1 minute read
Letras Galegas
FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN
Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste 2022, naceu o 27 de agosto de 1903 no Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).
Advertisement
Marchou a Palencia e licenciouse en dereito na Universidade de Valladolid. Despois volveu a Galicia e tivo unha gran actividade cultural. Foi neste momento cando comezou a escribir poemas e artigos en xornais.
Cando comeza a Guerra Civil foxe a través de Portugal cara a Francia. Ao rematar o conflito e comezar a ditadura decide marchar para México, onde desenvolverá a maior parte da súa vida.
Alí mantén contacto con moitos galegos e galegas, funda a revista Vieiros e segue escribindo poemas sobre a zona de Valdeorras e sobre o mundo do viño.
Florencio falece na casa dun fillo seu en California no ano 1987.
Son obras súas Bebedeira (193 4), Galicia infinida (1963 ), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986).
5º B
5º A