Índice •
PRESENTACIÓN
2
• • • •
2 2 3 4
Que é o Recuncho do Profesor? Como empregar o Recuncho do Profesor? Recursos e ferramentas dixitais Participar no blogue e nas canles 2.0 de Romanorum Vita
•
PARA COMENZAR
5
•
O IMPERIO ROMANO: UNHA REDE DE CIDADES
6
•
COMO ERA HISPANIA?
7
•
QUE QUEDA NOS QUEDA DE ROMANOS?
9
•
TURISTAS DE ONTE E DE HOXE
11
•
A SOCIEDADE: MOSAICO DE DESIGUALDADES
13
•
DIME COMO VIVES E DIREICHE QUEN ES
16
•
A HISTORIA NARRADA EN PRIMEIRA PERSOA
17
•
DE ASTÉRIX A GLADIATOR
19
•
ANEXO
21
2
Presentación Que é o Recuncho do Profesor? É un espazo que propón un conxunto de actividades a partir dos contidos e recursos dixitais de Romanorum Vita online. O seu obxectivo é converterse nunha ferramenta para o profesor, con información e actividades para ampliar os temas vinculados á exposicin. As propostas educativas incluídas no dosier están pensadas para preparar a visita presencial á exposición ou ampliar coñecementos tras visitala. Non obstante, trátase dun material didáctico igualmente válido aínda que non se teña previsto visitar a mostra.
Como empregar o Recuncho do Profesor? Para facilitarlle o traballo ao profesor, o documento inclúe recomendacións sobre o nivel escolar ao que se dirixen as diferentes actividades, aínda que será o docente, en última instancia, quen decida sobre a súa idoneidade e adapte se así o considera, as estratexias para que as propostas conecten cos alumnos. Con ese obxectivo, cada actividade etiquétase coas materias desde as que se pode abordar total ou parcialmente. O marco máis habitual para traballar estas propostas será, na maioría dos casos, Coñecemento do Medio Social e Cultural en primaria e Ciencias Sociais e Cultura Clásica na ESO, aínda que tamén se poden integrar desde a transversalidade curricular en materias como Linguas, Latín, Historia da Arte, Filosofía, Plástica, Tecnoloxía, Matemáticas ou Cidadanía. As etiquetas empregadas no documento son: Primaria
Educación Secundaria Obrigatoria
Bacharelato
Estas etiquetas combínanse con: Coñecemento do Medio Social e Cultural
Latín
Tecnoloxía
Ciencias Socials
Historia da Arte
Matemáticas
Cultura Clásica
Filosofía
Cidadanía
Linguas
Plástica
3
Recursos e ferramentas dixitais Os recursos que reúne Romanorum Vita online documentan e complementan a exposición presencial. Na proposta educativa realizouse unha importante tarefa para conectar os contidos desenvolvidos ex profeso con outros xa existentes na Internet. Non só se lle pretende ofrecer ao docente unha selección de contidos dixitais de calidade, senón tamén promover o uso das ferramentas dixitais na aula. O obxectivo é aproveitar as súas funcionalidades para compartir experiencias, xerar aprendizaxe colectiva, actualizar e visualizar datos ou reutilizar os contidos dispoñibles. O equipo de Romanorum Vita seguirá traballando na mellora de todos os contidos, incorporando as achegas de docentes e visitantes.
RECURSOS A DISPOSICIÓN DO DOCENTE Visita virtual á exposición Romanorum Vita. Ademais de poder visitar virtualmente a exposición, esta integra as voces de catro personaxes ficticios e algunhas citas históricas para facilitar a inmersión nunha cidade romana de hai 2.000 anos. Catálogo en liña que documenta e profunda nos contidos da exposición. Blogue coa lactualidade respecto ao itinerario da exposición. Este é o punto de encontro de visitantes, docentes e escolares. Inclúe as seccións “Recuncho do Profesor”, “Organiza a túa visita”, “De excursión” e “Propostas interactivas”. Canles 2.0 de Romanorum Vita Cunha selección de enlaces a outros recursos na rede que completan os propios da exposición. Coas imaxes da exposición e do catálogo, así como as achegadas por visitantes, docentes e escolares. Coas proxeccións audiovisuais da exposición, os vídeos de como se fixo e outros clips enviados por visitantes, docentes e escolares.
4
Participar no blogue e nas canles 2.0 de ROMANORUM VITA O blogue de Romanorum Vita é un magnífico espazo para recoller e compartir os distintos usos e experiencias dos alumnos e os docentes: que gustou ou sorprende máis? Que outras actividades se idearon? Tamén se pode participar na canle Delicious de Romanorum Vita, rrecomendando outros recursos dispoñibles na rede, e en Flickr, achegando todo o material gráfico elaborado nas propostas educativas.
5
PARA COMEZAR… SE NON COÑECES AÍNDA A EXPOSICIÓN… Propómosche comezar dando un paseo dixital por Romanorum Vita para imaxinar como foi unha cidade romana. Como eran os seus edificios? Quen transitaba polas súas rúas? Como ulía? Que sons se escoitaban?
E SE XA VISITASTES ROMANORUM VITA... Grazas á visita virtual podedes volver a percorrer as súas rúas e oír as voces dos habitantes da cidade.
6
O imperio romano: Unha rede de cidades Cal é o alcance do que chamamos Roma?
O obxectivo desta actividade é contextualizar o Imperio romano e as cidades nas que se inspira a exposición. A reconstrución que propón a mostra baséase no estudo dos restos arqueolóxicos do século I d.C. de Pompeia, Herculano e Ostia, e en documentos históricos da época. Porén, Roma foi unha civilización de varios séculos, que se expandiu por gran parte de Europa, o norte de África e Oriente Medio.
Anfiteatro de Pompeya. Autor: Pepo Segura © Obra Social “la Caixa”
RECURSOS • • • • • • •
Vídeo de introdución á exposición Documental sobre Pompeia e Herculano Reconstrución 3D de Pompeia Web sobre Ostia (inclúe reconstrución 3D) As ruínas de Pompeia en Google Maps Historia sinxela de Roma Mapa animado da expansión do Imperio romano
PROPOSTAS Elaborar en grupo unha liña cronolóxica e un mapa nos que se vexa reflectida esta complexa civilización. Situar Pompeia, Herculano e Ostia no mapa. Debater sobre as súas características: como era o seu clima, a súa orografía, a súa paisaxe, a súa accesibilidade? Que distancia había entre elas e a capital do Imperio? Que actividades económicas se desenvolvían?
7
Como era hispania? O obxectivo é comparar Pompeia, Herculano e Ostia coas cidades de orixe romana máis próximas ao medio do alumno. A vida era igual en todas as cidades da antiga Roma? E en Hispania? En que se asemellaba e en que se diferenciaba? Analicemos como debía de ser a nosa cidade naquela época, o seu tamaño, a súa sostibilidade (agricultura, auga, comercio), o seu clima e outros condicionantes xeográficos.
Autor: Wikieducativos. CC
RECURSOS • • •
Mapa de Hispania Vídeo sobre Hispania Google Maps
8
PROPOSTAS Situar no mapa de Hispania as cidades de orixe romana que pola súa importancia resulten máis próximas aos alumnos. Trazar as vías romanas que as unían. Completar o mapa con máis información sobre cada cidade: fotografías de restos arqueolóxicos, datos demográficos ou outras informacións que os alumnos poidan atopar. O mapa pódese elaborar colectiva ou individualmente. Cada alumno ou grupo de alumnos pode achegar información sobre unha determinada cidade ou un determinado eixe temático (imaxes de restos arqueolóxicos, detalles demográficos ou detalles das súas características xeográficas que permitan comparalas coa cidade de Romanorum Vita). Recoméndase a creación do mapa sobre a plataforma Google Maps para enriquecelo posteriormente, engadíndolle enlaces, fotografías, vídeos, etc. O mapa elaborado pódese compartir coa comunidade de Romanorum Vita publicando o enlace no blogue (mediante un post o entrada) ou enviándolo por correo electrónico.
9
Que nos queda de romanos? Pero…, aínda somos romanos? O obxectivo é investigar o legado romano en diferentes ámbitos.
O paseo polas rúas que propón a exposición resúltanos cotiá. Porén, o legado romano non se reduce ás pedras e os edificios. Na nosa vida cotiá podemos atopar multitude de exemplos do legado que a antiga civilización romana deixou no noso país: leis, linguas, urbanismo, calendario, expresións, etc.
Autor: Calafellvalo. CC
RECURSOS • • • • • • •
Visita virtual a Romanorum Vita Artículo: “¿Que temos de romanos?” Locucións latinas Historia da arquitectura romana Xestos da antiga Roma Calendario romano Wikispaces
10
PROPOSTAS Debater sobre o conxunto do legado romano: lingua, leis, arquitectura, calendario, xestos. Na clase de lingua, explicar a relación do castelán, o catalán, o galego ou o éuscaro co latín. Formular tamén un debate sobre frases como: “Todos os camiños levan a Roma”, “Falando do rei de Roma” ou “Preguntando chégase a Roma.” Cando as empregamos? Pescudar sobre as orixes do noso calendario ou dalgúns xestos. Pescudar sobre a arquitectura romana e ver que nos queda aínda dela. Os alumnos poden compartir os seus exemplos ou reflexións nunha wiki. Nela pódense recompilar palabras, locucións, xestos, etc. A wiki permite participar nun proxecto de construción colaborativa de coñecemento. Tamén se poden subir imaxes de xestos de orixe romana no Flickr da exposición.
11
Turistas de onte e de hoxe O obxectivo é identificar a herdanza romana das nosas cidades.
Despois da visita a Romanorum Vita resulta fácil identificar nas nosas cidades e vilas aqueles espazos ou elementos actuais con aspectos e usos iguais ou semellantes aos que tiñan eses ou outros elementos nas antigas cidades romanas. Onde atopar hoxe en día o foro, as termas ou as insulae?
©Concello de Zaragoza
Autor: Toprural. CC
RECURSOS • • • • • •
Visita virtual a Romanorum Vita Vídeo de introdución a la exposición Catálogo en liña Historia da arquitectura: arquitectura romana As ruínas de Pompeia en Google Maps Flickr
PROPOSTAS Para alumnos de primaria Realizar unha saída fotográfica pola cidade. Tomar imaxes de restos arqueolóxicos e de espazos de orixe romana (se os hai), así como de espazos modernos que nos lembren a cidade romana que vimos na exposición: a praza, a disposición das rúas, os comercios, etc.
12
Seleccionar as mellores imaxes e publicalas no Flickr de Romanorum Vita. Enriquecer estas imaxes indicando onde se tomou a fotografía, así como a súa orixe/semellanza romana. Buscar en Flickr máis imaxes da nosa cidade ou doutras cidades que incorporasen outros visitantes. Podemos establecer relacións coas nosas ou sinxelamente realizar comentarios. Para alumnos de secundaria Realizar unha saída fotográfica. A partir das imaxes tomadas ou traballando con mapas, reflexionar sobre as cidades mediterráneas herdeiras do modelo de cidade romana. Comparar a estrutura dalgunhas cidades españolas (a de residencia dos alumnos e outras importantes) co modelo de cidade romana. Para facelo podemos consultar vídeo de introdución á exposición, a visita virtual, o catálogo en líña ou as ruínas de Pompeia. Debater sobre: •
A función da praza maior como centro neurálxico da actividade social e comercial da cidade.
•
A diversidade de usos dos edificios nunha mesma zona da cidade: comercio, vivenda, escolas.
•
Os usos dos edificios en relación coa mobilidade, a vida social, os ruídos, o confort, etc.
•
Como se abastecían de auga, materiais da construción e víveres as cidades romanas? E as nosas?
•
Que papel desempeñou a potente rede de calzadas romanas no crecemento destas cidades por todo o Imperio? Comparala coas complexas redes de mobi lidade actuais: estradas, redes ferroviarias e tráfico aéreo.
Participar no Flickr de Romanorum Vita publicando imaxes de construcións romanas típicas (acuedutos, termas, rúas, etc.), vinculándoas aos seus referentes nas cidades actuais a partir das imaxes tomadas na saída fotográfica.
13
A sociedade: mosaico de desigualdades Que personaxe romano queres ser? O obxectivo é reflexionar sobre como se organizaba a sociedade romana.
A democrática sociedade romana era tamén unha sociedade moi estratificada, con grandes diferenzas sociais. A visita virtual a Romanorum Vita preséntannos algúns dos seus habitantes: unha muller e o seu fillo, un escravo e un peregrino. Podemos analizar os distintos roles sociais poñéndonos na pel dun romano.
Autor: Calafellvalo. CC
RECURSOS • • • • • • • • • •
Visita virtual a Romanorum Vita A muller na antigüidade clásica Historia de Roma (inglés) A clases sociales en Roma (inglés) Orde social en Roma (inglés) Estructura social en Roma Woices Youtube Flickr Delicious
14
PROPOSTAS Para alumnos de primaria y secundaria Tras lembrar os contidos das voces do neno, a muller, o peregrino e o escravo recollidos na visita virtual, proporlles aos alumnos que se poñan no papel de diferentes personaxes da vida na antiga Roma. As personaxes escollidas polos alumnos no seu conxunto deberán ser representativos da estrutura piramidal da sociedade romana. Poden ser algúns dos que se propoñen na exposición: un xastre, un cabaleiro, un senador, un maxistrado, un sacerdote, un lavandeiro, un obreiro, un hostaleiro, un escravo da panadaría e as súas mulleres e fillos. Reflexionar desde a perspectiva actual sobre as vantaxes e inconvenientes de ser un ou outro personaxe. Unha vez analizada esta cuestión, cada alumno pode crear un monólogo de presentación do seu personaxe, semellante ao que escoitou na visita virtual e usando como referencia os recursos que recolle Delicious de Romanorum Vita. O monólogo: explicar quen é o personaxe escollido, cal é o seu rol e estatus na clasista sociedade romana. Reflectir as vantaxes e desvantaxes do personaxe.
Segundo os personaxes representados, agrupar os alumnos para crear escenas teatralizadas que se localicen imaxinariamente nalgún dos espazos da exposición. Os monólogos e escenas pódense gravar en formato audio a través da plataforma Woices de Romanorum Vita. No caso de dispor dunha cámara de vídeo na escola, tamén se poden gravar en forma de pequenos clips e envialos ao blogue. Despois publicaranse na canle de Youtube da exposición. Desde estas plataformas (Woices e Youtube) tamén se poden recuperar os monólogos e escenas gravados por outras escolas, e contrastar os seus contidos cos traballados na aula.
15
Para alumnos da clase de Ciudadanía No contexto da materia de Cidadanía, profundar na sociedade romana. Comezar situando os diferentes personaxes escollidos polos alumnos nunha pirámide social que evidencie a estratificación social de Roma. Debater sobre o rol de la familia e da la mujer nesta sociedade. Esta reflexión pódese enfocar desde outras materias nunha análise máis interdisciplinaria. A partir da reflexión, crear un mural de síntese sobre a sociedade romana.
O mural: debater primeiro colectivamente os aspectos que se queren reflectir no mural, que describan unha cidade tipo: modelo de familia, relacións home-muller, clases sociais, traballos e oficios, datos demográficos (número de habitantes, inmigración, etc.).
O mural pódese crear individualmente, ou en grupo para que cada alumno busque a información relativa a un dos temas e logo se constrúa o mural colectivamente. Publicar os murais en formato imaxe no Flickr de Romanorum Vita ou enviarlos por correo electrónico ao blog da exposición.
16
Dime como vives e direiche quen es O obxectivo é reflexionar sobre como o tipo de vivenda romana reflectía o estatus social dos seus habitantes.
A domus que se reconstrúe na exposición é a casa dunha importante familia romana. Como sería a casa dunha familia con moitos fillos? E se o dono fose un xeneral romano, ou un comerciante?
RECURSOS • • • • • • •
Catálogo en liña As ruínas de Pompeia Simulación virtual dunha insula Simulación virtual dunha domus Vídeo 3D dunha domus Manual do candidato Flickr
PROPOSTAS Deseñar unha casa (domus) ou bloque de pisos (insula) onde poderían vivir os personaxes que se traballaron na actividade anterior. Por exemplo: un comerciante con familia numerosa, un soldado, un xeneral, a muller da lavandaría (fullonica), un candidato electoral, un escritor, unha prostituta, un construtor, un sacerdote ou un pontífice. Reflexionar sobre detalles como o tamaño, a estrutura e o uso das dependencias, os materiais, a decoración, o mobiliario e a iluminación. No exercicio ter en conta aspectos como a localización da cidade: clima, recursos hídricos, materiais construtivos dispoñibles, etc. Publicar os deseños das diferentes casas en formato imaxe no Flickr de Romanorum Vita, comentando as imaxes coa descrición da familia para a que foron deseñadas.
17
A historia narrada en primeira persoa Que nos contan os propios romanos? O obxectivo é coñecer os aspectos da sociedade romana a partir das fontes clásicas.
A numerosa documentación que chegou ata os nosos días achégannos un amplo coñecemento sobre Roma, os seus costumes, as súas cidades e o seu contexto histórico. Desde grafitos populares a escritos políticos, filosóficos ou literarios, estes textos amosan a complexidade da vida na cidade romana e os seus problemas urbanísticos e de índole social.
Graffiti de Pompeia. Autor: Pepo Segura Obra Social Fundación ”la Caixa”
RECURSOS • • • • • • • • •
Visita virtual Catálogo en liña Os grafitos de Pompeia en latín e inglés Frases de Ulpiano e Séneca Libro: El Satiricón de Petronio Citas de personaxes romanos A parede dos grafitos (proposta interactiva) A publicidade en Roma Blogspot
18
PROPOSTAS Propor a busca e selección doutros grafitos e citas que reflictan aspectos da vida cotiá da cidade e que completen os recollidos na visita virtual e no catálogo da exposición. Para realizar a busca, os alumnos poden consultar os grafitos atopados en Pompeia, as frases de personaxes célebres como Ulpiano ou Séneca, as pasaxes do libro El Satiricón, ou os escritos doutros autores e obras dispoñibles na Internet. Pintar os grafitos seleccionados ou inventados polos propios alumnos a través da aplicación de debuxo en liña da propuesta interactiva “A parede dos grafitos” recollida no blogue. Se se traballa esta proposta na clase de Latín, a selección de grafitos pódea realizar previamente o docente a partir de fontes orixinais en latín. Antes de debater sobre o punto da exposición no que poderiamos engadir a cita, pódese realizar un exercicio de tradución. En paralelo ao exercicio anterior, pescudar sobre os diferentes formatos ou tipos de comunicación en la antigua Roma. Proporlles aos alumnos a redacción e o deseño por grupos da Acta Diurna (noticiario diario sobre a actualidade da cidade), inspirada nos contidos da exposición. Na acta pódense tratar os temas seguintes: • Información sobre o terremoto que destruíu Pompeia e Herculano • Un anuncio dun espectáculo de circo ou teatro • Unha noticia sobre a inauguración dun novo comercio • Un comentario sobre a última lei discutida no foro Percorrendo novamente a exposición virtual pódense deseñar noticiarios moi variados, en soporte de papel ou dixital. Para crear a versión dixital pódese utilizar unha aplicación de creación de blogues, onde se poderán maquetar todos os seus contidos. Compartir os noticiarios elaborados coa comunidade de Romanorum Vita enviándoos a través do blogue ou por correo electrónico.
19
De Astérix a Gladiator Os nosos referentes do mundo roman O obxectivo é relacionar coñecementos adquiridos sobre a antiga Roma con referentes actuais da cultura popular: cine, cómic, novela, etc.
A nosa imaxe de Roma non sempre se basea nos resultados das investigacións históricas e arqueolóxicas. A miúdo vén condicionada por películas, novelas ou cómics. Grazas a Romanorum Vita e ás actividades realizadas, podemos descubrir que personaxes, escenas ou edificios destes referentes puideron ser reais e cales non.
RECURSOS • • • • •
Crítica histórica da película Gladiator Crítica histórica da serie Hispania Filmografía sobre a antiga Roma Vídeo de como se fizo a película Gladiator Os personaxes de Astérix
PROPOSTAS Visionar na aula, total ou parcialmente, a película Gladiator ou algún dos capítulos da serie Roma (BBC). Pódense escller outras películas ou series, como Ben-Hur ou a serie Hispania (Antena3). Tamén se pode realizar o traballo a partir de cómics ou novelas. Debater na aula sobre a obra seleccionada a partir de preguntas como: • Como se recoñece a época na que está pasando a historia? Aínda que na obra se indique de forma explícita, buscar outros indicios: fálase dun emperador, menciónase algún feito histórico que poidamos contrastar, etc. • Que personaxes podemos identificar que sexan representativos da estrutura da sociedade romana? Poderiámolos situar na pirámide social que construímos na proposta “A sociedade: mosaico de desigualdades”? Para cada un, comentar ata que punto a súa caracterización é rigorosa (vestiario, relacións familiares e sociais, educación, etc.).
20
• Sobre os escenarios: podémolos identificar? Son boas as reproducións? Para cada escenario, comentar os indicios que nos axudan a localizalo. Realizar unha breve crítica sobre o rigor histórico da reprodución baseándonos no deseño, os materiais, a decoración, etc. A partir da reflexión, elaborar unha crítica histórica e compartila coa comunidade de Romanorum Vita a través do blogue. Tamén se poden comentar as críticas doutros usuarios xa existentes no blog de Romanorum Vita ou na rede. Presentar unha discusión sobre a importancia do rigor histórico nas películas, novelas ou cómics, pese a ser contidos de ficción. Como se consegue isto? Visionar el vídeo de como se fixo a exposición de Romanorum Vita e analizar o equipo de profesionais implicado, así como as investigacións e fontes primarias das que se ha partiu. Comparalo coa preparación dunha película como Gladiador ou imaxinar o proceso que hai que seguir para escribir un cómic ou unha novela histórica. Que precisamos buscar, investigar e consultar para conseguir unha boa contextualización e escenografía? Revisar os créditos da película, identificando os elementos que achegan calidade aos contidos e rigor nos decorados, o vestiario e outros elementos escénicos.
21
Anexo Principais aplicacións dixitais usadas no documento • • • • • • •
Flickr.com Youtube.es Delicious.com Google Maps Woices.com Wikispaces.com Blogspot.com