ANDAINA 22

Page 19

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste 2022, naceu o 27 de agosto de 1903 no Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Marchou a Palencia e licenciouse en dereito na Universidade de Valladolid. Despois volveu a Galicia e tivo unha gran actividade cultural. Foi neste momento cando comezou a escribir poemas e artigos en xornais. Cando comeza a Guerra Civil foxe a través de Portugal cara a Francia. Ao rematar o conflito e comezar a ditadura decide marchar para México, onde desenvolverá a maior parte da súa vida. Alí mantén contacto con moitos galegos e galegas, funda a revista Vieiros e segue escribindo poemas sobre a zona de Valdeorras e sobre o mundo do viño. Florencio falece na casa dun fillo seu en California no ano 1987. Son obras súas Bebedeira (1934), Galicia infinida (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986).

5º B

18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.