1 minute read

TRÍPTICO ELABORADO POLO EQUIPO

A participación neste programa supón ampliar os horizontes da creatividade todo o lonxe que desexemos e implica reconducir a formulación didáctica cara a unha perspectiva de comunidade colaborativa, na que todos os membros temos moito que aprender e moito que ensinar, perspectiva dende a que se pretende fusionar o ámbito familiar e escolar a prol do desenvolvemento das competencias STEAM.

Advertisement

Este amplo paraugas que simboliza o plan dixital, ampara unha gran parte das actuacións do nosos equipos docentes, como son por exemplo o equipo TIC que durante o curso estase a centrar na creación de repositorios de recursos para docentes, como no deseño e execución de actividades co alumnado vinculadas co pensamento computacional, a suxestión de retos STEAM vinculados co PDI “A Idade Moderna”, que artella o uso de recursos tecnolóxicos como apoio para o desenvolvemento de diferentes tipos de coñecementos, artísticos, científicos, matemáticos, tratamento da información,… Igualmente as propostas da biblioteca creativa, teñen un estreito vínculo co eido dixital, actividades como a continuidade de programación de radio xa establecida, e a creación doutros programas novos. O achegamento a ferramentas ou recursos dispoñibles como son diferentes tipos de robots, circuítos electrónicos e eléctricos, con pequenos obradoiros por parte dos docentes ou persoal alleo ao centro, xornadas de reflexión sobre o uso das redes e achegamento a un uso responsable das mesmas, son algunhas das múltiples actividades levadas a cabo baixo a estratexia dixital.

A meirande parte das conmemoracións a nivel de centro contan coa implementación ou desenvolvemento de actuacións ligadas ao ámbito dixital, presentacións en croma, creacións de vídeos, titoriais, presentación de contidos,

Este plan establécese como un eixo vertebrador das actuacións do centro e ao que todos debemos contribuír para mellorar por e para todas e todos.

This article is from: