Revista Dameuntoke n10

Page 1

A revista da mocidade de Narón

REVISTA NÚMERO 10 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Asociación Xuvenil Xeración: voluntariado con espíritu internacional | Kedadas da Mocidade Creativa! | Usuari@s de Honra da Biblioteca 2014 | Amor = Respecto | Que me recomendas? | Nun segundo cambia a túa vida! | Nelu, un mozo efervescente


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os luns de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición .

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2013 Fotografía Mar a Vieira “Mavi” Revista subvencionada pola Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Sumario 04 Asociación Xuvenil Xeración: voluntariado con espíritu internacional Estivemos falando con Fran Sequeiro, un rapaz do Alto, que falaba o “inglés do instituto” e un bo día lle colleu gusto a viaxar...

10 As Kedadas da Mocidade Creativa! O pasado decembro tiveron lugar estas reunións de mocidade creativa organizadas pola Concellería de Mocidade e Deportes do Concello de Narón, non fuches?

12 Usuari@s de Honra da Biblioteca 2014 Máis de 15000 soci@s, tod@s importantes pero só uns poucos os escollidos. Descubre por que gusta tanto a Biblioteca Municipal do Alto.

14 Amor = Respecto Que podes facer, quen te vai a axudar, onde chamar...

18 Que me recomendas? Ofrecémosche as últimas recomendacións que nos chegan dende a Biblioteca

20 Nun segundo cambia a túa vida! A primeira causa de mortandade entre os menores de 35 anos son os accidentes de tráfico. Lede algúns dos consellos que nos envía o Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón

23 Nelu, un mozo efervescente! Descubre a vida dun cantante de coro, metido a Antena Informativa do Concello e que ten por frase favorita “ As mellores cousas da vida despeitean!”


Asociación Xuvenil Xeración: voluntariado con espíritu internacional En DMTK estivemos falando con Fran, un rapaz do Alto, de 26 anos, que é un dos fundadores de Xeración. Que que é Xeración? Para eso quedamos con el, para que nos explicara un pouco máis que son e como traballa este grupo na promoción do voluntariado galego. 4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


DMTK: Benvido ás nosas páxinas Fran! Comeza contándonos un pouco quen é Fran? Fran: Os meus colegas dirianche que Fran é un Willy Fog da vida... Teño 26 anos e, dende que cumprin os 18 viaxo todo o que poido. Nestes últimos anos visitei máis de 30 países e estiven a vivir en 5 neles. Ademais gústame escribir así que combino ámbalas dúas aficións nun blogue de viaxes (sinpasaporte.es) do que aproveito para facer un pouco de publicidade. DMTK: Xeración nace hai menos dun ano, en maio do 2013, por que nese momento? Que carencia ou necesidade detectastes na sociedade? Fran: Pois a idea xurde da maneira máis insospeitada. Un día falando cun amigo por Skype comenteille no que estaba a traballar en Polonia, daquela colaboraba cunha fundación de Lodz promocionando o voluntariado internacional. Faleille da rede social de voluntarios que acababamos de lanzar e así falando decatámonos de que non existía ningunha cousa do estilo en Galicia. Pensamos que sería unha boa idea crear unha plataforma sinxela e visual na que poñer en contacto asociacións e voluntarios. Tiñamos a idea, pero faltaban os cartos, así que cando descubrimos a convocatoria de Iniciativa Xove da Xunta xa non tiñamos excusa!. Presentamos un proxecto como grupo informal coa sorte de que o aprobaron e puidemos crear a plataforma. Foi ó presentar a web cando dixemos...”E por que non nos poñemos como asociación?” Foi así como naceu Xeración Asociación Cultural. DMTK: Cales son os obxectivos da Asociación? Fran: A nosa intención é a de dar a coñecer proxectos de voluntariado a nivel galego e europeo, facendo de altofalante dese tipo de propostas interesantes ás que a maioria da xente nova non ten acceso. DMTK: Cantos sodes en total na Asociación? Estades abert@s a novas incorporacións? Que requisitos hai que cumprir para formar parte da Asociación? Fran: A día de hoxe no Xeración Team estamos oito persoas novas de diferentes partes de Galicia. Hai unhas semanas que uns amigos de Gandía rexis-

traron a delegación de Xeración Valencia. A nosa idea é que Xeración sexa unha incubadora de ideas. Así que quen teña algunha idea ou proxecto con un rendemento social e precise de apoio, é benvid@ a unirse ó noso Team. DMTK: Comezades dentro do Programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, como vos enterades deste programa? En que consistíu este apoio? Fran: Se mal non lembro foi na páxina de Xuventude.net onde descubrimos o programa. Para quen non o coñeza Iniciativa Xove é un programa da Xunta que subvenciona con ate 4.000 euros ideas levadas a cabo pola mocidade galega. Limos a convocatoria e comprobamos que cumpliamos os requisitos así que dedicimos escribir un proxecto (15 páxinas nos levou!). Nel explicabamos polo miúdo a nosa idea da plataforma de voluntarios e debímolo facer ben, porque nos deron os cartos necesarios para pagar ó programador e ó deseñador. DMTK: Posteriormente vos constituídes como asociación, xa de xeito formal. A miúdo, á xente nova dalle medo o tema do papeleo, temas legais,... foi moi complexo este proceso de formalización? Fran: Pois sinceiramente é algo que a Administración debería mellorar. Lémbrome que cando estabamos cos trámites chanceabamos coa idea de que na Xunta traballan con pombas mensaxeiras polo tempo que tiñamos que esperar calqueira notificación. Hoxe en día existen ferramentas informáticas moi potentes que poderían facer que crear unha asociación fose tan sinxelo e rápido como abrir unha conta en Twitter. Penso que esta sería a mellor maneira de promover o asociacionismo... De tódolos xeitos tampouco quero dar a entender que crear unha asociación é misión imposible. Simplemente é un proceso que hai que facer con tempo e algo de paciencia. DMTK: Que forma legal escollestes á hora de crear Xeración? Sodes unha ONG? Por que esta forma e non outra? Fran: Cando tes un grupo de amigos con ganas de facer cousas de maneira un pouco formal a solución máis natural é a de constituir unha asociación.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


Ese formato ofrece un montón de posibilidades e resulta verdadeiramente accesible. No noso caso tiñámolo claro. O único que nos fixo dubidar é se queriamos ser asociación xúvenil ou cultural. Ó final inclinámonos polo segundo xa que, ainda que todos os socios somos xente nova, non queremos pechar as portas a xente maior que teña boas ideas. DMTK: A vosa presenza é máis virtual que física, non si? Canta importancia teñen as novas tecnoloxía para a vosa “Xeración”? Fran: Hoxe en día cun portatil e unha conexión a Internet pódense facer marabillas. Grazas á maxia da rede podemos escribir proxectos ou coordinar o traballo sen necesidade de ter que reunirnos todos os socios no mesmo sitio ó mesmo tempo. A nosa filosofía é a de evitar as ataduras que supoñen, nas asociacións tradicionais, as maratonianas asembleas de socios. O noso funcionamento é máis flexible. Usamos Google Docs ou Wikispaces cando escribimos proxectos, Trello para repartirnos as tareas e Skype para comunicarnos. Grazas a estas ferramentas aforramos tempo e cartos á hora de organizarnos. De tódolos xeitos, sempre é necesario organizar algunha que outra xuntanza, non tanto para traballar (o traballo facémolo na casa) senón máis ben para motivarnos mutuamente e sentirnos implicados no que estamos a facer. DMTK: Tedes algunha sede aberta ao público? Fran: Temos ganas de abrir un Punto de información Eurodesk. Sería un espazo no que compartir a nosa experiencia e coñecementos ofrecendo unha información máis personalizada a todo aquel que teña ganas de meterse no mundo dos proxectos de mobilidade europeos. Está claro que resulta moito máis motivador ter un sitio no que poder resolver dúbidas cara a cara que tentar responder preguntas só con Google. En todo caso isto soamente é un proxecto e todo dependerá do apoio que teñamos para facelo real.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

DMTK: Que servizos ofrecedes dende a web? Que tipo de información atopamos nela? Fran: A nosa web (xeracion.org) ten duas seccións principais. Por un lado temos un mapa interactivo onde ONGs de toda Galicia poden publicar actividades (cotiás ou puntuais) e nas que precisan que un voluntario lles bote unha mán. Os proxectos aparecen ordenados xeográficamente e por temáticas para que todo aquel que teña intención de doar o seu tempo libre poida atopar facilmente o proxecto que máis lle interese. Por outra banda temos o blogue, onde publicamos tódalas ofertas de cursos, prácticas e proxectos relacionados co voluntariado nacional e internacional que chegan as nosas máns.


Unha das solucións ao desemprego está nas cooperativas, nas asociacións e demáis institucións da economía social. Se ninguén vai vir a dar traballo haberá que crealo!

DMTK: Como se financia esta Asociación? Con que apoios contades? Fran: O feito de que Xeración sexa unha asociación “na nube” fai que teñamos poucos gastos. O maior custo (a creación da web) foi sufragado polo programa de Iniciativa Xove, mentres que os custos de funcionamento cúbrense coas cotas dos socios. Para proxectos futuros máis ambiciosos contamos có apoio de institucións europeas. DMTK: Agora estades traballando en varios proxectos internacionais de cara o verán, financiados pola Comisión Europea e polo Consello de Europa, podes adiantar algo? Fran: Nestes intres estamos a deseñar diversos encontros e cursos con asociacións socias que temos no estranxeiro. Non podemos confirmar nada, porque todo depende da aprobación de ditos proxectos, pero posiblemente ofertemos, no verán, prazas subvencionadas para participar en actividades en Estonia e no Reino Unido.

DMTK: Outra das vosas liñas de traballo nestes momentos é o tema do autoemprego dende a perspectiva da economía social, que significan “estes palabros” Que andades argallando dende Xeración? Fran: Esta claro que o gran problema que afronta a xente da nosa xeración é o do desemprego. Rematas os estudos e vas directamente ó paro (se non a prácticas non remuneradas). Pensamos que unha das solucións a esta problemática esta nas cooperativas, nas asociacións e demáis institucións da economía social. Se ninguén vai vir a dar traballo haberá que crealo! E, que mellor que facelo apoiándose mutuamente? A esta conclusión chegamos varios socios de diversos países nun curso no que coincidimos en Lituania en xaneiro. Desde entón estamos a deseñar un proxecto que permita dar a coñecer as posibilidades de autoemprego que temos @s moz@s de 8 países europeos e do Mediterráneo. A nosa intención é organizar unha serie de xuntanzas nas que poidamos intercambiar exemplos de iniciativas empresariais xuvenís exitosas co fin de exportalas a outras realidades.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


mentres que polo outro hai moz@s que se senten desmotivad@s para facer cousas (@s famos@s nini). Comparados con outros países aquí somos un pouco extremos. En Alemaña, por exemplo, non se atopan tant@s “frikis” hiperactiv@s pero a mocidade en xeral si que están máis implicados (en asociacións, partidos, voluntariado...).

DMTK: E non parades aí...network? democracia participativa? lobby xuvenil? Fran: Si, o de network fai referencia á rede de contactos de asociacións que temos por toda Europa. Esta é unha xente coa que compartimos ideas e coa que estamos a colaborar dunha maneira ou doutra. Un dos proxectos que estamos a coordinar nesta network é o de 4Democracy. Tratase dunha plataforma de coñecemento na que compartir propostas que axuden a estender o concepto de democracia participativa. Cremos que democracia non pode significar tan só votar cada 4 anos, ten que implicar participar na vida pública como cidadáns activos, actuando como un lobby para defender os nosos intereses. Neste senso, Xeración participará e defenderá os intereses da mocidade galega nos encontros con eurodiputados que se celebrarán con motivo da Semana Europea da Xuventude en Estrasburgo. Temos aberta unha tormenta de ideas (na que invitamos a todo o mundo a participar) baixo o hashtag #TeñounhapreguntapraUE DMTK: Vos que estades en contacto coa realidade da xente nova, como definirías á Mocidade galega? Fran: Polo que eu vexo aquí a xente nova esta moi polarizada. Explícome, por unha banda hai “peña” super activa que está metida en todos os “fregados”

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

DMTK: E centrándonos na realidade máis local, como vedes a situación de Narón e da bisbarra? Fran: A bisbarra? Persoalmente penso que estamos a sufrir dúas traxedias. Aquí tan só nos adicamos a un par de cousas...E claro, sendo tan dependentes, pois pasa o que pasa: que se algún destes sectores se afunde a cidade desaparece. Como Detroit. A outra traxedia (pode que causa do anterior) é que estamos nun curruncho. Quén chega aquí é porque realmente ven aquí, e claro, iso ten as súas consecuencias. Aquí non se da o intercambio de ideas que acontece nas cidades que son “de paso”. E así temos a seguinte secuencia: non inspiración = falta de iniciativa = economía dependente = cidade que se vai ó “tacho”. DMTK: Que solucións pode aportar Xeración? Fran: Desafortunadamente non temos ningunha variña máxica que solucione esta situación. Con todo, se vemos como un problema a falta de iniciativa, pensamos que a mellor solución e facer que a xente (sobre todo a nova) viaxe, descubra outras realidades, aprenda doutras xentes e que despois volva chea de ideas coas que facer renacer a nosa cidade. Nós queremos promover iso, ofrecendo posibilidades á mocidade para que saia a ver mundo, a facer amig@s e para que se traia de volta unha mentalidade máis cosmopolita que axude, pouco a pouco, a mudar as cousas. DMTK: Que respaldo tedes dende o Concello de Narón? Como vos están axudando? Fran: Contamos co valioso asesoramento e a axuda técnica da OMIX de Narón DMTK: Como poden contactar con vós? Fran: Escribíndonos un correo electrónico a info@ xeracion.org ou a traves das redes sociais: fb.com/ xeracion.team e seguíndonos en Twitter @Xeracion


Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n 9


Kedada de Mocidade Creativa! Buscando alternativas Kreativas

As Kedadas As Kedadas de Mocidade creativa estiveron organizadas pola Concellería de Mocidade e Deportes do Concello de Narón. As sesións celebráronse os días 19,26 e 28 de decembro do 2013 no salón de usos múltiples Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Dende a Concellería propuxéronse 3 obxectivos principais para a celebración desta xornada: Ofertar á mocidade de Narón, con estudos superiores (Universitarios ou FP), un espazo de asesoramento e debate para orientar e localizar alternativas reais de traballo, emancipación e información estratéxica útil para el@s. Adestrar á mocidade no manexo de técnicas

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

útiles de análise de información, dinámica de grupos e xestión de proxectos. Canalizar as demandas da mocidade asistente cara accións formativas ou de asesoramento para o autoemprego e a localización activa de traballo ou ingresos económicos.

Por que as Kedadas? A necesidade de celebrar estas Kedades foi detectada dende a Concellería de Mocidade e Deporte, partindo dun dato curioso, que por selo non deixa de ser real: a alta porcentaxe de paro entre a mocidade universitaria da comarca. Como consecuencia, buscouse tomar contacto con esta realidade entrando de cheo na análise desta situación cos protagonistas.


O kontido Ingredientes: 30 moz@s con estudos superiores. moderadores ao gusto: o equipo profesional de Sobre Rodas Solucións, un técnico e unha técnica municipal e a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida. Tempo de duración: 3 sesións de 2 horas. Proceso de elaboración: Axitar unha boa cantidade de temas dos que falar: Autoxestión organizada Análise e avaliación de información Selección de información útil para o emprego Clasificación de intereses persoais d@s asistentes Mapa estratéxico de organización persoal Coñecemento aplicado útil na búsqueda de emprego, ingresos económicos e información innecesaria Asesoramento e itinerarios personalizados Que proxectos persoais e colectivos son posibles en Narón e comarca? Engadir unha pregunta no aire: “Cales son as chaves que nos permitirán chegar máis axiña ao mundo laboral e/ou económico?”.

As Konklusións? Sempre “positifas”, nunca “negatifas”... As conclusións foron moi positivas, tanto no referente á participación como en propostas e demandas de asesoramento de cara a: afrontar unha idea de proxecto empresarial con seguridade aprender a defenderse e falar en público utilización de novas tecnoloxías e redes sociais de forma eficaz estudo de competencia e viabilidade Estas Kedadas son un laboratorio para que a mocidade poida preguntar, debater e traballar sobre alternativas útiles, directamente aplicables á súa vida cotiá no ámbito do emprego, de busca de ingresos, sobre emancipación, participar en proxectos europeos, de lecer... e sempre co asesoramento de expert@s!

Esta acción compleméntase coas accións que desenvolve a Concellería de Formación Laboral relacionadas coa formación en “transferencia de coñecementos”.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


Tod@s somos importantes, pero queres coñecer @s...

Usuari@s de Honra da Biblioteca 2014

pola súa actividade, vinculación coa Biblioteca e participación nas actividades e servizos ofertados na Biblio. Queredes saber quen foron? Os Usuarios de Honra 2014 adultos:

A Biblioteca Municipal do Alto chegou hai unhas semanas aos 15000 socios, non está nada mal! Celebrámolo?

15000 socios 15000 persoas son moitas! Para que vos fagades unha idea: Vilalba (Lugo) ten aproximadamente 15000 habitantes! Pois imaxinade, poderiamos crear unha cidade só coas persoas asociadas a esta institución municipal do Alto. Para celebralo, o pasado 8 de febreiro o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mari Carmen Espada, ofreceron unha recepción ao socio número 15000 da Biblioteca para darlle a benvida oficial. O seu nome: Salvador Fernández Fernández, veciño de Xuvia, socio dende o pasado 31 de xaneiro.

Usuarios de Honra Ademais distinguíronse dez “Usuari@s de Honra 2014”. Estes usuari@s destacaron durante o 2013

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Carmen Castro Vales Iván Paulo Valente Lorenzo Manuela Solla Díez Esperanza Porta Rodríguez Jorge Marcos González Baamonde Os Usuarios de Honra infantís (menores de 14 anos): Miguel Rodríguez Collado Álvaro Pita Canosa Juan Romero Durán Anxo Garrote Pereira Alicia Garrote Pereira

Que puidemos atopar na Biblioteca no 2013? Queredes saber por que participan tanto estas persoas! Como? Hai alguén que aínda non coñece a variada oferta de Servizos da Biblioteca? Non pode ser...A segunda parte deste artigo de DMTK é para despistad@s! Na Biblioteca Municipal do Alto puidemos atopar o típico das Bibliotecas Muncipais:


préstamo a domicilio e consulta en sala de libros e audiolibros sala de lectura aula de informática Pero olliño, que Narón mola! E a Biblio non ía ser menos! Este 2013 celebráronse os seguintes eventos: presentación de libros: “Esto no es una fábrica de sonrisas”, de Paula Merlán e “Homiños”, de Mario Caneiro. exposicións bibliográficas temáticas: houbo exposicións sobre o “Día da Nai”, o “Día do Pai”, o “Día da Familia”, “O verán” e “O Nadal”. Exposicións bibliográficas biográficas: “visitaron” Narón célebres personalidades Hans Christian Andersen, José Luis Sampedro, Antonio Muñoz Molina, Manuel Álvarez Torneiro, Clara Sánchez e un tal, Nelson Mandela. exposicións artísticas de manualidades, pintura e fotografía: Asociacións de Veciños de Doso e da Gándara, alumn@s de Piñeiros de Begoña Gorostidi, “Coidando o noso mar” do CEIDA,... contacontos: 19 sesións en total, moito conto temos en Narón! visitas guiadas: 624 persoas exploraron as tripas do edificio. Que segredos atoparían? bookcrossing: celebráronse dúas xornadas audicións musicais: música ambiental para comezar a xornada e ao rematar I Mostra do libro usado e de segunda man xuntanzas de orientación á lectura para familias...

Para facerte soci@ tes que: Entregar unha fotocopia do teu DNI en vigor. Se es menor de 14 anos e o teu pai/nai/titor vai autorizarte para usar os ordenadores, debes xuntar tamén a fotocopia do seu DNI. Entregar dúas fotografías recentes tamaño carné. Pagar a cota (0,54 euros ao ano para os menores de 14 anos, 1,07 euros para os adultos) Cubrir cos teus datos o impreso que che facilitan na propia biblioteca. Asemade, se precisas máis información podes contactar cos responsables chamando aos números 981 38 21 73 / 981 38 68 00, escribindo a biblioteca.central@naron.es ou visitando a web: http:// biblioteca.naron.es

Como me podo facer soci@? Achégate á Biblioteca, está na Rúa 25 de Xullo s/n, no Alto do Castiñeiro. O horario é o seguinte: Mañás: de luns a venres 09:30 a 13:30 Tardes: de luns a venres de 16:00 a 21:00 Sábados de 10:00 a 13:00

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


Non esquezas que...

Amor = Respecto

Que é a violencia de xénero? “todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada” Nacións Unidas.

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O dato de Amnistía Internacional Según Amnistía Internacional no 2013 morreron 52 mulleres nas mans das súas parellas ou exparellas só en España.


Primeiros indicios de maltrato nas parellas novas Críticas contínuas, culpas, esixencias desproporcionadas e repetidas maltrato verbal: insultos, descualificacións... Ignorarte, manter o silencio adrede para facerte sentir soa Falar mal de ti ás demais persoas para rebaixarte ante el e danar a túa valoración social ser autoritario, dar ordes para que te sintas obrigada a cumprir os seus desexos infravalorarte con comentarios habituais e dicindo a miúdo que non estás á súa altura Non apoiarte emocionalmente cando máis o podes necesitar Esixencias obsesivas de que te entregues totalmente á relación Comportamento posesivo, absorvente e exclusivo

Cres que estás a sufrir violencia de xénero? Relación sá é cando... ...contan as miñas opinións ...aceptamos á outra persoa coas súas virtudes e seus defectos ...nos divertimos xuntos, nos queremos e nos repectamos ...sinto que me escoitas ...te comportas igual comigo en público que en privado ...resolvemos os nosos conflitos falando ...hai confianza mútua ...recoñecemos que nos pasamos ou equivocamos …valoramos o esforzo e o traballo da nosa parella ...son libre e fago e digo o que quero ...ninguén manda sobre o outro ...amosámonos agarimo e apoio

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


Di NON aos mitos da violencia de xénero A violencia de xénero é algo aillado: NON! Cando unha rapaza di non, realmente quere dicir si: NON!

Vivo unha relación de dominio e control? Si, se... Non soporta aos teus amig@s e prefire estardes sempre sós Sempre decide el cando quedar e onde

A culpa é da moza por seguir ao seu lado: NON!

Non lle gusta que vaias por aí sen el porque non pode estar sin ti

A violencia de xénero é típica das mulleres con poucos recursos: NON!

Controla a túa maneira de vetir, a maquillaxe...

A violencia é por culpa do alcol: NON!

Se para conseguir o que quere hai veces que che fai sentir culpable

Quen ben te quere farate chorar: NON! Vano buscando, andan provocando: NON!

Se te chantaxea para manter relacións sexuais con el, poñendo en dúbida os teus sentimentos cara el Se te fai responsable da súa infelicidade Se o pon dos nervios que lle leves a contraria Se non se fía do que lle contas e o comproba Se se burla de ti e te avergoña en público Se non se interesa polas túas cousas Se tenta controlar o teu móbil e saber o que falas

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Que podo facer? acudir a centros ou recursos que atenden estes casos ( ver “ onde acudir?”) falalo con alguén en quen confíes pode axudarche, e sentirás moito alivio ao saber que non estás soa alónxate del, non o vas cambiar asume que non é culpa túa conciénciate de que el é o que ten unha idea incorrecta do amor non esquezas que o maltrato é un delito

E no Concello de Narón? O Concello de Narón programa todos os anos, actividades de sensibilización e prevención municipais para traballar con toda a comunidade durante todo o ano, entre as actividades que se están a realizar, atopamos:

Onde acudir? Son moitas as rapazas que sofren a violencia en silencio e non dan o paso de buscar axuda. Se estás nesa situación... Urxencias e Emerxencias: 112 No Concello de Narón: Servizo sociocomunitario municipal ( Praza de Galicia nº 1, 15570 Narón ou teléfono 981337700 ext 1108 ou 607603442 (24 horas), onde poderán informarte e asesorarte de balde ofrecéndoche: - Atención xurídica - Atención psicolóxica - Atención social Na asociación ALMAT de loita contra os malos tratos sita en Ferrol na Avenida de Castelao S/N, local 5, 15406 Ferrol ou no teléfono 607603442 (de atención 24 h) No CIM de Ferrol no teléfono 981944124 No teléfono de Información e orientación xeral sobre a violencia de xénero: 016

Obradoiros de corresponsabilidade

Se tes discapacidade auditiva: 900 11 016

Obradoiros de coeducación

Teléfono da muller: 900 400 272

Obradoiros de educación afectivo-sexual

Policía Nacional: 091

Asesorías de sexualidade nos I.E.S de Narón

Garda Civil: 062. Pedir falar co EMUME: Equipo de Muller e Menores.

Campaña de personal senlleiro Sensibilización contra micromachismos para adolescentes Xornadas de impacto da violencia nas mulleres con diversidade funcional

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Que me recomendas? ALMOND, David. Alas para un corazón. (Narrativa castelán). Esta é unha novela moi sinxela, directa e rápida onde se aúnan moitos temas como a separación dos seres queridos, o medo á morte, o amor e a amizade. Arrinca coa mudanza da familia de Michael, cambio que ao pequeño non lle gustará nada pero que acabará vendo como algo positivo por todas as cousas boas que lle chegan de repente. Seremos testigos do seu proceso de crecemento, da súa aprendizaxe na mellor das escolas: a escola da vida.

CAMPANARIO HERNÁNDEZ, Damián. Khalid. (Banda deseñada en castelán). Khalid é un mozo marroquí que, animado polas cartas que recibe do seu irmán maior Rachid, decide emprender unha viaxe ata Barcelona buscando un futuro mellor. Pero as cousas non han ser tan doadas como parecen e de contado terá que sufrir todos os obstáculos e dificultades que o noso continente ofrece aos inmigrantes ilegais. Como facer ben as cousas e conseguir unha vida digna cando todo parece virarse de costas?

CASALDERREY, Fina. Dúas letras. (Narrativa en galego + DVD). Nun tempo no que podemos seguir dende o noso propio teléfono móbil o percorrido do avión que leva aos nosos seres queridos, resulta inquedante poñernos na pel daqueles que, non hai tanto, agardaban durante meses as cartas dende o outro lado do océano. Dúas letras conta a historia dunha nai que, nos anos cincuenta, vive soa nunha aldea de Galiza extrañando ao seu único fillo, que leva anos emigrado na Arxentina e coa única alegría das cartas que chegan moi espaciadas no tempo. O texto está cheo de tenrura pero tamén de dureza xa que as circunstancias que relata non son alleas a case ningún galego. O libro complétase cun DVD no que atopamos unha curtometraxe baseada no texto.

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Este é un libro perfecto para poñernos na pel dos que, coma nós, son mozos do século XXI coa única diferenza de ter nacido noutro lugar e baixo unhas máis que difíciles circunstancias.


CALI, Davide. El enemigo. (Álbum ilustrado en castelán). É un precioso álbum ilustrado sobre o sinsentido das guerras. Un soldado reflexiona dende o seu agocho sobre os seus sentimentos máis profundos e a idea que ten sobre o seu inimigo, que, ao igual ca el, está agochado esperando a fin da guerra. Está claro que o inimigo é un ser monstruoso, el é o culpable da guerra. Pero no fondo, como saber cal dos dous soldados é o inimigo?

SILEI, Fabrizio. El autobús de Rosa. (Narrativa castelán). “Fue en ese momento cuando ocurrió algo increíble, un hecho extraordinario que iba a cambiarlo todo y a hacer que las cosas ya nunca más volvieran a ser como antes” No Museo Henry Ford de Detroit, un avó conta ao seu neto o día no que foi testigo dun acontecemento que ía cambiar o rumbo social dun país. Foi o día no que a súa vida se cruzou coa de Rosa Parks e puido vivir de primeira man o seu acto de rebeldía firme, pacífico e valente. O libro está ilustrado exquisitamente cunha combinación de láminas en cor ou en branco e negro para xogar cos saltos no tempo.

RIVERA ZACARÍAS, Daniela. Hablando sola. (Narrativa castelán). SIERRA I FABRA, Jordi. Tú y yo somos cuatro. (Narrativa castelán). Malu e Santiago inician unha relación anos despois do duro divorcio dela e da morte da esposa del. Están feitos o un para o outro e o amor que senten fai que as súas vidas recuperen toda a ilusión perdida; séntense coma dous nenos. Pero ademáis deles dous están Cristian e Mabel, auténticos protagonistas desta novela, os fillos adolescentes de Santiago e Malu e… xa se sabe o que pasa cando dous adultos pensan en formar unha nova familia con persoas extrañas (ou non?).

“Chega un momento na vida en que, de súpeto, todo o que nos confundía empeza a ter sentido: dámonos conta de que o que importa son as cousas que non se poden ver e que as que están á vista non sempre son o que parecen”. Esta novela non é unha novela, senón reflexións da súa autora sobre temas tan universais como o amor, a familia, as dúbidas, a depresión… coas que calquera de nós (mozos ou adultos) nos podemos identificar: “De todas as cousas que valen a pena, hai unha que constantemente pasa inadvertida: a vida” Un libro para pensar e crecer.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


Nun segundo cambia a túa vida! (Ou como di Stevie Wonder: Se bebes, non conduzas!)

Os datos Segundo os datos da OMS do 2013 no mundo diariamente prodúcense 10000 novos feridos e 3500 mortos só por accidentes de tráfico. En total, ao ano morren 1´3 millóns de persoas e 50 millóns padecen traumatismos. En España, no 2013 morreron 1128 persoas en accidente de tráfico e houbo 5206 feridas graves segundo os datos do Balance de Seguridade Vial do 2013. Un terzo das discapacidades por accidentes con vehículos de motor son debidas ao alcol, sendo o grupo de idade máis afectado o que vai entre os 14 e os 25 anos. A DGT afirma que na metade dos accidentes do 2013 estiveron presentes os psicofármacos. O 60% dos accidentes de tráfico na mocidade acontecen dende o venres á tarde ata a madrugada do domingo. concellos veciños.

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Sabías que... Cal é a primeira causa de mortandade entre a mocidade (menores de 35 anos)? a) As drogas? b) O alcolismo? c) As enfermidades? NON: Os accidentes de tráfico.

Os vellos trucos non funcionan... unha ducha fría e un café ben cargado e estou como nov@!: Esquécete! Ningunha das dúas solucións baixa o nivel de alcol no sangue se rebaixo a bebida con soda ou auga sobe menos!: Que non! O volume de alcol no vaso é o mesmo


o alcol dáme enerxía!: E dálle, mentira! Esa “enerxía” é produto do efecto euforizante do alcol agardo unha horiña e xa poido coller o coche!: Estás bébeda, Sue Ellen? Non son así as cousas! O tempo necesario para baixar o índice de alcolemia depende da cantidade de alcol que inxeriras. Canto máis consumas, máis tes que agardar. Atende: son necesarias 3-4 horas para eliminar dous vasos de alcol. quen está acostumado a beber emborráchase menos!: Non! Non é que te emborraches menos, senós que os efectos son menos visibles, con todo, sófrelos de igual xeito.

Sabes o que fai o alcol coa túa capacidade para conducir? Diminúe a túa capacidade de análise, atención, concentración e decisión o teu campo visual e altera a visión periférica a capacidade para calcular as distancias e velocidades os teus reflexos

Aumenta A túa sensación de euforia A agresividade As condutas temerarias O sono e a fatiga os teus tempos de reacción

Novat@: Acabas de sacar o carné de conducir? Olliño! Durante o primeiro ano a probabilidade de ter un accidente é 5 veces superior á que ten un condutor experimentado. A estas idades gústannos moito os riscos, os desafíos e os comportamentos temerarios: o exceso de velocidade. Non sexas parv@:

NUN SEGUNDO CAMBIA A TÚA VIDA! @ condutor/a alternativ@ e outras solucións prácticas Conductor/a alternativ@: Vas saír de festa o sábado pola noite pola Estrada de Castela, agárdante os mellores locais de moda de Narón! @ conductor/a alternativ@ é aquela persoa do teu grupo que decide non consumir alcol e que ao final da noite vai poder coller o coche con total seguridade. A idea é que cada día que saiades sexa unha persoa diferente e ir alternando. O feito de “non conducir” non ten que incitarte a beber Dalle as chaves a alguén que non bebera Retrasa a saída e agarda a que baixe a taxa de alcolemia, ten paciencia, o tempo é o único que fai que baixe Chama a un taxi ou utiliza o transporte público Se vas de pasaxeir@ dun condutor/a bebid@ debes evitar que colla o coche. Se non fai caso, e segue coa idea de conducir: non subas. Non bebas: Saír de marcha non implica ter que beber alcol. Busca bebidas alternativas.

Programa de prevención de drogodependencias no Concello de Narón: O Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón oferta todos os anos aos centros educativos de Narón dentro do programa de recursos de apoio aos centros educativos en horario lectivo, os obradoiros de prevención de drogodependencias nos que se realiza co alumnado un tratamento obxetivo da información e unha análise dos diferentes factores persoais e ambientais que están incidindo no consumo de drogas, procurando equipar ao adolescente cos recursos necesarios para ter unha actitude crítica e responsable ante o consumo. Mellora-la información do alumnado sobre o fenómeno das drogodependencia e as súas consecuencias para a saúde. Desenvolver no alumnado capacidades e recursos que lles permitan tomar decisións saudables e críticas. Prover ás/ós mozas/os da información suficiente para dispor dun mellor coñecemento dos recursos comunitarios en concepto de prevención, tratamento e reinserción.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


Educación Vial en Narón Este artigo non sería posible sen a información enviada polo o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, que está composto por Simón Cabarcos e Pedro Caneiro. Dende o 2008 en Narón o Concello, por medio de Pedro e Simón, está desenvolvendo un Programa de Educación Viaria nos colexios. Deberon de facelo bastante ben porque foron recoñecidos fora de Galicia, co premio Ponle Freno 2010 outorgado pola Fundación Mapfre en colaboración con Antena 3, polo seu compromiso coa educación viaria dos escolares.

DMTK: Pedro e Simón, contádenos un pouco quen sodes e que sodes? E Viaria: Pertencemos ao Grupo de Educación Viaria do Concello de Narón, este grupo naceu hai 8 anos, eu pertenzo á Policía Local de Narón e Simón pertence a Emerxencias Narón.

DMTK: Como xurdíu a idea de crear este equipo, un día erguédesvos e dicides: “Ala! Facemos un equipo? Imos educar á xente de Narón!” EV: Nooooon. Hai 8 anos cada un andaba polo seu lado, Simón era monitor de Educación Física no colexio de A Solaina, ademais de estar xunto con Marita e Marcelino (profesores do colexio) realizando actividades relacionadas con educación viaria. Eu dedicábame a dar charlas de educación viaria nos colexios do Concello de Narón, coincidimos na Solaina e a partir de aí empezouse a desenvolver o Programa de Educación Viaria do Concello de Naron

“Aprende Pedaleando” o cal foi crecendo ao longo dos anos.

DMTK: De onde sacades todos eses aparellos estraños que usades nas actividades? Son ideados por vós? EV: Algúns si, pero outros conseguímolos a través de Internet e de empresas relacionadas co tema. O que si ideamos son as actividades que realizamos con eses aparellos.

DMTK: Que actividades tedes previstas para esta primaveira? EV: Neste último trimestre (esperemos que mellore o tempo) faremos saídas en bicicleta dende os distintos colexios, así como actividades dirixidas a Secundaria e Bacharelato (Cinema fórum, condución con lentes que simulan alcolemia e charlas sobre o trinomio alcol, coche e fin de semana). Ademais de charlas para a terceira idade (peóns e condutores).

DMTK: Contádenos o mellor momento que vivirades como educadores, por exemplo, alguén veu a darvos as gracias, algunha anécdota graciosa... EV: Os agradecidos somos nós por permitirnos realizar unha actividade como educación viária. O feito de chegar a 4000 nenos e nenas, ademais de nais, pais, así como avós e avoas; o ver que están a desexar que empece o curso para realizar todas as actividades de Educación viaria, iso é o que nos fai continuar cada curso con máis ganas e máis ideas. Unha anécdota moi curiosa que sempre contamos nas charlas é que preguntes a quen preguntes e refírome a nenos e nenas de diversas idades: Que hai que facer cando imos en coche e o semáforo se pon en amarelo? A resposta de tod@s é “acelerar”, e preguntados “Por que?”, responden: “Porque se freas o de atrás dáme (díxomo a miña nai ou o meu pai)”.

DMTK: Onde podemos contactar con vós? EV: Na oficina que temos no Concello de Narón, na planta baixa. No teléfono do Concello extensión 2412 Teléfono directo 666438222 Correo: seguridadevial@naron.es

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


As mellores cousas da vida despeitean! Nelu, un mozo efervescente!

Nelu, realmente chámase Daniel, é un rapaz de Narón que vai ao instituto e que destaca por ser unha persoa moi activa e efervescente! DMTK: Nelu, está claro que un rapaz tan activo coma ti ten que ter un alcume, pero Nelu e Daniel son a mesma persoa? Quen é Nelu? Quen é Daniel? Nelu: Ola! Boas! Esa pregunta é moi graciosa porque sempre penso se en realidade non serei un pouco “bipolar”, haha! De feito, un amigo meu díxome unha vez que Nelu era como o neno máis modesto, que falta pouco e sempre está a pensar, e, doutra banda, está ‘’El Dani’’ que é aquel que se se enfada hai que ter medo, e que sempre está activo e decidido a facer festa. De todos os xeitos trato que se distingan pouco para que non me internen, e esas cousas... :P. DMTK: Ti fas labores de “Antena Informativa”,

pero como é a vida dunha “antena”? En que consiste o teu traballo? Que responsabilidades tes? Nelu: En realidade non é un traballo de enxeñaría nin nada polo estilo! Simplemente sempre estiven no medio de todo e coñecín moita xente polo que se me comezou a ‘’usar’’ como medio de contacto co meu instituto. De feito, non ten moitas responsabilidades, simplemente, dende a Omix do concello me chaman e me din ‘’podes colgar no taboleiro tal cousa?’” e fágoo. DMTK: Como te decidiches a ser a Antena Informativa do Concello no teu insti? Como se escolle? Nácese, ou un faise co tempo? ;) Nelu: Decidinme por ‘’esiximento’’ da Xefa de Estudos do meu instituto, xa que antes estaba no equipo de dinamización da lingua galega, e cando ela deixou de presidilo para entrar en Xefatura, díxome: ‘’Mira, ti fai o que queiras en dinamización, pero quero que sexas o meu axudante persoal’’. Logo, púxome en contacto coa técnica de mocidade do Concello porque estaba interesado en crear un coro en Narón e unha cousa levou á outra e convertinme en Antena, foi algo así como unha metamorfose.:P. DMTK: Ti que tes certo poder de comunicación co Concello, seguramente esteas máis atento ao que lle acontece á mocidade de Narón, que necesidades detectas entre os teus compañeir@s de instituto? Nelu: A verdade é que non nos podemos queixar de moito a nivel pequeno, as queixas sempre son a nivel serio sobre folgas e demais. De todas formas, persoalmente creo que o que falta entre a mocidade é máis motivación e coraxe, xa que coñezo moita xente con boísimas facultades e que, sen embargo,

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


por pouca información ou vergoña non se lanzan á piscina a facelo. DMTK : Como ves a mocidade do Concello de Narón en xeral? Nelu: Como xa che dixen, vexo a mocidade de Narón como un grupo de artistas en potencia, sobre todo na miña xeración, algo así como unha xeración do 96! Xa que, polo menos o que teño máis preto, no meu instituto, pódese ver nas clases arte por todos os lados. Aínda que non se saiba: quen non canta ou debuxa? quen non é bo nalgún deporte ou escribe moi ben? Tamén cousas que poden parecer minoritarias pero eu creo, que se se che dá ben algo e o fas con sentimento, xa é arte. Ademais tamén vexo moito máis respecto na nosa xeración que nos que son máis pequenos e maiores: podemos tinguirnos o pelo ou vestir de tal maneira... o peor que che poden dicir é algunha broma da que, seguramente, ti mesmo te vas rir. Estou moi orgulloso da mocidade naronesa, non nos importa o que pense o resto! DMTK: Como é o fluxo de información entre o Concello e Nelu? De que xeito chegan a ti as novas e de que xeito transmites ti dúbidas ou necesidades informativas? Nelu: Non é un traballo de X horas ao día, simplemente cando a técnica da OMIX ten algunha dúbida, algunha consulta ou quere que lle achegue información á xente, dinmo e listo, e o mesmo á inversa. DMTK: Como lle fas chegar a información á xente do instituto? Quedades nos recreos? Berras na clase? Fas pintadas nas paredes? Usas as redes sociais? Nelu: haha, estaría moi ben pintar as paredes! En Narón hai uns grafiteiros moi bos, pero eu son malísimo para as artes plásticas así que me limito a dicilo no grupo de Whatsapp da clase, a poñer a informacin nunha cortiza no vestidor do instituto, a publicar en Facebook e, de cando en cando, a botar algún berrido para quen non se enteirou, haha! DMTK: Á marxe da túa actividade como “Antena Informativa”, contounos unha paxariña que disfrutas moito co mundo do espectáculo, e

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


que sempre estás en todos os “saraos” do instituto, é verdade? Nelu: Si, é certo. Dende ben pequeno quixen ser cantante, estou a cantar todo o día, ata o punto de que unha amiga díxome que se ía comigo pola rúa asemellaba ter a radio posta, como unha BSO na súa vida. Aínda así teño unha ‘’queixa’’, estou en todo o que podo, pero gustariame estar en máis! haha.! Dentro dos meus logros, que sempre son compartidos porque non actuei nunca só, están a vitoria do ano pasado e hai dous no Concurso Intercentros de Narón. O ano pasado foi coa clase nunha obra de teatro e hai dous cantando cun coro que fixeramos para ocasión. DMTK: Agora mesmo que andas a preparar para o Entroido 2014? Nelu: Pois este ano decidín deixar o papel de director a unha compañeira da clase que nos organizou unha actuación moi boa , que vai estar subida en Youtube e no meu Facebook para os que non veñan ás Telleiras para que así poidan velo. Extraoficialmente, como disfrace, estabamos a preparar no grupo de amigos ir disfrazados dos malos de Disney, sendo eu a Raiña de Corazóns de Alicia el el País de las Maravillas! Pero temos tan pouco tempo por culpa dos exames que vai ser algo moi pouco preparado, aínda así estamos moi orgullosos do noso disfrace, ao fin e ao cabo, para min o Entroido é o mellor día do ano. Encántame disfra-

Participo na actividade obradoiro de voces e música enmarcado dentro do programa municipal de actividades extraescolares Promedex do Concello de Narón e dáme canto Enrique Ramil, un cantante de Ares, que moitos coñecen seguramente por participar na última edición de OT

zarme do menos esperado, fun de Mickey Mouse, de hippie, de emo, de Cindy Lauper, de mestre de cerimonias...É un día no que todo o mundo demostra que lle encanta ir como lle peta, sen ter prexuízos, algo que pola miña parte é igual sexa o día que sexa, a cantidade de veces que saín de casa sen peitear! De momento, non tiven ningún castigo divino nin nada semellante! haha! DMTK: E iso de que participas nun coro? Tamén sabes cantar! Vaia tipo polifacético! Como se che ocurriu participar? Tes boa voz ou estás a aprender? Nelu: En realidade é un minicoro, participo na actividade obradoiro de voces e música enmarcado dentro

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


do programa municipal de actividades extraescolares Promedex do Concello de Narón e dáme canto Enrique Ramil, un cantante de Ares, que moitos coñecen seguramente por participar na última edición de OT. O que queriamos preparar era un coro dunhas 10 persoas (aínda quedan prazas dispoñibles!). Facendo un pouco de publicidade de Narón, invítovos a tod@s a vir, pasámolo xenial e Ramil é un profesor boísimo. As persoas interesadas poden formular a solicitude no Concello. Ocorréuseme participar porque sempre me encantou a música e un día, engancheime á serie Glee, entón dixen: “E por que todo o bó se fai só en America?” Así que fun á OMIX a preguntar se tiñamos actividade de coro. Dixéronme que o estaban a preparar, e uns meses despois aquí estou, contentísimo coas miñas clases de canto. Non me gusta dicir nada da miña voz porque, aínda que é unha malísima publicidade, non me gusta escoitala grabada, pero coñecín a moita xente á que lle encanta. A unha amiga miña, un día despois dunha festa fíxenlle unha masaxe por unha aposta

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

e díxome que se lle cantaba xa era feliz por completo. Ese foi un regalo moi bó, porque que alguén que te quere de verdade, che di sinceramente que fas ben algo que che gusta, é unha das mellores cousas que che poden pasar. DMTK: Tedes algún nome artístico para o coro? Cantas persoas o integran? Que tipo de temas interpretades? (Actuades en modo “Pepitas”, en modo “Gospel”ou modo “Gaga”?) Nelu: Oficialmente non, pero chamámonos entre nós ‘’Despeinados’’, xa que leramos un texto no que se di que as mellores cousas da vida despeitean e que oxalá pasemos moito tempo despeiteados. Somos 5 persoas: o profe, un axudante e tres alumnos. Pero temos a esperanza de medrar pouco a pouco! Interpretamos de todo, aínda non preparamos nada totalmente porque o profe nos ensina como cantar antes de facelo. Por exemplo, o outro día cantamos coa base dunha canción moitos outros temas para tratar de ir sempre ao ritmo, e outras actividades


Se queres participar como Dani nunha actividade de coro, ou mellorar as túas habilidades de voz, aínda podes apuntarte ao obradoiro de voces e música promovido polo concello de Narón dentro do Programa Promedex.

dinámicas para que sexa divertido. Non podo desvelar moito que senón a xente non se apunta, hehe! Actuamos en modo ‘’Despeinados’’. Somos nós mesmos cantando cancións de todo tipo, desde flamenco ata R&B, isto é algo que me encanta. DMTK: A quen admiras máis no mundo da música? Nelu: Moita xente di que así como se me ve parece que son moi Gaga, pero é todo ao revés! Penso que a música é o que sentes, aínda así o de fora pode axudar, e por iso os meus cantantes favoritos son Katy Perry, Demi Lovato, Malú, (considérome, KatyCat, Lovatic, Malulero e Black Star); seguid@s doutr@s como Avril Lavigne, P!nk ou Fun. Son cantantes que segundo o meu punto de vista teñen unha gran imaxe, pero cancións moi profundas e fan sentir coa súa voz. Para min, polo xeral, o que importa é cada canción ou o cada CD. Dicir que todo o que fixo alguén xa é bó simplemente por ser quen é: non me serve! Se eu chegase a triunfar gustaríame ser un artista que se reinvente, que sorprenda e sobre todo, que faga sentir moito á xente!c DMTK: Que plans tes para o teu futuro? Que che gustaría estudar? Nelu: O meu futuro é raro. Non ten outro nome: raro! haha! Eu sempre quixen facer Arte Dramático, pero sempre están os prexuízos: ‘’Non é unha carreira intelixente’’. Entón, aínda que pretendo facelo, nun futuro máis lonxano quero facer Matemáticas, pero como interese máis que como traballo. Xa dixen que me quero adicar á música. dicións que se deben cumprir para aplicar estas técnicas invasivas de tatuaxe e perfora

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 27


www.dameuntoke.es Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida. O noso horario de atención ao público é os luns de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.