17 de maio, Día das Letras Galegas. Para case todos é un día de festa, de celebración, de lembrar o noso idioma. Para nós, os membros do CEIP Plurilingüe “San Marcos” de Abegondo, tamén é unha data sinalada: ve a luz a nosa revista ANDAINA. É unha revista humilde, non pretende ter unha calidade especial; aspira a amosar o camino que marcan as pegadas das botas que temos como logotipo desta publicación, un percorrido feito paso a paso durante un ano. Con ela intentamos dar a coñecer a todas as familias o día a día do colexio, o día a día do noso alumnado e tamén facer partícipe a toda a comunidade escolar das nosas inquedanzas, avances, traballos, proxectos… ANDAINA contén unha mostra do traballo persoal do noso alumnado e como mestres mostrámonos orgullosos de ofrecelo. Este número 14 xa é unha realidade. Agora mesmo nace unha ilusión de traballar para que a seguinte ANDAINA remate outro Día das Letras Galegas, será o de 2015.
José Miguel Blanco Fernández - Director EDLG
SUMARIO Portada Introdución……………..
01
Presentación……………
02
Ed. Infantil……………..
03
Ed. Primaria…………. ..
09
Letras Galegas………….
20
Entrevista………………
24
Exposición……………
28
Nos tamén creamos ……
31
Biblioteca………………
32
A 21 EG……………...
37
Proxecto Abalar………...
38
Programas coas linguas
39
Poemas, textos………….
40
Despedida………………
47
Neste novo curso a revista Andaina achégase a vós para amosar unha escolma dos traballos que, con agarimo e ilusión, fixemos entre todos. Hai saídas escolares, festas, exposición e traballos do noso alumnado. Pretendemos tamén dar a coñecer un pouco máis a Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor, que co seu dominio de boa parte das linguas europeas, pasou ao galego obras de importantes autores. Parece que chiscara un ollo aos colexios plurilingües, que coma o noso , tratan de enriquecer o dominio das linguas do alumnado día a día. Non podemos esquecer a poesía que, coma el dicía “ é unha actividade puramente artística que constitúe a forma máis perfecta de expresión dos seres humanos e as súas relacións” e que será unha escusa perfecta para coñecela e realizar os nosos propios “xogos florais” que celebraremos o Día das Letras Galegas para rememorar aquel día de 1946 no que Díaz Castro gañara en Betanzos coa súa poesía “Nascida dun soño” Quen sabe se entre os nosos rapaces e rapazas atoparemos algún escritor ou poeta? Como dicía outro gran poeta, seguiremos a nosa andaina, golpe a golpe, verso a verso, facendo camiño ao andar.
Contraportada
1
- Ola, Xan! - Ola, Marcos! Que ledicia verte despois de todo un ano! - Como che foi este curso na escola? - Pois, coma sempre, outro ano máis e outra chea de cousas vividas todo un privilexio! - Algo escoitei de que este ano rapaces e mestres traballaron arreo para preparar un novo prato mesmo mellor ca o dos outros anos. - Si. Chámase “Andaina con prebe de ilusión”, e fomos cociñándoo entre todos. - Andamos polos corredores, polas aulas, a biblioteca… e así nos fixemos con algúns dos ingredientes. O resto atopámolo fóra da escola, coas saidas e visitas dos que viñeron a ensinarnos novas cousas (pais, Concello, Garda Civil...). - Conta, conta! - Pois collemos o noso tradiciona lMagosto, coa súa saida ao souto para apañar as castañas, o concurso de “Postais de Nadal” que prepara cada clase, un Entroido cheo de contos e personaxes da nosa historia. - Aderezámolo ben coa exposición pública na que amosamos maxias e meigallos das nosas tradicións e cultura, coa que aprendemos que “habelas… hainas”. - Engadimos unhas pingas de “Día da Paz” (adicado a Nelson Mandela) e outras máis, coma o “Día do Libro” e o das “Letras Galegas” (lembrando a Xosé María Diaz Castro). - Xuntámoslle o traballo realizado nos diferentes proxectos xa habituais no Centro, como Axenda21, clubes lectores, as actividades de lectura da Biblioteca, Portfolio e as novas tecnoloxías (que se viron melloradas coa instalación nas aulas do 2º Ciclo de pantallas dixitais interactivas). - Tamén tivemos o noso ingrediente agridoce, tal como se narra na entrevista realizada a Carmen e a Sindo, que nos deixaron este ano para gozar da súa merecida xubilación… e na despedida do alumnado de 6º, que continuará a súa Andaina fóra da escola, e dentro do corazón e da memoria dos seus mestres… - Todo ben cocidiño ao longo do curso para que se deleiten todos os que queiran probar este “prato” que teñen entre as mans. - Pois iso farei, Marcos, e espero que lles resulte agradable a todos os que o van probar! BO PROVEITO!!
2
3
4
5
4 anos B
6
7
8
Alumnado de 1ยบ A 9
10
11
Novos prop贸sitos para o 2014
Alumnado de 2潞 A
12
13
14
Un chocolate moi especial Este conto que elaboramos con motivo do Día da Paz, podémolo atopar na Biblioteca do centro. Leva por título “Un chocolate muy especial” e está narrado polos alumnos e alumnas de 4º de E.P. e ilustrado por Brais Martínez.
O motivo de realizar esta actividade conxunta é a defensa da igualdade e da non violencia, a través da adaptación dun conto que transmite valores e sentimentos como a coraxe, a tolerancia ou o respecto polas diferenzas, entre outros.
Aquí estamos compartindo o conto con algúns dos nosos compañeiros.
15
O primeiro día de clase estabamos moi nerviosos, pero cando volvemos atopar a todos os compañeiros-as alegrámonos por vernos de novo. O profesor preguntounos que tal foran as vacacións, tamén nos explicou un pouco como ía ser este noso último curso no cole que empezaba. En outubro veu Ángel, que dá clase de batería en San Tirso. Fíxonos unha demostración de como se toca a batería. Asistimos a esta actividade de 4º a 6º. Cando acabou un neno de sexto, que se chama Noé, tocounos un fragmento dunha canción porque sabe tocar a batería xa que está na Banda de Abegondo. No Samaín fixemos unhas cabazas para poñer na Biblioteca. Curso por curso fomos velas e cantabamos unha canción. Cando a profesora Mª José non tiña clase aproveitaba para dar un susto a todos os que entraban. QUE BEN O PASAMOS!! No outono fomos camiñando ao souto do Sr. Claudino a recoller castañas. Cansámonos pero isto non nos impediu pasalo ben. Alí recollemos castañas e puxémolas no remolque do coche de Luís. Apañamos castañas para todos, aínda que este ano había menos. Á semana seguinte celebramos o Magosto no cole. Luís puxo a asar as castañas. Cando estaban feitas comémolas ata enchernos. Tamén pintamos a cara coas que estaban algo queimadas. En novembro o alumnado de 5º e 6º fomos a Audiovisuais a unha videoconferencia con Marilar Aleixandre. Falounos sobre os insectos: algúns son bos, outros malos e velenosos... Despois contestou a algunhas preguntas interesantes dos colexios que estabamos conectados. A actividade estaba organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
16
No 1º trimestre asistimos a dous concertos. Primeiro fomos ver a Banda de música de Abegondo para coñecer de cerca instrumentos e escoitar bandas sonoras de pelis. Outro día vimos un grupo no que tocaba Xoán Curiel , foi un concerto para os nenos/as de 5º e 6º curso. Eran tres persoas que tocaron e cantaron cancións que eles compuxeron. Algúns alumnos as foron a bailar ao escenario. Outro día fixemos un Taller de igualdade con actividades para lembrar que homes e mulleres somos iguais. Fixemos gravacións nas que representamos a parellas que se levaban moi mal. Para a clausura desta actividade fomos ao Concello. Alí vimos e escoitamos as nosas gravacións e os vídeos feitos polo alumnado de Vios. Este Nadal fixemos varias actividades. Vimos unha peli que se chamaba “Percy Jackson y el mar de los monstruos”. Foi moi entretida. Tamén participamos nun concurso de postais que consistía en que todas as clases faciamos unha, colgámolas no corredor e o profesorado escolleu a mellor (“O Apalpador” feita polos de 4 aniños). O último día tivemos o festival no que todos os cursos participamos coas nosas actuacións. En xaneiro viaxamos a Ponteceso e Cabana. Fomos ao Dolmen de Dombate, logo entramos dentro dunha réplica del e observamos dentro pinturas prehistóricas. Despois estivemos no Castro de Borneiro. Tiña moitas “casas” e unha muralla ao redor. Ao final visitamos o “Forno O Forte” onde vimos as vivendas dos oleiros e fixemos cacharros con barro. A viaxe foi moi divertida! Este ano no Día da Paz houbo moitas actividades: en 3º ciclo fixemos unha presentación sobre a vida diaria de Nelson Mandela, un crebacabezas xigante coa súa cara no que cada clase foi pegando unha peza e un recital dos de 5ºB.
17
En febreiro, nun día de cicloxénese, para non variar, os do 3º ciclo fomos ver unha obra de teatro “Víctor y el Monstruo” a A Coruña. Na historia aparecían dúas supostas nenas. Unha era un pouco rariña e, como lle gustan as historias de terror, cóntalle á outra a historia de Frankenstein. Con esta obra aprendemos que non hai que xulgar aos demais pola súa aparencia. Volvemos a A Coruña a unha representación de música e danza. A obra titulábase “La bella durmiente”. Co fondo da música e cun grupo de bailaríns de todas as idades interpretaban esta coñecida historia. O personaxe máis bonito era Maléfica, a fada mala.
O Día da Lingua Materna uns pais e nais voluntarios viñeron falarnos en distintos idiomas, que para eles foron moi importantes na súa vida... por traballo ou por vivir noutros países. Escoitamos ler libros en inglés e unha presentación moi ben feita sobre Suíza e a emigración. Fai pouco celebramos o Entroido no colexio. No recreo puxéronnos unhas caixas con roscas, orellas e lambonadas destas datas que nós trouxemos da casa. Este ano eliximos disfrazarnos en cada curso dos personaxes dun conto. Saímos ao patio todos acicalados e cantamos cancións. Logo fomos xantar e de sobremesa déronnos chocolate quente.
En marzo os do 3º ciclo fomos visitar Lugo. Alí vimos a Muralla, o Museo Provincial e o Museo de Mitra; tamén iamos ir ás Termas pero cambiámolo por un paseo pola Muralla. No Museo Provincial regaláronnos un monumento romano en miniatura. No Museo de Mitra contáronnos que Mitra era un ser mitolóxico. Despois comemos nunha praza e pasamos un tempo xogando antes de volver ao autobús camiñando pola Muralla.
18
Os nosos mestres preparáronnos un taller de reciclaxe. A verdade, non o esperabamos para nada. Viñeron dúas monitoras e explicáronnos o que era a reciclaxe. Non é por presumir pero... dixeron que sabiamos moito máis ca noutros colexios. Informáronnos de que iamos ir a Sogama, unha planta de residuos. Alí apréndese a apreciar o aire limpo. Se non o credes...ide alí!
Na última semana de marzo puidemos ver a exposición “Habelas... hainas”, onde se podía observar unha gran variedade de plantas, obxectos e tradicións contra os meigallos e para buscar a sorte. Gustounos moito e ulía moi ben (non coma Sogama)! Tivemos dúas charlas sobre a seguridade en Internet e ciberacoso. Un Garda Civil e un especialista viñeron falarnos sobre este tema. Déronnos consellos e puxéronnos exemplos onde os nenos-as eran enganados na rede por descoñecidos, un vídeo dunha nena á que lle facían burla e víao moita xente en Internet. Polo tanto: NAVEGA SEGURO!! TEN COIDADO CO QUE FAS!!
Este ano na Hora de Ler fixemos moitas actividades. Algúns imos ao Club de lectura, que é cando na Biblioteca se xuntan os nenos/as de diferentes clases para ler. Tamén hai algúns alumnos/as que nesta hora recitan poemas para outras clases, outros lennos contos, fan teatro para os demais, etc.... . Fai pouco algúns compañeiros presentáronnos cómics que fixeron eles. Fai só uns poucos días, dentro do programa “Ruta da Auga”, os de 6º fomos dar unha voltiña ao pantano de Cecebre. Alí observamos varios tipos de paxaros con prismáticos e aprendemos que podemos facer para o coidado e goce da natureza do noso entorno. Fixo un día magnífico e queriamos botar alí máis tempo pero....
Nenos e nenas de 5º e 6º 19
O Día das Letras Galegas celébrase cada ano o día 17 de maio, data instituída pola Real Academia Galega (RAG) dende o ano 1963. Foi creado para recordar aos autores que destacaron coas súas obras escritas no noso idioma. A condición obrigatoria é que debe facer máis de dez anos do seu falecemento. Os
autores e autoras homenaxeados nesta celebración foron:
1963 –Rosalía de Castro
1976 – Ramón Cabanillas
1997 – Ánxel Fole
1964 –Alfonso Daniel R. Castelao
1977 – Antón Villar Ponte
1998 – Trovadores medievais
1965 – Eduardo Pondal
1978 – A. López Ferreiro
1999 – Roberto Blanco Torres
1966 – Francisco Añón
1979 – Manuel Antonio
2000 – Manuel Murguía
1967 – Manuel Curros Enríquez
1980 – Alfonso X “O Sabio”
2001 – Eladio Rodríguez
1968 – F. López Cuevillas
1981 – Vicente Risco
2002 – Fray Martín Sarmiento
1969 – Antonio Noriega Varela
1982 – Luís Amado Carballo
2003 – A. Avilés de Taramancos
1970 – Marcial Valladares Núñez
1983 – M. Leiras Pulpeiro
2004 – Xaquín Lorenzo, Xocas
1971 – Gonzalo López Abente
1984 – A. Cotarelo Valledor
2005 – Lorenzo Varela
1972 – Valentín Lamas Carvajal
1989 – Celso Emilio Ferreiro
2006 – Manuel Lugrís Freire
1973 – Manuel Lago González
1990 – Luís Pimentel
2007 – María Mariño
1974 – Xoán Vicente Viqueira
1991 – Álvaro Cunqueiro
2008 – X. María Álvarez Blázquez
1975 – Xoán Manuel Pintos
1992 – Fermín Bouza Brey
2009 – Ramón Piñeiro López
1985 – Antón Losada Diéguez
1993 – Eduardo Blanco Amor
2010 – Uxío Novoneyra
1986 – Aquilino Iglesia Alvariño
1994 – Luís Seoane
2011 – Lois Pereiro
1987 – Francisca Herrera Garrido
1995 – Rafael Dieste
2012 - Valentín Paz Andrade
1988 – Ramón Otero Pedrayo
1996 – Xesús Ferro Couselo
2013 - Roberto Vidal Bolaño
20
Para este ano a Real Academia Galega seleccionou catro candidatos que foron: Ricardo Carvalho Calero, Xosé María Díaz Castro, Xosé Filgueira Valverde e Fiz Vergara Vilariño. Entre eles o elixido foi Xosé María Díaz Castro, polo seu esforzo na defensa da lingua e a súa preocupación por Galiza.
Ilustracións de: Laura L ., Laura R., Rebeca e Alex A obra principal de Xosé Díaz Castro é un poemario titulado “Nimbos”. Nesta obra destaca o poema que escribimos de seguido, pola súa relevancia foi traducido a varios idiomas. Titúlase “Penélope” e está dedicado a Galiza, onde esta aparece falta de esperanza e triste.
"Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove.
Traguerán os camiños algún día xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envolveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva.
Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás,Galiza!"
Alumnado de 6ºB Arón
21
22
23
A ENTREVISTA Mª del Carmen Rodríguez Aguiar e Gumersindo Abella Pena, son dous mestres moi queridos por nós xa que foron os nosos titores. Agora xa retirados, Carmen e Sindo, gozan dunha nova etapa na súa vida. Con eles repasamos a súa longa traxectoria, tan chea de historias, experiencias e lembranzas vencelladas aos nenos e nenas e ao noso colexio. Os titores de 4º sentímonos moi orgullosos de tomar o relevo e poder continuar coa seu labor. Foi un pracer pasar un tempo con eles, escoitándoos e aprendendo cousas de dous grandes profesionais e mellores persoas. Grazas Sindo. Grazas Mari Carmen. Esta será sempre a vosa casa. 1-A que adicades agora o tempo libre? Tedes algunha afección? Sindo: A maior parte do tempo adícoa á miña familia e a pasear. Carmen: Tamén llo adico á miña familia , e especialmente a unha netiña. Ademais leo e fago cousas que antes non podía. 2-Que queríades ser de pequenos? Se tivésedes que traballar noutra cousa, cal sería? Sindo: A verdade é que cando era pequeno desexaba ser mestre. Xa sendo novo daba clases na casa. E quizais sería tamén médico. Carmen: Pois a min, como sempre me gustaron os nenos, crin que era a profesión máis axeitada. Outra das miñas profesións favoritas era enfermeira. 3-Traballastes noutros oficios? Sindo: Eu antes de ser mestre traballei de administrativo nunha empresa. Carmen: Eu non. Sempre me adiquei ao ensino. 4-Por que elixistes ser mestres? Sindo: Porque era algo que me gustaba, e como nos meus tempos había moita xente analfabeta que non sabía nin ler nin escribir, quixen loitar por algo que toda a xente puidese ter como a cultura. A cultura fai máis libres ás sociedades e a nós. Carmen: Porque me gustaban moito os nenos, estar con eles. E porque dende o principio era a profesión que eu quería. 5-Cando empezastes a traballar dando clases? Sindo : Eu empecei no ano 1978 . Carmen: Eu empecei tamén sobre o ano 1978, quizais un pouco antes. Comecei a dar clases aos vintecinco anos.
24
6- Traballastes en moitos outros colexios? Cantos anos pasastes neste? Sindo: Sí, nalgúns máis. En Abegondo estiven vintedous anos, dende 1992. Carmen: Eu botei ata vinte anos, noutros algúns meses, ata que cheguei aquí, fai sete anos. 7-Que é o que máis vos gusta de estar xubilados? E o que menos? Sindo: O que máis me gusta é que te levantas pola mañá tranquilo e relaxado. Non estás pendente de corrixir exames, facer programacións,... Podes dispor do tempo para facer o que queiras, ler libros por exemplo. Carmen: O mellor é que podo gozar da miña neta. O peor é a morriña, que se sente ás veces, de vervos a vós e aos compañeiros. 8-Que é o que máis vos gustaba do colexio? Sindo e Carmen: O que máis nos gustou sempre do colexio foi o compañerismo que hai entre os profesores e vós tamén, que sodes uns alumnos marabillosos. 9- Cal é o recordo máis bonito que tedes do paso polo colexio? Sindo: A despedida que me fixestes aquí no colexio. Carmen: Son moitos os bos recordos que se teñen. Un non sabe con cal quedarse. 10-Os nenos e nenas portábanse ben? Sindo: Había de todo, a verdade, pero a maioría sí. Carmen: Os nenos sempre sodes bos, o que pasa é que ás veces tedes algún despiste e haino que ir levando. 11-Lembrades algún alumno ou grupo dun xeito especial? Sindo: Algún grupo sí. Aquí e noutros centros. Incluso hoxe en día, cando vou por Carnota, onde estiven oito anos, véñenme saudar ou vounos saudar eu á casa. Aquí, en Abegondo, tamén sucede. Cando vou pola Coruña tamén me atopo con ex-alumnos que me saúdan pola rúa. Carmen: Cada grupo sempre ten un encanto especial. Nunca un sabe con cal quedarse. Todos traen bos recordos. 12-Que materia vos gustaba máis impartir? Sindo e Carmen: Sobre todo Matemáticas e Coñecemento do Medio. 13-Que é o que máis vos gusta de ser mestres? E o que menos? Sindo: O que máis é a convivencia con vós; pois tamén aprendiamos de vós. O que menos, cando había que castigar por algo. Quedaba mal comigo mesmo. Carmen: O que máis me gusta é ver como ides cambiando, madurando, ir vendo as novas adquisicións que ides facendo día a día. 14- Que aprendestes dos vosos alumnos? Carmen e Sindo: Dos nenos tódolos días se aprende algo. De feito, algo que cremos que un día funciona de marabilla, ao día seguinte non funciona co mesmo neno.
25
15- Hai moita diferenza na forma de dar clase dende que empezastes a traballar? Sindo: A cousa cambiou moito. Na escola unitaria tiña un encerado na parede e cando chovía non o podiamos utilizar porque nos corría a auga por el abaixo. Non había ordenador. Todo era a base de encerado e o que se escribía á man. Tampoco tiñamos biblioteca na escola. Ao mellor había un dicionario ou dous para toda a escola. Non había calefacción, como moito unha estufa, e estabamos na clase coas cazadoras postas. Non había transporte escolar. Os nenos ían camiñando á escola varios kilómetros, polo tanto traían a súa comida e eu quentáballela para despois xantar xuntos. Carmen: Tamén era todo a base de cadernos e de escribir. O que vos damos agora en fichas, era feito á man. Cando chovía e chegaban todos molladiños, había que secalos. Era outra forma de traballar. Como nas unitarias estaban nenos e nenas de todas as idades xuntos, os maiores axudaban aos pequenos, e facían de mamás e papás dos pequenos. 16- Como faciades as fichas para os nenos se non había ordenador? Sindo : Fichas xa non faciamos. Non había nin ordenador, nin fotocopiadora, nin paquete de folios.... O que faciamos era escribir no encerado e os nenos copiaban. Carmen: En cambio, cando eran pequeniños, poñíamosllo nós nas libretas. Tanto debuxos, coma escritura e números. 17-Como foi a vosa infancia no colexio? Erades bos alumnos? Sindo: Cando nós iamos á escola utilizabamos a “pizarra”, xa que aínda non había libretas. Tiñamos unha libreta na que había que pasar o que se facía “na pizarra” a limpo. Nos chamabámoslle "Caderno de honor". Antes se non eras bo polas boas, eras polas malas. Carmen: A miña infancia foi boa. O colexio era dunha soa aula. Logo para estudar o bacharelato tiven que desprazarme a Santiago. Os materiais eran moi diferentes. Para dicir se era boa alumna, teriamos que preguntarlle aos meus mestres, pero creo que podería dicir que sí. 18-Lembrades algún mestre que vos influíse dalgunha maneira? Sindo : Eu, o mestre que tiven de pequeno sempre o recordo, que, por certo, segue vivo. Ten agora noventa e pico de anos. Carmen: Eu lembro dunha maneira especial a unha mestra que foi a que me inspirou a min para ser mestra tamén. 19-Que libros eran máis interesantes… cando erades alumnos ou os de agora? Sindo: Os nosos eran libros pouco atractivos, coas ilustracións en branco e negro. Carmen: Eran unhas Enciclopedias, uns libros gordiños, con poucos debuxos, cos que estudiabamos todas as materias.
26
20-Parécevos xusto que existan colexios ou clases separadas para nenos e nenas? Sindo: Eu estou a favor da coeducación, como estades vós, todos xuntos. Carmen: A min tampouco me gusta, nin para min nin para vós. Todos somos iguais e por tanto debemos estar xuntos. 21- Que pensades do trato que recibían os zurdos? Sindo: Escribir coa esquerda estaba mal visto, eran tratados inxustamente. Carmen: Obrigábaselles a escribir coa dereita, pero dende que eu fixen as prácticas xa vin alumnos aos que lles deixaban escribir coa man esquerda.
22- Que métodos de castigo había cando erades nenos? Sindo: Poñerte de xeonllos cos brazos en cruz cun libro en cada man, ou facer copias. (Carmen asinte) 23- A que xogabades no recreo? Sindo: Pois ao mesmo que xogades vós: ao fútbol. Tamén ás canicas, á roda… e había xogos para nenos e para nenas, porque estaba mal visto que xogaramos xuntos. Carmen: Á mariola, á comba, ao brilé…aos xogos que vós agora lles chamades xogos populares. Agora xogades todos xuntos, ao que vos apetece. 24- Resultouvos difícil chegar a ser mestres? Carmen: Todo na vida require un esforzo, pero tampouco o recordo coma un trauma. (Sindo asinte) 25- E xa para rematar…Que consello nos podedes dar para cando sexamos maiores? Carmen: Traballar moito e estudar moito, facer caso dos mestres e o demais xa vai vindo só. Sindo: Eu diríavos o mesmo ca Carmen: traballar, traballar e traballar.
Alumnado de 4º Nivel 27
Este curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, seguindo coa idea de recuperar e ensinar ao noso alumnado as tradicións galegas, organizou unha nova exposición. Nesta ocasión centrámonos nos remedios populares e a medicina tradicional. Intentamos dar unha mostra da sabedoría dos curandeiros, menciñeiros, compoñedores; recuperamos algo das nosas meigas e meigallos porque, HABELAS.....HAINAS!! Para recadar datos e materiais para esta mostra furgamos nos recordos dos nosos maiores coa axuda, sempre inestimable, das familias do alumnado. A través dos pais e nais, dos avós e avoas e nalgún caso de veciños e amigos aprendemos a quitar o Mal de ollo, Levantar a paletilla, facer remedios caseiros con plantas, usar amuletos para protexernos do mal ou darnos sorte... Uns din que todo é un conto, outros están convencidos de que é totalmente certo, algúns non saben que pensar; pero en todo caso sempre é bo coñecer e aprender algo de todo. Con esa filosofía todos os nenos e nenas que temos no colexio, acompañados polos seus titoresas, gozaron desta exposición. En cada visita un membro do EDLG deulles as explicacións precisas para que, en función das diferentes idades, aprenderan algo do que estaban a ver. En horario de tarde tamén mantivemos aberta a biblioteca, lugar onde situamos a mostra, para que todas as familias que o desexaran puideran vir a coñecela. Queremos agradecer a colaboración que obtivemos por parte das familias que aportaron información e materiais para a exposición. Un grazas especial para as persoas que, sendo alleas ao centro, nos permitiron gravalas dando testemuña de acontecementos e experiencias relacionadas con HABELAS...HAINAS!!! O próximo curso queremos seguir traballando para achegar cada vez máis ao alumnado ás tradicións da nosa terra. Esperamos seguir contando co apoio e a colaboración das familias para este fin.
Ana Mª Muiño García
28
María Meléndrez 2º A 29
30
NÓS TAMÉN CREAMOS! Este ano o Equipo de Infantil do noso colexio participa nun concurso chamado “NOS TAMÉN CREAMOS” organizado por Política Lingüística en colaboración coa TVG e OQO editora. O concurso consiste na realización dunha curta de animación empregando a técnica de STOP MOTION, a partir dun dos contos entregados por OQO editora. O conto elixido é “O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA”, para o que preparamos os decorados, elaboramos os personaxes e adaptamos o texto para porlles voces aos protagonistas do
conto. Unha vez rematada a fase de elaboración e entregada a nosa curta será retransmitida na páxina web da TVG. Sen dúbida, trátase dun traballo laborioso e colaborativo que pretende potenciar o uso da lingua galega empregando medios audiovisuais.
Educación Infantil
31
A BIBLIOTECA
Hai un ano remataba esta sección dando as gra-
zas aos membros do Equipo de Biblioteca en particular e ao resto do Claustro en xeral polo seu traballo. Hoxe vou empezar con esta mesma frase porque, un ano máis tarde, todos seguen a traballar coa mesma ilusión e forza. Cumprido o desexo de participación atopámonos coa consolidación da Biblioteca como un centro de actividades dinamizadoras da vida escolar. Paso a comentar brevemente os pasos dados durante este ano. A “Hora de ler” é o termómetro da masiva participación de profesorado e alumnado. Biblioteca e Sala de Usos Múltiples do edificio de Infantil convértense todos os días, despois do recreo, nun foro onde grupos de alumnos e alumnas len, representan, contan experiencias, mostran o
seu traballo a compañeiros e mestres e prenden a mecha para que outros fagan o mesmo. Este curso fixemos unha pequena distribución dos espazos deixando a Biblioteca para lecturas e traballos realizados con motivo das diferentes celebracións e a Sala de Usos Múltiples para representacións de todo tipo, usando as tres linguas que o alumnado recibe como asignatura. Aumentamos os días de Club Lector (venres e luns) e tamén o alumnado, pois este ano tamén se apuntaron os alumnos de 4º Nivel. Entre as novas iniciativas do Club lector está a de facer dentro do seu “blog” unha canle de comunicación para recoller opinións de lectores e, mesmamente, para recomendar lecturas. A modo de proba, e aproveitando que dedicamos o Día da Paz a Nelson Mandela, tentamos facer un proxecto de documentación integrado (PDI) con traballo de todo o Centro e colgándoo na Aula Virtual. Para finalizar facer mención ao traballo diario do Equipo en labores propias de mantemento da Biblioteca, cometido escuro pero necesario para poder ofrecer o mellor
servizo ao noso alumnado.
J. Miguel Blanco Fernández 32
No mes de marzo os nenos de 3º recibimos a visita de Fina Casalderrey. Veunos falar da súa experiencia e, sobre todo do conto que lemos na Hora de Ler: “Derradeira carta aos Reis Magos”. Como homenaxe a ela fixemos unha versión do seu conto na que traballamos moito, pero foi moi divertido. Tamén estivemos investigando e documentándonos sobre ela: a súa vida, a súa obra… Isto é o que eu recollín: Xosefa Casalderrey Fraga naceu en Xeve, Pontevedra. Estudiou maxisterio e, dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra. Foi daquela cando se iniciou na creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polos seus alumnos, algunhas recollidas na publicación: “Recursos teatrais para a expresión dramática na escola ( 7 pezas para representar)”. O seu amor pola investigación etnográfica levouna a participar, dirixindo aos seus alumnos, en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra, (traballos galardoados con diferentes premios); así como o publicar, xunto con Mariano García: “Libro da empanada”, “Festas gastronómicas de Galicia” e “Repostería en Galicia”. Colabora en diversos eventos literarios e periodísticos, entre eles, o informe da UNESCO 1997: La educación encerra un tesouro. No ano 1991 deuse a coñecer como autora de novela infantil e xuvenil “Mutacións xenéticas”. Foi galardoada co Premio Nacional de literatura Infantil e o Premio Edebé coa obra “O estanque dos parrulos pobres”. O 22 de Novembro do 2013 ingresa oficialmente na Real Academia Galega (RAG). E a quinta muller nesta institución con sede na coruñesa rúa Tabernas. A visita de Fina Casalderrey Fraga ao noso colexio foi xenial. Grazas a ela, eu e mais os meus compañeiros, puidemos coñecer e saber algo máis da súa vida e da súa profesión de mestra e escritora: contounos as súas viaxes a través dos libros. Tamén nos dixo, que os nosos mestres foran moi valentes ao mandarnos ler o libro “Derradeira carta aos Reis Magos”. Eu xa sei por que o dixo, pero non vou dicir nada e cada un que pense o que queira (o final era un segredo). Ao rematar a visita firmou e adicou libros a todos nós.
Tania Caridad 3º A
33
34
O día que festexamos as linguas maternas viñeron ao colexio familiares de varios
compañeiros. Eran case todos pais e nais que tiñan unha ligua materna diferente á nosa. Houbo franceses, ingleses, búlgaros... No terceiro ciclo tivemos a sorte de que nos visitaron na Biblioteca escolar Héctor, o pai de Mauro, e Silvia, a nai de Samuel. Héctor foi o primeiro. Falounos en inglés, pero explicou que o inglés non era en realidade a súa lingua materna, dixo que a aprendera de mozo estudiando pola súa conta e agora é a lingua que usa na casa co seu fillo. Leunos un libro que estaba escrito en inglés e tiña a tradución ao castelán. Depois falouno Silvia en francés, ela naceu en Suíza e estivo alí ata que era moza. Contounos a súa vida no colexio, ensinounos os monumentos de Xenebra e falou-
nos da emigración dos galegos ao extranxeiro. Sorprendetemente, aínda que non sabemos nada de nada de francés, enterámonos perfectamente do que nos contou. MOITAS GRAZAS AOS DOUS !!
Laura López Candela Ruiz
6º B
35
36
A RECICLAXE É UN LABOR DE TODOS Dentro do plan de visitas que realiza o centro, de acordo co proxecto da A21EG, o alumnado de 5º realizou unha visita ás instalación de SOGAMA (Cerceda). Aproveitando o interese didáctico que ofreceu esta saída queremos divulgar a través desta revista un decálogo sobre as boas prácticas das RRR (reducir, reciclar, reutilizar) no fogar para que as familias, na medida do posible sirvan tamén de exemplo para os nenos: Dálle preferencia aos produtos reutilizables. Reutiliza e arranxa todo aquilo que resulte posible. Pensa que cada ano desfacémonos dunha media de 18 kg por persoa de aparellos eléctricos e electrónicos, algún dos cales aínda serven. E no caso de que os queiras substituír, dóaos ou lévaos a un punto limpo. Cede a roupa que non utilices a amigos, familiares ou organizacións solidarias. Consume preferentemente alimentos frescos. Deste xeito reducirás unha gran cantidade de residuos de envases ademáis de conseguir unha dieta máis saudable. Compra cantidades de alimentos de acordo coas necesidades da familia. Lembra que cada día se desperdician notables cantidades de comida. Compra, se é posible, produtos a granel. Adoitan ser máis baratos Os produtos envasados, mellor en vidro. Ese material é 100% reciclable. Utiliza carriño ou bolsas reutilizables para a compra. As bolsas plásticas non biodegradables xeran unha inxente cantidade de residuos para o pouco uso que se lles dá. Se vives nunha casa con horta ou xardín, valora a posibilidade de fabricar compost a partir de materia orgánica. Utiliza pilas recargables. A longo prazo supoñen un aforro. E por non facer un decálogo excesivo rematamos cunha propina: Deposita o teu lixo no colector axeitado. Todos estes pequenos xestos hoxe son unha inversión para mañá.
Javier Quintas Cardelle 37
En anos anteriores comentabamos a marcha deste proxecto, a dotación do equipamento, os libros e materiais dixitais. En relación ao resto de actuacións no Centro centrámonos en dotación de material e uso. Este ano queremos amosar a outra perspectiva do emprego dos recursos tecnolóxicos no centro. Por un lado xa afianzado o proxecto Abalar, traballamos con temas relacionados co uso do equipamento. Noutros cursos xa falamos de aspectos de bo uso, precaucións, posibilidades... que tiñamos ao noso alcance. Desde este ano temos á nosa disposición unha ferramenta que nos permite crear contas de correo electrónico para os nenos e nenas personalizadas e cunha serie de servizos asociados que posibilitan o traballo colaborativo, a comunicación entre iguais e co profesorado, a publicación de contidos... O contrapunto está na aprendizaxe que temos que facer destas ferramentas, acceso aos contidos, rexistros... que fan que tanto o alumnado coma o profesorado teñamos que coñecer e aprender a navegar con certo rumbo neste mar de información. Co fin de facilitar esta aprendizaxe desde as casas, leváronse a cabo xornadas informativas e formativas para as familias do 3º ciclo de Educación Primaria, co fin de coñecer que fan, que poden facer e como podemos axudar entre todos e todas a un uso responsable dos medios e da información que manexamos. Esta información e formación ademais é accesible desde a páxina web do centro. Por outra banda a dotación no 2º ciclo de Educación Primaria de encerados dixitais interactivos, videoproxectores e portátiles fai que as posibilidades de traballo tanto do profesorado coma do alumnado medren exponencialmente. A biblioteca estase a converter nun centro de recursos e información, non só en soporte papel, senón en soporte dixital, tanto físicamente coa adquisición de materiais coma coa adquisición de dispositivos (portátiles, probas con e-book...) que facilitan o acceso á información a través da rede internet. Para rematar facer mención da remodelación (aínda en proceso) da páxina web do centro, na que tentamos actualizar os contidos dos diferentes apartados, e creamos tamén un apartado no que se vai contando a vida do centro no momento en está a acontecer. Co título “Agora mesmo...” queremos amosar vía twitter e diferentes videos o día a día do colexio que tamén se reflicte na galería de fotos e nos diferentes blogs que están funcionando no centro.
José L. Fariña García 38
PROGRAMAS COAS LINGUAS SECCIÓNS BILINGÜES
Segundo curso como centro Plurilingüe … que rápido pasa o tempo! E xa estamos adaptados e moi implicados nesta aventura. Participamos en todas as actividades que se organizan no centro aportando o noso graíño de area. Celebramos o Nadal, o Día da Paz o Entroido, a chegada da primavera … e tamén outras festas especialmente anglosaxonas como o Halloween, o Thanksgiving day ou Easter. Á parte disto tamén fixemos maquetas de cidades romanas, de vilas contemporáneas, debuxamos, fixemos pósters e carteis … e sempre utilizando a lingua inglesa todo o que podemos. Seguimos contando coa axuda de Christopher que colabora en todas as actividades que suxerimos e sen decatarnos habituamos “as nosas orellas” á lingua inglesa e comprendemos cada día un pouquiño máis e incluso empezamos a expresarnos espontaneamente . Continuamos a traballar e podedes seguirnos na páxina web do colexio no apartado de Seccións Bilingües, onde imos colgando fotos do que facemos. Gloria Rodríguez Doel PORtfOLIO
No curso pasado o noso centro pasou a ser Centro Plurilingüe o que supón unha maior implicación e valoración das linguas e a súa aprendizaxe no noso proxecto escolar. Non deberiamos esquecer que o Portfolio non abrangue as dúas linguas oficiais de Galicia e mailo inglés se non que ofrece a inclusión de todas as linguas do noso alumnado, o que supón unha gran axuda para expandir a nosa visión do mundo, aprender uns doutros e preparnos para un futuro multicultural. Isto tamén repercute na autoestima do noso novo alumnado que se ve aceptado e protagonista da súa propia aprendizaxe. Para rematar, a inclusión do Portfolio non supón únicamente a adquisición e aprendizaxe dunha nova lingua senon abrir unha xanela a outras formas de vida, realidades, costumes que nos farán máis abertos e tolerantes. Esperemos que así sexa.
Carina Gradaille Camba
39
PEQUENOS ESCRITORES ... NO SÉCULO XLI No ano 4022 Giratorius, a antiga Terra, ten un aire moi contaminado, case imposible de respirar. Foi herdanza dos seus antepasados que xamais se preocuparon o suficiente polo futuro do Planeta. Isto fai que a vida sexa totalmente subterránea. Cada cidade posúe uns invernadoiros xigantescos nos que cultivan as plantas e as árbores necesarios para a fabricación de osíxeno para os humanos, os seus animais de compañía e os animais salvaxes que viven nunha reserva protexida. As cidades están formadas por casas redondas con tellados en forma de cúpula nos que se instalaron ventás que fabrican toda a enerxía necesaria para o abastecemento de cada familia. Estes fogares teñen unha gran habitación central, chamada centrus, que é lugar de reunión común para todos os habitantes da casa. Nesta dependencia tamén están os controladores de enerxía e a pantalla circular que fai conxuntamente as funcións dun ordenador, unha televisión e un teléfono dos que había no S. XXI. Ao redor do centrus están os descansadoiros, zonas individuais onde as persoas repoñen forzas. Neles hai unha cabina vertical onde se introducen os humanos durante unhas dez horas diarias para o seu descanso mental, para recibir unha aportación extraordinaria de osíxeno e nutrientes necesarios para vivir (aclaremos que os seres vivos desta época nunca comen alimentos sólidos). Nestas cabinas a través de luces especiais a pel pasa por unha limpeza e rexeneración automáticas, non precisando para isto auga xa que esta é un ben demasiado prezado para malgastalo. Todos os fogares están unidos entre si por túneles subterráneos que tamén os comunican cos lugares de traballo e ocio dos habitantes. Os colexios deixaron de funcionar fai xa varios séculos. Aos nenos e nenas instálaselles un chip nada máis nacer coa información que precisan para toda a vida, estes datos vanse desenrolando segundo medran os seus propietarios. Por iso, durante os primeiros anos de vida e hasta que non teñen a idade para comezar a traballar, pasan unha infancia moi feliz sempre xogando e relacionándose con outros nenos e nenas.
Laura Rey. 6º B
A Moucha de Cecebre A Moucha era una personaxe do libro “O Bosque Animado” de Wenceslao Fernández Flórez. Era unha persoa real, tan real que era a miña tataravoa. A Moucha tiña sete bisnetos e só dous a coñeceron, que foron os que mo contaron. Morreu entre 1957 e 1964 (non o sabemos seguro) e está enterrada en Bravío. Era unha curandeira moi famosa en toda a zona que daba remedios para sandar á xente e animais. Ademais de remedios para curar, facía outros, por exemplo: remedios para namorar, ter fillos… Os sobriños do escritor e os bisnetos da Moucha fixéronse moi amigos. Aínda tempo despois de morrer a Moucha, seguían indo á súa casa. Quérovos animar a ler este libro porque é moi divertido e o relato transcorre en aldeas dos arredores coñecidos por todos nós. Ademais os personaxes dos que fala o escritor no libro existiron na realidade.
Mauro Reborido 3º A
40
… PEQUENOS POETAS
Enma Ferradás 3º B
Alumnado 3º B
41
42
A LÚA CHEA Ela na praia observa, é unha fermosa serea
No bosque árbores, nos árbores moitos bichiños, ao redor follas e flores que non quero que cortes usando fouciños. Coida a , se non o fas así haberá moita pobreza. Candela 6º B
que mira a lúa chea. Mira a lúa chea que reflexada na marea ilumina a unha balea varada na area. Pobre balea dicía ela Observando a lúa chea. Silvia 6º B
43
CANTIGA COLECTIVA. Ti es a miña luz, amigo. Ti es a miña voz en alto. Lévame contigo!
A miña razón de ser. Sen ti síntome perdida. Contigo sempre irei!
Ti es a miña luz, amado. Ti es a miña voz potente. Lévame contigo!
A miña razón de amar. Sen ti síntome morrer... Contigo sempre irei!
Ti es a miña voz en alto. Ilumina o meu corazón. Lévame contigo!
III Que de sempre estás comigo, meu amigo, e por ti eu sempre vivo. Luz do meu camiño!
Ti es a miña voz potente. Ilumina o meu espírito. Lévame contigo! Ilumina o meu corazón. Fai comigo o teu camiño. Lévame contigo! Ilumina o meu espírito. Fai comigo o teu destino. Lévame contigo! II Ti es o meu amor para sempre. Ti es o meu amigo fiel. Contigo sempre irei! Ti es o meu amor eterno Ti es o meu amor sincero. Contigo sempre irei! Ti es o meu amigo fiel. A miña razón de ser. Contigo sempre irei!
Ti es o meu amor sincero. A miña razón de amar. Contigo sempre irei!
Que de sempre estás comigo, meu amado, e por ti eu sempre amo. Luz do meu camiño! E por ti eu sempre vivo. Meu querido, meu amado. Luz do meu camiño! E por ti eu sempre amo. Meu querido, meu soñado. Luz do meu camiño! Meu querido, meu amado. Ti es o home que ben quero. Luz do meu camiño! Meu querido, meu soñado. Ti es meu ben desexado. Luz do meu camiño!
Cantiga de Amigo
Composta polo alumnado de 6º A seguindo a técnica de “paralelismo e leixaprén”.
44
2ยบ A
45
POETAS CON MOITA
IMAXINaCIÓN
46
ATA
SEMPRE
Moitos de nós acordámonos de cando eramos pequenos e chegamos a este cole con tres aniños, algúns, que eran uns bebés, aínda tiñan dous. Pasamos tres cursos nunhas clases con moitas cores, moitos debuxos, moitos xoguetes... e unha raia no chan para facer a fila ben dereitiña. Cando viamos aos maiores, que nos daban ás veces un pouco de medo polo altos que eran, pensabamos que terían que pasar moitííísimos anos para que chegaramos a ser coma eles. Agora somos nós eses “maiores”, xa estamos en 6º. Ao longo destes anos pasamos polas mans de diferentes mestres-as, algúns mellores ca outros, pero con todos eles aprendemos moitas cousas. Lembraremos sempre a María José, a profe de Música, cos seus instrumentos e cancións, coas súas normas de educación no comedor. A Mari Carmen e Sindo, os nosos mestres de 4º, uns dos mellores do cole. A Javier, o teacher, que coas súas normas nos ensinou a ser máis fortes e respectuosos. A Diego, o mestre de E.F., que nos levou polo camiño do deporte e o esforzo físico. A Gloria, a outra teacher, coa que demos os primeiros pasos en inglés. A Teresa,a mestra de relixión, que co seu humor facía máis divertidas as clase. Logo está Christopher, o lector de inglés, que sendo bo con nós amosounos a súa cultura americana. E Miguel, o director, que foi a primeira persoa que nos ensinou o que era un ordenador e como usalo, dámoslle un grazas especial en representación de todos os mestres-as que non citamos aquí porque serían moitos. A Don Félix e Lourdes, os nosos últimos profes (carai, xa estamos rematando 6º!), recordarémolos por acompañarnos neste curso tan especial para nós, por axudarnos cando tiñamos problemas para que nos sentiramos mellor.
47
Botaremos de menos a Don Félix, titor dos de A e profe de Plástica en A e B, polas risas que botamos con el, polas historias de cando era novo, por esas longas charlas na clase, pola súa arte e pintura...pero sobre todo porque o queremos. A Lourdes, titora do B, nos a esqueceremos porque nos quixo preparar moi ben para o instituto, porque se preocupou por se algún de nós non entendía ou non traballaba, porque estivo pendente se precisabamos axuda... e polo ben que o pasamos coas súas divertidas propostas para teatro e actuacións. Tamén nos acordaremos de Luís, o conserxe, andando polos tellados; e do seu bo humor polas mañás cando nos dá os bos días cun sorriso. Ímosvos botar moito de menos a todos. Deixamos aquí uns bicos moi fortes para todos os mestres e mestras que nos “aguantaron” todos estes anos e outros para os compañeiros e amigos que quedan neste querido cole. Tócanos agora marchar desta escola na que tantas cousas fixemos. Seguro que nunca se nos esquecerán as excursións, os Magostos, os Nadais, os Entroidos... e os días de festa e diversión. O noso destino é agora o Instituto, unha aventura distinta. Uns imos alegres cara a alí, outros non tanto. Pode que notemos un cambio polo feito de pasar de ser os maiores da escola a converternos nos peques do Instituto. Sentímonos tristes, si, pero parece que a maioría de nós temos curiosidade por coñecer ese novo entorno. Temos tamén algo de medo porque todo o mundo di que alí hai que estudiar máis, que é máis difícil facer fronte aos cursos, que hai máis profesores e máis materias. Logo vén a vergoña, que tampouco nos vai faltar os primeiros días. Teremos que poñernos as pilas, deixar pasar os días esforzándonos en cada un deles e seguro que todo nos vai ben.
48
E.D.L.G. - MAIO 2014