Triptico d o

Page 1

Campo da Feira s/n. 15318. Abegondo-A Coruña.

CEIP Plurilingüe San Marcos

Robert Sylwester

“A emoción dirixe a atención, e a atención dirixe a aprendizaxe”.

Departamento de Orientación


Obxectivos O noso obxectivo final é o de facilitarlle ao profesorado, ao noso alumnado e as súas familias: 

R. Doisneau.

Quen somos

Apoio e asesoramento preciso para enfrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade (primeiros días no cole, cambio de ciclo ou etapa...).

Resolución de conflitos de relación interpersoal.

Detectar e tratar dificultades que aparezan na súa aprendizaxe e que non se solucionen coa axuda do/a titor/a.

Proceso Para solicitar a intervención do Departamento de Orientación, o/a titor/a deberá seguir o seguinte proceso: Ante a presenza de reiteradas dificultades do alumnado (ás cales como titor non é quen de darlles solución polo seu carácter específico), solicita a intervención por parte do Departamento de Orientación; para iso, deberá cubrir un “informe de solicitude” para posible valoración. No caso de que se decida intervir, farase unha identificación das necesidades específicas a través dunha avaliación psicopedagóxica (previa autorización da familia), para darlle unha resposta educativa, organizativa e curricular axeitada.

O Departamento de Orientación é un servizo co que contan a maioría dos centros educativos da nosa comunidade; no noso centro, está composto polas seguintes persoas:

1 Orientadora.

2 especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT).

1 especialista en Audición e Linguaxe (AL).

1 coordinador por cada ciclo (Ed. Infantil e Primaria).

1 Coidadora.

Funcións 

Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos nosos alumnos.

Deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas en todo o proceso educativo dos seus fillos e fillas.

Asesorar e proporcionar materiais, axudar aos compañeiros no centro, servizos externos...

Organizar a reposta educativa daquel alumnado que precise dunha axuda máis específica.

«Para nós, o máis importante é a educación emocional, educar en e a través da emoción».

Se queres poñerte en contacto con nos... CEIP Plurilingüe San Marcos. Campo da Feira s/n, 15.318. Abegondo (A Coruña) Telf.: 981-673.052 ceip.san.marcos@edu.xunta.es Banksy

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanmarcos/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.