Revista Dameuntoke nº9

Page 1

A revista da mocidade de Narón

REVISTA NÚMERO 9 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Lidia Mesías, talento e esforzo, a combinación perfecta | Ana Queipo, unha artista renacentista de Narón | Como buscar emprego nas Redes Sociais: LinkedIn | Especial Biblioteca | As Oficinas de Atención ao Consumidor: facer valer os nosos dereitos | As tatuaxes e os Piercings: consellos de saúde | Sabías que...?


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2013 Fotografía Mar a Vieira “Mavi” Revista subvencionada pola Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Sumario 04 Lidia Mesías: talento e esforzo, a combinación perfecta. Sabías que a máxima goleadora de Primeira División do Fútbol Sala Feminino é de Narón? Dameuntoke quedou para falar con ela sobre a súa vida como deportista profesional...

08 Ana Queipo, unha artista renacentista de Narón Ana Queipo é unha rapaza nova que escribe poesía, guións de curtametraxes, fai teatro, monólogos... Tes inquedanzas parecidas? Vexamos con ela que podes facer para sacar todo o que levas dentro...

12 Como buscar emprego nas Redes Sociais: LinkedIn As redes sociais son unha ferramenta cada vez máis popular e útil á hora de atopar emprego. Queredes coñecer os segredos desta rede...?

16 Especial Biblioteca En Dameuntoke decidimos facer un especial no que ademais das habituais recomendacións, poderedes descubrir as listas de éxitos deste verán pasado e as últimas incorporacións: os audiolibros.

21 As Oficinas de Atención ao Consumidor: Facer valer os noso dereitos Problemas coas facturas do teléfono? Imos ver que podemos facer... Ser novo/a non é ser parvo/a!

23 As Tatuaxes e os Piercings: consellos de saúde Andas pensando en tatuarte? Ou poñer un ariño nos beizos? Chachi, pero antes...atende!

26 Sabías que...? Nós descoñeciamos todas esas pequenas cousas que fan de Narón un concello especial...e ti?


Lidia Mesías: talento e esforzo a combinación perfecta Lidia Mesías Espiñeira, naceu alá polo ano 1990 no noso Concello. Hai nenas que veñen cun pan debaixo do brazo, outras cun balón...esa foi Lidia.

DMTK: Cóntanos Lidia, como comezou todo? Onde van aqueles tempos do FS. Narón? Que lembras desa época…… Lidia Mesías: Ola! Lémbrome como se fose onte cando comecei, hai agora aproximadamente 12 ou 13 anos. Eu sempre xogaba cos nenos da miña clase ao fútbol: estabamos agardando sempre a que tocase Educación Física ou o recreo para ir xogar. Un día a nai dun compañeiro meu, falando coa miña, preguntoulle por que non me levaba o xogar cos seus fillos á pista de cemento do Alto (Narón), que era onde adestraban. Eu ao escoitar iso, non parei de insistirlle todos os días ata que me levou. Alí foi onde comezou todo. Lémbrome que era a única nena, ao principio atopábame un pouco estraña, pero non me importou porque eu xogando co balón estaba feliz e os meus pais sabíano. Lémbrome tamén de que despois non puiden seguir xogando con eles, pola idade porque daquela non había equipos femininos onde xogar. Por aquel entón, aquí en Ferrolterra só estaba o Meirás de División de Honra, que ademáis tiña un equipo en Autonómica, outro en Provincial e outro en Cadete pero nos que eu tampouco podía xogar pola idade. ¡Aínda así acabei xogando ese ano no equipo cadete! Pouco a pouco fun subindo de categoría (Provincial, Autonómica..) ata chegar ata aquí.

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Que é o Fútbol Sala para ti? LM: O Fútbol Sala para min é unha parte da miña vida: unha forma de vivir o día a día, coa ilusión de facer un deporte que che gusta. Agora teño 22 anos pero sigo tendo a misma ilusión e ganas que cando comecei: xogando esquézome de todo. É como unha “liberación” que fai que me sinta feliz. Ademais gústame competir e ese afán de superarme día a día. A nosa bisbarra ten moita tradición no fútbol sala pero de onde ven a túa afección? LM: Téñoa dende que comecei: canto máis practicaba máis me gustaba. Gustábanme todos os deportes en xeral, pero ningún coma este. A pequena Lidia practicaba outros deportes? LM: Si, de feito comecei en natación nunha piscina, daquela tería 6-7 anos e tamén me gustaba moito. Os problemas comezaron máis adiante cando había que adicarlle moito tempo e moitas horas, adestrar primeiro, despois nadar...xa que a fin de semana tocaba competir! Os meus pais decíanme que era moito desgaste para os anos que tiña, e que escollera: natación ou o fútbol sala. Ao final decanteime polo fútbol sala.


Boa decisión! Como te recibían os rapaces no Santiago Apóstol cando lles decías que querías xogar con eles nos recreos? LM: A verdade é que mentiría se che dixera que mal. Levábame moi ben con eles e nunca sentín rexeitamento, ao contrario. En fin de curso e nas navidades facíase sempre un torneo no que participaban todos os cursos. Cada un tiña o seu equipo e xogabamos uns contra outros, os rapaces sempre me pedían por favor que xogase no seu equipo, eso sí: era a única nena que xogaba.

O Fútbol Sala para min é unha parte da miña vida: unha forma de vivir o día a día, coa ilusión de facer un deporte que che gusta.

Cres que cambiou moito a sociedade dende entón? Pensas que unha nena nacida nos nosos días o ten moito mais fácil? LM: A verdade é que pouco a pouco si que foi cambiando. Alégrome de que sexa así, sobre todo pola xente que comeza agora, para que non lle pase como me pasou a min, que daquela non había equipos femininos onde xogar. Realmente a min este factor non me afectou moito, pero sei que a moitas nenas as desanimaba a seguir. Téñeno máis fácil no que acabamos de falar, agora hai máis facilidades para que unha nena queira e poida xogar ao fútol sala porque xa hai equipos femininos que están traballando coa base. Un claro exemplo é o do Comarcal A Fervenza FSF que ten equipos base dende pre-benxamín ata cadete adestrando en Narón. Eu penso que aínda que a sociedade cambiou, hai moito por facer, estamos a anos luz dunha situación ideal.

As fotografías desta reportaxe foron cedidas polo CD Burela FS Pescados Rubén e a propia Lidia Mesías

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


Que cres que debería cambiar no deporte feminino para que fose máis igualitario? LM: Penso que o factor principal son os medios de comunicación. Se non se fala de fútbol sala feminino a xente nunca o vai coñecer. O primeiro é que a xente o coñeza para que despois poida opinar se lle gusta ou non: moita xente sorprenderíase. Noutros tempos no fútbol sala non acostumaba haber mulleres que foran ídolos ou referentes para as novas xeracións , en quen te fixaches de pequena cando comezabas? LM: De pequena asombreime cando vin xogar ao Meiras FSF. Daquela estaban en División de Honra, eu nunca vira xogar a un equipo feminino: quería ir sempre a velas xogar. A verdade é que daquela non tiña ningún referente, só pensaba en algún día poder xogar nese nivel. O ano pasado tiveches unha mención especial pola túa traxectoria na Gala do Deporte do Concello de Narón. Foi toda unha premonición do que ía acontecer ao final da tempada: Liga, Copa e Selección Española. LM: A verdade que ese recoñecemento foi unha satisfacción moi grande porque aínda que estou xogando forá: eu son de Narón . Con esa mención ves como ese traballo que estás facendo día a día é recompensado. Só teño verbas de agradecemento para toda esa xente que recoñeceu o traballo que veño facendo. GRAZAS! Hoxe en día xogas profesionalmente no Burela FS, como é a vida dunha xogadora da elite? Da tempo a estudar? Cóntanos…. LM: Esta é a miña quinta tempada aquí en Burela. A miña vida é como a dunha persoa normal que se levanta para ir a estudar ou a traballar: hai tempo para todo. De feito, eu vinme para aquí con 18 anos e á parte de xogar estiven estudando aquí o Ciclo Superior de Actividades físicas e Animación deportiva. Podo dicir que é algo difícil compaxinar todo xa que rouba moito tempo, pero pode facerse. Un día na vida de Lidia... LM: Adéstrase todos os días polas tardes e dous polas mañás, normalmente traballo físico, ximnasio.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Tamén temos algunha sesión de vídeo. Despois tamén toca facer a compra, cociñar, lavar, estar cos amigos… As fins de semana, se toca viaxar normalmente xa marchamos os xoves á noite para xogar os sábados. Unha vez que remata o partido voltamos para Burela. Pásase a fin de semana nun abrir e pechar de ollos! Luns outra vez á rutina….. Este ano foi impresionante coa consecución da Liga e Copa da Primeira División do Fútbol Sala español, escollerías algunha das dúas competicións? LM: A recompensa a catro anos de traballo! Para min foron as dúas moi importantes porque non tiña ningunha, pero decántome un pouco máis pola Liga, xa que é a competición de todo un ano mentres que a Copa son só tres partidos. Espertas... ese día vaste xogar a liga nun só partido...que pasa pola mente de Lidia? LM: Penso que ese foi o partido que calquera xogadora de fútbol sala querería xogar: contra o noso rival directo durante toda a tempada, o Atlético de Madrid; na nosa casa e quen gañara, gañaba a liga. Era unha final. A semana anterior adestrando eu xa quería que chegara o sábado para xoga: quería xogalo xa! Por fin chegou o día. Horas antes do partido xa estaba


O ano pasado Lidia Mesías tivo unha mención especial pola túa traxectoria na Gala do Deporte do Concello de Narón. Foi toda unha premonición do que ía acontecer ao final da tempada: Liga, Copa e Selección Española.

a xente no pavillón: todo o mundo vestido de laranxa. Cando sales á cancha: un mosaico por todo o pavillón, foi alucinante! O pavillón cheo de xente e toda animándonos a nós,! Espectacular. Unha vez rematado o partido o resultado foi de 5-1, gañamos! Non podía crer o que sucedera nin o que estaba pasando! A xente baixou das gradas á pista a abrazarnos, a sacar fotos, firmar autógrafos... Non se pode explicar con verbas, hai que estar alí para vivilo! Nese momento non eramos conscientes do que acababamos de conseguir, ata que pasou toda a euforia, e varios días, non o comezamos a asimilar: o Burela FS acababa de facer historia, proclamandose campión de liga da Primeira División. É o primeiro na provincia de Lugo. De quen te lembras neses intres de éxito? LM: De toda esa xente que me apoiou sempre. Principalmente dos meus pais, foron eles os que sempre me apoiaron, animaron e axudaron en todo, xa que antes de estar aquí onde estou, eles foron os que andaban comigo e me levaban a adestrar dun pavillón a outro, agardaban por min ata que rematase: foron eles. Tamén dos meus amigos e de toda esa afección que estivo apoiándonos dende o comezo ata o final: o seu apoio foi moi importante para todas nós.

Chega un fax ao Burela FS: Lidia á Selección Española…. Como reaccionas? Como foi a experiencia? LM: Avisáronme unhas compañeiras de equipo e pensei que estaban bromeando. Cando o vin na convocatoria, pechei os ollos e dixen: “Se equivocaron”. Pero era verdade. Sempre é algo co que soñas, con que chegue esa gran oportunidade, pero o certo é que aínda o vía lonxe. Foi unha sorpresa e unha ledicia. Sorprendeume o conxunto de xente que está alí dentro traballando con todas nós, e a boa acollida que tiven nada máis chegar por parte de todas as xogadoras e todos os membros que a forman. Despois de tanto éxito cales son os obxectivos de Lidia para a temporada 2013-14? LM: Pois seguir traballando, traballando e traballando... mellorando, e non conformarme nunca co que teño: sempre penso en superarme. Sen dúbida, un exemplo do triunfo do esforzo e da perseveranza! Moitas grazas por todo Lidia, que teñas moita sorte!

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


Ana Queipo: unha artista renacentista de Narón Ana Queipo é unha rapaza de Narón, como calquera outra: vai ao IES Terra de Trasancos, ten o seu grupo de amig@s, un corte de pelo á moda... Pero ese corpo esconde unha mente moi inqueda, chea de ideas e con moita necesidade de expresalas. Guionista, directora, monologuista, actriz, poetisa... nada é suficiente para tanta efervescencia mental adolescente. Coñecémola?

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


DMTK: Como é que tes tantas cousas dentro desa cabeciña? De onde saen tantas inquedanzas, tantas ideas? AQ: En resumo, da busca da eternidade. Cada poema é un fragmento da miña liberdade. Observalos, relelos, esparexelos sobre o papel: faime sentir libre, faime sentir preto. Preto de que? De todo. Cóntanos un pouco quen é Ana Queipo “a moza”? E Ana Queipo “a artista”? AQ: Non hai distinción posible, todo o que ten a moza que non foi producido ou consentido pola artista é produto da ignorancia ou do adoutrinamento e quero desfacerme diso. De máis pequena, cando comezaches a sentirte artista? Como o tomaron na túa casa? AQ: Sempre me sentín así, atopei as verbas que o describían hai 4 ou 5 anos. Aos meus pais...Parécelles ben, son pais de verdade, dos que queren verte satisfeita coa vida e procuran confiar nas miñas capacidades. Estás cursando 2º de Bacharelato, como tes pensado orientar a túa formación? Vas seguir as túas inquedanzas artísticas? AQ: En principio quero estudar Filoloxía Hispánica, ser profesora sempre foi o meu desexo: palabras, poesía e un grupo de persoas ás que tes que facer libres e felices por medio da cultura. Que tipo de formación tes? Estudas algo relacionado coa arte? AQ: Todas as materias que curso son aos meus ollos arte. Especialmente as linguas, literatura universal, latín, filosofía e historia da arte. Tamén comezo nuns días o segundo ano da Escola de Teatro de Narón. Xa repites na Escola de Teatro de Narón, como é un día alí para unha alumna tan nova? AQ: Sí, dende cuarto da ESO, cando fixen o Curso Xuvenil da Escola. Apetecíame, pintaba ben, acertei. E de alí saquei á única persoa que podo considerar como un referente no mundo do teatro: a miña profesora Silvia. Deime conta de que as persoas que fan teatro móvense, miran e ata existen físicamente de forma distinta para min.

No instituto xa fixeches as túas incursións no mundo dos monólogos, cóntanos un pouco... AQ: Escribo os meus monólogos, pero nunca os representei. No instituto adícome máis ben a escribir e representar obras cun grupo de compañeiros. Con este grupo gañastes o Intercentros en categoría oral, cantas veces xa? Quen escribe as obras? AQ: Gañámolo tres veces, esforzámonos bastante. En canto ás obras, ás veces escribímolas entre todos pero cando non hai tempo para reunirnos e colaborar: fágoo eu; e logo eles fan crítica e modificamos. Sempre tratamos de meter algunha mensaxe importante pero pasámolo tan ben que rematamos caendo no humor case como único motor. As nosas obras falan de asesores matrimoniais, pecadores na Idade Media, presentadoras do tempo, dos noticieiros, mortos polos que porfían entre o Demo e Deus no limbo... E este ano pasado, foi a éxtase total, non si? En Compostela gañades o Tíralle da Lingua, com-

Poema sobre a educación Máquina que demuestras la ineficacia de las máquinas tus palabras vacías son lo más parecido a lo inerte que conozco. De órdenes nacen y en nada se convierten Indiferencia plastificada - y nunca emociones, no se retuerce hasta morir en mi mente. Planificado todo también nuestras respuestas. Metodizado, maquinizado, mecanizado asesinado cualquier vestigio de ganas. Máquina que demuestras la ineficacia de las máquinas y la esclavitud que nos hace esclavos

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


a composición musical... Ás veces fotografo cousas bonitas, fago debuxos de imaxes bonitas, escribo (en calquera formato) ideas bonitas... Síntome especialmente cómoda na poesía, pois a palabra é a vía que buscan os meus sentimentos para saír, e aporta unha liberdade maior (para min) que a narrativa. Como chegas a escribir para a revista dixital “Amateurs Hotel”? AQ: Só buscaba cousas por internet. Quería progresar, que alguén me lese e me dixese cousas nin por compromiso nin por desprezo.

petindo con xente de toda Galicia... Como foi esa experiencia? AQ: Fíxonos moita ilusión gañar, é o que sempre se di, pero non o esperabamos. Outras veces si, esta non! Foi moi emocionante. A cousa ponse seria, non si? Imaxínaste nuns anos sendo presentada por Eva Hache na tele, nalgún Club da Comedia? AQ: Sería divertido pero creo que como humorista non tería demasiado futuro. É certo que todas as obras que escribín eran de humor, pero o verdadeiro segredo da súa gracia é o meu amigo Dani. A túa experiencia como actriz non queda nin no teatro nin nos monólogos...tamén participas en curtametraxes, por exemplo o buñueliano “Retina y cristales en el cielo” do que podemos gozar en YouTube... AQ: Sí, encántame colaborar en curtametraxes, aínda que a parte técnica é agobiante. Gustoume especialmente participar nese curto pois sentinme parte do cicel, da pluma, da idea dunha gran artista e amiga. Directora, guionista.... Ti es unha artista multidisciplinar, non lle tes medo a nada? Cales son os modos de expresión nos que te sintes máis cómoda, os que máis utilizas? Por que? Tamén debuxarás, pintarás ou fotografarás...non? AQ: Non me atrevo con cousas que esixan material, tempo, e unha técnica que non teño, como por exemplo a arquitectura, a escultura, os audiovisuais,

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Quédanos falar da poesía...que lugar ocupa na vida de Queipo? AQ: Dentro do todo no que podo resumir a miña existencia como arte: a poesía é a parte máis recu-


Se che gusta a poesía como á nosa amiga Ana e o mundo das artes escénicas, plásticas ou musicais…achégate á OMIX do concello de Narón e alí poderás porte ao día de todos os concursos, certames e exposicións que convocan distintas entidades e nas que pode participar xente coma ti…inqueda e con moitas ganas de expresarse.

Poema Os pesan los 80, ¿eh? Demasiado pasados para ser jóvenes demasiado cerca para ser ancianos. Ya no pareceis universitarios triunfadores, vuestras ideas llevaban muy poco fuego. Bohemios en plena calma que no tenían rival digno pero sí tenían rival claro: el dinero. La sonrisa torcida del símbolo del dolar se vino contagiando hasta vuestros garitos preferidos. Poca vocación queda. Todos derrotados.

rrente. A palabra salvaxe, o apoio fácil para profundizar, para transmitir, o oasis de paz. Gústanme moitos poetas, algúns famosos, outros non tanto e outros nada. O último poema que lin foi de Ángel González.

Tes algún proxecto á vista? Seguro que non paras... AQ: Os meu proxectos son moi sinxelos: actualizar o blog cos case centos de poemas que levo acumulados, escribir unha obra de teatro este ano e rematar exitosamente o curso da Escola. E medrar, seguir expandíndome, en esencia. Moitas grazas Ana polas túas verbas inquedas, cando saques algo novo, xa sabes: DAMEUNTOKE! Se queredes ver os seus traballos na rede aquí tedes algunhas direccións que vos poden axudar a atopala: Twitter: @quehipo O seu Blog: http://habitaciondelasideas.blogspot.com.es/ Blog no que colabora con unha fotógrafa: Boulevard de Bufandas: http://boulevardebufandas.blogspot.com.es/ Amateurs Hotel Mayo 2012: http://issuu.com/amateurshotel/docs/amateurs-mayo-2012 Curto “Retina y cristales en el cielo” http://www.youtube.com/watch?v=dBkI7gzvHL0

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


As redes sociais: novas ferramentas para buscar emprego Un dos grandes problemas ao que nos enfrontamos a sociedade en xeral e a xente nova en particular, é o desemprego. Para superar esta situación, non é suficiente con enviar o noso currículo perfectamente maquetado, como vimos na revista anterior; ou mirar as ofertas do xornal. Cómpre facer algo máis!

Que fariades todos e todas vós para atopar emprego por internet? En Dameuntoke fariamos o seguinte...

A NOVA ALTERNATIVA: as redes sociais Dun tempo a esta parte xurdiron novas ferramentas alternativas e moi efectivas á hora de atopar emprego: as redes sociais. As redes sociais non son entes estáticos, están en continua evolución adaptándose ás necesidades dos usuarios/as e das empresas. O noso perfil nas redes sociais deixou, hai tempo xa, de ser só unha forma de conectarse cos nosos amigos/as, converténdose na nosa carta de presentación ante o mundo profesional e unha vía máis de saída ao mercado laboral. A procura de emprego tradicional a través de periódicos ven descendendo notablemente dende a chegada da Internet. Hoxe en día, coa integración das redes sociais á nosa vida cotiá mesmo se perdeu interese polos típicos portais de traballo xa que estes deixaron de ser suficientes para alcanzar o éxito. Ollo! Isto non quere dicir que non se deban seguir utilizando estas canles tradicionais para a procura de emprego, senón que non hai que centrarse únicamente nelas, xa non son o único método!

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

As redes sociais adquiriron protagonismo á hora de captar os mellores profesionais, non só pola inclusión de ofertas nelas, senón pola posibilidade que nos brindan de xestionar e orientar o noso perfil profesional. Unha das ferramentas máis utilizadas no campo profesional é Linkedin, lanzada en maio do 2003 como un sitio web orientado a negocios.

LINKEDIN, A REDE SOCIAL ORIENTADA AO MUNDO LABORAL É unha rede social que conta con máis de 255 millóns de profesionais e miles de empresas rexistradas en todo o mundo e que se diferenza claramente doutras redes como Facebook. O seu obxectivo principal é axudar aos/ás profesionais a contactar entre eles/as. En LinkedIn podemos construír a nosa rede de contactos mediante : conexións directas; as conexións de cada unha destas conexións (denominado conexións de segundo grao); e tamén as conexións de conexións de segundo grao (denominadas conexións de terceiro grao). Isto podémolo utilizar para introducirnos na rede a través dun contacto mútuo, favorecendo a interactividade.


Cada día son máis as empresas que están a utilizar este motor de procura para contactar cos seus posibles novos/as empregados/as. Aproveitemos a ocasión! Conta cunha grande cantidade de foros e grupos específicos de todos os sectores, que fan desta rede social unha ferramenta de gran utilidade á hora de crear conexións profesionais.

PARA QUE PODEMOS USAR O LINKEDIN? Podemos usar LinkedIn para: Xerar novas oportunidades Actualizar o noso estado Atopar e ser atopado por profesionais do noso sector de interese Vender produtos e servizos Ofrecer os nosos servizos como asesores/as da materia ou sector que dominamos por formación ou experiencia Recomendar e ser recomendado pola listaxe de contactos Participar en debates Verificar coñecementos: a xente que traballou con nós poderá verificar que dominamos as materias que sinalemos Atopar novos/as clientes/as e/ou empregados/as Gardar os empregos nos que nos gustaría traballar

pan os contactos dos teus contactos. É o contacto común o que te pode validar e referenciar diante do novo. Atopa similitudes co contacto obxectivo da túa procura. Na esquerda da Páxina de Resultados de Procura, atoparás o menú “Filtra por”: Linkedin danos información sobre as empresas actuais nas que traballa os nosos contactos, as anteriores, sectores aos que pertencen, universidades e nivel de relación con respecto a ti. Desta forma podes atopar puntos de conexión con ese contacto e establecer un vínculo con el. Crea alertas e garda as procuras. No extremo superior dereito dos resultados de procura temos unha ligazón “Gardar”. Poderemos crear unha alerta semanal para que os novos perfís que se incorporan á nosa rede e que coincidan co obxectivo definido de procura, vaian a “Procuras Gardadas”. Interesante, non si? Pescuda as Empresas coas que tes contactos de 2º Nivel. Outra posibilidade que brinda Linkedin, é

IMOS SACARLLE PARTIDO A ESTA REDE Utilizar a Procura Avanzada: poderemos analizar e segmentar en detalle a nosa rede de contactos e así localizaremos a aquelas persoas que sexan máis interesantes utilizando os diferentes campos de procura: sector, cargo, empresa, localización, etc. Centra a procura no 2º Nivel de Relación: É o nivel máis útil da nosa rede. Moitas veces centrámonos só naquelas persoas que coñecemos directamente e que forman parte do noso 1º nivel: ERRO! Non é tan valioso como o Segundo Nivel onde se ato-

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


poder ver o nome das empresas onde tes o número máis importante de contactos. Un exemplo pode ser que Linkedin amosase nos seus resultados que tes na túa rede 7000 empresas en España, nas que dispós de contactos de 1º e 2º Nivel. Na maior parte destas empresas atoparás aos teus contactos de segundo nivel, o cal é unha riquísima base de datos a explotar se es comercial ou vendedor do teu propio negocio.

OS SI E OS NON DA PROCURA DE EMPREGO NA REDE Antes de lanzar os nosos datos a ese océano de información que é a rede deberiamos ter en conta as cousas que SI debemos facer para favorecer a procura do emprego e cales NON.

AS COUSAS QUE SI: 1.Usar as redes sociais para amosar os nosos coñecementos no campo de estudo e expandir as nosas conexións. 2.Interactúar co medio, participar en discusións, responder a un preguntas, compartir información que pode ser interesante para os nosos contactos na rede. 3.Definir e construir a nosa imaxe profesional con coherencia, claridade e empeño. O currículo tradicional está a ser substituído polo perfil nas redes sociais, é por iso que debes estar seguro de reflectir a imaxe que desexamos proxectar de cara as empresas. 4.Configurar a nosa conta en Linkedin (ou noutra rede similar) cun perfil sólido que inclúa palabras chave (keywords) e frases que un empregador podería estar a buscar na nosa industria.

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

5.Unirnos e participar en grupos relacionados cos intereses da nosa carreira profesional. Linkedin conta con moitos destes grupos, elixiremos algúns que sexan de maior interese, para facer comentarios intelixentes ou iniciar unha conversa (ollo coa ortografía!) 6.Tentaremos conseguir todas as referencias que poidamos, e escribir referencias dos nosos contactos sen que eles nolo pidan. Debemos ser concretos nas habilidades. Podemos revisar unha referencia escrita e solicitar ao escritor da mesma que a revise antes de facela pública, para asegurar que diga o que nós realmente desexamos que diga. 7.Seguir as empresas relacionadas coa nosa carreira profesional. É a mellor forma de estar actualizado e saber o que está a suceder nas empresas nas que puideramos estar interesados/as. 8.Crea unha conta de Twitter, se aínda non a tes. Utiliza a descrición do encabezado para amosar quen es e que fas profesionalmente. 9.Facer procuras a través das keywords máis relevantes do que esteamos a buscar. A través de Twitter e dos hashtags, podemos conectar ás persoas cos mesmos intereses profesionais ca nós. 10.Seguir ás empresas que nos interesen. 11.Twittea e retwittea os artigos de interese relevante aos teus seguidores/as.


12.Comenta os tweets e fai preguntas aos teus seguidores/as.

AS COUSAS QUE NON: 1.Non esquecer que todo o que escribimos en Internet, queda en algures e calquera futuro xefe/a podería miralo. Fotos cuestionables, posibles comentarios ofensivos, críticas ao noso actual ou antigo xefe/a, etc. poderían prexudicarnos. 2.Non debemos subir fotos pouco axeitadas, ensinando atributos físicos que poderían ir máis para unha web de citas, que para unha rede profesional, incluíndo Facebook. Pensade que moitos encargados de recursos humanos usan esta rede social

OUTROS PORTAIS WEB PARA BUSCAR EMPREGO: Infojobs : Un dos máis populares. Permite compartir ofertas de traballo cos teus amigos/as nas redes sociais e ofrece multitude de consellos útiles para crear e mellorar o teu curriculum vitae. http://www.infojobs.net/ Infoempleo: Permítenos localizar de forma fácil ofertas de emprego público, do sector privado, en prácticas, en España ou no estranxeiro. http://www.infoempleo.com/

para ter mellor coñecemento dos/as postulantes. 3.Non debemos referirnos a nós/nosoutras mesmos/as nos perfís de Linkedin, ou Facebook como “Desempregad@s” ou “En procura de emprego”. Debemos presentarnos por quen somos a nivel profesional, en termos que fagan referencia ao tipo de emprego que estamos a buscar. 4.Non hai que usar todos hashtags existentes para describirnos en Twitter. Hai que centrarse nos máis importantes, aqueles polos que queiramos que nos vexan as empresas nas que estamos interesados/as. 5.As redes sociais non son emisoras de radio, levan o nome “social” por unha razón, por iso non nos temos que esquecer de interactuar nelas con outros /as usuarios/as. 6.Non debemos usar unha conta para nunca actualizala. Levar ben ao día unha redes social vainos levar tempo, pero tampouco é necesario actualizalas todos os días. Cunhas poucas veces por semana é suficiente. É mellor ter perfís en dous ou tres sitios ben atendidos que estar en todas as redes sociais pero non actualizalas nunca.

Monster: Un dos buscadores máis eficaces para axudar na procura de traballo en España ou no estranxeiro. http://www.monster.es/ Laboris: Son intermediarios só rexistran a oferta xunto cun número de teléfono ou un email ao que enviar a candidatura. http://www.laboris.net/ Tecnoempleo: Portal enfocado ao sector da Informática e das Telecomunicacións. A maior bolsa de emprego especializada en Tecnoloxía: http://www.tecnoempleo.es/

No Concello de Narón non estamos sós/soas... No noso Concello teñen moi en conta as dificultades ás que nos enfrontamos durante a nosa vida laboral. É por isto que o Servizo Sociocomunitario(sito no 1º andar) do Concello de Narón conta con profesionais que nos poden asesorar en todo o relacionado coa procura de emprego, así como orientarnos á hora de facer un curriculum ou desenvolvernos nunha entrevista de traballo. Ademais ao longo do ano, en distintas convocatorias, o Concello de Narón oferta cursos gratuítos para desempregados/as. Se tedes calquera dúbida estes son os teléfonos do Concello a onde podedes chamar: Teléfono do Concello: 981 33 77 00 EXT 1107/1123

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


Os audiolibros na Biblioteca Municipal de Narón A Biblioteca Municipal de Narón conta cunha interesante colección de audiolibros para público adulto e xuvenil...gustades?

AUDIOLIBROS ADULTOS

NARRATIVA EN CASTELÁN: Cartas de amor y desamor / Espido Freire.

POESÍA: Federico García Lorca recitado por Rafael Alberti. Voces de la Poesía Española del Siglo XX.

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Como el río que fluye : Audiolibro: fragmentos seleccionados / Paulo Coelho. Seda / Alessandro Baricco.


NARRATIVA EN GALEGO:

Tales of mystery and imagination / Edgar Allan Poe.

O ano do xardineiro / Karel Capek.

Two lives / Helen Naylor.

Un bico de amor e vida / Xosé A. Neira Cruz.

What a lottery! / Colin Campbell.

A casa de Mango Street / Sandra Cisneros.

World Folktales / retold by Kathy Burke.

Montedidio / Erri de Luca. Skugga-Baldur / Sjon. O tradutor cleptómano / Dezso Kosztolányi.

LIBROS EN INGLÉS: Apollo’s gold / Antoinette Moses. Bad love / Sue Leather. The beast / Carolyn Walker. The big picture / Sue Leather. But was it murder? / Jania Barrell. Captain Corelli’s Mandolin / Louis de Bernières. Different worlds / Margaret Johnson. Dirty money / Sue Leather. The double bass mystery / Jeremy Harmer. Four weddings and a funeral / Richard Curtis.

AUDIOLIBROS XUVENIL NARRATIVA EN INGLÉS: The Birds / Daphne Du Maurier. The black cat and other stories / Edgar Allan Poe. Hamlet / William Shakespeare. The Island of Doctor Moreau / H.G. Wells. King Arthur and the knights of the round table / Retodl by Deborah Tempest. The last of the mohicans / James Fenimore Cooper. My family and other animals / Gerald Durrell. Sherlock Holmes : the Norwood Mystery / Sir Arthur Conan Doyle. Three short stories of Sherlock Holmes / Sir Arthur Conan Doyle.

The fruitcake special and other stories / Frank Brennan.

The time machine / H.G. Wells.

Heart of darkness / Joseph Conrad.

Treasure Island / Robert Louis Stevenson.

Help! / Philip Prowse. High life, low life / Alan Battersby. The house by the sea / Patricia Aspinall.

Twenty Thousand Leagues Under the Sea / Jules Verne. http://templates.openoffice

Inspector Logan / Richard MacAndrew. Just like a movie / Sue Leather. Let me out! / Antoinette Moses. Logan’s choice / Richard MacAndrew. A matter of chance / David A. Hill. The merchant of Venice / William Shakespeare. The penang file / Richard MacAndrew. A picture to remember / Sarah Scott-Malden. A puzzle for Logan / Richard MacAndrew. Staying together / Judith Wilson.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Que me recomendas? Os libros crean mundos e todas e todos temos dereito a soñar, descubrir, coñecer novos territorios e experiencias únicas da man da lectura. Nesta sección animámoste a que descubras a biblioteca pública do teu Concello. Estas son as novas recomendacións. STIEFVATER, Maggie. Las carreras de Escorpio. (Narrativa en castelán).

SHLIEPER, Birgit e STAHL, Nina. Ás veces quero morrer coa risa (narrativa en galego). Ás veces quero morrer coa risa conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro terminal. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entende por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter moza, o primeiro coche, ir a concertos…, en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Mais coñece a Helene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene.

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Tan só unha semana despois da publicación desta novela, a Warner Bros. adquiriu os seus dereitos cinematográficos, xa que foi número 1 da lista dos libros máis vendidos en EE.UU. Nas carreiras de Escorpio, algúns compiten para gañar. Outros para sobrevivir. Os xinetes tentan dominar os seus cabalos de auga no tempo suficiente para rematar a carreira. Algúns conségueno. O resto, more no intento. Sean Kendrick é o favorito, e precisa gañar a carreira para gañar, tamén, a súa liberdade. Pero Puck Connolly está disposta a ser a súa máis dura adversaria. Ela nunca quixo particiar nas carreiras. Pero non ten elección: ou compite e gaña ou… perde todo.”


BOYNE, John. Noah Barleywater escapa da casa. (Narrativa en galego). Un día, Noah escapa da casa. Aos seus oito anos cre que é o mellor que pode facer para fuxir dos seus problemas. Percorre un camiño descoñecido a través da fraga ata que se atopa cunha tenda. Nela vive un vello artesán, fabricante dos incribles xoguetes que enchen o comercio. O artesán ten unha historia que contar, unha historia chea de aventuras e prodixios. O ancián guiará a Noah nunca viaxe que lle cambiará a vida. E pode que tamén cha cambie a ti.

GALLEGO GARCÍA, Laura. El Libro de los Portales (narrativa en castelán). Los pintores de la Academia de los Portales son los únicos que saben cómo dibujar los extraordinarios portales de viaje que constituyen la red de comunicación y transporte más importante de Darusia. Sus rígidas normas y su exhaustiva formación garantizan una impecable profesionalidad y perfección técnica en todos sus trabajos. Cuando Tabit, estudiante del último año en la Academia, recibe el encargo de pintar un portal para un humilde campesino, no imagina que está a punto de verse involucrado en una trama de intrigas y secretos que podría sacudir los mismos cimientos de la institución.

Pradolongo (Película) HERFURTNER, Rudolf. Sin música, nada merece la pena (+CD). (Historia da música). Este libro ofrece un percorrido pola historia da música dende a mitoloxía grega ata o século XX. Combina en cada capítulo o texto puramente divulgativo co relato de historias e lendas relacionadas. Ademáis contén un CD coa selección de pezas musicais representativas de cada capítulo.

Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demáis, con festas, tardes no río…, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á louseira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


Máis emprestados verán 2013 (xuñoxullo-agosto)

1 2 3

Esta é a lista dos libros máis emprestados durante o pasado verán. Os dous primeiros postos están ocupados por dúas triloxías de novela erótica que non son novidade deste ano, senón que están na lista dos máis solicitados na nosa biblioteca xa dende 2012. O crecente interese por esta temática animounos a elaborar unha bibliografía de novelas eróticas, tanto en galego coma castelán, presentes na biblioteca. Outro título que segue na lista dos máis emprestados dende 2012 é “El grito de la tierra”, da alemana Sarah Lark, cuxas outras obras (“En el país de la nube blanca”, “La canción de los maoríes” ou “La isla de las mil fuentes”) son tamén moi solicitadas na nosa biblioteca e ocupan os primeiros postos nas reservas nos meses posteriores á súa publicación. En relación ao anterior podemos considerar “La verdad sobre el caso Harry Quebert” a entrada máis forte do verán, xa que o resto dos títulos estaban xa publicados anteriormente. Xeralmente as listas dos libros máis solicitados na nosa biblioteca están copadas por títulos de obras de narrativa. Un feito salientable é a entrada este verán de dous títulos de non-ficción. No posto número 6 está “Nadie es más que nadie”, ensaio que afonda na faceta persoal do seu autor, o político Miguel Ángel Revilla, presidente da comunidade autónoma de Cantabria. Séguelle “La enzima prodigiosa”, do cirurxán xaponés Hiromi Shinya, ensaio que se suma á moda dos libros sobre nutrición e que xerou bastante polémica polo método (ou ausencia del) científico empregado.

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

4 5 6 7 8 9 10

JAMES, E.L. Triloxía “Cincuenta sombras de Grey”

DAY, Sylvia Triloxía “Crossfire”

BROWN, Dan Inferno

FALCONES, Ildefonso La reina descalza

LÄCKBERG, Camilla Los vigilantes del faro

REVILLA, Miguel Ángel Nadie es más que nadie

SHINYA, Hiromi La enzima prodigiosa

DICKER, Joël La verdad sobre el caso Harry Quebert

GALLEGO GARCÍA, Laura El libro de los portales

LARK, Sarah El grito de la tierra


Facer valer os noso dereitos: As Oficinas de Atención ao Consumidor Cantas veces te sentiches enganado/a nun comercio? Nunha compañía telefónica? Soubeches onde acudir?

Na nosa bisbarra temos a Oficina de Atención ao Consumidor en Ferrol que presta servizo a todos os concellos veciños.

A Oficina de Atención ao Consumidor Horario: de 9.00h a 13.30h Podes consultar a súa web http://omic-ferrol.es/ Visita as oficinas: rúa da Igrexa s/n, Mercado da Magdalena, 15.402 Chamar ao teléfono: 981 944 150 Nestas oficinas traballan para ofrecernos unha serie de servizos orientados á defensa dos nosos dereitos: ofrécennos unha atención personalizada analizan o conflito que lles presentamos como consumidores/as elaboran campañas, xornadas e todo tipo de material informativo proporciónannos asesoramento sobre as leis e as normas de consumo A súa finalidade é informarnos sobre os nosos dereitos en materia de consumo en canto a bens (vivenda,

automóbiles, roupa, electromésticos...), subministros (gas, electricidade, auga, telefonía...) e servizos (axencias de viaxes, transportes, bares e restaurantes...). Ollo! Se o problema que temos está relacionado cos seguros ou banca, teremos que acudir a outros servizos de defensa do/a cidadán/á

Son eu un consumidor/a? Son consumidores/as ou usuarios/as, as persoas físicas ou xurídicas que adquiren, usan ou disfrutan como destinatarios/as finais de bens mobles ou inmobles, produtos, servizos, actividades ou funcións, sexan públicos ou privados, individuais ou colectivas. Os dereitos básicos dos/as consumidores/as: Dereito á proteción da súa saúde e seguridade. Dereito á proteción dos seus xuros económicos e sociais. Dereito a unha información correcta. Dereito á educación e formación. Dereito á representación, consulta e participación. Dereito á protección xurídica, administrativa e técnica en situacións de inferioridade, subordinación ou indefensión.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


Dereito á indemnización ou reparación de danos e perdas sufridos. Calquera persoa física ou xurídica que actúe nun ámbito alleo á actividade empresarial ou profesional poderá reclamar, sexa cal sexa a súa edade, sexo e nacionalidade, sempre que adquira bens ou servizos no noso estado. Que é unha denuncia? Unha denuncia é cando nós como consumidores/as poñemos en coñecemento da Administración de Consumo un feito que cremos que vulnera as normas. A Administración analiza a situación e adopta as medidas necesarias para garantir a transparencia do mercado. Que é unha reclamación? Cando entramos en conflito ou desacordo cunha empresa ou un/unha profesional que nos vendeu un produto ou nos deu un servizo, podemos pór de manifesto os feitos ante a Administración solicitando unha solución ao conflito e unha compensación. Neste caso temos que solicitar expresamente a intervención dos órganos arbitrais: Xunta Arbitral de Consumo.

As follas de Reclamación. Como recoñecer unha se nos cruzamos con ela! Hai varias vías de defender os nosos dereitos. As follas de reclamación son un xeito áxil de facerlle chegar ás administracións as denuncias por presuntas infraccións dos nosos dereitos e as reclamacións que queiramos someter a arbitraxe. Están todos os negocios a ter unha folla de reclamacións? Todas as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos que comercialicen bens ou presten servizos en Galicia, deben ter follas de reclamacións. Que fago se non ma queren entregar? Se nos atopamos con algún negocio ou profesional que non quere deixarnos cubrir a folla de reclamacións temos que chamar ao 092, ou á Garda Civil ou Policía Nacional se non houbera nesa localidade. Témoslles que pedir vaian ao establecemento e que levanten acta indicando a negativa a entregar folla. O/a axente deberá indicarnos o seu número identificativo para ir á OMIC e presentar a denuncia ou reclamación. Como son estas follas? As “follas de reclamacións” están compostas por un xogo de tres impresos, unidos, en papel de calco:

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O folio orixinal branco: Terémolo que entregar no Servizo Provincial de Consumo da provincia onde estea ubicado o negocio, podendo presentarse en calquera centro ou oficina da Administración da Xunta de Galicia O folio verde: Esta copia é para nós. O folio amarelo: Esta folla témola que deixar no establecemento reclamado. Tamén as podemos presentar nas Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC) ou nas Asociacións de Consumidores e Usuarios/as. Pódoas cubrir na miña casa? Ollo! Témolas que cubrir no establecemento onde acontezan os feitos. Temos que facer constar: Nome e apelidos. Domicilio. DNI ou pasaporte. descrición breve dos feitos que nos fan reclamar, de forma clara e suficiente, sin entrar en valoracións personais, indicando a data dos mesmos. Indicaremos tamén as pretensións da reclamación e se desexamos que sexa resolta a través do Sistema Arbitral de Consumo. Que documentación se xuntará coa folla de reclamacións? Teremos que acompañar a reclamación coas probas e fotocopias de documentos que consideremos necesarios para valorar os feitos. É fundamental a factura cando se trate dunha reclamación sobre o prezo. Canto tempo teño para presentala? Os prazos varían en función da relación de consumo respecto á que presentemos o conflito. Teremos que informar nalgún dos puntos que agora xa coñecedes.

Outras entidades onde informarnos Instituto Galego de Consumo: http://igc.xunta.es/ Instituto Nacional de Consumo: http://www.consumo-inc.gob.es/ Organización de Consumidores e Usuarios: http://www.ocu.org/


As tatuaxes e os piercings: consellos de saúde O “body art” é un conxunto de técnicas que se aplican sobre a pel ou que a atravesan, deixando unha pegada temporal ou permanente con fins estéticos e persoais de diferente tipo. Dende ben antigo, os homes e mulleres decoraron o seu corpo con estas técnicas. De feito, aínda podemos ver nalgunhas culturas como se fan pequenas incisións na cara, atravesando os lóbulos das orellas con queiros, ou como se fan buratos nos pezóns ou no beizo para colgar aros. Estas prácticas serven para identificar e diferenciar os grupos e clasificar dentro deles aos seus membros, polo rango ou pola función que realizan na comunidade. Na actualidade as tatuaxes, os piercings, a henna... están cada vez máis extendidas entre a poboación de todas as idades e sobre todo entre a mocidade. Tamén compren unha función social e cultural bas-

tante similar ás que cumprían noutras sociedades máis primitivas. En épocas pasadas as tatuaxes e os piercings usábanse para diferenciar aos membros de diferentes grupos e colectivos sociais. Neste últimos anos, a práctica da decoración corporal estendeuse entre toda a poboación, saíndo do eido restrinxido de certos grupos e convertíuse xa en algo máis ca unha moda temporal. As tatuaxes: son debuxos permanentes na pel feitos usando agullas pequenas que van inxectando pigmentos. Os piercings: consiste en perforar con agullas e outros instrumentos punzantes, a pel, mucosas e outros tecidos, para colocar na abertura obtida unha peza de xoiería ou outro obxecto decorativo.

A LEI As condicións que se deben cumprir para aplicar estas técnicas invasivas de tatuaxe e perforación cutánea quedan definidas no Decreto 286/2002. Este decreto establece tamén os procedementos para garantir a súa aplicación e diminuír o risco existente de adquirir enfermidades polo sangue (hepatite ou VIH, entre outras).

Antes.... Antes de facer unha tatuaxe terás que firmar un documento de consentimento que inclúe a práctica a realizar, os riscos sanitarios e complicacións, os coidados necesarios para a cicatrización, a reversibilidade da práctica, as indicacións e contraindicacións desta e as carcaterísticas dos produtos e materiais a implantar. Se tes menos de 16 anos ademais deste consentimento terás que aportar un certificado de madurez firmado polos teus pais /nais ou titores/as.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


OS RISCOS: HABELOS HAINOS... Temos que ser conscientes de que existen riscos que temos que asumir dende o coñecemento. Os piercings e as tatuaxes teñen en común que rachan a barreira de protección natural do noso corpo e isto pode facilitar a aparición de infeccións na zona.

PRECAUCIÓNS SOBRE OS ESTABLECEMENTOS Se decides facerte un piercing ou unha tatuaxe asegúrate de que estás en boas mans e de que seguen as normas de hixiene necesarias. Temos que comprobar e confirmar que o establecemento está autorizado polo Concello para o exercicio destas artes corporais. O/A profesional debe estar en posesión dunha certificación válida que o/a acredite para poder traballar nesta disciplina. Esixe que se cumpran os teus dereitos. Ser nov@ non equivale a non ter nin idea. Esixe recibir a información completa sobre o proceso de aplicación, os coidados necesarios a posteriori e as posibles complicacións: o establecemento está obrigado a facilitarche esta información. 1.O local ten que estar limpo e ventilado, ademais de contar cunha zona de lavado de mans, limpa e fácilmente accesible.

8.A tatuaxe deberá realizarse sobre pel sa (sen queimaduras, nin reaccións alérxicas, nin enfermidades crónicas da pel).

2.Piercing: a pel se debe limpar e desinfectar antes de perforar para reducir o risco de infección.

Os riscos das tatuaxes...

3.Para evitar alerxias, procura que a peza que te poñas sexa de aceiro inoxidable quirúrxico, ouro de 14 e 18 Kilates ou de titanio. Evita a plata de lei. 4.Para tatuaxes: agullas e tintas dun só uso. 5.Para perforar: mellor con agulla estéril dun só uso que cunha pistola de piercing. 6.Todos os instrumentos que se utilicen deben estar esterilizados e gardados en envases estériles ata o seu uso. 7.O/A profesional debe lavar ben as mans e poñerse guantes cirúrxicos dun só uso e que levará sempre postos. Non deberá tocar nada máis que o propio material e a zona do corpo onde traballa.

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

a dor: doe...especialmente nas zonas onde a pel está preto do óso. infeccións leves ou reaccións alérxicas na zona. algunhas persoas teñen tendencia á formación de cicatrices grosas, coñecidas como queloides, especialmente no peito, os ombreiros e as omoplatas. cando non se empregan as medidas necesarias e non se usa material estéril, pódense introducir bacterias e virus no sangue: hepatites B e C ou o VIH. o arrepentimento... pode pasar que o queiramos quitar, porque pasou de moda, abúrrenos, xa non estamos cómodos/as con el...


Eliminar tatuaxes Eliminar unha tatuaxe non é cousa fácil, pode ser posible, polo menos en parte pero é un proceso difícil, caro e en ocasións longa e dolorosa: láser, técnicas cirúrxicas...non sempre é posible eliminalos por completo, sobre todo en tatuaxes amplas.

A Henna Unha boa alternativa son os debuxos temporais con henna, un pigmento vexetal que colorea a pel durante un tempo. Non se inxectan tintas nin se perfora a pel, polo que non existe risco de transmisión de infeccións e non doe. Dura dúas semanas aproximadamente.

Os riscos dos piercings Non é unha técnica exenta de riscos... Hemorraxias Inflamación e infeccións bacterianas na zona Alerxias Cicatrices e deformidades permanentes no sitio do piercing Traumatismos e rachos, por rozamento ou presión, máis frecuentes na lingua, embigo, mamilas, beizos e xenitais.

existe a posibilidade de infección polos virus da hepatite B, C ou do VIH, se non se respectan as precaucións e normas hixiénicas necesarias.

Piercings na boca Os piercings na boca poden ter consecuencias engadidas tales como lesións nas enxivas, produción excesiva de saliva ou ben fendas, fisuras, achas e outros danos nos dentes. Ademais a lingua pode perder sensibilidade e o sentido do gusto e a dificultade para falar se se lesiona algún nervio.

E despois... O/A profesional debe proporcionar información por escrito ao cliente sobre os coidados e as normas de desinfección que se deben seguir despois de facerse unha tatuaxe ou o piercing.

USA A CABEZA... Pensa sempre que tí tes a última opinión do que queres facer co teu corpo, e non por ter máis tatuaxes ou piercing vas ser mellor,pensa que as modas son pasaxeiras e que o que realmente prevalece no tempo e é importante é a túa personalidade, e que eres un ser libre que podes decidir por ti mesmo/a e non polo que a outra xente faga ou leve..

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


Sabías que...? 2

1 3

1. ...Na biblioteca municipal do Alto está a levarse a cabo o Programa de Acción Socioeducativas “Bibloespazo” no que teñen cabidas exposicións, audiccións musicais e animacións á lectura todos os días, de balde...?

2. ...No mes de outubro podes achegarte á oficina de información xuvenil do concello para apuntarte á escola de música moderna que oferta clases de guitarra, batería e baixo así como aulas de ensaio para grupos de música xove...?

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

3. ...Se eres posuidor/a do carné xove podes beneficiarte de importantes descontos nas actividades e escolas municipais do Padroado da Cultura...?


4

5

6

4. ...Na páxina web www. turgalicia.es podes informarte de todos os recursos turísticos cos que conta a nosa comunidade e recabar información de aloxamentos, lugares interesantes para coñecer, e organizar a túa viaxe cos /cas teus/ túas amigos/as?

5. ...A páxina web de mocidade do concello: www.dameuntoke.es conta cun buzón de suxestións onde podes deixar os teus comentarios e propostas…?

6. ...Dameuntoke conta cun perfil en Twitter. Faite seguidor/a e infórmate de primeira man das novas que van xurdindo...

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 27


www.dameuntoke.es

Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 h a 13:00 h na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.