Revista Andaina 2014-15

Page 1

JUAN

MARÍA

SARAY

ANTÓN

DANIELA B.

MARINA

ADRIANA

NICOLÁS

CARLA B.

HUGO MUIÑO

HUGO

VÍCTOR

MARTÍN B.

XOÁN

MARCO

AITANA T.

MANUEL

JORGE

CARLA G.

DIEGO R.

PAOLA

FRAN

SEBASTIÁN

LUCAS

YERAY

AYANA

ANTÍA

BELTRÁN

IAN

ALBA

ANA

MARTÍN M.

DANA

DANIELA V.

YAGO

CLAUDIA

AARON

ESTELA

IVÁN

UXÍA

DIEGO L.

AITANA F.

Alumnado de 3º Nivel


Andaina camiña polo número quince. Durante todos estes anos foi amosando o traballo diario do noso alumnado. Debuxos, contos, poesías, relatos das saídas, entrevistas…. Enchen as súas páxinas ano tras ano levando aos vosos fogares toda a ilusión que os nenos poñen nas súas composicións. Andaina tamén amosa ao longo das súas aparacións anuais os cambios experimentados no proceso de ensino — aprendizaxe, sempre pensando en ofrecer unha ensinanza acorde aos novos tempos. Abalar e Plurilingüismo son un exemplo do antedito, pero tampouco esquecemos os valores tradicionais do lugar onde vivimos. Coidar a lingua galega e por en valor o noso entorno tamén marcan a identidade do CEIP Plurilingüe “San Marcos” . Dar a coñecer o Concello a todo o alumnado e esta revista que agora tedes na man son un exemplo. Pola nosa parte agora mesmo comeza unha nova Andaina … será a número dezaseis. Agora disfrutade da 15. Moitas Grazas. José Miguel Blanco Fernández – Director

SUMARIO Portada Introdución …………. Presentación ………… Ed. Infantil ………….. Receitas …………….. Saímos … visitamos ... Que fixemos ………… Xeometría …………… Letras Galegas ............ Entrevista .................... A 21 EG ...................... Biblioteca .................... Plurilingüismo ............. P. Abalar ..................... Xogos e xoguetes ........ Cómic ......................... Recycling Band ........... Alfabeto da Paz ........... Lemos e escribimos .... Despedida ................... Contraportada

E. D. L. G. Neste 2014-2015 sae á luz un novo número 01 02 03 13 19 26 27 28

31 35 37 38 39 40 41 42 43 44 51

da nosa revista “Andaina” que reflicte todo o perco-

rrido dos traballos feitos ao longo deste curso escolar. A publicación da nosa revista coincide coa celebración do Día da Letras Galegas este ano adicado ao historiador, escritor, político e etnógrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde. Ademais salientar que dedicamos diversas páxinas ao pintor Pablo Ruíz Picasso, coincidindo co 120 aniversario da súa primeira exposición en A Coruña. Dende aquí agradecer toda a vosa colabora-

ción tantos aos mestres/as como a todo o alumnado, xa que sen vós non sería posíbel esta publicación. Esperamos que a gocedes.

1


Con este chegamos á “nena bonita”… Xa van quince… ou tres quinquenios… como o queirades dicir. Se cadra, algún dos nenos ou nenas que tiveron a sorte de ter entre as súas mans a primeira publicación desta revista escolar cando aínda “estaba quentiña” xa teñen, ou están prontos a ter, un futuro alumno da nosa escola… Non o sei. Ao mellor é moi aventurado facer esa afirmación… Pero, de todos os xeitos, en quince anos collen unha chea de cambios, de evolución e de melloras. E, como na vida mesma, cando os días veñen así un detrás doutro, non somos totalmente conscientes de cada un deses pequenos cambios cotiáns… Seguímonos vendo igual: un aspecto parecido (algún cambio físico) e esas capacidades que fomos adquirindo… pero aínda seguimos levando ese celme co que nacemos, e parécenos que aínda foi onte o tempo desas primeiras ilusións que lembramos. Da mesma maneira que nos sentimos así podemos sentir, tamén, a nosa revista… Este resumo anual do día a día da nosa escola: as creacións dos alumnos de cada Ciclo escolar, dende os recén chegados a Educación Infantil ata o alumnado de 6º de Educación Primaria que non marcha – nunca marchan – pero que continúa a súa andaina noutro espazo. É, como diciamos, un pouco o de todos os anos… diso non hai dúbida: aí están as diferentes seccións que existen xa dende a orixe (ese celme co que naceu) como, as citadas obras do alumnado de Infantil e a despedida de sexto… e todas esas cousas que se van producindo dentro do “ano escolar”, non só coa participación dos nenos e nenas, senón tamén coas aportacións das familias e os demais membros da Comunidade Educativa, tal como poderemos desfrutar (nunca mellor dito) coa colección de Receitas de Nadal; nas saídas apoiadas polas persoas e or ganismos do noso contor no e cer canos (a clásica saída ao Souto, a concertos e teatro…); a pr epar ación do Samaín, do Nadal, o Entroido e os días conmemorativos – a Paz, o Libro, as Nosas Letras… – E como todos os anos esas novidades, iguais e distintas á vez, que cada curso se organizan… Un curso adicado este ano aos artistas de aquí e de acolá, como podemos ver nas actividades arredor de Picasso – con ese marabilloso mural do “Guernica” no que todos participamos – ou inspiradas nel e na súa obra… e a impagable colaboración do “noso” Suso Cubeiro (pr otagonista da entrevista que fixer on os alumnos e alumnas de 4º de EP)! E todo isto, enfocado dende esas grandes bandeiras que o noso colectivo sempre izou: a defensa da Natureza a través de A21 e o fomento da reciclaxe (dende proxectos internacionais a formas máis curiosas, como a Recycling Band), o amor polas linguas (por todas… como debe ser nun Centro Plurilingüe) e a lectura e a creación literaria – Proxecto Lector, Clubes Lectores e Biblioteca - … e, como non, a integración das novas tecnoloxías na aprendizaxe… coas súas luces e as súas sombr as, como todo pr oxecto que está nacendo, pero sempre con toda a ilusión e a vista posta no futuro… Pois iso… “Quince años tiene mi amor”… Desfrutádeos! Felix Asensio Fernández E.D.L.G

2


3 Anos A

3


3 Anos B

4


4 Anos A

5


4 Anos B

6


4 Anos B

7


Os astronautas para viaxar ao espazo utilizan traxes coma este.

5 Anos A y B

8


E agora invitámosvos a xogar co Universo. Nesta sopa de letras atoparás os nomes dos oito planetas.

Cubre os espazos baleiros coas palabras axeitadas. CONSTELACIÓNS SATÉLITES SOL LÚA ASTEROIDES ÓRBITAS LIXO

5 Anos A y B

9


E estes son os foguetes que n贸s elaboramos na aula con materiais de refugallo.

5 Anos A y B

10


Os nenos e nenas das aulas verde e azul estivemos a traballar o proxecto do Universo. Entre outras cousas, isto ĂŠ o que aprendemos

OS PLANETAS

5 Anos A y B

11


5 Anos A y B

12


GALLETAS DE NADAL PRECISAMOS ESTES INGREDIENTES E ACCESORIOS: . 250 gramos de fariña. . 250 gramos de manteiga. . 75 gramos de azucre moído. . Un axudante. Moldes con formas de figuras de Nadal.

MODO DE PREPARACIÓN

1. Nun cunco, vertemos todos os ingredientes: a fariña, a manteiga a temperatura ambiente e o azucre moído.

2. Pide ao teu axudante que amase ben todos os ingredientes ata obter unha masa homoxénea e logo poñédea sobre un plástico. Déixaa reposar no frigorífico polo menos unha hora para que se endureza.

3. Coa axuda dun rodete ou dunha botella redonda, estira ben a masa. Podes axudar a que non se pegue poñendo outro plástico por riba da masa. 4. Dalle á masa a forma que queiras usando moldes de figuriñas de Nadal. Podes facer tantas como queiras

5. Colócaas nunha bandexa cun papel debaixo para evitar que se poidan quedar pegadas e espolvoréaas con fariña. Prequecer o forno a 180º e enfornar as galletas durante 15 ou 20 minutos. 6. Cando estean listas, retíraas da bandexa con moito coidado e ponas nun prato. Podes espolvorealas con azucre ou adornalas comao ti queiras.

Bo proveito!! ASIER VÁZQUEZ GUERRA 4º INFANTIL. AULA AMARELA

13


Galletas de Nadal de vainilla e noces Ingredientes 50gr noces 100gr azucre 100gr manteiga 1 ovo 250gr fariña 1 culleriña levadura royal 3 culleradas grandes de vainilla líquida Decoración Lacasitos de cor vermella Boliñas de chocolate pequenas Galletas salgadas en forma de corazón

Preparación

Esnaquizar as noces en anaquiños pequenos Incorporar tódolos Ingredientes dentro dunha cunca grande, amasamos ben e veremos como a textura das galletas é areenta, seguimos amasando ata mesturar todo ben, formamos unha bóla. Se queremos as galletas de tamaño pequeno partimos a masa de galletas en 20 boliñas iguais. Se as queremos algo mais grandes podémola partir en 12 boliñas. Esmagamos cada boliña coas mans e ímolas colocando nunha bandexa de forno preparada con papel de enfornar. Decoramos con boliñas pequenas de chocolate que serán os olliños, lacasitos vermellos que serán o nariz e por último galletas salgadas en forma de corazón que serán os cornos. Co forno prequecido a 180º calor arriba e abaixo, forneamos durante 15 minutos aproximadamente. Cando vexamos que a galleta comeza a coller unha lixeira cor doradiña están listas. Sacamos a bandexa do forno, deixamos repousar as galletas nela 10 minutos, retiramos as galletas da bandexa e deixamos arrefriar nunha reixiña. Iago Pérez 4 anos B

POLVORÓNS DE AMÉNDOA Nunha sartén ampla e moi seca ponse a fariña a quentar ( 300 gr) dando voltas cunha culler de madeira, e antes de que tome cor, retírase e bótase nunha fonte fonda. Agrégaselle a manteiga de porco (300 gr), o azucre (300 g) e as améndoas, a canela, un belisco de sal e un ovo, e amásase ben coas mans ata que quede todo moi fino. Cóllese un pouco de masa como o tamaño dunha noz e fórmase unha bóla que se esmaga para que quede un círculo groso. Vanse colocando nunha fonte de forno uns ao lado doutros ( a fonte debe de estar sen engrasar) e métense ao forno moi suave aproximadamente uns trinta minutos. Sácanse do forno e déixanse arrefriar na mesma fonte. Unha vez fríos retíranse con coidado, espolvoréanse con azucre glas e envólvense cada un nun papel de seda que se cortará de maior tamaño que o polvorón para poder enroscarlle os extremos. Ben tapados consérvanse bastante tempo. BO APETITO !!!!!

Bruno e Mateo Bologna 3 anos B - 1º A

14


GALLETAS DO NADAL ELABORACIÓN:

INGREDIENTES (PARA 50 UNIDADES): 100 g de améndoas crudas 300 g de fariña 170 g de manteiga 1 ovo 130 g de azucre

1º. Temos que triturar as améndoas e reservámolas. 2º. Derretemos a manteiga e deixamos arrefriar. 3º. Nunha cunca poñemos a fariña, a manteiga, o ovo, o azucre e por último as améndoas. Mesturamos todo ben, temos que conseguir unha masa compacta. 4º. Facemos unha bóla e envolvemos con un filme transparente. Deixámola na neveira unha media hora. 5º. Acendemos o forno a 160°. 6º. Coa axuda dun rolo, estiramos a masa e deixámola de ½ cm. 7º. Cortamos coa forma desexada e metemos no forno uns 20 minutos. 8º. Retiramos e engadímoslles azucre moído por enriba. Xa están listas para comer as nosas GALLETAS DE NADAL

Damián Martínez 5 anos A SOPA DE NADAL

Preparación:

Ingredientes -300 g de peixe blanco -8 mexillóns -8 lagostinos -250 g de berberechos -2 patacas -2 tomates -1 cebola -1 allo porro -1 ramiña de apio -1 dente de allo -Sal -Azafrán -Caldo de peixe

1- Quentar o aceite e facer un sofrito coas verduras. Engadir un vaso de caldo de peixe e o azafrán. Triturar a salsa. 2- Engadir as patacas, sazonar e cando estean case cocidas engadir o peixe e o marisco. Deixar cocer catro minutos mais. 3- Servir e acompañar cunhas rebandas de pan frito. Eduardo Doval Patiño 6ºB

15


Sofía Rioboo 2º A

16


Jorge Ferreiro 2ยบ A

17


Xana Blanco y Atalo Bello 2ยบ B

18


Sabela Gracia 1ยบ A

Manuela Cadaveira 1ยบ A

Alejandro Seoane 1ยบ A

Mara Aldao 1ยบ B

19


1ยบ A

20


21


Lúa González e J. Martín Salagado 1º B

22


23


Alumnado de 3ยบ A y B

24


Excursión á “Cidade da Cultura” O alumnado de 5º e 6º fomos de excursión á Cidade da Cultura de Galicia. Este complexo cultural e arquitectónico está situado no monte Gaiás, en Santiago de Compostela. Na actualidade, a Cidade da Cultura está formada por 3 edificios que fan a forma do cumio do monte, e estaban proxectados aínda 2 edificios máis. Existe na Cidade da Cultura unha praza central na que moitos días hai concertos que a xente pode desfrutar subíndose aos edificios, posto que o tellado empeza no solo e se pode subir desde alí ata arriba. Ao amencer pódese gozar da vista da Catedral de Santiago, xa que o arquitecto a diseñou con esa finalidade. Explicounos o guía que nos atendeu que para construír a Cidade da Cultura houbo un concurso ao que optaron varios arquitectos cos seus deseños. Finalmente foi Peter Eisenman o elixido. A “Cidade da Cultura” inaugurouse en 2011, pero o proxecto está paralizado dende 2013 por causa da crise económica. Recoméndovos ir. Pablo Fernández 5ºA

MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

Os alumnos de 5º e 6º fomos o día 6 de marzo ao MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA. Vimos a meirande parte das obras que alí había, en especial a exposición de Pablo Picasso, que foi o que máis nos gustou ver… Eran as obras da súa infancia! Este xigante de madeira agardábanos na recepción. Esta é a entrada do Museo

Nesta escaleira sacamos fotos.

Paula Fernández 5ºA

25


O alumnado de 5ยบ e 6ยบ Nivel, aproveitando os seus progresos en materia dixital, presenta desta forma tan divertida diferentes actividades realizadas no Centro e fora do mesmo ao longo do curso.

26


XEOMETRÍA APRENDEMOS XEOMETRIA CON KANDINSKY Este ano na Aula de Apoio de Pedagoxía Terapéutica traballamos a xeometría cun “mestre” moi especial: Wassily Kandinsky, pintor ruso e precursor da pintura abstracta. A través dunha gran parte dos seus cadros aprendemos a diferenza entre círculo e circunferencia, rectas paralelas, secantes, formas e corpos xeométricos,…. Estes foron algúns dos cadros que empregamos para aprender todas estas cousas:

“Black Circle” (1924)

“Negro y violeta” (1924)

A partires da obra “Black Circle” os nosos rapaces animáronse a facer as súas propias creacións. Estas son algunas delas….

Silvia Fernández

27


DÍA DAS LETRAS GALEGAS O Día das Letras Galegas celébrase todos os anos cada 17 de maio. Empezouse a celebrar por decisión da Real Academia no 1963 por ser o centenario da publicación dun libro en lingua galega despois de varios séculos sen editarse nada na nosa lingua. A obra era Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Cantares Gallegos, está considerada como a obra literaria que inicia o Rexurdimento da literatura e da cultura galega moderna. A primeira escritora á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas foi Rosalía de Castro, anos despois recordouse a: Alfonso R.Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas ... A Real Academia Galega (RAG) é unha institución que centra o seu traballo en todo o relacionado coa lingua galega: dicionarios, gramática, ortografía, literatura, actos culturais... En1906 tivo lugar a súa primeira reunión. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía,o home de Rosalía de Castro. Agora está formada por trinta membros e o seu presidente é Xesús Alonso Montero. A RAG tivo a súa sede durante moitos anos no Pazo do Concello de A Coruña, na actualidade está na rúa Tabernas -A Coruña- nun pazo que foi a casa Emilia Pardo Bazán. Este é un traballo de : Paula Carro, Carla Fraguío, Nerea Fraguío,Lucía Caamaño e Lucía Seoane.

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE Pontevedra (1906-1996) Xosé Fernando Filgueira Valverde ademais de importante escritor foi mestre en Barcelona e alcalde en Lérez (Pontevedra). En 1923 formou parte do grupo do Seminario de Estudos Galegos. En 1935 gañou unha cátedra como profesor nun instituto de Barcelona. En 1942 entrou como membro na Real Academia Galega. Durante uns anos dirixiu o Museo de Rosalía de Castro. No ano 1972 foi nomeado vogal do InstiEste é un traballo de: Brais Seijas, Anxo Balado, GaeI Torreiro, Iago Fontenla e Xiao García. Caricaturas realizadas por: Andrea Rodríguez, Anira Leiras, Paula Carballal, Hugo Vicente, Sara Caamaño.

5º B

28


Ademais dunha extensa obra, Xosé Fernando Filgueira Valverde participou activamente na cidade de Pontevedra. Entre outras implicacións, colaborou na creación do Museo provincial de Pontevedra e exerceu de alcalde da vila, estimulando a acción cultural e promovendo numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da cidade. Brais Martínez, alumno de 5º A, quixo reproducir, xunto co seu mestre, o aspecto físicio do edificio, considerado hoxe en día un dos mellores museos de Galicia.

Brais Martínez

29


Eduardo Doval 6ยบ B

30


A ENTREVISTA Jesús Blanco Cubeiro, Suso Cubeiro para todo o mundo. Ilustrador, pintor, escritor un artista que vive entre nós, no noso Concello e una persoa moi ligada ao noso Colexio. Aquí o temos sempre que o precisamos e ilustracións súas adornan as nosas paredes. Esta vez requerímolo para a nosa entrevista e, unha vez máis, aquí estivo a nosa disposición. Grazas, Suso. 1.- Como empezou a pintar? Eu pintaba de pequeno. Profesionalmente foi unha vez que me invitaron a unha voda, fixen a invitación coa caricatura dos noivos. Coincidiu que á voda ía un home que tiña unha axencia de publicidade, e ofreceume traballar con el. Como non sabía nada de nada de publicidade, merquei uns libros e púxenme a traballar diso. 2.- Con cantos anos empezou a pintar? E a escribir? A debuxar, cando estaba na axencia de publicidade, debía ter vintedous, vintetrés… E a escribir … fai moito menos, fixen un conto que se chamaba Rita, e debe facer como dez anos ou así, ou algo máis , doce anos. 3.- Cal foi o título do seu primeiro libro? Está publicado? A min gustábame moito o tema dos trens e as locomotoras e eu tiña que facer unha ilustración dunha locomotora así que pedinlle opinión a un amigo ao que lle gustaban moito estes temas. Tanto que falou que pensei facer un conto de trens. É unha locomotora que existiu de verdade, en realidade chamábase Lara, pero como era tan pequena e tan pouco feita, pois chamábanlle Larita. E se queredes logo cóntovos o conto, pero a cousa empezou por aí, empecei a escribir e un día que ía de viaxe no tren, pensei pois mira, se a locomotora ten vida e pensa e se namora pois igual sae un libro, e así o fixen. Si, foi publicado. 4.- Que debuxo fixo cando pintou o seu primeiro cadro? O primeiro cadro,… eu realmente pintar cadros non pinto, fágoo así de cando en vez porque me da a gana, pero non é o meu. Eu fago ilustracións para libros. O primeiro cadro que fixen…, me parece que eran uns mariñeiros. 5.- Que foi o que o levou a pintar? O que me levou a pintar, non sei, a min gustábame un pouco, a ver, eu era mariño mercante, pero estar en terra tamén me gustaba, e o de andar en feiras tamén. Entón deixeino, sobre todo porque me gustaba moito andar polas feiras, e despois de traballar en publicidade, decidín facer pirogravados. Logo ofrecéronme facer o cómic sobre a vida de Castelao e desde entonces xa tiven un estudio, traballei con acuarelas, deixei a vida ‘hippie’ e metinme na casa a traballar. 6.- Desde cando che gusta pintar? Como aprendeu a pintar, nunha academia o por si mesmo? Eu creo que desde sempre. Cando era pequeno debuxaba, facía vaqueiros, indios, o típico, cando estás aburrido en clase ou mentres non te ve o profe, que non se debe facer eh, pero eu facíao. Eu aprendín pola miña conta. Non sabía usar un aerógrafo, nin acuarelas… entón merquei unha chea de libros e fun practicando na casa ou no estudio, e foi onde aprendín. Despois tamén alguén me deu algún truco, pero o menos, porque daquelas os ilustradores non nos coñeciamos.

31


7.- Cal é o pintor ou ilustrador que máis lle gusta? Pois unha chea deles, de pintores Picasso. Velázquez, Goya tamén me gustan, pero Picasso o que máis. E o ilustrador, hai un tal Rien Poortvliet, que ilustrou o libro dos gnomos, que a min encántame, ten uns debuxos preciosos da natureza. E despois outro, que é amigo meu aínda por riba, e que se chama Xan López Domínguez, que é un ilustrador de contos infantís que é marabilloso. 8.- Cal é o seu cadro favorito? O meu cadro favorito… mmm é que hai moitísimos, ‘As Meninas’; de Picasso, ‘As señoritas de Avignon’; é que hai tantos… que … veña, ‘As señoritas de Avignon’. 9.- Gústalle practicar deporte? Cal é o seu preferido? Aiii (risas) … teño unha bicicleta estática na casa e vexo o Intermedio mentres vou pedaleando na casa. E o meu deporte favorito, para practicar eu? … ponlle andar, aínda que tampouco é certo (risas). 10.- Sobre que tema lle gusta máis pintar? Que lugar prefire para pintar? De natureza, sobre todo as aves, é o que máis me gusta, pero da natureza en xeral tamén. Eu pinto na casa, teño alí todo cheo de pinturas por todos lados. Noutros tempos tiña un estudio, pero agora que vivo en Figueroa pois pinto na casa, e no verán fóra escoitando os paxaros. 11.- Gústalle vivir en Figueroa? É o que máis me gusta do mundo. Saír pola mañá e escoitar os paxaros, iso é unha marabilla. Ten incomodidades, en vez de calefacción teño unha lareira, a casa é un pouco fría porque é de pedra, pero a min gústame moito. 12.- Cal é a ilustración da que se sente máis orgulloso? Ben… pois non o sei, pero unha que conta moitas cousas, é esta que está no salón de plenos do concello, que lle fixen un texto tamén para explicala. Fala das aldeas que quedaron asolagadas no encoro de Abegondo-Cecebre, e hai unha chea de seres máxicos escondidos entre as árbores. 13.- Inspirouse nalgún lugar de Abegondo para pintar ou escribir? Si, si. Diríache que “A Costureira das Ánimas”, o último libro que escribín, está baseada nesta zona, fala do Cruceiro Bonito, fala de toda esta zona e de xente de aquí. E para debuxar, xa digo, este mesmo que está aí no concello, no salón de plenos. Un día tedes que dicirlle aos profes que vos leven a velo. 14.- Por que lle gusta a acuarela? Eu traballaba moito en acuarela, pero despois merquei un ordenador e entón traballaba con photoshop, que é máis rápido e máis cómodo, pero cando naceu a miña filla Xana, eu quedaba na casa con ela e se traballaba co ordenador, non escoitaba se choraba. Así que deixei de traballar co ordenador e me ía a traballar á cociña, que estaba ao lado para poder escoitala. Dende aí xa volvín outra vez coa acuarela e non a deixei. É por iso, dende que naceu Xana é cando volvín a retomar a acuarela outra vez. 15.- Cal é a súa cor favorita? Que sensacións ten cando está pintando? A miña cor favorita…. o azul, o azul gústame moito. Moitas, moitas, moitas. Ao principio a sensación é que me vai quedar marabilloso, que idea tiven e que debuxo máis bonito vai quedar; cando estou polo medio estoume acordando do día que se me ocorreu pensar en debuxar; e despois cando remato, ben, case sempre estou contento, case sempre, non sempre eh. A sensación do medio é a máis terrible, esa de cando empezas a pensar que non son capaz de facelo. Pero ao final case sempre acaba ben a cousa. 16.- Ten algún libro non publicado? Cando o escribiu? Poderíanos contar por que non o publicou? Si, teño proxectos de libros xa empezados, agora mesmo teño dous, non tres, teño tres. Teño un que, a ver, é unha historia dun debuxante e unha xana, xana a dos ríos, non a miña filla, a miña filla chámase Xana por seu pai, non porque sexa unha xana do río.

32


Outro sobre a contaminación do mar que fala deste Man, que era un alemán de Camelle que morreu de pena cando foi o do Prestige e o outro é un do descubrimento, vamos dunha viaxe ao Polo Sur, non ao Polo Sur, ao hemisferio Sur, desde Magallanes. Empezei xa fai anos, debe facer oito ou dez anos que os teño pero como nunca teño tempo de acabalos, pois aí están, algún día os rematarei. Non se publican porque están sen rematar; está feito o texto, e dun teño tres ilustracións, doutro teño seis, doutro dúas. Son proxectos que vas tendo pero que non levas para adiante. 17.- Recibiu algún premio de pintura? E literario? Unha vez déronme uns rapaces un premio por un libro. Non me lembro como se chama, era para un proxecto dun cómic sobre tema de artesanía . Outra vez recibín un premio tamén da Xunta. E literario non. Presenteime ao premio de Abegondo e gañoume a miña muller, así que… e aínda por riba ela non se ía presentar e entón collinlle o texto e presenteillo eu, e vai e gáñame. Estiven sen falar con ela unha chea de tempo (risas…). 18.- Foi a moitos sitios grazas á pintura? Non, non son de saír moito. Vou moito sobre todo a Burgos porque alí teño un cliente que me encarga cousas. Por aquí si, Galicia toda, para dar charliñas e esas cousas, pero despois fóra de aquí, pouco. Tamén fun aí atrás a Bélxica co concello por un tema relacionado con isto, pero poucas veces. Ademais tampouco me gusta viaxar, e cando vou en avión pásoo fatal; empezo a pensar que alí debaixo… empezo a ver as casas aí debaixo e ben… 19.- Cal é o cadro/ilustración que lle resultou máis difícil? Por que? A ilustración que máis me levou foi unha que fixen do bosque, que levaba 63 elementos distintos e aínda por riba fíxena fai vinte anos, que non tiña a práctica que podo ter agora e levoume, creo que un mes facela… unha chea de tempo, pero por dificultade, por moito traballo que levaba. 20.- Cal é o cadro/ilustración que lle resultou máis sinxelo de facer? Por que? (Risas) Aí está ben, e ademais ten un pouco de historia tamén. Hai dúas, e ambas foron para a miña muller. Un día púxenme a facer obras na casa e non me daba tempo, porque era na cociña e encheuse todo aquilo de po e toda esa historia. A miña muller estaba en Vigo, e entón chamoume e díxome: ‘Vou para Coruña’ e dixen: ‘Miña nai! E entón en vez de recoller, como era o día da nai, fíxenlle un retrato dela e máis de Xana, a filla, a toda présa, alí fóra, nin sequera debuxei, xa foi directamente co pincel. Fun a Carral a buscar un marco, que menos mal que había un marco do tamaño, e cando chegou empezou a berrar e digo, pois entón isto case non cho regalo. Fíxeno en trinta minutos ou así, e a verdade é que quedou moi bonito. E despois o outro que me levou pouco tamén, foi un día que era a noite de reis, xa cenaramos e toda esta historia, e a muller pois foi durmir a nena, pois Xana estaba nerviosa e tardaba en durmir, e entón cando estaba arriba na habitación, recordei que non lle tiña ningún regalo. Entón púxenme a toda présa e fíxenlle un paporrubio e cando rematou de durmir á nena xa llo tiña feito. Quedaron bonitos eh! 21.- En que se soe inspirar para pintar? Ben, xa digo que o que máis me gusta é o tema da natureza, así que se te refires a iso, os paxaros, as plantas… Gústame moito debuxar persoas tamén. 22.- É famoso? Coñéceo a xente cando vai pola rúa? Os veciños, son os que vexo a miúdo. 23.- Que significou para vostede facer o traballo da antiga escola do Neno Xesús? Pois a verdade é que me gustou moito. Gustoume moito porque é un traballo que nunca fixera, que é traballar en cerámica, e inda por riba leva os retratos da xente que foi alí á escola, leva sesenta e tres retratos. A verdade é que me gustou moito, e ademais traballar alí ao lado da caIlustración feita por sa pois moito mellor, claro. Suso Cubeiro

33


24.- Cal é o libro máis famoso que ilustrou? Non o sei, quizais o Corazón da Fraga, pero non o sei. A ver, é moi famoso, a Volta ao Mundo en oitenta días, pero é un libro famoso, pero é famoso o autor, pero non sei se dese libro se vendeu moito ou pouco, a verdade é que non lle seguín a pista. Pero, así que teña a editorial miña, pois ese, O Corazón da Fraga, que foi en galego e en castelán, con varias mencións… E tamén o Señor Mago e a Folla, ese tamén, é un libro infantil que tivo sete edicións ou oito. 25.- Vendeu moitos cadros ou ilustracións? Non, as ilustracións normalmente non as vendo, unha vez que o libro xa está impreso, quedo con elas e normalmente regáloas. O que teño vendido son retratos e estas cousas, pero so de encargo. Non é que eu faga as cousas na casa e despois as expoña e as venda, porque de feito practicamente non fixen ningunha exposición na miña vida, porque como son traballos de encargo, fágoos, escanéanos e despois devólvenmos. Téñoos na casa, e a veces regáloos. 26.- Como foi a experiencia de colaborar nas películas “El bosque animado” e “El sueño de una noche de San Juan”? Ben, eran encargos tamén. Eu traballaba pola miña conta e facía as ilustracións que me encargaban e mandáballelas a eles. Eu traballei para eles no meu estudo e eles tiñan o estudo deles, así que non era estar alí facendo a película. Eu ía facendo as árbores, aparellos ou unha cunca, así diferentes cousas que e ían encargando e despois mandáballas por correo electrónico ou gravábaas nun CD e dáballelas e eles facían con elas o que querían. 27.- Cal das súas obras de ilustración infantil é a súa preferida? Home varias, pero a do Señor Mago e a Folla gústame moito. Ademais foi practicamente a primeira infantil que fixen. Fixera outras pero menores. Esta foi practicamente a primeira infantil que fixen e collina con ganas, ademais aínda por riba porque daquela aos ilustradores non lles pagaban dereitos por libro vendido, ou sexa ti vendías a obra e xa non cobrabas nada máis. Eu dixen que quería dereitos por ese libro e aínda por riba dixéronme que non se ía vender, eu medio cabreeime e a partir de aquela empezaron a pagar os dereitos, pero desa non cobrei dereitos. 28.- Cal de todas as súas obras é a súa preferida? Ponlle “A costureira das ánimas”. 29.- Como se lle ocorreu decorar camisetas vellas? Porque había o programa Ecowas e dixéronnos que fixeramos unha proposta de traballo e pensamos que o máis fácil para facer nunha clase sería decorar camisetas, ou reutilizar roupa, porque se vos dicimos que traiades unha artesa o unha cadeira para decorala aquí no colexio, ía ser complicado. Así que pensamos que mellor era roupa, porque é mais lixeira para traballar. A a min gustaríame máis restaurar mobles ou redeseñalos, pero aquí non se pode facer iso, así que por comodidade para os rapaces, se pedimos traer algo da casa, é máis cómodo traer unha camiseta ou uns zapatos ou un gorro ou algo así. Porque traer unha mesiña de noite, por exemplo, é máis complicado. 30.- Dende cando colabora con este colexio? Ui, a primeira vez que vin aquí… tiña Alfonso… fai dez anos, que estaba o sobriño, que agora ten vintedous ou vintetrés e está en Barcelona. 31.- Séntese ben colaborando co colexio? Si home, estou como en familia aquí, ningún problema, todo o contrario, e aínda por riba Ilustracións feitas por Suso Cubeiro en diferentes invitanme a cafe (risas). visitas ao Colexio

Alumnado de 4º A e B

34


REVISTA ANDAINA 2015 . A21EG Datos importantes para a reflexión sobre a reciclaxe No presente artículo queremos presentar unha serie de curiosidades relativas ao aforro que supón o labor da reciclaxe. Despois de levar varios cursos traballando no colexio sobre o fomento da mesma no proxecto da A21EG e, por extensión, dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar), pensamos que tamén é importante divulgar o que se pode conseguir co esforzo de todos.

A reciclaxe

é tanto máis efectiva canto máis

participemos e mellor o fagamos. Esas, aparentemente, pequenas accións que facemos a diario teñen unha grande importancia colectiva porque a suma de todos , aínda que en pequeñas cantidades, resulta un sumatorio enorme e non só pola cantidade senón tamén pola calidade dos beneficios que ocasiona. Pensa que grazas a ti e a todos os que se preocupan por reciclar o mellor posible,

podemos aforrar moitos recursos enerxéticos, económicos e medioambientais. Velaí van algún exemplos: 

Sabes que se podería facer un libro con oito caixas de cereais?

E que con 40 botellas de plástico pódese fabricar un forro polar?

E para unha lamia de bicicleta? Pois unhas oitenta latas de refresco.

Fabricar unha lata desde o metal (xeralmente alumnio) reciclado é moito máis barato que facelo desde a materia prima orixinal.

E agora fíxate na importancia de reciclar papel: cunha tonelada de papel poderíamos salvar unhas quince árbores de talla media e máis de 26 m3 de auga, evitando ademáis arrasar dous metros cúbicos de masa forestal. Sabes canto sería isto traducido a termos enerxéticos: uns 4100 Kwh. Se multiplicamos este número de kilovatios polo precio do mesmo segundo tarifas medias oficiais deste ano, suporían casi 600 €. O que representa máis do 50% do gasto medio anual dunha familia na súa factura da luz.

35


Agora tamén dispoñemos de puntos onde podemos depositar aceite doméstico usado, unha boa práctica que debemos contemplar, en vez de desfacerse del polo vertedoiro. Pero o máis importante é que evitamos a contaminación das augas, xa que 1 só litro de aceite usado pode chegar a contaminar uns 1000 litros de auga. E depurar e limpar as augas tamén ten un coste.

Con 3000 botellas recicladas, aforraríamos máis dunha tonelada de materia prima, evitando a erosión da terra por extracción.

Coas pilas usadas debemos ser moi coidadosos á hora de desfacernos delas e empregar os puntos de recolllida habilitados para tal fin. O noso colexio tamén conta cun punto

de recollida para este tipo de residuos. A perigosidade da pila vén dada pola súa capacidade contaminante. Unha pila normal pode contaminar de 1000 a 3000 litros de auga e unha de botón más de medio millón de litros. E o peor non queda aí, senón que se as substancias se incorporan á cadena trófica e poden pasar aos organismos vivos. E así poderiamos seguir enumerando máis datos, pero como resumo concluiremos que as principais ventaxas da reciclaxe son: 

Reduce a cantidade de lixo.

Aforra enerxía e recursos naturais.

Protexe o medio ambiente.

Diminúe a formación de gases de efecto invernadoiro.

Axuda a manter a superficie forestal.

Protexe as augas superficiais e acuíferos.

Reciclar é cousa de todos! Javier Quintas

36


“Un sitio onde hai contos” (Mauro, 3 anos) “Un sitio onde hai moitos libros” (Ruth, 5 anos) “Un sitio onde se prestan libros, poñen unha data de caducidade e hainos que devolver” (Alejandro, 1º A) “Unha biblioteca é un lugar con libros onde se pode ler, estudar e xogar cos ordenadores” (Daniela Barros, 3º B). “A biblioteca é un lugar onde segundo o libro que collas podes viaxar a diferentes mundos imaxinarios” . (Anira, Andrea, Brais S. e Paula C., 5º B) A biblioteca debe ser unha peza chave no proceso educativo. Este é o obxectivo do noso traballo, facer da biblioteca un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. E este curso demos un pasiño máis neste sentido, coa entrada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, o que supuxo unha mellora no orzamento e un impulso na calidade da mesma así como para o noso traballo. Foron moitas as actividades levadas a cabo ao longo do curso para potenciar o uso da biblioteca, o seu coñecemento e o desenvolvemento do hábito lector. - Os clubs de lectura do terceiro ciclo estiveron adicados este curso ás ciencias, e cada vez contan con máis alumnado involucrado nos mesmos. - A hora de ler, dentro do Proxecto Lector, segue sendo unha das nosas acividades máis importantes no que a animación á lectura se refire. - Celebración de “días especiais”. Ao longo do curso son moitos os días internacionais adicados a aspectos que dende a escola debemos dar prioridade. Neste sentido a biblioteca convírtese en nexo transversal dos diferentes niveis, aportando actividades, exposicións, ... - Un aspecto relevante á hora de crear lectores autónomos e críticos é a formación documental e a competencia dixital. Saber manexarse na biblioteca, coñecer a organización do catálogo, ser quen de buscar e localizar información, poder moverse na rede con coherencia e criterio son aspectos fundamentais que dende a biblioteca debemos impulsar e favorecer, e que se abordan xa dende a educación infantil ata o terceiro ciclo da educación primaria. Non todo é perfecto, somos conscientes, pero se traballamos con ilusión e ganas de mellorar, agradecendo sempre a colaboración de toda a comunidade educaciva, e co obxectivo de seguir construindo unha biblioteca de calidade dentro da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Diego Agilda Pedreira E. Biblioteca

37


Este curso as mestras de ARTS & CRAFTS decidimos adicar o ano a Picasso, así a maioría das actividades que se propuxeron estiveron relacionadas co artista para non só aprender cousas sobre el senón tamén para disfrutalo na maior medida posible. En Outubro contamos coa visita de Erica, unha namorada do artista, que estivo con todos os grupos de primaria para contarnos curiosidades, pequenas historias e propoñer actividades. Pouco despois destas xornadas viñeron pola escola un par de artistas amigos que nos fixeron unha proposta un tanto especial. Como o Concello de Abegondo está inmerso nun programa europeo de reciclaxe propuxéronnos traballar con roupa vella ou xa en desuso para facer cousas cun aire novo e reutilizalas. Por suposto aceptamos o reto e temos que dicir que resultou unha experiencia moi divertida á vez que enriquecedora . Ademáis das visitas a museos e outro tipo de actividades fixemos moitas outras cousas, quizais a máis novedosa fose o “EGG DROPPING”, unha actividade que nos propuxo Rodrigo (o noso auxiliar de conversa) que é moi típica nos EEUU e que consiste en lanzar ovos crus previamente protexidos con materiais varios.

Seguimos coa nosa andaina. O próximo curso máis. Gloria Rodríguez. Coordinadora Linguas

38


Dixitalizando o Centro A dixitalización do centro desde hai uns anos sigue en progreso. Sen edicións anteriores da revista falabamos de Abalar, aulas virtuais,… nestes momentos podemos falar de redes sociais, mochilas dixitais e encerados interactivos. Seguimos a traballar e mellorar un día tras outro (ou eso tentamos) o servizo de difusión das actividades do día a día no centro a través da páxina web e das redes sociais (https://twitter.com/ceipsanmarcos). O emprego destes recursos bríndanos a posibilidade de que coa colaboración de organismos como a Garda Civil e programas como Navega con Rumbo, poidamos alfabetizar e formar aos nenos, nenas e ás familias nun uso axeitado destas ferramentas. A participación no proxecto experimental EDIXGAL (mochila dixital) permítenos afianzar o camiño para o emprego de recursos dixitais nas aulas. Esta progresiva dixitalización das aulas non supón un abandono ou supresión de recursos, senón unha mellora cuantitativa e cualitativa de contidos, oportunidades e camiños cara a consecución das aprendizaxes que precisa o alumnado. Nestes momentos todos os niveis do centro (Educación Infantil e Primaria) dispoñen de encerados dixitais interactivos nas aulas, co que os recursos, actividades e metodoloxías que se poden empregar nas aulas aumentan considerablemente. Por último mencionar que seguimos contando coa posibilidade de realizar os pagos do comedor de xeito dixital e coa posibilidade de contar con información do alumnado a través da aplicación AbalarMóbil. José Fariña García Coordinador Abalar

39


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega este ano estamos a traballar os “Xogos e xoguetes tradicionais” co fin de achegar ao alumnado este aspecto e a súa influenza na nosa cultura e tradición. Para este fin estase a elaborar unha exposición pública que terá lugar no noso Centro no mes de maio, para a que se solicita a colaboración de toda a comunidade escolar, investigando e creando os propios xoguetes tradicionais, como o “Muíño”, o “Tres en Raia”, “Xogos malabares” e moitos outros que poderedes ver na devantida exposición. Ademáis tamén terá lugar unha videoconferencia para o 3ºciclo de Educación Primaria co CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz (Boiro) onde os rapaces e rapazas intercambiarán experiencias dos diferentes xogos e xoguetes das localidades, apoiando deste xeito as investiga-

cións levadas a cabo. Agradecemos de antemán toda a axuda e información que poidades achegar.

Miriam Freire E. D. L. G.

40


Silvia Díaz 4º A

41


MUSICANDO CO LIXO: “RECYCLING BAND”

5 Anos A y B

Martina Fariña 3 Anos A Sara Viero 3 Anos B

Bruno Seguí 4 Anos A

Román Fernández 4 Anos B

42


43


44


CANTO CONTO! O alumnado de 5º A de Primaria preparou un traballo con respecto aos contos “de toda a vida”, no que descubriron aos seus compañeiros que as versións orixinais destes non son tan “doces e bonitas” como as que, habitualmente, nos deron a coñecer. A continuación reproducimos as diapositivas coas que compuxeron o Power Point que acompañaba dita presentación:

… Os nosos contos

… os de sempre?

45


Pois parece…

… que non!

5º A

46


47


48


Sara García 4º B Julio Esmil Báez 4º B

Noa Vázquez 4º B

Antón Cadaveira 4º B

Yago Losada 4º B

49


O INVERNO

A PAZ FERIDA A paz feriuse, estou moi triste, as guerras non paran, que desgraza! acosos, maltratos, violencia… Rezo, eu sei que algún día pararán, e o mundo estará cheo, de amizade, felicidade, e o máis importante Lidia Gilda … A PAZ 4º A

Que tan bonito é o inverno! todo de branco tinguido ás veces parece eterno… porque o sol non da aparecido. Que tan bonito é o inverno! as chemineas botando fume ás veces parece eterno… a xente arredor do lume. Que tan bonito é o inverno! a auga correndo polas rúas ás veces parece eterno… Os nenos saen con gorros e luvas.

Yolanda López 4º A

FELICIDADE

AS MATES O neno Gabriel foi estudar e polas mates non chegou cear. Tanto, tanto estudou que polas escaleiras foi. Rodou moito, moito rodou e, ao chegar abaixo: “AS TÁBOAS OLVIDOU” Helena Rey 6º A

Somos

Felices

Estamos contEntos Cando faLamos e bendices Os ricos alImentos Aínda de distinta

Cor

E outra relixIón Temos que

Dar amor

Con todo o corAzón Aos amigos perDoar E aos pais rEspectar Joel Rábade 4º A

50


SEXTO ESCRIBE Cando comezamos en infantil, antes de facer as novas aulas, tiñamos uns... cero amigos, pode que un ou dous, se os traíamos da gardería. Acordámonos de cando viamos aos maiores do cole e pensabamos “Que ganas teño de tirarlle dos pelos” pois si, pensabamos iso, e sabémolo ben, porque... probade a meter a cabeza entre a cancela dos pequenos (aínda que antes non había). De estar tirando cunha man empezamos a tirar con dúas mans. Desta forma arruinamos a moooitos perruqueiros (non nos dan pena excepto a nai de Aarón).

Nas filas, os profesores mandábannos agarrar o mandilón do de diante, ás veces conseguíamos con iso que, se caía un, caían todos (efecto dominó) e custaba que nos levantáramos un bo cacho, porque sempre había un que caía outra vez. En infantil o noso progreso de pillaría mellorou un 120%(e aínda está aumentado por momentos), calculamos que agora é dun 1000% nalgúns, (máis ben 2000%).

Comecemos con 1º e 2º (a época dos nomes e das filas).Empezamos a coñecernos máis (máis ou menos). A nosa cabeciña nunca paraba, pero para outras cousas… dábanos igual dicir Pepito que Paquita (os nomes non eran o noso forte). A partir de Infantil non facían falta mandilóns entón as filas eran un desmadre. Eran 10 minutos de ida e volta para facer ben a fila. E non contamos máis cousas porque senón…

Seguimos con 3º e 4º ( a época dos cadernos). Aínda empezabamos coñecer aos nenos das outras clases de 1º e 2º. Como dixemos é a época dos cadernos. Un cadradiño para abaixo ou para arriba = 1 folla menos no caderno, en resumo: RAAACAAA!. Tamén pasaba igual cos temas, se non te acordabas de poñer “tema 1” = 5 ou 4 follas menos no caderno.

51


Agora en 5º e 6º (a época dos ordenadores) A PEOR DE TODAS! Tiñas que saber como se acende, como se apaga, como navegar en Internet, como usar un Libre Office... Tivemos que aprender a facer presentacións, buscar en páxinas correctas, facer o contexto histórico, buscar obras, etc. Sempre había que facer algo mellor: que se a letra, que se a información, que se… Boh..., os ordenadores quedaron fartos de nós. Aínda así o cole de Abegondo sempre será moi especial para nós: xogamos, aprendemos, divertímonos, medramos e fixémonos responsables. Pasamos momentos bos e outros peores, pero como somos un equipo sempre estamos xuntos. Grazas a toda a comunidade educativa, aprendemos cousas que nos servirán no futuro. Cando chegamos a 1º queriamos ser princesas, príncipes, astronautas… Pero co paso dos anos e cos profesores empezamos a plantexarnos ser cousas máis serias coma médicos, profesores, mecánicos, etc .

Non vos esqueceremos. Tivemos moitos mestres todos moi bos con nós pero temos que dicir “adeus”.

Novos compañeiros teremos e algúns que xa tivemos e moito os queremos.

Un paso máis hai que dar. Danos pena marchar, pero temos que ser “riseiros” porque coñeceremos novos compañeiros.

52


E.D.L.G. - MAIO 2015

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DO COLEXIO EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ SOBRE O GUERNICA DE PICASSO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.