País dos libros, 15 de setembro de 2008
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Aquí estou de novo Chis, chis - plof, plof ¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupada, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio. Chis, chis - plof, plof
Ros.Rod
Que ben, un curso máis imos estar xuntos!! Preparádevos, que veño cargada de ideas!! Espero que hoxe teñades un bo comezo de “HORA DE LER”. Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza. Chis, chis-plof,plof O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron marabillosos. Cantos libros lemos en todo o curso!! A que si? Supoño que vos fixariades no cartel que está na entrada da Biblioteca: “Abrimos o luns”... e o luns xa chegou. Así que a partir de hoxe xa podedes subir coas vosas profes e tamén nos recreos. É moi importante que leades as normas unha vez máis, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, polo tanto debemos axudar no seu coidado para que poida seguir estando así de bonita. Espérovos! Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada. LER É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!!
ÁNIMO, EMPEZOU UN NOVO CURSO!!!! A POLOS LIBROS!!!! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga
- HOXE COMEZAMOS “HORA DE LER” E - HOXE ABRE A BIBLIOTECA.
- HOXE COMEZAMOS “HORA DE LER” E - HOXE ABRE A BIBLIOTECA.
País dos libros, 27 de outubro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas, e queridos maiores, tamén: Hoxe é un día especial para todos nós porque despois de tantos esforzos, inauguramos de forma oficial a nosa Biblioteca. Polo tanto, as miñas felicitacións a grandes e pequenos.
Ros.Rod
Este é o terceiro curso que disfrutamos do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES. Desde o primeiro ano son moitos os cambios que sufriu a nosa. Moitos libros velliños foron substituídos, e os nosos andeis vanse enchendo das aventuras de sempre e de hoxe, da poesía, do teatro, de música e películas... Podemos facer consulta nos novos dicionarios e enciclopedias, visitar museos e coñecer biografías exemplares, viaxar por países lonxanos, e polo fondo do mar tamén... A concepción da Biblioteca cambiou. Entendemos que debe ser un centro de recursos eficiente que axude a complementar todos os ámbitos de estudo; que ofreza ao alumnado, ás súas familias, a todos os usuarios, as ferramentas, os materiais, os recursos necesarios para formar persoas libres, autónomas, críticas e creativas. Ao Concello debemos agradecer as obras que tranformaron ese espazo especial nunha máis ampla e acolledora Biblioteca chea de luz e color. Á Asesoría de Bibliotecas Escolares o seu apoio incondicional, o seu empuxe e a súa confianza no noso proxecto; e á Xunta poder transformalo en realidade. Ao noso Asesor dos Seminarios e a todos os Equipos das Bibliotecas Escolares de Galicia, compartir con nós os seus traballos, ideas e ilusións. Agradecemos a colaboración desinteresada da xente querida que coas súas puntadas agarimosas vestiu a Biblioteca, que nos agasallou coas súas letras, que nos alegrou os oídos coa súa música e a quen soubo transformar simples táboas de madeira en cómodo mobiliario para os máis pequenos. Ao persoal non docente, ás ANPAS, ao Claustro deste Centro e ao Equipo Directivo (a todos eles, presentes e pasados) por traballar, apoiar e ilusionar ao noso alumnado. Pero, considero que as grazas máis grazas de todas as grazas deben ser para os nenos e nenas (algúns xa mozos e mozas) por LER e disfrutar da lectura, por esforzarse e participar con tantas ganas en todas as actividades, e transmitir ás novas xeneracións o seu entusiasmo. Hoxe collín tanta carreiriña que non dixen nin un chis-chis-plof-plof, ha, ha, ha! Grazas a todos e todas por estar aquí. Bicos, moitos bicos, a todos e todas da vosa amiga
País dos libros, 30 de outubro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Xa sei que hai moi pouquiño que escribín. Noraboa por esa marabillosa inauguración. Vinvos na tele e nos xornais. Canta xente! chis-chis-plof-plof Agora tedes que usar a vosa Biblioteca con máis ganas ca nunca, ler moito, buscar libros que sexan moi “apetitosos” para que os poidades devorar con gusto. Éme moita hora de falar con vós, que xa nos vén aí o Magosto e o Samaín, e nós así, coma se nada. chis-chis-plof-plof Recordades esta foto do ano pasado? Cantas cousiñas escribimos!! Cantos poemas e contos, adiviñas e refráns!! Aah! pois este curso toca algo parecido. Neste sobre metín unhas folliñas de papel, un pouco máis grandes cás dos carballos-carballos, para que poidades escribir todo o que se vos ocurra: un poema, un mini-conto, un refrán, unha adiviña, unha palabriña máxica… pero todo, todo, todo ten que falar do outono, do Samaín, do Magosto, do medo Auuuuuu!!!!!, porque estamos na época máis fantasmagórica do ano, a máis esquelética, a máis meiguiña... chis-chis-plof-plof Pero, que saborosa!!! Castañas asadas, zonchos con leite...! Figos, marmelos, mazás, noces, uvas, cabazas... MMMmmmmm...! chis-chis-plof-plof Hai dous contos esperando por vós na Biblio: “A castaña que rebentou de risa” e “A fantasma solitaria” para que os vexades coas vosas profes. Que vos parece? Animádevos a facer
País dos libros, 4 de decembro de 2008
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Hoxe serei breve. Só quero dicirvos que vos traio moitos libros bonitos, e algúns son fermosos libros de Nadal chis-chis-plof-plof. Coma sempre, podedes velos na vosa aula e telos uns días e, despois, subídelos á Biblioteca. Espero que leades moito e que subades á Biblioteca a escoitar contos e a collelos para levar á casas. chis-
chis-plof-plof
Por certo... ¿Que tal vos portades cando ides nos recreos? ¿Que tal subides as escaleiras? Seguro que ninguén corre, a que non?chis-chis-plof-
plof
Todos sabedes que tedes que entrar na Biblioteca con moito coidado e sen molestar aos que están traballando ou lendo. chis-chis-plof-plof E recordade que tedes que deixar todo recollido, eh? Xa vexo que sodes uns campións e ademais algúns escribídesme cartas. Encántame coñecer as vosas letras para ver que cada día escribides mellor. Ás veces non teño tempo para contestar, por iso deixo as dos debuxos para o final. Bicos, bicos, bicos de
País dos libros, 23 de marzo de 2009
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Xa xei que levo moito tempo sen escribirvos e sen enviar a miña maleta, pero non vos esquezo; e menos en datas tan, tan bonitas. Este sábado celebrouse o Día Mundial da Poesía! chis-chis-plofplof, que coincide coa chegada da PRIMAVERA. Nós celebrarémolo o vindeiro venres 27, na Biblioteca, xunto co Día do Teatro chis-chisplof-plof. Podedes ir preparando algún poema para recitar ou un breve texto para representar coma outras veces. Ademais, desta vez, propóñovos outra idea:
Agasallar poemas! Podedes
escoller versos entre os libros que tedes na exposición, ou tamén podedes decidirvos a crear os vosos propios poemas! chis-chis-plof-plof
Logo de ter feita a vosa escolma, elexiredes un para copiar no papel de agasallo que tedes na Biblioteca á vosa disposición desde hoxe mesmo. Ese “carta de agasallo” entregarédela na Biblio poñendo o nome da persoa a quen vai dirixida. Pode ser a calquera persoa do colexio. Cada quen terá que pasar por alí e preguntar: “Hai versos para min?”
Felices Versos para Todos! Montóns de bicos primaverais de
País dos libros, 21 de abril de 2009
Queridos nenos e queridas nenas:
Ros.Rod
Diredes vós: E ¿que pinta aquí a foto do coliseo romano? Chis-chis, plof-plof! E dicides ben: ¿Que pinta aquí?... Xa sabedes que a min gústame moito viaxar, ¿non? Pois este mes estiven de visita en Italia; concretamente pasei algúns días na eterna cidade de Roma; e entón pregunteime eu: ¿Non haberá por aquí algún libriño que eu lles poida levar aos meus amigos e amigas? E, efectivamente, como por arte de maxia apareceron estes dous que vos traio na maleta: “Pinocchio”, escrito en italiano, para que sigades aprendendo e comparando as fermosas linguas do mundo; e outro que atopei sobre o Coliseo; este en castelán e así poderédelo ler sen dificultade coa vosa profe ou cos vosos papás ou avós, na casa. Chis-chis, plof-plof! Ademais envíovos máis libros para continuar renovando os andeis da vosa Biblioteca. Pero teño tanto que contar... Quero animarvos a preparar ao longo desta semana un conto colectivo na vosa aula. Un fermoso conto feito coa colaboración de cada un de vós e ilustrado cos vosos debuxos, que son sempre os que máis me gustan. ¿Estades dispostos? Chis-chis, plof-plof!
Veña! Ánimo! Imos celebrar o DÍA DO LIBRO como se merece! Despois facedes unha exposición e deixádesme abraiada! Vai?
Muá e requetemuá... da vosa amiga e requeteamiga
País dos libros, 1 de xuño de 2009
Q
ueridos nenos e queridas nenas: este curso chega xa ao final, polo tanto necesitamos facer dúas cousas importantes, que se convertirán en TRES! * Primeira: temos que recoller os libros que están nas aulas e nas casas. Chis-chis,
plof-plof!
* Segunda: Temos que valorar como foron as actividades da biblioteca. Chis-chis, plof-
plof!
Lede moito!
Pero, * terceira, e máis importante... Chis-chis, plof-plof!
TEMOS QUE SEGUIR LENDO, DISFRUTANDO E APRENDENDO!
Feliz verán a todas e todos e ata o curso que vén. Moitos bicos da vosa amiga. Chis-chis, plof-plof!