Querida Andaina
Xa levamos uns anos camiñando xuntos, anos complicados nos que pasaron unha chea de cousas e nos que continuamos avanzando nesa tarefa que tanto nos preocupa, formar persoas preparadas para enfrontarse a un mundo cheo de atrancos, retos e dificultades que a pesares de todo hai que encarar sempre con valentía e ilusión. Ás veces as cousas tornan complicadas pero de nós depende cambiar o punto de vista porque de todo se aprende e de todo hai que sacar o máis positivo.
Marquiños e máis ti sabedes ben todo o que se vive nun colexio, sabedes das alegrías e das penas, dos amigos e dos que non son tanto, das pequenas disputas e as reconciliacións, de todas esas cousas que forman parte do noso día a día e de como temos que estar sempre atentos para axudar e guiar aos nosos nenos e nenas para que non equivoquen o camiño.
Non deixedes nunca de seguir coidando desta gran familia!
Gloria Rodríguez Doel (Directora)A nosa visión da heroína María Pita a partir do libro “María Pita e o Pirata” de Estefanía Padullés, publicado porHérculesEdiciones.
Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913 sendo o maior de once irmáns e irmás.
Con 18 anos foi estudar Dereito a Madrid e ao pouco volveu a Santiago de Compostela para continuar os seus estudos xunto á súa familia. Tamén comezou a cursar Filosofía e Letras.
Durante a II República Española estivo moi activo na vida política de Compostela chegando a entrar no Seminario de Estudos Galegos e a dirixir a revista Universitarios.
Cando comeza a Guerra Civil Española é apartado como profesor de Dereito e alístase no exército de Franco para salvar a vida. Despois da guerra, no ano 1940, casa con Evelina Hervella Nieto, unha farmacéutica de formación do Barco de Valdeorras.
Durante o franquismo axuda a crear a Editorial Galaxia, que foi a máis importante que houbo en Galicia durante moitos anos e que chega ata a actualidade. Tamén crea a revista Graal.
Francisco del Riego tivo un papel importante á hora de establecer o 17 de maio como Día das Letras Galegas.
Publicou numerosos artigos e obras entre as que destacan: Galicia no espello (1954), Historia da literatura galega (1971) , cego de Pumardedón (1992), Camiño andado (2003) e Lourenzá (2004).
Entre os anos 1997 e 2001 foi Presidente da Real Academia Galega (RAG).
Francisco Fernández del Riego morreu o 26 de novembro de 2010 aos 97 anos de idade na cidade de Vigo.
6º B
Ola, un saúdo a toda a xente que nos le. Dende as clases de 4º pareceunos interesante facerlle unha entrevista a unha profesora do colexio porque, díxonos un paxariño que aparte de dar clase, ten outra profesión moi interesante. Adiviñades cal? Nós quedamos abraiados.
4º - Podes ti, Eva, dicir a que te dedicas?
Eva - Profesora de Educación Física e Árbitra Asistente de Fútbol Sala.
Que vos parece? Sorpresa, eh? Pois, si. A profe Eva é unha das poucas árbitras de Fútbol Sala que hai en Galicia.
4º - Arbitraches algunha vez ao teu equipo favorito?
Eva - Si, ao Burela feminino.
4º - En que división arbitras?
Eva - En todas as división femininas e masculinas agás a primeira masculina.
4º - Que che inspirou para ser árbitra de Fútbol Sala? Como comezaches?
Eva - Eu acompañaba ao meu irmán aos partidos e gustábame moito velos. Entón, o seu adestrador foi quen me animou a formarme neste mundo.
4º - Cal é o equipo de Fútbol Sala que máis che gusta?
Eva - O Burela feminino, os Parrulos e o Noia.
4º - Por que escolliches esta profesión?
Eva - Porque me gustaba moito ir ver os partidos.
4º - A que idade comezaches a arbitrar partidos?
Eva - Un pouco antes dos 18 anos.
4º - Daquela, cantos anos levas sendo árbitra?
Eva - Levo 8 anos.
4º - Cal foi o máximo de tarxetas vermellas que sacaches nun partido?
Eva - Nun partido avisei de sacala, mais só saquei dúas nunha tempada.
4º - Gardas algunha anécdota dalgún partido que che pareceu interesante?
Eva - Arbitrei a final da Champions feminina. Foi unha experiencia moi bonita, xa que xogaban os dous mellores equipos femininos de España.
4º - Tiveches algunha mala experiencia arbitrando? Algunha vez se enfadou contigo algún xogador ou xogadora?
Eva - Un xogador insultoume de maneira moi machista cando lle saquei a tarxeta vermella.
4º - Cres que polo feito de ser unha muller tivéchelo máis difícil nun deporte que é maioritariamente masculino?
Eva - Si, porque a pesares de que hai cada vez máis mulleres como árbitras asistentes, na pista aínda é un mundo de homes.
4º - Hai moitas mulleres xogadoras no Fútbol Sala?
Eva - Cada vez hai máis.
4º - Gustábache o fútbol cando eras pequena?
Eva - Si, xogaba no equipo da miña vila, o Guitiriz feminino. Tamén xoguei unha tempada no Begonte, outro equipo de Lugo.
4º - Que hai que facer para converterse en árbitra?
Eva - Hai que facer un curso con varios exames e despois hai que facer outros dous exames cada ano.
4º - Agora temos un pequeno cuestionario que nos gustaría pasarche. Cal sería o país onde quixeras vivir?
Eva - Italia
4º - Se foses xogadora, en que equipo sería?
Eva - No Guitiriz.
4º - Que prefires, Barça ou Madrid?
Eva - Prefiro o Deportivo, mais se teño que escoller entre eses dous quédome co Madrid.
4º - Que prefires Nadal ou Samaín?
Eva – Nadal, gústame moito esa época do ano.
4º - Que prefires, un restaurante de alto nivel ou un churrasco coa familia?
Eva – Claramente, un churrasco coa familia.
4º - Praia ou piscina?
Eva - Prefiro a piscina, a praia só para pasear, porque non me gusta a area.
4º - Cal e a túa canción favorita?
Eva - Escoito todo tipo de música, agás rap, mais se teño que dicir algún grupo diría Los chikos del Maíz eMarea, son os que máis me gustan.
4º - Tes algunha mascota?
Eva - Si, teño tres gatos.
4º - E xa para rematar, querémosche facer unha pregunta. Que consello lle darías a unha rapaza que quixera ser árbitra de Fútbol Sala?
Eva - Eu diríalle que estude moito e se forme neste mundo, para ter os coñecementos necesarios para poder refutar a calquera xogador/a que proteste por algunha tarxeta.
4º - Moitas grazas por atendernos e responder a todas as nosas preguntas e cuestións. E
xa sabedes: ser árbitra de Fútbol Sala non é un traballo só para homes.
O Plan Dixital de centro é un documento a través do cal analizamos a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida, defínese un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión.
O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través da formación do profesorado neste aspecto -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.
Dende este punto de partida, neste curso 22-23 o equipo do plan dixital do centro implementamos o plan deseñado e establecido no curso anterior, centrándonos nun primeiro obxectivo que era familiarizarnos cos dereitos de autoría e diferentes licenzas de uso, tanto para a creación de materiais como para o uso de recursos ofertados en internet.
Concretamos, trala análise do contido vinculado coa temática, a elaboración dun documento interactivo no que se recollen as boas prácticas no uso e creación de recursos dixitais, no referido aos dereitos de autoría.
Abordouse dende a perspectiva do profesorado e do alumnado, transferindo esta creación a todos os espazos do centro, para facilitar o acceso a estas recomendacións e a un banco de recursos, creado de xeito paralelo para facilitar a uso de recursos con licencia CreativeCommons (CC).
Como todos os plans e proxectos de centro, este plan é un documento “vivo” que imos configurando, mellorando e implementando á par da realidade na que nos desenvolvemos.
Un dos grandes retos deste curso foi a aprobación e posta en marcha do Programa Polos Creativos, que supuxo unha enorme dotación tecnolóxica e dixital, con algunhas ferramentas xa coñecidas pola comunidade, achegadas dende o programa de biblioteca creativa (robótica, radio escolar, electrónica, deseño e impresión 3D…) e outras moitas totalmente novidosas.