Querido colexio:
DESPEDIDA DE 6º A
Xa marchamos para o instituto e deixamos o noso querido colexio atrás, aquel que nos viu medrar, caer os dentes e no cal nos ensinaron tantas cousas. Moitas delas non viñan nos libros, pero esas especialmente foron as que nos axudaron a ser mellores persoas. Lembramos cando eramos pequenos e queriamos ser coma os maiores; pensabamos que eran os que mandaban no colexio. Porén, agora que xa o somos, non queremos marchar deste lugar onde pasamos tantos momentos felices. Deste colexio levamos moi bos amigos/as que sempre estarán cando os necesitemos e cos cales xogamos, rimos e choramos. Tamén, pensamos en todos os profesores/as que nos ensinaron tanto e dos que agora temos que desprendernos e todas as etapas que temos que pechar para comezar a entrada ao instituto. Grazas por acompañarnos nesta viaxe! Este poema vai para ti colexio CEIP Plurilingüe San Marcos de parte de 6º A da promoción 2021/2022: Adeus colexio, adeus colexio onde me criei, xa non te volverei ver. Adeus infantil, adeus primeiro, adeus segundo, adeus terceiro e adeus cuarto adeus quinto e tamén sexto. Adeus á xente que deixamos atrás e que sempre levaremos no corazón. Todos os bos momentos que pasamos aquí, pasaron rápidos coma frechas, pero nunca te esqueceremos. Podemos dicir que sempre te apreciaremos.
43