Revista Dameuntoke Número 8

Page 1

A revista da mocidade de Narón

REVISTA NÚMERO 8 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Emprendendo sobre rodas en Narón; Reciclar na casa; Iolanda Muiños Paredes: 100% Narón; Consellos para presentar un curriculo de calidade; Conversa con Natalia Hermida, concelleira de Mocidade e Deportes; XI Encontro Local de Mocidade; Sabías que...?


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2013 Fotografía Mar a Vieira “Mavi” Revista subvencionada pola Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Sumario 04 Emprendendo sobre rodas en Naron Pablo, xunto con Borja e Jose, son uns rapaces que converiron o seu deporte favorito na súa forma de gañar a vida. Descubre o seu proxecto emprendedor.

08 Reciclar na casa Anualmente xeramos preto de 20 millóns de toneladas de residuos urbanos nas nosas cidades, pero non todo é lixo, máis dun 65% pode ser reciclable en novos usos. A que estamos agardando?

12 Iolanda Muinos Paredes: 100% Naron Iolanda Muiños foi recoñecida hai uns meses como Muller do Ano 2013 en Narón. Esta muller naronesa, de 42 anos é todo un referente no mundo do teatro en Galicia. Coñezamos un pouco máis a esta actriz formada na Escola de Teatro municipal.

16 Consellos para presentar un Curr culo Vitae de calidade Desde Dameuntoke queremos darvos algúns consellos para presentar un currículo de calidade. Trátase dun tutorial moi sinxelo para editar a vosa foto con GIMP.

20 Conversa con Natalia Hermida, concelleira de Deporte e Mocidade Hai tempo que nos xornais e telexornais escoitamos unha e outra vez como se fala de crise, recortes nos orzamentos e máis crise. Aínda que somos novos, preocúpanos a actualidade política e o día a día do noso Concello.

23 XI Encontro Local de Mocidade O vindeiro 7 de xuño imos ter unha nova cita nos arredores da Casa da Mocidade, na edición 2013 dos xa clásicos Encontros da Locais da Mocidade, iniciativa organizada pola Concellería de Mocidade.

26 Sabias que? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos ...

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 3


Emprendendo sobre rodas en Naron Pablo, Borja e Jose, son uns rapaces que convertiron o seu deporte favorito na sua forma de gaNar a vida. Hai xente con iniciativa, que en tempos dificiles, non dubida en sair adiante e apostar por proxectos innovadores e moi ben definidos. Queredes saber que nos contaron? 4 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


Sobre rodas conta actualmente con mAis de 200 alumnos e alumnas de toda a bisbarra.

Dende o Concello de Narón apóstase firmemente polo asociacionismo e pola busca de novas estratexias de xeración de emprego para a mocidade. O proxecto de Pablo, Borja e Jose é un bo exemplo desta colaboración.

Contádenos en que consiste o proxecto “Sobre Rodas”? Como comezou o voso proxecto emprendedor? Pablo: A nosa aventura comezámola 3 compañeiros: Pablo , Jose e Borja. Traballamos todos na mesma compañía e a raiz dunha actividade organizada pola empresa decidimos empezar a dar clases de patinaxe. Xuntamos 300 euros entre os tres para darnos de alta en autónomos e alugar un pavillón. Así comezou todo. Jose: Ao principio tiñamos 16 alumnos no pavillón de Santa Mariña (Ferrol) entre adultos e nenos. Pero ao longo do verán a matrícula non parou de medrar. Tanto, que en setembro tomamos a deci-

sión de aumentar a oferta de horarios e alugamos tamén o pavillón de Piñeiros. Parece que Narón e as súas instalacións cobraron pouco a pouco protagonismo na vosa historia... Jose: A verdade é que si. Durante estas datas tamén participamos no X Encontro Local de Mocidade do Concello de Narón, ao tempo que establecemos un convenio con Decathlon Ferrol para dar cursos gratuitos de patinaxe en liña para os clientes. Á vez que faciamos todo isto, comezamos a ofertar a nosa actividade en centro educativos de Narón onde a acollida tamén foi moi boa. Dende xanei-

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


ro deste ano comezamos a traballar coa empresa SEDEGA tutorizando varios grupos de colexios en Ferrol e colaborando na escola municipal de Fene. Cantos alumn@s ten Sobre Rodas? Jose: Actualmente contamos con máis de 200 alumnos de toda a bisbarra. Polo que coñecemos non vos quedades aí. Decidides ampliar o proxecto e diversificar as vosas actividades, non si? Jose: A raíz de toda esta colaboración con Sedega animámonos a falar co coordinador de deportes de Narón (Miguel) para intentar chegar a un acordo sobre un proxecto de escola municipal. Rapidamente concertounos unha cita con Natalia Hermida, Concelleira de Mocidade e Deporte. Tivemos varias reunión nas que lle explicamos o que queriamos facer. A estas reunións sumouse o xefe do Servizo Sociocomunitario Alfonso Filgueira. E comezamos a falar sobre a idea e as posibilidades de diversificar os servizos que ofreciamos, non limitármonos ao patinaxe. Aproveitarmos a nosa experiencia e formación dunha forma máis eficaz. E deste xeito xorde tamén a idea de crear unha asociación. Que é o que esperades aportar con esa asociación á mocidade naronesa? Pablo: Si, foi a consecuencia destas xuntanzas. Delas naceu a idea da creación dunha asociación xuvenil. Con esta asociación o que pretendemos é servir de referente para a mocidade do Concello de Narón. Realizar actividades que lles gusten e os motiven, como poden ser o skate, roller, novas tecnoloxías, deseño ou a moda; asesoralos e orientalos dunha forma máis directa , servir de guía para a creación doutras asociacións.... En resumo, dinamizar a programación destinada á mocidade no noso municipio. Para axudarnos cos temas legais da asociación poidemos contar coa inestimable axuda de Ánxela, a axente de emprego do Concello de Narón. Agora mesmo estamos ultimando os detalles dos estatutos para poder realizar toda a actividade que temos pensado desenvolver.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Para axudarnos cos temas legais da asociación contamos coa axuda de Ánxela, a axente de emprego do Concello de Narón.


Pero non vos quedades só niso, querede máis, verdade? Jose: Claro, paralelamente tamén xurdíu a posibilidade de colaborar na organización do Encontro da Mocidade como exemplo de iniciativa emprendedora.

Como mozos emprendedores, dirixídevos á mocidade do Concello de Narón... Pablo: Dicirlles que aínda estamos empezando, que non sabemos moi ben en que acabará todo isto. Moito ánimo a toda a xente nova que queira emprender os seus proxectos!

A verdade é que está sendo unha experiencia moi enriquecedora. Cada día aprendemos algo novo e estamos tendo a posibilidade de enfrontar e superar retos que non asumíramos antes nin coñecíamos.

Nós comezamos cunha escola de patinaxe e pouco a pouco estamos conseguindo facer o que nos gusta e obter un beneficio. Pequeno si, pero sen dúbida dá moita satisfacción crear algo propio e máis nos tempos que corren.

O contacto co Concello de Narón é directo e frecuente. Practicamente visitamos a Mame, educadora social e responsable da Oficina de Información Xuvenil, todos os días en busca de asesoramento.

Por suposto que non dubiden en ir, contactar ou asesorarse no Concello de Narón. Estamos realmente sorprendidos co receptivos que foron con nós. Cando cres en algo e xenial poder contarllo a unha institución e sentir que te escoitan.

A piques de celebranse o Día da Mocidade de Narón. Podedes adiantarnos cal será a vosa aportación nas xornadas? Pablo: A nosa aportación consiste na organización da loxística e actividades. Requeríu a presentación dun proxecto, de documentación e dun orzamento. É unha oportunidade incrible, pero temos que facelo ben, porque se a nosa xestión non é boa... De todos os xeitos todo está saíndo “sobre rodas” co cal estamos entusiasmados.

Moitas grazas a todos vós por compartir esta experiencia en Dameuntoke e moitísima sorte cun proxecto tan ilusionante.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


Reciclar na casa Anualmente xeramos preto de 20 millons de toneladas de residuos urbanos nas nosas cidades, pero non todo e lixo, mais dun 65% pode ser reciclable en novos usos. A que estamos agardando?

Coñecemos o noso lixo? Algunha vez te paraches a pensar na distribución do contido do teu lixo? Seguramente se reflexionas te decatarás que gran parte do mesmo é orgánico e pode ser facilmente reciclable. Analiza os seguintes datos. Diferentes estudos a nivel europeo indican que: Aproximadamente 0 40 % do lixo é orgánico. Un 25% componse por outro tipo de materiais como textís, restos de xardín, celulosa... E un 30 % son envases lixeiros. Nos nosos fogares un caldeiro de lixo contén todos estes materiais: Os envases lixeiros elaborados a partir do petró-

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

leo (plásticos) como latas e briks representan en torno ao 6%. O papel e o cartón, como caixas de zapatos, xornais, revistas... supoñen ao redor do 5%. Por este motivo, é aconsellable que todas as caixas e envases de cartón estean encartados para aproveitar mellor o espazo. O vidro representa aproximadamente o 8%. A materia orgánica, como restos de comida, de froitas, etc... supón preto dun incrible 40%. O 25 % restante corresponde con diferentes obxectos tales como xoguetes, zapatos, téxtiles, material de hixiene persoal, restos de poda ou xardín, madeira...


Por último nos nosos fogares existe numerosos residuos que polas características (tamaño, compoñentes que inclúen, combinación de elementos) requiren dun tratamento especial. Un vello televisor ou un ordenador son bos exemplos e deben ser depositados nun Punto Limpo para que os despecen adecuadamente e reciclen os seus compoñentes por separado.

A Regra das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar Tendo en conta o anterior está claro que temos moita

marxe de maniobra, así que amigos e amigas , imos aplicar a estratexia dos 3 erres: 1. Reducir. Reducir o consumo innecesario. É obvio que os recursos do noso planeta son limitados e en moitas ocasións temos unha actitude excesivamente consumista. É o momento de reflexionar sobre este aspecto e actuar. Dende o noso fogar, a nosa comunidade de veciños, o noso concello podemos cambiar esta dinámica. 2.Reutilizar. Sempre é máis caro o “usar e tirar” que o compartir, reutilizar e reinventar. É caro para nós e para a saúde do noso medioambiente. Canto máis obxectos reutilicemos, menos lixo xeraremos.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


3.Reciclar. Se somos coidadosos podemos reciclar gran parte dos residuos que xeramos. Estamos alongando a vida de moitos materiais que nun principio tiñan un futuro non desexable como acabar nun río, no mar, nunha beirarúa...

SEPARAR NAS NOSAS CASAS: PEQUENOS ESFORZOS GRANDES BENEFICIOS

Colector verde: Só os envases de vidro, como os tarros, frascos ou botellas. Non debemos depositar os tapóns ou a cerámica e o cristal. Colector gris/ lixo normal: O resto de residuos que xeramos no fogar, como os restos de comida, etc...

2.E logo que...? A onde vai o meu lixo?

Mans á obra! en Dameuntoke non somos preguiceiros, así que, non imos agardar nin un minuto máis. Para separar correctamente o lixo nos nosos fogares é fundamental coñecer con que materiais están fabricados: plástico, metais, vidro,etc... Un xesto simple como separar o lixo e depositalo no seu colector, fai posible que a cadea de reciclaxe funcione. Temos que diferenciar ben os seguintes productos: Envases de plástico, latas e bricks por unha banda. Vidro, por outra. Papel e cartón, noutro colector. Resto de residuos, á parte.

Na cadea da reciclaxe, un momento importante ten lugar coa recollida dos colectores por parte dos camións. Na maioría dos casos emprégase o mesmo camión para recoller diferentes tipos de residuos, pero sempre se fará en distintas recollidas, cada unha das cales irá a un destino concreto segundo o tipo de material cargado: ás plantas de clasificación os envases lixeiros e ás plantas de tratamento de residuos o lixo normal. É dicir, os distintos tipos de envases nunca se mesturarán entre si, nin co resto de lixo. É nas plantas de clasificación onde se seleccionan os diferentes tipos de envases segundo sexa a súa natureza. A selección realízana, en parte, manualmente os empregados de cada centro, polo que é un motivo máis para que depositemos correctamente os envases.

1.Reciclar por cores

3.Unha nova vida para o noso lixo

Cada colector ten unha cor propia asociada ao tipo de lixo que contén. Este sistema vainos axudar a diferenciar rapidamente en que colector temos que depositar os nosos residuos, e deste xeito facer que a cadea de reciclaxe funcione correctamente. Colector Amarelo: Só os envases de plástico, as latas e os briks (botellas de suavizante, de auga, botes de champú, de colonia, bolsas de plástico, latas de refrescos, de conservas, briks de zume, de leite). Non debemos depositar aqueles plásticos que non sexan envases, como caixas de CDs, xoguetes, perchas, roupa, cepillos... Colector azul: Só os envases de cartón (ben encartados), papel, xornais e revistas. Por exemplo, as caixas de cereais, as galletas, o papel de envolver, os xornais e as revistas. Aínda que puidese parecelo, non debemos depositar os briks, nin tampouco kleenex ou papeis e cartóns moi sucios.

Os recicladores son os responsables de converter os envases en materias primas para a súa utilización en novos procesos produtivos. Grazas a este proceso: Cos envases de plástico prodúcense de novo bolsas de lixo, fibras e téxtiles, mobiliario urbano, cubos, material da construcción...; Co aluminio, novas láminas e papel de aluminio para novas latas, pistóns de motores...; Co aceiro, novas láminas de aceiro, novos envases...; Cos briks, separando previamente as distintas capas que o forman, pódense producir novas bolsas e sacos de cartón kraft, entre outros; Co papel e o cartón fórmase unha pasta que constituirá a materia prima para o futuro papel ou cartón. Desta forma, volven nacer novas caixas de cartón, papel de xornais, papel hixiénico ou novo

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


papel que utilizamos para escribir; O vidro, unha vez lavado e clasificado convértese en material novo co que se producirán de novo botellas, vasos, lámpadas...

INICIATIVAS NO NOSO MUNICIPIO, APORTANDO UN GRAN DE AREA Á RECICLAXE E Á COLABORACIÓN Hoxe en día son moitas as persoas que están atravesando una situación económica complexa polo que tamén é interesante informarse de campañas solidarias que realizan diferentes organizacións. No nadal pasado organizouse unha recollida de roupa para recaudar fondos para o pobo saharaui. Do mesmo xeito durante todo o ano entidades como Cáritas Diocesanas e Dignidade Ferrol recollen e reciclan roupa para compartila e darlle unha segunda vida. Neste número gustaríanos destacar a organización Dignidade Ferrol que conta nestes momento cunha tenda onde recollen roupa usada e recadan fondos para proxectos solidarios. Esta tenda sitúase no Polígono da Gándara en Narón. Nos últimos anos o Concello de Narón desenvolveu iniciativas complementarías ao plan de reciclaxe do municipio como a organización de mercados de segunda man. O vindeiro domingo 9 de xuño na Feira do Trece de Sedes celebrarase a vindeira edición. Achégate e poderás comprobar de primeira man como a reciclaxe pode ter moitos usos.

Que lixo podemos levar ao Punto Limpo? Cascallos/carbón Chatarra Electrodomésticos Roupa usada Mobles e aveños Papel e cartón Vidro Madeira Plásticos Pinturas e disolventes Poda Envases

O PUNTO LIMPO EN NARÓN En Narón temos un Punto Limpo no Polígono Río do Pozo, diante de SOGAMA. Alí poderedes depositar eses residuos domésticos que requiren especial tratamento, para que poidan reciclarse axeitadamente e así evitar a contaminación do noso medio. Estas instalacións recollen lixo de luns a venres de 09:00 a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h e os sábados de 09:00 a 14:00 h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono 981391074.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


Iolanda Muinos Paredes: 100% Naron Iolanda Muinos foi reconecida hai uns meses como Muller do Ano 2013 en Naron. Esta muller naronesa, de 42 anos e todo un referente no mundo do teatro en Galicia. Conezamos un pouco mais a esta actriz formada na Escola de Teatro municipal.

12 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


Ola Iolanda, moitas grazas por atendernos. Para moita xente de Narón, ata hai uns meses eras unha coñecida “descoñecida”, se cadra estaban afeitos a verte na tele en series da TVG, pero non coñecían que eras veciña de Narón ata que o Concello te recoñeceu como “Muller do Ano 2013”. Como recibiches a nova deste nomeamento? E a túa familia? Iolanda: Bueno, o de coñecida-descoñecida é moi relativo, unha nunca sabe onde a coñecen e onde non, o que podo dicir é que en Narón hai moita xente que me coñece de antes posto que eu ademais de nacer aquí, estudar na Escola de Teatro, logo din clase desta materia a nenos durante moitos anos, creo que 10, en coles, e asociacións, en total foron cerca de 500 entre nenos e adultos, e claro, tamén acabas coñecendo aos seus familiares. Tamén acudín como alumna a bailes de salón, dirixín espectáculos, fixen animación á lectura na Biblioteca durante moito tempo, e espectáculos coa compañía que tiña con Jose Prieto, Xabier Deive, Carlos Mosquera, Jose Luís Sacha e Juan Ares, Caroza Teatro. Eu recibín este nomeamento con sorpresa, non o esperaba, e teño que dicir, e desculpade a miña ignorancia, que non sabía que existía. Agora xa o sei. Foi moi bonito, e sobre todo o día da Cea da Muller, gustoume especialmente estar entre mulleres ás que lles costaba moito esforzo estar alí, e sen embargo estaban. O feito dun nomeamento como este é una cousa extrana porque se supón que eres como un exemplo, e a min esas cousas danme moito pudor, porque eu non me sinto así para nada. É certo que pelexei moito, e o que me queda, pero esa é a miña actitude vital, de carácter, e a única que coñezo para conseguir as cousas, home, se nacese nunha familia rica a saber como me comportaba. A miña familia recibiuno ben, moi contentos, pero claro, este traballo meu é moi extraño sempre. Eles sempre me ven metida en “saraos” que si estreas, que si galas, non sei como se debe sentir un cando, o seu fillo/a, ou irmán/a, sempre están diante dun público, porque para min é una cousa natural. E a estas altura tamén o é para a miña familia, claro.

Estivemos vendo o teu videobook en Vimeo, no que aparecen as túas incursións en programas e series moi populares, entre elas unha das que tivo máis éxito entre os adolescentes: “Los Serrano”, como foi esa experiencia televisiva fóra de Galicia? Iolanda: Esa experiencia foi moi pouco mística a verdade, porque sucede moi rápido, o que pasou naquel momento é que me chamaron para o casting de Mar Adentro e non me deron a personaxe porque era a protagonista a que eu fun probar. A miña interpretación gustoulles tanto que me chamaron para una pequeña intervención en Los Serrano. Agora as cousas xa non funcionan así, agora é difícil que te chamen para nada se non tes un representante. Somos moitos xa. A verdade é que tes un curriculo impresionante, participaches na rodaxe de “Mar Adentro” ás ordes de Amenábar, como vive unha rapaza de Narón unha rodaxe dese tipo? Nada que ver coa humildade do teatro, non? Iolanda: O que eu facía en Mar Adentro era nada practicamente, a min non me gusta darme “bola”. Daquela para min era moi alucinante iso si, estar alí con Bardem decíndome se me importaba pasar texto con el, xa o coñecera anteriormente nun bar porque temos un amigo común, e portouse moi ben, como ten que ser realmente. O que podo dicir de Amenabar e que se sabía o meu nome, cousa que para alguén que é tan pouco relevante na súa película non é habitual. Realmente, o teatro é “humilde” porque non se invirten cartos nel.

Gustoume moito a cea do Día da Muller. Estar entre mulleres as que lles costaba moito esforzo estar alí e sen embargo estaban

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


Nós non podemos deixar pasar a oportunidade de que nos fales dos “Crebinsky”... Iolanda: Pois os “Crebinsky” tamén foron una experiencia moi chula, sobre todo os sitios onde se gravou, eran todos polo Norte, Ortigueira, A Capela… eu é que son unha fan do Norte, que tampouco está valorado porque non se coñece. O director, Enrique Otero é de Ortigueira. Miguel de Lira aínda me sigue chamando mamá, e un día presentoume á sua nai e dixo: “Mamá, está é mamá”. Falemos das túas preferencias personais, prefires o teatro á televisión? Un por pracer e a outra por economía? Iolanda: Eu non prefiro nada, eu prefiro traballar. Eu amo o meu traballo en todas as súas formas. Nas escolas non se fala de amor, e na rúa e nas familias, en xeral, non se fala de amor ao traballo, de

elexires o que queres, o que crees que che vai servir para dar o mellor de ti aos demais. Se ti estás feliz, iso é o que vas entregar ao mundo. Trabállase por cartos, claro, porque hai que comer, pero tamén se traballa para crecer como persoa, para comprender aos demais. Antes educábannos na idea de que hai que ser un escravo, de que non tes dereito a nada, de que se es pobre tes que traballar no que che toque, e aguantar o que faga falta, porque si, de que se non estudas unha carreira es un burro. Pero claro, é que antes víñamos dunha dictadura e dunha guerra, que ata onde eu sei, ningunha delas se fai con amor a nada, e desde logo non son os seus fundamentos, senón todo o contrario, as súas bases son o medo, e odio, e a dor, e sobre todo a ignorancia. Pero xa non son eses tempos, agora a culpa hai que tirala pola fiestra, e hai que ser maduros e elixir sen medo, Que é o que quero? Que é o que necesito?

Fotografía tomada durante o recoñecemento de Iolanda Muíños como Muller do Ano 2013 de Narón

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Cal é o meu sitio? Sona moi idealista, seino, pero é posible. A menos que o único que che interese na vida é ser rico. Despois de probar, con premio por medio, a actuar nun musical como “Life is a paripe” parece que lle colliches o gusto a este xénero e repetiches ao grande con “Galicia Canibal”, que diferencias hai no referente á túa rutina de traballo, entre un musical e o teatro? Iolanda: Eu sempre fixen cousas relacionadas coa música, quero dicir que sempre montábamos espectáculos nos que cantábamos, e de feito, antes de Life is a paripe fixen con Teatro do Morcego en co-procucción con Narón, Saltimbanquis, co que fixemos moitas función, e co que estiven nominada como mellor actriz secundaria ese ano. O musical require máis disciplina no sentido de que hai que coidar moito o físico, bailar, cantar a diario, hai que descansar ben, comer ben, non arrefiarse. Eu tiven que suspender unha función porque me quedei afónica 5 dias e ainda que fun a urxencias, non recuperei a voz. A voz é un instrumento moi delicado porque está dentro, e reacciona a todo, emocións, temperatura, cambios hormonais… Hai que estar en forma, e ter forza de vontade. Estiveches hai ben pouco en Narón, coa obra “Malos Hábitos”, como te recibíu o público da casa? Iolanda: Moi ben, coma sempre. Para unha persoa que posteriormente recibíu formación de xente como Cristina Rota ou Albert Boadella...que supuxo o teu paso pola Escola Municipal de Teatro de Narón na túa formación como actriz? Iolanda: Na formación hai que ter coidado cos nomes, porque precisamente deses nomes que dis, a nivel teatral eu non aprendín nada, se cadra porque non estaba preparada, non sei, eu daquela facía todo o que se me pasaba por diante. A xente aproveita o seu nome, pero logo non está demostrado que sirva para ensinar. Ou para ensinar algo hai que estar máis tempo que unha fin de semana. Cristina Rota fixo un nome, pero se vas á sua escola non che dará clase ata o terceiro ano. Ás veces nun curso aprendes cousas de ti, a abrirte camiño, a superar a tímidez, a estar soa nunha cidade onde

non coñeces a ninguén, a expor os teus sentimentos. Hai que ter paciencia con todo. Eu na Escola de Teatro de Narón cando estaba aprendín moito de Santi Prego. E fóra, de momento, porque eu sigo estudando, de Paco Pino, Mariano Barroso, Andrés Lima, en canto con María Costas coa que estudo actualmente. Que lle recomendas a un rapaz ou rapaza de Narón que queira comezar no teatro? Cal sería o camiño a seguir na súa formación en base á túa experiencia persoal? Iolanda: Esta profesión é una forma de vida realmente, unha aventura na que che pode ir ben ou mal, ou as dúas cousas e por épocas. Non hai garantías de nada. Hai que ser forte e perseverar. Nunca se pode pensar que nun curso che vai sair traballo porque eres tan sumamente especial que van facer una película para ti. Pode pasar? Eu creo nas milagres, non nas relixiosas, e pode pasar, pero non hai que pensar niso, só hai que pensar en aprender, e dar o mellor de ti. Hai que concentrarse no traballo e non poñerse límites nin etiquetar as cousas. E estudar toda a vida, os papeis tamén son unha forma de mellorar, hai que medrar todo o tempo. Eu o que gaño sempre o gasto en estudar. Tamén é certo que a min cando saio a un escenario, ou me poño diante dunha cámara me compensa todo o esforzo, porque o tempo párase e os meus problemas desaparecen. Moitas grazas por falar con nós e moita **rda!! :)

O Pazo da Cultura de Narón presentou no mes de abril o espectáculo “Malos hábitos” protagonizado por Iolanda Muíños e Camila Bossa.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


Consellos para presentar un cv de calidade: como editar a tua fotograf a de forma sinxela No mundo laboral o fundamental e saber facer as tarefas. A tua formacion e experiencia van ser as chaves do teu futuro laboral. Como presentar a nosa informacion tamen e un aspecto clave. Debemos pensar que nos procesos de seleccion o avaliador atopase cun gran volume de curriculos similares ao noso e a sua decision tomase en cuestion de dias. Dende Dameuntoke queremos darvos alguns consellos para presentar un curriculo de calidade. Comezamos por editar a foto que incorporaremos no noso perfil.

A primeira impresión que van ter de nós os responsables de recursos humanos dunha empresa vai ser a través do currículo vitae. É fundamental coidar ao máximo a presentación do mesmo: orde, limpeza, xerarquización...Non deixes o teu futuro ao chou e coida ao máximo os pequenos detalles.

CONSELLOS XERAIS PARA PRESENTAR O CURRÍCULO Constrúe o teu CV intentando que presente un deseño limpo e ordenado. Se non sabes por onde comezar, podes obter na rede modelos descargables xa en formato de texto, listos para personalizar coa túa información laboral. Na paxina de OpenOffice, o editor de texto de software libre máis usado, podes descargar algunhas plantillas para montar o currículo: http://templates.openoffice.org/es/search/node/curriculum

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


1. Xa teño unha plantilla. Que información inclúo no currículo vitae? O CV ten que estar ben estruturado, coa información agrupada en diferentes apartados: Datos Persoais: Teñen que aparecer destacados e ben visibles. Como mínimo ten que aparecer un número de teléfono para poder contactar contigo. Formación Académica: Debes indicar as titulacións que acadaras, o centro de estudos onde as cursaches e o ano de comezo e fin de cada formación. Experiencia Laboral: Indica o cargo e o nome da empresa, e especifica as funcións desempeñadas e as responsabilidades principais que tiñas. Inclúe sempre o mes e ano de comezo e finalización de cada traballo. Se tes a posibilidade de indicar unha persoa de contacto para que se asesoren sobre a túa forma de traballar non o dubides. Este aspecto xera moita tranquilidade no avaliador do teu currículo. Idiomas: Non mintas no teu nivel, pero non deixes de indicar todas as experiencias que tiveras con outros idiomas e lugares. Pensa que cantos máis idiomas coñezas máis valor poder aportar á organización. Informática: Explica os programas que coñeces e o nivel de coñecemento, sempre que garden relación co posto ofertado. Tamén podes expresar a túa experiencia participando nas redes sociais, artellando un blog ou páxina web... Outros: Indica aquí se tes carné de conducir, se estás disposto a desprazarte, se tes limitacións de horarios... O noso consello: Cando completes o teu CV cólleo na man e mirao desde lonxe. Se ti foras o avaliador interesaríache lelo?, destacaches aqueles aspectos que aportan máis valor para o posto de traballo ao que te presentas? Se a resposta é si, adiante!

2. E se non me convence? Se non che convence pode ser que caeras nalgún dos erros máis habituais. Dalle unha segunda corrección seguro que sae moito mellor. As nosas recomendacións sobre a presentación do currículo vitae son: Non caias no erro de meter moitísimo texto condensado. Non incorpores imaxes borrosas ou pixeladas. Non utilices cursiva en exceso. Non uses liñas de separación innecesarias. Non deixes marxes excesivamente amplas. Ollo! coas faltas de ortografía. Resalta as capacidades que teñas e que sexan máis relevantes para o posto ao que optas. Ensina os teus puntos fortes na informática, non deixes que se perda o importante en medio dun listado de nomes de aplicacións e programas.

3. Algúns consellos dos portais de emprego Nos portais web de emprego atoparemos recomendacións realizadas por profesionais especializados en temas laborais e de busca de emprego: http://orientacion-laboral.infojobs.net/10-consejos-hacer-unbuen-curriculum http://consejos-empleo.monster.es/curriculos-y-cartas/consejos-para-escribir-un-curriculo/como_redactar_un_buen_ curriculum/article.aspx http://blog.infoempleo.com/blog/2013/04/16/5-ejemplosde-curriculos-originales/

TRABALLAMOS A NOSA FOTOGRAFÍA PARA O CURRÍCULO 1. Recomendacións sobre a fotografía para o teu CV Unha fotografía non amosa as túas capacidades persoais e profesionais pero resulta un elemento valorado polas organizacións xa que: Facilita ás empresas coñecerte. Con elas poderás amosar aos empregadores calidez e confianza.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Axuda a que se lembren de ti e te asocien cos teus datos: formación e experiencia. Un dos aspectos que debes coidar é como incorporas a fotografía ao texto do CV. Dende Dameuntoke queremos darche as nosas ideas: Sae na foto cunha apariencia limpa e coidada. Procura incorporar unha fotografía actual. Sorrí un pouco, proxectarás unha imaxe máis agradable. Non truques as fotos con editores de imaxes.

sexa de 150 ppp e o formato de arquivo no que a debes gardar é JPEG.

EDITAR A NOSA IMAXE PERSOAL Xa que estamos elaborando o noso currículo vitae e incorporando unha imaxe persoal de calidade cremos que pode ser do teu interés familiarizarte cunha ferramenta para a edición de imaxes moi sinxela de utilizar e baseada en software libre.

1. Que é GIMP?

Evita as imaxes pìxeladas, borrosas e distorsionadas.

O GIMP é un programa de edición de imaxes libre axeitado para tarefas como retoque de fotografías, composición e edición de imaxes.

A fotografía debe ser de tipo carnet, cun fondo liso, nada de fotos de festa ou na praia cos amigos.

Podemos descargalo de xeito gratuito e seguro a través da URL:

Sae coa cara despexada, evita as crechas de pelo tapando os ollos!.

2. Queres facer a túa propia foto de carné? Consellos para facer a túa fotografía: Tes unha cámara compacta na casa? Suficiente! Preparado, listo e xa!. Escolle unha parede lisa e branca para facer de fondo fotográfico. Encadra a imaxe que ves na pantalla á altura do peito. Colócate ao lado dunha ventá, así terás unha luz lateral suavizada, moi boa para retrato. Se hai luz suficiente non uses o flash da cámara.

http://www.gimp.org.es

2. Pasos a seguir no tratamento da túa fotografía Unha vez que temos instalado o programa GIMP podemos comezar a traballar con el. O primeiro é abrir a fotografía. Segue a seguinte ruta de traballo: Arquivo > Abrir co explorador do teu computador > Selecciona o teu arquivo. A continuación escollemos a ferramenta ROTAR premendo ao tempo en “SHIFT + R” no noso teclado ou ben seleccionando a opción do menú principal. Rota suavemente a imaxe ata que a fotografía esté completamente dereita.

Ollo! Tamén é unha boa opción ir sacar a foto a un ou unha profesional. En Narón hai moitos e moi válidos. Se ides ao fotógrafo, logo terás que incorporar a imaxe ao CV. Evita grapalo ou pegalo con cola, pode quedar torcida e demostras poucos coñecementos informáticos. A mellor opción é dixitalizala e inserila no documento de texto que xa tes preparado. Para incorporar a nosa fotografía deste xeito teremos que escaneala o mellor posible. Tede coidado co encadre, hai que axustalo e ter coidado de colocar a foto dereitiña. A resolución de escaneado abonda con que

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O seguinte paso é retocala lixeiramente no referente aos niveles de luminosidade. Para facer estes axus-


tes segue a seguinte ruta: Menú > Cores > Niveis. Na fiestra emerxente manexa os tiradores e deixa a imaxe ao teu gusto. Para culminar a edición podemos darlle un toque ao contraste seguindo estes pasos Menú > Cores > Brillo e Contraste Finalmente é convinte darlle á foto o tamaño axeitado para incorporala ao noso documento. As fotos de carnet miden 3 x 4 cm aproximadamente.

3. Completa o teu CV: incorpora a foto retocada Por último imos incorporar a nosa imaxe co currículo vitae. Abre o Cv no OpenOffice. Normalmente as fotografías incorpóranse ao CV no lado superior dereito da páxina. Coloca o cursor á altura que estimes oportuna, preme e segue a seguinte ruta Menú > Inserir > Imaxe > Examinar. Deste xeito incorporas a túa fotografía que aparecerá no documento de texto.

Xa tes o teu currículum listo! Dende Dameuntoke desexámoste que teñas moita sorte na túa busca de emprego!

Segue os seguintes paso: Menú > Imaxe > Escalar a imaxe. Indicamos 3 cm de anchura e automáticamente o programa nos xerara o alto proporcial da imaxe. Prememos Escalar. Xa temos a nosa fotografía preparada para incorporar ao Currículo Vitae. Só temos que proceder a gardar a imaxe e exportala en formato JPEG.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


Conversa con Natalia Hermida, Concelleira de Deporte e Mocidade Hai tempo que nos xornais e telexornais escoitamos unha e outra vez como se fala de crise, recortes nos orzamentos e mAis crise. Ainda que somos novos, preocupanos a actualidade politica e o dia a dia do noso Concello. Puxemonos en contacto con Natalia Hermida, Concelleira de Deporte e Mocidade do Concello de Naron, para falar destes e doutros temas...

Este ano está sendo especialmente complicado no aspecto económico para a maioría dos concellos de Galicia, pero o Concello de Narón está superando estas dificultades co esforzo de todos: veciñ@s, asociacións e corporación municipal. En Narón demóstrase que a unión fai a forza!

quilidade persoal de afrontar sempre con honestidade este compromiso.

Xa van case dous anos desde que faláramos contigo, cando comezamos coa revista Dameuntoke. A primeira pregunta que che fixeramos por aquel entón foi como era o teu día a día. Variou moito no tempo a túa rutina diaria? Como te ves agora no teu posto?

Natalia Hermida: Narón tamén sufre as consecuencias da recesión económica, temos menos ingresos e polo tanto o orzamento do concello veuse mermado nos últimos anos como no resto de concellos.

Estamos nun momento de recesión económica moi forte a nivel mundial, nembargantes Narón parece esa pequena aldea gala que resiste con continuas iniciativas relacionadas coa mocidade, cal é o voso segredo?

Natalia Hermida: A verdade e que teño a mesma ilusión e o mesmo compromiso persoal co meu concello que o primeiro dia, o cal para min e imprescindible para afrontar o traballo de cada dia e para seguir asumindo a responsabilidade do meu posto.

Ademais a Xunta de Galicia deixou de apoiar os programas de mocidade e as OMIX (Oficinas de Información Xuvenil) xa que no ano 2012 non convocou as subvencións para os programas da mocidade dos concelllos. Ainda con todo Narón continua mantendo os mesmos programas de mocidade e os mesmos recursos.

Humildade, traballlo, ilusión, constancia e lembrar todos os dias que temos a confianza dos veciños e veciñas e que me comprometín con eles dame a tran-

A diferenza creo que está na xestion dos recursos públicos, nun proxecto que defende os intereses dos veciños e veciñas por riba de calquera sigla politica. Por

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


iso me sinto comprometida con este proxecto onde as persoas e a calidade de vida dos veciños e veciñas son o máis importante defendendo a infancia, a mocidade , os maiores,o deporte e a cultura. Son as nosas señas de identidade. No referente a Deportes, a verdade é que estades traendo a Narón unha serie de eventos deportivos importantes, e sen centrarvos nun só deporte, hai bastante variedade: radiocontrol, tiro co arco, piragüismo, fútbol, atletismo,...que dificultades estades atopando dende a vosa concellería para traer estes eventos de nivel a Narón? Natalia Hermida: A dificultade nestes momentos é a financiacion. Afortunadamente temos unha masa social no eido do deporte, da cultura, da atención social, conformada en asociacións de todo tipo que está moi comprometida e que traballa moitísimo para sacar adiante as suas actidades das que se benefician milleiros de persoas neste concello. Sen todos eles seria imposible. Eles son os que poñen o traballo e o valor humano.

O concello apoia na medida das suas posibilidades as entidades que traballan a través das subvencións, convenios, os centros cívicos municipais…. Se falamos da Deputación da Coruña, do Concello de Narón e de subvencións, nestes últimos tempos falamos de polémica, que pasa coas subvencións aos nosos clubes? Natalia Hermida: Este ano pasado 2012 a Deputación da Coruña deu a espalda totalmente aos clubes deportivos de Narón. Foi un escandalo o que sucedeu. Narón conta con moitos clubes de referencia a nivel galego dentro da actividade que realiza cada un. A sorpresa foi cando nas subvencións deportivas da Deputación do ano 2012 a puntuación técnica dos nosos clubes foi case a máxima e o interese provincial das actividades propostas polos nosos clubes foi de cero puntos. E gravísimo o que esta a acontecer coa Deputacion da Coruña. Convocan unhas subvencións para entidades deportivas onde as bases son unha tomadura de pelo e unha falla de respeto polo traballo de toda este xente. Precisamente que isto pase o ano en que un concelleiro do P.P. de Narón é deputado e ademais forma parte desa comisión de Cultura e Deporte da Deputación e outro concelleiro do P.P. é asesor de deportes da Deputación aínda me doe máis. Estes clubes que traballan coa base síntense abandoados por parte da Deputación. Aínda que hai moitos recortes, estades fomentando con axudas e apostando cada vez máis polo asociacionismo na mocidade naronesa, por que e para que? Natalia Hermida: Normalmente estes mozos xa estan desenvolvendo unha actividade e o que necesitan é que os ecoiten e os axuden a canalizar e orientar as súas inquedanzas. Por iso organizamos kedadas ou o Encontro Local da Mocidade, para que teñan un espazo para compartir, mostrar e interrelacionarse. É moi enriquecedor e persoalmente dáme moita satisfacción. O concello traballa cos mozos e mozas dunha maneira moi cercana. Neste apoio son fundamentais os técnicos e educadoras do Concello que de verdade están moi involucrados.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


Desde Dameuntoke pensamos que nun concello como Narón, ten moito sentido ter unha oficina como a OMIX, pero cal é a realidade? Cales están sendo os números da OMIX no que vai de ano? Natalia Hermida: A realidade é que son fundamentais. Por iso cando a Xunta abandona aos concellos e deixa de apoiar estes servizos en realidade o que esta a facer e abandoando a mocidade e quitándolle recursos que son imprescindibles para eles. No caso de Narón o Concello pode seguir mantendo este servizo pero hai que pensar que moitos concellos de Galicia tiveron que renunciar a ter unha OMIX (Oficina de Información Xuvenil) porque a persoa que atendía a OMIX estaba a través desta subvención. Polo tanto cando retiraron esta subvención tiveron que renunciar a ter este servizo fundamental para a mocidade. O ano pasado a OMIX de Narón atendeu a 4.611 persoas das cales 1.866 foron homes e 2.745 mulleres. O número de usuarios e usuarias e moi similar todos os anos. Falemos de nós mesmos! Que balance fas de Dameuntoke? Tanto da revista como da web como xeito de manter informada á xente nova do Concello? Natalia Hermida: Un balance moi positivo. Cando asumín a Concelleria de Mocidade tiña claro que tiñamos que chegar a traves das redes sociais e ter unha revista onde a mocidade de Narón se vira reflexada coas súas actividades, a traves das entrevistas, da súa participación en diferentes eventos do Concello e onde tiveran información dos recursos dos que poden dispoñer no Concello asi como dos diferentes programas e axudas doutras administracions. Creo que está sendo un éxito estas canles de comunicación e animo a todos a que se sumen a Dameuntoke!!!! Pódesnos adiantar algún evento interesante que se esté cocendo dende Deportes e Mocidade? Que novidades vai haber de aquí a fin de ano? Natalia Hermida: O evento máis próximo que organiza a Concelleria de Deportes e máis importante e o XI encontro local da mocidade que terá lugar o venres día 7 de xuño de 16:00 h as 24:00h no entorno da casa da mocidade, pavilón e skate park. Cada ano súmanse máis mozos e mozas a participar

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

no encontro. Neste poderemos ver os rapaces e rapazas que participan en diferentes actividades do Concello durante o ano e outros que se suman ese día. O ano pasado participaron 350 mozos e mozas activamente ainda que pasaron preto de 2.000 persoas durante o encontro. Animo a todos e mozos e mozas de Narón e comarca a que se achegen a Casa da Mocidade o día 7 de xuño!!!! Proximamente terá lugar a I edición de Depornarúa que organiza o Padroado de Deportes. Nesta actividade colaboran un gran número de entidades coa finalidade de achegar o deporte á cidadanía como hábito de vida saudable e unha opción de ocio familiar. Será un éxito seguro!!!!


XI Encontro Local da Mocidade O vindeiro 7 de xuno imos ter unha nova cita nos arredores da Casa da Mocidade, na edicion 2013 dos xa clasicos Encontros da Locais da Mocidade, iniciativa organizada pola Concelleria de Mocidade.

O XI Encontro Local da Mocidade de Narón está organizado pola Concellería de Mocidade de Narón, dirixida por Natalia Hermida, á que lle adicamos un artigo neste número da revista Dameuntoke e no que fala desta iniciativa.

O XI Encontro Local da Mocidade celebrarase o vindeiro venres 7 de xuño na súa localización habitual: as instalacións da Casa da Mocidade na Gándara

A edición do 2013 vaise celebrar o vindeiro venres 7 de xuño. As actividades comezarán ás 16:00 horas e teñen previsto o seu final sobre as 00:00 horas.

Don´t stop de party! Música, deporte e actividades ininterrumpidamente desde as 16:00 h ata as 00:00. Pais e nais: esta tarde-noite non temos hora de chegada!

Se a climatoloxía o permite as actividades desenvolveranse nos exteriores da Casa da Mocidade, na Gándara. E se chove? Suspéndese? Pois non, cando o mal tempo foi un impedimento para un rapaz/a de Narón? Se a metereoloxía nos dá as costas, as actividades desenvolveranse no interior do pavillón polideportivo da Casa da Mocidade.

Unha edición máis poderemos disfrutar das diferentes actividades organizadas no skatepark, nos exteriores da Casa da Mocidade e no pavillón polideportivo. As asociacións e grupos naroneses vannos ensinar como entenden eles a súa vida e o seu tempo de ocio! É tempo de asociarse e compartir!

O obxectivo deste Encontro Local da Mocidade é crear espazos e lugares nos que se poidan dar o debate e a

comunicación entre diferentes membros da mocidade do noso municipio e da bisbarra. Desta comunicación e debate, o que se pretende desde o Concello de Narón, é que sirva de estímulo para que xurdan novas asociacións ou grupos organizados por ideas e intereses comúns que dinamicen aínda máis o tempo da nosa mocidade, que ofrezan máis variedade de opcións á nosa xuventude...

7 de xuño: a data. Casa da Mocidade: o lugar A entrada é de balde e calquera persoa pode achegarse e participar ou ver as actividades que realizan. O gran conxunto das actividades están dirixidas a mozos entre 14 e 30 anos de idade, e especialmente deseñadas para a franxa que vai entre os 16 e os 23 anos. En anos anteriores o número de participantes foi moi alto, cifra que foi medrando ano a ano. Na edición do

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


2012, no X Encontro Local da Mocidade déronse cita arredor de 350 mozos e mozas dos diferentes barrios e parroquias do noso municpio, doutros concellos da bisbarra e mesmo dutros puntos de Galicia. Este ano agárdase unha participación aínda maior! As actividades que se están previstas para este gran día da mocidade son moi variadas, poderemos escoitar música, haberá arte, deporte, emprego, actividades de ocupación...Se consultas as actividades que realizan seguramente atopes algún motivo para achegarte este día á Gándara.

Que imos poder ver e facer? Exhibición e obradoiro de Graffitti: Unha das actividades clásicas dos Encontros!. Poderemos ver e falar cos nosos artistas graffiteiros, comentando con eles a súa técnica e as súas experiencias no mundo do graffiti: a arte do aerosol. Unha forma de arte rebelde, urbano, espontáneo e veloz, que estará unha edición máis con nós, e que non sexa a última! Concerto lanzadeira de grupos de ensaio da Escola de Música Moderna: Son xente de Narón, moi ben preparados polos mestres da Escola de Música Moderna de Narón. Neste Encontro terán a oportunidade de darse a coñecer, así que é seguro que van poñer toda a súa enerxía nestas actuacións! Música de calidade feita por xente nova!

Obradoiro de tuneado e estampación de camisetas: Tedes moitas ideas na cabeza e non sabedes como exteriorizalas? Expresádevos estampando as vosas ideas, demostrando a vosa arte nunha camiseta. Así comezou Custo... Obradoiro de tenis de mesa: Narón é un viveiro de xogadores e xogadoras de tenis de mesa, achegádevos a coñecer este deporte! Poderedes botar unhas partidas durante toda a tarde e, se cadra, aprender algún dos golpes segredos dos monitores. Obradoiro de malabares: Sodes habilidosos e habilidosas? Gústavos superar retos? Este é o voso obradoiro... Obradoiro de creación de pulseiras e chaveiros: Outro obradoiro onde desenvolver toda a vosa capacidade de expresión con diferentes materiais. De aquí pode sair unha idea de negocio!

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Obradoiro de tiro con arco: Queredes ser como Iria Grandal? Nós si! Así que teremos que ir comezando a practicar e lanzar unhas frechas! Se acontece como noutras edicións este obradoiro vai ser unha das estrelas do día. Obradoiro de xogos de mesa: Oportunidade única para coñecer un pouco máis este mundiño, as súas regras e as diferentes variantes. Obradoiro de patinaxe agresivo: Un muro, unhas escaleiras...non son obstáculos. Neste obradoiro poderedes aprender os segredos deste deporte urbano, no que as reviravoltas espectaculares son algo moi habitual. Non o perdades! Obradoiro de patinaxe en liña: Un dos deportes de moda no noso Concello! Se queredes irvos preparando para ir patinar no verán ao paseo de Xuvia, este é o voso obradoiro! Poderedes recibir algún consello dos nosos patinadores expertos, falade con eles e coñecede un pouco máis esta disciplina! Exhibición-obradoiro de “Flag-Football”: Coñecedes o Flag-Football? Este é un deporte semellante ao fútbol americano, pero no que non se

levan proteccións e non hai tanto contacto físico. Trátase de correr, pasar e recibir o balón. Está baseado na intelixencia, na estratexia e na habilidade física, non existen nin bloqueos nin placaxes, típicos do rugby e do fútbol americano. Como curiosidade: cada xogador leva dous panos atados á súa cintura. Intrigante, non si? Achegádevos alí... Actuación dun DJ: Que sería un Encontro da Mocidade sen a música dos DJs! Durante toda a xornada teremos un DJ pinchando a mellor música do momento que acompañará as acrobacias dos rollers e skaters! Moi bo ambiente! Actuación de grupos de música vocal xuvenil: Máis música! Contaremos con máis actuacións musicais, desta volta contaremos coa presenza de diferentes grupos de música vocal que veñen dispostos a darse a coñecer neste Encontro.

Quen colabora nestas actividades? A Concellería de Mocidade organiza esta actividade pero conta coa colaboración de diferentes grupos, asociacións e clubes da zona: Grupos de graffiteiros afeccionados e grupo da actividade extraescolar “Exprésate co Graffiti”. Grupos de música das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna: grupo de música “Ergu Bai” e alumnado de guitarra. Actuación do DJ Samuk Deejota. Grupos de música vocal xuvenil: grupo “Os Anxos de Nelu” do I.E.S As Telleiras, grupo “Solidarium” do I.E.S Terra de Trasancos” e grupo vocal da actividade extraescolar “Cantar e divertirse xuntos”. Clube de tenis de mesa Cidade de Narón. Clube Arco de Narón. Grupo de patinador@s afeccionados/as. Grupo de malabaristas afeccionados/as. Grupo de “Flag-football”.

Vémonos o venres día 7 na Gándara no XI Encontro Local da Mocidade, desde as 16:00 h! Non faltedes!

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


2

Sab as qué...? 3 1

4 1. ...foi tal o éxito da

primeira edición que o vindeiro 9 de xuño imos ter unha segunda Feira de segunda man, onde persoas particulares poñerán á venda todas aquelas cousas en bo estado que non lles serven e que lle poden valer a outros: discos, fotografías, roupa, libros, vaixelas, xoias... A cita, na Feira do Trece en Sedes, preparade a carteira!.

2. ...na Oficina de Participación Cidadá sita na Casa da Cultura do Concello de Narón, na Praza de Galicia, podedes atopar asesoramento a nivel asociativo, de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30 h de luns a venres e os luns tamén de 16:30 a 19:30 h .

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

3. ...o vindeiro día 22 de xuño, no Val, poderedes coñecer algo máis das nosas tradicións, coa representación das Lendas da Pena Molexa: un meigallo, unha fermosa muller e un penedo con moito misterio que se revela na noite máxica de San Xoán.

4. ...Narón conta con 13 parroquias: Gándara,Solaina,Alto do Castiñeiro, Couto, Piñeiros, Xuvia, Doso, Pedroso, Sedes, Narón, Castro, O Val, Trasancos


6 7

5

8

5. ...no verán, de xuño

a setembro, a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Narón abrirá de 8:30 a 13:00 h en lugar de 8:30 a 13:30 h, que é o seu horario habitual.

6. ...en Narón hai 3.605 persoas co apelido “López”, 1.864 co apelido “García”, 536 persoas co “Hermida” e 421 “Sánchez”, según di o Instituto da Lingua Galega, na súa Cartografía dos Apelidos de Galicia.

9 7. ...as espigas do escudo do Concello de Narón lembran a antiga economía da zona, baseada na producción de cereais e o traballo da terra; a áncora representa a vida mariñeira no municipio; as trabas son as armas falantes da casa de Traba, fundadores e protectores do mosteiro de San Martiño de Xuvia; e as chaves, son o símbolo heráldico do mosteiro de Cluny.

8. ...contamos con varios lugares naturais de gran valor que o Plan Xeral de Ordenación Urbana salvagarda pola súa valía ecolóxica: Vilarquinte-A Lagoa, Perugueira-Nenos, a franxa costeira, as cuncas dos ríos Xuvia, Castro, Salgueiro, Pereiro e Freixeiro, e as Cuncas dos regueiros.

9. ...sufrimos un ataque normando no ano 844, cando chegan ao mar de Xoiva (actual ría de Xuvia) e expolian os obxectos litúrxicos de ouro e prata e queiman o mosteiro de San Martiño. Atacáronnos máis de 10.000 homes e 200 naves!

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 27


www.dameuntoke.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.