Andaina 2017

Page 1


Un ano máis e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas a nosa revista Andaina preséntase ante toda a comunidade escolar. Coma sempre vén chea de ilusións, a ilusión que cada alumno/a do Centro pon no seu traballo para que se vexa reflexado nunha das follas da revista. Tamén trae un repaso a todas as nosas actividades que complementan o traballo diario de cada unha das materias. Noticias sobre biblioteca, plurilingüismo, proxectos do centro cos que todos traballamos co obxectivo de constatar que esta escola está viva e que sae ao mundo exterior para conectar ao alumnado con ese mundo real que existe fóra das catro paredes dunha aula. Para acadar este obxectivo debo salientar o labor de todo o equipo docente que día tras día traslada aos seus alumnos a ilusión de aprender e respectar o que está ao noso arredor. Como sempre que presentamos un novo número, a despedida de Andaina supón para nós o inicio doutra aventura que rematará coa aparición dun novo número o ano que vén. José Miguel Blanco Fernández — Director SUMARIO Portada Sumario …………….. 01 Como se fixo ………. 02 Presentación ………. 04 Ed. Infantil ………….. 06 Ed. Primaria …………12 Entrevista ……………27 Letras Galegas 17 … 30

Ed. Primaria ……….. 37 Ed. Física ………….. 45 A 21 EG ……………. 47 TICS ……………….. 48 Plurilingüismo …….. 49 Biblioteca ………….. 50 Despedida …………. 51 Contraportada

“A pluma do escritor debe estar sempre ao servizo da liberdade dos homes”

Con estas verbas de Carlos Casares, autor homenaxeado na Semana das Letras Galegas, arrincamos este recuncho sen esquecer a importancia de ler, sentir, escribir, pensar, falar,… no noso idioma. Dende o EDLG traballamos arreo para que a nosa lingua teña presenza en case todos os ámbitos da vida, por iso estamos a preparar unha exposición sobre “Revistas escolares”. Tamén aproveitar estas liñas para recalcar a importancia da colaboración e participación de toda a comunidade educativa na creación desta a nosa “Andaina”, xa que sen vós non sería posíbel, esperamos que disfrutedes tanto coma nós facendo a maquetación. Miriam Freire Gómez Coordinadora EDLG

1


COMO SE FIXO A PORTADA? …Todo comezou cun papel en branco, uns botes de pintura e moitas ganas…

Unha vez tiñamos a pintura no papel, tapamos cun plástico e…xa estabamos listos e listas para comezar a estirar a pintura.

Usamos as nosas mans, rodillos e… sorpresa! Non nos manchabamos. Así que usamos ata o propio corpo, tamén queriamos sentir o mar.

2


As olas chegaron e fóronse… xa podemos quitar o plástico e ver o resultado.

As cunchas, pedras e area permitíronnos experimentar, probar, crear, observar, compartir… Fátima Parga Profesora de Ed. Infantil

Esta foi a nosa grande andaina! 3


Onde se mete esta “Andaina” 17? De onde saca pa´ tanto como destaca?...” Tes nas túas mans ese número entre suxerente e prometedor da nosa revista escolar… Prometedor 17 porque aínda é nova noviña… Suxerente 17 porque está a un paso da “maioría de idade” que se achega para o ano que vén. Pero, polo de agora, gocemos desta “Andaina” que cumple anos o Día das Nosas Letras… e este ano sopra as candeas na honra e memoria de Carlos Casares Mouriño. Nesta “Andaina” atoparás, como en anos anteriores, unha pequena mostra do esforzo e do cariño que todos puxemos para que ti agora a disfrutes… e cando dicimos pequena non é porque sexa pouco, senón porque na superficie limitada destas follas non colle todo o que, en realidade, quereríamos poñer. Como sempre poderás coñecer, ao longo destas páxinas, o resultado das diferentes actividades que realizaron os nenos e nenas da nosa escola. Moitas delas son “rutinarias”, pois entran dentro da mecánica de traballo de todos os anos: A saída ao souto do Sr. Claudino para apañar as castañas que logo comemos no magosto (aquí nunca agradeceremos o suficiente a colaboración das nais e pais que axudan a “picalas” e de Luis (o conserxe) para asalas e que saian tan saborosas). Os concursos e actividades que se realizan para cada unha das conmemoracións que se celebran ao longo do curso: A participación na decoración e exposición de cabazas do Samaín; as postais de Nadal, co seu concurso por clases para logo escoller a que nos servirá de felicitación; tamén (como non!) os disfraces do Entroido, que este ano continuou co “Proxecto Celta” e que gañou espectacularidade co percorrido que fixo o alumnado polas rúas de Abegondo por primeira vez – daba gusto ver como as familias e veciños acompañaron aos nenos e nenas por todo ese percorrido! – .

4


A colaboración, aportando cada quen as súas pequenas-grandes obras de arte, para decorar e complementar as distintas celebracións como o Día da Paz, o da Árbore (nesa preocupación pola natureza que se fomenta e coordina dende a sección de “Axenda21”). Tamén foi un curso no que se ralizaron, como noutros anos, charlas formativas – Plan Director, seguridade na “internet”, prevención do acoso escolar… – e actividades culturais e deportivas (organizadas pola biblioteca e os profesores de Educación Física – algunhas delas con marcado interés solidario como a “Carreira contra a Fame”, este ano centrada na axuda a Etiopía. –). Seguiuse a traballar o fomento da lectura, tan importante, por medio de iniciativas recentes no tempo como as “mochilas viaxeiras” e os “clubes lectores”, e o coñecemento da nosa contorna, tanto a nivel de natureza (anelado de paxaros, proxecto aire/auga) como socio-administrativo (coas visitas a poboacións e lugares históricos e a colaboración do noso Concello, que abriu as súas portas para coñecer as súas instalacións e funcionamento por parte dos cativos). Por último, destacar tamén esa sección, xa tradicional, organizada polo alumnado de 4º de E.P. que nos permite coñecer un pouco mellor a esas persoas que forman parte do noso “pequeno universo”, coa entrevista que, este ano, foi dedicada á nosa querida Belén Casanova. En fin… Todas esas cousas “vellas” que cada ano son novidade, renovada na ilusión dos seus “actores”: descóbrense ás miradas dos nenos de Educación Infantil, que enchen estas páxinas coa “beleza marabillosa” dos seus debuxos e traballos que só eles son capaces de facer con tanta arte, e logo medran con eles ata que nos dan o seu “deica logo” en 6º de E.P. … A todos e a cada un deles debémoslles este número 17. Debémoslles o seu esforzo e ilusión… e iso é moito deber… “Onde se mete esta “Andaina” 17? Esperemos que no corazón de todos e cada un dos que a lean… De onde saca pa´ tanto como destaca?” Do corazón e da ilusión de todos e cada un dos que a fixeron…

Félix Asensio

5


6


7


CARLOTA

XOANA

SAÚL

ANTÓN V.

MARTINA

SABELA

SAMUEL

ANTÓN J.

NOA Q.

8


NOA S.

ALBA

URIEL

JARA

SARA

NOÉ

CAYETANA

DANIEL

GAEL

9


4 Anos A y B

10


4 Anos A y B

11


ARTISTAS

Aula Laranxa

12


GALEGAS/OS

Aula Amarela

13


14


1ยบ A

15


1ยบ B

16


Mural de Monet. Os nenos e nenas de 1º B estivemos traballando sobre o gran pintor francés Monet. Aprendemos moito sobre este gran artista impresionista. Navegamos pola rede para saber cousas da súa vida e da súa obra. Gustáronnos moito os seus cadros e parecéronnos moi alegres pero un dos nosos favoritos foi Amapolas. Tanto nos gustou que decidimos facer este mural para dar a benvida á primavera coas nosas versión da súa fermosa obra.

Tamén nos gusta moito ler. Sempre que a nosa profe nos deixa imos ao noso recuncho de lectura . Como podedes ver temos un amigo que nos acompaña sempre e nos axuda a escoller o libro que mellor nos vai dependendo do día e da nosa disposición

1º B

1º B

17


Damián Martínez 2º A

18


ร ngela Iglesias2ยบ A

19


Iria Bouzas 2ยบ A

20


2ยบ B

21


22


2ยบ B

23


24


25


Alumnado de 3ยบ A e 3ยบ B

26


A ENTREVISTA Este ano, o alumnado de cuarto entrevistamos para a revista escolar a Belén Casanova, mestra de manualidades no centro e monitora da Aula Lúdica do Concello. Abegondesa de toda a vida e ex alumna deste colexio, tentaremos coñecela un pouco mellor a través destas preguntas que lle fixemos entre todos. Pasámolo moi ben durante a entrevista! 1.- Por que decidiches ser mestra de manualidades?

Decidín ser mestra de manualidades porque, das actividades que había para impartir, é unha das que máis me gusta, e por iso a escollín. 2.- Que tipo de manualidades ensinas? Pois de todo tipo. Gústanme as manualidades nas que empregamos a reciclaxe, o cartón, a pasta de modelar (que vos encanta a todos os nenos/as)… en definitiva, moitas e moi variadas. 3.- Cales son as túas manualidades favoritas? E a túa cor preferida? Calquera nas que empreguemos materiais de reciclaxe son as miñas preferidas e

cores teño varias: o azul, o vermello… principalmente eses dous, aínda que hoxe veño vestida de gris e de negro. 4.- Cal é a manualidade máis difícil de facer para ti? Hai moitas moi difíciles, pero bueno, quizais traballar co cristal sexa o máis complicado. 5.- Que hai que estudar para ser mestre de manualidades? Pois para ser mestre de manualidades, máis que estudar hai que ter maña. 6.- Ensinas manualidades a adultos tamén? Non, a adultos non. 7.- Que sintes ao traballar coas túas mans? Gústache o teu traballo? Pois sinto que é entretido e que me divirte así que si, gústame moito o meu traballo. 8.- Estás satisfeita co teu soldo? Bueno, en iso nunca se está satisfeito de todo, pero non hai queixa.

27


9.- Traballaches sempre no mesmo lugar? Onde? Si, traballei sempre para o Concello de Abegondo. Comecei no Departamento de Cultura polas mañás e polas tardes sempre traballei na Aula Lúdica, como moitos de vós xa sabedes, xa que pasastes por ela durante o curso ou no verán. Houbo un tempo no que a maiores do Concello, polas mañás traballaba na Escola Unitaria que había en San Tirso, onde agora están a Escola Infantil e a Gardería. Nesa unitaria había nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos das zonas de Crendes e

San Tirso e o meu traballo consistía en axudar á mestra cos rapaces. Despois vin axudarlle a Miguel (director do CEIP Plurilingüe de San Marcos) coa asignatura de Informática e axudei na Biblioteca do Instituto de Viós tamén. 10.- Canto tempo levas traballando no cole? No cole levo dende o 2003, cando comecei a dar clase aos nenos da Aula. Lúdica. 11.- Que sintes ao traballar no cole no que estudaches? Pois gústame moito, a verdade é que me gusta vir ao cole.

12.- Xa había comedor daquela? Cal é a túa comida favorita? Si que había, o que pasa é que eu non comía no comedor porque miña avoa vive moi preto de aquí e ía comer á súa casa. A miña comida favorita era (e é todavía) a tortilla de pataca. 13.- Cal é o mestre que máis recordas do cole? Por que? Pois recordo varios, pero un dos que tedes aínda aquí que me deu clase é Xabier, que me daba Inglés. Era moi esixente, pero moi bo mestre. Outra mestra da que me lembro foi directora no seu momento e chamábase Lourdes, da que tamén teño moi bo recordo porque era a que nos acompañou cando comezabamos en Infantil os primeiros días mentres os nenos choraban todo o tempo. 14.- Segues a ter relación cos teus compañeiros desa época? Pois a verdade é que teño a sorte de que si, con bastantes deles. 15- Cal é a túa mellor lembranza do cole? As amigas, porque hai moitas coas que sigo conservando o trato e vémonos a cotío.

28


16.- Recordas algunha trasnada que fixeches cando estudabas no cole? Non era eu moito de trasnadas. Pero as miñas amigas e máis eu, o día dos Santos Inocentes, iamos chamar ás casas dos veciños preguntando se era alí onde lavaban a roupa e cando contestaban que non chamábamoslles porcalláns, pero nada máis. No cole, non recordo pasar un só recreo castigada. 17.- Que querías ser de pequena cando foras maior? Sempre quixen ser mestra. Dende que empecei a traballar abandonei as oposi-

cións e quedei á metade do camiño. Pero róndame a cabeza a idea de retomalas. 18.- Sempre viviches en Abegondo? Sí.Vivín sempre moi preto do cole e cando casei fun vivir a San Tirso. 19.- Gustaríache vivir noutro sitio? E de ser así, cal sería? Para vivir gústame Abegondo. Betanzos tampouco está mal pero prefiro Abegondo, a verdade, é moito máis tranquilo. 20.- Gústache viaxar? Cal é o sitio ao que máis che gustaría ir do mundo? Gústame moito, pero non o fago tanto como quixera. Encantaríame volver a Italia porque aínda que xa estiven hai tanto que ver que non me chegou a moito. 21.- Cal é o teu animal favorito? Mirade, amante, o que se di amante dos animais non son. Gústanme os cans pero tampouco é que sinta paixón por eles. Na casa non teño ningún. 22.- Cal é o deporte que máis che gusta? Gústame ir a clases de Aerobic e de Zumba que son os deportes que practico. 23.- A parte das manualidades, que che gusta facer no teu tempo libre? Gústame saír, pasear e ir ao cine. 24.- E para rematar, gustouche esta entrevista? Estiveches cómoda? Si que me gustou, viña un pouquiño nerviosa, pensando: a ver que me van preguntar estes rapaces! Pero estiven moi cómoda e espero que vós tamen comigo. 25.- Fomos

moi “cotillas”?

Eu viña mentalizada de respostar todas as vosas preguntas foran cales foran, pero o certo é que non, moi ben, nada do outro mundo. Alumnado de 4º A e 4º B

29


Liña do tempo realizada polo alumnado de 6º curso onde se sinalan algúns dos momentos máis salientables da vida do autor homenaxeado este ano: Carlos Casares

30


Para ver as interactividades do traballo escanear o código QR

Nesta presentación o alumnado de 6º amplía a información sobre Carlos Casares. Escanea este código para ver toda a información 6º Nivel

31


32


33


34


35


36


Os gregos foron grandes astrónomos e observadores das estrelas. Pasaban moito tempo relacionándoas cos seus mitos e lendas. Segundo unha delas a deusa Hera, esposa de Zeus, foi a creadora da Vía Láctea, a galaxia do noso Sistema Solar e o noso planeta. O mito ten dúas versións, sempre relacionadas cun famoso personaxe mitolóxico: Heracles (Hércules).

continuación nárrase unha destas versións: << O deus Zeus, sempre metido en amoríos con outras divinidades e con mortais, conquistou enganosamente a Alcmena, filla do rei Electrión de Micenas e esposa de Anfitrión. Zeus, aproveitando que este estaba ausente, tomou a súa forma e xuntouse con Alcmena. Cando Anfitrión regresou tamén pasou a noite con ela, e dese xeito Alcmena quedou embarazada dos dous. Da súa unión con Zeus naceu Heracles, e de Anfitrión, Ificles. Mesmo antes de nacer, o poderoso deus sentíase orgulloso do seu fillo e considerouno o seu favorito, o que espertou unha grande ira na súa esposa Hera, quen, loxicamente, non soportaba que outra muller (unha mortal) fose dar a luz a un fillo do seu esposo. Hera quixo complicar o nacemento de Heracles, facendo que permanecese dez meses no ventre da súa nai. Despois, cando Heracles era aínda un bebé, a enfurecida deusa enviou dúas terribles serpes para asasinalo mentres durmía no seu berce… pero o meniño, que era un semideus, estrangulou unha serpe con cada man grazas á súa forza sobrenatural. Aínda así, Heracles era mortal e só acadaría a inmortalidade se mamaba do seo de Hera, cousa impensable pois esta non quería que Heracles fose inmortal. Unha noite, debido aos choros de Heracles, Zeus tentou conseguir que Hera lle dera o peito… pero ela deuse de conta e afastou a boca do bebé, provocando que un chorro do seu leite saíse disparado cara ao espazo, onde se converteu no cúmulo de estrelas que, por ese motivo, chamamos Vía Láctea>>. A

Carla Bello 5º A

37


O nome “Vía Láctea” provén da mitoloxía grega, transmitida polos romanos. En latín significa “Camiño do Leite”. Esa é, en efecto, a aparencia da tenue banda de luz que atravesa o firmamento terrestre, tal como afirma a mitoloxía grega, explicando que se trata do leite derramado do peito da deusa Hera (Juno para os romanos). Por riba da mitoloxía, xa na Grecia Clásica, o astrónomo Demócrito (460 a. C.-370 a. C.) suxeriu que aquela fina liña branca no ceo era, en realidade un conglomerado de moitísimas estrelas demasiado tenues individualmente como para ser recoñecidas só coa vista. A súa idea non tivo apoios deica 1609, cando o astrónomo italiano Galileo Galilei (1564 – 1642) fai uso do telescopio e constata que Demócrito estaba no certo.

Vía Láctea vista dende a Praza do Obradoiro – Santiago de Compostela

Na cristiandade, a Vía Láctea recibe tamén o nome de “Camiño de Santiago”, pois esa banda tenue que percibimos (en realidade é un dos “brazos” da espiral que forma a nosa galaxia) semella pasar por riba da Praza do Obradoiro, e pódese ver ao longo do “Camiño Francés”. O propio nome de Compostela parece vir dunha combinación que podería ser “Campo da estela” ou “das estrelas”. Marina Rodríguez Paola López 5ºA

38


39


40


41


42


Este apartado pretende amosar parte das actividades, proxectos ou iniciativas nas que participamos o alumnado de 6º. Moitas delas seguramente xa as poidestes seguir a través da canle de Twitter do cole. Para ver máis información terás que escanear os códigos QR que hai ao lado de cada noticia

Educación para o consumidor. Consumindo responsablemente Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o consumo responsable. O obxectivo do Consumópolis é ofrecer á comunidade escolar unha ferramenta dinámica e práctica que contribúe ao desenvolvemento dos consumidores actuais e futuros. O alumnado de 6º realizábamos os venres o concurso. O funcionamento da primeira fase podédelo ver na presentación a través do código QR. Na segunda fase había que crear un blogue sobre o consumo responsable da Internet.

Ecopreguntoiro de RadioVoz Ecovoz é un concurso de radio en galego que consiste en que varias persoas dunha mesma escola compiten con outro equipo doutro cole a través da radio. Este concurso está realizado por Radiovoz, La Voz de Galicia e Sogama. O concurso faise nos estudos de RadioVoz. Para poder entrar no concurso tivemos que facer unha serie de tarefas: - Ecofoto. - Ecoconsello. - Ecovisita. - Ecovídeo.

Non podíamos ter faltas de ortografía xa que seríamos directamente penalizados e expulsados.

BET Project Proxecto europeo eTwinning sobre paxaros e árbores en colaboración con Turquía e Grecia. Para ver algunha das actividades escaneade o código QR e veredes como se anillan os paxaros. 6º Nivel

43


O día 10 de outubro de 2016 os nenos de sexto fomos a un campamento de inmersión lingüística en Peares (Ourense). Fixemos moitas actividades. Quedámonos a durmir alí unha noite. Saímos da escola as 8:30 horas e tras un longo camiño por fin chegamos. Nada mais chegar alí estaban esperándonos os que serían os nosos monitores.

Ensináronnos as instalacións, asináronnos as nosas habitacións e dixéronnos quen serían os nosos compañeiros de cuarto. Alí tiñamos uns monitores cos que fixemos moitas actividades.

Rebumbio Matemático O rebumbio matemático é un concurso de Galicia, onde todos os coles poden participar, pero teñen que inscribirse antes do 1 de marzo. Os equipos que participan constan de 3 persoas cada un. O concurso é de matemáticas, e consta de 3 fases: a fase do centro (antes do 30 de marzo), a fase zonal (no mes de abril) e a final galega (no mes de maio). Este ano o noso centro, tivo a sorte de poder participar no concurso 6º Nivel

44


PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO DO CEIP PLURILINGÜE SAN MARCOS Con este proxecto pretendemos implicar ao alumnado, profesorado e ao conxunto da comunidade educativa na necesidade de levar unha vida activa e saudable, propiciando un incremento da actividade física realizada no ámbito do centro educativo e promovendo a súa

extensión ao ámbito persoal do alumnado. Buscamos tamén inculcar unha serie de hábitos saudables no referente a unha correcta alimentación e á seguridade e prevención de riscos na práctica de actividade física. Con este propósito decidíronse impulsar medidas para fomentar un ocio activo durante os recreos así como ofrecer recursos ao alumnado para utilizar autónomamente durante o seu tempo de lecer en días de choiva.

A través do programa Xogade, da Xunta de Galicia, tamén se participou na competición de campo a través de deporte escolar galego, que tivo unha grande acollida por parte do alumnado, participando un total de 123 alumnos/as dende o 2º ata o 6º curso. Ademais dentro deste marco, tamén está pendente a realización dunha sesión práctica de béisbol por parte do CBS Cambre con tódolos cursos de Primaria, durante o terceiro trimestre, para que coñezan mellor esta disciplina deportiva e descubran as posibilidades que existen para a súa práctica no tempo libre.

45


Dende a área de Educación Física estase fomentando unha práctica autónoma e responsable de actividade física tratando de darlle ao alumnado as ferramentas adecuadas para que poidan levalo a cabo e tamén unha formación adecuada en canto a alimentación e saúde. Neste eido realizouse un traballo de primeiros auxilios coa axuda de Cruz Vermella de Betanzos na realización das sesións prácticas e tamén están aprendendo os beneficios de levar unha dieta equilibrada así como os alimentos máis nocivos para a saúde e as súas consecuencias no noso organismo. Por último destacar algunha das actividades que están programadas para o que falta de curso vinculadas a este proxecto, como por exemplo a participación na “20ª carreira contra a fame” organizada polo centro en colaboración coa ONG Acción Contra a Fame. Esta carreira une a actividade física coa solidariedade e cos valores positivos que todo deporte pretende transmitir.

O alumnado faise consciente da realidade social e permíteselles incidir directamente sobre estes problemas e ser parte activa das medidas para palialos.

Outra das actividades planificadas para o final de curso é unha saída lúdico -deportiva á área recreativa de Beche. Esta xornada consiste no desprazamento en bicicleta ao embalse e a realización de actividades de kayak e xogos populares e tradicionais durante esta xornada. Adrián Seijoso Educación Física

46


Axenda 21 Escolar Galega O presente ano foi declarado pola ONU como Ano Internacional do Turismo Sostible. Este sector industrial representa un gran motor económico para moitos países. Como exemplo máis próximo fixémonos en Galicia, onde é responsable do 11% do PIB e do 12% de emprego na comunidade, sendo estas cifras moi similares en España. Se extrapolamos estas cifras a nivel internacional, supón o 7% das exportacións mundiais, o 9% dos postos de traballo e o 10% do PIB mundial. Esta claro que á vista das cifras esta actividade supón unha gran fonte de riqueza que non se pode obviar de cara a un desenvolve-

mento económico e social dos países. O ano internacional aspira a fomentar un cambio nas políticas, nas prácticas das empresas e nos comportamentos dos consumidores que axuden á sostibilidade do sector turístico para que este poida contribuir de maneira efectiva á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible marcados na Axenda 2030 da ONU. Esta decisión súmase ao recoñecemento por parte dos países na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible (Río). E lembremos que foi aquí neste mesmo foro onde se aprobou un dos seus documentos máis relevantes: a Axenda 21. Tal como se indica neste documento, para facer realidade este proxecto é necesario pensar globalmente para actuar localmente. As iniciativas cara á sostibilidade deben desenvolverse a todos os niveis posibles: individual, colectivo, empresarial, municipal, escolar, etc. A sociedade, e por tanto o sistema educativo, debe orientar o seu comportamento cara aos obxectivos de equilibrio ambiental e sostibilidade. Neste sentido, os centros educativos son un lugar idóneo para aprender a comportarse de forma sostible na práctica diaria e as familias deben colaborar e fomentar estes comportamentos, apostando por un futuro de equilibrio na relación da sociedade co medio ambiente. Nós, co noso proxecto e dentro das nosas posibilidades intentamos concienciar ao alumnado da importancia das condutas sostibles.

Todas as cousas cercanas e lonxanas están eternamente ligadas entre si. Non poderás arrancar unha flor sen perturbar as estrelas. Francis Thompson (1859-1907) Poeta inglés

Javier Quintas Coordinador Axenda 21

47


Como podemos actuar cos dispositivos que dispoñen de conexión a internet? Información e formación para as familias

Neste apartado da revista normalmente falabamos do que se facía no centro relacionado coa informática, proxectos ou retos a conseguir. Neste número, e despois de analizar os datos que imos recollendo no centro, consideramos preciso abordar como podemos xestionar nas nosas casas aspectos relacionados co uso de Tablet, teléfonos e conexión a internet e como os nosos fillos e fillas se poden ou deben relacionar con estes dispositivos. Son referencias, normalmente publicadas por organismos de recoñecido prestixio neste eido ou ben publicacións e novas aparecidas nalgúns xornais ou revistas. Esperamos que vos sexan de utilidade. Nota: Poñeremos os titulares de cada artigo, nova ou publicación e ao seu carón un código QR para quen queira ler a información completa o poida facer a través dunha aplicación do dispositivo móbil que lea códigos QR.

José Fariña Coordinador E-Dixgal

48


Plurilingüismo Pois un ano máis con Andaina para contarvos o que se fixo en plurilingüismo neste curso 2016/17 no que por problemas alleos totalmente a nós non puidemos gozar da presenza dun auxiliar de conversa pero iso non afectou ás nosas ganas de traballar. Seguro que xa sabedes que este ano continuamos a traballar no proxecto celta. Cada curso estivo centrado nunha das nacións celtas e foi un dos temas clave no entroido. En plástica fixemos as bandeiras que ondeamos no desfile Un dos traballos que máis nos gustou este curso foi o dos xoguetes con

material de refugallo. Temos que admitir que nos picou a Aprendemos a facer retratos amosando emocións: sad, happy, angry or surprised

curiosidade despois de ver os traballos que fixeron os alumnos e alumnas da aula amarela que nos pareceron fantásticos e, como non

Fixemos tamén moitos outros traballos, moitos

queriamos ser menos, decidi-

deles dedicados á decoración dos corredores do

mos imitalos.

colexio ou da biblioteca. Sempre tratamos de colaborar en alegrar e ambientar os espazos comúns, gústanos axudar e ver que podemos contribuír a dar luz ao lugar onde cada día traballamos e aprendemos. Deixámosvos ata o curso que vén coa esperanza de que o próximo ano poidamos aproveitarnos das novas experiencias que os auxilares de con-

versa aportan á nosa vida cotiá..

Gloria Rodríguez Coordinadora de Plurilingüismo

49


Un curso máis e de novo unha chea de actividades encheron e enchen cada día a nosa biblioteca que non se queda no espazo que fisicamente ocupa no centro, senón que es-

tende a súa influenza

Contamos con visitas que aportaron moito á

a outros lugares que

comunidade educativa:

nos permiten gozar do

Amanda Barciela, biólo-

pracer de ler e apren-

ga que traballa no Se-

der. Como cada ano Marquiños observou a nenos e nenas de todos os

cursos deste colexio. Viu como todos eles, sen ex-

negal co equipo de Jane Goodall contounos o que pasa no Congo cos chimpancés polos peri-

cepción, preparaban as súas

actividades

para

compartir cos seus compañeiros e así, entre todos, aprender un pouquiño máis de moitas Erica Esmorís, autora do libro Nena e o mar que leron no club lector os alumnos de 6º e que visitou a nosa biblioteca para contarnos como foi a experiencia de escribir, como xurdiu a idea e o proceso dende esa primeira luz ata ver o libro nas librarías ou telo nas nosas mans. En fin, unha chea de experiencias que fan que cada día sexa diferente, que fan da nosa biblioteca un lugar vivo, activo,

cheo Gloria Rodríguez - Biblioteca

de viven-

50


Durante os 9 anos que estivemos neste colexio, pasaron moitas cousas, dende infantil ata 6º fomos aprendendo moito. O primeiro día de escola non sabiamos o que nos esperaba pero Zaida e Susana axudáronnos a asimilar todo o que nos agardaba. No tempo en que estivemos en infantil pensabamos que todo era debuxar, repasar letras...Cando nos iamos afacendo a todo iso, pum, primeiro! Faciámonos maiores, non era o mesmo,todo cambiara. Comezamos primaria da man de Teté e Rocío, en segundo uniuse Fernando, e deixounos Teté. En terceiro, cambiamos de compañeiros e tamén de mestres, coñecemos a Conchita e a Fátima, que nos guiaron polo bo camiño, Fátima tivo que marchar do cole, o bo foi que veu Sonia unha mestra que xa coñecíamos. Volvéronnos a cambiar de compañeiros e comezou quinto, coñecemos aos mestres que nos levarían cara ao instituto en sexto. Comprendemos o que significaban as palabras: interese e esforzo. Fixemos moitos proxectos como Consumópolis ou Ecovoz.

51


Nunca esqueceremos aos mestres que nos acompañaron e motivaron durante este tramo da nosa vida, Mariló unha gran orientadora cun gran corazón, Miguel coas súas sumas que remataron gustándonos, Teresa que coas súas clases conseguía arrincarnos un sorriso, Gloria que intentaba sacar o mellor de nós, María Xosé coas súas cancións que facían especiais os días de festa, Carlos que aínda que non puidemos pasar con el todo o tempo que quixeramos fixo o que puido, Sofía que ademais de axudar aos que teñen dificultades coa Lingua amosounos unha forma divertida de crear textos literarios, e por último os nosos últimos mestres deste colexio: Jose e Puri, aos que sempre lembraremos como uns segundos pais para todos nós. Tampouco esqueceremos aos amigos que levamos de aquí. Queremos dar as grazas a Gloria e a Miguel por todo o esforzo nos musicais que tanto nos divertían, tamén queremos dar as grazas ás coidadoras e ás cociñeiras polo seu esforzo á hora de aguantar os nosos berros e por suposto a Luís por tantas veces que mandamos o balón fora da nosa vista e el sempre tiña un sorriso á hora de axudarnos. Nunca esqueceremos este centro, nin a todas as persoas que nos acompañaron nesta viaxe. Os recordos que levamos de aquí permanecerán sempre no noso corazón.

52



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.