Revista Dameuntoke número 7

Page 1

A revista da mocidade de Narón

revista da

REVISTA NÚMERO 7 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Parkour: a arte do desprazamento, A Mocidade e a Música: X Encontro Local de Mocidade, Consellos para mercar un computador ou un móbil Smartphone, Cómo nos afectan os cambios no Sistema Educativo, Queres coñecer os tesouros da Biblioteca Municipal do Alto?, Sabías que…?


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2012 Fotografía Mar a Vieira “Mavi” Revista subvencionada pola Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Sumario 04 Parkour: a arte do desprazamento A palabra “Parkour” vén do francés e quere dicir a arte do desprazamento, Antón e os seus amigos explicáronnos as posibilidades deste deporte.

10 A Mocidade e a Musica: X Encontro Local de Mocidade Nestes Encontros os mozos e mozas fomos os protagonistas indiscutibles, xa que foi a xente nova a que actuou como “mestra” diante do público que quixo achegarse á Gándara e intercambiar experiencias.

14 Consellos para mercar un computador ou un mobil Smartphone Mercar un destes aparellos pode resultar un pouco embarullado. Hai diferentes factores que debemos considerar para facer unha compra axeitada ás nosas necesidades.

18 1.Como nos afectan os cambios no Sistema Educativo Amigos e amigas hai uns meses vense de aprobar unha nova reforma educativa a implantar neste curso 2012-2013. Coñezamos un pouco máis esta reforma e como nos afecta.

22 Sab as que...? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos ...

24 Queres conecer os tesouros da Biblioteca Municipal do Alto? En Dameuntoke decidimos adiantarnos e ofrecerche as últimas novidades que nos recomendan dende a Biblioteca Municipal de Narón.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 3


A arte do desprazamento A palabra “Parkour” vEn do francEs e quere dicir a arte do desprazamento. AntOn e os seus amigos explicAronnos as posibilidades deste deporte.

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Falamos e quedamos para adestrar en diferentes sitios, pasar un bo intre entre colegas e practicamos o que mAis nos gusta: Parkour.

A palabra “Parkour” vén do francés e quere dicir a arte do desprazamento. Os seus impulsores falan dunha nova disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluidamente posible, usando as habilidades do corpo humano. Isto significa superar obstáculos que se presentan no percorrido como muros, paredes, escaleiras e incluso árbores, ríos e rochas.

Os practicantes denominados “traceur” ou “traceuses” nunca molestan á xente ou ao seu entorno, nunca poñen en perigo a súa propia vida se non están seguros de conseguir certo salto e nunca compiten contra outras persoas. Estes son algúns dos seus valores. Antón, Erick e Cristian, xunto cos seus de amigos traceurs Adry e Iago, son dos primeiros en practicar este deporte no Concello de Narón. En Dameuntoke non quixemos desaproveitar a ocasión de entrevistalos para coñecer en detalle a “arte do desprazamento”. En que consiste o Parkour? Erick: O Parkour poderíase definir como unha disciplina deportiva que utiliza todas as posibilidades que

ofrece o corpo humano para superar obstáculos do medio natural, do medio urbano ou mesmo obstáculos a nivel psicolóxico: problemas diarios, problemas coa parella, no traballo...Co afán de superación e coa autoconfianza que dá o Parkour podes afrontar calquera dificultade que teñas na vida. É unha filosofía de vida. Que se pode facer e que non? Erick: Calquera cousa, o que queiras...ata onde chegue o teu corpo. Evolucionou moito esta disciplina? Erick: Ao comezo os movementos eran moi básicos,

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


saltos sinxelos... pero dende hai 3 anos comezou a evolucionar dunha forma incrible, estanse facendo cousas imposibles de pensar nos principios do parkour. Cal é o material necesario para practicar Parkour? Erick: O teu corpo :). O que queira usar proteccións pode facelo aínda que non está moi estendido. Estamos a falar dunha disciplina que utiliza as posibilidades que ofrece o corpo humano para desprazarnos, e o noso corpo non trae de serie codeiras, casco nin protección algunha. Non está mal visto pero non é usual nin moi acorde coa filosofía da disciplina. Entón cun calzado deportivo cómodo poderiamos comezar a practicar parkour non si? Erick: Si, cunhas zapatillas deportivas, cun chándal e cunha camiseta xa está! e cunha rúa, claro, o medio onde practicalo. É un deporte perigoso? Cales son as lesións máis frecuentes? Erick: É un deporte de risco, así que perigo ten que ter, senón perdería a esencia. Lesións? Como en todo, todo ten o seu risco. Ten que habelas, si ou si. Se o practicas con tino, calma e precaución, moitas menos. Aínda así, hai lesións que non dependen de nós. Ás veces saltas un muro e o muro vai abaixo contigo, é algo que se nos escapa. De todos os xeitos para que o teñan en conta as amigas e amigos de Dameuntoke practicando e indo pouco a pouco é moi raro que aconteza nada. Cristian: Eu tiven algunha lesión nos nocellos, xeonllos... Algunha lesión hai por mor dos impactos nos saltos. Imaxinade, normalmente facemos 100 ou 200 saltos ao día, durante 365 días ao ano, polo que é normal que se resintan as articulacións inferiores. Dende que idades o recomendades? Erick: Dende que un se move pode comezar a facer Parkour pero con coidado. Hai cousas moi básicas que non teñen perigo ningún: subir algún pequeno muro, pasar valos... Dende un neno ata un vello pode

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Os practicantes denominados “traceur” ou “traceuses” nunca molestan á xente ou ao seu entorno, nunca poñen en perigo a súa propia vida se non están seguros de conseguir certo salto e nunca compiten contra outras persoas.


practicar pero sempre dentro das súas posibilidades: non lle Imos pedir a un neno de 6 anos que salte un muro de 3 metros de alto. Non se trata de facerse dano senón de ir superando as limitacións do corpo pouco a pouco. Antón: Podes practicalo a calquera idade sempre dentro da lóxica. Se dende moi novo comezas facendo reviravoltas moi complexas vaste lesionar axina e vanche doer os xeonllos. Como vos organizades? Que facedes para conseguir xente nova? Quedades coas amigas e amigos para organizar reunións na rúa nas que se mos-

tren os vosos progresos? Erick: A verdade é que non acostumamos a organizar ningún tipo de evento pola zona. Somos un grupo de amigos, estamos en permanente contacto porque saímos xuntos de festa, baixamos á rúa xuntos, adestramos xuntos... Para adestrar acostumamos a contactar por WhatsApp, Tuenti ou Facebook, as redes sociais dan para moito. Falamos e quedamos para adestrar en diferentes sitios, pasamos un bo anaco entre colegas e practicamos o que máis nos gusta: Parkour.

Para adestrar acostumamos a contactar por Whats-App, Tuenti ou Facebook, as redes sociais dan para moito.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


Na nosa bisbarra xurd u o primeiro grupo de parkour que apareceu en Galicia “AltoVuelo Crew

Erick temos entendido que ti es un dos referentes a nivel galego, non si? Erick: Algúns din que si outros non, para gustos... A nivel galego hai xente moi boa en Vigo e aquí na comarca de Ferrolterra. De feito na bisbarra xurdiu o primeiro grupo que apareceu en Galicia “AltoVuelo Crew”. A nivel internacional eu sigo á xente que inventou isto hai 20 anos. Antón: É certo, aquí en Galicia o que máis me gusta como traceur é Erick. Leva moito tempo adestrando e é un modelo a seguir para min. Se xa falamos a nivel mundial, Daniel Illabaca é un traceur bastante importante. Cristian: Erick foi un dos referentes á hora de adestrar duro e avanzar. El foi quen nos guiou ao comezo. Nós estabamos algo perdidos e el xa tiña experiencia de antes. Onde e cando naceu esta disciplina? Erick: Naceu en Francia, a mans de David Belle, Sebastién Foucan... Esa é a xente á que respectamos. Non temos ídolos, decantámonos máis por un ou por outro traceur en función do seu estilo, intentando imitalos ou copiar o que nos gusta deles. Tedes unha cultura propia asociada ao voso deporte? Cine? Música? Erick: En canto a películas temos Yamakasi 1 e 2, Distrito 13, por exemplo. Antón: Acostumamos a escoitar rap, reggae,...pero depende da persoa, cada un é libre de escoitar a música que lle gusta e que lle motiva. Cristian: En xeral, escoitamos hip-hop e electrónica. Eu persoalmente decántome polo rap, é a que me motiva e a que uso para adestrar, é unha axuda para concentrarse.

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Pensastes en montar unha asociación? Informástesvos no Concello? Erick: Si, coa finalidade de conseguir axudas e facilidades para a utilización de ximnasios no Concello de Narón. En Galicia, co que chove, é necesario que teñamos un lugar cuberto onde poder practicar dotado de plintos, colchonetas, espaldeiras, barras... Dinos en poucas palabras que che aporta a práctica do Parkour? Antón: Comecei practicándoo cun amigo como hobbie, cando descubrín a parte máis física tomeino como un deporte e agora mesmo é o meu xeito de ver as cousas, unha forma de vida. Cristian: Para min agora mesmo é ademais da familia e amigos a cousa máis importante que teño. Evádeme de todas as miñas preocupacións. Faime feliz. Cando fago unha acrobacia boísima síntome moi satisfeito porque vou superando un novo límite do meu corpo. Que podemos facer para contactar con vós e participar? Onde vos podemos atopar practicando? Cal é o voso lugar favorito no Concello para practicar este deporte? Erick: Se algunha seguidora ou seguidor de Dameuntoke quere contactar con nós, podedes atoparnos no Tuenti ou no Facebook. Ademais, en YouTube tedes infinidade de videos nosos, buscádenos por “Alto Vuelo Crew” e falamos. Antón: Podedes contactar escribindo ao meu correo electrónico: antonsouto@mundo-r.com. Aquí en Narón hai moi boas zonas. Podédesnos atopar en Santa Icía, no parque infantil, que está moi ben comunicado e preparado; e, tamén, nos arredores do centro comercial Odeón.

Se algunha seguidora ou seguidor de Dameuntoke quere contactar connosco escribide ao correo electronico: antonsouto@mundo-r.com

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


X Encontro Local de Mocidade: a Mocidade e a súa Música O venres dIa 15 de xuNo, entre as 5 e as 12 da noite, tivo lugar o X Encontro Local de Mocidade, desenvolvEndose todas as actividades nas inmediacions da Casa da Mocidade de A GAndara.

A través destes encontros anuais, inténtase realizar unha serie de accións estimulantes para a mocidade, facendo actividades en común, nas que compartimos ideas e intereses. Este ano a protagonista foi a música, actuando como nexo de unión e forma de expresión da xente nova.

Nestes Encontros os mozos/as fomos os protagonistas indiscutibles, xa que foi a xente nova a que actuou como mestra diante do público que quixo achegarse á Gándara e intercambiar experiencias, participar nas distintas actividades e probar novas formas de ocio, alternativas ao convencional.

Debemos destacar, unha vez máis, o bo clima que se estableceu entre os distintos grupos participantes, dando lugar a un intercambio de experiencias entre uns e outros ao longo de toda a xornada, que sen dúbida xerou sinerxías positivas e, se cadra, plantouse o xerme dalgún proxecto de futuro no musical ou no deportivo.

Estes mozos/as que actuaron como monitores foron escollidos/as previamente nos seus barrios-rueiros polas educadoras do Concello e encargáronse persoalmente de dirixir todas as actividades en coordinación co equipo municipal. A xente interesada en participar xuntouse en diferentes grupos que foron rotando polos diferentes obradoiros.

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Os grupos voluntarios que participaron nos obradoiros deste encontro, foron os seguintes: Grupo de graffiteiros e membros da actividade extraescolar “Exprésate co Graffiti” DJ Sammuk DeeJota e acompañante Clube Arco de Narón Clube Narón Tenis de Mesa Empresa “Sobre Rodas Patinaxe”

Coro “Os Anxos de Nelu” do IES As Telleiras Grupo de Guitarra “Escola de Música Moderna” Coro “Facendo Música Xuntos” Grupo musical “De Xirité” Grupo musical “Wolfram” das aulas de ensaio da Casa da Mocidade Coro “Solidarium” do IES Terra de Trasancos Empresa “KM Complementos” Pianista Alonso Pinilla

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


10º Encontro desenvolvEronse as seguintes accions ao longo da tarde:

seguir practicando podédesvos achegar ao Skate Park que hai no Pavillón da Mocidade da Gándara: todo un luxo para os amantes deste deporte.

A) Exhibición de Graffiti: espectacular exhibición de graffiti, na que participaron 10 estupendos graffiteiros chegados de distintos puntos de Galicia. A temática proposta neste ano para o mural foi o deporte: o basket, escudos deportivos... Estes artistas urbáns pintaron unha parede interior do Pavillón Polideportivo da Gándara. 100% por 100% recomendado se pasades pola zona!

G) Obradoiro de camisolas graffiteadas: A través de plantillas e sprays os participantes puideron facer camisolas con diferentes motivos de arte urbana. Este foi un dos obradoiros con máis participación ao longo da tarde e estivo dirixido maxistralmente por 2 monitores.

B) Obradoiro de graffiti “ Exprésate co graffiti”: 5 rapazas do obradoiro extraescolar “Exprésate co grafitti”, realizaron un mural nun taboleiro, asesoradas polo graffiteiro Ja que actuou como mestre de ceremonias. C) Actuación do DJ Samuk Deejota: Nesta xornada tivemos de novo unha sesión de música de fusión a cargo de DJ Samuk DeeJota e un compañeiro que se encargaron de amenizar a tarde co seu ben facer. D) Obradoiro de tiro con arco a cargo do Clube Arco Narón: Os monitores do Clube Arco Narón foron os encargados de dirixir este obradoiro que contou cunha nutrida participación. Estiveron descubrindo as diferentes técnicas e segredos deste deporte a todos aqueles que se quixeron achegar. E) Obradoiro de tenis de Mesa: Un monitor do Clube de Narón Tenis de Mesa encargouse de dirixir este obradoiro, no que participaron 180 persoas ao longo de toda a xornada. A xente nova que se achegou puido xogar unhas partidas e aprender algúns trucos e regras deste estupendo deporte. F) Obradoiro de skate: A empresa “Sobre rodas patinaxe” con 3 monitores á fronte, foi a encargada de facer o obradoiro de “Iniciación ao Skate”, no que arredor de 60 mozos/as puideron iniciarse nesta disciplina moi popular entre a xente nova de Narón. Se queredes

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

H) Obradoiro de pulseiras e chaveiros: Este obradoiro levárono a cabo dúas persoas de “KM Complementos”. Os participantes neste obradoiro confeccionaron ao seu gusto diferentes pulseiras e chaveiros de variados estilos, usando diferentes materiais: corda, coiro, abelorios, contas de madeira, contas metálicas... A este obradoiro achegáronse preto de 120 persoas, se cadra serán deseñadores de xoias no futuro! I) Actuación coro “Os anxos de Nelu” do I.E.S As Telleiras: Este coro formado por 6 estudantes do I.E.S As Telleiras de Narón adícase a cantar, maioritariamente cancións de estilo pop. Coa súa actuación no Encontro fixeron vibrar ao público que se achegou ao escenario. J) Actuación coro “Facendo Música Xuntos”: Este coro xurdiu da actividade extraescolar ofertada aos grupos de E.S.O. no marco do programa extraescolar PROMEDEX. Está conformado por 20 rapazas que versionaron cancións de música pop-rock actual animando aínda máis aos espectadores presentes. K) Actuación musical grupo De Xirité: Este grupo de música folk está conformado por 8 músicos que tocan e cantan música tradicional galega. Déronlle a nota folkeira á tarde! L) Actuación do grupo musical Wolfram: Captado nas Aulas de Ensaio que o Concellería de Mocidade de Narón dentro do Programa de Mocidade da Escola de Música Moderna,


este grupo está composto por 4 integrantes que compoñen e interpretan cancións de música rock. Aproveitaron esta oportunidade para darse a coñecer diante do público que se achegou ao Encontro, que supón para estes grupos noveis unha plataforma para iniciar o seu despegue no mundo da música.

Sobre as 12 da noite rematou o X Encontro da Mocidade de Narón: A Mocidade e A Música, unha xornada alternativa que propón iniciativas pouco convencionais á xente nova, e que ademáis serve de plataforma para coñecer asociacións e grupos, promovendo o intercambio de ideas e experiencias dun xeito lúdico e comunicativo.

M) Actuación do coro Solidarium do I.E.S Terra de Trasancos + pianista: Este grupo está composto por un nutrido grupo de alumnos/ as do I.E.S Terra de Trasancos, combina voces con guitarra e piano. Interpretaron varias cancións, versionadas co seu toque peculiar, que transportaron aos espectadores a diferentes épocas e estilos musicais. N) Actuación do xove pianista Alonso Pinilla: Alonso, estudante do conservatorio interpretou varias cancións en solitario, emocionando, sen dúbida, a todo o público asistente ao evento. Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


Consellos para mercar un computador ou un mobil de ultima xeracion Mercar un destes aparellos pode resultar un pouco embarullado. Hai diferentes factores que debemos considerar para facer unha compra axeitada As nosas necesidades e como non, ao noso peto.

14 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


Previamente á compra dun destes aparellos tecnolóxicos debemos ser conscientes das nosas necesidades reais e do diñeiro co que contamos. Non se trata de mercar por mercar, debemos ser responsables e gastar o xusto e necesario. Estes son algúns consellos que vos queremos transmitir dende Dameuntoke: UNHA RADIOGRAFIA RAPIDA DUN COMPUTADOR Un computador é un aparello versatil. Co computador persoal podemos traballar, estudar, conectármonos á rede, buscar e almacenar infomación, xogar, ver filmes, mercar, escoitar música, comunicármonos, gravar vídeos, sacar fotos, … Fagamos unha rápida radiografía para familiarizarnos coas súas características. Un computador componse de:

O procesador ou CPU: é o compoñente principal encargado de interpretar as instrucións contidas nos programas e procesar e xestionar os datos, pois trátase do motor dun computador. A capacidade dun procesador actualmente mídese normalmente en XHz - XB (Xigahercios) indicando a frecuencia de instrucións por segundo que se executan. Tamén debemos ter en conta a memoria caché que é unha memoria moi rápida que permite almacenar instrucións que se repiten no tempo para non ter que executalas de novo. A memoria principal: os computadores teñen unha memoria principal que serve para almacenar temporalmente a información. Poderiamola definir como unha memoria de traballo que permite o funcionamento do sistema operativo e dos programas que se están executando nun momento dado. Esta memoria denomínase memoria RAM e mídese a súa capacidade en XB (Xigabyte). O disco duro: É o almacén permanente de información, a memoria permanente destas máquinas onde gardamos os textos, audios, videos...A capacidade dos discos duros tamén se mide en XB (Xigabyte).

Un ordenador componse principalmente dun procesador ou CPU, unha memoria principal, un disco duro, a tarxeta gráfica e os dispositivos auxiliares

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


A tarxeta gráfica: é unha peza encargada de procesar os datos e transformalos nas imaxes que se proxectan na pantalla. Por mor da evolución do sector, para dar resposta á cantidade de gráficos que proxectan os xogos, melloraron considerablemente as súas prestacións. A tarxeta gráfica componse de diferentes elementos que debemos valorar como a GPU ou Unidade de Procesamento Gráfico encargada de xestionar os datos e representalos na pantalla ( a súa capacidade de procesamento de datos mídese en Mhz (Megahercio) e a memoria gráfica. Axudan a xestionar os datos que se deben mostrar gráficamente. Os periféricos ou dispositivos auxiliares: referímonos a aqueles elementos anexos ao computador como a pantalla, o teclado, o rato, a impresora... que facilitan o seu uso e se conectan co computador a través de diferentes sistemas de conexión

UNS PEQUENOS CONSELLOS PARA MERCAR UN COMPUTADOR A que debemos atender á hora de mercar un computador personal? Primeiro teremos que escoller entre un computador de sobremesa ou un portátil. Os de sobremesa acostuman a ser máis baratos e potentes, duran máis e admiten máis cambios de pezas. De todos os xeitos, se imos necesitar movelo habitualmente, o computar portátil é a solución. Para escoller o tipo de ordenador, temos que pensar fundamentalmente para que o imos usar. Teremos que mercar un computador con maior capacidade e unha boa tarxeta gráfica se somos “xogadores habituais” ou se nos imos adicar á edición de vídeo e ao deseño gráfico. Pola contra, se o imos utilizar para conectarnos á Internet, traballar con programas de ofimática (LibreOffice, OpenOffice...), ver filmes e xogar a xogos sinxelos e sen grandes gráficos, un ordenador de

Para escoller o tipo de ordenador temos que pensar fundamentalmente para que o imos usar

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


gama baixa-media pode resolver perfectamente as nosas necesidades a un prezo moi económico.

importancia é a duración da batería. Ter un móbil moi bo que se descarga tres veces ao día é un erro.

Por último non vos esquezades de ter en conta o seu tamaño e peso. Se nos decantamos por un ordenador portátil moi grande teremos dificultades para desprazalo, aínda que se optamos por un computador cunha pantalla moi pequena a nosa vista resentirase. Un termo medio pode ser unha boa opción.

Tamén nos gustaría aconsellarvos que non vos deixedes levar unicamente polo aparello e consultedes as condicións da compañía telefónica coa que asinades o acordo de servizo de telefonía tanto en prezo como en permanencia cunhas condicións. Como ben sabedes, normalmente o barato sae caro :)

QUE E UN MOBIL SMARTPHONE?

Ademais hai outros factores que nos farán decantarnos por un ou outro como:

Os denominados móbiles intelixentes son unha nova xeración de móbiles que teñen funcións semellantes ás dun computador permitíndonos descargar e instalar novos programas no seu interior. Poden incluír un miniteclado, pantalla táctil, lapis óptico... e acostuman a ter acceso á rede, cámara, navegador web, procesador de textos... ¿Para que nos valen? Cada vez para máis cousas. Comezaron sendo moi aparatosos e coa única función de ser unha ferramenta de comunicación, pero agora teñen outras utilidades. Veñen sendo pequenos computadores que nos permiten conectarnos á Internet, xogar, escoitar músicas e ver vídeos, capturar imaxes...

O tamaño da pantalla. A cámara, se nos gusta a fotografía debemos preguntar pola resolución para sacar fotografías de calidade media. O peso, canto máis lixeiro máis cómodo é de transportar. A capacidade da memoria, así como a posibilidade de mercar unha tarxeta externa para gardar a información que desexemos (imaxes, vídeos, textos...)

UNS PEQUENOS CONSELLOS PARA MERCAR UN SMARTPHONE O certo é que a día de hoxe son ben caros polo que, se temos un computador portátil que nos resolva estas necesidades, comprar este tipo de móbiles é absurdo. Por outra parte, se non contamos cun ordenador portátil, pódenos sacar dun apuro pero non podemos esquecer que o teléfono é un aparello pequeno para dar resposta a necesidades concretas, non unha ferramenta de traballo permanente. É dicir, se queremos xogar durante tempo a un bo xogo ou traballar cun documento, precisamos dun computardor. A que debemos atender a hora de mercar un?

O noso consello Non vos deixedes levar unicamente polo aparello consultade as condicións da compañía telefónica coa que asinades o acordo de servizo de telefonía tanto en prezo como en permanencia. Como ben sabedes normalmente o barato sae caro :)

Un dos aspectos que sempre esquecemos e ten maior

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Como nos afectan os cambios no Sistema Educativo Amigos e amigas hai uns meses que se venen aplicando normativas recentes que afectan ao sistema universitario e estase a tramitar unha nova reforma educativa a implantar en todas as etapas nos vindeiros cursos. Conezamos un pouco mais estas reformas e que cambios inrtroducen.

18 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


MOFICACIONS NO AMBITO UNIVERSITARIO: o grao universitario Como ben sabedes o obxectivo de acceder á universidade é o de obter o título de Grao nunha determinada especialidade. O Grao é a titulación de educación superior que conseguimos ao rematar unha carreira universitaria de 4 anos. Despois de obter este título podemos cursar estudos de posgrao: másteres e doutorados para completar a nosa formación. A aparición do concepto de Graos Universitarios é bastante recente. Produciuse da man de diferentes re-

NO ANO 2012, DECRETO DE TAXAS Durante o ano 2012 o Goberno do Estado aprobou un Decreto que está a ter unha forte incidencia no ámbito universitario sobre todo con todos aqueles aspectos económicos. Estas son algunhas das principais modificacións no eido universitario:

formas educativas nos últimos anos (Proceso de Bolonia) co obxectivo de equiparar todas as titulacións a nivel europeo para facilitar o intercambio entre titulados, é dicir, que a formación no Grao de Enxeñería Industrial ou Xornalismo sexa semellante en Galicia, en Alemaña ou en Italia. Actualmente o Grao está prácticamente implantado en todas as universidades públicas do Estado. Así e todo, hai moitos estudantes que están en proceso de convalidación entre o modelo universitario anterior (Licenciaturas) e o modelo de Graos.

creméntase nun 20%, no caso dunha terceira matrícula nun 60% e en cuartas e seguintes matrículacións o incremento ascende ao 90%. 2. Mantemento das bolsas de estudos

1. Cambio no prezo de matrículación nas materias universitarias

As bolsas estatais vanse manter así como os límites económicos habituais para recibilas. É dicir, só se concederán estas becas a aqueles estudantes que non superen o límite tributario establecido para obtelas.

O Goberno do Estado vén de aprobar a suba das taxas universitarias polo que os alumnos e alumnas terán que pagar de media 540 € máis por ano cursado nas universidades públicas.

As axudas para pagar a matrícula universitaria non van sufrir modificacións. Pero por lóxica, se as taxas suben a bolsa tería que subir, e desta subida fanse cargo as Comunidades Autónomas.

Se te matriculas por primeira vez nun Grao ou nun Máster o incremento dos custos virá sendo entre un 15 e un 25 % máis ca no ano académico 2011-2012.

3. Aumento nas taxas pola xestión de trámites

As novas taxas universitarias tamén inciden de xeito relevante nas segundas e terceiras matrículas subindo o seu custo progresivamente. No caso dunha segunda matrícula nunha asignatura concreta o seu custo in-

Como ben sabedes existen moitos trámites que temos que solicitar nas secretarías das diferentes universidades públicas e aquí tamén hai un incremento considerable do seu prezo como na apertura de expedientes, traslados, homologacións...

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


COMO AFECTA A NOVA REFORMA (LOMCE) AO CONXUNTO DO SISTEMA EDUCATIVO?

Este servizo está dirixido a resolver as nosas dúbidas así como asesorarnos sobre:

Esta reforma, en fase de tramitación, supón unha profunda revisión do sistema educativo actual aplicando as seguintes modificacións:

As características académicas dos estudos e saídas profesionais O acceso e permanencia de estudantes na Universidade da Coruña Os teus dereitos como estudante e asesoramento sobre o modo de exercelos e/ou reclamalos. As bolsas e axudas convocadas por diferentes institucións Busca de emprego Creación de novas empresas novas Os programas europeos Carné Xove

Despedímonos da asignatura de “Educación para a Cidadanía” sendo substituída por Educación Cívica e Constitucional, na que se van estudar as “normas e valores constitucionais e a organización das institucións españolas e europeas”. A ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) perde un curso e vaise estudar en 3 noas. O primeiro curso iniciarase con 12 anos e remataremos aos 15 anos. Aos 16 anos será o momento de escoller entre a Formación Profesional ou o Bacharelato. O Bacharelato tamén se vai cursar en 3 anos. O primeiro deles será obrigatorio para os que remataran a ESO e optaran por esta vía. Aos 16 anos, quen non queira seguir a vía do Bacharelato, terá que estudar como mínimo un curso de Formación Profesional. Cómpre salientar que a Formación Profesional cambiará profundamente. O primeiro curso será obrigatorio. Unha vez rematada unha primeira fase o alumno ou alumna poderá continuar estudando o grao superior que constará de 2 anos máis. As bolsas de estudo se non se aproban o 50% dos créditos matriculados terán que ser devoltas.

PRECISAMOS MAIS INFORMACION Este artigo publicado na revista Dameuntoke non é máis que un breve resumo dun conxunto de medidas que sen dúbida nos afectan como cidadáns e cidadás. Para obter máis información aconsellámosche que contactes co SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante).

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

MAIS INFORMACION En Ferrolterra o SAPE atópase en Esteiro, na rúa Vázquez Cabrera. Se non nos podemos desprazar, podemos facer as nosas consultas a través do correo electrónico: sapefer@udc.es ou no teléfono: 981337400. Vannos atender moi amablemente.


AS AXUDAS DO CONCELLO DE NARON NO AMBITO EDUCATIVO O Concello de Narón ofrece diferentes axudas encamiñadas a facilitarnos unha educación pública e de calidade. É importante coñecer estas axudas para botar man delas se as precisamos: Axudas económicas para escolares 1) Bonificación comedores escolares Estar escolarizado nun centro escolar que teña comedor Estar censado/a en Narón Podemos obter unha bonificación en función dos ingresos económicos da familia que varía dun 50% a un 70% 2) Axudas para material didáctico e escolar Familias con ingresos económicos reducidos

Destinatarios: educación infantil (de 3-6 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, FP ciclos medios e educación especial Axudas económicas para universitarios/as 1) Bonobús universitario Bonificación dun 50% no custo do transporte universitario para o Campus da Coruña (Universidade de Ferrol e da Coruña) É preciso estar matriculado nunha carreira universitaria e empadroado/a en Narón Se desexas obter máis información sobre as axudas do Concello de Narón no ámbito educativo contacto co Servizo Sociocomunitario Municipal e a Oficina de Información Xuvenil a través do teléfono de contacto 981 33 77 00

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


2

Sab as qué...? Mes de novembro

3

1

4 3. Que no caso de que tenas unha asociacion 1. O d a 17 de setembro

abriuse o prazo para participar na Escola de Música Moderna (clases de baixo, batería e guitarra) e aulas de ensaio así como das escolas culturais do Padroado da Cultura…?

2. Na biblioteca municipal do Alto

está a levarse a cabo o Programa de accións socioeducativas “Bibloespazo” no que teñen cabidas exposicións, audicións musicais e proxeccións de películas todos os días, de balde….?

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

tés á túa disposición ata o mes de decembro o servizo de asesoramento para entidades asociativas onde podes informarte e orientarte sobre a tramitación de subvencións sita na Casa da Cultura (Praza de Galicia) e con horario: De luns a venres: 10:30 a 13:30 h. / Luns de 16:30 a 19:30 h…?

4. O 90% das persoas apuntadas a escola de musica moderna

(clases de guitarra, batería e baixo) son mozos e tan só un 10% son mulleres…?(quizáis sexa algo no que deberiamos reflexionar por qué é así)


8

6

9 5 8. Na OMIX de Naron

7 5. En canto ao consumo enerxetico

o automóbil é o medio de transporte menos eficiente, o seu consumo case duplica o do metro e o tren de cercanías, é case catro veces máis elevado có do autobús. Isto débese ás baixas taxas de ocupación do automóvil: entre 1 e 1,3 persoas por vehículo. Xunto ao coche, o avión e o tren de alta velocidade, son os medios que máis enerxía consomen por persoa transportada….?

6. Ferrol conta ademais do centro de orientacion familiar,

sito no ambulatorio Fontela Maristani (praza de España), cun centro Quérote de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade no que poderán atenderte de balde no enderezo Rúa Santa Comba nº 61 O teléfono do centro Quérote é o 981317027 ou 902 141 617 onde podes consultar as túas dúbidas.

7. No Servicio socio-comunitario

do Concello de Narón existe un departamento de Orientación Laboral que conta con profesionais que vos van a asesorar na búsqueda de emprego, na elaboración do currículo, na elección de cursos formativos, etc...?

(sita na 1ª planta do Concello) poderás atopar información de actividades para facer no tempo libre, cursos formativos, escolas municipais, viaxes, asociacionismo, carnés para mozos/ as, concertos, axudas ó estudo, subvencións, etc...?

9. Podes seguir informandote

de todas as novidades que teñen que ver coa mocidade de Narón a través da web www. dameuntoke.es e do facebook?

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


Que me recomendas? A ConcellarIa de EducaciOn e Bibliotecas, dirixida por Ma del Carmen Espada, vEn de organizar Xornadas de Portas Abertas para dar a coNecer os recursos que agocha a nosa Biblioteca.

En Dameuntoke ofrecémosche as últimas novidades que nos recomendan

BALLIETT, Blue. El juego de Calder. (Narrativa). Se vos gustan as novelas de intriga esta é unha boa opción, botádelle un ollo na Biblioteca do Alto. Cando Calder Pillay, o poeta desta novela descobre, no pequeno pobo ao que viaxa co seu pai, unha rechamante escultura de Alexander Calder. Por un casual a mestra do colexio proponlle a el e aos seus compañeiros un xogo sobre este artista. O neno síntese engaiolado pola escultura e ao mesmo tempo comeza a pensar que o vixían.

MASSARDIER, Gilles. Cuentos y leyendas de los Juegos OlImpicos. (Narrativa). Xa o dicía alguén “Mens sana in corpore sano”, a cultura e o deporte non están reñidos: Este é un libro para xente curiosa e amante do deporte. Son nove historias curtas, unhas verdade e outras menos, que nos falan da celebración dos Xogos Olímpicos en diferentes épocas: presente, pasado e futuro. Os Xogos son froito dos soños do barón de Coubertin: voar coma unha águia, correr coma un guepardo, nadar coma un golfiño,... Soñade con el, lendo este libro.

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O xogo da mestra transfórmase en algo máis serio cando Calder e a escultura desaparecen. É tempo para que os amigos de Calder: Petra e Tommy, resolvan o misterio.


JACOBSON, Sid e COLON, Ernie. Ana Frank: la biografIa grAfica. (Banda deseNada). Fans da banda deseñada aquí tedes a nosa recomendación deste número de Dameuntoke... Ana Frank foi unha moza que vivíu oculta xunto á súa familia e outras catro persoas durante a ocupación nazi en Ámsterdam. Durante os dous anos que vivíu encerrada dedicouse a escribir no seu diario todo o que acontecía na casa así como os seus sentimentos máis profundos. Hoxe en día ese diario é unha das obras máis coñecidas en todo o mundo e un testemuño da persecución dos xudeos durante a II Guerra Mundial.

VAZQUEZ ALVAREZ, David D. NinguEn nace antetempo (Narrativa). David Vázquez á prehistórica loita da muller por acadar a igualdade co home. O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria.

DESSEN, Sarah. Just listen: no pienses ni juzgues, sOlo escucha. (Narrativa). “...a música une á xente. Posúe unha forza incrible. Algo que dúas persoas totalmente distintas en todo o demais poden ter en común” Annabel Green é a moza que o ten todo ou, polo menos, iso semella, porque neste novo curso a rapaza non ten nada: nin mellor amiga, nin paz na casa, nin con quen sentarse no cole. Cando de novo Annabel decide fuxir no canto de afrontar os problemas, a súa vida dá un xiro radical. Aillada no colexio e na casa, só atopa o apoio de Owen, un compañeiro de instituto que ten por norma dicir sempre a verdade, sen importarlle as consecuencias. Annabel converte a música na súa vía de escape e trata de atopar o valor para afrontar o que de verdade aconteceu a noite na que Sophie deixou de ser a súa mellor amiga.

Just Listen é a segunda novela da súa autora Sarah Dessen.

Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe algo máis que violencia no acto de apareamento, na submisión amosada polas femias do clan. Danse conta ao mesmo tempo de que as frecuentes malleiras que as femias reciben non teñen razón de ser. Xuntos experimentan unha morea de sensacións descoñecidas. Intúen a existencia dun novo sentimento que ninguén aceptará. As súas ideas resultan inadecuadas e ameazantes para os machos do grupo que mesmo rematan por condenalos ao desterro, ante a crenza de que estaban posuídos polos malos espíritos.

STEVENSON, Robert Louis. Treasure Island. (Narrativa en inglEs + CD). Gústavos estudar o inglés do xeito tradicional? Non, verdade...Pois entre todo ese montón de libros da Biblio do Alto tedes esta recomendación para darlle ao dun xeito alternativo...E de paso poderedes coñecer ao pirata máis famoso despois de Jack Sparrow: Long John Silver. Este libro é unha adaptación do clásico xuvenil por excelencia (“A illa do tesouro”) para axeitalo ao nivel medio de inglés dos mozos e mozas, facilitando a súa mellora e aprendizaxe. Inclúe un CD co texto íntegro para apoiar ao libro coa escoita da fonética.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


Achegate a Biblioteca Municipal de Naron A biblioteca Pública Municipal de Narón atópase na rúa 25 de xullo, s/n, moi preto da Casa do Concello. Ofrécenos os servizos de lectura en sala, préstamo a domicilio, actividades culturais, acceso á Internet e conta cunha sección específica de literatura infantil e xuvenil. O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Amigos e amigas de Dameuntoke animámosvos a que descubrades novos mundos da man dos libros.

O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas. Asemade podes contactar cos responsables a través da web http://biblioteca.naron.es e os teléfonos 981 38 21 73 / 981 38 68 00

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Xornada de portas abertas na Biblioteca Municipal de NarOn O sábado, 20 de outubro, celébrouse unha xornada de portal abertas na Biblioteca cunha visita guiada polo seu interior. Esta xornada servíu para visibilizar o papel das bibliotecas na difusión da cultura e na garantía ao libre acceso á información. Así mesmo deuse a coñecer a toda a cidadanía os diferentes tipos de bibliotecas así como os recursos que estas ofrecen. Ademais foi unha gran oportunidade para fomentar proxectos de colaboracións con outras entidades e institucións.


Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n 27


Se desexas mais informacion ou queres indicarnos as tUas suxestions contacta coa Concelleria de Mocidade do Concello de Naron que dirixe Natalia Hermida. O noso horario de atencion ao publico e os martes de 11:00 a 13:00 na terceira planta do Concello de Naron. Estamos a tUa disposiciOn!

www.dameuntoke.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.