As competencias profesionais que demanda o sistema produtivo

Page 1

AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS QUE DEMANDA O SISTEMA PRODUTIVO

Carsten R. Moser Patrón da Fundación Bertelsmann Presidente da Cámara de Comercio Alemá para España


DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO INTERNACIONAL DESDE 1990 ATA HOXE •

A globalización como proceso que cambiou radicalmente as nosas vidas pola forma que nos relacionamos, como consecuencia de: 1. A revolución tecnolóxica e de comunicación. 2. A incorporación de 3.000 millóns de novos consumidores ao mercado. 3. O aumento do comercio mundial de tres billóns de dólares en 1990 a doce billóns en 2010.

4. Unha diminución da fame e do analfabetismo, así como un aumento da esperanza de vida importantes.


DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO INTERNACIONAL DESDE 1990 ATA HOXE (II) •

Pero non todo foron boas noticias. 1. Más de 1.000 millóns de persoas sobreviven con menos dun euro ao día e máis de dez millóns de nenos non chegan a celebrar o seu quinto aniversario. 2. Nunca houbo tanta desigualdade entre ricos e pobres. 3. O branqueo de diñeiro chegou en 2005 a un billón de euros, dez veces máis ca en 1990.

4. O volume total do negocio de narcotráfico pasou de 330.000 millóns euros en 1990 a 660.000 millóns de euros en 2005.


DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DE ESPAÑA DESDE 1990 ATA HOXE •

Entre 1990 e 2007, fase de crecemento máis longa da súa historia económica: 1. Un aumento anual do PIB do 3,2% de media real, ata chegar a un PIB per capita de 24.000 euros.

2. Un salto no nivel de ocupados de oito a vinte millóns, para baixar nos anos da crise a dezaoito millóns. 3. Unha inmigración importante, ata alcanzar máis do 10% da poboación total española.

4. Un Estado de benestar ben desenvolvido (gastos de sanidade, educación, desemprego, dependencia e pensións 2009: aproximadamente 250.000 millóns euros, é dicir, unha cuarta parte do PIB).


DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DE ESPAÑA DESDE 1990 ATA HOXE (II) •

Pero tampouco todo eran boas noticias. 1. A burbulla inmobiliaria produciu un exceso de vivendas de aproximadamente un millón de unidades.

2. Desorbitado aumento dos prezos inmobiliarios que, desde a crise, están en proceso de axuste de ata un 50%. 3. Alto endebedamento de bancos, empresas e fogares: 3,3 billóns de euros (330% do PIB).

4. Déficit na competitividade internacional de produtos e servizos, entre outras razóns por insuficientes investimentos en educación/formación e I+D+i.


PREVISIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS ATA 2050 (FONTE: PRICEWATERHOUSECOOPERS) Clasificación dos países con maior PIB 2009 (.000 millóns de dólares) 1. Os EUA 2. A China 3. O Xapón 4. A India 5. Alemaña* 6. Rusia 7. O Reino Unido* 8. Francia* 9. O Brasil 10. Italia*

14.256 8.888 4.138 3.752 2.984 2.687 2.257 2.172 2.020 1.922

11. México 12. España* 13. Corea do Sur 14. Canadá 15. Turquía 16. Indonesia 17. Australia 18. Arabia Saudí 19. A Arxentina 20. África do Sur

*Os cinco países europeos xuntos: 10.831 (2. Posto na clasificación)

1.540 1.496 1.324 1.280 1.040 967 858 595 586 508


PREVISIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS ATA 2050 (II) •

Clasificación dos países con maior PIB 2050 (.000 millóns de dólares, a prezos constantes )

1. A China 2. A India 3. Os EUA 4. O Brasil 5. O Xapón 6. Rusia 7. México 8. Indonesia 9. Alemaña* 10. O Reino Unido*

59.475 43.180 37.876 9.762 7.664 7.559 6.682 6.205 5.707 5.628

11. Francia* 12. Turquía 13. Nixeria 14. O Vietnam 15. Italia* 16. Canadá 17. Corea do Sur 18. España* 19. Arabia Saudita 20. A Arxentina

*Os cinco países europeos xuntos: 23.672 (4. Posto na clasificación)

5.344 5.298 4.530 3.939 3.798 3.322 3.258 3.195 3.039 2.549


2. PREVISIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS ATA 2050 (III) •

As previsións para España baséanse en: - un crecemento medio real do PIB: 1,9% - un crecemento medio da poboación: 0,1% - un crecemento medio real do PIB per capita: 1,8%

As previsións para outros países - Alemaña: - O Reino Unido: - Francia: - Italia: - Os EUA: - O Brasil: - México: - A China: - A India:

1,3%; 2,3%; 1,7%; 1,4%; 2,4%; 4,4%; 4,7%; 5,9%; 8,1%;

-0,3%; 0,3%; 0,2%; -0,2%; 0,6%; 0,6%; 0,6%; 0,1%; 0,8%;

2,0% 2,0% 2,0% 1,9% 1,8% 3,3% 3,2% 4,6% 5,3%


AS MIÑAS CONCLUSIÓNS DO ESTUDO

Para España 1.

No contexto europeo, a primeira vista non hai razóns para ser extraordinariamente pesimistas –o noso crecemento real anual é, cun 1,9%, o segundo máis alto, detrás do Reino Unido, pero por diante de Francia, Alemaña e Italia.

2. No contexto internacional, vendo o crecemento previsto, por exemplo, para O Brasil ou México, temos que espelirnos se queremos que o noso sistema produtivo sexa pasado mañá máis competitivo ca hoxe.


AS MIÑAS CONCLUSIÓNS DO ESTUDO (II)

Para Europa: a UE ten que decidir hoxe o papel que quere xogar no futuro: 1. Ou cada país segue mirando para o seu embigo. Consecuencia: baixaremos á segunda ou á terceira división nun mundo sempre máis globalizado.

2. Ou avanzamos cara a unha UE que mereza ese nome, con cesión de poderes a un goberno central forte e controlado polo Parlamento Europeo. Consecuencia: a UE poderá seguir xogando na primeira división.


AS MIÑAS CONCLUSIÓNS DO ESTUDO (III)

Para o mundo

1. As previsións optimistas para o crecemento económico ata o ano 2050, en especial para os países BRIC e de Asia, teñen como consecuencia unhas excelentes perspectivas para os produtos de valor engadido que as economías emerxentes demandarán sempre máis e que poderá seguir ofertando a UE se fai ben os seus deberes para recuperar a súa competitividade. 2. Pero, atención, neste escenario téñense que cumprir algunhas premisas importantes: que non haxa conflitos bélicos, que ao comercio internacional non se lle poñan máis trabas (por exemplo, facendo fracasar a Rolda de Doha), que o goberno global a través do G8, G20, Banco Mundial ou FMI sexa máis eficaz ca no pasado, etc.


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO •

O marco político europeo, que garanta na zona euro: 1. A coordinación de orzamentos con medidas de castigo para países que non cumpran coas súas metas de déficit público. 2. Reformas fiscais (con harmonización de impostos no eido europeo ) e económicas (con harmonización das lexislacións financeira, laboral, enerxética, de mercado único, así como en todo o que se refire ao estado de benestar).

3. Un goberno europeo, xa sexa a través da Comisión Europea, un presidente económico e fiscal, un ministerio do Tesouro ou un comité executivo, con poderes suficientes para solucionar problemas a curto prazo. 4. Unha política para xerar emprego (impulso aos investimentos produtivos) e tranquilizar os mercados (introdución de eurobonos, una vez que o problema da débeda pública estea baixo control).


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO(II) 

O marco regulatorio de cada país, que debe asegurar: 1. O cumprimento da Declaración universal dos dereitos humanos, así como da constitución e das leis de cada país. 2. A boa convivencia entre a cidadanía baseada en valores como respecto, tolerancia, solidariedade etc. 3. Unha calidade de vida adecuada en relación co estado de benestar, o medio, a seguridade etc. 4. Unha xustiza eficaz e transparente que garanta os dereitos, pero tamén os deberes de todo cidadán.


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO(III)

O marco institucional económico, que debe asegurar: I. A libre competencia, obrigando as empresas a preocuparse por:  A súa produtividade: capacidade de producir de maneira eficiente en custos e sustentabilidade.  A súa creatividade: capacidade de diferenciación de produtos e servizos por deseño, calidade e marca.  A súa innovación no proceso de vender produtos e servizos en mercados nacionais e internacionais (márketing, distribución, servizos posvenda).  A súa posibilidade de financiamento adecuado.


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO(IV) II. A aposta por produtos e servizos con valor engadido, como consecuencia dunha política que, coma a alemá, 

dá prioridade á I+D nos orzamentos. Meta da UE: 3,0% do PIB (Alemaña, 2,8%; España, 1,4%, con tendencia decrecente). apoia con diñeiro público as universidades, centros de investigación e empresas que aposten pola excelencia. promove a cooperación entre o mundo universitario e empresarial en I+D. premia as grandes, medianas e, en especial, as pequenas empresas que crean patentes e procesos innovadores, por exemplo, con beneficios fiscais.


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO(V) III. A aposta pola internacionalización –

Reto dos empresarios: dar o salto non só a Europa e a América, senón tamén aos países BRIC e asiáticos, polo seu potencial de crecemento e, consecuentemente, a súa demanda por produtos e servizos de alto valor engadido. Reto da Administración: apoiar desde todas as instancias do Estado, por exemplo, a marca España ou proxectos concretos como o AVE que unirá A Meca con Medina, con case 7.000 millóns de euros, o maior contrato internacional xamais asinado por España no estranxeiro. Reto da UE: fomentar as cooperacións entre empresas de diferentes países, por exemplo a través de acordos entre centros produtivos que non poden satisfacer a súa demanda exterior por falta de capacidade de produción con outros que si teñen capacidades de produción libres.


FACTORES QUE DEFINEN A COMPETITIVIDADE DO SISTEMA PRODUTIVO(VI) IV. A aposta polas competencias profesionais. A calidade do noso capital humano no mundo empresarial est谩 directamente relacionado con:

1. O ensino primario 2. O ensino secundario 3. A universidade 4. A formaci贸n profesional 5. A formaci贸n continua 6. O emprendemento


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS

1. O ensino primario: é imprescindible asentar en idades temperás: - Valores tradicionais como a excelencia, o esforzo, o respecto, a xustiza, a transparencia, a humildade, a integridade, o diálogo, o traballo en equipo, a solidariedade, etc. - A noción de que a vida é un cúmulo de oportunidades, que sen algún que outro fracaso o éxito moitas veces non chega e que hai que perderlle o medo ao risco. - Que a tolerancia ao diferente é máis importante ca nunca nun mundo sempre máis globalizado. - Unha visión positiva dos actores principais tanto da democracia como da economía social de mercado.


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS (II)

2.

O ensino secundario: é enormemente importante promover nestas idades as virtudes de: - A sociedade do Coñecemento, da revolución tecnolóxica e das novas plataformas da comunicación. - Os procesos de traballo en equipo, con proxectos interdependentes e multidisciplinarios. - As ciencias. As letras son indubidablemente indispensables para a nosa democracia, cultura e sociedade en xeral, pero sen unha aposta decidida pola ciencia (enxeñeiros, químicos, físicos, informáticos etc.) non seremos capaces de xestionar o noso futuro económico. - A internacionalización: para iso é preciso aprender idiomas, saír ao estranxeiro, abrirse a novas culturas, etc.


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS (III)

3. A universidade. Poucos centros de estudos superiores europeos xogan hoxe

en día un papel relevante no mundo do coñecemento. As razóns son: - Un exceso de novas universidades que non chegan aos niveis de calidade requiridos internacionalmente. Solución: cerramento dalgunhas delas, aínda que sexa un proceso doloroso. - Aínda se pode facer máis en relación co intercambio de alumnado (aínda que Erasmus sexa un grande éxito), de profesorado e de desenvolvemento de proxectos comúns. Solución: máis diñeiro para estes mesteres. - Pouca vontade de especialización por parte das universidades, por querer seguir sendo centros cunha oferta universal. Solución: excelencia en poucas carreiras como meta. - Insuficiente cooperación entre a universidade e a empresa. Solución: que ambas as partes recoñezan as vantaxes que ofrece un contacto máis directo e se acheguen sen complexos.


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS (IV) 4. A formación profesional: o “patiño feo” de España, como o demostra:

- Que só o 30% da mocidade se decide por FP, por razóns históricas comprensibles, fronte ao 70% que o fai en Alemaña. - Que o sistema español se basea en moita teoría (70%) e poucas prácticas en empresas (30%), mentres que no sistema dual alemán é xusto ao revés. - Que moitos que terminan FP en España non encontran traballo, mentres que, por exemplo, en Alemaña as empresas que formaron a mocidade (pagándolle un salario) son as primeiras interesadas en amortizar a “formación” e o “investimento”, polo que, polo xeral, lles ofrecen pasar ao cadro de persoal como fixa. - A percepción de que unha carreira universitaria ofrece un maior prestixio social. Autoridades, empresarios, sindicatos e medios de comunicación teñen que cooperar para que isto cambie, tendo en conta que a achega de mocidade con FP ao futuro desenvolvemento da economía é tan importante como a de calquera outro graduado.


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS (V)

5. A formación continua: nun mundo no cal os avances tecnolóxicos van a

velocidade de vertixe, o profesional que crea que co seu título universitario ou de FP terminou a súa formación non terá futuro. É necesario unha ampliación da oferta de formación continua. - Desde as universidades que si aproveitan este campo de actuación poderían poñer en mellor uso as súas instalacións, por exemplo, nos meses de vacacións. - Desde as asociacións empresariais. Podería ser unha nova fonte de actividades e ingresos para as cámaras de comercio, en necesidade dunha redefinición da súa razón de ser (a Cámara de Comercio Alemá para España ofrece máis de 50 eventos ao ano de formación e información nos seus ciclos de recursos humanos, controlling, comunicación, innovación, novidades xurídicas e responsabilidade corporativa, con grande aceptación por parte dos seus socios). - Desde as empresas, con cursos de formación específicos.


AS COMPETENCIAS PROFESIONAIS (VI)

6.

O emprendemento: en Dinamarca hai, segundo César Molina, catro veces máis emprendedores por cada mil habitantes ca en España. É urxente o desenvolvemento dunha cultura emprendedora:

- Que combata desde o sistema educativo a tendencia da mocidade a favor do funcionariado e en contra do emprendemento. - Que cree unha rede de fondos públicos e organizacións tutelares ás que puidesen acudir mozos entre 18 e 30 anos que tivesen unha idea potencialmente innovadora. - Que potencie o desenvolvemento dunha industria de capital emprendedor (venture capital), peza clave para unha sociedade que aposta pola innovación. - Na cal a mocidade poida identificarse con exemplos de emprendedores que demostrasen que, cunha ética profesional modélica, se pode chegar a ter éxito.


CONCLUSIÓNS

1. En España, hai máis de 5 millóns de parados. 2. O paro xuvenil está rozando o 50%. 3. Se España quere saír da crise, necesita seguir pola senda de reformas económicas (e que Alemaña puxo en práctica hai unha década, con moitísima oposición no seu momento, por certo, pero tamén co resultado de que agora o seu tecido produtivo é enormemente competitivo no contexto internacional). 4. Só unha Europa unida (polo menos na zona euro) ten, na miña opinión, posibilidades de seguir xogando na primeira liga económica mundial. Cada país, pola súa conta, está avogado a baixar á segunda ou á terceira división. 5. Para que a UE sexa competitiva no futuro, necesita apostar por produtos e servizos cun alto valor engadido.


CONCLUSIÓNS (II)

6. Iso significa: - Unha aposta por I+D+i moito máis decidida ca ata hoxe. - Unha clara orientación do sistema produtivo cara á nternacionalización. - Unha reforma do sistema educativo primario e secundario que se adecúe aos novos tempos. - Un desenvolvemento da universidade cara a centros de excelencia. - Un cambio da valoración da FP e aposta polo sistema dual alemán. - Unha oferta de formación continua que lle permita ao capital humano adaptarse continuamente aos enormes avances tecnolóxicos por vir. - Un fomento do emprendemento.


CONCLUSIÓNS (III)

7. De todo o anterior dedúcese que os gobernantes deben darlle prioridade nos seus orzamentos á I+D+i, á internacionalización da economía e aos investimentos educativos. Que en tempos de crise isto é máis difícil ca nunca? Sen dúbida. Pero España non ten desde o meu punto de vista outra saída da crise actual ca esta. 8.

Será máis fácil esta saída: - Cun liderado político forte, capaz de tomar decisións e explicar ben os seus actos. - Cunha cidadanía responsable que aparque os medos que xera todo cambio e que sexa consciente de que as futuras xeracións necesitan dun esforzo reformista por parte nosa agora para non cargalos cunha débeda excesiva que lastre a súa capacidade de desenvolvemento.


CONCLUSIÓNS (IV) 9. Como lograr cidadáns responsables? Apostando por: - Un sistema político eficaz, transparente e crible que poña en práctica solucións a longo prazo. - Empresarios e sindicatos dialogantes e dispostos a asumir compromisos que lles permitan ás empresas adaptarse ás realidades cambiantes. - Medios de comunicación que sirvan tanto de plataforma para a crítica construtiva como de instrumento para o coñecemento e a discusión dos problemas e das súas posibles solucións. - Unha sociedade civil máis disposta a asumir responsabilidades, máis organizada, máis articulada e, polo tanto, con vontade de xogar un papel protagonista nos procesos de decisión. e 10

.


Moitas grazas pola s煤a atenci贸n!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.