1 minute read
DESPEDIDA DE 6º A
Cando entramos por primeira vez no colexio tiñamos unha sensación estraña, era unha mestura entre nervios, felicidade e tristeza porque botabamos de menos aos nosos pais.
Con nervios, presentámonos nas clases de infantil, as nosas mestras foron Diego na clase amarela e Susana, Adriana, Vanesa e Julia na clase laranxa. Nesta etapa fomos de excursión á Casa Grande de Xanceda e a Marcelle. Tamén gozamos de moitos obradoiros, clases de psicomotricidade e dos momentos no comedor.
Advertisement
Despois pasamos a primeiro ciclo. No edificio dos maiores! Tivemos de mestras a Lucía e a Cristina en primeiro curso e a Óscar e a Lucía en segundo. Comezamos a ler mellor, a escribir en minúsculas, sumar, contar, etc.
En terceiro empezou a pandemia da COVID-19, o 13 de marzo de 2020 foi o derradeiro día que estivemos no colexio. Despois as clases foron por videochamadas e correos electrónicos. Tras isto comezamos cuarto de volta no colexio pero sen poder ver o sorriso dos nosos compañeiros/ as. Tivemos que respectar as novas normas:máscara, distancia de seguridade, xogar só entre nós, etc. Neste ciclo incorporáronse á nosa clase Lía e Lara.
Cando comezamos quinto deixamos de empregar libros para empregar ordenadores. O noso titor, Ricardo, dábanos leccións de mecanografía. Neste ano visitamos o Aquapark de Cerceda. Foi unha experiencia xenial!
Para finalizar a nosa estancia no colexio, comezamos sexto co noso titor Eloy. Tamén se incorporou un novo compañeiro, Nemo. Neste ano traballamos moito, fixemos moitas actividades, xogos e presentacións para prepararnos ben para o instituto. A finais de curso iremos de excursión a Madrid.
Parece mentira que haipouco estiveramos vendo aos de sexto dende a varanda de infantile agora somos nós as maiores e os maiores do colexio. Un soño cumprido!