Andaina 2012

Page 1

Nerea Sรกnchez 5ยบ


Hai un ano, Andaina, desde as súas páxinas amosaba a serie de novidades que o curso pasado sucederon no noso Colexio: edificio novo para educación infantil, proxecto Abalar, seccións bilingües... Pasado un ano os referidos proxectos están asentados e no noso horizonte está en amplialos e consolidalos. A revista segue a dar os seus pasos e mostrar á comunidade educativa unha escolma do traballo de todos. A min soamente me cabe felicitar a todos polo seu esforzo e desexar que nestes tempos de dificultade saibamos navegar para levar todo aquelo ao que aspiramos a un porto seguro e que Andaina apareza o curso próximo cun sorriso amplo para celebrar outro curso cheo de obxectivos cumpridos.

José Miguel Blanco Director SUMARIO

Portada Introducción ………………….. 1 Presentación ………………….. 2 Ed. Infantil Proxectos ………………. 3 Saídas ………………….. 6 Debuxos ……………….. 9 Contos …………………. 10 Ed. Primaria Proxectos ………………. 12 Textos ………………….. 14 Saídas …………………. 25 Letras Galegas ……………… 27 Entrevista ……………………. 30 Proxecto A21EG …………. 32 Biblioteca ……………………. 39 Proxecto Abalar …………… 42 Programas coas linguas …. 44 Exposición fotográfica …… 46 Pasatempos …………………. 47 Despedida …………………… 50 Contraportada

E.N.D.L.

Neste ano 2012, a revista Andaina continúa “facendo camiño ao andar” chegando ao número 12 da súa edición. Tan curiosa coincidencia, como non podía ser doutra maneira, deriva nunha fantástica escolma de traballos feitos con moito agarimo, resultado do esforzo e cooperación (aspectos que tanto se demandan neste ano internacional do cooperativismo) de todo o alumnado e profesorado do centro. Esperamos que todo o que aquí vai, vos guste moito e pasedes un ratiño divertido. Despedímonos cunha fermosa cita de Valentín Paz Andrade (homenaxeado das Letras Galegas deste ano): “A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se deberá interpor na comprensión do seu destino”. Deica o vindeiro curso!

1


Outro ano máis, e unha nova “andaina”. Coma sempre, a nosa escola desenvolveu unha chea de actividades… Coma sempre, algunas son as que xa coñecemos, as que entran dentro da rutina laboral do alumnado, proxenitores e docentes. Coma sempre, outro ano tratando de innovar, de avanzar e, coma sempre, de intentar mellorar. Coma sempre, tivemos o noso magosto, que este ano veu con moita présa, como querendo adiantarse a un inverno que foi e non foi. Seguimos descubrindo e celebrando as nosas tradicións, coma o Samaín, o Nadal e o Entroido… Coma sempre, continuamos conmemorando as diferentes celebracións institucionais, como o Día da Paz, que en realidade teriamos que celebrar todos os días. Coma sempre, celebramos a nosa cultura na “Semana das Letras”, traballando coa figura á que se lle adicou este ano o “Día das Letras Galegas”: o intelectual e político Valentín Paz Andrade. Coma sempre, durante esta andaina, quixemos coñecer un pouco máis aos membros da nosa comunidade… un pouco da nosa “pequena historia” e da nosa xente, tanto no particular, como sucede coa entrevista que este ano lle adicamos a José Miguel Blanco (director do Colexio), coma no xeral, a través de actividades como a fermosísima Exposición de Fotografías Antigas que se levou a cabo na Biblioteca do Centro, na que participaron – Grazas, coma sempre! – moitos membros da nosa comunidade educativa. Coma sempre, tamén este ano queremos lembrar os múltiples proxectos nos que participa o noso Centro, proxectos pensados para integrarnos máis no mundo que nos arrodea, como o cuidado do Medio a través de Axenda21, o uso e coñecemento das novas tecnoloxías – Abalar e Libros Dixitais (gran novidade deste ano) –, continuando a participación do 3º Ciclo nun Proxecto bilingüe – usando o inglés como lingua vehicular para outras áreas didácticas –, e o Proxecto Lector da Biblioteca, no que participa todo o alumnado e profesorado do Centro ao longo do curso. Coma sempre, esta revista que tes entre as mans, tamén pretende ser resumo e recordatorio das outras moitas actividades que se realizaron ao longo deste ano: as saídas escolares, aportacións do alumnado e, por que non?, un pouquiño de entretemento na sección de pasatempos. Coma sempre, esta revista tamén ten ese anaquiño que cada ano reservamos para os alumnos e alumnas que rematan a súa andaina entre nós para empezar unha nova singladura… pero que non nos deixan de todo… En fin… de corazón esperamos que a disfrutedes… Coma sempre!

2


“Mural de la luna” (Joán Miró) - Realizado polo alumnado de Ed. Infantil

3


3 anos No segundo trimestre os nenos de 3 anos B estivemos traballando o inverno, entre outras moitas actividades fixemos un mural dun boneco de neve con diversos materiais: pintura de dedos, papeis, rotulas, plasti… Gustounos tanto como quedou que nos animamos a facelos pero máis pequenos e con plastilina, fixemos churros e boliñas de distintas cores e despois de unilos quedáronnos así de xeitosos os bonequiños. Que vos parecen? Estamos feitos uns artistas! Os de 3 anos B

4


Os nenos e nenas de 3 anos da Aula Laranxa estamos a traballar nun proxecto que se chama “EXIPTO”. Dende aquí queremos amosar as cousiñas que estamos a aprender: -Que é un deserto e que é un oasis. -Ten un río chamado Nilo que está cheo de crocodrilos -Que son as pirámides e para que as utilizaban -A mascota dos exipcios era o gato -Tiñan amuletos da sorte (nós tamén elaboramos os nosos) -Os reis chamábanse Faraóns e o máis coñecido foi Tutankamon -Tiñan o seu propio alfabeto (co que fixemos os nosos nomes) E como nos gusta moito creamos un pequeno recuncho na aula onde temos un mural, una maqueta, contos e películas, os nosos amuletos… A que está quedando ben???

5


...Fomos de concerto

4 anos Cristina Grela 4 A

Saímos: “C.I.A.M. e Encoro Abegondo — Cecebre

Alex C. Liñares 4A

Aitana Vázquez 4 B 6


contos…. contos…. contos... “A Bruxa”

María Gómez 4 A ”Martiño na noite de Reis”

Xana Blanco 4 B “Tento e mailo dente”

Breixo Pedreira 4 B

7


“Proxecto Exipto” Pergamino

5 anos

Yeray Méndez 5A Cadro abstracto realizado coa técnica do soprado

Autorretrato

Adriana Bermúdez 8


9


Un conto: “Bessie a bolboreta” / “Bessie buterfly” Iria Lagoa 3 A

Sabela Gracia 3B “O noso disfraz” Marcos López 4 A Sofía Rioboo 4 B O souto Daniela Barros 5 A 10


REPRODUCIMOS UN CADRO DE KANSINSKY CON OBXECTOS DO XIMANSIO

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B

11


12


13


14


15


o DIARIO DE SIMÓN Venres, 16 de febreiro Como un neno normal da miña idade érgome, aséome e preparo as miñas cousas para ir á escola. O estrano da miña vida é que son cego e axúdome cada día dos sons, dun bastón e dos meus “ollos” que se chaman Luna. Ela é a miña cadela lazarillo e faime a vida máis doada. Aprendo na escola como os demáis nenos pero utilizamos o Braille. Hoxe é venres e pola tarde vou cos meus amigos á piscina. Aprendín que aínda que non vexo podo aprender e disfrutar das cousas que me rodean. Sábado, 17 de febreiro Hoxe non hai escola e érgome sen présa. É importante que Luna esté ben, hoxe ocúpome do seu baño e un paseo. Luna hoxe pode descansar porque nas miñas clases de pintura non a necesito. Cada sábado a miña nai acompáñame a miña clase de pintura. Non distingo as cores pero o meu mestre axúdame. Encántame traballar con distintas texturas e imaxino o mundo á miña maneira. Aínda que poida parecer o contrario a miña vida é moi parecida á de calquer rapaz de 12 anos. Lucía Moar 6º B

16


17


18


19


O cómic de ...

Lucía Beade 6º B 20


ez

ni Da

ér le P

21

A


Celebrando o entroido DISFRACE DE BEBÉ Necesitas: -Un globo, un cordón, unha carpeta, unha tea, unha bolsa, uns rotuladores, unha tesoira e un bote de leite. 1º Paso Babeiro: Coller un trozo de tea, plasmar unha plantilla e recortar por fóra, facerlle un burato para a cabeza e colorealo. 2º Paso Chupete: Hai que coller unha bolsa, cortar as asas cara abaixo polos dous círculos, nun dos círculos hai que facer un burato máis pequeno, inchar un globo de auga e atalo. 3º Paso Cueiro: Hai que coller unha bolsa, cortar as asas cara abaixo polos dous lados, pegar as asas e poñelo. 4º Paso Gorro: Podes traer un feito con unha bolsa ou cun gorro de ducha. 5º Paso Podes traer uns leggins ou unhas medias, tamén tes que traer un polo branco o un xersei rosa ou azul. 6º Paso Se tes uns zapatos brancos tráelos e se non, traes os calcetíns máis vellos que teñas e recortámolos baixos. 7º Paso Poñerse o disfrace e divertirse na festa.

Marcos L. Casares Noemí Barros David Barros 5º A

22


ESTROFA 1 (todos) No entroido deste ano, imos recordar a vida. Comezamos cos chupetes, rematamos abueletes. RETROUXO Bailamos no Entroido, pasámolo moi ben. Todos participamos, a vida imos ver. ESTROFA 2 (3º ciclo) Os bebés xa non queremos, desa papa esmagada. Queremos comer lacón, e cachiños de empanada. (Retrouxo)

ESTROFA 3 (2º ciclo) Somos os adolescentes, a idade da rebeldía. Protestóns, impertinentes, dando a vara todo o día. (Retrouxo) ESTROFA 4 (1º ciclo) Aquí estamos os adultos, que guapos e resalados. Xa deixamos o colexio, e temos que ir ao traballo. (Rerouxo) (ESTROFA 5 (Ed. Infantil) Os velliños de Abegondo, somos xente moi festeira. Cando chega o Entroido, imos todos á carreira. (Retrouxo)

O entroido deste ano foi o meu entroido máis divertido. Este ano, ao segundo ciclo, tocounos disfrazarnos de adolescentes. Eu viñen de “chico rapeiro” e como levaba unha gorra posta e a capucha por riba, pouca xente me recoñeceu. Os do primeiro ciclo ían de adultos, os de terceiro ciclo de bebés e os de infantil ían de vellos. No recreo da mañá comemos roscas, filloas e orellas que estaban moi, moi ricas. Cando fomos ao desfile, Sofía chamounos e saímos correndo das gradas, aproveitamos para cantar a nosa estrofa que era “Somos os adolescentes, a idade da rebeldía. Protestóns impertinentes, dando a vara todo o día”. No comedor comemos fideuá e chocolate con barquillos de galleta. Este entroido paseino moi ben. Estela García 4ºB

23


CARREIRA DE ORIENTACIÓN 2012 A carreira de orientación consiste en buscar cun mapa e unha brúxula unhas balizas e pinchar cunhas pinzas unha tarxeta para indicar que pasamos por alí. Ao chegar á meta tes que ter marcadas todas as balizas do recorrido. Nesta carreira pode participar todo tipo de público, incluídos os minusválidos, ás veces algunha familia corre co seu can ou van cos amigos.

Para a carreira de orientación fan falta uns materiais específicos. Estes materiais son: mapa da zona, brúxula, caneleiras, roupa deportiva e zapatos para o monte. 5ºA 24


“O souto”

Samuel Delgado 4ºB

Emma Ferradás 1ºB

Sara García 1ºA 25


O castro de elviña O mércores 16 de Novembro fomos a unha excursión ao Castro de Elviña. O Castro de Elviña foi habitado no século III ou IV antes de Cristo e quedou desabitado no século IV despois de Cristo. A monitora contounos que no Castro de Elviña había unhas 3 ou 4 murallas e un manantial. Había dúas casas redondas que eran das máis antigas e tamén había casas máis modernas e longas que o seus tellados eran de tellas e os das primeiras eran de palla e barro. Tamén nos dixo e ensinou que algunhas casas tiñan marcas con pedras de cor amarela, para saber onde facían o lume. O Castro de Elviña, polas súas vistas, era un lugar estratéxico. Destaca a parte máis antiga do castro que se chama a croa e está na parte máis alta. Dentro das murallas do recinto destaca o alxibe con dúas escaleiras para baixar a coller auga, tamén destaca a casa da Exedra que é das máis modernas, xa que era de forma rectangular. Outra casa famosa é a casa do tesouro onde se encontraron tres pezas de ouro macizo que están no Museo do Castelo de San Antón.

Debuxo do Castro

Noé Pedreira 4º B 26


Facemos poesías da nosa terra Nun recuncho de Galicia eu nacín, crieime e medrei onde todo o mundo me coidaba. Sempre o recordarei. Terra galega, hai que dar grazas polas túas cores, os teus ríos, prados e bosques pero sobre todo pola túa xente. Ainoa Calviño 5ºB

Galicia esa terra querida esa terra tan amiga que, cando te enfadas, nunca che da as costas, eu sempre pensaba que ela se enfadaba. A verdade, eu estou feliz porque encántame Galicia o seu aroma galego pero o que máis me gusta é que todo é verde, que hai moitos animais preciosos, Daniela Rey 5ºB

Galicia cos seus prados verdes, e que todos queredes. Bonita e con mal tempo, pero non vén mal un vento. O avó conta o conto arredor da fogueira, pola noite, xusto cando nos toca a sobreira. De festas imos por que así nos divertimos. A súa bandeira parece só unha raia, pero é máis que iso, é unha patria. No meu corazón permanece Galicia cheo de choros e ledicia. Galicia ensinoume todo o que sei,

Galicia é tan bonita que ten marabillas. O noso idioma é tan galego que ás veces cometemos erros. No colexio ensínannos inglés pero non se nos dá ben… Lara Mazás 5ºB

Paula Mosquera 5ºB

27


Letras galegas 2012

Valentín Paz Andrade

V

alentín Paz Andrade, escritor, avogado, xornalista, político e empresario é a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2012. Naceu en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril de 1898, o mesmo ano no que España finalizaba o seu Imperio Colonial coa perda de Cuba e Filipinas, situación que marcou a toda unha xeración. Fillo dun concelleiro desta capital, estudou nesta cidade ata que marchou a Santiago de Compostela, onde realizou a carreira de Dereito, que rematou en 1921. A esta época pertence a súa obra narrativa Soldado da morte. Tamén empeza a desenvolver a súa actividade como político galeguista, participando na “II Asamblea Nacionalista”. É aquí onde por mediación dun tío seu (tamén poeta) coñece a Castelao, que marcará a súa ideoloxía e obra. Xunto con el e outros intelectuais participou no Anteproxecto do Estatuto de Galicia de 1931. Tras colaborar e dirixir diferentes xornais que se movían nesta liña ideolóxica chegou, en 1934, a ser secretario do Partido Galeguista, pero a victoria nacional en Galicia, tras o estalido da Guerra Civil, rachou con todos estes proxectos e supuxo a retirada de aqueles que pronto se convertirían en inimigos do sistema. Paz Andrade axudou a moitos a fuxir cara ao exilio, e dende o seu status xurídico prestou apoio legal a outros contra os que o novo réxime xa tomaba represalias. Isto, e a constante denuncia política por medios periodísticos, púxoo no punto de mira das autoridades, que o condenaron a repetidos “desterros” en pobos de Galicia e outros lugares do país, así como numerosas detencións. Finalizada a guerra, centrou máis a súa actividade no mundo da industria, especialmente na área da pesca e o dereito marítimo, o seu desenvolvemento e significado para a economía galega. Nesta época publica numerosos ensaios sobre economía e industria, e centra as súas actividades empresariais e laborais neste campo, sendo impulsor e vicepresidente da empresa Pescanova e membro técnico da Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO), chegando a ser o primeiro especialista español desta organización en Hispanoamérica. Pero este home polifacético nunca deixou de lado as súas inquedanzas ideolóxicas nin culturais e sociais, e continuou participando activamente en xornais, na creación de tertulias literarias e coa súa producción poética (Pranto matricial (1954) e Sementeira do vento (1968)). En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega na que pronunciou, na súa investidura, un discurso sobre a galeguidade. Despois da morte de Franco, retomou a súa actividade política: formou parte da “Comisión dos 10” da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Gallega, cargo que exerceu ata 1979. Nestes anos publica os libros de poesía Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985). O 19 de maio de 1.987 faleceu en Vigo.

28


VeĂąo da morte, irmaos, e no fardel, pouco trouxen pra vos: cicatrices de ferro nas palavras.

V. Paz Andrade (Vigo, 1962)

Alumnado de 6Âş

29


Este ano entrevistamos a unha persoa que ao longo do tempo vén sendo o mellor representante do espíritu deste Centro: o noso director José Miguel Blanco Fernández. Nas súas respostas apreciaredes o seu labor sempre procurando a mellora do centro, así como a súa calidade persoal e humana. Grazas Miguel Alumnado 4º

1º-Que lle levou a tomar a decisión de ser director? Ao xubilarse a anterior directora, Lourdes, propuxéronme dirixir o Colexio. Eu xa tiña unha experiencia noutro centro, e aceptei. Ao curso seguinte xa me presentei na convocatoria correspondente. 2º-Cantos anos leva neste centro? E como director? Teño destino desde o ano 1992 , pero por motivos familiares incorporeime en setembro do ano 1999. Como director dende o 1 de setembro de 2006. 3º-Estivo noutros colexios antes do C.E.I.P. de San Marcos? Estiven en catro colexios: Alborada de A Coruña, San Vicenzo de Vimianzo, Ramón de Artaza de Muros e agora no San Marcos de Abegondo. 4º-Na organización do centro, atópase con moitas dificultades? Non, porque conto coa colaboración do resto do Equipo Directivo, dos compañeiros/as e cos demais compoñentes da comunidade educativa. 5º-Que é o que máis lle gusta do seu traballo? E o que menos? O que máis me gusta é estar co alumnado e o que menos, ter que tomar decisión que non son agradables. O certo é que esto último ocorre poucas veces. En xeral traballar na escola gústame e por iso sempre valoro máis o positivo. 6º-Preséntanse moitas dificultades á hora de coordinar o traballo dos Mestres? Non, porque conto coa boa colaboración do profesorado. 7º-Cal é a parte máis desagradable de ser director? No desempeño da miña función o importante é cumprir co deber. Certo é que hai momentos desagradables, pero sempre intento ver as cousas polo lado positivo. 8º-Ocúpalle moito tempo o traballo de dirección? Bastante tempo. Procuro que a maior parte sexa fóra do horario escolar.

30


9º-Cando os nenos/as se portan mal e lle piden que os perdoe, que pensa antes de contestarles? Ás veces, aínda que o merezan, intento castigar o menos posible, procuro reprender e non castigar. 10º-Que quería ser de pequeno? Sempre quixen ser mestre. 11º-A que dedica o seu tempo libre? Gústame moito ver deportes, practicalo non porque xa son maior. De xoven xoguei ao baloncesto, pero non era moi bo. Tamén me gusta pasear e estar na casa. 12º-Que soño lle gustaría ver cumplido en breve? Seguir traballando sen sobresaltos e cando chegue o momento descansar. Por agora estou contento e disfruto co que teño. 13º-Gardas algún recordo especial dos anos que levas neste colexio? En xeral, de tódolos colexios, sempre hai momentos que recordar. 14º-Que sente vostede cando o alumnado de 6º finaliza os estudos neste centro? Teño un sentimento contradictorio, por un lado sinto pena porque se marchan despois de moitos anos xuntos e por outro, alegría porque se cumpliron os obxectivos do seu paso polo Centro. 15º– Miguel, pensa vostede en alguna novidade para o colexio de cara ao curso 2012-2013? Algunha hai pensada, pero antes de dicila hai que estudiala co resto dos membros da comunidade educativa. Hai que estar a buscar sempre proxectos de mellora para o noso Centro, aínda que ás veces non se cumplan.

31


A auga, un ben escaso e ... Contaminado Parece mentira pero é así. Pensar que ao noso planeta tamén se lle denomina Planeta Azul porque as tres cuartas partes son do líquido elemento e ao mesmo tempo dicir que é un ben escaso semella unha clara contradicción. Sen embargo se analizamos a situación dun xeito máis profundo veremos como esa aparente incoherencia esvaécese pouco a pouco. Se contemplamos o noso planeta veremos que a maior parte da súa superficie está ocupada por auga, pero non toda ela posúe as cualidades que a fan apta para o seu consumo. Observade: Auga salgada de mares e océanos, algo máis dun 97% Xeo arredor dos polos, arredor dun 2% Auga de ríos, lagos e atmósfera, non chega a 1% Se estes datos os reflectimos nun gráfico verémolo con máis claridade

A auga que captamos para o seu consumo procede principalmente da porción máis pequeña que vemos no círculo. Proseguin1 2 do coa análise, sabemos que na ac3 tualidade aproximadamente o 70% dos ríos, regatos e lagos do mundo están contaminados por actividades humanas. Nesta contaminación inflúen elementos procedentes de residuos urbanos, da agricultura, da gandería e da actividade industrial. Os plásticos, certos metais -moi perigosos para os seres vivos- o petróleo e os residuos radiactivos ademáis de perxudiciais son moi difíciles de eliminar. En principio, toda a auga que entra nos nosos fogares é potable e devólvese á natureza contaminada. Para evitar isto existen depuradoras de augas residuais, pero non todas as poboacións contan con este tipo de instalacións e nalgúns sitios onde si as hai, non funcionan. Debemos pensar ademais que o proceso de potabilización é complexo e cómpre un gasto enerxético que repercute no prezo final da auga. Sabedes que a auga tamén se lle chama ouro azul? E todos sabemos que o ouro non é precisamente un metal abundante, pero si costoso. Aforremos toda a auga posible non só pola economía, senón tamén pola saúde do noso planeta para que se poida seguir chamando Planeta Azul.

32


Encoro de Beche ( Folgoso)

Durante o presente curso e dentro do seu proxecto da Axenda 21 Escolar Galega, o centro adicou unha parte do seu programa a divulgar e concienciar ao alumnado da importancia que ten a auga. Enmarcado neste programa e auspiciado polo Concello de Abegondo dentro do proxecto Aqua-Plann (para máis información, pódese consultar esta páxina: http://www.aquaplann.eu/ , o alumnado realizou unha serie de saídas e visitas asesoradas por persoal técnico …

Así os alumnos de 1º, 2º, e 5º acudiron á parroquia de Figueroa onde pudieron observar o funcionamento dun muíño, ademáis de comprobar o uso da auga como forza motriz para mover as moas encargadas de transformar o grao en fariña. Os alumnos de 2º ciclo desprazáronse a Beche (Folgoso) onde está situado o encoro que surte de auga á rede distribuidora do Concello. Os cursos de 5º e 6º a través dun obradoiro no colexio e unha visita á estación depuradora de A Telva, observaron todo o proceso desde a captación das augas ata o seu consumo.

Muiño de Figueroa

E, por último, os máis pequenos tamén puideron participar nestas actividades divulgativas sobre a importancia da auga, visitando o encoro de Abegondo-Cecebre que ademáis de servir de reserva hídrica a área de A Coruña, serve de reserva natural a moitos animais e plantas.

Encoro de Abegondo-Cecebre

Javier Quintas

33


Borja Cadavveira 4ยบ A

34


Visita a un muíño Os muíños son moi antigos e non adoitan atoparse normalmente. E tampouco se conservan moito. Os muíños hidraúlicos funcionan con auga, os muíños eólicos funcionan co vento que tamén e unha forma de producir enerxía solar, a enerxía eólica é un termo, describe o proceso polo cal o vento se utiliza para xenerar enerxía mecánica ou electricidade. Un muíño é un artificio para moer algo, o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra que se chama moa e moe os cereais que van caendo nunha caixa.

Pau de moega Garabato Espicela Moega Adella Tarabelo Moa / Ollal Pousadoiro Sentadoiro Trabe de alivadoiro Alivadoiro Pau do alivadoiro Farneiro Culler das penas Canela Cabazo

Partes dun muíño

Argolas Pau da Porca Aro das Penas Rodicio Vara Pena Pexadoiro Porca Pé Cubo Espera Canle Cargadeiro Veo Árbol Aguillón

Daniela Fariña - Marcos L. Vilas - Nerea Sánchez 5ºA

Sandro Rey 1º B

Paula Sánchez 1ºA

35


AFORREMOS AUGA E NON CONTAMINEMOS EN ABEGONDO Recomendacións dos alumnos /as de 4º A, para aforrar auga e evitar a súa contaminación, porque é un recurso imprescindible para a nosa vida. -Usa o lavalouzas coa carga completa. (Nico) -Non deixes a billa aberta mentres lavas os dentes. (Silvia) -Asegúrate de que as billas da túa casa estean ben pechadas ou que non goteen. (Noa) -Dúchate e non te bañes, aforrarás moita auga. (Iria) -Deposita as pilas no contenedor adecuado, poden contaminar a auga. (Antía) -Cando te duches, cerra a billa mentras te enxabonas. (Miguel) -Cando laves o coche, cerra a billa mentras o enxabonas. (Arón) -Para regar usa mangueiras de goteo. (Samuel) -Non tires o aceite polo fregadeiro. (Borja) -Reducir a capacidade de auga da cisterna do inodoro, introducindo botellas ou outros obxectos. (Carmen) -Rega as plantas nas horas que quente pouco o sol. (Hugo Torreiro) -Usa deterxentes biodegradables ou ecolóxicos, non contaminan a auga. (Nerea) -Non contamines os ríos, porque están cheos de vida. (Hugo de la Iglesia)

4ºA COMO AFORRAR AUGA O xoves 8 de marzo viñeron uns doctores que se chamaban DOCTOR NEM e DOCTORA NAM. E bueno, o que nos contaron foi un par de reglas: canta auga gastamos ao día, que deberíamos facer para gastar menos auga, ensináronnos unha gotiña que se chamaba Gotín. Ensináronnos o ciclo da auga que tamén era o mesmo que o ciclo de Gotín, fixemos un xogo, eramos catro grupos, semellaba o parchís, so que nos facían preguntas sobre os debuxos que aparecían nas casillas, sobre o que facían ben e o que mal, o grupo que gañou foi o grupo tres, ao final déronnos un cómic que se chamaba ECOPATRULLA.

Aida Torreiro, Pablo Mazás, Marcial Bello 5ºA

36


E.I. 5 A– 5 B

37


XOGUETES FEITOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os alumnos/as de 5 anos B saben o que significa coidar o medio ambiente, por iso organizouse unha xornada para facer xoguetes con material que nun principio o seu destino era o lixo. Estes xogos son un exemplo pero podemos facer moitos máis.

“Encestabóla” Consiste en meter a bóla azul no medio. “Canastra” Débese meter a bóla dentro.

“Tiradisco” Debemos meter o disco no centro. “Xogo de construcción” (Feito con rollas). “Tres en raia” (Feito con cartón).

Ed. Infantil 5 B

38


POLA DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DESDE A BIBLIOTECA Un dos obxectivos da biblioteca é contribuír ao desenvolvemento do currículo. Isto é: programar actividades que lles permitan aos nenos e nenas practicar en contextos reais o que deben aprender na escola sobre lingua e literatura e sobre o galego. Por iso organizamos actividades onde teñan que expresarse de verdade e ante un público real. As actividades que se lles propoñen son contar contos, recitar poesía, ou facer teatro a partir de pequenas historias.

Noutras ocasións, practican ante os demais como expoñer un tema formativo usando presentacións de ordenador.

Hai pouco até presentaron un traballo sobre os volcáns.

Até tivemos quen se botou a escribir a súa propia obra de teatro:

A familia Loureda Esta obra foi inventada por dúas nenas de 6º e interpretada por 7 persoas en total.

39


Pero sen dúbida, se hai que resaltar un contido ao que máis actividades se lle dedicou foi á poesía. O tema xurdiu nun grupo de 2º onde quixeron organizar un recital poético cun dos seus libros preferidos

FAFARRAIOS de Gloria Sánchez. Trátase dunha autora galega á que se lle concedeu o Premio Merlín 1990 pola obra aquí presente Fafarraios. Conseguiu tamén o Premio Lazarillo 2000 outorgado á mellor obra de literatura infantil e xuvenil escrita en calquera das linguas do estado español polo seu libro Chinto e Ton publicado na editorial SM (colección O Barco de Vapor). Ese mesmo ano concedéronlle ademais un premio internacional : o premio White Ravens concedido en Alemaña a obras de literatura infantil e xuvenil consideradas máis destacadas. Con isto o alumnado practica a memorización de textos e aprende cales son algunhas escritoras e escritores de poesía máis importantes do panorama literario actual galego: Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro, Ana Mª Fernández, Fran Alonso, Antón Cortizas, Concha Blanco, …

Poesía

Desde nenos e nenas de Educación Infantil até os maiores de Educación Primaria, pasaron pola biblioteca para recitar ante os demais compañeiros e compañeiras.

Sofía Arrebola

40


Este ano fixemos unhas actividades moi divertidas. Unha delas foi describir animais estraños que se parecían a obxectos coñecidos. Consistía en escribir o noso propio texto en forma de carta, noticia, ficha ou diálogo, sen mirar para o que fixo o autor, e logo expoñelo na biblioteca. A cada un deses “animais” inventámoslles un nome: Maricé para unha bolboreta semellante a un pecho de porta, Budy unha serpe con forma de cremalleira, Golfiplátano golfiño con forma de plátano como o seu nome indica, Mouchocortiza é un moucho a xeito de tirarrollas, o Pulfres é un animal descoñecido con forma de fregona e polbo. Todo isto representámolo na biblioteca o día 12 de marzo.

Tamén fixemos unha obra de teatro chamada Manu. Manu era un neno moi peculiar que lle gustaba moito mergullar a cabeza na bañeira, pero a nai non lle deixaba. Un día cando se bañou mergullou a cabeza, e entroulle auga nos oídos. A súa nai mandoulle ir facer uns recados pero escoitou todo mal por culpa da auga. Cando a nai viu unha bolsa chea de cousas que non precisaba caeu de cu.

5ºB OS VOLCÁNS Neste traballo cada colaborador falou de algo distinto: 1-Zahida dos volcáns máis importantes como o Teide. 2-Lydia dos tipos de lavas que teñen os volcáns. 3-Daniela das rochas e minerais volcánicos como a calcedonia. 4-Fran das curiosidades dos volcáns como os volcáns submarinos. 5-Marcial dos movementos sísmicos que fan os terremotos. 6-Ángela dos tipos de volcáns que hai no mundo. No traballo, cada participante fixo unha presentación do seu tema, ao final mezclamos todas as presentación nunhas diapositivas. Neste enlace está o vídeo da presentación: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmarcos/blog/39/os-volcans Tamén fixemos un experimento da erupción dun volcán que o atopamos nun libro chamado “A terra”.

5ºA

41


Hai un ano, no anterior número de Andaina, falabamos da posta en marcha do proxecto Abalar coma un punto e aparte a moitos anos de traballo en favor da introducción das novas tecnoloxías no noso centro. As dúas aulas de quinto nivel traballaron durante todo o curso no proxecto e ao final plantexóusenos a posibilidade de acollernos a un programa piloto de libros dixitais para o alumnado de sexto nivel. E así chegamos a este curso polo que transitamos: O proxecto Abalar que xa abarca a todo o terceiro ciclo de educación primaria e o plan piloto de libros dixitais para 6º nivel. No que se refire ao proxecto en si mesmo podemos consideralo, tras casi dous anos de experiencia, como moi positivo e cremos que estamos na liña adecuada para aportar ao noso alumnado os medios axeitados para lograr unha boa formación. En canto ao proxecto de libros dixitais temos que admitir as dificulades de principio de curso en varios temas como puideron ser a obtención temperá de licenzas, a adecuación do libro de inglés á plataforma dixital e sobre todo a dificultade de traballo do alumnado nas súas casas pola falta de conectividade. Pouco a pouco fomos minimizando os problemas e a día de hoxe e cos resultados académicos parece que pode chegar a ser unha boa forma de ter o libro do alumno.

42


Sen embargo pensamos que aínda haberá que resolver bastantes dificultades para que podamos falar de deixar o libro de papel polo libro dixital. Estas dificultades están máis nos medios técnicos (tamén no tamaño das pantallas) que temos no rural que no propio libro dixital. Salientar que non todos os nosos esforzos se centran no terceiro ciclo, pola aula de informática segue a pasar todo o alumnado desde os tres anos cunha perioricidade semanal, pois seguimos a pensar que o manexo dos ordenadores e demais medios tecnolóxicos é de gran utilidade na formación de todo o alumnado. Finalizamos coa nova da participación dun grupo de alumnos de sexto nivel na “mostra do ensino”, que se celebrou en A Coruña entre os días 11 e 14 de abril. A nosa participación consistiu na celebración dunha clase de Coñecemento do Medio en sexto nivel impartida polo seu profesor-titor utilizando o libro dixital e a realización de actividades sobre o tema na aula virtual, na que ademáis da actividade tiñan a súa disposición outra serie de recursos. José Miguel Blanco

Mostra do ensino (13/04/12). Celebración da sesión docente. Tema: “O relevo español”

43


Seccións bilingües Este curso seguimos a ter a sección bilingüe de plástica no terceiro ciclo. Cada vez parécenos unha experiencia máis positiva xa que, aparte de disfrutar da materia en sí mesma, podemos practicar un chisco máis a lingua que parece ser universal e iso... sempre está ben!!! Gustaríanos ampliar esta oportunidade a máis ciclos, incluso a todos, se é posible, porque por máis voltas que lle damos ao conto, non vemos máis que vantaxes, e por que non beneficiarnos todos no cole desta magnífica oportunidade? Tal e como van as cousas, parece que o inglés vai ter un papel moi importante nos anos que están por vir, así que, temos que aproveitar todas as oportunidades que a administración nos vai poñendo á man. Non vos parece?? Iremos vendo o que se pode facer e , coma sempre , grazas a todas as familias que nos ledes, porque sempre podemos contar con todo o voso apoio.

Gloria Rodríguez Portfolio Europeo das Linguas Na actualidade estamos inmersos nun proceso de multiculturalidade e multilingüismo, e a escola ten que ser partícipe desta situación, por iso durante este curso implementamos un novo proxecto europeo en niveis de infantil e primaria no centro. É o Portfolio Europeo das Linguas. Este documento está avalado polo Consello de Europa, e pretende apoiar e dar recoñecemento á aprendizaxe de Linguas propias e estranxeiras e ás experiencias interculturais de todo tipo. É un documento personalizado de cada alumno e alumna deseñado para crearlles a rutina de rexistrar o seu propio proceso de aprendizaxe que seguen na adquisición das diferentes linguas (materna, segundas linguas e linguas estranxeiras) e culturas coas que están en contacto. Serve para anotar os seus avances, marcarse novas metas, recoñecer como e cando se aprende dentro e fóra da escola e reflexionar sobre as súas experiencias persoais valorando os seus progresos. Toma como referencia o Marco Común Europeo de Referencia para o ensino e aprendizaxe das linguas. Consta de tres partes: Biografía, Pasaporte e Dossier. Na biografía os alumnos, e alumnas recoñecen e analizan as linguas que os rodean e as que están no seu entorno próximo: na súa familia, nos seus amigos, a través dos medios de comunicación… O dossier permitiralles clasificar as actividades que realizan dentro e fóra da escola e tamén aprenderán a discriminar entre as aquelas que foron máis enriquecedoras para gardalas e lembralas no futuro. Gárdaranse todos os traballos que eles consideren importantes. O pasaporte de linguas axuda a tomar conciencia da autoavaliación e de como facelo, tendo en conta as distintas destrezas que integran a comunicación: escoitar, falar, conversar, ler e e escribir. Agardamos tamén que todas as familias se vexan implicadas amosando unha actitude positiva que anime aos nenos e nenas a descubrir novas formas de aprender.

Rocío Iglesias 44


eTwinning eTwinning é un proxecto no que estamos integrados 5ºA e5ºB. Nel falamos en inglés con outros nenos e nenas doutros países e lugares. No que levamos de proxecto falamos con nenos e nenas de Grecia por vídeo conferencia. Ó principio non nos organizamos moi ben pero ao final arranxámolo. Aínda nos queda falar cos nenos de Liverpool, esperamos que despois de falar con eles haxa máis !!!

IDIOMAS This activity was done by the pupils of 5 grade A together with the teachers Ana & Gloria / Nesta actividade participamos a clase 5ºA e

as profesoras Ana Muíño García e Gloria Rodríguez Doel. It was really great and a good opportunity for us to learn English in a different way / A actividade foi moi divertida para todos e unha boa

oportunidade para aprender inglés dun xeito diferente. Distribution / Reparto: Marie / María: Alexia. Mum / Nai: Ángela. Bat / Morcego: Pablo Mazás. Ant Queen / Raíña das formigas : Nerea. Army of ants: The other part of the class. / Exército de formigas: A clase que falta

fixo este papel

Rhinoceros / Rinoceronte: Noemí. This play: This work was played for children of the first and second cycle and for the fifth grade / Esta obra fixémola para os nenos e nenas

do primeiro e segundo ciclo e para os de quinto curso. Alexia Fernández - Ángela Fernández 5ºA

45


As nosas vidas están cheas de lembranzas, lembranzas que non queremos nin podemos perder. A fotografía é a mellor maneira de plasmar estos momentos únicos para cada un de nós, de evadirnos de certas realidades ou mesmo de sumerxirnos nelas. Vendo ou mesmo facendo fotos, podemos ser capaces de ver cos “ollos dos demáis”, de capturar a beleza, de expresarnos libremente, de recoñecer o verdadeiro valor dos recordos… Por estes e outros motivos, naceu a exposición fotográfica “Lembranzas do pasado”; ca fin de valorar como se merece a fotografía, verdadeira canle de expresión da vida a través do tempo. Unha forma de conectar co pasado e evocar miles de emocións. Queremos dar as grazas de todo corazón a todas aquelas persoas que fixeron posible que esta proposta saíse adiante. Coa axuda de todos, puidemos conformar o “gran álbum do noso pasado”.

Alumnado visitando a exposición

Pais na exposición

E. N. D. L.

46


47


David Gómez Carlos Casal Saray Roel Sara Caamaño Yago Paradela Noa Codesido Aldara Riooboo Lucía Caamaño Paula Vázquez 3ºB

A ver se consegues atopar a palabra segreda. Hai máis dun camiño para poder saír do labirinto.

Álvaro Rey 6ºB

48


Sudoku regulín, regulán

Sudoku con un pouquiño máis de aquel

SOPA DE LETRAS (Provincias españolas) ALBACETE ASTURIAS BADAJOZ BALEARES CIUDADREAL GRANADA GUIPUZCOA MELILLA PALENCIA PONTEVEDRA SALAMANCA

49


Que vos vaia moi ben !!!

O que sinto eu

Tras nove anos

non se pode describir con palabras

dame pena marchar

pois hay tantas experiencias

pero para diante hay que mirar

que quedarán olvidadas.

porque algúns quedaranse atrás.

Espero que non se me olviden todas

Seguro que vos botarei de menos

porque foron moitas e boas.

a profesores e nenos.

Angélica Pérez 6º

50


Daniela Fariña 5º A

E. N. D. L. - MAIO 2012

Iván Veiras 5º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.