1 minute read

ATA SEMPRE,COLEXIO DE SAN MARCOS!

Next Article
DESPEDIDA DE 6º A

DESPEDIDA DE 6º A

Nesta etapa das nosas vidas que vai rematar queremos contar as nosas vivencias no San Marcos, que é o colexio que nos viu medrar.

A maioría de nós estivo nas clases laranxa e amarela. Cando chegamos ao colexio todo nos parecía moi grande e facíamos cousas moi interesantes como aprender a contar cos dedos ou o abecedario cunha canción.

Advertisement

Nestes anos fixemos unha excursión a Marcelle que nos gustou moito. Cando rematamos esta etapa organizáronnos unha graduación porque xa eramos maiores e iamos para o edificio de primaria e, sobre todo, para o seu patio.

En 1º e 2º de primaria aprendemos a sumar e a restar. Tamén nos ensinaron as táboas de multiplicar cunha canción e a maioría de nós, cando tiñamos que ler, pareciamos robots. Un día, nunha das clases, déronnos cartos de xoguete e moitas e moitos de nós pensabamos que eramos ricos.

Nestes anos aínda iamos en bus ao Souto e a final de curso visitamos a granxa de Xanceda.

En 3º de primaria chegou a COVID -19 e tivemos que confinarnos nas nosas casas. Pasamos os días entre as videochamadas cos nosos mestres e mestras e, a dicir verdade, moitas horas de videoxogos.

En 4º de primaria volvemos ás aulas con máscaras e separación entre persoas. Foiano estraño pero superámolo.

En 5º de primaria as cousas foron mellorando pouco a pouco. Empezamos a traballar con ordenadores, o colexio estaba en obras e ese ano fomos de excursión a Betanzos e, sobre todo, ao Aquapark de Cerceda. Alípasámolo moi ben.

Ao longo destes cursos comezamos a facer programas de radio, obras de teatro e en 6º levamos a cabo un obradoiro de cinema que nos gustou moito.

En todos estes anos déronnos clase moitas mestras e mestres cos que aprendemos, bailamos, rimos, xogamos, choramos, emocionámonos e, sobre todo, medramos como persoas.

Todas e todos imos botar moito de menos este colexio xa que grazas a elcada un é como é.

Ata sempre!

This article is from: