía, contos e O gato cegato outros nos que contaba cousas da fuxiu ao burato. historia de Galicia. Fundou dúas editoriais dedicadas á publicación de libros galegos.

O coello vello anda no cortello.

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.

http://www.blogoteca.com/ nalinguadetodos/index.php?

20


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

VIAXE A SALOU

Despedida de Port Aventura tras dous

Entre os días 14 e 21 de maio o alumnado de 4º da ESO realizou a viaxe de fin de curso a Cataluña na compaña de Toño Casais e José Luís. Barcelona, Tarragona e Salou, a base de operacións, foron os destinos dunha excursión moi agardada pola que traballaron arreo durante intensos días todo o curso. De seguro que a viaxe cumpriu as súas expectativas e dela trouxeron uns recordos inesquecibles.

Nas bodegas de Codorniu, en San Sadurni de Noia

Chegando a Port Aventura Outra cousa non, pero posar para as fotos moito lles presta

Unhas galegas con chuvasqueiro! E logo rímonos dos ingleses en Compostela

21


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

No Parqu e Güel

Paseando polo Barrio Gótico

Máis fotos no mundo soñado por Gaudí

Que perigo!!! 22

Venderon bicas a eito pola Feira (contan que a berros e axudados dun megáfono), inundaron o colexio de camisolas, complementos e unha chea de cousas máis, venderon rifas (non houbo sorte!)…. Todo o que se poida imaxinar un e máis. E puxeron o broche de ouro co Festival Pro-Excursión, que dúas semanas antes da viaxe reuniu no Centro Patelas a case 200 persoas. Acrobacias ximnásticas, teatro, números musicais, humor e moitos nervios nunha noite especial que plasmou a súa capacidade de traballo e organización.


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2007-2008 No presente curso 2007-2008 houbo cambios no Equipo de Normalización cunha renovación importante nos seus membros. Algunhas actividades consolidadas, como a publicación dos calendarios, voltaron ver á luz, igual que esta revista; no entanto, non saíron as revistas mensuais, a grande e mais a pequena.

Publicación do calendario de mesa que tivo como fío condutor a escola na vila de Cuntis dende os anos 20 até a actualidade.

O Equipo repartiu o calendario de peto de 2008. A súa publicación forma parte da campaña de sensibilización sobre o uso do galego no contorno do noso centro educativo.

Deuse, no seu lugar, unha aposta polas novas tecnoloxías coa posta en marcha da bitácora Na lingua de tod@s e traballouse da man doutros departamentos como o da Biblioteca na organización de diversos concursos e na creación dunha fonoteca musical en galego. Tamén houbo unha relación moi fluída coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello e con colectivos sociais como O Fervedoiro. Así mesmo, creouse o Grupo de Teatro Vademecum e houbo sesións de contacontos protagonizadas polos maiores para os máis cativos… E, a nivel interno, o ENDL asesorou lingüísticamente e enviou información ao profesorado sobre ferramentas lingüísticas para facilitar e potenciar o traballo cotián en lingua galega. Esperamos que fose de utilidade.

Desta volta, quixemos visualizar a importancia que ten transmitir o galego no seo das familias para frear o proceso de substitución lingüística. A resposta ao Concurso de Cartas de Amor, convocado con moitvo do Día de San Valentín, foi moi positiva e agardamos repetir a experiencia para o ano. Nas páxinas de creación poderes atopar as cartas gañadoras. Na mesma sección tamén publicamos un dos relatos galadores do Concurso de Relatos sobre Educación Vial co que o Equipo de Normalización e a Biblioteca se sumaron ás VI Xornadas Culturais don Aurelio.

A semente está botada e xa hai proxectos en mente para o vindeiro curso que só poderán saír adiante coa implicación de toda a comunidade escolar. A porta está aberta e hai sitio para todos/as…

E moitas actividades que atoparedes ao longo desta revista. Agardámosvos no curso 2008-2009 con ánimos renovados. 23


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

ASOCIACIÓN CULTURAL O FERVEDOIRO http://ofervedoiro.blogaliza.org Ao longo de todo o curso, o Equipo de Normalización atopouse felizmente no camiño da promoción e dignificación da lingua co colectivo social e cultural O Fervedoiro, que botou a andar neste ano a Campaña de Normalización Lingüística Cuntis ‘08. Esta campaña inclúe unha serie de medidas tendentes a avanzar na plena presenza do galego na vida municipal, na galeguización da toponimia deturpada ou no ámbito empresarial e comercial local. No terceiro trimestre O Fervedoiro organizou o concurso de debuxo Na Nosa Lingua (NNL), un certame de sensibilización sobre o uso do galego que tivo como protagonista o alumnado do CPI don Aurelio. O certame ía destinado aos rapaces e rapazas do 1º ciclo da ESO e tiña como obxectivo elaborar lemas e debuxos que divulgasen a imaxe do galego como símbolo da nosa identidade como pobo. As imaxes e lemas seleccionados foron editados en adhesivos e marcapáxinas para que todos e todas nós puidesemos fachendear de lingua. Os/as premiados/as recibiron por agasallo cadanseu MP3 e, ademais, o ENDL fixo uso do traballo gañador para incluílo na portada desta publicación. Como o ENDL do colexio, o Fervedoiro aposta pola música en lingua galega. Abaixo, programa do concerto do vindeiro 22 de agosto. Á dereita, cartaz do concurso NNL (deseños ambos de Martiño Picallo).

Dende o CPI don Aurelio queremos agradecer o traballo a prol do galego do Fervedoiro e a súa vontade de crear dinámicas de colaboración con outras entidades e institucións do Concello. Iniciativas coma estas que nacen do tecido asociativo do país son fundamentais para recuperar a tensión social arredor da lingua porque o galego é cousa de todos/as. 24


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

PINTAMOS A LINGUA DE AZUL POLO GALEGO!!! O ENDL do CPI don Aurelio apoiou o manifesto Polo dereito a vivirmos en galego impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística e animou á comunidade escolar do CPI don Aurelio de Cuntis a participar na manifestación nacional convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que percorreu as rúas de Compostela o domingo 18 de maio. No colexio pintamos as linguas de azul polo galego para amosar tamén simbolicamente o noso apoio a esta mobilización.

www.amesanl.org

25


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007), que reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo dende 1995. Infantil (artigo 7) O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e a escrita en galego, no sentido de que este se converta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse en galego. Primaria (artigo 8) Impartiranse en galego as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía, garantindo a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais. Secundaria (artigo 9) Impartirase un mínimo do 50% das clases en galego: Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación para a cidadanía. Cando Ciencias da Natureza se desdobre en Bioloxía e Xeoloxía, por un lado, e Física e Química, por outro, ambas materias impartiranse en galego. O Decreto 247/1995 foi un fracaso porque non capacitou por igual a todo o alumnado no dominio oral e escrito das dúas linguas. Só domina galego e castelán os rapaces e rapazas de linguas familiar ou ambiental galega. Poucos rapaces de lingua ambiental ou familiar castelá teñen competencia oral en galego.

O novo Decreto pretende capacitar por igual a todo o alumnado –como mínimo– nas destrezas lectoescritoras e orais en galego e castelán, compensando na escola o déficit familiar ou social nestas competencias. É unha obriga da administración formar e capacitar a todos por igual, sen segregacións nin discriminacións. Para acadalo, impúlsase o uso do galego como lingua vehicular de polo menos a metade do horario escolar. A educación plurilingüe é o uso de dúas ou máis linguas de instrución escolar para posibilitar o dominio efectivo dunha ou máis linguas que o alumnado non ten na casa. O plurilingüismo é apostar polo desenvolvemento social, o enriquecemento da comunidade e a consecución dun mundo máis democrático, educado, culto, tolerante, libre e plural. É unha esixencia de calquera sociedade moderna, culta e avanzada.

O ensino pretende que o alumnado adquira competencia abonda para se expresar con corrección en galego e castelán, para garantir a plena igualdade das dúas linguas, ademais dunha terceira. É o bilingüismo aditivo, para que a poboación poida elixir libremente a súa lingua de uso porque coñece as dúas linguas cooficiais. Ninguén terá liberdade para falar ou escribir en varias linguas se só coñece unha. E a sociedade reclámalle ao ensino persoas máis preparadas, competitivas e libres.

Hoxe, o sensato e o culto en toda Europa é a rehabilitación para novos usos do patrimonio natural, do artístico-histórico e do lingüístico, ata agora estragado en nome da modernidade. Europa ten interese no fomento do patrimonio lingüístico nun continente culto e políglota. O Decreto insírese no Estatuto, Constitución, LOU e Carta Eu rope a d as Li ngu as . É consecuencia do Plan Xeral de Normalización aprobado en 2004 por unanimidade no Parlamento Galego (PP, PSOE e BNG). Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza confirma que este decreto é o camiño para fomentar a igualdade lingüística.

A escolarización en varias linguas ten efectos positivos sobre o desenvolvemento educativo e lingüístico do alumnado: reforza a súa capacidade de simbolización e abstracción, polo que favorece a adquisición de contidos relacionados, por exemplo, coas mate- Toda persoa que sabe galego sabe máticas, as artes plásticas… tamén castelán. Pero non ao revés. Saber galego fainos máis compeOs modelos de educación plurilin- tentes para accedermos rapidagüe aplícanse en todo o mundo mente ás outras linguas románicas: desde hai 100 anos e hoxe aplícan- italiano, catalán, francés, romase nos estados e países máis mo- nés… E sabéndomos galego sodernos e civilizados: Finlandia mos competentes en portugués, (máxima puntuación no informe PI- lingua falada por 250 millóns de SA), Islandia (maior índice de lectu- persoas de 4 continentes, coas ra por habitante), etc. No Estado vantaxes comerciais, económicas, hai varias experiencias de educa- educativas e comunicativas que isto ción plurilingüe, todas elas con gran supón. éxito de resultados: a maioría do MÁIS INFORMACIÓN alumnado remata a escola sabendo UNIVERSIDADE DE VIGO falar e escribir con dignidade na lingua autóctona, na lingua do Esta- http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/ do e nunha lingua estranxeira. 26


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

TEATRO O venres 23 de maio o Grupo de Teatro don Aurelio do colexio representou a obra Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Rodríguez Castelao, baixo a dirección de Xosé Rivas Espiño. Parabéns a todo o grupo polo seu bo facer enriba do escenario:

REPARTO BOTICARIO: Antonio Chedas LELA: María Xosé Arca CARABINEIRO: Sergio Castromán A MORTE: Pedro Ortigueira IRMÁ I: Vanesa Fuentes IRMÁ II: Andrea Vázquez IRMÁ III: Patricia Vázquez IRMÁ IV: Carmen Miranda MULLER I: Xosé Antón Domínguez MULLER II: Vanesa Míguez MULLER III: Diana Rey APUNTADORA: Lucía Villaverde SELECCIÓN MUSICAL: Xosé Antón Méndez ENCARGADOS SON: X. Manuel Correa, Toño Casais DECORADOS: Eusebio Rivero COLABORADOR ESPECIAL: Fco. Campos COLABORADORES: María Riveiro, Damián Zas

27


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

“Bicos con lingua” por Totum Revolutum O martes 27 de maio, o Grupo de Teatro do Equipo de Normalización, Totum Revolutum, representou a obra Bicos con lingua na Biblioteca do noso colexio. Sirva esta introdución dos condutores da obra para presentar este novo grupo teatral que de seguro nos acompañará nos próximos cursos: Outra vez teatro! Despois da magnífica representación de “Os vellos non deben de namorarse” do outro día, hoxe o grupo de teatro do Equipo de Normalización, TOTUM REVOLUTUM, tráenos unha adaptación da obra “Bicos con lingua”, de Talía Teatro, sobre textos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala. Por se non o sabedes, totum revolutum é unha expresión latina que significa caos, desorde… Pilládelo? E a que imos ó teatro? A rir? Tamén se pode chorar… e tamén nos fai pensar. Hoxe imos ter teatro para reflexionar. A ver, está o galego enfermo? Hai que aplicarlle un tratamento de choque para que non morra? Ultimamente, este tema da lingua está moi de moda…, que se eu fáloo porque si…, que si yo hablo lo que quiero… Eu creo que na nosa terra aínda non temos moi claro isto de en qué lingua falar… Vas a un bar e o camareiro fai de tradutor das túas palabras galegas, e ti, para que non leve tanto traballo, pois acábaslle falando en castelán… ou non… E cando queres ligar? En que falas cando queres “camelar” un rapaz ou unha rapaza, eh? Claro, todos pensamos que o castelán é máis fino. Con todo, uns versos potentes en galego, dígovos que derreten a calquera… E os nenos? Por que lles falan os pais ós seus fillos en castelán cando eles falan en galego? Ben podían falarlles inglés, e francés, e…! E así, en vez de ser BI, poderían ser PLURI-lingües, que din os entendidos que iso é moi bo para o cerebro…

QUE PAIS! QUE PAÍS!

Pepo Suevos no Don Aurelio O actor e contador de historias Pepo Suevos, que seguro que recoñecedes en series como Terras de Miranda ou programas como O show dos Tonechos, visitou o mércores 28 de maio o CPI don Aurelio para agasallarnos coas súas historias. O noso convidado deixou un bo sabor de boca entre o alumnado, que seguiu con atención as súas historias e valorou moi positivamente a actividade, en especial, a súa expresividade. 28


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

ALGÚNS ENDEREZOS DE INTERESE ARREDOR DOS LIBROS E A LECTURA... Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/ Praza das Letras: http://www.prazadasletras.org/ Bibliotecas Escolares Galegas: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ O Soportal da Literatura Galega: http://www.culturagalega.org/lg3/ Biblioteca da Literatura Infantil e Xuvenil: http://www.filix.org/home.html Biblioteca Virtual da Lit. Universal en Galego: http://www.culturagalega.org/lg3/ Asociación de Escritores en Lingua Galega: http:// www.aelg.org/

Apostas polo software libre? Buscas programas en galego? Openoffice, mozilla, firefox… Que che fai falta? Mancomun.org!!!

...E ALGUNHAS FERRAMENTAS LINGüÍSTICAS NA REDE Dicionarios Dicionario Ir Indo: http://digalego.com/ Dicionario Estraviz: http://www.agal-gz.org/estraviz/ CLUVI (Galego-Inglés, Inglés-Galego): http://sli.uvigo.es/CLIG.html Vocabulario ortográfico VOLGA: http://www.realacademiagalega.org/volga/ Tradutores Opentrad Apertium: http://sli.uvigo.es/tradutor Opentrad galego-español-portugués: http://opentrad.imaxin.com/ Traducíndote galego-español-catalán-portugués-inglés: http://www.ieschandomonte.edu.es/ traducindote/ ESGA galego-español-galego: http://www.xunta.es/tradutor/ Cursos e manuais de galego en liña É Galego: http://e-galego.cesga.es/inicio.htm Galego en liña: http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp Correctores Ortogal: http://sli.uvigo.es/corrector/ Software libre en galego Mancomun: http://www.mancomun.org/ Terminoloxía

BIBLIO-TERM: http://www.usc.es/ snl/term/biblio-term.htm

A enciclopedia colaborativa e libre en galego, a Galipedia, acaba de superar os 38.000 artigos. 29


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O COLEXIO NA REDE

N

o curso 2007-08 produciuse un auténtico boom do CPI don Aurelio na rede. O colexio pasou de estar presente na internet coa vella web a contar con 9 páxinas, xa sexan webs, wikis ou blogues, do alumnado ou do profesorado, vencellados á vida do centro ou especializados nalgunha materia, nalgún grupo ou nalgunha temática concreta. Detrás deste novo don Aurelio virtual percíbese a man do profesor Alberto Armada, coordinador das TIC e incansábel difusor das vantaxes que achegan as novas tecnoloxías á educación. Pese aos atrancos da administración, que non acaba de dispoñer dos recursos necesarias para implementar as novas tecnoloxías no ensino, e ás inercias da vida académica, pódese afirmar que neste curso se deron algúns pasos que temos que reafirmar entre todos/as: profesorado, alumnado, nais e pais e as autoridades educativas.

http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/ Páxina de referencia do centro que en só 4 meses de vida xa comeza a coller corpo. Ten un potencial enorme de cara ao futuro, non só a nivel informativo, senón tamén a nivel didáctico e de xestión. Nela poderán participar todos os membros da comunidade educativa.

http://donaurelio.wikispaces.com/ O noso wiki, a comunidade virtual do profesorado do colexio.

http://www.blogoteca.com/ nalinguadetodos/ Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que xa suma unhas 5000 visitas. Ventá aberta ao traballo do equipo e á actualidade da lingua galega. No camiño da normalización da nosa lingua hai moito que facer para todos/as os/as que queiran botar unha man. http://www.blogoteca.com/heladio/ Blogue de Heladio, profesor de Ciencias Sociais que comparte co alumnado este espazo orientado ao coñecemento da historia. http://ticblog.wordpress.com/ http://tic56.wordpress.com/ Bitácora de Alberto Armada sobre o uso das TIC no ensino e blogue de aula. Ticblog conta con máis de 50 páxinas,

actualización diaria e unha clasificación temática que abrangue as diferentes áreas e ciclos educativos. Próxima ás 70.000 visitas en 8 meses de vida. http://cadernodelingua.wordpress.com Blogue da materia de Román, profesor de Lingua Galega. 18.000 visitas en 6 meses.

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2417/ Páxina de Educación Vial compartida polos grupos de ESO e Primaria dos profesores Heladio e Esther. Premio ao mellor blogue do mes de abril do Programa Prensa-Escola da Voz de Galicia.

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/ Bitácora de 4º da ESO, froito dunha ilusión compartida por profes de diversas materias e un grupo de alumnas/ os que publicaron máis de 200 artigos en 6 meses. 30


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O ENDL presentou a finais de abril o Proxecto Musigal, unha iniciativa que puxo en marcha coa colaboración da Concellaría de Turismo, Cultura, Deporte, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Cuntis para dar a coñecer ao alumnado a música feita en galego na actualidade.

1.- Dar a coñecer a música galega actual nos máis variados estilos (rock, pop, hiphop, metal, electrónica, fusión, jazz, raíz, etc.). 2.- Ensinar ao alumnado a buscar produtos culturais fóra dos circuítos establecidos, máis mediáticos, e máis comerciais. 3.- Rachar os prexuízos que exclúen o galego dos modos de vida máis moderna e vangardista. Tras facerse cunha boa colección de discos de música en galego e difundir o tríptico informativo (que contén unha chea de enderezos de música galega), o Musigal botou a andar da man da xornalista da TVG e a RG Belén Regueira, unha voz autorizada para coñecer a música galega máis actual. UNHA CLASE DIFERENTE Os músicos de Cerceda Martín e Carlinhos impartiron un obradoiro de hip-hop na biblioteca do noso colexio para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Na súa charla trazaron unha Os obxectivos deste proxec- historia do hip-hop e explicato que terá continuación en ron os elementos que se combinan neste movemento vindeiros cursos son: cultural (rap, break, grafitti, mc e beatbox). Ademais, Carlinhos deunos un pequeno curso de iniciación ao beatbox que deixou coa boca aberta a máis dun/ dunha. Deseguida, Martin achegounos alA xornalista Belén Regueira achegounos o pano- gunhas claves para a rama actual da música galega composición das letras 31

Martín Prego no obradoiro de Hip-Hop

das cancións que, de seguro, fixo saltar algúns resortes nas cabezas do alumnado. Á pregunta típica de por que cantades en galego? seguiulle unha resposta do máis natural, porque falamos en galego, oe... pregúntame pola música que fago! Xa metidos en fariña, escoitamos unha versión reague do himno galego, acrecentado nuns cantos versos por Martín, que nos conduciu á reflexión sen deixar de gozar cos ritmos xamaicanos. Finalmente, chegou a parte máis práctica e participativa: a confección e rapeado, mesmo houbo quen se lanzou ao beatbox, duns versos. Un éxito que deixou bo sabor de boca entre o alumnado.

Martín e Carlos Gende rapeando e facendo beat-box


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Un proxecto que nos trae a música feita en galego.

FONOTECA MUSIGAL O ENDL, en coloboraciòn coa Biblioteca Escolar, puxo á disposición da comunidade escolar unha fonoteca musical que xa contén case un cento de discos de grupos galegos de todos os estilos.

rentes formatos, dende cancións para escoitar en CD ata DVD interactivos que reproducen xogos populares, karaokes e videoclips ou librosxogo.

Todo é música que fala a túa lingua, feita por xente coma ti para ti. Non sexas repunante e dálle caña á música en galego. Como? Ao longo do mes de maio tivemos a oportunidade de coñecer bandas e solistas a través do préstamo de discos na biblioteca, da internet, de charlas e obradoiros, de audicións nos recreos… E o próximo curso moito máis. A que esperas?

Ademais, a fonoteca conta cunha sección infantil, que inclúe unha serie de publicacións audiovisuais destinadas ao alumnado de Infantil e Primaria. Este fondo bibliográfico consta de material diverso que inlúe música galega infantil en dife-

Concurso Cos teus votos elixiremos os mellores temas e editaremos un CD no vindeiro curso. 32


REPORTAXES

Knell é unha banda de Cuntis que naceu de Sección 16, un grupo de hardcore no que comezaron a súa andaina algúns dos seus membros. Knell fai un metal aberto a novas sonoridades e entre as súas influencias caben sons diversos como os de Deftones, Metallica, Incubus, Hamlet, Bersuit, Faith No More ou Depeche Mode. Nestes anos compartiron escenario con bandas e solistas de referencia como Hamlet, Soziedad Alcohólica, Rosendo, Habeas Corpus, Iván Ferreiro ou Koma, entre outras. Knell estará o 20 de xuño no pub Inferno da Estrada con Sem Resposta. Falamos con Sousa, un dos integrantes, sobre a banda. - Como se vos ocorreu a idea de montar o grupo? Pois, foi alá pólo ano 2000. O primeiro proxecto foi unha banda chamada seccion 16, faciamos hard rock pero co paso dos anos e cos cambios de formación e, sobre todo, de gustos, decidimos montar a nova banda baixo o nome de Knell e cambiar algo de estilo. Casualmente todos eramos amigos da infancia e eso facilitou moito as cousas. Case todos partimos dunha formación autodidacta. Por eso, é que ademais moitos de nós tocamos mais dun instrumento, pero co paso dos anos tamén seguimos algunhas clases para mellorar nalgun aspecto. Hai que evitar estancarse. - A quen de vós se lle ocorreu? (Sousa) A Jacobo e a Cristian, que comezaron con Sección 16. Eles son os únicos que sobreviviron musicalmente a aquela aventura, os outros fómonos sumando co paso dos anos, algúns de nos procedentes doutras bandas como Extridentes ou Berro Homicida. - A que anos empezastes? Con 15, 16, 17 anos. Está claro que cambiaron moitas cousas, co paso dos anos ves as cousas con máis perspectiva e con máis experiencia e aprendes de todo, pero basicamente a esencia da banda segue sendo a mesma. Lembrades o primeiro ensaio, o primeiro tema, o primeiro concerto? Por desgraza eu non fun dos primeiros compoñentes da banda (di Sousa). Entón, dificilmente che podo contestar, o que si vos podo é falar do primeiro tema que se compuxo cando eu entrei na banda hai case 6 anos, chamado “Mi perfecto salvador”. Foi un tema moi importante para nós, de feito ainda o seguiamos tocando hai uns meses en directo. Da primeira actuación, unha moi importante foi a de hai 4 anos no festival Verea Rock. Foi o primeiro festival importante para nós e temos un grato re-

cordo daquel dia, foi dos mellores sen dúbida. Compoñedes vós as cancións? Todos facedes letras ou un só? Umm... O proceso de composición podemos dicir, polo menos dende a nosa experiencia persoal, que non é unha ciencia exacta, cada tema é un mundo, sempre dicimos que cada tema nos vai marcando as pautas ou os camiños que temos que seguir. É algo asi coma un puzzle. Si que é certo que sempre partimos dun riff de guitarra que nos gusta ou dunha melodía de voz pero despois deixámonos levar polo que nos transmite o propio tema. Intentamos reflectir enerxía e falar de vivencias persoais cos nosos temas.

gratificante, tando dende o punto de vista do traballo no ensaio compoñendo temas que te fan sentir moi realizado como persoa e como músico, ata os directos nos que a xente che fai vibrar e vives sensacións únicas. A xente é moi agradecida e despois dun concerto sempre se achegan e falan contigo para agradecerche e felicitarte polo concerto. Hai que ter moita conta con esto e non subir ás nubes, pero dende logo que eu creo que os músicos deben ser as persoas coa autoestima máis alta e máis seguras de si mesmas. Por que lle puxestes o nome de Knell ao grupo? Porque está o cemiterio ao lado e en inglés é algo asi coma un código de campás que significa toque final a morte. Ocorréuselle a Cristian. Antes, como dixemos, o grupo tiña outro nome: “Seccion 16”. Pero para nada nos sentimos identificados con nada gótico nin por nada relacionado coa morte, de feito o propio significado do nome non achega nada á banda. Elixímolo polo simple sentido estético do vocablo e porque non nos recordaba a nada. Cantas persoas estades no grupo? Cinco: Sousa, Cristian, Jacobo, Alberto e Alex.

Cales son as vosas influencias musicais? Temos influencias moi dispares, e moitas delas non teñen nada que ver co rock. Atreveríame a dicir que cada vez menos. Gústanos de todo, de todo o que transmita personalidade e orixinalidade, intentamos conxugar todo eso co noso son. Desde logo que admiramos a bandas míticas do rock coma Metallica, Faith no More pero poderíamos dicir mil nomes O feito de editar un CD, influíu no grupo? Si, dende logo que para ben, sobre todo notámolo nos concertos. Agora xa non cantamos só nós, e eso dá gusto, a verdade. Grazas a el démoslle un empurrón forte ao grupo. E cantos CD´s gravastes xa? Dous, Demo 03 e Demo 07. Os cambios foron notables, pero non nos soprendeu porque somos un grupo que compoñemos a un ritmo lento e cada tema difire moito do anterior, sempre nos sorprendemos con cada nova composición. Que representa para vós a musica? Pois a verdade, é unha sensación moi

33

Con quen coincidistes sobre os escenarios? Quen vos impactou especialmente? Pois a verdade é que nos sentimos moi afortunados porque tivemos a sorte de poder compartir escenario coas bandas máis representativas do panorama nacional rockeiro. Recordamos especialmente o día que tocamos con Hamlet, que é a nosa banda favorita de rock metal, e tamén con Skunk DF, que son unha xente impresionante. Tanto Hamlet coma Skunk DF son unha xente que vale moito a pena. Son moi amables e agradecidos, son deses músicos que se revalorizan cando coñeces as grandes persoas que son. Tamen compartimos cartel con Boikot, Soziedad Alkoholika, Estirpe, Koma, Habeas Corpus, etc. Dos vosos concertos, cales lembrades con especial cariño? Pois mira, sempre gozamos máis dos concertos pequenos coa xente ai preto de ti. Recordamos grandes concertos no pub Inferno na Estrada, tamén os do Chiorta ou o Chelsea coa xente de Cuntis. Tamen en Noia, onde nos aprecian moito e, como non, os festivais onde ves tanta xente e te impresiona tanto. www.fotolog.com/knell.fotolog Myspace.com/knellmyspace Por Vanesa Míguez, Patricia Vazquez e Patricia Pequeño (1º B)


REPORTAXES

PERDEMOS O NORTE Seguro que xa coñecedes este grupo porque tres dos seus integrantes estudan no noso colexio. O 21 de xuño tocan na feira.

Música con Fran, aínda que no grupo tócana Abrahán e Manu, Xurxo aprendeu a tocar a bateria só e Alba vai a clases de baixo. Tendes algunha canción propia? Temos 4 temas propios: “Marxinado Social”, “Sinte”, “Rondando” e “Atrapado nun soño”. Quen fai a letra das vosas cancións? En que vos inspirades? (Alba) Os temas falan sobre todo de inxustizas sociais, pero máis ben é do que lle cadre... En que me inspiro?...buff... boa pregunta...he, he... A verdade é que nin o sei eu... Escribo o que se me ocorre e dependendo de como teña o día. Agora que remata o curso podo confesar que “Sinte” escribino nunha mañá na clase na que non sabía o que facer e me aburría... Asi que xa vedes

Como empezastes co grupo? Perdemos o Norte xurdiu porque eramos amigos e a todos nos gustaba a música. Levamos tocando dende comezos do ano pasado. Todo principiou nun festival da Escola de Música de Cuntis, onde iamos aprender a tocar a guitarra. E pensamos en montar un grupo, xa que a Xurxo se lle deu por aprender a tocar a batería e a Alba o baixo. O nome do grupo nace dunha anécdota que lle pasou a Xurxo coa avoa. Vai e dille: “Avoa, hoxe imos ensaiar que temos un gru- E a música? po”, e ela resposta “ai, neno, perdes- A cousa é así: Xurxo saca un ritmo na batería e Abrahan compleméntao tes o norte”. con rifs e acordes na guitarra, logo metémoslle a letra... Juju!!

boa... polo menos a nós sempre nos din que moi ben. A min (fala Alba) o que me gustou foi o que me dixeron no Chelsea ó acabar de tocar a primeira vez. Dixéronme: Abrahám (guitarra) “buá, como molades, parecedes Knell cando estaban empezando!”. Eso enche a un... (di Manu). É moi complicado gravar? Non o vemos moi complicado, porque hai grupos que cremos que soan moito peor ca nós e están aí con temas gravados no myspace. Este ano ao mellor non pero senón para o seguinte fixo que gravamos algún tema.

Pensades incorporar máis músicos ao grupo (rumoréase que ides incorporar unha nova voz? Pois si, antes cantaba Alba xa que anteriormente tiveramos outro cantante pero deixou o grupo. Agora te- Manuel (guitarra) mos un novo cantante, pero de momento non imos desvelar nomes... o Parece que estades compoñendo Alba (baixo) máis seguro é que xa o vexades no algo en galego? É tan difícil pegar ese salto a pesar de ser galegoQué estilos musicais tocades? próximo concerto. falantes? Cales son as vosas influencias? O noso estilo …buff… Estamos co- Que tedes pensado para o futuro? (Alba) Aínda que vos pareza raro, mezando a compoñer… Temos catro Progresar e ser un pouco coñecidos, resúltame moito máis facil compoñer temas propios e, si, son rock, pero as aínda que só sexa na Galiza, ogallá en castelán e non sei certamente o letras están como rapeadas…aínda algún día se nos recoñeza a nivel porqué. Penso que moito de culpa que non en todos os temas… rap- galego, pero fai falla moito ensaio. téñena os grupos que adoito escoltar, e de aí veñen os temas en castelán,. rock quizais…? Escoitamos rock e heavy máis ben. Gústannos grupos Canto tempo dedicades a ensaiar? Este novo tema que andamos a facer como: Habeas Corpus, Nao, Sistem O normal para nós son dúas horas á a pouquiños é en galego. semana, pero cando temos concerto of a Down, Skunk DF... procuramos quedar máis. A semana A quen vos gustaría parecervos? pasada rematamos de montar o novo A Knell ou a Nao. Porque nos gusta a Que instrumentos tocades? Sabemos tocar o básico na guitarra, local de ensaio na Escola de Couse- súa música e como de ben teñen xa que fomos a clases na Escola de lo. Está xenial xa que o insonoriza- montado o asunto. mos, pintamos a porta e puxemos corrente e bombillas. A verdade é Tendes relación con outros grupos? que se está moi a gusto alí. Cos compoñentes de Môrula leváCantas actuacións tivestes? Cal foi monos ben e nun concerto tocamos con Odio e Amo. a reacción do público? Tivemos máis ou menos oito actuacións, case todas elas grazas a Knell, Por Daniel Hervés, Daniel Fariña e Francisco Reboredo (1º A) que nos axudaron a lanzarnos nesto Jorge (batería) coa axuda inestimábel de Alba de darnos a coñecer pouco a pouco. A reacción do público... Cremos que 34


REPORTAXES

No ano 1994 creouse este museo e instalouse na clase que actualmente é de 2º A, que tiña unha parte adicada a esta actividade. Atopábase nesa aula porque era a titoría do profesor Juan A. Fernández Castro, a persoa da que xurdiu a idea de crear o museo no noso centro. Os obxectos que había foron achegados por alumnos e profesores.

prestáronos para que, cando quixesen, pode recollelos. No museo estiveron moi involucrados os alumnos e, grazas a iso, recibía moitas visitas tamén dos pais. Os propios rapaces encargábanse dalgunhas xestións do museo: abríano durante os re-

elaboráronse oito libros sobre Cuntis, cos datos facilitados polo propio alumnado que, deste xeito, foron protagonistas de todo o proceso de creación e mantemento do museo. O museo está formado por obxectos antigos referentes á vida cotiá

creos para que o resto dos compañeiros o puidera visitar, e eran os propios alumnos os que facilitaban a información sobre os obxectos coleccionados aos visitantes. A partir deste traballo

das familias e mais obxectos de certas profesións.

A partir de 1996 creouse o Seminario Permanente de Coñecemento do Medio, do que formaron parte moitos profesores: Trinidad Iglesias, Isabel Ferro, María Porto, María Tato, Pilar Fondevila, Mª Carmen Fernández, Mª Carmen Bernal, Mª Jesús Saborido, Emilia Monteagudo, José M. Piñeiro, Mª Carmen González Güimil e Juan A. Fernández Castro, o coordinador. Este seminario contaba cunhas axudas da Xunta que facilitaba as cuestións económicas. A finalidade era reunir obxectos da vida cotiá dos alumnos e promover actividades culturais no colexio. Algúns alumnos doaron os obxectos para o museo e outros

Neste curso 2007-2008, o museo pasou por un proceso de renovación: fíxose unha ampliación e o novo etiquetado dos obxectos e restauráronse algúns deles. No mes de maio levouse a cabo a reapertura deste espazo cultural do noso centro. Os profesores que colaboraron nesta renovación foron Juan A. Fernández, Ana Real, Ramón Domínguez e Heladio Fernández. No futuro cóntase con ampliar o museo e a súa colección. Pero isto dependerá da colaboración de toda a comunidade do CPI Aurelio M. Rey García. Samer Abdulkader Sande e Daniel Fariña Magariños (1º A ESO)

35


REPORTAXES

Unha ilusión, unha selección (28-12-2007) A festa mudou en chapuza e espectáculo vergoñento. A culpa, o diñeiro. Fernando Vázquez, seleccionador de Galiza xunto a Arsenio Iglesias, resumiu o sentimento que rondaba onte pola cabeza de todos os que agardaban a que tiña que ser a celebración do fútbol galego cun invitado, en principio, de honra: Camerún. Os leóns indomables non foron tan salvaxes:

"Pódese querer ser a mellor selección de África e unha das mellores do mundo, pero a clase é a que non se pode comprar". O encontro comezou con máis de hora e media de atraso e grazas porque ás nove da noite, hora prevista para o inicio, ninguén daba un peso porque o partido se disputase. Mentres, nas bancadas, a xente estaba porque a informalidade duns non chafara a festa prevista.

volta en Balaídos Houbo que agardar ao minuto 6 para que o primeiro aviso de Jonathan Aspas espertase unhas bancadas que viron como a súa boa disposición inicial decaía un pouco. Só foi un intre porque finalmente, con atraso e cabreo, o guión estaba escrito. Gozar dunha selección que é a de todos xogue contra quen xogue e pase o que pase. Ao final, o partido rematou en empate, cun gol para cada selección.

Creo que o máis emotivo do enA selección de Gali- contro foi a entoación do himno za, A irmandiña , no- galego por case todos os siareime co que foi bauti- ros e dous ou tres futbolistas. zado o combinado galego, non defrauPor Alba González Picáns dou na súa cita desta (4ºB)

Campións cutienses Por Pedro Ortigueira (4ºA)

O piloto cuntiense Xosé Miguel Martínez Barreiro foi, por segunda vez, Campión de Galiza de Rallys 2007, título que acadou no Rally da Baixa Limia. Esta é unha foto do automóbil que o fixo campión.

Palmarés: Campión Galego de Rallys 2006 e 2007; Subcampión Galego de Ralis 2003; Subcampión Galego de Montaña 2001; Campión Ga-

lego de Montaña 2000; e Campión da Mabor 1992. Pola súa banda, no Rally do Botafumeiro 2007, Xosé Manuel Pazos Fontán, co seu amigo Víctor Manuel Fdez. Araújo como abordante xa que o seu copiloto Sergio Bargo estivo ausente nesta proba por lesión, gañou o "Trofeo Driver Center”. Tamén gañou o trofeo nesta proba, aínda que lle chegaba con ser 3º. Despois dun comezo de tempada inmellorable, gañando as tres primeiras probas, o campionato parecía retorcerse un pouco ata que ó final o conseguiu co seu Citröen Saxo VTS 16v, que ten á venda para adquirir unha nova máquina de cara ó "Volante Rac" . 36

Todos con Ezequiel Mosquera e o Karpin GZ Por Diego Rubines (4ºA)

Tras gañar a Clásica de Alconbendas en maio, o ciclista de Teo ten pensado correr este ano a Volta a España, na que quedou 5º en 2007. Entre os seus obxectivos atópase quedar, polo menos, entre os 10 primeiros e, sobre todo, dar espectaculo, que é o que necesita a afección para que as beiravías estean cheas ata a bandeira.


TRANSVERSAIS: educación afectivo afectivo--sexual A Rede de Centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, ten por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. A Rede de Centros de Asesoramento Afectivo-sexual son unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade que se inicia coa creación do primeiro Centro en Santiago de Compostela. A rede de centros estenderase proximamente ás principais cidades galegas e os seus servizos vanse canalizar non só a través da rede, senón tamén a través dos Puntos de Información Xuvenil e e dos colexios e institutos.

podemos desnamorarnos. Igual que idealizamos á persoa, desidealizámola e comezamos a vela dun xeito máis real, e comezamos a ver esas cousas que non nos gustan tanto e que non víamos antes, mesmo algunhas veces, parece que comezan a ter máis importancia que as outras. Do mesmo xeito que sentimos unha profunda admiración por ela, podemos deixar de sentila, e pódenos deixar de gustar e podemos deixar de sentir as emocións que sentíamos cando estábamos con ela. Todo isto é o desamor.

Moitas veces, o desamor fai que deixemos de saír con esa persoa da que estabamos namoradas ou namorados e pase a ser unha amiga ou amigo, ou unha relación máis superficial ou mesmo interrompamos calquera tipo de trato con ela. O Centro está situado na praza Pero todo isto non depende do do Matadoiro, s / n , desamor, senón máis ben do CP 15703, de Santiago de que ocorra durante o proceso. Compostela. Porque o desamor non implica necesariamente a perda total e absoluta do amor, senón a súa diminución e o cambio dalgunha das súas cualidades. O namoramento pode deixar paso ao simple apego ou ao agarimo. O que ocorre é que, algunhas veces, no proceso de desamor, pasan cousas moi Nos artigos sobre os que nos desagradábeis que nos fan informan, atopei un moi intere- sentir moi mal e que nos levan a "non querer saber máis nasante: o DESAMOR. da" con esa persoa e isto dáse O desamor é un proceso no con máis frecuencia se só se cal van diminuíndo os senti- desnamora unha das dúas. mentos cara a unha persoa ou Outras veces, o desamor promesmo desaparecendo algúns dúcese tamén con algunha deles. Da mesma maneira que amiga ou amigo. Xeralmente nos podemos namorar, tamén pasa algunha cousa que nos 37

parece grave e enfadámonos moito con ela ou con el, mesmo cortamos a relación, temporal ou definitivamente e comezamos a deixar de lle ver todas as cualidades que antes lle viamos e mesmo temos ganas de que a deixen de valorar outras persoas. Todo isto tamén é unha forma de desamor. Evidentemente, a relación cambia, diminúe ou desaparece a complicidade e a intimidade, tamén se deteriora a confianza. Todo isto pódese reparar, ou deixar paso a unha relación de simple respecto dende a distancia ou a unha ruptura definitiva, todo depende do que sentiramos cando sucedeu "ese algo" que fixo que relación cambiara. Todo isto é o desamor... moito menos agradábel que o amor pero moito menos lesivo que o odio, só que ás veces, o desamor sucede despois do amor e outras veces non se dá ata que pasa un tempo no que predominan os sentimentos de odio.

http://www.querote.org/ Na súa páxina poderedes acceder a un glosario onde vos explican tódolos conceptos que non entendades sobre o sexo e as súas variedades. Por Sandra Fandiño


TRANSVERSAIS: ciencias medioambientais felicidade que senten os nenos ao seren levados a esta cadea de restaurantes xa que no interior dos locais están con seus pais e outros nenos xogando en parque infantís. O recordo que constrúen do lugar permanecerá ata que sexan maiores e, daquela, levarán os seus fillos a este tipos de restaurantes.

SUPER SIZE ME Documental estadounidense do ano 2004 dirixido polo cineasta independente Morgan Spurlock. A fita foi nominada aos Premio óscar ao Mellor Documental.

Aos alumnos de CC.MM. pareceunos que non paga a pena ir comer a estes sitios: xa non tiñamos moitas ganas da comidalixo pero agora quitáronsenos de todo. De verdade paga a pena ir comer a estes restaurantes? Por María Prado (4ºA)

Neste documental o realizador Spurlock experimenta como é alimentarse con comida rápida de McDonald's durante 30 días. O experimento ten asombrosos e negativos efectos para o protagonista, xa que nun mes sobe 11 quilos de peso, sente fatiga continua e ten a necesidade de seguir comendo, bota a perder o seu fígado, os niveis de colesterol no seu sangue aumentan de forma impresionante, e diminúe a súa vida sexual nunha forma considerable. Este documental é unha aberta crítica á comida rápida ou FastFood, e sobre todo ás súas versións "super size" ou "super combo", as que curiosamente McDonald's saca de circulación días despois da estrea da película. Nela, tamén se poden observar diferentes estratexias de captación de clientes, por exemplo, a

Escribiu este libro, Otra manera de vivir, que non fala de primates senón que fala dos humanos, particularmente da nosa alimentación e temas preocupantes acerca dela como o abuso da comida, a agricultura tradicional, os alimentos modificados xenéticamente (transxénicos), o sufrimento de animais nas granxas e a medicación destes nas mesmas, dos mares e océanos e o perigos da súa fauna, dos distintos tipos de vexetarianos, os supermercados, dos produtos locais e de tempada, os produtos ecolóxicos, a obesidade e comida rápida, a escaseza de auga, produtos ecolóxicos… O que nos quere dicir Goodall con este libro é, sobre todo, que podemos optar por outra maneira de vivir xa que vivimos nunha sociedade na que parece que estamos "enganados" e que non sabemos o que hai detrás… Ben sei que hai xente que realmente non o sabe porque eu mesma me sorprendín ao ler o libro de que haxa tanta crueldade contra os animais e con ou-

tros temas por parte das multinacionais só por gañar máis cartos. Invítovos a ler o libro para que reflexionedes sobre que outra maneira de vivir é posible.

OUTRO XEITO DE VIVIR Jane Goodall é famosa polos estudos que realizou a primates xa que conviviu con eles durante moitos anos. Escribiu numerosos ensaios sobre os seus comportamentos. Foi homenaxeada numerosas veces polo seu traballo. Recibiu o premio Príncipe de Asturias da Investigación Física e Técnica no ano 2003. 38

Este é só un resumo xeral do libro xa que cada alumno da clase de ciencias medioambientais leu uns determinados capítulos, dalgúns deles falamos no blog. Na aula fixemos unha posta en común do libro e hai que dicir que hai alumnos que quixeron lelo enteiro porque realmente é moi interesante e é necesario saber o que realmente pasa. Por Adriana Fuentes (4ºB)


TRANSVERSAIS: ciencias medioambientais FABRICANDO XABRÓN O outro día na clase de ciencias medioambientais estivemos falando do aceite usado, en concreto, de que facer con el. Sofía comentounos que podíamos facer xabrón e pasounos as instrucións!

remexendo continuamente, aproximadamente durante unha hora. Cando apareza unha espesa pasta blanca, alegrarémonos porque conseguimos o xabrón que con tanta paciencia tivemos que elaborar. Se queremos que saia máis branco, podemos engadirlle un produto branqueador e para que cheire ben tamén lle podemos botar esencias.

NOCES DE LAVADO A noz de lavado é o fruto dunha árbore, o Sapindus mukorossi (tamén chamada árbore do xabrón), que se atopa ó norte de India e en Nepal.

Que facemos se as cousas non saen como deberían?

O material que precisamos é o seguinte: - Recipiente de barro, metal ou cristal. - Culler ou pau de madeira. - 250 ml de aceite. - 250 ml de auga. - 42 g de sosa cáustica (é moi corrosiva e debemos evitar que entre en contacto coa roupa ou coa pel; no caso de mancharnos debemos botarlle auga abundante e xabrón). Como o facemos? Comezaremos por botar nun recipiente a sosa cáustica e engadirlle auga (con moito coidado), sen tocar a sosa cáustica en ningún momento coa man xa que pode queimar a pel! Ao preparar esta disolución observaremos que se desprende calor, o cal é necesario para que se produza a reacción! A continuación, hai que engadir, pouco a pouco, o aceite

Ás veces ocorre que por moito que remexamos, a mestura está sempre líquida; o xabrón cortouse! Pero non o tiredes porque hai remedio. Temos que pasar a mestura a unha cacerola e poñela ao lume (mentres volvemos a remexer) e aparecerá xabrón.

A casca da noz contén saponina, un axente moi activo que a árbore produce para protexerse dos parasitos e insectos. A casca destas noces serve para diversas funcións, como a de servir de deterxente, e teñen a vantaxe de que non contaminan.

O toque final O seu uso nas lavadoras Temos que botar a pasta obtida nunha caixa de madeira para que vaia escorrendo o líquido sobrante. Ao cabo dun ou dous días podemos cortalo en anacos cun coitelo e xa estará listo para usar. Non esquecer Ao acabar de facer xabrón lavar as mans, o cabelo, a roupa, o chan, etc. Nós xa probamos a facelo. Da primeira vez non nos saíu pero da segunda parece que si!! Por Adriana Fuentes (4ºB) e Cristina Piñeiro (4ºA)

39

Introducir sobre 4-6 noces partidas á metade nunha bolsiña sobre a roupa no tambor da lavadora. Esas noces valen para 3 lavados a 30ºC40ºC ou 2 lavados a 60ºC-


TRANSVERSAIS: ciencias medioambientais 90ºC. O cheiro da roupa será 5- Non empregar o aire acondineutral. cionado nin a calefacción cando non sexa necesario xa que Outros usos o seu uso aumenta o gasto de Esas cascas empregadas ta- combustible. mén se poden ferver en agua durante 10-15 min e o líquido 6- Non tirar papeis, cabichas, que sae servirá para limpar o ou outros obxectos pola xaneque queiramos (é desinfectan- la do automóbil xa que pode te). Un litro de auga para 30 poñer en perigo a seguridade cascas será suficiente. dos demais automobilistas. Cousas que soen pasar Cando empregamos as cascas como deterxente na roupa branca podemos observar unha capa media grisácea. Isto desaparece se lle botamos un pouco de sal branqueador.

DECÁLOGO DA CONDUCIÓN ECOLóXICA

O PETRÓLEO, A ÚNICA ALTERNATIVA? Hoxe en día todos falamos da crise dos combutibles fósiles, pero, temos outras opcións?

7- Se as condicións económicas o permiten, comprar coches de baixo consumo. Hai tipos de combustibles alternativos: o etanol, o bioetanol e o biodiesel, que se extraen de produtos vexetais que se cultivan e tratan só para iso... aínBENEFICIOS DA ECOda que a maioria son transxéniCONDUCIÓN cos e hoxe en día comezan a ser responsables da fame en * Aforro medio de carburantes moitos países. E logo están o dun 15%. gas natural, o hidróxeno e a electricidade . * Diminución global da contaminación ambiental. En Galicia contamos con 23

8- Para pequeno percorridos, aínda que dispoñamos de coche propio, podemos desprazarnos camiñando.

estacións de biodiesel, pero xa * Redución dun 15% das emi- se veu tamén que na comunisións de CO2 a atmosfera. dade xa existen fábricas de 1- Empregar transporte público bioetanol. sempre e cando sexa posible e * Diminución da contaminación compartir coche con compañeiacústica. Unha alternativa falando de ros de traballo. * Aumento da comodidade no transporte son sen dúbida os coches híbridos dos que xa fa2- á hora de conducir, empre- automóbil. lamos noutro post, e sobre togar marchas largas a baixas revolucións. * Diminución de perigo dos ac- do A REDUCCIóN (as bicis e camiñar en traxectos curtos, cidentes. 3- Evitar freazos, aceleracións evitar coller o coche para todo, e cambios de marcha innece- * Redución da fatiga do condu- usar transporte público...). sarios, mantendo unha veloci- tor. dade uniforme; para iso, é prePor María Prado (4ºA) ciso estar atento e respectar as * Aforro dos custes de mantedistancias entre os coches. mento do automóbil, sistemas 4- En paradas prolongadas (máis de sesenta segundos) apagar o coche.

do motor, etc. Por Adriana Fuentes (4ºB) e Cristina Piñeiro Cortés (4ºA) 40


TRANSVERSAIS: ciencias medioambientais Que é o consumismo? É o termo que se utiliza para describir os efectos de igualar a felicidade persoal á compra de bens e servizos ou ó consumo en xeral. Tamén se emprega referido á compra compulsiva. Pódese resumir nesta máxima: “Canto máis compro, máis feliz son” - Unha crítica: todo o que se compra é innecesario e leva unha carga politica. - Unha defensa: todo o que se compra é necesario. CAUSAS E CONSECUENCIAS: - Publicidade. - Predisposición usar e tirar moitos produtos. - Baixa calidade dalgúns produtos, que son atractivos polo baixo custo. - Comprar para eliminar penas (vender enganando). - Non reutilizar nin reciclar. - A presión social e a cultura. EFECTOS: ACCIÓNS QUE REDUCEN O CONSUMISMO: Antes de comprar, podemos considerar diversas cuestións: - Evitar produtos de baixa calidade. - Non mercar alimentos empaquetados e bebidas embotelladas. - Rexeitar pratos, coitelos, etc. non reutilizables. En definitiva, que é o consumo responsable? 1. Un consumo ético no que se introduzan valores como unha variante importante á hora de consumir ou optar por determinados produtos. 2. Facer uso das tres “R”: reducir, reutilizar e reciclar. 3. Un consumo social e solidario no que entre o comercio xusto. Que lle paguen polo produto o que custa en realidade a quen o fixo e non unha miseria. Por Rubén Gosende (4ºB) e David Souto (4ºA)

O alumnado de CC.MM. de 4º da ESO realizamos un concurso entre todas as clases da ESO para ver quen de todos os cursos recicla máis. En abril fixemos o estudo para ver que grupo foi o que máis reciclou. Estes foron os resultados:

1º A: 1.450 puntos. 1º B: 620 puntos. 2º A: 160 puntos. 2º C: 48 puntos. 3º A- 400 puntos. 3º B: 1550 puntos. 3º C: 730 puntos. 4º A: 5750 puntos. 4º B: 6900 puntos. 4º C: 6690 puntos. Moitos cursos foron penalizados por botar chicles, papeis enrugados, obxectos que primeiro debían ser 41

reutilizados, etc. Como podedes comprobar, os cuartos foron os que máis reciclaron. Isto tamén pode ser en que somos un grupo de ciencias que nos estamos preocupando polo futuro do noso medioambiente e non queremos estragar a nosa terra. Vós tamén podedes colaborar para que o mundo vaia a mellor; todos xuntos, todo sería moito máis doado. Por María Rey (4ºA)


v

TRANSVERSAIS: educación vial Pódeche pasar

ivimos nun mundo no que todo se move moi rápido: a maneira de vivir, os avances técnicos e, tamén, a nosa forma de divertirnos. Eu, cando estou por aí cos meus amigos, non penso no que nos pode pasar, só no que está pasando. Iso é un erro. O 14 de maio deste curso asistimos a unha charla de AESLEME, dentro dunha campaña sobre a prevención de accidentes. Dúas persoas cunha lesión medular falaron sobre a súa experiencia persoal e déronnos recomendacións para evitar accidentes, ou ensináronnos que facer e que non facer no caso de vernos nun. Por exemplo, estas dúas persoas a min fixéronme reflexionar sobre o repousacabezas do coche, que nunca poño á medida, senón que tal como estea queda. Tamén de que o importante non é poñer o cinto para que non nos quiten puntos, senón para que teñamos un mínimo de seguridade ao volante dun coche. Durante a charla esquecín todo. Non lembraba nin a excursión, nin as clases, nin nada de nada. Foi moi impactante porque, aínda que xa tiñamos algunha información de antemán, estas dúas persoas amosáronnos o tema máis vivamente, posto que eles están nunha cadeira de rodas por culpa dun accidente. Debe ser moi duro estar nunha cadeira de rodas o resto da túa vida. Por iso, esa muller, coma outras moitas que non coñezo, parécenme moi valentes. Eu non imaxino como chegaría a ser a miña vida se estivera nunha cadeira de rodas, porque ter que depender todo o tempo dos teus pais, irmáns, amigos, etc., ten que ser moi duro. Unha lesión medular non implica soamente unha lesión, implica un cambio radical na vida do que a sofre e na dos que están ao seu redor; implica o comezo dunha etapa, dura e difícil, para a que ninguén está preparado. Ademais, tes que aprender a valerte por ti mesmo e, en moitos casos, o único que consegues é dar pena aos demais, cando non é diso do que se trata. A min con só escoitala víñanme as bágoas ós ollos. Pero así con bágoas nos ollos sentíame estúpida, porque eu non era a vítima. Ter unha lesión medular é coma morrer e volver nacer, xa que hai que ter moita forza de vontade e volver aprender a facer todo. Eu non sei se sería capaz de superalo. De todo o que nos contaron, o que máis me impactou foi o do rapaz de dezaoito anos que quedou tetrapléxico e que, pola súa culpa, morreron algúns compañeiros seus. E aínda así, día tras día, escoitas aos teus amigos dicir que van de botellón e que conducen igual… Pensaba que estas cousas só lle pasaban á xente que non respecta as normas de condución. Pero non, isto pódelle pasar a unha persoa que está facendo deporte, a unha persoa que vai perfectamente conducindo e vai un irresponsable, dache un golpe e quedas mal para toda a vida. Non podemos tomalo a broma. A ninguén lle gustaría estar nunha cadeira de rodas ou ver que algún amigo está nela por culpa túa. Aínda así, algunha xente pensa que non lle vai pasar nunca nada e arríscase. Así hai cada vez máis accidentados nos hospitais con problemas de lesións medulares. Pareceume sorprendente o dato que nos repetiu dúas veces a rapaza: no ano 2007, tres mil persoas morreron nas estradas e, aproximadamente, mil cincocentas eran menores de trinta anos. Os novos, e todo o mundo en xeral, moitas veces actuamos sen pensar nas consecuencias dos nosos actos. Só cando estamos mal nos decatamos dos erros e, entón, laiámonos. Teño amigos con moto e coche e, realmente, moitas veces preocúpome por eles. Estou sempre coma unha pesada para que teñan coidado, que poñan o casco, o cinto, etc. Dentro de pouco creo que terei coche, así que veume moi ben esta charla. É un exemplo moi bo, para que nós vexamos o que pode pasar se non cumpres as regras de seguridade. Levo toda a vida “vivindo”, sen pensar, intentando pasalo o mellor posible… Pero isto fíxome reflexionar. Polo menos a min fíxome pensar moito, pensar que non se pode facer o louco na estrada. Despois desta charla, non esquecerei poñer o cinto de seguridade, nin de pór un casco cando suba a unha moto. Polo que poida pasar… Sinto que estas charlas se deberían dar máis a miúdo e en máis sitios, para que a xente tome conciencia do que lle pode pasar se non fai o debido. Estas dúas persoas fixéronme cambiar a miña maneira de pensar á hora de subir a un automóbil, porque deime conta de que che pode cambiar a vida radicalmente por un accidente. Reflexións do alumnado de 4º da ESO despois da charla de AESLEME (Asociación para o Estudos da Lesión Medular Espinal) 42


CONCURSO A IGUALDADE NA FOTOGRAFÍA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR SOCIAL CONCELLO DE CUNTIS

TRANSVERSAIS: EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE

POLA IGUALDADE NO CPI DON AURELIO Na véspera da celebración do 8 de marzo, Día da Muller, entregáronse na biblioteca do CPI don Aurelio os premios do Concurso "A igualdade na fotografía" convocado pola Concellaría de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis. Este certame ten como obxecto promover a través da fotografía unha sociedade máis xusta baseada na igualdade da muller e o home. Para iso, os traballos deben mostrar algunha situación na que homes e mulleres se mostren en espazos e contextos de igualdade, asumindo o reparto de responsabilidades, promovendo a incorporación da muller ao traballo, sen discriminación laboral, etc.

Entre dous é máis sinxelo, en igualdade, respectuosos o un co outro, sen xefes. A suor escorre por entre os dedos de cadaquén con idénticos camiños; nun esforzo común, espremendo a substancia vital dos nosos días, para crear infíndos instantes de respecto, e de conseguir a equidade en paralelo, sen temor: este é o único xesto de amor.

"Entre dous" a modalidade dedicada aos colectivos sociais locais, que tiña por premio unha cámara dixital valorada en 200 €. Así mesmo, os traballos premiados ficaron pendurados en grandes lonas en diversos edificios do municipio para conmemorar durante todo este mes o Día da Muller.

Convocáronse tres modalidades: 1.- Alumnado. Ao acto de entrega de pre2.- Profesorado que trabamios asistiu a Concelleira lla no concello. de Igualdade e Benestar 3. Asociacións cuntienses. Belén Pazos Touriño, que animou ao alumnado a traNa primeira categoría os ballar por unha sociedade gañadores foron Javier máis igualitaria na que as Vázquez Castro (4º C) e discriminacións de xénero Andrea Pereira Fariña (3º non teñan cabida. B), que recibiron cadanseu MP4 polos traballos “Medrando xuntos/as e iguais” e “No fútbol, coma na vida, nós tamén disputamos a pelota”, respectivamente. Na modalidade reservada ao profesorado gañou a fotografía "Dúas mans", de Heladio, o noso mestre de Ciencias Sociais, que recibiu un pendrive de 8 xigas. Pola súa banda, O Fervedoiro gañou co traballo titulado 43


OS PREXUÍZOS DE XÉNERO No Nadal, polo noso aniversario e o noso santo, polo Día do Pai e da Nai, comuñóns… todos/as recibimos agasallos., dende os/as máis cativos/as ata os/as grandes.

Xa nos educan dende meniños cal debe ser o lugar de homes e mulleres

Polo Nadal nenos e nenas soen pedir sempre xoguetes. E para escoller o xoguete que queren collen unha revista especializada e miran o que máis lles gusta.

ñas, bonecas, barbies.... e rapazas lucindo esas bonecas ou carros de bonecas. E hai algún home que estea na cociña co carro das bonecas, coas barbies? NON!

Pero nunca nos decatamos de que ata nas revistas máis comúns e inocentes se está a expoñer unha imaxe discriminatoria contra as mulleres baseada en tópicos? Ou simplemente facemos que non vemos o que está a pasar?

Seguimos mirando o catálogo, pero esta vez vexo que o fondo xa non é de cor rosa senón que é azul, e as imaxes son pistolas, coches... Hai algunha rapaza con algún destes xoguetes? NON!

Por que digo isto? Pois porque cando collemos un catálogo de xoguetes, abrimos a primeira páxina e normalmente aparece: un fondo de cor rosa e imaxes de coci-

Por que normalmente se viste ós rapaces de azul e ás rapazas de rosa cando son cativos? Para diferenciarnos? Decatámonos do que está a pasar? Xa nos educan dende meniños cal debe de ser o lugar de cada un: os nenos traballando con martelos, pas, pistolas... e, pola contra, ás rapazas -como somos máis "sensibles"- póñennos nos catálogos coas bonecas, cociniñas, etc. como queréndonos dicir que de maiores temos que coidar dos nosos fillos e limpar. E os homes, no entanto, teñen a obriga de traballar coas pas, camións… Por que normalmente se viste ós rapaces de azul e ás rapazas de rosa cando son cativos? Para diferenciar44

nos? Non creo, para iso temos o nome, entón por que? O azul é símbolo de valentía, fortaleza, poderio… O rosa é simbolo de debilidade, impotencia

Todos/as podemos encontranos con isto ó longo da nosa vida cando collemos calquera catálogo… Facede a proba no próximo nadal no catálogo dos xoguetes e comprobaredes o que estou a dicir! Ben, tamén hai que dicir que hoxe en día isto está a cambiar pero non creamos que esta transformación vai acabar dun día para outro se non somos conscientes e non poñemos o noso gran de area combatendo estes prexuíxos! Por ANDREA VáZQUEZ (4º A)


EXPRÉSATE

S

abemos todos/as que Galiza ten dúas linguas, como tales debemos respectalas. Pero estamos todos da acordo en que o galego non sexa lingua oficial a todos os efectos? Por que un galegofalante non ten os memos dereitos que falantes doutras linguas? Dende o meu punto de vista, o galego non carece de nada para ser unha lingua coma o castelán, o francés... Ten a súa escrita, ten o seu dicionario... pero ten falantes? O galego esta perdendo moitos falantes, por que? 1º Non é útil para ligar. 2º Es máis fino se falas castelán. 3º Se educas os teus fillos en castelán terán máis éxito. 4º Non falamos galego por que

A

proveitando a “celebración” do Día do Pai deume en pensar en certas efemérides dende unha perspectiva crítica.

Non entendo porque xusto o 19 de marzo ten que ser o día do pai, digo eu, se é teu pai, terás que querelo todos os días, ou?

é unha vergoña.

sarnos en galego! Porque como xa dixen, Galiza é bilingüe 5º Non falamos galego porque e temos o dereito de expresarmirarán para nós... e que di- nos nas dúas! rán? E como estes cinco exemplos Ben, o tempo que perdín escride prexuízos que eu puxen hai bindo isto non o perdín porque moitos máis pero creo me aburrira senón para que que chegan para explicar por- todos reflexionemos un pouco que o número de falantes do e nos preguntemos a nós mesmos estas cuestións. Entre togalego decrece. dos creo que podemos conseTamén se fala o castelán por guir que o galego non morra! outras razóns: porque hai perPor Andrea Vázquez (4ºA) soas que se educaron nesa lingua, porque se senten mais cómodos falando nesta lingua... Creo que non se debería obrigar a ninguén a falar en galego! Iso sae de cada un, tampouco estou de acordo en que algunhas materias se nos obrigue a expre-

Vale, pode que sexa porque é un día de recoñecemento para eles por ter que aturarnos todo o santo ano... pero eu penso que o día do pai, da nai, e até o día dos namorados, deberían ser todos os días. Logo que? Unha parella de namorados só amosa o seu afecto o día dos namorados? Unha nai ou un pai que traballa todo o ano só se lle recoñece o seu esforzo nun día? Creo que ás veces deberiamos darnos de conta de que estamos nunha sociedade cada vez máis consumista, e estas datas ("día da nai, pai, avós y demás familia...") non son máis que unhas 45

datas ditadas por alguén nas que aumenta o consumismo. Por certo, este artigo fíxeno despois dunha longa conversa coa miña avoa: ela di que estas datas son as do Corte Inglés... Ha...ha..!! Non lle falta razón! Máis nada, reflexionade! Por Cristina Piñeiro (4ºA)


EXPRÉSATE

O

luns 14 de abril o alumnado de terceiro e cuarto da ESO visitamos o Cottolengo, en Santiago. Seguramente por ese nome non saibades de que estou a falar. O Cottolengo é unha casa onde se acolle persoas con enfermidades crónicas (na casa de Santiago teñen ata 58 enfermos) que non teñen recursos para seguir adiante ou que foron abandoados/as. A dirección desta casa recae nas monxas que, con axuda de voluntarios, levan a cabo as tarefas do día a día. Viven de doazóns que fai a xente sen ningún tipo de beneficio para o que as fai.

á entrada do colexio. Hai que dicir tamén que son persoas moi relixiosas e confían en que sobreviven día a día coa axuda de Deus, que os axuda sempre.

Deixando á parte as nosas crenzas e demais, hai que valorar o que estas persoas están facendo, xa que traballar todos os días e seguir adiante sen saber o que che poida deparar o futuro é un factor moi importante a ter en conta.

Nós levámoslle os alimentos que depositamos nunha caixa Penso que o máis destacable

Q

ue é Sogama? É o acrónimo de Sociedade Galega de Medio Ambiente. Trátase dunha empresa pública galega creada polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, isto é, un servizo da política ambiental galega.

En Sogama atribúense a recolla de lixo sen danar o medio ambiente e con enerxía renovable, novas tecnoloxías... A composición media dos residuos urbanos en Galicia é a que segue: - Materia orgánica-57% - Papel-13% - Vidro-8%

da excursión foi o espírito de superación que teñen estas persoas, que a pesares de estar enfermas traballan, axúdanse entre elas... e incluso algúns deles (os de máis capacidades) están estudando para darlles clases @s seus compañeir@s. Forman unha familia. Tamén cabe destacar o que nos dixeron alí. Nós temos todo o que queremos e aínda así cando temos un problema non sabemos aceptalo doutro xeito que non sexa discutindo ou comportándonos mal... Eles pódennos dar unha lección de superación ante a vida e de que, aínda que nela haxa adversidades, hai que aproveitar o bo dela e seguir adiante. Por Adriana Fuentes (4ºB)

campañas, esto non é necesario xa que no rural se utiliza a maioría dos residuos como compostaxe, abono...

- Metais-3% - Plástico-11% - Varios-. o resto. A verdade é outra: - Sogama é unha incineradora na que se producen gases, non só pola queima senón tamén polo lixo que ten que esperar para ser queimada.

- Non se esixe o 50% da compostaxe que manda o Goberno. Por María Prado (4ºA)

- Gástase moita enerxía en trasporte para mover o vidro e o papel para fóra de Galicia xa que non contamos cunha planta de reciclaxe. - Sogama céntrase no rural nalgunha das súas Vertedoiro ilegal da Areosa (Cerceda) 46


CREACIÓN

C

on motivo da celebración do día de San Valentín, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convocou o “I Concurso Literario de Cartas de Amor”. Outorgáronse dous premios en dúas modalidades: 1º ciclo da ESO e 2º Ciclo da ESO. Querida compañeira: Neste día no que comprobo que te quero igual e posiblemente máis que outro calquera, dígoche que ti, miña vida, es todo o que teño neste mundo. Ti poderás dicirme que co paso do tempo irei con outra, tamén poderás dicir que cada vez que te vexo, quérote menos. Iso é mentira, querida miña. Eu téñote presente en todo momento, hora, data e lugar. Nunca pensaría en marchar con outra rapaza ou persoa que non foses ti, nunca pensaría en deixarte e nin se me ocorrería deixar de quererte, verte, aloumiñarte e bicarte con dozura. Sabes moi ben que me custa expresar o que sinto... pero nesta carta dígoche o que xa sabes, que te quero, que daría todo o que teño por ti, se por causa do azar ou do destino che ocorrese algo malo a ti, rapaza dos meus soños, eu non o dubidaría. Se fixese falla daría en bandexa a miña vida, pois se ti desapareceras deste mundo noso, o meu corazón non aguantaría e morrería, a miña alegría, dozura, esperanza e vida acabarían. Sempre e agora dedícoche tempo, amor, cartas e poemas. Consúmome por ti. Pero sobre todo, o que máis aprecio é o cariño que lle teño á túa persoa, a ti, vida. Só ti es a dama, raíña e señora do meu corazón. Non me importa nada, só me importas ti, os teus ollos, a túa voz... Non paso nada por alto, gústasme ti e os teus defectos e tamén os aloumiños que me dás. Sempre te quererei, pois do meu corazón nunca te sacarei. Deséxoche o mellor en cada momento da nosa vida porque eu, o teu neno e cordeiriño, sempre intentarei darche o mellor de min. Vida miña, dedícoche este poema: Sucando os mares en barca, pensaba no amor da miña vida, que algún día vería. Sempre te quererei e desde logo, cerca de ti estarei, pois nunca te abandonarei. Aínda despois da morte te recordarei o meu amor nunca abandonarei. Javier Vázquez (1º premio do 2º ciclo) Cuntis, 14 de febreiro de 2008 Doce luz da miña vida: Sinceramente, non sei cando alguén se namora, pero eu só sei que me deito pensando en ti, e que cando esperto todos os días pola mañá, sigo pensando en ti. Se eso non é estar namorado, non sei que o será. Así é que, co meu corazón, redáctoche neste frío papel os meus sentimentos e emocións cara ti. Por iso é que con gran franqueza che escribo para que te decates de todo o meu amor por ti. Cando vexo os teus beizos, doce música; os teus ollos, dous luceiros encantados por cupido; o teu corpo, harmonía e paz para a miña mente encandilada por ti, que con eses movementos de cadeira, fanme sentir coma un manso gatiño. Ao teu carón síntome como nun leito brando e suave de ledicia. Pídoche que nunca te separes de min, por favor, luz e vida da miña alma. Eternamente teu, Mónica Campos (1º Premio do 2º Ciclo) 47


CREACIÓN Estimado Tone: A verdade é que non sei como comezar esta carta, pero haberá que intentalo. Un día normal, coma un once de outubro de 2006, sucedeu a túa desgraza, unha desgraza que nunca debeu ocorrer. Entre as dez e as once tiveches un accidente. Para min esa noite todo ía tranquilo, ata a mañá seguinte, cando me chegou a noticia de que xa non volverías estar con nós, que nunca máis te volvería ver. Todo se acabara, os risos que me botabas, esas tardes e noites que pasabamos contigo, ninguén sabe o que é perder unha persoa tan querida coma ti. Xamais pensei que isto ía ocorrer, nunca o imaxinei. Ata hai pouco eu cría que volverías, que non te perdera, que te ía volver ver algún día, pero alguén me dixo que non ías volver. E así é, non vas volver estar con nós. Estou vivindo un pesadelo do que non podo saír. Non ten porta para saír pero si para entrar. Só me queda o teu recordo. Daría a miña vida porque estiveses aquí de novo? Si, iso sempre. Mataría por ti? Si, téñoche moito cariño e por ti faría moitas cousas máis. Durante moito tempo busquei algo neste mundo que puidera consolarme despois da túa perda, pero non o encontrei. Pero o que atopei foi a axuda das persoas que me queren de verdade. Todo son bágoas por ti pero non volves. Por que? Non o sei. Acabáronse as bromas que nos facías, os teus risos, sempre estabas no bo e no malo, pero unha das cousas que máis desexabas era celebrar o teu dezaoito aniversario co meu irmán. Xa o tiñades todo preparado mais unha semana antes todo se chafou, ti xa non volverías máis e o teu soño foise. Agora cando miro cara a atrás véxoo todo gris e miro cara a adiante e todo é gris tamén. Hai un ano, catro meses e catro días que nos deixaches. Este ano farías vinte. Son 9864 horas sen ti, 236736 minutos sen ti, 14204160 segundos sen ti, despois de todo aínda me pregunto se algún volverás. Alberto, xamais borrarei o teu recordo. Esta carta vai dedicada a ti, dende onde ti esteas sei que a estás lendo. Tamén sei de xente que nunca máis te borrará da súa mente... coma o meu irmán, que nunca o fará porque eras e es un dos seus mellores amigos e iso é moi duro. Nunca te olvidaremos.

Tone, quérote, nunca te olvidarei. Lorena Conde Cascallar (1º Premio do 1º Ciclo)

Non poño nome porque non son ninguén. Non son ninguén, e sono todo, son o que ti queiras que sexa. O camiño ata a gloria só me leva á túa pel, morena, suave veludo. Cara de anxo, coroado dunha melena cor castaña escura, ollos brillantes de cor mel intensa, labios de caramelo... Paraíso na Terra!!! Son aquela árbore que medra no teu corazón, regado polas bágoas dun amor inexistente, invisible, imposible de explicar… Cumpre, estrela fugaz, o meu desexo, tan só quero estar xunto dela, fundido nun abrazo, bicándoa... Pola noite, soño con soñar contigo; pola noite, escapo do meu cuarto tan só para verte a través dun cristal. Pola noite... Oh grandiosa lúa, cobizosa da súa beleza, confírmalle o que por ela sinto... Arde o segundo no que os teus ollos me tocan.Arde enteiro con cada aloumiño teu, treme chan nsssidtibadstateinfospeller teus bicos...Non hai máis mundo que o teu sorriso, non hai máis universo que os teus ollos, ti para min élo todo... Cando miro ó ceo, o vento susúrrame un nome... Un nome, ó que con esta carta lle digo Quérote!!! Sergio Castromán (2º premio do 1º ciclo) 48


CREACIÓN

Obradoiro de Creación Poética Vangardista Nas aulas de lingua de 4º da ESO probamos a compor poemas dadaístas colectivos. Como? Seguindo os pasos que nos deu Tristan Tzara, o máximo expoñente desta corrente artística na literatura. RECEITA PARA FACER UN POEMA DADAÍSTA Tome un xornal e unhas tesoiras. Corte un anaco dun artigo que teña a extensión prevista para o seu poema. Recorte cada unha das palabras e métaas nunha bolsa. Mestúreas suavemente. Extraia despois cada unha das palabras ao chou. Cópieas concienzudamente. O poema aparecerá. E verase Vde. convertido nun escritor inmensamente orixinal e dunha sensibilidade encantadora, aínda que incomprendido polo vulgo.

Ao estilo Dadá, Diego Barros e Sergio Castromán (4ºA) elaboraron este poema, foto incluída: O seguinte paso consistiu en escoller tres palabras de clara pegada poética en cada un dos grupos feitos na aula e escoller, de entre todas elas, un total de cinco termos. A continuación, cada grupo elaborou tres versos a partir dalgunha ou de todas as palabras seleccionadas e, seguindo a técnica do cadáver exquisito, dobrou a folla ocultando dous versos e deixando o terceiro á vista. Logo, intercambiáronse as follas e cada grupo continuou o poema a partir do terceiro verso e así sucesivamente até que a folla chegou ao grupo que encetou o poema, que se encargou de revisalo para darlle a forma final.

Cadáver exquisito de 4º A Cadáver exquisito de 4º B 49


CREACIÓN

O Obradoiro de Creación Poética rematou na rede, exactamente no blogue Seica chove no patio? Alí lanzámonos a elaborar varios “cibercadáveres exquisitos”, unha creación colectiva de versos que aproveita as posibilidades interactivas do blogue a partir de 2 ou 3 versos dun poeta galego. Estes foron algúns dos “cibercadáveres” resultantes. Un poema da escritora Lupe Gómez deu pé aos versos de Manuel, Concha, Alba, Heladio e Cris, por esta orde.

María Prado, Cristina, Heladio, María Rey e Noemi tiraron dos tres primeiros versos da poeta María Lado: “Quero un obxecto…” Por último, Sofía, María Rey e María Prado uniron os seus versos aos do poeta Miro Villar. A fotografía que ilustra este poema corresponde aos famosos Aguillóns de Ortegal.

50


o

CREACIÓN

Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística sumáronse ás VI Xornadas Culturais don Aurelio convocando un Concurso de Relatos sobre Educación Vial para todas as etapas educativas.

Librarme deste inferno Chámome Xoán, teño 29 anos e son condutor de autobús escolar. Todos os días fago o mesmo percorrido. O luns xa estou desexando que chegue a fin de semana para poder librarme deste inferno. Cada día é peor. Cando leades o relato dunha das miñas xornadas de traballo entenderedes porque estou tan queimado no traballo. Saio da casa, subo no autobús e poño rumbo á primeira parada. Os rapaces soben contentos, eufóricos; saltan, berran… Eu sempre lles digo que senten, que estean quietos, que iso non se pode facer, porque pode haber un accidente e eu son o responsable, pero case nunca me fan caso. Segundo vou pola estrada, tamén me atopo con moitos outros inconvenientes. Coches mal aparcados, outros que non respectan os sinais, xente que nos pasos de peóns non espera a que o semáforo se poña en verde, e cruzan sen mirar. E por se fose pouco os rapaces non paran de facer barullo. O peor de todo pasoume ao parar nun semáforo. Cando se puxo en verde e arranquei atopeime no medio do cruce cun tolo que cruzou en vermello. Case o levo por diante! Conseguiu esquivarnos, pero subiu á beirarrúa e atropelou unha anciá. Unha traxedia que se podía ter evitado. Se ese tolo respectara os sinais de tráfico nada diso ocorrería. En días coma ese eu desexaría non saír da cama, porque aínda que vou todo o día sentado chego á casa moi canso e cunha dor de cabeza impresionante. Isto acabaríase se os rapaces fosen máis educados e se todos fixesemos caso dos sinais, pero a xente é tan atravesada que non o fai, e así, despois, pasa o que pasa. Vanesa Camiña Ferreiro (4º C de ESO)

Nas categorías de Infantil e Primaria estes foron os gañadores: - Paula Pereira Barros (Infantil) - Silvia Villaverde Touriño (1º ciclo Primaria) - Noelia González Pereiro (3º ciclo Primaria) - Vanesa Toledo Bermúdez (Mención especial ao Maior Esforzo)

51


CREACIÓN

DETECTIVES CULTURAIS DE 3º A DE PRIMARIA “O rato do monte e o da casa”, por Enma Saíu unha vez un rato da casa nun día de inverno, e encontrou un rato do monte cheo de frío e moi fraco. —E ti como estás así, tan fraco? —díxolle o da casa— Vente comigo, que alí onde eu estou hai sempre que comer sen necesidade de pasar frío nin mollarse para buscar de comer. -E o gato?-preguntou o do monte. -Boh! –respondeulle o da casa. Hai alí un, pero é coma se nada. Sempre está durmido.Ti ven, e verás como paso por diante del e nin sequera me ve. Foron os dous para a casa, e viron o gato durmido diante da porta. Pasou o rato por diante del todo confiado, pero o gato abriu un pouco os ollos, deu un brinco, e o rato quedou entre as uñas e os dentes do gato. O rato do monte, que tal viu, deu media volta e dixo: -Vale máis no monte fraco, que gordo no cu do gato! “O cabalo de feira”, por Manuel Un cabalo vello foi levado polo seu amo a un circo para dar voltas nunha noria. E despois dun tempo, un día dixo o cabalo: “cando era novo e gañaba carreiras era cabalo, pero agora que son vello trátanme coma un burro”. “Coplas”, por Manuel Ábrelle as portas ao día coa chave do teu cantar, que xa na fonte da lúa está lavando a mañá.

Bótalle o teu aturuxo á paisaxe desde o val que o gran .... das estrelas cairá serodio no mar. 52

O campo cheo de frío busca un anaco de sol acéndello unha fogueira co lume da túa voz.


CREACIÓN

“O príncipe durminte”, por Alba Conta a historia que nun castelo moi lonxe hai un príncipe encantado. É moi guapo e pasa todo o ano durmindo e só esperta na mañanciña do día de San Xoán. Se ó espertar non atopa ninguén, volve durmir ata o ano seguinte. Así estará ata que un día vaia ao castelo unha princesa, que sente ao seu lado e alí quede ata que esperte o día de San Xoán e a encontre. Cando isto suceda, o príncipe casará coa princesa e así desfarase o feitizo. “A casa da capadora”, por Abrahán Existe unha casa en San Mamede de Piñeiro que din que está encantada porque anda solto pola casa o espírito da capadora. Chámanlle así porque dicían que lle cortara os testículos ao seu home, porque tiña unha relación sentimental cunha veciña. Entón, existe a lenda de que na casa anda o espírito da capadora porque anda vagando a súa alma en pena. Pico, pico, mazarico, quen che deu ese gran bico? Deumo Deus para picar, piquei, piquei e repiquei e un granciño de millo atopei. Leveino ao muíño, o muíño a moer e os ratiños a roer. Collín un polo rabo e leveino ao mercado. —Señora! Canto me da por este cocho cebado? —Douche os bois, a vaca e a burra para ir a cabalo. Collín outro polos calzóns e tireino entre os terróns... Yeray

CANTO ME GUSTARÍA Canto me gustaría, ser unha ave rapaz, sobrevoar o ceo estrelado, e a selva de par en par. Canto me gustaría, poder tocar o algodón, que cobre o inmenso ceo, e éncheme o corazón. Canto me gustaría, inspirar aire fresco, e durmir nunha árbore, na que non teña medo. Canto me gustaría, sentir a alma viva, cando eu mesma, toco a luz do día. Iria Ribeiro Ramos (5º B)

Chamáchesme sardiñeira aínda non comín sardiñas sardiñeira serás ti que comiches as espiñas. Alba 53


CREACIÓN

Un lobo tiña o costume de seguir sempre o mesmo rabaño, sen atacalo nunca, e o pastor xa o considerou máis un gardián ca un posible inimigo. Un día, o pastor tivo que baixar ao pobo e pareceulle normal confiar as súas ovellas ao, no seu entender, inofensivo lobo. Que desengano tan grande! Ao volver encontrou o seu rabaño morto! Despois de moito pensar, deuse conta de que a culpa era só súa ao confiar nun lobo: quen se fía dos falsos amigos non pode esperar nada bo, pois un día ou outro acaban fallándoche. Daniel Monreal Couso (5ºA) ADIVIÑAS RAPACES E RAPAZAS DE 2ºB Adiviña cal é a palabra que falta Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas, para comer coas mozas catro castañas

No alto vive no alto mora no alto tece a tecedora. QUE É?

A castaña no ourizo eu ben che sei o que fai, se é que está verde, madura, e se está madura, Santo que estás no canizo bota castañas abaixo, que anque non teño mandil apáñochas no COUSAS CURIOSAS - O xirasol é un cultivo de secano que xira e xira ao longo do día para mirar o Sol. - Segundo os neurofisiólogos o noso cerebro está capacitado para aprender 20 ou 25 idiomas. - George Henny Schmit, membro da ONU, pode comunicarse en 31 idiomas. Xa pode falar! 54


PASATEMPOS

Como chegou o outono e con el os cogomelos propoñemos que fagades de detectives e busquedes un cogomelo seguindo as pistas: - Non ten un cogomelo negro sobre ela. - Nin un cogomelo con raias horizontais á súa dereita. - Tampouco está rodeada por ningún cogomelo con boliñas.

55


PASATEMPOS OS CINCO

PASATEMPOS MATEMÁTICOS

Empregando en cada caso cinco cincos e combinando as operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división), poderías escribir os dez primeiros números?

TES CAMBIO?

Nun peto temos moedas de tres clases: 5, 20 e 50 céntimos. En total 12 moedas cun valor de 2 euros e 85 céntimos (2,85 €). Cantas moedas hai de cada tipo?

CHAMAN Á PORTA TOC x TOC= ENTRE Tendo en conta que cada letra representa unha cifra diferente e que a primeira non pode ser 0, cal será a cifra que corresponde a cada unha?

ESTRÉS Un alumno fíxolle ó seu profesor o seguinte razoamento: “Non podo vir a clase porque non me queda tempo: • Teño que durmir 8 horas diarias (122 días ó ano) • Hai 104 sábados e domingos • 60 días de vacacións • Necesito 3 horas diarias para comer (45 días ó ano) • 2 horas diarias para xogar (30 días ó ano) En total, 122+104+60+45+30= 361 Xa ve, non me queda tempo” O profe repasou as contas e comprobou que non había erros, como é posible? OS CATRO SOSPEITOSOS Características dos números sospeitosos: • Son catro números primos • Teñen esta forma: AA BAB BACD AAAC • As letras A, B, C e D teñen o mesmo valor en todos eles, eses valores son diferentes e en cada número están colocadas na orde exporta antes. • A letra B non vale 3.

Podes atopar as solucións a estes pasatempos na páxina do Equipo de Normalización! www.blogoteca.com/nalinguadetodos 56


A NOSA BIBLIOTECA Este ano mercamos unha morea de libros cos cartiños do premio que nos deron. Hainos de todos os tipos, así que animádevos e visitade a biblioteca .

molo para que nos visite outra vez. Como vos gustou moito a actuación do grupo Migallas, pensamos traelos outra vez o próximo curso. Tamén foi interesante a actividade lúdica co ilustrador Orballo, que avivou a nosa imaxinación e creatividade. Dende a Biblioteca animaré-

Esperamos recoller a vosa opinión sobre as actividades feitas no “Buzón de suxerencias”: títeres, contacontos, actuación do mago… para repetir ou engadir outras novas. Asdo.: Termiño. Máis info. sobre as actividades da Biblioteca en: http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/?q=node/110

57


SOLUCÍON AOS PASATEMPOS OS CATRO SOSPEITOSOS OS CINCO Hai varias posibilidades, aí vai unha: 0= (5-5) x 5+5-5 1= (5+5): 5-5 : 5 2= 5-(5+5+5):5 3= (5+5):5+5:5 4=(5+5+5+5):5 5=(5 x5):5+5-5 6=(5 x5):5+5:5 7=5+5:5+5:5 8= (5+5+5):5+5 9= (5+5) x 5-5:5

O “sospeitoso” máis doado de atopar é o de dúas cifras iguais. Pode ser 11, 22, 33,… O único primo é o 11 ( os demais son divisibles por 11) O segundo pode ser 111, 212, 313, 414, 515, 616, 717, 818, 919. Aplicando os criterios de divisibilidade, só poden ser primos 313, 717 e 919, pero B non é 3. Só quedan 717 e 919. Pasemos ó cuarto (oterceiro necesita os valores de C e D) Aplicando novamente os criterios de divisibilidade, o cuarto só pode ser 1117 polo que o segundo é 919. O terceiro só pode ser 9173

TES CAMBIO? O método máis doado semella ser por tanteo. Supoñamos a cantidade de moedas de 50 céntimos: 5 de 50: 1 de 20 e 1 de 5 (só hai 7 moedas) 5 de 50: 0 de 20 e 17 de 5 (hai 18 moedas) 4 de 50: 4 de 20, 1 de 5 (hai 9 moedas) 4 de 50: 3 de 20 e 5 de 5 (hai 12 moedas). Esta é unha solución.

CHAMAN Á PORTA Trátase dun problema de moita dificultade pero que permite profundizar nos algoritmos de cálculo. Algúns razoamentos iniciais poden axudar a atopar a solución: T só pode corresponder a 1, 2 ou 3. Doutro xeito o producto tería seis cifras e non cinco E non pode ser 2, pois nese caso o resultado tería que ser 2NTR2 e non hai ningún número que multiplicado por si mesmo (CxC) de un número rematado en 2 Se T=1, E= TxT=1 ou E= TxT+1=2, cousa que non pode suceder. T=2, entón E=4 e C=8 (non pode ser 2) e O=0 (208 x 208= 43264) Pódese intentar comprobar se hai outras solucións (a calculadora pode facilitar e acortar o proceso) ESTRÉS O truco do avispado alumno está en contar varias veces algunhas cantidades: as horas de sono e para comer de sábados, domingos e vacacións. Días “lectivos”: 364-104-60= 201 Neses días lectivos, sacando as horas de sono, comer e xogar (8+3+2=11) quedan 11 horas para a clase. Suficientes, non si?

58

TOC x TOC —————

——————

ENTRE


59


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.