Revista Dameuntoke número 1

Page 1

REVISTA NÚMERO 1 Concellería de Mocidade Servizo SocioComunitario

Asociación Deportiva Freeride Narón Xestionar a nosa identidade dixital Entrevista a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes Visitamos a Escola de Música Moderna Narón estrea club de piragüismo Sabías que...?


Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Fotografía Ana Pintos Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2010 Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

Promove:

Concello de Narón Concellería de Mocidade


Sumario 04 Acrobatas das bicis

Acercámonos ao deporte, en concreto á montain bike e á especialidade freeride da man de Berto, membro da Asociación Deportiva Freeride Narón.

10 Xestionar a nosa identidade dixital

Porque en internet tamén creamos a nosa identidade. Dámosche algúns consellos para viaxar polo ciberespazo.

14 Entrevista a Natalia Hermida

Entrevistamos a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes do Concello de Narón.

16 Visitamos a Escola de Musica Moderna

Nun local anexo á Casa da Mocidade encóntrase un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra, batería e baixo dunha maneira diferente.

19 Naron estrea club de piraguismo

Antonio Castro ensinounos o novo club de piragüismo e as posibilidades coas que contamos en Narón para practicar este deporte.

22 Sab as que...?

En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos cun Skatepark na Gándara, unha web con información xuvenil actualizada diariamente, un departamento de orientación laboral...


Acrobatas das bicis

Entrevistamos a Berto, membro da asociacion deportiva Freeride Naron

Fotos: Alberto Armada Blanco


O freeride é unha modalidade de mountain bike que consiste en facer trucos en saltos e obstáculos artificiais e naturais. Normalmente é costa abaixo e as competicións desta modalidade son puntuadas por xuíces. As súas orixes proveñen dos grandes bosques canadenses polo que Narón, e en xeral Galicia, son lugares idóneos para a súa práctica.

NO NOSO CONCELLO atopámonos cuns verdadeiros acróbatas das bicis e amantes do deporte de risco. A súa ilusión por dar a coñecer esta especialidade levounos a crear en febreiro de 2008 a Asociación Freeride Narón e planificar diferentes actividades ao longo do ano. No primeiro número da revista Dameuntoke entrevistamos a Berto, presidente da asociación. En que consiste o freeride? O freeride é unha modalidade deportiva, na que os

corredores, sortean unha serie de obstáculos, tanto naturais, coma árbores, caídas e pedras, ou artificiais, coma longas pasarelas de madeira elevadas do chan ou saltos de madeira ou terra. Nestas competicións puntúase o estilo dos corredores, así como a complexidade das manobras realizadas. No noso club ademais practicamos outras modalidades de BTT como o descenso e o four cross, que son disciplinas de velocidade, en trazados máis naturais e á vez moito máis técnicos, nos que os corredores loitan contra o cronómetro e á vez contra outros corredores.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón


É un deporte perigoso? Aínda que estas modalidades están consideradas un deporte de risco, depende do nivel acadado por cada persoa ou a súa vontade. Isto é o que realmente o converte en perigoso. Para evitar os accidentes, ademais de andar con sentidiño, protexémonos con todas as proteccións posibles, dende o imprescindible casco, ata petos integrais, reforzos, xeonlleiras e guantes, que aseguran que o dano nas caídas sexa o mínimo. Que acrobacias se poden facer? Que che gustaría facer? Os trucos dependen do nivel de cada persoa, ou do que se lle pase pola cabeza no

Concellería de Mocidade. Concello de Narón

momento de encarar un salto, dende rodar por unha parede completamente vertical ou facer un back hip ata unha simple pregada baixando o bordo da beirarúa… A variedade de trucos e practicamente infinita, a propia palabra freeride, montar libre. Ti ves unha zona na que poderías facer algo e dis: “vou intentalo”. Un dos trucos máis difíciles que vin (non en persoa) foi un rapaz facendo un frontflip (un pichacarneiro cara adiante) baixando un grupo dunhas 10 escaleiras, e isto sen separarse da súa bici… impresionante. Por que decidistes montar unha asociación? Buscabamos o apoio institucional para poder facer


actividades libremente no concello e tamén poder participar en competicións. Atopastes apoio dende o concello? Nun primeiro momento impulsounos a Concellería de Mocidade, aínda que agora como club deportivo estamos máis ligados á Concellería de Deportes, que puxo á nosa disposición unha parte da parcela do circuíto do Río do Pozo, na que temos un circuíto permanente, que usamos maioritariamente en verán e no que neste ano 2009 fixemos unha carreira. Que actividades realizades ao longo do ano? Participades nalgunha competición? Normalmente todas as fins de semana saímos a montar en bici pola comarca, xa sexa en Narón, Ferrol, Ares ou A Coruña e no verán no bike-park de Manzaneda. Ademais todos os anos facemos dúas quedadas aber-

tas a todo o público, na que nos xuntamos unhas cincuenta persoas procedentes de toda Galicia, e este ano tamén algunha xente de León , para montar en bici durante todo o día e comer xuntos. Para estas reunións soemos escoller unha data no verán ou outra na última fin de semana do ano, para despedilo como máis nos gusta. Este último ano fixemos unha carreira de Dual Sla-

Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


Que podemos facer para unirnos a vosa asociacion?

Podédesnos visitar no noso local da rua Río Vespasante (xunto Correos ou o Siroco) os venres a ultima hora da tarde, entre as 20:00 e as 22:00 ou ben mandándonos un correo electrónico a freeridenaron@hotmail.com

lom, ademais de participar en case todas as competicións de Galicia de descenso e parte das de Asturias. O freeride potencia un contacto directo coa natureza, cos bosques e contornos salvaxes, que lugares destacarías no Concello de Narón con estas características? Pois na zona rural de Narón. É donde soemos desenvolver as nosas actividades, camiños que discorren por Pedroso ou Sedes son os que máis nos atraen. Dinos en poucas palabras que che proporciona a práctica do freeride?

O freeride é un estilo de vida. Cando realmente estás enganchado a este deporte, só pensas en que chegue a fin de semana para saír do traballo ou da clase, para poder sentir esa sensación de liberdade que che dan 3 ou 4 minutos de baixada, nos que non pensas noutra cousa máis que no ben que o estás pasando. É unha sensación difícil de explicar, o que é estar a 300 metros sobre o nivel do mar, cunhas vistas explendidas, un día na Coruña, outro nas Illas Sisargas, en Valdoviño... e 5 minutos despois atoparte rozando a area da praia. Nese percorrido, nese camiño, encontras de todo pedras: barro, algún xabaril ou corzo e moita diversión.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Xestionar a nosa identidade dixital Se ben e certo que Internet ofrece numerosas posibilidades tamen e certo que non existe unha cultura dixital

Chatear » Facer amigos » Encontrar parella » Pagar a contribución » Reservar billetes de avión » Poxar un cómic » Manter un blog » Apostar » Alugar un coche » Buscar un vello amigo » Buscar o enderezo dun restaurante...

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


ESTE É SÓ UN PEQUENO CONXUNTO das actividades que podería realizar unha persoa conectada a internet, con independencia da súa idade, nun día calquera. A maioría das enquisas realizadas sobre usos en internet indican que o 90% dos novos internautas considera que saben utilizar gran parte dos servizos que ofrece actualmente a rede. Facebook, Skype, Flickr, Tuenti, Youtube, Wikipedia, Google Maps, Messenger, Amazon... son ferramentas coas que estamos familiarizados. Non obstante as mesmas enquisas demostran que son moi poucos os que son conscientes das ameazas que se cernen sobre eles cando se conectan.

Somos conscientes de que cando navegamos a través de diferentes páxinas web imos deixando un rastro?; con que ameazas nos podemos atopar?; son delitos os escarnios públicos e chantaxes sexuais a través da rede?; se temos un problema sabemos a onde acudir?; podemos enviar un correo electrónico indicando os nosos contrasinais?; é veraz a información que consultamos?...

Que son as redes sociais?

As redes sociais son sitios web que facilitan o contacto e o intercambio de información entre persoas. Constitúen unha das grandes achegas da Web 2.0 e están modificando a nosa forma de comunicarnos e relacionarnos cos demais. As redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter, Hi-5, MySpace, Orkut, Skyrock...) incrementan as posibilidades

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


de contacto e permiten subir á internet todo tipo de material multimedia como comentarios, fotos, vídeos ou ligazóns para compartir cos nosos contactos. O seu uso xeralizado xera dúbidas con respecto á privacidade. Como indica Howard Rheingold nas redes sociais “o elemento máis importante non é a tecnoloxía, senón as relacións humanas”. Ten en conta que todo aquilo que subas ás redes sociais vai quedar almacenado e visible para un bo número de persoas.

Que é a identidade dixital?

A identidade dixital é unha representación de nós mesmos en internet. É un retrato en internet xerado por cada interacción que realizamos utilizando, por exemplo, o correo electrónico, escribindo nicknames, creando un blog, publicando comentarios, fotos ou videos. A suma destes trazos ofrece unha percepción sobre a nosa imaxe persoal na rede. Na actualidade a socia-

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

lización no mundo virtual é tan importante coma no mundo físico. Ten en conta que xestionar as ferramentas tecnolóxicas que usas e como as usas vai definir a túa presencia, visibilidade e reputación en internet.

Que é o phishing ou pesca?

A pesca (en inglés phishing) é unha modalidade de estafa por correo electrónico deseñada para acceder de xeito fraudulento ás nosas contas bancarias. Aínda que existen medidas preventivas, a usurpación e uso fraudulento da identidade son problemas comúns no mundo virtual. Son frecuentes os delitos ligados a falsas identidades. Ten en conta que as entidades bancarias nunca demandan información por correo electrónico. Non indiques os datos confidenciais e números de identificación vinculados a contas bancarias, tarxetas de crédito... poderías estar caendo nunha estafa dixital.


Que é o cyberbulling ou acoso dixital?

O cyberbulling ou acoso dixital trátase dun tipo de agresións que poden variar dende as chamadas ameazantes ao teléfono móbil, mensaxes de texto, envío de material gráfico desagradable, ata a divulgación dalgunha foto ou filmación embarazosa. Existen numerosas organizacións que se dedican a identificar e denunciar os agresores. Na web Denuncia On-line (http://www.denuncia-online.org) encontrarás un grupo de expertos que asesoran sobre cada caso e as medidas que se deben tomar. Ten en conta que en internet tamén existe unha lexislación e que estas actuacións son delitos.

En definitiva, temos que empezar a coidar a nosa identidade dixital. A mocidade, especialmente, vivimos nunha sociedade en rede que nos ofrece múltiples posibilidades. Pero tamén é certo que debemos ser conscientes de que as nosas accións dixitais teñen un efecto na construción da nosa identidade.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


Entrevista a Natalia Hermida O Concello de Naron non fai cousas “para” a mocidade senon cousas “coa” mocidade

Natalia Hermida Rico é a concelleira de Modidade, Participación Cidadá e Deportes do Concello de Narón. Desenvolve as políticas de mocidade do concello máis novo da comarca, onde, ao contrario que no resto de Galicia, a poboación crece cada ano e, polo tanto, cada ano somos máis os rapaces e rapazas.

1. Como é o teu día a día?

2. É necesario ser novo para ocupar este cargo?

Pois divido o día entre o traballo no comercio e o do Concello desde primeira hora da mañá ata a noite. En resumo, son moitas horas fóra da casa. Pero, claro, é un traballo que elixín eu, así que o fago con gusto. Non necesariamente. É certo que canto máis novo é un, máis próximo está aos problemas da xente nova, pero hai que ter en conta que o traballo no concello é un traballo colectivo no que participa moita xente, dende os políticos e funcionarios ata os propios mozos. O traballo dunha concelleira do goberno é acadar uns obxectivos que os veciños e veciñas de Narón nos marcamos colectivamente.

3. Dende cando e ata cando se é novo?

A lei di que ata os 30 anos, pero é certo que a sociedade na que nós vivimos é distinta á dos noso país, e o acceso ao mundo do traballo é hoxe máis tardío. Cada un marca os seus obxectivos vitais, pero tamén as circunstancias xogan.

4. Cres que custa máis agora que antes ser novo?

A realidade social en Galicia é hoxe moi distinta á de hai anos. As dificultades son distintas. Hoxe é moito máis fácil acceder a todo tipo de formación, non só académica, senón tamén relacionada cos intereses persoais de cada un (a música, a arte, o deporte, por poñer algúns exemplos) e hai moitas máis maneiras de divertirse e relacionarse que antes.

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Perfil dA EntrevistadA Vive: Narón Profesión: Empresaria de comercio Indica nunha palabra que che transmite 1. Concerto - Amigos 2. Libro - Evasión 3. Deporte – Saúde 4. Responsabilidade - Entrega 5. Traballo - Satisfacción 6. Narón - Orgullo

Pero tamén hai problemas que antes non había. É distinto. Os país sempre nos din que vivimos mellor do que vivían eles de mozos, e é certo, pero os problemas de cada un sábeos cada un. 5. Que fai a túa concellería para a mocidade?

A concellería non fai cousas para a mocidade senón coa mocidade. Narón ten unha política de mocidade que se entrelaza coa política educativa, a de deportes, a de cultura, a de igualdade, … De feito, Narón é o único concello da comarca que ten un servizo sociocomunitario que deseña e executa políticas e programas que non se desenvolven de arriba abaixo, senón horizontalmente, permitindo a participación de todos e implicando aos mozos e mozas, aos institutos, ás asociacións… As escolas deportivas, as culturais, o apoio aos grupos musicais, o investimento en novas tecnoloxías… todo é política de mocidade.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


Visitamos a Escola de Mus

Nun local anexo a Casa da Mocidade encontrase un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra e a bateria dunha maneira diferente.

A idea de crear unha escola na que o alumnado aprenderá dun xeito práctico e participativo está tendo éxito. Para o ano 2010 a escola xa conta con 34 alumnos/as e ás clases de guitarra e batería súmanse as de baixo.

A ESCOLA DE MÚSICA MODERNA do Concello de Narón, xurdiu no ano 2003 ante a necesidade que tiña Narón de contar cunha escola na que mozos/ as de Narón puideran aprender a tocar a guitarra e a batería dunha maneira diferente, intentando fuxir do formato clásico e academicista de ensinanza. A idea era crear unha escola na que o

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

alumnado aprendera mediante un método participativo que o involucrara activamente na aprendizaxe musical. Ao mesmo tempo, ante a existencia de numerosos grupos musicais que tiñan a necesidade de contar cun local onde poder ensaiar, decídese poñer á disposición destes grupos, unha aula con


sica Moderna de Naron

Os horarios deste curso 2009-2010 para a oferta formativa, son os seguintes: Para as clases de guitarra: os luns de 17:00 a 19:00 h. ou os xoves de 17:00 a 19:00 h. Para as de batería: os mércores de 16:30 a 18:30 ou de 18:30 a 20:30 h. E para as de baixo: os martes de 18:30 a 20:30 horas. As aulas de ensaio para grupos terían dispoñibilidade de martes a sábados en

horario de tarde. Os únicos requisitos para poder participar nesta escola son estar empadroado/ a en Narón e ter unha idade comprendida entre os 12 e os 26 anos. Para inscribirte, debes dirixirte á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na 1ª planta do concello e cubrir o impreso de solicitude.

asesoramento musical na que poder ensaiar durante a semana. Desta maneira, a Escola de Música Moderna leva seis anos con este programa, e no ano 2009 incorporouse á oferta formativa, a posibilidade de aprender a tocar outro instrumento: o baixo. Esta escola ten como obxectivo xeral promover a formación técnico musical da xente nova de Narón, e promover a música realizada por grupos novos, dándolles a oportunidade de amosar a súa expresión musical en actuacións en centros cívico sociais, prazas públicas, etc.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


OBXEcTIVOS

Para mais informacion podes chamar ao seguinte teléfono: 981337700 ext 1103; no seguinte enderezo electrónico: omix@ naron.es ou informarte na páxina web de mocidade: http://www.dameuntoke.es

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Entre os obxectivos operativos que tería a escola destaca: fomentar foros de encontro que propicien o troco artístico-musical entre grupos novos; xerar unha cultura musical entre a mocidade; incentivar o coñecemento de grupos novos e abrirlles camiño no panorama musical, mediante a realización de encontros e “Kedadas musicais” nas prazas e outros lugares públicos; así como, crear un tecido de accións e recursos para favorecer a “externalización” da súa actividade. A Escola de Música Moderna ten a súa sede na Casa da Mocidade (rúa do Colmeote s/n. Narón). As clases da escola de música comezan no mes de outubro e rematan no mes de xuño. As inscricións nesta poden realizarse ao longo do curso e o custo da actividade é de 7,60 euros.


Naron estrea club de piragüismo O novo clube de piraguismo busca converterse nun referente a nivel galego e estatal.

A ría de Ferrol é un estupendo marco para a práctica do piragüismo, quizais por iso, na parroquia de Xuvia están a facer un importante esforzo por potenciar este deporte. A finais do ano 2009 presentábase o novo club de piragüismo de Narón. En Dameuntoke tivemos a oportunidade de conversar co seu presidente, Antonio Castro.

19


completo no que nos podemos iniciar dende unha curta idade. A verdade é un deporte moi atractivo. Hai unha idade mínima para ser piragüista? Eu diría que os rapaces e rapazas a partir dos sete anos xa poden empezar a practicar o piragüismo. Como podemos empezar a practicar o piragüismo? Unha boa oportunidade é apuntarse aos cursos de iniciación que dende o Club de Piragüismo de Narón estamos a organizar para Semana Santa (un curso) e para o verán (dous cursos). Estes cursos diríxense a persoas que queren comezar a collerlle o fío a este deporte ou para aqueles afeccionados que teñen algunha idea pero que queren mellorar a súa aprendizaxe.

A ría de Ferrol é un marco idóneo para a práctica do piragüismo? Sen dúbida. O exemplo máis claro é que no pasado había ata sete clubs de piragüismo no marco da comarca de Ferrol. A nosa intención é recuperar esta tradición deportiva. É un deporte sinxelo? É un deporte sacrificado que esixe moita constancia, unha boa preparación física e un perfeccionamento do estilo. Ao mesmo tempo, trátase dun deporte moi

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A finais do ano 2009 creastes o novo club de piragüismo? Por que apostastes por este deporte? Apostamos polo piragüismo porque nos gusta, porque contamos cunhas grandes instalacións deportivas, un gran director deportivo e a proximidade á ría. Tres elementos básicos para levar adiante un gran club. Ao mesmo tempo vemos que é unha práctica que gusta, que se está a recuperar. Moitas persoas do Concello de Narón veñen a preguntar pola Escola de Piragüismo e as posibilidades que ofrece. Cales son os vosos obxectivos? O primeiro obxectivo é contar cunha gran escola de piragüismo que cree canteira. A partir de aí pensamos que en tres, catro anos podemos ver os primeiros froitos a nivel de competicións galegas.


En que tipo de categorías desexades competir? Imos competir nas diferentes categorías de K1, K2 e K4 (modalidade onde o deportista vai sentado sobre a piragua) e tamén nas categorías C1 e C2 (modalidade onde o deportista vai de xeonllos sobre a piragua). Contades con escola de piragüismo? Si estamos dentro do conxunto de escolas deportivas do Concello de Narón. No noso caso a Escola de Piragüismo está baixo a tutela de Miguel Leira, un referente no piragüismo a nivel galego. A través da Escola de Piragüismo formamos os interesados neste deporte con cursos de iniciación, cursos de perfeccionamento ou incluso cursos de pesca sobre kayak. Que lle dirías á mocidade de Narón para que se anime a participar no conxunto de actividades

que realizades? Pois que se animen, que nos veñan a visitar para comprobar o bo ambiente que se respira. Nós, dende o Club de Piragüismo de Narón ofrecémoslles a posibilidade de practicar este deporte, ademais contamos cunhas estupendas instalacións con ximnasio, todo o material deportivo necesario, cursos específicos con profesionais preparados para a súa impartición e o pago da licenza de piragüista. Todo este conxunto por 10 euros ao mes.

Datos de contacto: Lugar: r/ Marcial Calvo, número 20 15570 Narón Teléfonos de contacto: 620589466 / 609914819

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


2

3

1 1naron conta

dende o día 18 de decembro cunhas instalacións públicas para a práctica da patinaxe sitas xunto á Casa da Mocidade (skatepark da Gándara)?

2 na paxina web de mocidade

www.dameuntoke.es ou dameuntoke.eu podes informarte diariamente das novas de índole xuvenil máis actuais e mandar as túas suxestións a través da web?

5 a casa da 3 no servizo sociocomunitario do Concello existe un departamento de Orientación laboral que contan con profesionais que poden axudarche a atopar un traballo, asesorarte para facer cursos formativos, o teu currículo... etc?

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

4 na oficina de informacion xuvenil sita no concello (1ª pranta) ademais de informarte de todos os temas que poden ser do teu interese, podes facer o carné xove (carné dirixido a mozos/as de 12-30 anos de idade que permite unha serie de descontos en actividades, cines, establecementos de ocio, tendas, museos, etc)?

mocidade

do concello (situada na Gándara) ten un horario de apertura semanal de 17:00 a 19:00 h de luns a venres?

6 a casa da mocidade

conta cunha aula de informática dotada con 10 equipos informáticos con conexión a internet e impresora de uso gratuíto?


6

9

5

7 10

7 a biblioteca municipal do Alto

conta cun volumen de libros superior a 48.000 exemplares e con múltiples revistas e cómics así como equipos informativos que están a túa diposición de luns a sábados? E que ademais podes facerte socio pagando soamente 50 cts ao ano (no caso de ser menor de 14 anos) ou 1 euro ao ano (no caso de ser maior desta idade)?

8 todos os anos no mes de outubro o concello pon a disposición dos estudantes da Universidade da Coruña o bonobús universitario que pode solicitarse para os transportes á universidade?

10 a oficina 9 o programa de mocidade

está a promover a decoración de espazos urbanos a través do graffiti mediante kedadas realizadas ao longo de todo o ano?

de informacion xuvenil

do concello funciona en horario de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres e ten o seguinte teléfono: 981337700 ext 1103?

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


i o M til ú

Durante o ano 2009... 7 grupos ensaiaron e máis de 70 persoas aprenderon a tocar a guitarra, batería e baixo na Escola de Música Moderna Encontro de patinaxe A web Dameuntoke sumou máis de 3.200 visitas

No Encontro Local de Mocidade participaron arredor de 170 persoas de forma directa nos diferentes talleres.

Encontro de grafitis

Quedadas para deseñar camisetas Inagurouse o Skatepark de Narón situado tras a Casa da Mocidade Talleres sobre educación afectivo-sexual A Oficina de Información Xuvenil atendeu 4036 consultas sobre diversas temáticas relacionadas coa mocidade

máis de cinco mil mozos e mozas de Narón utilizaron os servizos e participaron nas actividades programadas pola Concellería de Mocidade. Se desexas coñecer o que se move en Narón séguenos no teu dia a dia. No portal portal web http://www.dameuntoke.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.



©JAMER


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.