Diciamos onte… Esta frase pronunciada hai tanto tempo por Fray Luis de León venme á memoria porque alá polo ano 2003 Andaina inicia o seu camiñar como unha revista anual. Agora, quince anos máis tarde, chega ao número 18 e quen escribe estas letras acompañouna no seu camiñar dende ese afastado número 3. Durante todo este tempo moitos foron os cambios que houbo, o paso do tempo e a influencia das novas tecnoloxías fan que a súa cara sexa moi diferente á daqueles comezos… O que non cambiou nada neste tempo é a ilusión de quen ten a fortuna de maquetala, vendo como, ano tras ano, os nenos e nenas do colexio enchen as súas páxinas para amosar o seu traballo. Tamén é preciso lembrar e agradecer aquí o traballo de tantos mestres e mestras que pasaron polo colexio ou que aínda permanecen nel. Sen a súa axuda e colaboración dificilmente podería chegar a esta maioría de idade. Grazas a todos e todas. Camiñante non hai camiño… agora é Antonio Machado o que me axuda a rematar.
Querida Andaina: Xa deixaches pegadas, podes volver a vista atrás, pero o teu futuro está por diante, terá que escribirse paso a paso, curso a curso, ano a ano. As persoas pasarán, pero ti... ti seguirás levando a todas as casas o que se fai nesta escola
José Miguel Blanco Fernández—Director SUMARIO Portada Primeira
01
Presentación
02
Ed. Infantil
04
Ed. Primaria
12
Entrevista
22
Letras Galegas
24
Compoñemos
28
Equipos
35
Mulleres
44
Proxectas
46
Pasatempos
54
Despedida
55
Contraportada
Como dicía unhas liñas máis arriba o noso director, citando a Antonio Machado: “camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar” E aquí seguimos un ano máis dende o EDLG no camiño de compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura. Como ben sabedes esta revista é un compendio de moitas das cousas que se fixeron ao longo deste curso 2017/18 neste centro. Pero non é só iso, é un recurso máis para dinamizar e normalizar a nosa lingua, a fermosa lingua de Breogán.
Coa esperanza de cumprir este obxectivo e que resulte do voso agrado dámosvos a benvida a este novo número de Andaina.
Diego G. Agilda Pedreira Coordinador EDLG
1
Querida Andaina: Redacto estas liñas para ti, agora que estamos a piques de celebrar o teu 18 aniversario. Como pasa o tempo! Xa son dezaoito! Se foses unha moza xa terías alcanzado a maioría de idade… e, se cadra, así é: non es unha moza pero tes o espírito de todos os mozos, mozas, homes e mulleres que te foron dando forma ou que te leron ao longo destes anos… Por iso levas un pouco de todos nós e todos nós levamos un pouco de ti. Dezaoito anos medrando, e os que virán… Dende aquelas primeiras presentacións de recén nacida, con fotocopias e arame, deica o que agora es, fermosa, colorida e ben feitiña… Mellorando, por dentro e por fóra a cada ano que pasaba, igual que todos e cada un dos mozos e mozas que por ti pasaron. Igual que eses meniños e meniñas que non perden nunca o que son, pero se van enriquecendo co que aprenden, co que lle gañan á vida, ti tamén fuches mellorando… Así es ti: segues a ser o resumo do vivido cada curso na nosa escola, amosando as cousas que o alumnado viviu e traballou ao longo destes meses. Segues a ofrecernos as súas creacións, as súas ideas e os seus traballos, que podemos ver nas seccións que cada nivel vai ocupando cos traballos colectivos, ou os individuais que algúns alumnos queren presentar (algúns só para o seu desfrute – como debuxos ou poemas – e outros para que todos poidamos participar – como a sección de pasatempos que elaboran – ). Tamén, ao longo destes dezaoito anos fuches mellorando no teu labor como cronista da nosa escola, recollendo o devir das actividades escolares que, coma ti, tamén foron ampliándose a medida que se desenvolveron novos proxectos. Como sempre, resumes para todos os que te len as nosas celebracións tradicionais, como o MAGOSTO (que toda a escola prepara coa colaboración desinteresada do Sr. Claudino e os seus familiares, e das nais e pais que axudan a picar as castañas que logo Luis asa no patio), o concurso de POSTAIS DE NADAL, do que sae a felicitación anual para toda a Comunidade Educativa, o propio FESTIVAL DO NADAL ou o ENTROIDO, que este ano desfilou polas rúas de Abegondo por segunda vez (tendo que recoñecer que vai ser moi difícil que se poida mellorar nos vindeiros anos… pero intentarase!).
2
Nas túas páxinas inclúes tamén as conmemoracións propias do mundo educativo, nas que todos participamos para entender que, e por que, se celebra: O DÍA DA PAZ. O DÍA DA MULLER, que este ano se dedicou as pioneiras, en especial as da nosa contorna. O ANIVERSARIO DA NOSA ROSALÍA, que recibiu como agasallo os poemas de todo o colexio. O DÍA DO LIBRO, no que celebramos non só a beleza da Literatura, senón as figuras máis destacables da literatura mundial, como Cervantes o Shakespeare. A SEMANA DAS LETRAS, que este ano se dedica, por primeira vez, a unha extremeña, filla de castelán e andaluza, criada en Barcelona e Madrid e casada cun valenciano e un cubano, pero amante e defensora de Galicia, a súa cultura e a súa lingua, como se pode ver nos comics que recolles. No teu contido non nos faltan nunca eses espazos que reflexan o noso día a día, o resumo de todos os proxectos nos que se participa e mellora cada ano, como Axenda21 – que sempre terá a impronta do noso benquerido Javier Quintas Cardelle – ou eses outros que ti viches nacer e medrar despois de ti, como a aposta polas NOVAS TECNOLOXÍAS (TIC´s); ou o PROXECTO DE PLURILINGÜISMO… e todo isto sen deixar de lado esa visión tradicional pero eterna que aporta o fomento da lectura dende o equipo da biblioteca, coas actividades do PROXECTO LECTOR, os CLUBES DE LECTURA e a MOCHILA VIAXEIRA. Tamén, dende hai uns anos, colaboras con todos nós para que coñezamos mellor ás persoas que inflúen no cotián (pero non menos importante) a través da ENTREVISTA que fai o alumnado de 4º, e que este ano nos presenta a faceta máis humana de Rosa, a cociñeira que prepara a deliciosa comida que desfrutamos todos os días. Por último, e para rematar esta carta, lembro como ti rematas cada ano as túas páxinas incluíndo a DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º, que nos deixa para continuar a súa andaina nos institutos aos que marchan… Aí están para sempre, e para sempre te levan aí… a carón dos seus corazóns. GRAZAS POR TODO, MIÑA ANDAINA… NOSA ANDAINA… FELIZ ANIVERSARIO!
Abegondo, 17 de maio de 2018
Felix Asensio Fernández
3
4
5
Ed. Infantil 4 anos A
6
7
E. Infantil 4 anos B
8
Educaciรณn Infantil
9
5 anos A e B 10
5 anos A e B
11
12
13
2ยบ A 14
Quen dixo que non se podía xogar coas palabras? En segundo, como xa sabemos ler e escribir bastante ben xogamos con elas. Deste xeito facemos rimas, adiviñas, inventamos os nosos contos, falamos, escribimos sobre as nosas vidas… Finalmente descubrimos os ACRÓSTICOS unha forma nova de xogar coas palabras nas que se pode ler algo en vertical e tamén en horizontal. Animámosvos a que probedes a xogar na casa, na escola, no parque, xa que como di Wittgenstein: “as fronteiras do meu mundo son as fronteiras da miña lingua”. Xogade e non teñades medo de traspasar as fronteiras.
15
11111 17 16
17
Falamos de RosalĂa ...
18
da súa vida e da súa obra
3º A 19
20
21
Rosa é a cociñeira do Colexio. Todos os días esforzase para que nos guste a comida, preocúpase de que todo saia ben e sempre que baixamos á cociña para recoller una bandexa amósanos o mellor dos seus sorrisos. Grazas polo teu traballo.
Si, soñaba con ser mestra ou con ser outra cousa pero os soños tamén van cambiando. A súa nai foi cociñeira? Gústalle cociñar?
Non, cociñaba para os da casa.
Si, moito.
Cantos anos levas na escola?
Cando aprendiches a cociñar?
Cinco anos.
Sobre os 16, 17 anos xa empecei a Por que quixo vir a este colexio?
cociñar.
Porque me gusta traballar con nenos
De pequena xogabas a ser cociñeira?
e na cidade onde vivo non había nin-
Si.
gunha praza e dixéronme que este
Quen che ensinou a cociñar?
colexio era moi “guay” e non o dubi-
A miña nai.
dei e estou moi contenta.
A que anos comezou cociñar?
Traballaches noutros sitios?
Sobre os 16, 17 aínda que antes xa em-
Si, en moitos sitios, traballei en case
pezara dar os primeiros pasos.
tódolos sitios da Xunta, sempre na
Por que se dedicou á cociña?
contorna da Coruña.
Porque me gustaba moito.
Cal é o prato que máis che custa
Canto tempo leva cociñando?
cociñar?
Toda a vida, case.
A pizza.
Lembras o primeiro prato que cociña-
Canto tempo che leva cociñar para
ches?
tódolos nenos?
O primeiro prato que cociñei eran unhas
Pois unhas 4 horas.
croquetas e saíronme moi mal.
Cal é o prato que máis che gusta
(Pregunta unha nena se se lle queimaron
cociñar?
e Rosa contesta:
A lasaña e a pizza (os nenos confir-
Como non sabía a masa non ligou ben e
man a resposta con asentimentos de
houbo que tiralas.)
que están de acordo).
Tiñas outro soño a parte de ser coci-
Cal é o prato que pensas que fas
ñeira?
mellor?
22
Tiveches outro traballo aparte de ser Gústanche os nenos? cociñeira?
Si.
Si, traballei nun comercio de calzado Cal é a túa comida preferida? moitos anos.
A lasaña.
Fuches a algún concurso de cociña?
Tiveches algunha estrela Michelín?
Non.
Non.
Gústache ver programas de cociña na
Gañaches algún premio de cociña?
televisión?
Non.
Moitísimo, gústanme todos.
Gústache
A que hora saes da escola?
acompañada?
Sobre as catro da tarde, catro e media,
Acompañada.
depende dos días.
A que anos te vas xubilar?
Traballaches algunha vez nun restau-
Aos 65.
rante?
Que pensas facer cando te xubi-
Non.
les?
Dime algún prato que non saibas coci-
Seguir cociñando para a miña familia,
ñar e que che gustaría saber?
vivir unha vida normal, saír e pasear.
Non sei porque normalmente cando que-
Prefires ter amigos cociñeiros ou
ro cociñar un prato miro nas revistas e
que non o sexan?
infórmome e acabo facéndoo.
Dáme igual, gústame estar con xente
máis
cociñar
soa
ou
Despois prodúcese unha conversa entre Rosa e os nenos/as: Unha nena confirma que a receita que Rosa lle deu non sae igual na casa. Rosa ao empezar a traballar miraba a receita nun libro e ía probando na casa e multiplicaba os ingredientes e foi tenteando, como saen ben as cousas é equivocándose é a maneira de mellorar. Os nenos comentan que por que non hai marisco na comida, e Rosa coméntalles que non e aconsellable para os nenos o marisco pero, iso si, o que se compra é de moita calidade, moi nutritivo e cousas de temporada. Un neno pregúntalle se na cociña ela limpa e cociña, Rosa contéstalle que son un equipo e que todas fan de todo, cociñar, limpar, fregar,... e cada semana unha está nun sitio e van rotando. Sorpréndense de saber que só son 4 para cociñar para todos. E interésanse por saber cando comen, se o fan despois e Rosa coméntalles que comen antes ao mesmo tempo que os/as coidadoras/es. Pregúntanlle quen elixe o menú, e contesta que veñen unhas pautas da Xunta, vendo o que lles gusta aos nenos, falando con María Xosé. E con isto despedimos a Rosa cun forte aplauso e agradecéndolle o traballo que fai para todos nós.
Alumnado de 4º Nivel
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
“A miña relación coa lingua galega é unha historia de amor”. Estas palabras dicía María Victoria Moreno, muller á que se lle
dedica
este ano o Día das Letras Galegas,
Mais que unha historia de amor romántico debemos entendelo como unha historia de compromiso cunha Este é o compromiso deste equipo, dinamizar e potenciar o amor pola nosa lingua e cultura, xa que, como ben dicía Castelao, “ningún idioma alleo, por ilustre que sexa, poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas do-
Diego G. Agilda Pedreira
35
Como cada ano os que formamos parte do equipo de biblioteca seguimos a traballar tratando de mellorar pouquiño a pouco os servizos que ofrecemos. Este ano aventurámonos cos carnés dixitais que levan incorporado un código de barras que fai que o servizo de préstamo e devolución sexa moito máis rápido e eficaz. Tamén nos gusta estar atentos ás últimas novidades editoriais para enriquecer
Ao longo do curso contamos coa colaboración do profesorado e de todos os alumnos e alumnas que sempre teñen ganas de compartir cos demais as súas
Tivemos a sorte de contar recentemente coa presenza dun contacontos que fixo gozar aos máis pequenos
Ledicia Costas, a creadora da ben coñecida cociñeira Escarlatina, estivo co alumnado de
36
Andrea Maceiras estivo cos nenos e nenas de 5º para comentar o libro que leron no primeiro tri-
E tamén este ano temos un proxecto de centro que parte da biblioteca, que actúa como fío condutor. Este curso quixemos traballar sobre O CAMIÑO INGLÉS. Para tratar este tema dende diferentes puntos de vista contamos con varias visitas, todas elas moi interesantes e enriquecedoras.
José Manuel profesor de arquitectura da UDC falounos das construcións e a paisaxe que podemos atopar no camiño e ensinounos a mirar sempre as
Carlos falounos do seu proxecto WATER LIFE para recuperar as fontes do camiño inglés e así aforrar aos peregrinos o peso das botellas á vez que contribuímos a coidar o medio ambiente. Todos eles fixe-
37
38
Como ven sendo habitual estes últimos anos, durante todo o curso traballamos en torno a un tema común que nesta ocasión foi O CAMIÑO INGLÉS. Consideramos que sería interesante traballar este tema porque daba a oportunidade de enfocalo dende moi distintos puntos de vista e daba tamén a oportunidade de traballar a nosa contorna dende outra perspectiva, non só dende o noso punto de vista, o punto de vista dos integrantes desta paisaxe, senón ta-
mén dende o punto de vista do peregrino, do foráneo que pasa polas nosas terras e coñece as nosas xentes. A primeira toma de contacto foi coa contorna, as características xeográficas do camiño inglés, os lugares polos que pasa, construcións relevantes que se poden atopar, ou os sinais do camiño . Tamén aprendemos sobre a flora e fauna que acompañan ao camiñante por este trazado . E como non!, tamén nos ocupamos da figura do peregrino, tratando de descubrir que motivos poden levar a alguén a facer unha pe-
O camiño tamén
estivo presente nos nosos bos desexos para o Todos os nenos e nenas do colexio, dende os máis pequenos ata os máis grandes, empezamos o noso camino en Abegondo.
Tamén aprendemos onde temos que empezar o camiño, que vilas ou aldeas atoparemos, canto tempo nos levará cada etapa ou
Os cabaleiros da Orde de Santiago, os músicos do Pórtico da Gloria, os sinais do camiño e os animais do bosque acompañaron aos nosos peregrinos de 1º e 2º
E ata fixemos marcapáxinas que deixamos nos albergues con mensaxes para os peregrinos!! Esta é unha mostra do noso traballo. Pero hai moito máis. Convidámosvos a botar unha ollada ao blog da biblioteca!! Ata pronto e BO CAMIÑO
39
Gerry foi durante este curso o noso auxiliar de conversa! É irlandés, de Dublín. Esta é a primeira vez que contamos cun auxilar non americano e realmente foi unha experiencia enriquecedora que nos axudou a agudizar un novo acento que nunca tiveramos ocasión de E como estabaEn Arts & Crafts fixemos moitas cou-
mos inspirados
sas. : aprendemos a relaxarnos facendo
decidimos facer
os nosos propios
tamén un manda-
mandalas. Saíron
la por nivel para
traballos real-
decorar o noso
mente impresio-
comedor. Para darlle un toque especial,
nantes.
empregamos alimentos que nos cederon na
Fixemos os nosos propios instrumentos musicais para o entroido e non foi tarefa doada!! Eran instrumentos medievais, os que están a afinar os Mestres do Pórtico da Gloria e empregamos para isto os cartóns nos que veñen os iogures que comemos
Fixestes algunha vez un “graffiti”????? Porque nós estrenámonos este curso!! E na parede do
Grazas á axuda de Jose tamén tivemos
Concello, nada menos. Pero non pensedes que foi
máis dunha comunicación por Skype con
unha gamberrada eh?? Pois non. Tivemos a sorte
Diego, o profe de E.F. que está en
de que nos invitasen Suso e Marcos para axu-
U.S.A. Cos seus alumnos puidemos falar
darlles a
deco-
rar
unha
pa-
rede.
Foi
xenial!!
e intercambiar experiencias e traballos
E aquí vos deixamos ata o curso que vén no que esperamos contar moitas máis cousas e incluso algunha novidade con E.I. ...
Gloria Rodríguez Doel
40
A21, un labor con e para o futuro Este curso, dentro do Proxecta A-21 EG,tivemos unha novidade importante: a xubilación de Javier Quintas Cardelle. Este compañeiro foi coordinador de A21 dende o ano 2008 ata o 2017, iniciou a concienciación entre o alumnado e a comunidade escolar da importancia da reciclaxe e loitou por ela durante todos eses anos. Queremos ter un recordo en agradecemento polo seu traballo. Nesta nova Andaina continuamos co proxecto de recollida selectiva iniciada anos atrás, mantendo a mesma dinámica de separación de lixo e engadindo posibles variantes sobre o propio proxecto que redunden positivamente nos obxectivos do mesmo. Dentro das fraccións de lixo que se recollen no centro (papel, cartón, aceite doméstico, pilas, cartuchos de tinta, móbiles, restos de comida, tapóns solidarios e envases de plástico) queremos dar a coñecer a importancia que ten particularmente a reciclaxe do plástico. Pode que non se saiba, pero cada vez que se come, bebe ou incluso respira estamos tragando plástico. É certo que son partículas minúsculas, pero a exposición permanente a elas pode supoñer unha ameaza aínda descoñecida para a nosa saúde. E é só unha pequena parte dos problemas que xeran os 25 millóns de toneladas de residuos deste material que cada ano se producen na Unión Europea, do que só se recuperan un 5%, o que literalmente supón tirar ao lixo entre 70.000 e 105.000 millóns de euros anuais. Reciclar un millón de toneladas de plástico evita o CO2 emitido por un millón de coches. Temos que impedir que os plásticos sigan chegando á auga e aos alimentos para rematar no noso organismo. Se non cambiamos, no 2020 haberá máis plásticos que peixes no mar e a única solución a longo prazo pasa por reducir os residuos incrementando a súa reciclaxe e reutilización. Por iso dende A21 do CEIP Plurilingüe San Marcos seguimos traballando para fomentar no alumnado do centro a concienciación da diminución de lixo, da reciclaxe e da reutilización; xa que está nas mans deles poder ter un mundo mellor e máis saudable. É preciso que coñezan e que neles se cree o hábito de practicar as “RRR”(Reciclar, Reducir, Reutilizar) para evitar o deterioro ou destrución do medio ambiente. Queremos seguir coa pequena, pero importante, aportación que facemos dende o noso colexio cando separamos, recollemos selectivamente e reutilizamos co obxectivo de axudar a solucionar o problema do Planeta e procurar para as xeracións futuras un mundo que, cando menos, non sexa peor que o actual. Grazas e parabéns ao alumnado que aforra e reutiliza papel, grazas e parabéns aos nenos e nenas que se esforzan separando o lixo nas aulas e no patio e que o depositan na papeleira axeitada e grazas aos que colaboran de bo grao na recollida do mesmo durante todo o curso.
Coordinadora do Equipo A21 Ana Muíño García
41
#algomaisqueciencia #quenfaique
Science
Technology
Engineering
Mathematics
Ciencias
Tecnoloxía
Enxenería
Matemáticas
A finais do curso escolar anterior plantexouse a posibilidade de incluír contidos relacionados coa robótica, programación e construcción nos niveis de 4º, 5º e 6º.
Ao principio deste curso, a Consellería de Educación convocou un proxecto de innovación educativa no que facilitaba aos centros material e formación para desenvolver proxectos STEM (ciencia, tecnoloxía, enxenería e matemáticas). Neste proxecto planOUTUBRO 2017—Inicio e presentación do proxecto
Programación. Scratch. Scratch é unha aplicación que permite crear pequenas animacións, xogos e interaccións. Esto é así grazas a unha linguaxe de programación. Esta linguaxe de programación é semellante a empregada na programación de robots. Con esta aplicación o alumnado superou diferentes retos e realizaron traballos sobre o camiño de Santiago.
Construción Tentamos que o alumnado coñeza diferentes posibilidades partindo do máis próximo, que neste caso se trata do seu Concello. A partir desta premisa: diferentes tipos de mapas, lendas e interpretación dos mapas, escalas, construción de maquetas e aplicación na vida real e en deseño para imprimir en 3D.
Robótica. Trátase dun inicio á robótica de xeito lúdico. Nun primeiro momento trátase de ser quen de mover o robot para despois ser quen de programa para realizar pequenas accións. Por exemplo construír unha canastra e que contabilice a puntuación cada vez que hai anotación.
42
TICs
#algomaisqueciencia #quenfaique
Club de ciencias Familias...
Aula informática—Renovación de equipamento grazas ao Concello de Abegondo
Club de ciencias—Presentamos a...
Club de ciencias—Experimentos e exposcións
Impresión 3D—Obradoiro CEE Lourdes + Traballo proxecto
Traballo coas Tablets
Colaboración das familias
Planisferio eduCaixa
Robótica en Infantil
Wisibilízalas
43
44
45
Os nosos proxecta...
Trátase do proxecto que se desenvolve entre o
alumnado de 4º nivel de educación infantil e 5º nivel de educación primaria, enmárcase dentro do Plan Proxecta, concretamente no programa Mobilidade Segura e Sostible, co fin de fomentar valores solidarios de colaboración así como desenEstrutúrase en tres bloques que corresponde cada
un deles a un trimestre. No primeiro, comezamos por coñecer ao amigo/a que ía ser o compañeiro/a de viaxe ao longo deste proxecto. Despois de emparellarse e de coñecerse un pouquiño máis, os maiores compartiron a lectura de contos co seu amigo pequeno favorecendo así a seguridade, confianza e a integración dos nenos/as de Outras experiencias que compartiron foron: a saída ao souto, o Magosto, o Samaín e o percorrido dun tramo do Camiño de Santiago que pasa polo noso concello. No segundo trimestre, gozaron dunha xornada de convivencia cunha saída pola contorna do noso colexio. Os nenos/as de 5º explicáronlles aos máis pequenos algunhas nor-
46
Dado que o 30 de xaneiro se celebra o Día da Paz e a non violencia escolar foi un bonito día para xuntarnos e intercambiar mensaxes que traían os nenos de quinto por abrazos que da-
Non cabe dúbida que axudar aos demais desenvolve actitudes de colaboración, valoración e respecto polos iguais. Traballar estes valores non é sinxelo no noso día a día pero incorporando este tipo de experiencias lógrase que os nenos e nenas de-
O Colexio Emilia Pardo Bazán de A Coruña leva un proxecto coma o noso e invitámolo a unha xornada de convivencia aproveitando o tempo que dispuxemos do Planetario. Foi una xornada moi agradable e Andaina publica o seu agradecemento: Querido CEIP “San Marcos” de Abegondo. Grazas por acollernos no voso colexio, por explicarnos como funcionaba unha impresora 3D e ensinarnos un chaveiro feito con ela. Xa nos dixeron que se podería facer casi calquera cousa. Grazas por levarnos ao voso planetario, gustoume moito a proxección que vimos, foi moi interesante e entretida. Grazas por darnos de merendar e por representarnos a peza de teatro e o baile, foi moi divertido vela feita doutro xeito a como a fixemos nós. E para rematar grazas por levarnos dar un paseo por Abegondo, gustoume moito o voso grafiti con cousas moi distintas e orixinais. Un saúdo. Uxía Cascales López 5º A
María Isabel Vázquez Teijeiro.
47
48
Antonio RodrĂguez Castro
49
50
51
52
53
54
DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º A Falando entre nós, vimos como estes anos nos deixan lembranzas parecidas. Coma outros antes, tócanos este momento triste de dicir adeus ao que foi a nosa vida ata o de agora… pero tamén temos ilusión (e non imos negar que un pouquiño de medo) polo que vén.
<< Lembramos todos os cambios que supuxo a escola na nosa vida… e como evolucionamos. En Infantil gustábanos ter xoguetes dentro da aula, que podíamos usar ao rematar os traballos. Logo, xa en Primaria, lembramos as excursións que nos encantaban… Tamén recordamos con cariño aos titores e titoras que tivemos: Estela, Margarita, Olalla, Carina, Sonia, Rocío, Mercedes, Adriana,ou Félix e, por suposto, a todos os que nos deron algunha especialidade … >> Beltrán, Jorge, Martín M. e Yago. << Cando chegamos ao “cole” con tres anos a nosa primeira excursión foi ao souto, que logo repetiriamos todos os anos como parte da celebración do Magosto. Ao ano seguinte remataron o edificio de Educación Infantil, e a nós tocáronnos as clases azul e verde. En 1º de EP, repartíronnos en dúas clases distintas ás de Infantil. Con Carina, 1ºA e 2ºA, e con Sonia e Rocío 1ºB e 2ºB. En 3º e volvéronnos mesturar: algúns con Mercedes e outros con Adriana, para moitos de nós foron os mellores cursos de todo o colexio. Logo chegamos aquí (5º e 6º). Foi un cambio moi grande porque agora temos que traballar cos ordenadores… e estudar moito máis! >> María, Uxía, Carla B. e Paola. << Cando chegamos e nos ensinaron a escola o que máis nos impactou foi o comedor, porque parecía infinito. Alí José, o cociñeiro de antes, facía una comida moi rica… pero que quede claro que tamén está rica agora! Con 3 e 4 anos estivemos con Estela ou Margarita, e con 5 anos con Olalla ou Luisa. Faciamos actividades moi “chulas”, como plantar garavanzos nos vasos de iogures de Xanceda. No cambio a Primaria fixemos unha “graduación” onde nos puxeron uns birretes que caían a cada rato! Estabamos tan nerviosos daquela como agora que marchamos para ESO… >> Marina, Aitana, Ian, Yeray e Martín B. << Comezamos en Infantil e, coma nun círculo vital, rematamos na mesma aula. Todo foi evolucionando a medida que medrabamos: en 3º empezamos o traballo con libretas, nas clases de Mercedes e Adriana, e en 5º e 6º, con Félix e Lourdes, novo cambio cos ordenadores. Nunca esqueceremos a etapa máis bonita e que marcou a nosa andaina. Queremos darlle as grazas a todos os profesores e compañeiros que tivemos neste camiñar. >> Carla G., Francisco, Hugo Muíño e Hugo Mantiñán. << Foron moitas as cousas que vivimos nesta escola: todos os cambios dende o baño coa parede e a porta transparente deica usar pizarras dixitais e ordenadores, que foron toda una revolución. Temos momentos especiais un pouco máis “gravados”, como o “Mr. Potato” de Carina ou cando na clase de música toleabamos cos instrumentos e soaba horrible… pero encantábanos! Que tempos cando o xardín de Luís era un areeiro no que xogabamos, e como enchoupaba coa auga! >> Dana, Daniela, Alba e Nicolás.
55
56