Andaina 2011

Page 1

Clara Iglesias 3º– B



Xa pasou outro ano e Andaina volve ás vosas mans. Esta vez o seu “aspecto” é o mesmo que o do curso anterior con pequenos retoques que imos facendo co paso dos números. Teño que dicir que este ano o importante está no seu contido porque ademais das seccións de sempre nas que contamos saídas, traballos, contos, actividades como a A21, informática, etc., atoparedes no seu interior noticias sobre o que para o Colexio significa unha nova andadura na procura de ofrecer ao seu alumnado o mellor de cara a súa formación: falamos de linguas e de novas tecnoloxías. Seccións Bilingües e Proxecto Abalar, comezaron a camiñar este curso; estamos a dar os primeiros pasos e para avaliar resultados haberá que esperar un tempo. Felicidades a todos polo traballo realizado.

José Miguel Blanco DIRECTOR

ÍNDICE Introdución …………………….

1

Presentación …………………..

2

O Magosto ……………………...

3

O Samaín ……………………….

4

“As Letras Galegas”, este ano adicada a

O Nadal …………………………

8

Lois Pereiro (Monforte 1.958-1.996).

Día Da Paz ……………………...

12

O Entroido ……………………..

14

Despois da andaina dun ano, que espero

Letras Galegas …………………

18

me fixera mellorar por eso do paso do tem-

Mapa de Abegondo …………..

22

po, xa son 11!, traiovos, agochado nas miñas

A Entrevista …………………….

24

Proxectos do Centro …………

26

- Axenda 21 ……………….

27

- Biblioteca ………………..

28

- Abalar …………………….

30

- Sección Bilingüe ……….

33

todos e todas participamos, disfrutamos e

Saídas …………………………...

36

aprendemos.

Varios ……………………………

40

Pasatempos …………………….

44

Despedida ……………………...

46

O noso colexio ………………...

48

E. N. D. L. Ola! Chegou a Festa das Nosas Letras

páxinas, unha escolma das ilusións e do traballo do alumnado e profesorado do noso colexio. Trato de mostrarvos as festas, tradicións, exposicións, saídas… nas que

Vémonos dentro dun ano.

Graciñas a todos

1


Outro ano máis… e unha nova “Andaina”. E aquí estamos: para introducir, a modo de resumo, o que foi este camiñar ao longo do “Curso 2010 – 2011” Empezamos por un “adeus”, que podedes convertir nun “deica logo” se non nos esquecedes a nós nin aos anos que compartimos neste “barco”… Estou, por suposto a falar dos alumnos de 6º que empezan unha nova etapa na súa formación. Pero a vida segue, coas súas rutinas. Como aconteceu este ano con todas esas cousas que se repiten ciclicamente, que forman parte do transcorrer dun curso escolar: Coma todos os anos, tamén neste celebramos o noso Magosto, a nosa festa do Samaín, o noso Festival de Nadal e Entroido… Coma todos os anos, fixemos as nosas Conmemoracións, esas que nos lembran que somos parte dunha Comunidade que quere vivir en Paz, e que temos unha cultura que nos enriquece a través das nosas Letras e outras moitas manifestacións (lembra, senón, a marabillosa exposición sobre o traxe galego, como coñecimos máis a nosa xeografía e como vivimos esa riqueza cultural e espiritual que é o Camiño no seu tramo polas nosas terras). Ademais do que se traballou sobre todo o anterior tamen poderás atopar, ao ler estas páxinas, como continuamos cos proxectos iniciados noutros anos, e nos que todos participades, coma “Axenda21” e o “Plan Lector” – que desenvolveu a deliciosa experiencia de integrar a alumnos e profesores de diferentes niveis, facendo partícipes a todos da beleza da lectura compartida e da tradición oral –, e as opinións e experiencias vividas polos alumnos nas diferentes saídas escolares que se realizaron ao longo do ano. Pero se hai algo que destacar especialmente neste curso que remata, foron a chea de novidades que se produciron nel. Este foi un ano que marca un antes e un despois na historia da nosa escola: a implantación do “Proxecto Abalar” no 5º curso como Centro “piloto” e o inicio da “Sección bilingüe” no 3º Ciclo coa ampliación das materias impartidas na lingua de Shakespeare, contactos con outros Centros adscritos a este proxecto, e intercambios e viaxes do alumnado de 6º a raíz do mesmo. Tamén, neste número que tes nas túas mans, saldamos unha débeda moral que tiñamos pendente: Adicámoslle a nosa enquisa ao Sr. Claudino que tanto tempo leva axudándonos desinteresadamente a que a nosa festa do Magosto sexa un éxito ano tras ano. Por último, agradecervos a todos – especialmente a D. Roberto Vázquez, profesor que este ano non estivo no Centro, pero participou grandemente na miña realización – a vosa colaboración para que eu siga existindo e mellorando cada novo curso. Espero que disfrutedes de cada unha das páxinas que veñen a continuación!

2


Na festa do magosto recollemos as castañas, asámolas e comémolas: Ñam, Ñam, Ñam, que ricas están. Nerea Torras Garrijo 3º A

Leo Rodríguez E.I - 3 años B

Diego Carracedo E.I - 3 años A

Brais Martínez

3


3 AÑOS

Irene Carracedo E.I - 5 anos A

Silvia Díaz E.I - 5 anos A

O alumnado de educación infantil fixemos este conto viaxeiro, inventámolo e decorámolo. Os nenos e nenas de 3 anos comenzan a escribir esta historia que vai pasando por as aulas de 4 e 5 anos, ata rematala.

Conto Viaxeiro: “A Bruxa Maruxa”

1 A bruxa Maruxa vivía nun souto, cun gato mouro voaba voaba coa súa vasoira 3 anos A

dourada.

2

Un día a bruxa no medio do souto atopou unha cabaza moi grande nun montón de follas, era a cabaza Nicolasa, e díxolle: “ Ven, lévote a dar unha volta polo mundo na miña vasoira ”

3 anos B

4


-A

E a bruxa Maruxa levou na súa vasoira ao

3

gato mouro, e a cabaza Nicolasa a ver mundo, chegaron moi preto das nubes e dende aló avistaron Abegondo, Crendes, San Tirso … e sorpresa !! o CEIP SAN MARCOS … Puxéronse moi ledos pois …

4 anos B

… Pois viron a xente moi coñecida, pero

4

de súpeto chocaron cunha árbore… Cataplum!!! Caeron e a súa vasoira dourada estropeuse. A bruxa choraba pero de súpeto escoitaron un ruido entre as árbores… Era a pantasma Bule Bule

5

4 anos A

A Pantasma díxolle que non se preocuparan porque él e os seus amigos, a Abella Pepa, a rá Pascuala e o gato Papelote axudarían a arranxar a vasoira.

5 anos A

6

Unha vez arranxada …. A bruxa Maruxa ó souto os levou, A bruxa Maruxa á festa os convidou, A bruxa Maruxa con todos o celebrou. E sabedes que festa celebraron? A festa dos sustos divertidos !!!!

5 anos B

5


No colexio seguimos a celebrar o Sama铆n para profundizar nas ra铆ces celtas desta tradici贸n galega. Baleiramos e decoramos cabazas nas nosas aulas. Con elas fixemos unha exposici贸n na biblioteca que puido visitar todo o colexio.

Naiara Barros E .I - 3 anos A

anos B Malena Reino E.I - 3

6


Nos corredores colgĂĄronse murais sobre a MitoloxĂ­a Galega con personaxes coma Xoan Chosco, O home peixe etc... realizados polos alumnos/as de cada nivel.

7


Alumnos/as 1ยบ ciclo

8


Desexos de Nadal

Julio Vรกzquez 1ยบ- B

Hugo Vicente 1ยบ - B B 1ยบ e t n ice go V

Hu

9


Máis actividades do Nadal Celebramos un festival de Nadal coa participación de todos incluída a visita do Carteiro Real. Decoramos as portas coas postais feitas por cada clase e como xa todos recibistes a postal de felicitación, axuntamos unha pequena mostra doutros traballos ... os B

E.I - 4 an

4º - A

1º - B

6º - A

10


Adiviñas

Alumnos/as 1º ciclo

Refráns

Alumnos/as 1º ciclo

11


Rebeca de la Fuente - 3ยบ B

Candela Ruiz - 3ยบ B

12


En verán, calor. En inverno, frío. En primavera, flor. E neste mundo, paz e amor. Alegría, amizade, e sobre todo, igualdade. Todos somos bos amigos, pero ás veces, un pouco desagradecidos. Non fai falta, ser moi guapos, nin moi altos, nin moi baixos, solo ser… bos compañeiros!.

PAZ O PAÍS DA

or. nde hai am Un lugar o n hai guerras, r, nde no ver o horro Un lugar o amos que ñ te n o n e s e qu axa pelexa a a guerra ao pasar. o seu fogar. Que non h d e qu eix Z. ando atrás e sair deix zar unha vida en PA u q a ñ te n o e n p m te e n r e e Que a x r para pod rcía 3º- B Estela Ga ixe de mata e d e s e u Q

Nerea Sánchez 4º– A

A paz é o amor e qu

e non haxa rencor.

A paz é un mundo aparte, cheo de amor, amizade, tranquilidade . . . e nese mundo, todos son amigos de todos: negros, brancos… todos xuntos como irmáns.

Candela Ruiz 3º- B

, A paz é amor r, a paz é quere e, a paz é bondad ade. e tamén amiz -A Laura Roade 4º

Samuel Delgado 3º- B

Qué é a paz? Cando un é bo rapaz sempre dexesa a paz. Todos buscamos a felicidade e tamén a nosa tranquilidade. A xente non qu ere liortas porque non son correctas. Vamos en busc a do amor e xa non temos ningún temor.

O dia trinta de X aneiro é o día da Paz pero eu querría qu e todos os días foran de Paz. Que non houbese guer non roubar, nin ar ras mas, nen cousas de us ar que nos podan m atar. Eu o que quero é que todos sexan felices e que vivan a Paz.

Iria Otero

ar, da paz O día querer e am izade e m hai qu igos con a e abrazar, m r facer a arar de bica a paz. d p a í n d o o en é e x o eh porqu 3º– A

Laura Rey 3º– B

njurjo Noa Sa

Para min a Paz é estar ben con to das as persoas, Facer amigos e am igas novas, compa rt ir e querernos. Todos debemos falar sen enfadarn os así o mundo estaría mellor. Clara Iglesia s 3ºB

3º– A

Un mundo sen guerras é un mundo mellor con alegría e sen temor para que saia o amor e todos xuntos cantar. Amiguiños vide todos a xogar que as guerras acabáronse xa. Vivamos todos xuntos en armonía e así teremos un sorriso cada día. Noemí Barros 4º– A

13


O Entroido ten as súas raíces na Idade Media. Sen embargo, a crenza popular relaciónaa cos inicios das festas entroideras as Saturnalias romanas. Máscaras e disfraces, teatro, música, grandes xantares e inversión dos comportamentos e das xerarquías sociais son as declaracións máis frecuentes destos días. Na Idade Media celebrábanse unhas xornadas durante as cales estaba permitido facer todo aquello que na Cuaresma estaba prohibido. Celebrábase tamén o cambio de estación, o paso do inverno a primavera. O Entroido máis antigo procede de Roma, douscentos anos antes de Cristo xa se celebrara esta festa en honor ao deus Apolo. A festa acabou siglos despois, cando os cristiáns chegaron a Cidade Eterna (Roma) e decidiron suspender a celebración e instaurar no seu lugar a Cuaresma, durante un período de corenta días que sirve para preparar a festa cristiana de Pascua, e dicir, a resurrección de Xesucristo, o fillo de Deus. En Galicia o Entroido ten a súa base en Xinzo de Limia, Laza e Verín. Entre os personaxes tradicionais do Entroido Galego destacan os “cigarróns”, que datan do século XV, en Laza chámanse “peliqueiros”. Galicia acolle un dos Entroidos máis antigos do mundo!. Pero outras partes acollen diversos persoaxes como os típicos “choqueiros” na provincia da Coruña ou os “boteiros” en Viana do Bolo e coma istos moitos máis. O martes de Entroido é o último día desta festa particular, aínda que moita xente alargao ata o domingo seguinte, nel, segundo a parte de Galicia que pertenzas, celébrase de diferentes maneiras, por exemplo: a queima da sardiña, que se celebra en Ourense, ou o testamento do burro, en Laza... Pero en todas partes de Galicia coinciden que o Entroido é unha festa de diversión e burla. Lorena Naveira 6º A

Mardi Gras – New Orleans (U.S.A) O Mardi Gras (“martes de graxa”) era unha celebración que se realizaba en París dende a Idade Media, e se inician no Novo Continente a partir da chegada dos exploradores franceses que chegaron ao río Mississippi. As celebracións inicianse desde moi cedo o día de “Mardi Gras” (3 de Marzo). As peñas maioritarias organizan desfiles, como no distrito de Uptown, o desfile de Zulu pasa primeiro seguido polo desfile de Rex; os dous rematan na rúa Canal. Outras peñas, que contan con poucos membros, organizan marchas e pequenos eventos, coma os Pair-oDice Tumblers que van dun bar a outro durante todo o día.

14


O Carnaval de Cádiz É un dos carnavais máis antigos e famosos do mundo. Existen numerosos datos sobre el que confirman que xa a finais do S. XVI as festas, tal como as coñecemos hoxe, tiñan un gran arraigo entre os gaditanos. De feito, ao longo da súa historia, as autoridades intentaron prohibir esta celebración por causa do seu carácter de forte crítica contra os poderes establecidos, pero os cidadáns mantiñan a súa celebración incluso na clandestinidade. Tamén foi mantido en momentos de serias crisis sociais coma o asedio a cidade durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. A forza deste carnaval era tal, que incluso foi o primeiro en ser permitido durante a dictadura do xeneral Franco, xa en 1.947. Ademais da vistosidade dos seus disfraces, o elemento que máis caracteriza este carnaval e a realización das “chirigotas” por parte das agrupacións participantes: Consisten en cancións de carácter crítico e cómico compostas por os participantes que compiten así por facer da propia a preferida de cada ano. O “Carnaval de Cádiz” irmanouse co outro famoso carnaval español, o de Santa Cruz de Tenerife, no ano 2.010, e está considerado Patrimonio Cultural.

O Carnaval de Tenerife O Carnaval de Santa Cruz de Tenerife soubo sobrevivir na historia a pesar das innumerables prohibicións ás que foi sometido. O pobo “chicharrero” non permitiu que lle arrebataran a súa festa, loitando e celebrándoa clandestinamente. Con máis de douscentos anos de historia, a súa evolución vén marcada por os cambios sufridos na sociedade. No principio, os bailes e festas organizábanos (de xeito privado) as familias ricas da illa e as distintas sociedades de tipo recreativo y social. Á poboación xeral se lle prohibían bailes, bromas e máscaras na vía pública. Aínda así, a xente seguía divertíndose e celebrando a festa de maneira totalmente improvisada. Foron os conquistadores chegados a Tenerife a mediados do s. XV quen levaron as tradicións ligadas coa festa do Carnaval, que xa se celebraba en todos os dominios da Coroa.

Carnaval de Río de Janeiro ( Brasil ) O carnaval de Río de Janeiro é un dos máis famosos do mundo. Se ben o calendario relixioso indica que o periodo de carnaval comeza o 6 de Marzo, o carnaval de Brasil realízase anualmente corenta días antes da Pascua por o que, habitualmente, esta celebración (máis próxima á festa profana que ao evento relixioso) ocurre en Febreiro ou incluso en Marzo. O carnaval de Río de Janeiro é o maior acontecemento de cultura brasileira, e atrae turistas de todas as partes do planeta. A tradición nace na segunda metade do século XIX, e o primeiro desfile oficial foi en 1.932. Finalmente, dende 1.984, transcorría por o que se coñece hoxe coma a “pasarela Profesor Darcy Riveiro” na que se concentraban milleiros de participantes e espectadores. Na actualidade realizase nun gran espazo coñecido como “Sambódromo”, onde se exhiben os espectaculares atuendos e danzas organizados polas “escolas de Samba” (que se poderían equiparar coas peñas ou cofradías do noso “Entroido”) e os espectadores posúen o seu espazo para admirar o desfile.

Alumnos/as de 3º ciclo

15


O Entroido en Abegondo

Ed. Infantil

Ed. Primaria 2ยบ ciclo

1ยบ ciclo Ed. Primaria -

- 3ยบ ciclo Ed. Primaria

16


POSTRES DO ENTROIDO ROSQUIÑAS Ingredientes:

FOLLAS DE LIMOEIRO Ingredientes:

3 ovos Raiadura de un limón ½ vaso de aceite ¼ vaso de leite ¼ vaso de azucre Unha copa de anís Un sobre de lévedo A fariña que admita para unha masa coa que se poidan facer rosquiñas Preparación: Mestúrase todo e fanse unhas rosquiñas que se friten en aceite.

200 grs. de fariña ½ vaso de leite 6 ovos Follas de limoeiro Azucre moído Aceite Preparación: Mestúrase a fariña co leite e logo engádense os ovos batidos ata obter unha pasta fina na que se meten as follas de limoeiro ben limpas, escúrrensen de xeito que lles quede a menor cantidade de pasta e frítense no aceite. Cando estean douradas retíranse e salfírense co azucre.

FLORES Ingredientes:

ORELLAS Ingredientes:

150 grs. de fariña 2 decilitros de leite temperada 1 ovo unha culleradiña de azucre unha copa de anís ou coñac unha culleradiña de lévedo en po sal, azucre moído e canela

800 grs. de fariña 2 ovos 1 vasiño de anís 100 grs. de manteiga de vaca derretida 1 vaso de auga temperada Sal e azucre Aceite para fritir

Preparación:

Preparación:

Ponse a fariña nun recipiente e engádese o sal, o azucre, o licor e o ovo, mestúrase cun decilitro e medio de leite e deixase repousar. Quéntase o molde no aceite e métese na masa. Cando estean douradas retíranse do molde e deixanse decorrer. Repítese a mesma operación ata que acabemos a masa. Cando enfríen salfírense con azucre moído e canela.

Mestúrase a manteiga de vaca coa auga temperada, engádense os ovos, o sal e o anís e vaise incorporando a fariña ata que forme unha masa que se traballa moito para que quede con liga. Estírase, córtase en rectángulos e frítese en abundante aceite. Salfírense de azucre.

FILLOAS DE LEITE Ingredientes: ¼ l. de leite ¼ l. de auga 4 ovos Unha culleradiña de canela Sobre 200 grs. de fariña Un chisco de sal

CHULAS Ingredientes: 6 ovos 1 sobre de lévedo 1 chorro de anís un chisco de sal un vaso de leite Preparación:

Preparación: Bátense os ovos co sal e a canela. Mestúranse co leite e a auga. Poco a pouco vaise engadindo a fariña ata obter unha pasta solta. Déixase repousar un pouco e xa está lista .

Bater as xemas cos demais ingredientes e engadir as claras a punto de neve. Cóllese a masa cunha culler e bótanse en aceite quente. Unha vez douradas retíranse e salfírense con azucre.

Alumnos/as de 3º ciclo

17


A SÚA VIDA:

18


A SÚA OBRA (I):

19


A Sร A OBRA (II):

Alumnos/as

4ยบ

A- B

20


O TRAXE TRADICIONAL GALEGO: No afán de achegarnos cada día un pouco máis á nosa tradición, organizamos unha exposición do traxe tradicional galego coa aportación, por parte do alumnado, de pezas que nos permitiron ter unha variedade e calidade moi considerable, posibilitando a visita de todo o colexio organizada por niveis e horas para disfrutar todos do valor da mostra. Grazas pola vosa colaboración.

21


O NOSO CONCELLO: - Para que fixemos o mapa? Para saber en que lugar de Abegondo vivía cada neno da clase. - Foi interesante facelo? Sí, porque agora cada neno e nena vai saber donde vive o seu compañeiro, e vamos a coñecer máis os nomes das parroquias do noso Concello. - Como fixemos o mapa? Fixémolo a ordenador mirando a Enciclopedia Galega. - Como foi a experiencia? A experiencia foi fantástica, vimos as parroquias, colocámolas no mapa e o interesante dos seus barrios. Coloreamos cada parroquia dunha cor e fixemos un cadrado nas marxes da mesma cor e ao lado puxemos os barrios correspondentes. Tamén puxemos o número de habitantes que viven alí (datos recollidos do 2.008). - Como sabiades onde estaba cada pobo? Porque estaban divididos por líneas, sabiamos cantos barrios tiña cada pobo consultando na Enciclopedia. Alumnos/as 4º B

22


Alumnos/as 4ยบ B

23


O magosto é unha festa que todos os anos celebramos no Colexio de San Marcos. Nela todos os nenos observan o asado das castañas. Nas aulas falamos dos soutos, dos castiñeiros, das castañas e todo o que rodea a esa celebración que en Galicia ten un significado especial. Ademáis de todo o dito, desde hai uns cantos anos, todo a alumnado do colexio vai visitar un souto e apañar as castañas que dan os seus castiñeiros. Esto é posible grazas a amabilidade de Don Claudino Barrós, dono da finca e que nos deixa ano tras ano pasar unha agradable mañán facendo o percorrido a pé para disfrutar dun fermoso souto na súa compaña. Por eso ademáis de agradecerlle as atencións que ten co noso Centro, trouxémolo ao colexio para facerlle a entrevista que tedes a continuación. Vaia por adiantado o noso agradecemento.

- Naceu vostede en Abegondo? Si, nacín en Abegondo na parroquia de Sarandóns. - Onde vive? No lugar de Calvelos en Abegondo. - Cal foi a súa profesión? A miña actividade principal sempre estivo adicada á agricultura, aínda que ao longo da miña vida tamén tiven outros traballos. - Gústalle a natureza? Claro que si, porque traballando na agricultura aprendes a amar a natureza. - Como se lle ocurriu plantar o souto? Entre outras cousas porque o castiñeiro e unha árbore desta terra, ten boa madeira e da un froito moi apreciado en Galicia: a castaña. - Tivo algún como referencia? Non, simplemente o fixen polas razón de antes. - Cando empezou a plantar? Desde que tiña vinte anos planto todo tipo de plantas e árbores. - Ten distintos tipos de castiñeiros? Si, porque non os plantei todos á vez.

24


- Cantos ten plantados? No souto que vós visitades hai máis de 400 árbores. - Gústalle o traballo do souto?. Suponlle moito esforzo o seu coidado e mantemento? Por suposto que si. En canto ao esforzo que require o seu coidado variou moito co tempo. Agora á miña idade xa hai outras persoas que coidan del, eu tamén fago algunhas cousas. - Que uso lle da ós produtos do souto? As castañas son para dar. Ademais do voso Colexio, tamén veñen colexios de A Coruña. Tamén as dou a todos aqueles veciños que as queiran. A madeira sobrante utilízase para queimar. - Ten plantacións doutro tipo de árbores? Como xa dixen antes sempre me gustou ter moitas especies e, noutras fincas, teño moitas clases de árbores, na súa maioría frutais: maceiras, limoeiros, pereiras... - De quen foi a idea de que os nenos/as vaian coller castañas? A partires dun comentario os Mestres puxéronse en contacto comigo para ver o souto e eu dixenlles que tamén podían apañar castañas para o seu magosto. - Dende cando nos deixa coller castañas? Xa levan vindo uns cantos anos. Deben ser sete ou oito. - Van outros coles coller castañas? Si, algún de A Coruña. - Nós coas castañas facemos un magosto. Cando vostede era da nosa idade tamén o facían? Claro que si, aínda que non eran como os de agora. Lembro que na aldea chamámoslle “jamusto” e coas castañas facíase un caldo. - A xente que visita o souto faino con responsabilidade? Polo xeral si. A xente ven disfrutar e trata ben ao souto. Algunha vez alguén fixo mal, pero eso ocurría con xente que entraba a propósito para facer iso. - Ten alguna anécdota curiosa do souto? O máis curioso foi cando entraron uns xabaríns. Había xente polo souto e víronos cara ao fondo. O gracioso foi que os xabaríns seguiron a súa ruta sen asustarse e como se non pasase nada.

Sara Cadaveira, Angélica Pérez, Nerea Leiras, Álvaro Rey - 5º

25


26


AXENDA 21 RRRR Non, non é o arranque dos motores dunha carreira de motos ou de coches, nesta ocasión queremos falar sobre os catro erres. Seguro que algún de vós xa oístes falar, polo menos, dos tres erres. Se é así, pensaredes en cal será o significado do último erre; e, en caso contrario, podedes enterarvos dos catro significados se chegades ao final desta lectura. O primeiro deles, significa REDUCIR. Isto implica ser menos consumistas e máis selectivos á hora de mercar. Todos somos consumidores e deberíamos pensar na necesidade ou non de moitas das cousas que mercamos, en buscar alternativas máis sostibles e rendibilizar os produtos que se merquen. O segundo dos erres quere decir REUTILIZAR. Isto supón que hai obxectos que se utilizan unha vez se poidan volver a utilizar máis veces, algúns destes obxectos poden ter un uso para outro cometido diferente para o que foi fabricado. Chegamos ao terceiro desta cuádrupla. Neste caso o significado é RECICLAR. Reciclar é volver utilizar as materias primas dun produto unha vez usado, co obxecto de producir de novo ese mesmo produto ou outros diferentes que sexan aptos para outros usos. Isto trae como consecuencia organizar un sistema de recollida selectiva de lixo e que o consumidor (todos nós) se mentalice da súa necesidade e actúe como corresponde. E, por último, o máis importante: REFLEXIONAR. Este é o significado que lle outorgamos ao últimos dos erres. Nós, como seres humanos temos a capacidade para poder elexir de xeito intelixente. Se realmente facemos este exercico de reflexión, decatarémonos de que o razoable é aprender a reducir, reutilizar e reciclar. Deste xeito contribuiremos a que a vida no planeta sexa máis sostible. Javier Quintas

27


BIBLIOTECA Había unha vez un lugar 

No

lugar había 4 paredes. Cando ninguén andaba pola contorna

saían das paredes, silandeiramente, sen facer ruído, animais linguas

princesas

que non precisaban

de príncipes para ser felices.

Aparecía moscas choscas

gatos moi especiais

Aparecía merlas

e moi amables

ll

e coe os brancos

capaces de enganar o raposo

arañas que tecían as súas teas entre as esquinas das paredes daquel lugar para atrapar nela a todo aquel animal que tivese a desgraza de deixarse enredar nos seus fíos.

28


Naquel lugar, cando a araña abandonaba a súa tea para descansar adurmiñada

tres bruxas

aproveitaban para osmar por todas partes.

Naquel lugar cando as bruxas desaparecían cansas de osmar un enorme zampón sempre disposto a encher o bandullo deixábase ver 

Naquel lugar rata, galo, can, burro, cocho, e outros animais saían facer teatro aburridos de permanecer quietos entre as letras dunhas páxinas.

Naquel lugar voaban merlos, por veces brancos e por veces negros.

Nese LUGAR cando UN RAIO DE ELECTRICIDADE saía COMO LÓSTREGO cara a unha das PAREDES

Acontecía ISTO

e isto

e isto

e isto

E colorín colorado este conto está rematado…dun bocado. E colorín colorete polo cu saíu un foguete. E aquí acaba este conto con pan e pementos todos contentos. E colorín colorou este conto rematou.

Sofía Arrebola

29


ABALAR Estamos a poucos meses de rematar un novo curso escolar. Para o colexio de San Marcos o curso no que nos atopamos trouxo un cambio importante en varios aspectos do mesmo: novo edificio de educación infantil, sección bilingüe, programa de inmersión lingüística e…. Proxecto Abalar. Deste último imos falar. Xa hai varios anos que o CEIP “San Marcos” apostou polas novas tecnoloxías incorporando ao seo proxecto docente o uso da informática, tanto en tarefas de apoio á función docente como aprender a manexar os diferentes aparellos informáticos e algún dos seus programas de cara a familiarización e a posterior utilización dos mesmos noutras etapas educativas. Durante varios cursos a aula de informática foi un lugar visitado e usado por todo o alumnado, desde o primeiro curso de infantil a sexto de primaria durante unha hora semanal. Coma sempre que se empeza un camiño houbo que salvar dificultades, poucos equipos, medios precarios, internet recibíase con dificultade, etc. Máis adiante a Consellería de Educación cableou todo o Centro e iso supuxo unha importante mellora na forma de traballar. Agora a rede estaba moito máis accesible e o traballo en liña podíase facer sen dificultade. Paralelamente a aula foi medrando e xa contabamos con 17 ordenadores o que facilitaba que cada alumno dispuxera dun equipo para el so. Ademais a aportación de equipos novos deunos a posibilidade de ir dotando de medios informáticos a algunhas das aulas. As maiores dificultades nese momento atopamolas na utilización de equipos audiovisuais xa que a falta de espazos no Centro, polo aumento de alumnado, obríganos a utilizar permanentemente a biblioteca, non moi grande, co conseguinte traballo de montar e desmontar cada vez que se facía algunha actividade. E así chegamos ao curso pasado; aparece a convocatoria do Proxecto Abalar e decidimos que sería bo solicitalo pois podería supoñer un salto cualitativo nese antigo obxectivo de traballar nas e coas novas tecnoloxías. Durante o último trimestre do curso recibimos a nova da nosa selección.

30


A partir de ahí comeza outro capítulo desta historia. Un capítulo apaisoante e, como non, cheo de dificultades e incertidumes. Profesorado e alumnado atópanse cunha aula na que de frente hai unha pizarra dixital interactiva co seu canón, que despraza ao encerado de toda a vida, e tamén un ordenador persoal para cada alumno. Os medios técnicos xa estaban na aula, agora era o equipo humano o que tiña que poñer en valor o uso das novas tecnoloxías e aplicalas á súa labor docente. Teño, neste momento, que salientar a ilusión e o esforzo persoal que todos puxeron en adquirir os coñecemento mínimos para traballar cos medios informáticos e á vez superar os problemas que sempre aparecen en toda actividade que da os seus primeiros pasos. Fomos dos primeiros centros en recibir e poñer en funcionamento o equipamento e iso supuxo un esforzo adicional pois á nosa bisoñez uniuse ter que ser unha especie de banco de probas de todo o entramado. Agora mesmo, pasados uns meses, temos a seguridade de que si estamos subidos a un tren que nos leva por un bo camiño, que aínda queda moito por facer, pero que todas as cousas requiren o seu tempo. Demos pois tempo ao tempo para ver os resutados. Un recordatorio para todas as familias de alumnos de quinto nivel: o portal da Consellería de Educación no espazo adicado ao Proxecto Abalar facilita a posibilidade de coñecer diversos aspectos escolares dos seus fillos. Xa fora do proxecto Abalar pero moi ligado ao mesmo durante este curso propuxémonos mellorar a nosa páxina web e tamén facilitar o traballo do alumnado a través de aulas virtuais. Para rematar este repaso salientar asimesmo que grazas a recuperación de espazos coa posta en funcionamento do edificio novo para infantil, agora podemos utilizar medios audiovisuais axeitados en diferentes aulas grupais como poden ser a aula multiusos de infantil, biblioteca, aula de audiovisuais e aula para inglés. José Miguel Blanco

31


Facendo camiño

Así estamos agora, e creo que así nos sentimos alumnos e profesores dende que este tren botou a andar… Coma os pioneiros do vello oeste das películas, loitando e sufrindo por cada raíl que colocamos nesta vía: ás veces Presentación de “ABALAR” atopando dificultades que non esperabamos, ás veces dubidando que facer, ás veces errando no camiño e tendo que voltar a un punto anterior e ás veces, por que non dicilo, sentindo nostalxia deses “vellos carromatos” que nos levaban co seu ritmo e as súas carencias pero que, á fin, nos facían chegar… Levamos case un curso de innovación, de descubrimento, de curiosidade, dunha nova forma de aprender. Cremos neste proxecto, vivímolo… E queremos saber máis. Queremos usalo mellor, aprendendo dos erros e potenciando as virtudes. Queremos disfrutalo. Queremos facer bo ese soño (que non ten por que ser só un ideal romántico) de vivir nun mundo sen fronteiras… e moito menos as que nos impoñan o descoñecemento do noso arredor. Temos un miradoiro que nos mostra o mundo enteiro! Estamos poñendo as vías que, como as dos pioneiros, permitirán a este tren levar máis xente, máis rápido, máis cómodos e máis lonxe, ao seu mellor destino: o seu propio futuro. E estamos a facelo entre todos. Félix Asensio

32


Sección bilingüe Pois xa estamos aquí un ano máis, outro curso que chegou e que xa casi está a piques de rematar e así van, un tras outro... Pero os cursos nunca son iguais, as cousas van cambiando , debe ser que nos imos facendo vellos, ou quizáis que chega xente nova … non importa! o que importa é que temos ganas de mellorar, de mirar adiante e coller o tren das novas ideas, das novas tecnoloxías, o tren do futuro. Non queremos quedar apalancados, porque nos gusta o que facemos e impórtanos moito o noso medio de traballo, os nosos rapaces, que debemos preparar para ser homes e mulleres que van ter que lidiar con moitas dificultades no futuro. Un dos temas que nos preocupa é o da lingua extranxeira, que consideramos vai ser arma indispensable nos mundos que corren e por iso este ano aventurámonos e comezamos probando co terceiro ciclo, cos rapaces de 5º e 6º, que teñen unha sección bilingüe en plástica. A experiencia está resultando francamente positiva e, se podemos e nos deixan, seguiremos adiante con ela e ampliarémola a máis cursos. Este curso, ademais, aumentamos un caderniño para traballar na área de inglés, un caderno de ciencias, no que os rapaces veñen traballando unha vez á semana. Tamén era unha proba, un experimento que non sabiamos como había resultar pero, temos que dicir que estamos encantados cos resultados, e, por suposto, seguiremos adiante con el. Ás veces os rapaces sorpréndennos coas súas respostas ante as innovacións e sentímonos realmente orgullosos por iso Así que, aí estamos, probando, experimentando ... algunha vez poida que nos equivoquemos, é normal, somos persoas, pero nunca dubidedes que sempre pensamos nos rapaces e no que é o mellor para eles. Gloria Rodríguez

33


Ola! Somos os nenos de 6º e queremos contarvos a nosa experiencia no Guijo de Ávila (Salamanca), onde pasamos unha semana estupenda cun proxecto de inmersión lingüística. De camiño ao noso destino, visitamos Zamora, onde comemos e visitamos a zona vella e un castelo moi antigo. Pola tarde, saímos de Zamora e recibíronnos en El Guijo con moito agarimo. Instalámonos nos bungalows e fomos cear. Ah! Falando da comida, non era o mellor de todo, que digamos, pero… algo é algo. Fixéronnos un exame para dividirnos en grupos e asignarmos un mestre que nos falaba sempre en inglés. E así diariamente tiñamos que ir a clase, non pensedes que nos libramos. Faciamos todos os días actividades moi chulas. A que máis nos gustou foi a de piragüismo, pero tamén fixemos tiro con arco, escalada... aínda que o certo é que na que máis rimos foi na de sendeirismo, porque un dos rapaces cataláns, Jairo, caeu na lama e perdeu a zapatilla. Tiñades que ver como volveu do paseo!!! Os nosos compañeiros de aventuras eran un grupo de Barcelona, da escola L´SPLAI. Tivemos con eles os nosos máis e os nosos menos,sobre todo con temas de amores... pero pasámolo ben e acabamos facendo moi boas migas. De feito, estamos trazando unha viaxe a fin de curso para ir visitalos!!

34


Cada día tiñamos clase pola mañá e pola tarde, ademais das actividades de ocio (tamén en inglés) e as veladas, que resultaron ser moi entretidas e variadas, cada día faciamos algo distinto. Un día xogamos a xogos de adiviñas , outro día xogamos á busca do tesouro polo cámping adiante, coas luces apagadas... tamén tivemos un FACTOR –X no que fixemos unha obra de teatro e cantamos unha versión “tuneada” da virxe de Guadalupe...pero , o mellor de todo , foi a DISCO MOVIDA. Foi a última noite e tivemos discoteca ata cerca da unha. Foi moi divertido ver bailar “hip hop” a Carlo, un dos nosos teachers e tamén ver bailar a Carina, Gloria ou a Óscar e Clara, os mestres cataláns. A despedida foi algo triste. Ao final houbo máis dunha bágoa. Choramos case todos, ata os mestres e case que os monitores. !!! Na viaxe de volta leváronnos a visitar a cidade de Salamanca. Aínda que viñamos moi

cansos, gustounos moito. Custounos moito atopar a ra na fachada da catedral pero valeu a pena.Vimos a casa das cunchas, a Plaza Mayor, o xardín de Calixto e Melibea.. Alumnos/as 6º A - B

35


Dende o colexio organizamos, coma todos os anos, distintas saídas para completar a formación académica do noso alumnado. Aquí tedes unha pequena mostra ...

O CAMIÑO DE SANTIAGO: O día 22 de setembro fomos a facer unha parte do Camiño de San tiago, os de terceiro ata sexto curso. Cando iamos camiñando pasaron peregrinos que son persoas que tamén fan o Camiño de Santiago. Despois de camiñar dende Vilacoba paramos un pouco e merendamos. Seguimos facendo o camiño ata Mesía e alí comemos. Vimos un estanque con ras e os nenos querían collelas. Dende alí voltamos para o cole en autobús. Gustoume moito ir cos meus compañeiros e compañeiras. Clara Iglesias - 3º B

VIDEOCONFERENCIA: Onte fomos a unha videoconferencia ao concello disfrazados de indios Quechua e falamos co colexio de Celanova que ían disfrazados de gárgolas. Presentámonos e eles tamén. Logo explicamos como ían os indios Quechua e como son as gárgolas. Iván Trujillo – 4º A

36


MUSEO DE BELAS ARTES: 1- O alumnado de 3 anos visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña:

2- Vimos esculturas e cadros:

CADRO ORIXINAL

4- De aquí saíron as nosas obras. So3- Participamos nun

mos casi tan brillantes como Picasso:

taller de pintura:

Uxía Souto – 3 anos B

Cristina Grela – 3 anos A

37


VISITA AO ACUARIO:

Yago Paradela 2ยบ - B

38


ELABORADO: Texto: Alumnos/as 1ยบ - B Debuxos: Aarรณn Romaus 2ยบ - B

39


40


Alumnos/as - 2ยบ A

41


AS NOSAS LECTURAS FAVORITAS Os nenos e nenas de 6º B lemos un libro que nos gustou moito e queremos recomendárvolo. Trátase de Boy (relatos de infancia) do autor Roald Dahl. É un libro que nos conta anécdotas da infancia e adolescencia dun escritor chamado Roald Dahl (1916-1990). Está ambientado pois no inicio do século XX. Vainos presentando relatos da súa vida, dende a infancia ata o remate dos estudos. Hainos dende moi graciosos ata tristes, pero todos son reais. Pasáronlle cousas tráxicas como a morte de seu pai e súa irmá maior, traslados de colexios e case a perda do seu nariz debido a que naqueles tempos non había nin a ciruxía nin os medicamentos e a tecnoloxía que hai hoxe. Todo era moi duro daquela pero saíu adiante grazas a que era dunha familia rica e el era moi tenaz. Despois dos estudos contratouno unha empresa de petróleo e foi enviado a África donde adquiriu coñecementos e experiencias, entre elas a de pilotar un avión na II Guerra Mundial. Algunhas vivencias que nos conta neste libro animárono a escribir outro, “Charlie y la fábrica de chocolate”, que estamos a ler neste momento. Os capítulos que máis nos gustaron foron “o complot do rato” no que varios nenos se vingan dunha vendedora de lambetadas, e o de “tabaco de cabra” que nos conta como lle gastan unha divertida broma ao mozo dunha irmá. Con este libro podemos aprender como era a vida de fai cen anos, e impactounos porque cousas que antes pasaban , hoxe son impensables. Recomendámolo para os nenos e nenas do 3º ciclo porque é moi entretido, conta aventuras que foron verdade e apréndense moitas palabras novas porque utiliza un vocabulario moi variado.

Sergio Iglesias 6º - B

Sergio Iglesias 6º - B

42


ECOSISTEMAS Ocurréusenos facer unha película xa que estabamos dando os ecosistemas. Tamén fixemos debuxos dos nosos ecosistemas favoritos, e fixemos fotos de animais e plantas. Grabamos frases ditas por nós no ordenador, pero a última na que saiamos todos non se escoita ben. Todos actuamos moi contentos porque é moi divertido ver como queda. Cando vimos a película, todos sorprendidos, vimos: letras de cores, fotos de animais, plantas que non ceñeciamos… Creo que ademais de pasalo moi ben aprendemos moito. Alumnos/as 4º - B

Pablo Mazás

Paula Mosquera

Alexia Fernández

Daniela Rey

43


Busca os erros:

Eva Mallón

Atopa as palabras relacionadas co entroido nesta sopa de letras: festa- disfraces- choqueiros- orellas

Localiza instrumentos da orquestra: Violín, violoncello, trompa, trombón, tuba, frauta, clarinete, fagot, oboe,

entroido-rosquillas

O F S C U T S E L R

P E L H V O R N P O

R S R O B R G T O S

Q T N Q Z E L R R Q

C A I U O L S O S U

L O S E R L O I L I

A R A I O A S D U L

S T E R L S R O T L

5º - B

timbal

T O U O S T U V R A

U D I S F R A C E S

O Q W E R L

A L S D E G

R C L A R I

A D T E F G

P Z R O C S

M X O O O N

O C M B R L

R V B O N P

T B O E O B

R N N D H S

A T U A R F

A B M I T

H N B V C

N E T E L

B N S A F

V O T Z A

I F U X G

O G B C O

L L A S T

I H O D G

N T N I S

A R F D V

Noemí - 5º B

44


En 3º A fixemos rimas cos nosos nomes: Eu son Arón Gústame moito o turrón.

Eu son Miguel e son amigo de Samuel.

Eu son Antía e como moita sandía.

Eu son Nico e escarbo co pico.

Eu son Samuel e son primo de Manuel.

Eu son Iria e navego pola ría.

Eu son Cadaveira e xogo moito na eira.

Eu son Noa e viaxo en canoa.

Eu son María e traballo nunha perruquería.

Eu son Nerea e xogo coa area.

Eu son Hugo teño familia en Lugo.

Eu son Torreiro e quero ser toreiro.

Eu son Silvia e viaxo en tranvía.

SUDOKU Completa os taboleiros de 81 casiñas (9 filas por nove columnas) subdivididos en 9 cadrados enchendo as celdas baleiras cos números do 1 ao 9, de xeito que non se repita ningunha cifra en cada fila, nin en cada columna, nin en cada cadrado.

45


MOMENTOS INOLVIDABLES Cando empezamos a escola todo era esmorga, máis ao chegar a primeiro, comezaron os axetreos. Nove anos neste centro cheos de aprobados e suspensos, pero rematado sexto axiña marcharemos. Uns dicimos adeus con morriña e agarimo, e se algún de nos repite outro ano quedaremos. Iremos rumbo a Vios con renovada ilusión, mais nunca esqueceremos o colexio que de nenos nos educou con amor.

Alumnos/as

A - B

46


47


48


René Colao 3º - B

E. N. D. L. - MAIO 2011

Carmen Mª Cagiao 3º- A


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.