2 minute read

Presentación

Next Article
Letras Galegas

Letras Galegas

Querida Andaina, temos unha nova que contarche: Estamos de aniversario, 50 anos, nada menos que medio século! Cantas cousas terán acontecido nesta escola durante todo este tempo, cantos nenos e nenas que foron e seguen a ser parte desta gran familia . E como foron cambiando as cousas! Tivemos diferentes leis educativas, diferentes formas de traballar, chegaron os ordenadores... pero o que nunca cambiou foi a ilusión dos mestres por ensinar e dos nenos por aprender.

Lembras cando chegou Marquiños? Que asustado estaba ao principio cando se agochaba na biblioteca para escoller os libros que máis lle gustaban e para escoitar aos mestres que, con tanta ilusión, lían contos aos nenos e nenas que aprenderon a gozar de cada personaxe, de cada historia... Agora é un máis da casa e ademais está especialmente feliz porque este ano vai estrear un novo espazo. Lembras aquela pequena biblioteca que tiñamos e que maxicamente acababa medrando cada día un pouco máis para acoller as diferentes actividades? Ímola botar en falta porque foron moitas as vivencias alí acumuladas, risas, bágoas, contos, tantas lembranzas... pero non vai ser distinto a partires de agora. Teremos unha nova biblioteca, mais grande, na que estarán integrados todos os proxectos que se desenvolven no centro e que ás veces tiñamos espallados por falta de espazo. Agora vai ser, en todos os sentidos, o corazón do noso cole, ese corazón que, con cada latexo, provoca e espalla as emocións e os sentimentos que nos moven cada día a seguir adiante

Advertisement

Estamos moi ilusionados e queremos compartir esta celebración con todos vós. Agardamos que poidades acompañarnos para lembrar vellos temos e soñar con outros novos... Gloria Rodríguez Doel (Directora)

Sumario

Portada Presentación 01 Infantil 02 Primaria 08 Entrevista 16 Letras Galegas 18 PDI 20

Equipos

22 Plans Proxecta 34 50 aniversario 40 Pasatempos 42 Despedida 43 Contraportada

Un ano máis chega unha das datas máis especiais para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega: o Día das Letras Galegas. É un pracer para nós formar parte deste agasallo que recibides hoxe nos vosos fogares, un obsequio na nosa lingua. Un presente no que emocións, lembranzas e vivencias se van entretecendo ao longo das follas.

Nos últimos anos un dos nosos obxectivos principais é o de dar presenza á lingua galega no día a día da nosa escola, polo que as actividades e propostas que realizamos van encamiñadas cara a que o corazón do noso centro latexe cada día que pasa un pouco máis en galego.

Pensamos que a lingua é unha das mellores herdanzas que nos deixaron e que nós podemos deixar. Que o galego sexa festexado hoxe e todos os días do ano.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Maika Rodríguez Domínguez (Coordinadora EDLG)

This article is from: