ANDAINA 22

Page 2

Querida Andaina, temos unha nova que contarche: Estamos de aniversario, 50 anos, nada menos que medio século! Cantas cousas terán acontecido nesta escola durante todo este tempo, cantos nenos e nenas que foron e seguen a ser parte desta gran familia . E como foron cambiando as cousas! Tivemos diferentes leis educativas, diferentes formas de traballar, chegaron os ordenadores... pero o que nunca cambiou foi a ilusión dos mestres por ensinar e dos nenos por aprender. Lembras cando chegou Marquiños? Que asustado estaba ao principio cando se agochaba na biblioteca para escoller os libros que máis lle gustaban e para escoitar aos mestres que, con tanta ilusión, lían contos aos nenos e nenas que aprenderon a gozar de cada personaxe, de cada historia... Agora é un máis da casa e ademais está especialmente feliz porque este ano vai estrear un novo espazo. Lembras aquela pequena biblioteca que tiñamos e que maxicamente acababa medrando cada día un pouco máis para acoller as diferentes actividades? Ímola botar en falta porque foron moitas as vivencias alí acumuladas, risas, bágoas, contos, tantas lembranzas... pero non vai ser distinto a partires de agora. Teremos unha nova biblioteca, mais grande, na que estarán integrados todos os proxectos que se desenvolven no centro e que ás veces tiñamos espallados por falta de espazo. Agora vai ser, en todos os sentidos, o corazón do noso cole, ese corazón que, con cada latexo, provoca e espalla as emocións e os sentimentos que nos moven cada día a seguir adiante Estamos moi ilusionados e queremos compartir esta celebración con todos vós. Agardamos que poidades acompañarnos para lembrar vellos temos e soñar con outros novos...

Gloria Rodríguez Doel (Directora)

Un ano máis chega unha das datas máis especiais para o

Sumario

Equipo de Dinamización da Lingua Galega: o Día das Letras Portada

Galegas. É un pracer para nós formar parte deste agasallo

Presentación

01

que recibides hoxe nos vosos fogares, un obsequio na nosa

Infantil

02

lingua. Un presente no que emocións, lembranzas e vivencias

Primaria

08

se van entretecendo ao longo das follas.

Entrevista

16

Nos últimos anos un dos nosos obxectivos principais é o

Letras Galegas

18

de dar presenza á lingua galega no día a día da nosa escola,

PDI

20

polo que as actividades e propostas que realizamos van en-

Equipos

22

camiñadas cara a que o corazón do noso centro latexe cada

Plans Proxecta

34

50 aniversario

40

Pensamos que a lingua é unha das mellores herdanzas

Pasatempos

42

que nos deixaron e que nós podemos deixar. Que o galego

Despedida

43

sexa festexado hoxe e todos os días do ano.

Contraportada

día que pasa un pouco máis en galego.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Maika Rodríguez Domínguez (Coordinadora EDLG)

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.