Revista Dameuntoke número 4

Page 1

REVISTA NÚMERO 4 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Recursos de orientación laboral no Concello de Narón A ritmo de samba con Sandra García En marcha o rexistro de bicicletas Que é o software libre? Lugares con encanto II Sabías que…?


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. CEM. Sociedade cooperativa Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero

Promove:

Concello de Narón Concellería de Mocidade

Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2011 Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

Revista subvencionada pola

Foto de portada:

Manuel Rivera


Sumario 04 Recursos de orientacion laboral no Concello de Naron No Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón funciona o programa de orientación laboral coa finalidade de informarte e situarte no mercado laboral.

08 A ritmo de samba con Sandra Garcia

Mozos e mozas acoden a recibir unha boa dose de ensaios e calmar a febre que senten polos bailes de salón no Pazo da Cultura do Concello de Narón.

12 En marcha o rexistro de bicicletas Unha iniciativa para impedir o extravío das bicicletas, dificultar o seu roubo e pór en marcha, no seu caso, mecanismos de detección e identificación que permitan a súa recuperación.

16 Que e o software libre? O software libre é a denominación do software que respecta a liberdade dos usuarios sobre o seu produto adquirido, e polo tanto, unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudado, cambiado ou redistribuído libremente.

19 Lugares con encanto II O río Xuvia está gardado por un fermoso bosque de ribeira formando un estreito corredor verde que se estende ao longo do seu leito.

24 Sab as que...? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…


Recursos de orientacion la no concello de Naron

No Servizo Sociocomunitario do Concello de Naron funciona o programa de orientacion laboral coa finalidade de informarte e situarte no mercado laboral.

rte a traballar?, Cando pensas poñe a vez? Cos novos gunh pensaches niso al tán a producir no es se e qu e cambios os que estar alerta m mundo laboral te e fago da miña vida?, Qu pensar no futuro. éo traballando?, isto o ou o nd r sigo estuda be s aclarar para sa primeiro que debe turo. que queres nun fu

NO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO DO CONCELLO DE NARÓN poderás recibir información sobre as actuacións do Servizo Público de Emprego e outros dispositivos da comarca onde poder recibir información sobre a formación que necesitas e onde atopar un emprego. Por exemplo, entre outras cousas coñecerás: • A programación de accións formativas para persoas desempregadas que desenvolve o Servizo Público de Emprego, e na que podes atopar cursos.

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

• As accións formativas que desde o Concello de Narón realizamos para distintos tipos de usuarios, como aquelas persoas que non teñen ningún tipo de formación e necesitan uns mínimos para incorporarse ao mercado laboral, aquelas outras que xa teñen unha base e necesitan aprender un oficio ou perfeccionarse no que ten, ou para as persoas que xa están traballando e necesitan dunha especialización concreta.


aboral

• As bolsas de emprego da comarca, os buscadores de emprego, e outros servizos de información e orientación aos que podes acudir para recoller información. Tamén che diremos cal é a situación do mercado laboral da comarca, que requisitos piden as empresas e información que che pode axudar a atopar ese primeiro emprego. Nesta liña asesorarémoste sobre os sectores que están en auxe, as profesións máis demandadas, o perfil dos postos de traballo e a formación asociada para acadalo, etc.

Ademais, axudarémosche coa confección do teu currículo, a carta de presentación, a busca de información en internet, a entrevista de traballo e outras ferramentas que se usan no proceso de busca de emprego como por exemplo o Decálogo de busca de emprego, que é un tríptico que temos editado e no que te informamos de forma sinxela sobre os dez pasos básicos que tes que seguir para atopar un traballo. E a parte máis importante, asesorámoste e orientámoste para que poidas aclarar as túas ideas sobre cales son as mellores opcións que tes neste momento, e poidas tomar as decisións adecuadas de cara ao futuro.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


decAlogo de busca de emprego 1. Coñecerte a ti mesmo 2. Decidir de que queres traballar 3. Seleccionar e coñecer as fontes de información da zona onde queres traballar 4. Utilizar a túa rede de contactos persoais 5. Estudar as ofertas de emprego nas que estás interesado/a 6. Preparar a entrevista de traballo 7. Reflexionar sobre como foi a entrevista 8. Analizar e reformular a túa estratexia de busca de emprego 9. Non esquecer a opción do autoemprego 10. E finalmente, organizarte e levar unha axenda dos teus pasos na busca de emprego.

Ten en conta que a orientación é un proceso para preparar as persoas para que se incorporen e permanezan no mundo laboral, e axúdavos a trazar o camiño que queredes seguir na vida para ter un traballo satisfactorio, a través da correcta decisión que dea lugar a unha adecuada inserción profesional, e ao mesmo tempo contribúe a que cada un alcance na medida do posible a súa realización como persoa. O proceso é sinxelo, solicita unha entrevista de orientación laboral no rexistro do concello e os/as orientadores/as poñeranse en contacto contigo para dicirche o día que te atenderán.Nesa entrevista, analizarán o teu perfil profesional e formativo para coñecer mellor as posibilidades que tes de atopar un emprego ou formarte, e proporanche a realización dun itinerario persoal de inserción para seguir mellor o teu progreso cara ao emprego.Neste itinerario persoal de inserción traballaremos coas túas aptitudes e capacidades, e indicarémosche os pasos que tes que seguir para axustar os teus intereses e vocación coa situación do mercado laboral.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Podes contactar cos/as orientadores/as no: Servizo Sociocomunitario municipal Praza de Galicia, 1 15570-Narón A Coruña

Teléfono de contacto: 981 33 77 00 Ext. 1107 e 1106 Orientación Laboral Ext. 1123 Técnica de emprego Ext. 1103 Información Xuvenil

Nalgúns casos fanse accións colectivas, dirixidas á adquisición de capacidades básicas necesarias para enfrontarse á procura de emprego, como poden ser técnicas de busca de emprego, desenvolvemento de aspectos persoais para a ocupación, obradoiro de autoemprego, etc. Por último, cando un empresario ou empresaria necesita contratar a alguén, pode pórse en contacto con nós para que o axudemos na definición do posto de traballo ofertado e o perfil profesional necesario para cubrir esa oferta. A continuación introducimos eses datos na rede informática do Servizo Público de Emprego e comunicamos a preselección dos/as candidatos/as que máis se adecúen de acordo cos criterios especificados. Por isto, é moi importante que os teus datos persoais estean actualizados e correctamente introducidos no Servizo Público de Emprego, se non, podes estar perdendo oportunidades de emprego. Na entrevista de orientación tamén revisamos esta cuestión.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


A ritmo de samba con Sandra Garcia Mozos e mozas acoden a recibir unha boa dose de ensaios e calmar a febre que senten polos bailes de salon no Pazo da Cultura do Concello de Naron Fotos: María Vieira “Mavi”

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Na última visita que realizamos ao Pazo da Cultura notamos unha sensación extrana, uns ritmos bailongos leváronnos a coñecer a Sandra García, xunto con Román Romero, a profesora encargada de ensinar diferentes bailes tanto a nivel social como de competición.

Boas tardes Sandra, explícanos como te adentraches no mundo do baile?

Con 4 anos asistín a miña primeira clase de baile tradicional, onde continuei ata fai catro anos, formando parte das escolas de Baile Tradicional do Padroado da Cultura e do Grupo Alxibeira, do que hoxe son a directora. Grazas ao baile tradicional collín o gusto pola danza e xa de moza, cando empezaban os bailes de salón en Galicia, adentreime xunto coa miña parella neste sorprendente mundo. Comezamos nas escolas do Padroado por coñecer un pouco esta modalidade de baile e enganchounos de tal maneira que continuamos a nosa formación competindo por toda Europa e recibindo clases con diferentes adestradores.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


Perfil do Entrevistado Vive: Narón Profesión: Profesora de Baile de Salón e Baile Tradicional Indica nunha palabra que che transmite 1. Concerto - Placer 2. Libro - Relax 3. Deporte – Benestar 4. Responsabilidade - Necesidade 5. Traballo - Satisfacción 6. Narón - Progreso

Na túa traxectoria tiveches múltiples recoñecementos, cómo te sentes actualmente na Escola de Baile do Concello de Narón?

A verdade é que me sinto unha privilexiada por traballar no que máis me gusta e formar parte desta aposta na que o baile está ao alcance de todo o mundo.

Que tipo de clases podemos atopar?

Temos dous tipos de clases de baile, unhas chamadas de Social, para toda a xente que queira iniciarse no baile, e outras de Competición. Todas elas divididas por grupos de idede e de nivel.

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


Polo que escoitamos participa moita xente nova nestas actividades. É certo?

Contamos cun número elevado de xente bailando na escola, de aí que sexamos a escola máis numerosa de toda Galicia e a cuarta de España. Aínda que é certo que contamos cun porcentaxe moi alto de xente nova.

Cal é a experiencia máis gratificante e a máis graciosa que viviches nesta Escola?

Non podería escoller unha soa das experiencias gratificantes xa que son unha infinidades delas as que xorden no día a día. Pero en xeral quedaríame coa ilusión, a motivación e ganas de aprender coas que chegan os alumnos e alumnas ás clases, e por suposto coa gran amizade que hai entre eles, somos unha gran familia.

Onde obteno mais informacion? Se desexas inscribirte nalguna das actividades da Escola de Baile do Concello de Narón non tes máis que contactar co: Padroado de Cultura no Pazo da Cultura, rúa Holanda s/n ou no teléfono 981391144 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


En marcha o rexistro de bicicletas de Naron O Concello de Naron pon en marcha o rexistro de bicicletas unha iniciativa para evitar o seu extravio. Fotos: Manuel Rivera

12 Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n


Nos últimos meses vemos que o Concello de Narón está a pór en marcha iniciativas para potenciar o transporte en bicicleta. Narón en bici, xa conta con varias rutas xeolocalizadas para percorrer a ribeira do río Xuvia, o camiño de Santo André de Teixido ao seu paso por Narón, os camiños milenarios do Val, etc. Estas iniciativas van acompañadas dun sistema de rexistro de bicicletas para evitar o seu extravío ben sexa por algunha imprudencia nosa ou por roubo.

1. Ummm perdín a miña bicicleta que fago…

O rexistro de bicibletas de Narón busca dar unha resposta axeitada a este problema. Trátase dunha base de datos de propietarios e propietarias de bicicletas creada para dar resposta aos problemas de seguridade. Con esta iniciativa preténdese impedir o extravío das bicicletas, dificultar o seu roubo e pór en marcha, se é o caso, mecanismos de detección e identificación que permitan a súa recuperación. O proceso consiste en enmarcar legalmente a propiedade das bicicletas a partir da inclusión dos datos do propietario e dos datos identificativos da bicibleta nun sistema informático de rexistro. Esta base de datos está en conexión coa Policia Local de Narón para poder comprobar en todo momento titulares e posibles identificacións de bicibletas.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


2. Cantos ciclistas somos en Narón?

Pois seguramente moitos máis dos que pensamos. Un bo exemplo do número de persoas que apostamos por un transporte saudable e ecolóxico foi a organización da III Edición do Día da Bicicleta, iniciativa impulsada por “La Voz de Galicia” en colaboración co Concello de Narón e o Padroado de Deportes onde nos xuntamos máis de 2000 ciclistas para percorrer as principais rúas de Narón. Neste sentido, rexistrar as nosas bicicletas axudará a que os organismos públicos aposten decididamente por este tipo de transporte e que se poidan levar a cabo actuacións enfocadas a mellorar o tránsito en relación coa mobilidade segura.

3. E como podo rexistrar a miña bicicleta?

Moi fácil. Para rexistrar as bicicletas temos que ser maiores de 14 anos e residentes en Narón. Os menores de 18 anos debemos traer asinado o formulario de rexistro polos nosos representantes legais. Para rexistrar as nosas bicicletas temos que cubrir un único formulario con dous apartados: • O apartado de rexistro da propiedade. É dicir un documento onde se acredite quen é o verdadeiro propietario. • O apartado de rexistro da bicicleta. É dicir cubrir outro documento onde se indique o número de bastidor, normalmente situado na parte inferior da caixa do pedalier.

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


O proceso de rexistro podes facelo telematicamente a través da páxina web da Policía local de Narón (http://policia.naron.es) ou dirixíndote á oficina de Educación Viaria na planta baixa do Concello de Narón, situado na praza de Galicia, número 1. 4. E teño a posibilidade Para este verán estará a disposición dos naroneses e naronesas o servizo de de alugar unha bicicleta? alugueiro de bicibletas. Esta iniciativa impulsada por Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, contará con 72 bicicletas repartidas en múltiples puntos para recoller e devolver as bicibletas, así como cun centro de control para o seu mantemento e reparación.

Animádevos a participar nestas iniciativas, por unha vida máis saudable sen malos fumes!!

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


Que é o software libre? Actualmente existen moitos programas que utilizan licenzas de software libre.

O software libre é a denominación do software que respecta a liberdade dos usuarios sobre o seu produto adquirido, e polo tanto, unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudado, cambiado ou redistribuído libremente. O SOFTWARE LIBRE (do inglés Free Software, oposto ao “Software Privativo”, Privative Software) refírese no seu aspecto máis xeral a aqueles programas de ordenador nos que o usuario goza das seguintes liberdades: 1. Liberdade para usar o programa, independentemente do propósito e a persoa. 2. Liberdade para estudar como funciona e modificar o programa, de xeito que o poidas adaptar ás túas necesidades. 3. Liberdade para redistribuílo, de xeito que poidas axudar aos teus amigos. 4. Liberdade para melloralo e facer públicas as melloras, de xeito que toda a comunidade se beneficie. Estas liberdades concrétanse en licenzas de uso, que o usuario acepta cando usa o programa (de xeito análogo ás “licenzas de usuario final” do Software Privativo). Existen moitas licenzas, pero a mais usada e coñecida posiblemente sexa a GNU GPL.

Copyleft

As licenzas do Software Libre, normalmente, incorporan un termo chamado copyleft. O Copyleft significa

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


a inversión do copyright: o uso por parte do autor dos seus dereitos para liberar a obra (programa, texto, fotografía ou o que sexa) baixo os termos da licenza, e a esixencia de que calquera modificación ou traballo derivado da mesma utilice tamén esa licenza. Deste xeito, o copyleft garante que ninguén poida -legalmente alomenos -- apropiarse dunha obra liberada. O copyleft tamén garante que as obras derivadas usarán esa mesma licenza, e dese xeito contribúe a que a filosofía da Cultura Libre se estenda.

Cultura Libre

Entendemos como Cultura Libre como a extensión do modelo do Software Libre ao resto da creación, tanto artística como científica ou técnica, e a repercusión que isto ten na riqueza que é o coñecemento compartido. O Software Libre comparte características moi destacadas co método científico, nomeadamente aquelas

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


O noso dia a dia e o software libre Actualmente existen moitos programas que utilizan licenzas de software libre. De seguido podes ollar unha listaxe daquelas que nos parecen máis interesantes: • Navegador Mozilla Firefox. Navegador rápido, seguro e personalizable. Web de descarga: http://www.mozilla-europe.org • Mozilla Thunderbird. Cliente de correo POP/IMAP semellante a Ms. Outlook. Web de descarga: http://www.mozilla-europe. org/es/products/thunderbird • OpenOffice. Completa suite informática que inclúe procesador de texto, folla de cálculo, presentacións, debuxo e base de datos. Web de descarga: http://www.openoffice.org

que o fan fiable: revisión por iguais, desenvolvemento colaborativo, prioridade na comunicación, transparencia e divulgación de resultados. Estes mesmos principios son aplicables tamén á produción artística ou técnica: a primeira non deixa de ser, en moitos casos, de xeito consciente ou non, inspiración en elementos de traballos anteriores. A segunda esixe, polo seu carácter rigoroso e formal, dunha contrastación nos fondos e nas formas que é complicado articular doutro xeito. Neste contexto, a Cultura Libre é a consciencia dese funcionamento das cousas, e a súa concreción nun marco legal e formal: se o coñecemento que temos é compartido, creado a partir de traballos anteriores e contrastado contra do parecer dos demais, fagámolo explícito e, sobre todo, asegurémonos de que non é posible que ninguén desvirtúe eses valores.

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

• R. Paquete estatístico que inclúe ferramentas de análise de datos e xeración de gráficas. Web de descarga: http://r-project.org • 7-zip. Compresor/descompresor de ficheiros. Web de descarga: http://www.7-zip.org/ • VLC. Reproductor multimedia para varios formatos de audio e video. Web de descarga: http://www.videolan.org/ • GIMP. Programa de manipulación de imaxes e retoque fotográfico. Web de descarga: http://gimp.org.es


Lugares con encanto II Itinerario ambiental polas ribeiras do rIo Xuvia

Conceller铆a de Mocidade. Concello de Nar贸n 19


O río Xuvia é un espazo natural que debemos poñer en valor. No ano 2001 incorporouse á Rede Natura 2000, unha rede de espazos naturais a nivel europeo que pretende protexer e conservar os lugares con valores naturais especialmente importantes. Imos amosarvos algúns dos seus segredos!

O RÍO XUVIA nace nos montes de Tafornelos, a uns 480 metros de altitude, no concello das Somozas. No seu camiño ata a desembocadura na ría percorre 31 km sinuosos, nos que se incorpora, á altura do noso Concello, o río Castro, o máis importante dos seus afluentes.

ma, evitan a erosión que provocarían as chuvias torrenciais. Tamén filtran determinadas augas contaminantes. Axudan a regular a temperatura das augas do río, manténdoa case constante, especialmente no verán. Os bosques de ribeira serven de refuxio e despensa de alimentos para unha gran diversidade de animais.

O río Xuvia está gardado por un fermoso bosque de ribeira formando un estreito corredor verde que se estende ao longo do seu leito. Este bosque cumpre un papel fundamental para axudar a conservar os nosos ríos, prestándonos unha serie de servizos esenciais para a supervivencia e calidade de vida dos humanos.

A continuación van uns consellos para gozar dos lugares con encanto do Concello de Narón:

Por un lado, as súas raíces fixan as marxes, e desta for-

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

1. Se paseas polas ribeiras do rIo Xuvia fIxate nas pegadas

No noso camiñar pola natureza existen algúns animais moi esquivos que nos será difícil velos e que poderemos


descubrir polas súas pegadas ou outros sinais que vaian deixando no medio. Nas ribeiras do río Xuvia podémonos atopar con xabaríns, corzos, raposos ou mesmo con lontras. Se nos deixamos levar polo noso oído e fixamos a vista nas árbores e no propio río veremos como o picapeixes se lanza en picado a pescar pequenos peixes, ferreiriños e ferreiros, lavandeiras brancas e reais, miñatos e incluso as fermosas garzas, inmóbiles coas súas patas metidas na auga para arpoar algún peixe.

2. Se paseas polas ribeiras do rio Xuvia visita a area medioambiental _ e recreativa de Pedroso

A área medioambiental e recreativa de Pedroso é un estupendo lugar para coñecer o patrimonio asociado ao río Xuvia. Neste lugar, o río Castro únese ao Xuvia e atopámonos co muíño de Entrerríos, restaurado polo Concello de Narón. A intervención creou unha área ambiental da que forman parte tamén o muíño do Chao ou da Muiñeira, un cámping e

unha área recreativa. Esta área habilita e pon en valor o espazo para que poidamos gozar do medio natural e social próximo ao río, poñendo á disposición da xente unha serie de servizos necesarios para pasar un día no campo: merendeiro, aparcadoiro, cámping, parque de xogos infantís…

3. Se paseas polas ribeiras do rio Xuvia pregunta aos nosos maiores polas lendas, recupera a nosa etnografia

Meigas chuchonas, homes-peixe, feiticeiras, xacios… coñeces as fermosas lendas e historias asociadas aos ríos galegos? Non che pica a curiosidade?

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21


En Galicia temos a sorte de contar cunha multitude de mitos e crenzas, referidas ás zonas húmidas, cunha orixe en moitos casos incerta. Sobre o pai dos ríos galegos, o Miño, están vivas na tradición oral unha gran variedade de xenios acuáticos, como os encantos, os homespeixes, as lavandeiras, as feiticeiras, a moura troita, os xacios (seres de corpo

humano e vida anfibia). Entre todos e todas seguro que recuperamos a nosa tradición oral. Non o dubides se paseas polas ribeira do Xuvia pregunta polas lendas e cóntallas aos teus amigos e amigas.

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

4. Se paseas polas ribeiras do rio Xuvia coida este espazo natural

Está moi claro o problema dos ríos son orixinados por nós. Durante as últimas décadas os cursos fluviais sufriron innumerables agresións: contaminacións por verteduras de augas residuais, uso masivo de fertilizantes químicos, destrución do bosque autóctono

de ribeira, construción de grandes encoros e minicentrais que alteran o réxime hidrolóxico, usos recreativos con alto impacto como os quads ou todoterreos… Quédanos moito que aprender na xestión do noso patrimonio, natural e sociocultural e a concienciación da mocidade ten un papel fundamental para cambiar as tornas.


Sabias que... A Concellería de Medioambiente do Concello de Narón ven de publicar o “Itinerario ambiental polas ribeiras do Xuvia” con catro posibles percorridos. Solicita un exemplar na Casa do Concello ou accede á web http://medioambiente.naron.es (http://rioxuvia. naron.es)

Conclusion Agardamos que este breve artigo polas ribeiras do río Xuvia fose do teu agrado. Aquí comeza unha nova andaina para ti, anímate a seguir observando e camiñando para descubrir máis cousas do río e da natureza que nos rodea.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


2

3

1

4 se estas interesado/a

3 dentro do programa

2 a primeira

1no mes de xuno

realizarase o Encontro Local de Mocidade no pavillón da Gándara e inmediacións da Casa da Mocidade.

fin de semana de xuño terá lugar dentro da Concentración Moteira de “Fojeteiros” unha actuación musical na que participarán grupos da Escola de Música Moderna que están a ensaiar na Casa da Mocidade.

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

de Mocidade estanse a recompilar imaxes gravadas en vídeo por mozos/as de Narón para montar un documental que levará o nome de “Vida dun adolescente en Narón”.

en montar unha asociación ou federación, na OMIX do noso concello poden informarte de como facelo.

5 naron conta dende o mes de marzo cunha nova aula dixital equipada con ordenadores, impresora e pantalla de proxeccións situada no antigo concello en Xuvia.


6

8

7 4

9

5

8 NA OMIX DE NARON

6 naron conta

7 No p.t.i.d.r

cun Café Teatro situado no Pazo da Cultura de Narón e onde previa programación poderás gozar dos mellores espectáculos de monólogos, representacións teatrais, etc.

de Aldea Nova podes formarte a través dos cursos que alí se imparten ao mesmo tempo que gozar das súas confortables instalacións e dun contorno privilexiado…

podes informarte de acampadas de verán, cursos de tempo libre, programación de verán da Xunta de Galicia… para que poidas ir facendo plans de cara ao verán.

9 o HORARIO DE

atención ao público da concelleira de Mocidade, Natalia Hemida, é os martes de 11:00-13:00 h na planta 3ª do Concello de Narón.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


l i t ú i o M É unha unión de sentimentos, na que unha persoa non se impón sobre a outra

que é una relación sa?

Unha relación é cando dúas persoas se queren, se respectan e se divirten estando xuntas

É saber escoitar á outra persoa e poder contarlle os teus problemas, inquedanzas e desexos É aceptarse mutuamente e querer á outra persoa coas súas virtudes e os seus defectos

É non abusar da parella pedíndolle constantemente que faga cousas pola outra persoa

É ter diferentes puntos de vista e poder dialogar sobre eles sen que ninguén impoña a súa opinión

É ter confianza mutua e non comprobar se o que fai ou di a túa parella é verdade

É recoñecer cando nos pasamos ou equivocamos É poder expresarnos con total libertade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo

Narón coa igualdade de xénero

É cando as decisións que nos afectan ás dúas persoas da parella son o resultado dun acordo mútuo

http://igualdade.naron.es Nos portais web http://www.dameuntoke.es e http://igualdade.naron.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.



A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Narón é un servizo público que ofrece información e asesoramento para a xuventude. O noso horario de atención ao público é de 08:30 a 13:30 horas durante todo o ano excepto os meses de xuño, xullo, agosto e setembro que o horario é de 08:30 a 13:00 horas.

©SDWEB

Se desexas contactar con nós tamén o podes facer no teléfono 981 337 700 extensión 1103 ou no correo omix@naron.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.