3 minute read

Despedida

Next Article
Presentación

Presentación

Querido colexio: Xa marchamos para o instituto e deixamos o noso querido colexio atrás, aquel que nos viu medrar, caer os dentes e no cal nos ensinaron tantas cousas. Moitas delas non viñan nos libros, pero esas especialmente foron as que nos axudaron a ser mellores persoas. Lembramos cando eramos pequenos e queriamos ser coma os maiores; pensabamos que eran os que mandaban no colexio. Porén, agora que xa o somos, non queremos marchar deste lugar onde pasamos tantos momentos felices. Deste colexio levamos moi bos amigos/as que sempre estarán cando os necesitemos e cos cales xogamos, rimos e choramos. Tamén, pensamos en todos os profesores/as que nos ensinaron tanto e dos que agora temos que desprendernos e todas as etapas que temos que pechar para comezar a entrada ao instituto. Grazas por acompañarnos nesta viaxe! Este poema vai para ti colexio CEIP Plurilingüe San Marcos de parte de 6º A da promoción 2021/2022: Adeus colexio, adeus colexio onde me criei, xa non te volverei ver.

DESPEDIDA DE 6º A

Advertisement

Adeus infantil, adeus primeiro, adeus segundo, adeus terceiro e adeus cuarto adeus quinto e tamén sexto. Adeus á xente que deixamos atrás e que sempre levaremos no corazón. Todos os bos momentos que pasamos aquí, pasaron rápidos coma frechas, pero nunca te esqueceremos. Podemos dicir que sempre te apreciaremos.

6º B DESPÍDESE

Hoxe aproveitamos esta revista para despedirnos deste colexio. Desde 6ºB queremos dicirvos que durante todos estes anos que estivemos na escola pasaron moitas cousas que levaremos sempre no noso corazón.

Nestes dous últimos anos a Covid-19 non nos deixou facer cousas que nos gustaría ter feito, como estar cos compañeiros doutras clases, ir as excursións e a máscara que non nos deixou ver o sorriso desta gran familia . Outra cuestión foron as obras, que causaron un malestar, e aínda por riba, ao mellor, non imos poder estrear os cambios da biblioteca.

Ao longo destes anos fixemos cousas moi divertidas como por exemplo, os xogos de Aspace, as festas, a radio, as

excursións, as carreiras solidarias, concurso de “Ciberseguridade”, “Cóntame un conto”, … Algo que nos gustou moito foi o Voluntariado Miúdo, que o fixemos cos nenos e nenas da clase amarela de infantil, encántanos estar con eles e elas, tamén nos gustou facer un libro de texturas e varios vídeos para o colexio C.E.E. Nosa Señora do Rosario.

Recordamos con ledicia a saída ao Acuarium “Finisterrae”, o camiño de Santiago (en segundo), o museo Muncyt, as andainas ao souto, a granxa de Xanceda (onde nos deron iogures), o partido de baloncesto…

Dende o 2013, creamos moitos vínculos coas nosas compañeiras e compañeiros. A medida que cambiamos de ciclo, cambiamos tamén de compañeiros/as. Todos eles aportáronnos a súa axuda, a súa confianza, a súa alegría… Compartimos con eles e con elas momentos inesquecibles.

Tamén os mestres, que nos acompañaron nestes anos. Todos eles nos axudaron a mellorar e responderon ás nosas dúbidas. Ademais compartimos con eles momentos igual de inesquecibles. Estamos moi agradecidos.

Queremos darlles tamén un lugar nesta despedida ás cociñeiras que todos os días preparan a comida para todo o colexio, e ao conserxe que mantén a escola ben coidada xunto coas limpadoras.

Aínda que nos custe moito despedirnos deste centro escolar, temos que facelo porque rematamos unha etapa para

comezar outra. Sempre vos levaremos no noso corazón; “quélástima pero adiós… me despido de ti y me voy…”

E.D.L.G. - MAIO 2022

This article is from: