Revista Dameuntoke nº 11

Page 1

A revista da mocidade de Narón

REVISTA NÚMERO 11 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Cando xoga unha, xogamos tod@s! | “Jolideis, vacaciones en la Tierra” | Estudar co móbil? É posible! | Que me recomendas? | Encontros Locais da Mocidade 2014 | Asociación Vida Activa | Sabías que


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os luns de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición .

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2014 Fotografía Mar a Vieira “Mavi” Ilustraciones Tamara Carrasco Revista subvencionada pola Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Sumario 04 Cando xoga unha, xogamos tod@s! María, Belén, Antra e Nerea...reflexo do éxito do Tenis de Mesa Narón

10 “Jolideis, vacaciones en la Tierra” ...as reflexións de Yoko Ono e Madonna en Narón...

12 Estudar co móbil? É posible! Descubre 10 apps para o teu smartphone que che axudarán a estudar

15 Resumo Encontro da Mocidade 2014 Descobre que actividades desenvolvéronse na última edición! Máis de 300 participantes en actividades como taichí, flag football, surf, tiro con arco,...

18 Que me recomendas? Non sabedes que ler? Nós pregutámoslle á xente que sabe disto! Aquí vos deixamos o que nos recomendan dende a Biblioteca Municipal.

20 Vida Activa “Vida Activa” é unha asociación, sen ánimo de lucro, que defende os dereitos das persoas con diversidade funcional da comarca de Ferrolterra.

26 Sabías que...? Nós descoñeciamos todas esas pequenas cousas que fan de Narón un concello especial...e ti?


Cando xoga unha, xogamos tod@s! María, Belén, Antra e Nerea...reflexo do éxito do Tenis de Mesa Narón 4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


O Tenis de Mesa Narón leva traballando por este deporte no Concello dende hai case 30 anos. Nas súas filas contan con máis de 100 deportistas adestrando e competindo nas diferentes categorías do club. Un dos fitos máis importantes da súa historia aconteceu a finais da tempada pasada, cando as 4 rapazas integrantes do equipo feminino senior acadaron o ascenso á División de Honra. Estivemos falando con diferentes compoñentes deste club para coñecelo un pouco máis. O primeiro en caer nas nosas redes foi Fernando Montero, unha das cabezas visibles desta entidade. Fernando comentounos un pouco a historia deste club. Fernando: O noso club en realidade son dous: o Club Narón Tenis de Mesa (1985) e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (2003), pola necesidade de dar saída ao gran numero de xogadores que practican este deporte en Narón, xa que nalgunhas divisións de ámbito nacional só se pode participar cun equipo por club. O obxectivo principal que ten a nosa entidade é “sacar á mocidade da rúa”, darlle unha oferta de lecer a nen@s e rapaces/zas de todas as idades e así evitar os perigos que conleva pasar moito tempo na rúa (drogas, violencia...), e os da vida sedentaria, problemas físicos e psicolóxicos. DMTK: Que segredo ten manter unha entidade dun deporte minoritario durante tantos anos? Fernando Montero: Grazas á colaboración sempre activa do Concello de Narón, (e non é por facerlles “a pelota”). Con eles sintonizamos ben á hora de entender o deporte, non só como medio para acadar resultados deportivos senón como idea para acadar que a xente nova, e non tan nova, creza dunha maneira sá. Gustaríame amosarlles o noso agradecemento publicamente e animar ás empresas e institucións privadas a colaborar con nós, xa que na actualidade, co nivel competitivo que temos e querendo manter a filosofía do club, as axudas públicas quédanse curtas. DMTK: Cal é para ti o maior éxito acadado polo club? FM: O maior éxito do club e do que máis orgulloso me sinto é acadar que máis de 100 veciños de Narón practiquen de forma asidua tenis de mesa,

preto de 70 compiten federados e 60 deles teñen menos de 17 anos. En España, onde o tenis de mesa é minoritario e con moi pouca repercusión mediática, estes índices son unha barbaridade! DMTK: E en canto a resultados deportivos? FM: Na actualidade contamos con xogadores/as de idades comprendidas entre os 6 e os 70 anos, participamos con xogadores nas categorías adaptadas de discapacitados físicos (somos campións galegos por equipos e Ruben Veiga foi campión individual) e intelectuais (terceira praza). A nivel galego os logros deportivos son innumerables, e non é por fardar! A nivel nacional tamén se conseguiron algúns podios en campionatos de España, os máis recentes o de Belén Sañudo subcampioa de España alevín (2010); Diandra Cobelo semifinalista alevín no Campionato de España (2013); Claudia Canay semifinalista benxamín no ano 2013; Santiago Otero campión do Torneo Ibérico no ano 2011. Houbo xogadoras históricas como Tatiana Lasén, Sonia Lasén ou Raquel Leal que foron asiduas na selección española, hai ben pouco tamén acadaron a internacionalidade Belén Sañudo e Santiago Otero. As verdadeiras protagonistas son as deportistas: cando xogan, xoga Narón! DMTK:Rapazas, imos comezar pola típica pregunta...que é o tenis de mesa? María Calvo: É un deporte de raqueta no que conta moito a parte psicolóxica, e sempre gaña China! DMTK: Canto tempo hai que estades metidas no mundo do tenis de mesa? Fran: De pequena practiquei varios deportes, entre eles o tenis de mesa, e volvín hai uns cinco anos cando estaba estudando a carreira e precisaban rapazas para o equipo de Primeira. Escollín volver a xogar: botábao moitísimo de menos! É un deporte que xera adición. Nerea Cazás: Comecei tamén hai uns cinco anos. Entereime de que se impartían clases gratuítas nas Escolas de Verán, anoteime e gustoume tanto que decidín continuar. Belén Sañudo: Eu fixen deporte dende pequena, pero no Tenis de Mesa levo 7 ou 8 anos. Comecei a xogar porque meu irmá xogaba tamén e cando o ía

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


buscar aos adestramentos collía unha pa e xogaba. Antra Vinerte: Practico deporte dende que teño memoria. O meu pai era moi deportista, así que a miña irmá e eu fomos ciclistas e corredoras dende que temos 4 anos. Co tenis de mesa comecei con 6 anos no colexio. Non podo dicir que me gustase ao principio, sempre me gustou máis a equitación, pero iso era moi caro, así que seguín practicando tenis de mesa. Despois duns anos, xa me comezou a gustar realmente, e hoxe en día adoro este deporte! DMTK: Antra Vinerte é unha xogadora letona que chegou a ser profesional. A tempada pasada “caeu” en Narón grazas a un amigo que a puxo en contacto co Tenis de Mesa Narón. Entre os seus logros deportivos destaca gañar o Pro Tour de Brasil en dobres xogando ao lado da húngara Timea Ambruz. Como te sentiches no noso Concello? Antra: Encantoume Narón. En xeral, gústame esta parte de España. Adoro a vosa fantástica cociña, estou convencida de que é das mellores, e a vosa situación xeográfica! En Letonia os invernos duran 6 meses! DMTK: É este un deporte moi sacrificado? MC: É un deporte coma calquera outro: a máis sacrificio, maior nivel de xogo. Adícolle unhas 8 horas semanais. Os adestramentos comezan cun quecemento máis xeral, logo exercicios específicos, finalizando con partidas. De pequena aprendín a xogar cun adestrador rumano que xogaba entón en Narón. Actualmente non teño adestrador, quedo cos compañeiros para adestrar. BS: A verdade é que si, é bastante sacrificado. Adícolle 8 horas á semana máis a competición da fin de semana. Ensinoume a xogar Fernando Montero e despois tiven varios adestradores no club. Esta tempada os nosos adestradores son Adrián Vidal e Cristóbal Fernández. NC: Coma todos os deportes require a súa disciplina e esforzo. Adestramos dúas horas todos os días da semana, a excepción do Martes. Recordo que cando comecei tiña de adestradores a Fernando Montero, Ana e Diego Quintero. Estes dous últimos tamén impartían clases no colexio ao que ía entón.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

DMTK: Nerea, Que opina a xente da túa idade cando te ven marchar a xogar fóra a fin de semana? NC: Normalmente asómbranse, sobre todo cando se dan conta de que iso de “marchar a xogar” implica saír de Galicia. En canto ao tempo de ocio, se non se pode saír, pois non se pode! Tamén é verdade que o paso moi ben sempre que temos que ir xogar. Ultimamente estoume a centrar máis no tema dos estudos que en adestrar tanto como quixera e debería. Agardo rematar os exames para volver como de costume! Compensa o sacrificio, xa que é un deporte que aporta en todos os ámbitos. Coñeces a un montón de xente de calquera lugar de Galicia, de España e incluso de máis alá.


“Durante a historia do Tenis de Mesa Narón estimamos que preto de 2000 veciñ@s competiron coa camiseta de Narón.” Fernando Montero

DMTK: Como é unha competición en tenis de mesa? MC: Este ano en Primeira Nacional xogouse Corbillón, que é un sistema similar ao do tenis: dous partidos individuais, o dobre, e outros dous individuais. BS: Cada partido xógase ao mellor de 5 sets e cada set a 11 puntos. DMTK: Canta xente vai a un partido ou a unha competición de tenis de mesa? MC: Pouca xente aparece! Normalmente membros do club ou familiares. Eu creo que é un ambiente bonito, de tensión, competitividade e moitos ánimos no partido. Despois podemos ir tranquilamente todos xuntos a tomar algo. BS: Eu creo que debería vir máis xente, porque é un deporte moi emocionante de ver e que moi pouca xente valora como merece. DMTK: A tempada pasada conseguistes finalmente acadar o ascenso á División de Honra do

tenis de mesa...foi unha sorpresa? MC: Como equipo, tiñamos o punto de mira posto nese obxectivo e fomos por el dende o comezo!. A tempada anterior comentaramolo, xa quedáramos ás portas de ir á Fase de Ascenso. NC: Gardo esta experiencia como algo totalmente positivo do que aprender e reflexionar. A liga que vimos de xogar tiña un nivel extraordinario e o ascenso é o mellor que nos puido pasar. BS: Para min que levo neste equipo dende o primeiro partido que xogou en Primeira parecíame algo que ía ser moi difícil. DMTK: Que significou para vós xogar con Antra Vinerte? Antra para ti como foi competir ao lado destas rapazas? MC: Foi un verdadeiro pracer. Non é a típica estranxeira que vén, gaña e se vai. Deixou pegada, sen dúbida. Portouse de maneira excelente con nós, incluso coas rapazas máis pequenas tamén, a pesar da barreira do idioma. Lamentablemente, o ano que vén non xogará en Narón, xa que os gastos

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


de superación, disciplina e esforzo, e os seus títulos o demostran. De María cabe destacar a intelixencia coa que xoga e ese bo costume que ten de non virse nunca abaixo e o bo rollo que transmite. Con Antra mellorei o meu inglés oral, e tamén aprendín da súa profesionalidade na mesa. DMTK: División de Honra conleva viaxar por toda España, como viaxa un equipo de División de Honra de tenis de mesa? MC: Pois as viaxes, dependendo da distancia, serán en avión ou en coche. A verdade é que é complicado levar tanta roupa en tan pouco espazo. BS: A verdade é que non sei como imos facer para viaxar este ano, pero espero que sexa en avión. DMTK: Ides visitar sitios tan lonxanos como Ibiza ou as Illas Canarias, con que medios contades? MC: O próximo ano, o equipo optará á subvención de Deporte Galego, que adoita ser xenerosa. Ademais dende o Concello de Narón sempre se apostou polo tenis de mesa. Eses son os dous piares.

non o permiten. BS: Para min foi un experiencia incrible no aspecto deportivo e persoal. Ensinoume moitísimas cousas no deporte e tamén fóra del. Para o noso equipo supuxo un “plus” de confianza e amizade. Por desgraza non nos poderá acompañar a vindeira tempada. AV: Oh, realmente adoro esas mozas! Aínda mantemos o contacto, e sen ningunha dúbida, teño que dicir que foi algo máis que simplemente “xogar un ano nun club estranxeiro”. Sentinme realmente ben á beira de María e Belén, e pasamos momentos xeniais xuntas. Sobre a responsabilidade... bo, tamén eu esperaba dar o mellor de min mesma para o equipo. DMTK: Nerea, destaca algo de cada unha das túas compañeiras. NC: A Belén coñézoa dende que comecei neste mundo e é unha das persoas das que más cousas aprendín ao longo destes 5 anos, un gran exemplo

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

DMTK: O deporte de élite conleva moitos sacrificios, como facedes para compaxinar a competición co resto das vosas actividades? MC: Este ano pasado xa foi un pouco complicado, por temas de traballo houbo momentos da tempada en que só podía adestrar na fin de semana, e iso cando non xogabamos! Agora estou rematando o máster: o futuro é moi incerto para min, a verdade. BS: Hai que sacrificar moitas tardes de ocio, con amigos ou coa túa propia familia. Este ano estudarei Primeiro de Bacharelato, o que supón un gran cambio respeto da E.S.O. A organización para min é o máis importante e grazas a iso consigo compaxinar as dúas cousas. DMTK: Que vos parece o nivel do tenis de mesa en Narón? Hai canteira? MC: É un dos clubs de Galicia con mellor canteira. De feito, o club vén de quedar campión en todas as modalidades do Campionato Galego Benxamín, que se celebrou a pasada fin de semana en Ferrol. BS: Cada vez hai máis nenos e nenas que veñen adestrar ao club e logo quédanse. Temos unha gran canteira, que hai que manter e conseguir que progresen.


DMTK: Que lle diriades a unha rapaza que ten curiosidade por este deporte, como a enganchariades? MC: Que veña un día a probar. A maioría da xente que xoga sempre di que “fun un día a probar” e non foron quen de deixalo. BS: Eu creo que o que máis engancha é toda a xente que coñeces, ao final rematan sendo como da propia familia. NC: Anímoas a probar, non perden nada! Diríalle que é un deporte que aporta en todos os ámbitos, no que se coñece moita xente, se viaxa moito, e no que podes aprender cousas que, queiras ou non, serviranche na vida.

DMTK: Antra e ti, que lles dirías ás rapazas do equipo? AV: “¡Vamos equipo!” Esa é a frase que usamos durante todo o ano para motivarnos e gañar. Foi a primeira frase en español que me ensinaron Belén e María cando cheguei a Narón, porque como elas dicían: “Cando xoga unha, xogamos todas”. DMTK: Onde se pode contactar co voso clube? BS: Adestramos no “Local Social A Solaina”, en Narón, de luns a venres de 16:30 en diante.

Escolas Deportivas Municipais (para nen@s e rapaces/zas): de luns a venres de 16:30 en diante. Escola de adultos: Mércores e venres de 20:00 a 21:30 Sen adestrador: de Luns a Venres de 16:30 a 22:00

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


“Jolideis, vacaciones en la Tierra” ...as reflexións de Yoko Ono e Madonna en Narón...

Que é iso dunha webserie? Jolideis é unha web serie, composta por 14 capítulos, que nace no Concello de Narón da man de José Prieto, e con dúas actrices formadas na casa, na Escola Municipal de Teatro de Narón.

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

As webseries son series creadas exclusivamente para ser emitidas en internet. Trátase dun formato que está vivindo o seu particular BOOM nos nosos días, aínda que este éxito xa vén de lonxe. De feito, tivo un gran desenvolvemento dende a súa apari-


ción, alá polo 96 consolidándose progresivamente como unha boa alternativa aos formatos clásicos de entretemento. A duración dos capítulos é variable, aínda que a maioría das creacións duran arredor dos 5 minutos. Outra das cousas que a caracterizan é a linguaxe visual que se utiliza neste medio, con diálogos curtos e encadres pechados, así facilítase a súa visualización dende aparellos móbiles e a súa descarga. Teñen un marcado carácter experimental, o que fai que os orzamentos que se manexan non sexan moi elevados en comparación coas series clásicas para televisión, pero ollo!, as dificultades agudizan o inxenio e podemos atopar pezas moi creativas e divertidas como por exemplo: Lonely Girl 15, The Guild, Malviviendo, Lo que surja,...

A nosa “Jolideis, vacaciones en la Tierra” “Jolideis, vacaciones en la Tierra” é un webserie de humor, de 14 capítulos, creada por xente de Narón, con guión e dirección de José Prieto, e protagonizada por Celia González e Paula Morado. O resultado: diversión asegurada en pílulas de 5 minutos! Paula e Celia son dúas actrices formadas na Escola Municipal de Teatro de Narón, para as que a rodaxe

foi toda unha experiencia novidosa e na que se divertiron tanto ou máis ca nós como espectadores. O argumento de “Jolideis” a verdade é que ten moita faragulla: trátase dun video-diario ficticio (seguro que é ficticio?) de dúas extraterrestres que viaxan ao noso planeta de vacacións, e ao chegaren escollen nun catálogo dous nomes “moi comúns” na Terra (para non chamar a atención): Madonna e Yoko. Capítulo a capítulo, durante os 14 que dura a serie, relátannos as súas experiencias e anécdotas terrestres. Para elas todo o humano é algo estraño, novo e digno de estudo e obxecto de crítica! Yoko e Madonna reflexionan sobre temas tales como os cartos, os políticos, o sexo, a tele, o fútbol...que opinarán sobre o fútbol Yoko Ono e Madonna? Queredes botar unhas risotadas con humor 100% Narón? Estades a tempo, porque aínda que a emisión xa rematou, quédanos a canle en YouTube, con “Jolideis, vacaciones en la Tierra” completa: https://www.youtube.com/channel/UCa4UrRAvywkHiwIN770Ak8g Queredes deixarlles a vosa opinión? Pedímoslles a 2ª tempada? Facebook: https://es-es.facebook.com/pages/Jolideis/512765395460894 Twitter: https://twitter.com/JolideisTierra

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


Estudar co móbil? É posible! Descubre 10 apps para o teu smartphone que che axudarán a estudar Podemos atopar así aplicacións de todo tipo dende as que miden os pasos, outras que dan acceso rápido aos movementos bancarios, ás redes sociais, ou o converten nunha lanterna...pero non só para temas de ocio, tamén se veñen desenvolvendo infinidade de aplicacións orientadas á aprendizaxe.

A aprendizaxe co móbil ou “m-learning” mellora o acceso á información e a comunicación.

M-Learning A aprendizaxe en mobilidade ou M-Learning avoga polo uso dos móbiles na aula como unha ferramenta máis para a formación dos estudantes. O seu obxectivo é utilizalo para acceder a material escrito ou audiovisual, así como recursos de realidade aumentada, entre outros. Con todo, no noso país aínda non é unha opción maioritaria. O descoñecemento é un dos principais inconvenientes á súa integración nas aulas.

Cada día empregamos máis os smartphones na nosa vida cotiá e de aí xorden diariamente miles de apps destinadas a satisfacer as nosas necesidades en todos os ámbitos.

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

M-Leaning fomenta a creatividade, o traballo en equipo, a aprendizaxe permanente e a colaboración aberta, grazas ao seu potencial como ferramenta de aprendizaxe e comunicación em rede, accesible dende calquera lugar.

Vantaxes Accesibilidade á información e á comunicación dende calquera lugar e momento, sempre


que teñamos conexión, claro! Podemos contactar cos mestres, cos contidos, cos compañeiros, e coa rede en xeral. Portabilidade Capacidades específicas: xeolocalización, produción multimedia e realidade aumentada que facilitan unha aprendizaxe moito máis enriquecedora. Videoxogos com contido educativo ou g-learning, que busca aprender xogando e adquirir dese modo competencias dixitais.

Desvantaxes O temor dalgúns mestres e institucións educativas. A conexión dos alumnos e alumnas vese como unha ameaza de pérdida de control en lugar dunha oportunidade para mellorar a experiencia de aprendizaxe.

Algunhas apps útiles... Cantos de vós usades o móbil como elemento de apoio á hora de estudar? Mentres esperamos a que os introduzan na aula, en DMTK ímosvos presentar un pequeno listado de apps, todas de balde, que vos van botar unha man coas vosas tarefas. Rematou iso de afastar o móbil para estudar, só hai que ter sentidiño e darlle un uso responsable!

1.- #iRae Problemas coa lingua española? Esta aplicación da “Real Academia de la Lengua Española” vaite sacar de moitos apretos lingüísticos cando teñas dúbidas sobre o vocabulario en español. Consta de 4 ferramentas de referencia: o dicionario da RAE, a conxugación dos verbos, o dicionario de sinónimos e antónimos e o dicionario panhispánico de dúbidas. Prezo: De balde. Sistema Operativo: iOs iPhone.

2.- RealCalc Scientific Calculator Quedounos a calculadora científica na casa? Santos morcegos Batman! Que podemos facer? En DMTK temos solución para case todo, por exemplo, usar esta app que inclúe todas as funcións e operacións típicas dunha calculadora científica: operacións de álxebra tradicional, operacións con graos e radiáns, conversións de unidades, táboas de constantes físicas. Especial para emerxencias numéricas! Prezo: De balde. Sistema Operativo: Android

3.- Duolingo Gústanche os idiomas pero cústache moito aprendelos? Temos unha idea! En lugar de memorizar vocabulario “a pelo”, Duolingo baséase na práctica. Aprendes con leccións sobre a marcha e traducindo frases e textos adaptados ao teu nivel de idioma. O sistema ofrece cursos con mecánicas de xogos polo que, ademais de aprender, é entretido. Prezo: De balde. Sistema Operativo: Android e iOS Iphone

4.- inClass Tés moita empanada? Tes os días ocupadísimos? Precisas dunha app coma esta! Unha aplicación que é unha completa axenda para que estrutures o día a día escolar. Pódese organizar un horario e compartir anotacións. Lembrará por ti as datas de entrega dos teus traballos, exames,...Poderás tomar notas, facer vídeos, gravacións de audio e fotos. É moi práctica! Prezo: De balde. Sistema Operativo: iOS Phone

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


5.- Evernote Esta app está de moda! Non escoitaches falar dela? Ademais é moi fácil de usar. Con ela podes ser aínda máis organizado/a xa que che permite arquivar todas as túas ideas. Podes facer fotos, tomar notas, crear listas de tarefas que tés pendentes por facer, gravar recordatorios de voz e ademais podes realizar procuras de maneira moi sinxela de todas as notas que almacenaches. Xa non perderás ningunha das túas ideas maxistrais! Prezo: De balde. Sistema Operativo: iOS Phone e Android

6.- CamScanner Para eses momentos nos que recibes un documento e necesitas dixitalizalo e non estás na casa nin levas o scanner ás costas! Prezo: A versión completa é de pago, aínda que hai unha versión gratuíta que nos pode sacar de máis dun apuro. Sistema Operativo: Android, iOS Iphone e Windows Phone

7.- Memorize Idi Galicia calidade, tamén no dixital! Esta aplicación galega, permite que calquera persoa que a use se converta nun xenio da memorización numérica nun tempo mínimo de aprendizaxe. Ollo, que non fai milagros! Prezo: De balde. Sistema Operativo: Android e iOS iPhone

8.- Tabla periódica Unha aplicación para ter sempre a man a táboa periódica dos elementos. Poderás facer consultas buscando os diferentes elementos e traballar directamente sobre a táboa. Inclúe tests para que poidas

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

estudar e preparar os teus exames identificando as abreviaturas, os nomes ou o número atómico de cada elemento así como descricións detalladas e a posibilidade de escoller varias categorías de exames. Prezo: De balde. Sistema Operativo: Android

9.- Anatomy 3D Free Que cantas amígdalas hai no corpo? Que onde está a vea poplítea? Con esta aplicación ides aprender un montón de cousas sobre a anatomía do corpo humano. É unha guía educativa en 3D que ofrece na súa versión gratuíta o sistema locomotor (músculos e ósos). Inclúe tests para repasar os contidos dos diferentes órganos e sistemas. Fácil navegación e calidade gráfica dos seus modelos en 3D. Ofrece moitas opcións interactivas á hora de buscar e seleccionar un órgano (illalo, variar ángulo de visión, variar o tamaño dos órganos circundantes, facelos transparentes...) Arrepiantemente realista!! Prezo: De balde. Sistema Operativo: Android

10.- Humi Selectividad Andas a voltas coa selectividade? Tamén existen recursos para ti! Divírtete e pon a proba os teus coñecementos de Historia de Filosofía, Historia de España e Lingua e Literatura Española cunha aplicación móbil que che axudará a preparar os exames de Selectividade/PAU. Ten dúas modalidades: adestrar e test. Conta con centos de preguntas de selección múltiple, orixinais e con diferentes niveis de exame. Habedes mellorar os vosos coñecementos de Humanidades! Prezo: De balde. Sistema Operativo: iOS iPhone


Resumo Encontro da Mocidade 2014

1. Contextualización

Trátase de realizar unha serie de estratexias de estímulo á mocidade para desenvolver actividades en común a partir de contacto entre eles compartindo as súas ideas e intereses.

Operativos Realizar un encontro local da mocidade agrupando territorios. Agrupar a 150 mozas/os dos distintos rueiros de Narón e outros tantos da comarca e Galicia. Organizar e realizar actividades musicais, artísticas, de ocupacións, deportivas, de lecer, e outros, a xeito de encontro ou reunión de un día. Utilizar os encontros locais de mocidade como instrumento de coñecemento das distintas iniciativas e intereses da xente nova.

3. Obxectivos

4. Relación de actividades

Data: venres 6 de xuño Horario: 16:00-0:00 h Lugar: Casa da mocidade da Gándara

2. Descrición

Xeral Crear espazos e lugares-soporte para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organizativas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns.

1) Obradoiro de customización de camisetas 2) Obradoiro de surf 3) Obradoiro da ASCM( Boccia) 4) Obradoiro de tenis de mesa 5) Obradoiro de tiro con arco 6) Obradoiro de nutrición

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


7) Obradoiro de flag football 8) Obradoiro de patinaxe en liña 9) Obradoiro de graffiti 10) Obradoiro de jügger 11) Exhibición de taichí 12) Exhibición de performance 13) Exhibición de zumba 14) Actuacións de grupos de música das aulas de ensaio da escola de música moderna do concello

5. Relación de entidades participantes e grupos: Grupo de jugger Grupo de zumba da AVV das Regueiras do Feal ASCM Grupo de flag football “ Os Trasnos” de Fene Escola de surf Pantín Tiro con Arco Narón

Clube tenis de mesa Cidade de Narón S.R Solucións Grupos musicales: Bulldozer,Wolfram, Rook e Neurótika da escola de música moderna de Narón Grupo de performance “Miscelánea” Taichí Tuneado de camisetas “Hope and Hate Customs” Carpa XPLORA Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

6. Nº de participantes: Nesta edición do Encontro de Mocidade acadáronse un total de 300 participantes durante todo o evento. A participación feminina dun 54% Un 30% dos asistentes era a primeira vez que participaban.

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Gran mayoría de asistentes dentro do rango de idade 13-30. Sendo maioría o apartado de maiores de 26 anos. Nº de participantes por obradoiro/exhibición: 1) Obradoiro de customización de camisetas Neste obradoiro os/as participantes puideron decorar e customizar a través de plantillas as súas camisetas.

8) Obradoiro de graffiti Nesta exhibición participaron 10 graffiteiros chegados de toda a comarca Nº participantes:10 9) Obradoiro de jügger

Nº participantes: 80

O jugger é un deporte diferente,alternativo. Unha mestura de rugby,esgrima e hockey,no que os xogadores, coa finalidade de frear ao rival,van armados con escudos e cadeas.

2) Obradoiro de surf

Nº participantes: 40

Obradoiro de axilidade e equilibrio para acadar habilidades á hora de subirse a unha táboa de surf

10) Exhibición de taichí

Nº participantes: 30

Nº participantes: 7

3) Obradoiro da ASCM (Boccia)

12) Exhibición de zumba:

Xogo de precisión e estratexia en cadeira de rodas, similar á petanca.

13) Obradoiro de patinaxe en liña

Nº participantes: 30 11) Exhibición de performance

Nº participantes: 15 Nº participantes: 30

Nº participantes:40

14) Actuacións musicais:

4) Obradoiro de tenis de mesa

Participaron un total de 4 grupos das aulas de ensaio da escola de música moderna municipal:

Nº participantes: 40 5) Obradoiro de tiro con arco

-Buldozzer

Nº participantes: 30

-Wolfram

6) Obradoiro de nutrición Obradoiro de cálculo do indíce de masa corporal, consello dietético e explicación de pirámide alimentaria. Nº participantes: 20 7) Obradoiro de flag football O flag football é unha modalidade de football americano na cal en vez de golpear ao adversario e tiralo, para rematar a xogada un ten que quitarlle unha bandeira(flag) que ten posta na cintura. Pero o obxectivo é o mesmo, chegar correndo ou pasando o balón á zona de anotación contraria.

-Rook -Neurótika 15) Carpa XPLORA Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Este dispositivo, atendido por técnicos/as de mocidade da D.X.X pretende achegar aos mozos/as os recursos e programas dirixidos á mocidade e facilitar o asesoramento técnico que a Xuventude necesite en materia de emprego e servir “ como escaparate do talento xuvenil”. Nº de consultas atendidas: 50

Nº participantes:25

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Que me recomendas? Non sabedes que ler? Nós pregutámoslle á xente que sabe disto! Aquí vos deixamos o que nos recomendan dende a Biblioteca Municipal.

LOUREIRO SILVA, Rubén. Como elexir a miña profesión (Ensaio). Cando nos preguntan de cativos o que queremos ser de maiores a resposta xorde ben rápida. No momento da verdade, cando temos que encauzar definitivamente a nosa vida cara uns estudos que nos leven a exercer unha profesión é cando aparecen todas as dúbidas. Este libro ten en conta varios factores (intereses, capacidades, vocación, perspectivas de futuro e alternativas) para orientar a cada mozo e moza no que pode ser o seu oficio.

PALACIO, R. J. La lección de August (narrativa en castelán). Cando August ve como o público ovaciona súa irmá tras a súa representación teatral pensa que todo o mundo debería recibir unha ovación así na súa vida, xa que todos somos quen de facer cousas marabillosas. Pero August non o ten tan doado coma os demáis. Vive escondéndose do mundo por mor da súa grave deformidade facial. Sabe que, alá por onde vai é obxecto tanto das burlas máis crueis coma dos comentarios das persoas que, aínda que non pretenden ferilo, non saben como tratalo. Coñeceremos a súa historia a través da súa propia voz, pero tamén da voz das persoas que forman parte da súa vida. Este é un relato que vai máis alá do acoso escolar ou mesmo da indiferencia. É unha bonita historia sobre a integración, a busca da esencia persoal e sobre todo, a amabilidade.

Grafiti y arte urbano (Fotografías). O grafiti, na súa concepción de expresión artística urbana, inunda as nosas rúas e as de todas as grandes cidades dende mediados do século pasado. Este libro de fotografías recolle unha grande diversidade de estilos e técnicas, seleccionados entre os mellores e máis representativos do mundo.

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


MIRCALA, Jack. Pánico no bosque dos corazóns murchos (Narrativa en galego). Trátase dun dos primeiros libros do polifacético Jack Mircala, inédito ata o de agora. Nel mestúranse o mundo do fantástico, das lendas, das pantasmas e dos mortos. Ten doce chamativas e lúgubres ilustracións dignas de admirar, cunha estética gótica e barroca moi elegante. Todos os debuxos están feitos a rotring dunha única cor. É un libro que gustará a grandes e pequenos, sobre todo aos que gusten da estética de Tim Burton e o estilo de Edgar Allan Poe.

CHÁVEZ CASTAÑEDA, Ricardo. El cuaderno de las pesadillas (Narrativa castelán). LANDÁZURI, Pepe Se buscan voluntarios (Obras de divulgación). Este libro recolle experimentos psicolóxicos moi interesantes que nos levan a ver a parte oscura da nosa mente e o noso comportamento. Tamén nos ofrecen unha reflexión para caer na conta do moito que inflúe no noso estado de ánimo e nas nosas actuacións a presión do grupo social ao que pertencemos ou a relación coa nosa familia. Está escrito de maneira amena, cunha linguaxe moi accesible tamén para os non iniciados en psicoloxía.

Este libro contén unha aterradora colección de pesadelos en forma de quince contos curtos moi inquitantes. Con eles entramos nas mentes dos nenos e nenas que sofren e tentamos comprender os motivos da súa angustia. Os relatos reproducen os medos que máis ou menos todos experimentamos ao longo da nosa infancia. O estilo do autor mexicano e as ilustracións de Israel Barrón conférenlle ao libro unha atmósfera verdadeiramente perturbadora. Unha lectura que pon os pelos de punta.

TATARSKY, Daniel. Locos por la ciencia (Obras de divulgación).

“Todas estas obras tédelas dispoñibles na Biblioteca Municipal! A que agardades?”

Un libro estupendo para xogar co científico que levamos dentro. Propón 50 sinxelos experimentos científicos ao alcance de todos, para facer na casa, no exterior, sós, acompañados/as… E ademáis, podemos empregar moitos deste experimentos para impresionar aos nosos amigos/as e familiares se sabemos dar ben con punto no que a ciencia e a maxia se confunden.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


Vida Activa 20 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


“Vida Activa” é unha asociación, sen ánimo de lucro, que defende os dereitos das persoas con diversidade funcional da comarca de Ferrolterra.

En Dameuntoke gústanos moito parolar, así que alá fomos ata Santa Icía dar unha volta e máis falar con Cristina Rico, pertencente a Vida Activa. DMTK: Vida Activa é unha asociación que promove a integración das persoas con diversidade funcional. Que é a diversidade funcional? É o mesmo diversidade funcional que discapacidade funcional? Cristina Rico: Resulta que hai uns anos houbo unha proposta para cambiar o termo de “discapacidade funcional” por “diversidade funcional” como termo alternativo, xa que “discapacidade” sempre soou como despectivo igual que “minusvalía” e así desta forma parece unha terminoloxía non negativa e máis acorde coa realidade.

Os seus obxectivos deseñar e pór en funcionamento programas de formación adaptados ás necesidades das persoas con diversidade funcional fomentar actitudes sociais positivas de cara ás persoas con diversidade funcional mellorar a súa calidade de vida promover e fomentar a súa integración laboral e social Para acadar estes obxectivos, Vida Activa organiza multitude de obradoiros de habilidades sociais e vida cotiá; actividades deportivas como kaiak, sendeirismo, fútbol sala, actividades de ocio como excursións, acampadas e actividades culturais como teatro, exposicións. En defintiva: compartir, aprender, coñecer xente, vivir novas experiencias... Ollo! Nestas actividades pode participar todo o mundo, non son exclusivamente para persoas con diversidade funcional, están abertas a todos. Non vos apetece ir dar unha volta en Kaiak? Chamádeos! Teredes moi boa compañía e así botades unha man para que estes rapaces e rapazas acaden unha integración real.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


22 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


DMTK: Canto tempo leva funcionando Vida Activa? Por que se creou esta asociación? Cóntanos un pouco a historia. CR: Pois xa leva dende o 2008 cando foi fundada por 3 rapaces (Cris Suarez , Andrés Suarez e Lucas Villasuso) que traballaban en Aspanaes e déronse conta de que a xente con diversidade funcional non dispoñía de actividades axeitadas para o seu tempo de ocio cando non estaban estudando. Entón pouco a pouco foron propoñendo actividades as fins de semana, cada vez máis, e vendo a boa acollida fomos comezando a ser coñecidos. O máis curioso é que na Coruña conseguiron que lles cederan un local na fundación Luis Vives pero non tiñan usuarios e aquí xa contaban con 4 ou 5, así que ao final houbo que remover e loitar por conseguir que nos deran un espazo e por fin, no 2010 conseguímolo

grazas ao Concello de Narón e á concelleira de Deportes Natalia Hermida. DMTK: Cantos membros forman parte da vosa Asociación? Que tipo de entidade sodes: empresa, ONG, asociación xuvenil...? CR: Actualmente somos uns 105 socios, contamos coa colaboración duns 10-15 voluntarios, dos cales os seguintes forman a Xunta Directiva: o presidente Óscar Fernández, a vicepresidenta Yolanda Soto, a secretaria Catuxa Losada, o tesoureiro Rubén Faraldo, a relacións públicas que son eu Cristina Rico e responsable da publicidade e marketing Anabel González. Vida Activa é unha asociación sen ánimo de lucro que defende os dereitos das persoas con diversidade funcional e os das súas familias. A integración social deste colectivo e a conciencia-

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


ción social son os nosos obxectivos primordiais. DMTK: Vida Activa é unha entidade aberta a todo tipo de persoas, nas vosas actividades pode participar calquera, non é casualidade, por que é unha entidade tan “aberta á xente de fora”? CR: En Vida Activa organizamos obradoiros e actividades inclusivas, nas que queremos que participen persoas con e sen diversidade funcional, para promover así unha interrelación na que se superan obstáculos como a falta de información e os medos derivados do escaso contacto existente entre o colectivo de persoas con diversidade funcional e o resto da sociedade. DMTK: Como ves á xente de Narón, Ferrolterra en xeral, a nivel de integración da xente con diversidade funcional? Como nos ves? Aprobamos? CR: Na miña opinión, de hai uns anos para aquí

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

foise mellorando, vese moita máis implicación pola sociedade na aceptación das persoas con diversidade funcional e coñécese máis a este mundo. DMTK: Que cambiarías da sociedade actual? Que comportamentos “tontos” temos diante da xente con diversidade funcional? CR: Pois aínda queda moito por mellorar e sobre todo no tema laboral como ter máis ofertas de inclusión laboral nas empresas e máis axudas. Moitas veces tratámolos como nenos e non nos damos conta que xa son adultos e poden elixir e decidir que é o que queren, sempre tendemos a facilitarlles as cousas e así anulámolos. DMTK: Por que estás ti en Vida Activa? Danos 3 razóns polas que debemos participar das vosas actividades. CR: Porque é algo gratificante e faime sentir útil. Porque me gusta axudar aos demáis e aquí fágoo.


Porque traballo en Aspanaes e isto compleméntase co tipo de traballo que teño. DMTK: Todos os anos participades nos Encontros Locais da Mocidade, este ano tedes pensado ir? En que consiste a vosa participación? Que actividades desenvolvedes? CR: Este ano non puidemos ir porque non tiñamos monitores con disponibilidade. DMTK: Con que axuda contades dende o Concello de Narón? De que xeito colaboran con vós? CR: Principalmente coa cesión do local onde temos a oficina, e tamén colaboran dándonos algunha subvención no ámbito social. DMTK: Por último, cóntanos onde vos podemos atopar? CR: Vida Activa está situada no Local Social A Solaina. Rúa Mercedes Freire Lago, 4. En Santa Icía, Narón. Pódese contactar con nós chamando ao 678 87 38 88, ou vía mail, escribindo a asociacionvidaactiva@gmail.com

Podedes consultar máis información das nosas actividades na nosa páxina en facebook: www.facebook.com/vidaactiva Canle en youtube: http://www.youtube.com/user/ asociacionvidaactiva/videos Outros vídeos da asociación: http://vimeo.com/user7440119/ videos

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


Sabías que...?

2

3

1

1. No mes de setembro convócanse as axudas para transporte para mozos/as que estean matriculados na universidade da Coruña...?

2. Que no mes de setembro ábrese o prazo de solicitude para participar nas escolas deportivas e cuturais municipais así como as clases da escola de música moderna...?

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

3. Narón conta cun centro de recursos solidarios municipal, nado coa finalidade de axudar á xente máis necesitada, e no que podes deixar todo tipo de enseres domésticos, roupa ou alimentos que logo serán doados a familias da comarca…


5

4 7 6 4. Dentro do programa Bibloespazo que se está desenvolvendo na biblioteca municipal do Alto realízanse exposicións, conferencias,c ontacontos,audicións e outras actividades que poden ser do teu interese…

5. O goberno deu luz verde á chamada “Garantía Xuvenil”, un programa ao que poderán acollerse os/ as mozos/as menores de 25 anos que non estuden nin traballen e que poden acceder a nivel informativo a través da web: www.gob.es

6. Existe unha aplicación “Carné xove” para teléfonos móbiles na que te podes informar dos establecementos que están adheridos ao Carné Xove dunha maneira rápida e actualizada…

7. Se estás pensando montar o teu propio negocio e queres informarte, podes dirixirte ao entrechán do Concello e falar coa técnica de emprego e asesorarte…

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 27


www.dameuntoke.es Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida. O noso horario de atención ao público é os luns de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.