ANDAINA 22

Page 1

A n d a i n a

Nº 22 CEIP Plurilingüe

“San Marcos”


Querida Andaina, temos unha nova que contarche: Estamos de aniversario, 50 anos, nada menos que medio século! Cantas cousas terán acontecido nesta escola durante todo este tempo, cantos nenos e nenas que foron e seguen a ser parte desta gran familia . E como foron cambiando as cousas! Tivemos diferentes leis educativas, diferentes formas de traballar, chegaron os ordenadores... pero o que nunca cambiou foi a ilusión dos mestres por ensinar e dos nenos por aprender. Lembras cando chegou Marquiños? Que asustado estaba ao principio cando se agochaba na biblioteca para escoller os libros que máis lle gustaban e para escoitar aos mestres que, con tanta ilusión, lían contos aos nenos e nenas que aprenderon a gozar de cada personaxe, de cada historia... Agora é un máis da casa e ademais está especialmente feliz porque este ano vai estrear un novo espazo. Lembras aquela pequena biblioteca que tiñamos e que maxicamente acababa medrando cada día un pouco máis para acoller as diferentes actividades? Ímola botar en falta porque foron moitas as vivencias alí acumuladas, risas, bágoas, contos, tantas lembranzas... pero non vai ser distinto a partires de agora. Teremos unha nova biblioteca, mais grande, na que estarán integrados todos os proxectos que se desenvolven no centro e que ás veces tiñamos espallados por falta de espazo. Agora vai ser, en todos os sentidos, o corazón do noso cole, ese corazón que, con cada latexo, provoca e espalla as emocións e os sentimentos que nos moven cada día a seguir adiante Estamos moi ilusionados e queremos compartir esta celebración con todos vós. Agardamos que poidades acompañarnos para lembrar vellos temos e soñar con outros novos...

Gloria Rodríguez Doel (Directora)

Un ano máis chega unha das datas máis especiais para o

Sumario

Equipo de Dinamización da Lingua Galega: o Día das Letras Portada

Galegas. É un pracer para nós formar parte deste agasallo

Presentación

01

que recibides hoxe nos vosos fogares, un obsequio na nosa

Infantil

02

lingua. Un presente no que emocións, lembranzas e vivencias

Primaria

08

se van entretecendo ao longo das follas.

Entrevista

16

Nos últimos anos un dos nosos obxectivos principais é o

Letras Galegas

18

de dar presenza á lingua galega no día a día da nosa escola,

PDI

20

polo que as actividades e propostas que realizamos van en-

Equipos

22

camiñadas cara a que o corazón do noso centro latexe cada

Plans Proxecta

34

50 aniversario

40

Pensamos que a lingua é unha das mellores herdanzas

Pasatempos

42

que nos deixaron e que nós podemos deixar. Que o galego

Despedida

43

sexa festexado hoxe e todos os días do ano.

Contraportada

día que pasa un pouco máis en galego.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Maika Rodríguez Domínguez (Coordinadora EDLG)

1


2


3


4


5


6


AULA VERMELLA

7


8


9


10


1º e 2º Primaria

11


12


3º A e B

13


14


6º B

15


16


4º A e B

17


FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste 2022, naceu o 27 de agosto de 1903 no Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Marchou a Palencia e licenciouse en dereito na Universidade de Valladolid. Despois volveu a Galicia e tivo unha gran actividade cultural. Foi neste momento cando comezou a escribir poemas e artigos en xornais. Cando comeza a Guerra Civil foxe a través de Portugal cara a Francia. Ao rematar o conflito e comezar a ditadura decide marchar para México, onde desenvolverá a maior parte da súa vida. Alí mantén contacto con moitos galegos e galegas, funda a revista Vieiros e segue escribindo poemas sobre a zona de Valdeorras e sobre o mundo do viño. Florencio falece na casa dun fillo seu en California no ano 1987. Son obras súas Bebedeira (1934), Galicia infinida (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986).

5º B

18


5º A

19


20


21


22


Maika Rodríguez Domínguez

23


BIBLIOTECA SUSO CUBEIRO BIBLIOMARQUIÑOS Comezo este artigo coa desilusión de non poder centralo no novo espazo da nosa biblioteca. Pero como todas e todos sabedes os tempos nunha obra varían por múltiples razóns, polo que imos ter que esperar a falar desta novidade no blog. Vivir un curso cunha biblioteca sen espazo para a biblioteca supón un gran reto para un equipo, pero ao mesmo tempo unha multitude de posibilidades de cambio e versatilidade. Ao que temos que sumar a experiencia do curso anterior. Se ben a biblioteca escolar debe ser a alma dun centro educativo, este curso foi a alma e o corpo, xa que os materiais e os proxectos que a conforman estiveron repartidos por todo o centro. Mais isto non impediu que o profesorado seguise coa súa labor de animación á lectura, alfabetización informacional, robótica, radio,… Nin o alumnado perdeu a súa motivación por levar a cabo estas actividades nin por participar nos proxectos que se propoñen.

“A biblioteca escolar ten a palabra” é o lema que a Asesoría de bibliotecas escolares escolleu para este curso 2021/2022. E ben é certo. A biblioteca ten a palabra. A palabra escrita nos libros que cada curso imos escollendo para ampliar os nosos fondos, para

encher as mochilas viaxeiras, que este curso puideron volver saír, nas recomendacións de lectura que cada fin de trimestre Marquiños leva ás vosas casas e nas lecturas do club lector, unha das novidades deste ano, así como nos traballos de investigación.

24


Ten a palabra falada, nas conversas arredor dos libros, do xadrez, na radio, no club da lingua galega, nos debates, na música, nos xogos, no “amigo/a maior”. Nas historias dos nosos maiores, tan importantes para saber de onde vimos e que conforman esa parte imprescindible do noso patrimonio, o inmaterial. Historias, lendas, contos, cantigas, formas de facer e ser que foron chegando até hoxe no quentiño das lareiras e que debemos aprender a recoller e a repectar. Mais tamén é importante que saibamos transmitir para ser quen de conservar.

Pero a palabra, na actualidade, vai acompañada doutras formas e linguaxes. A imaxe, o cine, as artes plásticas, a programación, e todo isto entra na biblioteca a través da robótica, dos retos steam, da creación astística, da danza, dos obradoiros de cine, ... A biblioteca xa non é o lugar onde gardar os libros. É o espazo de creación, de información e de transmisión. O espazo dos soños, da imaxinación e das palabras.

25


E xa para rematar, se ben é certo que dende a biblioteca se fan moitas cousas, estas non serían posibles sen o traballo coordinado e interrelacionado dos equipos de dinamización. Aspecto que persegue o equipo directivo dende que comezou a súa andaina neste centro. E se falaba de desilusión ao inicio deste artigo, agora teño que dicir que estou moi ilusionado por este traballo coordinado e pola implicación e acollida por parte do profesorado e do alumnado das actividades da biblioteca así como da colaboración das familias e resto da comunidade educativa. Tamén, porque nas últimas xornadas do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia, chamáronnos para contar a nosa experiencia de voluntariado dende a biblioteca escolar, o que supón toda unha honra para o noso equipo.

Sendo conscientes de que nos queda moito por aprender e por facer, e sen perder a ilusión por todo o que poderemos levar a cabo no novo espazo que temos por estrear, despídome de vós en nome de todo o equipo invitándovos a seguir as nosas andanzas no blog e no Twitter.

Diego G. Agilda Pedreira

26


Leila Alberte Miguélez

27


28


Yago Ríos Liz

29


30


Luna Cánovas Toba

31


Raquel López Pérez

32


Raquel López Pérez

33


34


Eva Mª Redondo Valín

35


36


Sara Rodríguez Pereiro

37


38


Luna Cánovas Toba Héctor Antón Fernández

39


As obras de teatro...

40


Este é un pequeno adianto do que poderedes atopar cando veñades soprar con nós as 50 velas.

41


42


Querido colexio:

DESPEDIDA DE 6º A

Xa marchamos para o instituto e deixamos o noso querido colexio atrás, aquel que nos viu medrar, caer os dentes e no cal nos ensinaron tantas cousas. Moitas delas non viñan nos libros, pero esas especialmente foron as que nos axudaron a ser mellores persoas. Lembramos cando eramos pequenos e queriamos ser coma os maiores; pensabamos que eran os que mandaban no colexio. Porén, agora que xa o somos, non queremos marchar deste lugar onde pasamos tantos momentos felices. Deste colexio levamos moi bos amigos/as que sempre estarán cando os necesitemos e cos cales xogamos, rimos e choramos. Tamén, pensamos en todos os profesores/as que nos ensinaron tanto e dos que agora temos que desprendernos e todas as etapas que temos que pechar para comezar a entrada ao instituto. Grazas por acompañarnos nesta viaxe! Este poema vai para ti colexio CEIP Plurilingüe San Marcos de parte de 6º A da promoción 2021/2022: Adeus colexio, adeus colexio onde me criei, xa non te volverei ver. Adeus infantil, adeus primeiro, adeus segundo, adeus terceiro e adeus cuarto adeus quinto e tamén sexto. Adeus á xente que deixamos atrás e que sempre levaremos no corazón. Todos os bos momentos que pasamos aquí, pasaron rápidos coma frechas, pero nunca te esqueceremos. Podemos dicir que sempre te apreciaremos.

43


6º B DESPÍDESE Hoxe aproveitamos esta revista para despedirnos deste colexio. Desde 6ºB queremos dicirvos que durante todos estes anos que estivemos na escola pasaron moitas cousas que levaremos sempre no noso corazón. Nestes dous últimos anos a Covid-19 non nos deixou facer cousas que nos gustaría ter feito, como estar cos compañeiros doutras clases, ir as excursións e a máscara que non nos deixou ver o sorriso desta gran familia . Outra cuestión foron as obras, que causaron un malestar, e aínda por riba, ao mellor, non imos poder estrear os cambios da biblioteca. Ao longo destes anos fixemos cousas moi divertidas como por exemplo, os xogos de Aspace, as festas, a radio, as excursións, as carreiras solidarias, concurso de “Ciberseguridade”, “Cóntame un conto”, … Algo que nos gustou

moito foi o Voluntariado Miúdo, que o fixemos cos nenos e nenas da clase amarela de infantil, encántanos estar con eles e elas, tamén nos gustou facer un libro de texturas e varios vídeos para o colexio C.E.E. Nosa Señora do Rosario. Recordamos con ledicia a saída ao Acuarium “Finisterrae”, o camiño de Santiago (en segundo), o museo Muncyt, as andainas ao souto, a granxa de Xanceda (onde nos deron iogures), o partido de baloncesto… Dende o 2013, creamos moitos vínculos coas nosas compañeiras e compañeiros. A medida que cambiamos de ciclo, cambiamos tamén de compañeiros/as. Todos eles aportáronnos a súa axuda, a súa confianza, a súa alegría… Compartimos con eles e con elas momentos inesquecibles. Tamén os mestres, que nos acompañaron nestes anos. Todos eles nos axudaron a mellorar e responderon ás nosas dúbidas. Ademais compartimos con eles momentos igual de inesquecibles. Estamos moi agradecidos.

Queremos darlles tamén un lugar nesta despedida ás cociñeiras que todos os días preparan a comida para todo o colexio, e ao conserxe que mantén a escola ben coidada xunto coas limpadoras. Aínda que nos custe moito despedirnos deste centro escolar, temos que facelo porque rematamos unha etapa para comezar outra. Sempre vos levaremos no noso corazón; “qué lástima pero adiós… me despido de ti y me voy…”

44


E.D.L.G. - MAIO 2022


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.