REVISTA NÚMERO 3 Concellería de Mocidade Servizo Sociocomunitario
Apto para todos os públicos Entrevista ao noso alcalde José Manuel Blanco A veracidade da información Lugares de Narón nos que pasar unha boa tarde Escolas culturais municipais O descodificador Sabías que...?
Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.
Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero
Promove:
Concello de Narón Concellería de Mocidade
Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2010
Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100
Revista subvencionada pola
Sumario 04 Apto para todos os publicos Achegarnos ao teatro dende o propio escenario era a nosa meta nesta ocasión. Lográmolo da man de Flor Maceiras, mestra da Escola de Formación Actoral do Padroado de Cultura do noso Concello.
08 A veracidade da informacion na Internet
Non todo o que atopamos na rede é certo, polo que debemos andar con ollo á hora de dar creto á información que obtemos nela.
12 Entrevista ao noso alcalde, Jose Manuel Blanco Mantivemos unha agradable conversa co alcalde do Concello de Narón, José Manuel Blanco. Unha estupenda oportunidade para coñecer de preto as iniciativas que se están a levar a cabo en relación coa xuventude.
14 Lugares de Naron nos que pasar unha boa tarde En ocasións temos ao noso carón paraísos naturais dos que case non nos decatamos. Nesta reportaxe informámoste da existencia dun conxunto de espazos onde pasar unha boa tarde cos amigos e amigas.
18 Escolas culturais municipais Xa somos arredor de 1.200 naroneses e naronesas que participamos nas diferentes actividades organizadas polas escolas culturais municipais. Coñece a oferta para este curso 2010-2011.
21 O descodificador Un descodificador ten a función de emitir sinais intelixibles. Nesta ocasión achegámonos ao mundo do skate. Bótalle un ollo, seguro que te sorprendemos.
24 Sab as que...? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…
Apto para todos os publicos O teatro entra en Dameuntoke da man de Flor Maceiras, a coordinadora e profesora de interpretacion da Escola de formacion actoral do Padroado da Cultura de Naron.
A Escola de Teatro de Narón pretende, a través da formación impartida no percorrido dos cinco cursos dos que consta, que o alumnado incorpore conceptos teóricos básicos e experiencia práctica suficiente para o exercicio do oficio actoral. Esta escola de actrices e actores fundamenta as súas actividades na consideración do teatro como un ben público que ha de ser accesible ao conxunto da cidadanía e na necesidade dunha formación integral.
1. Bos días Flor, nos últimos anos este centro ven adquirindo sona no ámbito galego do teatro, que vos fai diferentes?
Non me atrevería a dicir que somos diferentes, porque o teatro é unha arte moi vella e antes de nós xa había teatro e vai seguir habendo despois, por sorte, e non debemos ter a pretenciosidade de crer que inventamos nada novo. Si é verdade que a aposta de Narón polo teatro é unha aposta pública moi pouco frecuente, e non só no ámbito formativo da Escola de Formación Actoral e no de lecer a través dos obradoiros municipais de teatro, senón tamén na programación teatral estable que se leva desenvolvendo dende hai moitos anos. Cando traballas fóra todo o mundo che pregunta “...pero que pasa en Narón co teatro?”, e que fai que todo o mundo queira vir actuar a Narón... En todo caso somos diferentes porque somos parte dun “todo teatral” bastante inusual.
2. A Escola pretende servir de plataforma para un futuro profesional no campo ou preséntase como unha alternativa de ocio?
As dúas cousas, porque as dúas cousas forman parte do teatro, de feito, o que chamamos teatro afeccionado é en todas as partes do mundo o principal fornecedor de actrices e actores para o teatro profesional, e o teatro profesional é seguido intensamente polas afeccionadas e afeccionados. O teatro é o mesmo, aínda que eu coido que ás veces hai unha apreciación da actividade dos actores e actrices afeccionados e afeccionadas bastante distorsio-
4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
nada. O teatro amateur, o que a xente fai por pura afección, sen contraprestación económica, non é de peor calidade. Igual que na actividade profesional dependerá de quen o faga e de como se faga. Da Escola de Teatro de Narón teñen saído e esperamos que sigan saíndo excelentes profesionais da escena galega e tamén excelentes afeccionadas e afeccionados, e a formación e o adestramento que recibiron na Escola foron os mesmos. No caso da outra actividade da Escola de Teatro de Narón (os obradoiros de teatro do Padroado de Cultura que se imparten nas escolas municipais de teatro infantil, xuvenil, veciñal ou de persoas maiores) a resposta é moito máis rotunda: son actividades de lecer, por máis que sirvan tamén para aprender e para enriquecerse persoal e socialmente.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5
3. Por que cre que os rapaces e rapazas entran nesta escola?
Por razóns moi diversas, témolo comprobado, e non só a xente nova... A partir dos 17 anos calquera persoa pode matricularse na Escola de Formación Actoral. Como che dicía, é moi variado, quizais porque o teatro abarque calquera cousa e nel cabe todo. Hai xente que ten razóns persoais, que quere desinhibirse e pensa que é una boa maneira. Outras persoas teñen claro que queren dedicarse profesionalmente a este oficio. Tamén nos encontramos con público de teatro que quere ver como é por dentro ou mesmo hai xente nova (e non tan nova) que quere triunfar na televisión. Eu supoño que no fondo todo o mundo que asoma por aquí trae algunha inquedanza e algunha expectativa persoal relacionada con ter algo que contar, porque están dispostas e dispostos a compartilo en canto llelo propós.
4. Que influencia ten a televisión na vocación dos alumnos e alumnas? Traballan a interpretación diante da cámara?
Non sei ben se a tele fai vocacións ou as adormece… (risas). Falando en serio, claro que a tele é un estímulo, sobre todo entre a xente nova, aínda que igual ve máis o resultado dun éxito do que custa chegar a el. Nós procuramos traballar para que o alumnado coñeza os distintos soportes nos que se lles pode pedir que interpreten: a escena e os diferentes medios audiovisuais. Eu non son partidaria de falar de “interpretación diante da cámara”, porque non creo que haxa tal cousa. Hai interpretación e cambia o medio no que a interpretación se desenvolve e cada medio ten as súas leis.
6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Pero tampouco son igual as leis de visibilidade nun escenario á italiana que na escena aberta dun parque ou nunha rúa... Por iso procuramos que se manexen as claves en todos os medios. 5. Despois dos anos de docencia neste centro, como calificarías a experiencia? Tes a satisfacción de seguir vendo aos teus alumnos e alumnas subidos no escenario? Xa sexa profesional ou como afeccionados…
Cada día de Escola segue sendo despois de moitos anos un día de viaxe a quen sabe que mundos. É o veleno do teatro, seica, que unha vez que o tes dentro xa non podes vivir sen el. Xente afeccionada, xente profesional e xente que vai ao teatro e fai teatro, en suma. Para min é unha especie de paraíso, a verdade. Hai unha asociación teatral chamada “O aturuxo de Melpómene”, que fundaron alumnas e alumnos cando aínda estaban na Escola e que non paran de facer espectáculos, levan cinco montaxes en dous anos, teñen agora mesmo catro en cartel, están ensaiando a seguinte e xa pre-producindo a seguinte máis... Reciben moitos premios, e non paran de facer representacións por toda Galicia. E non podemos evitar sentir que a Escola algo lles debeu axudar a propiciar... “Cometa cometa”, que escribiu e dirixiu José Prieto, foi o primeiro espectáculo do Aturuxo de Melpómene. Pois ben, durante dous anos, dez ex-lumnas e un ex-alumno actuando no escenario, e máis outro alumno exercendo de director en xira e outra alumna levando luz e son, fixeron funcións e máis funcións, levando o teatro que se fai en Narón polo mundo adiante… Se isto non é paixón...
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7
A veracidade da informacion na Internet Claves para contrastar a informaciOn. Recorrer As fontes.
Internet é un medio de comunicación onde persoas de todas as condicións poden expresarse libremente e publicar de cara ao resto do mundo as súas opinións, pensamentos ou coñecementos. Así e todo, non todo o que atopamos na rede é certo, polo que debemos andar con ollo á hora de dar creto á información que obtemos nela. NA REDE PODEMOS atopar distintos tipos de páxinas web, que van dende os blogs, ata webs institucionais de organismos, foros, correos electrónicos, etc. É a nosa obriga como usuarios e usuarias responsables diferenciar unhas doutras e decatarnos de que o tipo de contidos que hai nelas poden non ter a mesma credibilidade.
Os medios oficiais: prensa e organismos
Podemos partir da base de que os medios oficiais terán contidos veraces e próximos á realidade. Así, como regra xeral, podemos tomalos como certos e utilizalos nas nosas procuras ou argumentacións. Non obstante, esta postura implica o risco de prescindir do espírito crítico e adoptar como verdade calquera información que proveña dun medio oficial, o que non debería ser, xa que lles confire unha autoridade demasiado grande. Mención á parte deberiamos facer, dentro dos medios pertencentes a organismos, das webs, das universidades e colexios, xa que por regra xeral a información que conteñen é certa e publícase, de feito, para que sexa utilizada como referencia.
8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
No caso das enciclopedias Wiki, ao ter contidos incorporados por usuarios anónimos (para nós) de xeito aberto, a información que nos brinda é, cando menos, cuestionable (cando non directamente errada). A chamada “intelixencia global” pode ser útil a grandes trazos, pero tamén se pode converter en “mediocridade global” e conter imprecisións ou, directamente, erros graves de veracidade. Por iso, o uso destas Wikipedias, se ben é aconsellable, debe ser levado a cabo con precaución e, sempre, contrastando a información que se obtén con outros medios, para comprobar a súa fiabilidade.
As enciclopedias online
Blogs de referencia
No caso das primeiras, aínda que se supón que deben ser medios de referencia, deberiamos ter en conta as advertencias sobre a tendencia ideolóxica que poida ter detrás, se ben por regra xeral podemos utilizalas como fonte fiable.
A súa propia natureza de medio orixinario da Internet fai que distinguilos sexa complicado. Neste caso o único método fiable, ademais da “relevancia social” e da con-
Dentro destas hai que distinguir dous tipos de páxinas, as que teñen contido pechado e as suxeitas á participación dos usuarios (Wiki).
Fóra dos medios oficiais ou de comunicación tradicional, dentro da propia Internet contamos con fontes de información con millóns de lectores diarios e que teñen tanto ou máis peso que os primeiros. Estamos a falar dos blogs de referencia.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9
O noso consello Exposto todo o anterior, indicámosvos algunhas das mellores maneiras para contrastar a información que obtemos da Internet e, así, poder utilizala para o noso traballo, como fonte de coñecemento. O mellor dos métodos é, sempre, acudir ás fontes orixinais. Se algún blog ou web fai referencia ao que di un ou outro autor, non hai mellor xeito de confirmar que é certo que tomando un libro do deste. De todos os xeitos como isto non sempre é posible o seguinte paso é acudir a fontes contrastadas que traten o tema. Neste sentido, ese mecanismo tamén nos vale para temas xerais, de forma que se pensamos que parte da información que lemos na rede pode non ser certa, o mellor é achegarse a libros especializados ou páxinas web de universidades e colexios onde se traten temas semellantes.
trastación das novas que publican, é o sentido común. Por outra banda, debemos falar tamén, para rematar este punto, dos coñecidos como “confidenciais”. Trátase de medios independentes, levados nalgún caso por xornalistas, que basean as súas novas en rumores ou informacións non contrastadas. Sobre eles, comentar que se ben de cando en vez atinan (e non todos), na maior parte dos casos os seus contidos deben tomarse con moita cautela, cando non seren rexeitados como mentiras.
Blogs persoais. Foros. Correo electronico
Doutra banda, fóra dos medios fiables, contamos con distintas fontes de información nas que a nosa atención debe estar alerta.
10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Non debemos aforrar esforzos en procurar información en varias fontes. Un dos aspectos máis positivos que ten Internet é que nos permite realizar buscas rápidas e chegar a multitude de sitios en moi pouco tempo.
Enganos e estafas
Ademais da información xeral, Internet tamén contén servizos que utilizamos de forma cotiá. Un deles, polos beneficios que pode achegar, é especialmente atractivo para ser usado como engano ao usuario: o servizo de banca. Os máis estendidos e coñecidos son os blogs. Estas páxinas persoais contan, polo xeral, cunha temática determinada que fai que o que publican poida ter visos de veracidade, non sendo sempre así. Por iso, toda a información que obteñamos destas fontes debe ser contrastada usando medios externos, tanto online coma offline, co obxectivo de procurar unha idea axeitada do fiable que poden ser os contidos que publican. Outros medios para obter novas poden ser os foros. Estes, salvo en casos moi puntuais, non conteñen información axeitada para ter en conta como veraz sen pasar por unha investigación alternativa, polo que sempre debemos procurar fontes fiables que corroboren o que neles se publica. Do mesmo xeito, os grupos de novas e a información recibida por correo electrónico debe seguir o mesmo patrón e ser sempre revisada polo miúdo, comparándoa cando sexa posible con outra sobre a mesma temática obtida en medios contrastados.
Hoxe en día hai miles de intentos de enganar os internautas facéndose pasar por entidades bancarias e reclamando información privada que garanta ao estafador o acceso á conta de cliente dun particular. A isto chámaselle Pishing. Debemos ter en conta que ningún banco nos vai pedir que lle deamos os nosos datos. Xa os teñen e, en calquera caso, non os solicitarían por Internet. Así que nunca, absolutamente nunca, debemos crer a un correo que nos pida unha confirmación de usuario e contrasinal por parte dun banco.
Dedicarlle uns minutos a comprobar que unha afirmación concreta é certa pódenos aforrar moitos desgustos, así como problemas derivados do uso de información falsa.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11
Entrevista a José Manuel Blanco, alcalde de Naron Vivenda e traballo son os obxectivos deste alcalde
José Manuel Blanco é o alcalde de Narón. Antes pasou por boa parte das responsabilidades de goberno: Educación, Cultura e Urbanismo. Facilitar o acceso da mocidade á vivenda e ao traballo son os seus obxectivos.
1. Como é o teu día a día?
Da mañá á noite un é alcalde a tempo total. Parece unha parvada, pero a ver se me explico, nalgúns oficios un pode “desconectar”. Saes do traballo e ata o día seguinte non volves saber do choio. Aquí non, un é alcalde todo o tempo. Calquera cousa que ves pola rúa, o que falas cun amigo ou amiga ou cun veciño ou veciña pode darche unha idea para facer (ou para que non se faga) algo; e estás pendente todo o día. E é o lóxico, porque o Concello é a administración máis próxima aos cidadáns e os veciños e veciñas queren que esteas todo o día mirando por facer as cousas ben.
2. Tes en conta as necesidades da xente moza?
Claro. Narón é o municipio da comarca con máis xente nova. De sempre, as prioridades do noso goberno foron a infancia, a mocidade, as mulleres e a xente maior. Son colectivos que teñen necesidades obvias que a administración pública ten a obriga de intentar resolver. No caso da mocidade as prioridades fundamentalmente son o acceso a unha educación de calidade, á vivenda e ao mundo laboral, sen esquecer as súas inquedanzas en deporte ou cultura.
3. Xa que citas eses tres problemas. Cal é a proposta educativa do Concello?
O primeiro que hai que dicir é que os concellos non teñen competencias en materia de Educación, que é responsabilidade da Xunta. Aínda así, Narón colabora e asume ano tras ano moitas melloras nos centros e o Concello está a poñer en marcha moitas iniciativas para apoiar o labor diario de alumnado e profesorado. Iniciativas culturais, educativas e de ocio da Concellería de Mocidade e
12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Perfil do Entrevistado Vive: Narón Profesión: alcalde Indica nunha palabra que che transmite 1. Concerto - Música 2. Libro - Tranquilidade 3. Deporte – Diversión 4. Responsabilidade - Reflexión 5. Traballo - Vida 6. Narón - Orgullo
do Servizo Sociocomunitario, por exemplo, que o Concello promove e financia; ou do Padroado de Cultura: escolas municipais en moi diferentes ramas artísticas, do teatro á danza ou á música. Tamén no ámbito da formación profesional o Concello de Narón ten programas propios e apoia cada ano os proxectos formativos de entidades empresariais, de sindicatos ou doutras administracións co obxecto de que mozos e mozas en paro accedan a un posto de traballo. 4. O acceso á vivenda segue a ser complicado
Narón, unha vez máis, foi o primeiro de Galicia que puxo en marcha unha iniciativa pioneira no país: case 300 vivendas en aluguer para xente nova, as últimas inauguradas aínda este verán. Non hai concello en Galicia que fixera unha aposta tan ambiciosa para facilitarlles aos mozos o acceso a unha vivenda accesible.
5. Tamén o acceso ao traballo está difícil
A situación da comarca leva moitos anos sendo difícil, e agora xa o é en todos os lados. Aínda así Narón defendeuse bastante ben nestes últimos anos. A existencia de tres grandes áreas industriais permite que, aínda en tempos difíciles, haxa moita xente empregada. Neste sentido, o meu compromiso é poñerlles ás empresas –que son as que crean os postos de traballo– todas as facilidades para que veñan instalarse a Narón e faciliten o acceso da xente nova ao mundo laboral.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13
Lugares de Naron nos que pasar unha boa tarde En ocasions temos ao noso caron paraisos naturais dos que case non nos decatamos. Nesta ocasion achegamonos a eses lugares fermosos para pasar unha boa tarde cos amigos e amigas. Fotos: MarĂa Vieira “Maviâ€?
14
En Dameuntoke achegámosche aqueles lugares de Narón cun encanto especial onde poderemos gozar de contornos inigualables. Son moitos os lugares fermosos que existen en Narón e que quedando preto das nosas casas quizais aínda non coñecemos.
ESTA RELACIÓN DE LUGARES de interese que imos citar dunha maneira moi resumida, poden servirche para organizar unha fin de semana diferente e alternativa na que poder gozar coas túas amizades de lugares sorprendentes. Como pasa nas grandes historias, o relato non cabe nun só libro e polo tanto ten que dividirse en entregas. Nós faremos o mesmo, e no próximo número poderás seguir gozando doutros lugares magníficos de Narón.
Polo momento, aí van 4 suxéstions:
1. A costa atlantica con cantis abertos ao atlantico ...
… e areais con paseo paralelo á costa que podes alongar ou acurtar en función do bo ou boa camiñante que sexas.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15
Indicanos as tuas suxestions Seguro que coñeces outros espazos de Narón que merecen ser recollidos nestas páxinas. Cóntanos as túas experiencias a través do formulario de contacto da web Dameuntoke (http://www.dameuntoke.eu) ou nas redes sociais asociadas a esta iniciativa. No próximo número recolleremos as túas recomendacións.
2. o rio xuvia e os seus magnificos _ muinos ...
... o de Perfeto situado na zona de Doso, o muíño de Chao (a 400 m da capela da O en Pedroso), o muíño de Entrerríos, o de Gradaílle, etc e a paz que se respira nun paseo pola ribeira do Xuvia (declarado espazo natural protexido).
16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
_
3. a area natural rio _ xuvia-muino de chao ...
... (sita en Pedroso) ofrece moitas posibilidades de lecer, dado que conta con instalacións para pasar a noite, xantar, pasear, descansar e moitas máis posibilidades.
O parque temático integral de desenvolvemento rural Aldea Nova é un espazo no que poderás gozar dunha experiencia diferente na compaña dos teus amigos e amigas facendo obradoiros medioambientais, visitando unha casa tradicional, cortes de gando autóctono galego, unha
estación solar, o futuro planetario ou coñecer o deporte rural galaico ou os xogos populares. Tamén hai a posibilidade de xantar tras solicitalo previamente.
4. se o que che gusta e o mar... o paseo maritimo de xuvia... ... tamén é un espazo clave no que poder practicar deportes como a patinaxe, o sendeirismo, a bicicleta, o footing
Non te perdas a vista que hai dende o mirador sobre as rías ártabras a 300 m de altitude sobre o nivel do mar.
A ter en conta e os deportes náuticos como a vela, a canoa, etc. Durante a época de verán tamén é un bo espazo de xuntanza cos teus amigos para charlar tranquilamente sentados no campo, escoitar música, ler…
O que si debes ter en conta á hora de visitar calquera destes espazos, é que para que continúen tan fermosos como ata agora, debemos coidar de non tirar lixo ou xeralo, non arrincar nin cortar plantas, non prender lume e intentar ser discretos nas nosas visitas. Todos estes consellos aparecen recollidos no “Decálogo de boas prácticas para visitar o río Xuvia” editado polo Concello de Narón para sensibilizar os cidadáns e cidadás.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17
As Escolas Culturais Munic Danza contemporanea, debuxo, bailes de salon, teatro, formacion musico-instrumental, danza tradicional, gaita, percusion tradicional, zanfona, canto e pandeireta ou construcion de instrumentos de percusion.
Esta é unha listaxe das actividades que podemos desenvolver a través das escolas culturais municipais do Concello de Narón que xa contan cun alumnado que se aproxima ás 1.200 persoas o que supón un aumento de 200 persoas con respecto ao curso anterior.
DURANTE MÁIS DE 25 ANOS o Padroado de Cultura do Concello de Narón leva desenvolvendo a modo de escolas culturais municipais, diferentes tipos de actividades coa finalidade de achegar a cultura á meirande parte de cidadáns e cidadás posibles. Por este mesmo propósito estas escolas realízanse de xeito descentralizado alá onde son solicitadas. Na actualidade o Padroado da Cultura do Concello de Narón desenvolve actividades nas parroquias de Pedroso, O Val, Sedes, Piñeiros, A Gándara, A Solaina e o Alto do Castiñeiro.
18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
cipais de Naron
Ao mesmo tempo temos á nosa disposición un espazo como o Pazo da Cultura que permite brindar á cidadanía unha maior flexibilidade de horarios, así como un aumento na calidade das instalacións e polo tanto no seu gozo. Neste ano o Padroado de Cultura do Concello de Narón realizou unha campaña de promoción e difusión polos centros de ensino do municipio das actividades de corte tradicional como marcan os seus estatutos, o que está a dar froitos como se reflicte no aumento das matrículas.
Dende Dameuntoke, como non podía ser doutra forma, sempre reservamos un espazo especial para a nosa
cultura e por este motivo queríamosvos animar a que participaradas activamente nestas escolas culturais.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19
Distribucion das actividades en funcion das idades
Dende ben pequenos podemos participar nestas actividades. A partir dos 4 anos podemos inscribirnos nas actividades de danza tradicional, cantareiros/as, teatro e bailes de salón. A partir dos 5 anos podemos inscribirnos nas escolas culturais de danza tradicional, cantareiros/as, teatro, baile de salón, solfexo, clarinete, oboe, saxofón, trompeta frauta traveseira, violonchelo, trombón, bombardino, fliscornio, trompa e percusión.
E como podo inscribirme? Nesta última etapa do ano e coa finalidade de facilitar o acceso ás actividades o Padroado da Cultura mantén aínda aberto o prazo de matrícula, podendo informarse no teléfono 981 39 11 44.
20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Se temos 6 anos aumenta o abano de posibilidades e poderemos participar nas escolas culturais do Concello de Narón de danza tradicional, cantareiros/as, teatro, baile de salón, solfexo, clarinete, oboe, saxofón, trompeta frauta traveseira, violonchelo, trombón, bombardino, fliscornio, trompa e percusión, gaita galega, percusión tradicional e debuxo. E a partir dos 16 anos, ademais das actividades dirixidas aos rapaces e rapazas de 6 anos, tamén poderemos participar en zanfona, construción de instrumentos, danza contemporánea e formación actoral.
O descodificador Ao caron da Casa da Mocidade atopamonos cun atractivo – skatepark desenado para usuarios de todos os niveis e tipoloxia, dende skaters ata rollers e bikers. Un lugar estupendo para por en practica os nosos mellores trucos.
O naronés Fran Rei “Chiki” foi unha das persoas, xunto con Javi Oza e David Balón, que máis loitou por contar con este tipo de infraestrutura e potenciar o deporte do skate na provincia da Coruña. O obxectivo de todos eles era romper con vellos estereotipos aínda vinculados con esta actividade.
Boas Fran, que che pareceu a idea de crear un skatepark en Narón? Crear un skatepark axuda a que a sociedade nos vexa coma uns deportistas que estamos a gozar da nosa afección, unha actividade sá, divertida e que non molesta a ninguén. Conseguir que unha institución invista nunha instalación deste tipo non é o habitual e valóroo coma moi positivo. Neste sentido gustaríame recalcar que o skate é un deporte e non facer “vandalismo”. Este foi un dos grandes problemas cos que sempre nos encontramos. Por iso entendo que iniciativas deste tipo son necesarias porque nos ofrecen espazos para gozar da nosa afección e porque axudan a cambiar estereotipos na sociedade.
22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Agora que xa leva bastantes meses en funcionamento dános a túa impresión. É unha instalación axeitada para facer trucos? Trátase dun circuíto “rampleiro” con diferentes ramplas e curvas para saltar. Nel podemos facer transferencias dunha rampla a outra. Presenta un módulo de curva e podemos facer “grindadas” (escorregarse non bordos ou varandas de xeito horizontal). De todas formas os trucos que se poden facer varían moito en función da imaxinación do skater, isto non é unha cuestión matemática. Hai que probalo e darlle á cabeza para encontrar novas posibilidades.
Esta xente non se decata de que noutros lugares facer skate é o máis normal do mundo, cando saes do traballo vas a dar unha volta no teu skate como calquera outra persoa que pode ir a un ximnasio. O que máis me gusta é que coñeces moitos lugares, moitos recunchos do teu concello nos que seguro que moi poucas persoas prestaron atención.
Para sacarlle o máximo proveito animaría ao Concello de Narón a que o fixese cuberto para poder utilizalo todos os días do ano. Como empezaches a patinar? Empecei a patinar aos 12 anos cos antigos patíns que nos permitían facer acrobacias. Buscaba a pura diversión. A medida que ía patinado fun coñecendo xente que me axudou a face novos trucos e acrobacias. Empecei a ver vídeos de skaters doutros países. O certo é que é un deporte que engancha moito, hai moi bo ambiente e podes deixar voar a túa imaxinación. Que te levou a ser skater? A min gústame o deporte e no skater encontrei unha actividade onde ti pos os límites, ninguén che pon obxectivos nin trabas para aprender novas habilidades. Es ti o que te esixes, o que o practicas con maior ou menor intensidade, o que pensas novas acrobacias…
Ademais dáche unha serie de valores coma a humilde xa que entre todos formamos unha gran familia de amigos, cos que compartes rodas, comentas trucos e aos que aprendes a respectar esperando que che toque a túa quenda. Presentácheste a algún concurso? A concursos oficiais nunca. Si participei nun pequeno concurso que fan en Oza dos Ríos e noutro concurso en Bilbao. Estas iniciativas gustáronme moito xa que son moi participativas e buscan dar a coñecer este deporte. Algunha anécdota interesante? Si… cando preguntas en Galicia onde está situado o skatepark moi poucas persoas che saben contestar. Mais cando cheguei a Bilbao, todo o mundo coñecía onde estaba situado o skatepark ao que ía e o resto dos skatepark que había na cidade. Era o máis natural do mundo.
Que é o que máis e o que menos che gusta do skate? O que menos me gusta é que aínda quedan moitos prexuízos por romper. A día de hoxe parte da sociedade pensa que é un simple xogo ou, peor aínda, case que un acto vandálico.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23
2
1
4 1Dende finais
do mes de xullo, Narón conta cunha páxina web de turismo con información de interese e un apartado no que podes descargar información para facer rutas en bicicleta por Narón, sendo esta páxina: http://www.turnaron.es?
2 O Servizo Sociocomunitario
de Narón conta cun servizo de asesoramento xurídico de balde no que te atenderán pedindo cita previa no 981337700 ext 1108?
6
3 O concello de NarOn ten un convenio coa asociación de economía social Briante a cal publica todos os meses ofertas de emprego para desempregados na web: www.briante.org?
24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
4 Na pAxina web das bibliotecas de Narón: http://biblioteca.naron.es podes consultar o catálogo de libros, revistas, audiovisuais que hai dipoñibles na biblioteca, e facer a reserva online?
5 Na pAxina web
http://arquinaron.naron.es podes consultar un arquivo de fotografías históricas de Narón, costumes e eventos característicos de todas as parroquias?
9
7
5
8
10
7 Naron conta,
moi preto da ponte de Xuvia, co único exemplar de magnolio con máis de 300 anos catalogado en Galicia?
9 No adro da
igrexa parroquial de San Xiao de Narón constituíuse no ano 1836 o Concello de Narón actual?
6 Na paxina web do Padroado de Deportes de Narón (www.padroadodeportesnaron.com) podes consultar online o calendario deportivo con información das competicións e os torneos deportivos máis próximos?
10 O concello
8 Se tes o carne xove e queres estar ao día dos descontos e vantaxes que che ofrece, podes entrar na web www.xuventude.net, no apartado de carnés para a mocidade (carné xove) e descargar a información de todos os establecementos adheridos?
ten establecido un convenio coa asociación de síndrome de down Teima para ofrecer formación laboral a persoas con síndrome de down e unha oportunidade para integrarse no mundo laboral?
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25
A Concellería de Mocidade do Concello de Narón deséxavos que pasedes un bo nadal e un próspero aninovo. Se precisas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións non dubides en contactar con nós.
O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón.
Estamos á túa disposición.
Natalia Hermida Rico, concelleira de Mocidade, Deportes e Participación Cidadá
No portal web http://www.dameuntoke.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Narón é un servizo público que ofrece información e asesoramento para a xuventude. O noso horario de atención ao público é de 8:30 a 13:30 horas durante todo o ano excepto os meses de xuño, xullo, agosto e setembro co horario de 8:30 a 13:00 horas.
©SDWEB
Se desexas contactar con nós tamén o podes facer no teléfono 981 337 700 extensión 1103 ou no correo omix@naron.es