Consumopolis12 - Parte I

Page 1

CEIP Plurilingüe San Marcos - Abegondo Consumópolis 12 Curso 2016-17

Organización, desenvolvemento e metodoloxía


Planificación, organización e xestión da participación no concurso. Coas aulas participantes (principalmente 6º de Educación Primaria) en Consumópolis fixemos os equipos mezclando alumnado das dúas aulas. Ao estar participando no proxecto Abalar/Edixgal, dispoñemos de aulas virtuais onde ademais do material dixital dos proxectos mencionados, o profesorado podemos crear novos espazos de aprendizaxe e traballo.


Comenzos do concurso e 1ª fase: Nun primeiro momento amosamos a información do concurso, bases, ligazón á páxina do concurso. En base a esta información, pedíanselle dúas tarefas ao alumnado: Tarefa individual: describir o avatar, dándolle “vida”, describindo tanto rasgos físicos coma de personalidade. Para iso empregamos como exemplos como se describen os Pokemon (axudados polo coñecido xogo Pokemon Go!) http://www.pokemon.com/es/pokedex/ e os Abatons (http:// www.abatonsworld.com/es/) Tarefa colectiva: ler e intercambiar opinións entre o grupo para ser quen de describir e entender o que tiñan que facer no concurso, fases, actividades, probas,…


2ª fase: Para o traballo da segunda fase centrámonos en facilitarlle a documentación (presentación) facilitada pola organización para amosar o que se lles pedía, temáticas e algunhas ligazón a recursos que viran en actividades coma Navega con Rumbo ou que no Plan Director da Garda Civil lles nomearan. Ademais da documentación pedíaselles unha tarefa orientada a ir preparando a memoria final na que se lles pedía que completaran un documento con información relativa á xestión do grupo, temáticas, materiais,… Aproveitamos esta tarefa para falar de aspectos coma a propiedade intelectual, licencias para reutilizar información (principalmente imaxes e videos) ou as políticas de privacidade asociadas a algúns servizos e aplicacións (redes sociais por exemplo).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.