REVISTA NÚMERO 5 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario
Narón roda, aluguer de bicis a túa medida Entrevista a Iria Grandal, unha arqueira con moito futuro As compras a través da Rede IX Encontro Local de Mocidade Que me recomendas? Actividades das escolas municipais Sabías que…?
Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.
Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero
Promove:
Concello de Narón Concellería de Mocidade
Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2011
Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100
Revista subvencionada pola
Sumario 04 IX Encontro Local de Mocidade
Os encontros locais de mocidade son un espazo para o lecer, o debate e a colaboración entre a xuventude de Narón . Aquí vai o resumo da nosa experiencia na novena edición.
10 Entrevista a Iria Grandal Garc a, unha arqueira con moito futuro
Aproveitamos o verán para coñecer o deporte do tiro con arco. Iria Grandal explicounos as súas vivencias entre frecha e frecha.
14 Naron roda, aluguer de bicis a tua medida O Concello de Narón pon en marcha o servizo de aluguer de bicicletas. Unha iniciativa da Concellaría de Urbanismo e Medio Ambiente para gozar do noso municipio sen malos fumes.
17 As compras a traves da Rede Nesta ocasión collemos a carteira e fomos de “shopping” virtual. A rede ofrécenos moitas posibilidades pero ollo tamén algúns perigos que debemos coñecer.
20 Sab as que...? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…
22 Que me recomendas? O caso é remexer, atopar pequenas xoias que nos aleden o día. Por este motivo apagamos o televisor e achegámonos á Biblioteca Municipal de Narón coa pregunta Que me recomendas?
25 Comezan as actividades das Escolas Municipais de Naron Atento/a! Chegou o momento de apuntarse ás actividades das escolas municipais de Narón. Remo, guitarra, teatro, tiro con arco, danza, xadrez, baloncesto, gaita, tenis de mesa… tes moito onde escoller.
Noveno Encontro Local de Mocidade
– celebrouse o IX Encontro Local de O pasado 04 de xuno Mocidade, unha iniciativa da Concellaria de Mocidade de Naron. Aqui vai o resumo da nosa experiencia na novena edicion Fotos: Sdweb - Solucións Dixitais
4
Concertos lanzadeira de grupos de ensaio
O IX Encontro Local de Mocidade celebrouse o sábado 04 de xuño nos espazos acondicionados para a xuventude no marco da Casa da Mocidade (pavillón polideportivo da mocidade, skatepark e exteriores da Casa da Mocidade). A primeira sorpresa desta novena edición foi o incremento no número de participantes, xuntándose máis de 320 persoas, fundamentalmente de Narón aínda que tamén doutros concellos como Ferrol, Fene, A Coruña ou Pontevedra.
CADA UNHA DAS ACCIÓNS que se levaron a cabo no encontro caracterizáronse por ser actividades nas que mozos e mozas foron os protagonistas indiscutibles xa que actuaron como “ensinantes” doutros rapaces e rapazas que quixeran intercambiar experiencias, participar nas distintas actividades e probar novas formas de ocio alternativo ou puramente convencional.
Mocidade. Animámosvos a que pasedes polo mesmo e vexades as obras destes verdadeiros artistas do spray.
O encontro articulouse en torno a accións de:
Concertos lanzadeira de grupos de ensaio: os grupos das aulas de ensaio da Casa da Mocidade tiveron a oportunidade de darse a coñecer entre o público que asistiu ao evento. Carlos Campoy e o grupo musical Buldozzer amenizaron o encontro. Tamén gozamos da actuación do grupo Cantar e divertirse xuntos.
Kedada de Grafiti: o grafiti xa leva moitos anos tendo un espazo propio nos encontros. Nesta ocasión realizouse unha exhibición de grafiti que contou con grafiteiros e grafiteiras de Narón e Ferrol. Aproveitouse a ocasión para decorar as paredes do pavillón da Casa da
A maiores da exhibición, a organización puxo a disposición dos participantes taboleiros coa finalidade de que as persoas interesadas puidesen probar e pintar utilizando sprays.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5
DJ SAMUK DEEJOTA
Para ter unha mellor acústica e maior presenza no escenario instalouse un palco exterior na Casa da Mocidade. O bo tempo e a música acompañounos! Kedada de skate e música da man de DJ Samuk Deejota: no skatepark, sito nas inmediacións da Casa da Mocidade, DJ Samuk Deejota amenizou a exhibición de skate, patíns e bicis. Máis de 30 mozos e mozas sorprendéronnos coas súas reviravoltas. As fotografías falan por si mesmas. Obradoiro de tenis de mesa: a maiores da exhibición que levaron a cabo os integrantes do Club Narón Tenis de Mesa, durante toda a xornada estivo funcionando un obradoiro de tenis de mesa para que a xente nova puidese xogar unhas partidas e aprender os trucos e regras deste deporte.
KEDADA DE SKATE
6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
TIRO CON ARCO
O IX Encontro Local de Mocidade durou dende as 12:00 da mañá ata as 21:30 da noite. Unha xornada ininterrompida de actividades musicais, culturais, deportivas, de emprego, artísticas e tecnolóxicas.
CAMISETAS
MONTAXE DE PC
Obradoiro de tiro con arco: o Club Arco Narón participou activamente neste encontro con tres monitores que ensinaron a máis de 50 amigos e amigas as técnicas deste deporte. Sen dúbida, o obradoiro de iniciación ao tiro con arco foi unha das grandes atraccións desta xuntanza. Obradoiro de camisetas: levouse a cabo coa colaboración dunha monitora da Asociación de Minusválidos de Narón. Cada participante confeccionou a súa camiseta en función dos seus gustos persoais utilizando para acadalo: patróns, pinturas para tea, etc. Obradoiro “Feito por nós”: a asociación sen ánimo de lucro Vida Activa sorprendeunos cun orixinal taller. Máis de 25 mozos e mozas realizaron as súas creacións con moita imaxinación.
FEITO PoR NOS
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7
Exhibicion de patinaxe
Os encontros locais de mocidade son un espazo para o lecer, o debate e a colaboración entre a xuventude de Narón. Tamén se utilizan como instrumento de coñecemento das iniciativas e intereses da xente nova.
8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
KEDADA DE GRAFITI
“O IX Encontro Local de Mocidade foi unha gran sorpresa. Xuntámonos máis de 300 persoas de moi diferentes idades para compartir as nosas inquedanzas e afeccións. Ánimo aos lectores de Dameuntoke Narón a que se sumen a esta iniciativa, unha xornada de convivencia e un estupendo espazo para descubrir as actividades que se fan no noso municipio.”
Natalia Hermida Rico Concelleira de Mocidade e Deportes
Obradoiro de montaxe de PCs e obradoiro de redes: No IX Encontro Local de Mocidade tamén tivemos tempo para destripar varios ordenadores e coñecer con detalle o seu funcionamento. Un agradecemento especial á empresa Senet Cit por amosarnos o mundo do código binario.
A iso das 22:00 horas finalizou o IX Encontro de Mocidade de Narón, unha xornada completa, diferente e divertida que non só serviu para realizar un bo número de actividades senón para coñecernos dunha maneira lúdica e comunicativa, en definitiva con bo ambiente.
Obradoiro de emprego: nos tempos que corren non está nada mal estar ao corrente das estratexias para buscar un bo emprego. Gustavo Perea, orientador laboral do Concello de Narón, indicounos as estratexias que debemos seguir nun taller do máis concorrido.
Dende a Concellaría de Mocidade do Concello de Narón, que dirixe Natalia Hermida, queremos agradecer o esforzo de todas aquelas persoas e asociacións que nos axudan a levar a cabo estas iniciativas.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9
Entrevista a Iria Grandal G moito futuro Aproveitamos o verAn para coNecer o deporte do tiro con arco. Iria Grandal explicounos as sUas vivencias nas instalaciOns do Club Arco NarOn.
O tiro con arco é un deporte olímpico. En Galicia hai moi poucos concellos que teñan a sorte de contar cun club de arco e unha escola para aprender. Por se fora pouco ademais contamos con adestradores de recoñecido prestixio e unha das deportistas con maior proxección.
10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Garcia, unha arqueira con
1. Ola Iria, moitas grazas por recibirnos neste club. Para moitas persoas o tiro con arco non é un deporte coñecido. Como te iniciaches no tiro con arco? Gústame este deporte dende os oito anos cando empecei a disparar as primeiras frechas. Na miña casa había unha gran tradición e á miña nai, ao meu pai e ao meu irmán tamén lles gustaba. Sen dúbida unha das vantaxes que presenta é que non hai unha idade para comezar, dá o mesmo que teñas 6 ou 80 anos. O tiro con arco é un deporte que engancha dende o primeiro día. Comezas a disparar e vaste poñendo novos retos en cada momento. Ademais, ten a sorte de que non dependes de ninguén, só de contar cun arco, unhas frechas e unha diana. 2. Entón, hoxe mesmo, aproveitando esta entrevista, poderiamos comezar? Pois si, estades no pavillón municipal da Mocidade que son as instalacións utilizadas polo club de Arco de Narón que ademais conta cunha escola municipal de aprendizaxe, o cal non é habitual en Galicia. Nestas instalacións contamos con diferentes tipos
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11
UNHA APOSTA DECIDIDA POLO TIRO CON ARCO
O Concello de Narón a través da Concellaría de Deportes, que dirixe Natalia Hermida, apostou decididamente polo deporte do tiro con arco. Hoxe somos dos poucos concellos a nivel galego que conta cun club, unhas instalacións e unha escola para practicalo.
de arcos e frechas que tedes á vosa disposición, así de sinxelo. Deste club eu destacaría o seu espírito de escola de aprendizaxe para deportistas. En Narón contamos cunha boa canteira e esta é a filosofía do equipo. Entre 40 e 50 compañeiros e compañeiras están participando en competicións a nivel galego, a nivel estatal e incluso internacional. Rodrigo Fernández, Óscar Sabuz, Pablo Vilar ou Óscar González son compañeiros cun gran palmarés. 3. Si, iso é certo, cando preguntamos por ti comentáronnos que estás competindo a nivel internacional.
12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Si, aínda que empecei neste club déronme unha bolsa no Centro de Alto Rendemento Joaquín Blume e trasladeime a Madrid. Alí adestro todos os días e participo en competicións a nivel internacional. Aínda que é duro, xa que son moitas horas de preparación e competicións, estou encantada xa que é un reto continuo e novas experiencias en diferentes países como México, Colombia, Alemaña, Exipto… 4. Antes comentabas o importante palmarés dalgúns compañeiros teus. Cóntanos un pouquiño máis do teu. Seguro que contamos cunha naronesa nas olimpíadas de Londres, verdade? Realmente chegar ás olimpíadas de Londres non é o
meu obxectivo, están moi próximas e o que teño en mente agora mesmo é seguir adestrando duro para os próximos xogos olímpicos. Este ano seguirei adestrando o mellor que poida e participando naquelas competicións que me permitan ir dando novos pasos, pero como vos indico, Londres non é o meu obxectivo. Aínda teño moitos aspectos que traballar e moita máis experiencia que conseguir. Creo que o esforzo e a constancia son a base para acadar as metas que un se propón. Ata o de agora esta estratexia foi a que me permitiu ir acadando recoñecementos. No ano 2004 fun terceira no Campionato de España Infantil; no 2006 subcampioa do mundo por equipos en México; no 2007 subcampioa de España Cadete; no 2008 terceira no Campionato de España Junior; no 2010 cuarta no Campionato de Europa Junior de Alemaña, segunda no Torneo Internacional Cidade de Medellín (Colombia) e terceira no Gran Premio de España “Villa de Madrid”. Nestes dous últimos anos ademais destas clasificacións fun subcampioa de España Absoluta (2010 e 2011) e no 2010 campioa de España Junior. Neste último ano terceira no Gran Premio de España Cidade de Lleida e sétima por equipos na Universidade de China. Ademais tiven a sorte de formar parte do equipo nacional absoluto na tempada 2010-2011. En fin, que teño que seguir traballando duro, practicando e competindo para lograr o meu soño.
5. Animarías á mocidade de Narón a practicar este deporte? Sen dúbida. Xa hai uns anos que o Concello de Narón apostou decididamente por este deporte. Nun primeiro momento chegou Alberto Blázquez, un excelente adestrador que sementou as bases do club. Hoxe somos un equipo de futuro ben planificado, cunha escola propia, cun montón de rapaces competindo e por riba de todo cun espírito moi saudable. Unha gran familia. Animaría en especial ás rapazas a que se acheguen polas instalacións e proben. Seguro que lles encanta.
AnImate e visItanos! Porque non te apuntas? Contas cunhas boas instalacións moi preto da Casa da Mocidade, un ambiente estupendo.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13
Naron roda, aluguer de O Concello de Naron pon en marcha o servizo de aluguer de bicicletas. Unha iniciativa da Concellaria de Urbanismo e Medio Ambiente para gozar do noso municipio sen malos fumes.
Pasear en bicicleta polo noso concello cada vez é máis sinxelo. Se no anterior número de Dameuntoke explicabámos vos as vantaxes do sistema de rexistro de bicicletas e as rutas xeolocalizadas, nesta ocasión podemos avanzarvos que xa está a punto o servizo Narón Roda. Aforra combustible e regala aire limpo!
Unha iniciativa da conceller a de medioambiente e urbanismo Esta iniciativa impulsada por Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, contará con 72 bicicletas nas 9 estacións, así como dun centro de control para o seu mantemento e reparación. Trátase doutra iniciativa que, xunto co rexistro de bicicletas e as rutas xeolocalizadas, fai posible unha vida máis saudable e sen malos fumes.
14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
bicis a tua medida Fotos: María Vieira “Mavi”
Onde se atopan as estacions para recoller e depositar as bicicletas? Lembra que o servizo de préstamo de bicicletas do Concello de Narón dispón de nove estacións: 1. Centro Saúde (rúa 25 de Xullo) 2. Praza da Gándara (rúa Vilalba) 3. Odeón (avda. Cataluña) 4. Pista Polideportiva Sta. Icía (rúa Francisco Pizarro) 5. Estrada de Castela, rotonda de Freixeiro (Oficina de Turismo) 6. Estrada de Castela (gardería Piñeiros) 7. Paseo Marítimo de Xuvia (Colexio Ponte de Xuvia) 8. Estrada de Cedeira P.Km. 0,900 (institutos) 9. Polígono Río do Pozo (agrupación Protección Civil)
En que consiste o servizo Naron Roda? Trátase dun servizo de aluguer de bicicletas. Un servizo sinxelo, práctico e sostible que podes utilizar e combinar en diferentes traxectos para desprazarte sen fumes nin ruídos. Narón Roda vainos permitir desprazarnos dun lugar a outro. Ten en conta que dende o comezo conta-
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15
HORARIOS DE USO DO SERVIZO DE PReSTAMO DE BICICLETAS Horario de inverno: do 1 de outubro ao 31 demarzo: Entre as 7:30 e as 21:30 horas de Luns a Sábado, e entre as 10:00 e as 21:30 os Domingos e Festivos.
Pedaleando todo o ano Pedalear con Narón Roda é moi fácil. Debes solicitar unha tarxeta na Casa do Concello. Dende o momento no que che entreguen a tarxeta e as instrucións, cos dereitos e obrigas, xa poderás facer uso deste servizo: 1. Retiras a bicicleta en calquera das estacións Narón Roda 2. Utilízala durante un traxecto determinado 3. Entrégala na estación máis próxima ao teu destino.
E se teno algun problema a onde chamo? O Concello de Narón pon á túa disposición un teléfono para chamar en caso de problemas para retirar ou depositar as bicicletas na estación, do seu mal funcionamento ou do seu extravío. Anota o 981 312 331 no teu teléfono móbil, nunca esta de máis. Tamén podes atopar máis información sobre o servizo en http://www.naronroda.es
mos con 9 estacións polo que as posibilidades son múltiples.
Que debo ter en conta? Para facer un bo uso deste sistema ten en conta que a tarxeta para retirar e devolver as bicicletas é persoal e intransferible. Podes gozar da túa bici durante un tempo máximo e dúas horas seguidas. Tras as dúas horas deberás devolvela nalgunha das 9 estacións. Narón Roda é un servizo que se entende como un modelo de transporte para desprazarse dun punto a outro. Coida as bicicletas!. Trátase de lograr desprazamen-
16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
tos máis saudables e sostibles, polo que cando colles unha bicicleta es a persoa responsable do seu uso e coidado.
As compras a través de Internet Moitos de nos facemos as nosas compras a travEs da Rede, mais que aspectos temos en conta?
Ir de compras pola Rede pode resultar cómodo, económico e rápido. Comprar en Internet non é menos seguro que facer compras nunha tenda ou por correo se temos en conta unha serie de consellos. En Dameuntoke estamos convencidos de que o co-
mercio electrónico é unha aposta de futuro ou máis ben unha aposta de presente. As estatísticas da Comisión do Mercado das Telecomunicacións indican que no primeiro trimestre do ano 2011 as transaccións ascenderon a 32,2 millóns e o volume de facturación de 2.055,4 millóns de euros. E é que o e-commerce non deixa de crecer nos últimos anos.
Que debemos ter en conta para mercar na Internet? Previamente á realización dunha compra virtual podemos preguntarnos unha serie de cuestións que nos axudarán a non ter ningún tipo de problema ou desengano. Como ben sabedes, igual que no mundo real, no ciberespazo tamén hai estafadores que están dispostos a vendernos artigos que nunca chegarán.
Estes son os nosos consellos: 1. Coñecer con quen estamos tratando. É impor-
tante confirmar que o negocio que nos vende ten un domicilio real e un número de teléfono do vendedor ou vendedora que opere en liña para utilizalo no caso de que xurda algunha pregunta, problema ou eventualidade.
2. Coñecer exactamente o que estamos comprando. Debemos ler atentamente a descrición do
produto ofrecido polo vendedor ou vendedora, especialmente a letra pequena.
Unha descrición detallada de cada un dos produtos é unha boa vara de medir para coñecer a fiabilidade da tenda, porque despois non hai marcha atrás… imaxina que compras unha camisola preciosa dun talla XLL… quizais non a poidas poñer.
3.Coñecer o custo. É moi habitual que o cliente no e-commerce sexa o que asuma os gastos de envío. Polo tanto, ao prezo final do produto hai que sumarlle os
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17
persoas que os elaboran. Por iso dende Dameuntoke che recomendamos que sexas un consumidor responsable e que defendas os teus dereitos.
Como o podemos conseguir:
gastos de transporte. Calcula todos os custos considerando as túas necesidades e orzamento para non levar sorpresas.
4. Verificar as condicións e políticas de entrega ou reintegro. Actualmente a maioría das tendas virtuais ofrécennos de forma clara a súa política de venda, incluíndo as políticas de reintegro (por exemplo, se chega un artigo en mal estado ou non é o que se mercou) e as datas de entrega. Se unha tenda virtual non che ofrece esta información desconfía.
5. Paga con tarxeta de crédito. Nos pagos con tarxeta de crédito realízase unha conexión cifrada de pago entre o noso banco e o banco do provedor. Isto asegúranos en todo momento que unha transacción económica quedou rexistrada. En caso de reclamación podes solicitarlle esta información ao teu banco que dará fe do pago realizado. É moi importante que nunca envíes cartos mediante correo ordinario, é dicir, busca a fórmula para que sempre quede constancia da realización da túa compra.
6. Imprime e garga os rexistros das túas transaccións en liña. Que un negocio teña unha tenda
on-line non quere dicir que non teñan que emitirche un documento incluíndo a descrición e prezo do produto, así como o recibo da compra. Na venda de produtos a través de Internet tamén tes o dereito a recibir a túa factura correspondente.
Que nos achega a maiores a compra a traves da Internet? Internet dános a posibilidade de ser uns consumidores responsables. En moitas ocasións cando imos a unha tenda presencial resúltanos moi difícil coñecer a orixe dos produtos, con que sistemas foron elaborados ou mesmo cales son as condicións de traballo das
18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
1. Contacta directamente co produtor. Moitas cooperativas ou pequenos produtores que non teñen capacidade para introducir os seus artigos nas grandes cadeas de distribución atoparon en Internet unha canle para chegar ao consumidor. As vantaxes son múltiples. Podes manter unha relación directa con eles a través do teléfono ou as redes sociais. Pregúntalles como fan os seus produtos, quen participa neles e en que condicións, con que selos de calidade contan ou se respectan o medio ambiente no proceso de produción. Daranche información sobre a existencia de moitos negocios que defenden moitos máis valores que os puramente económicos. 2. Se un consumidor sostible. Cando imos a un supermercado, compramos unha prenda de roupa ou mesmo un moble e moitas veces non nos decatamos de onde procede ese produto. Na maior parte dos casos os custos de distribución son moi altos e danan o medio ambiente. Imaxinas os litros de gasóleo que se consumen para traer madeira da Amazonia a Galicia, ademais do grave problema ecolóxico que implica?
3. Defende o comercio local. Se somos consumidores responsables comprar a través da Internet é unha estupenda ferramenta para defender o comercio local e asentar postos de traballo na nosa comarca. Se podes comprar un bo produto no teu ámbito local faino xa que estás axudando ao pequeno comercio e asentando postos de traballo na túa zona. Ademais tes a posibilidade de coñecer en persoa a ese produtor e evitas o consumo desorbitado de combustibles fósiles. 4. Informa sobre os produtos, produtores e as súas características. Seguro que participas en máis dalgunha rede social. Ademais de utilizalas como un medio de ocio, a capacidade de chegar a moitas persoas fainos máis fortes como consumidores. Aproveita as vantaxes da comunicación dixital para poñer enriba da mesa as eivas de determinados artigos así como dar a coñecer as vantaxes e características doutros.
Actualmente conta con máis de 200 familias asociadas e unha tenda virtual onde podes atopar unha boa variedade de produtos.
Aldea nova conta cunha area de enerx as renovables e novas tecnolox as Se che gusta o mundo da tecnoloxía non o dubides, no Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova atoparás unha completa colección de simuladores de enerxías.
A Xoanina, un exemplo de consumo responsable con tenda virtual A Xoaniña é unha cooperativa de consumidores constituída a nivel comarcal no ano 2005. O seu obxectivo principal dende un comezo foi potenciar a agricultura ecolóxica e local sobre a base de concienciar á cidadanía da importancia de levar a cabo un consumo responsable.
Aquí tes dous moi bos exemplos de como utilizar a tecnoloxía de forma eficiente e responsable.
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19
5 4
2
6
8
3
1 7 2 A biblioteca 1O concello de Naron conta cunha bolsa de emprego que se actualizada todo os anos na que podes apuntarte para facer suplencias de traballadores/ as municipais?
municipal conta cunha pranta equipada con ordenadores con conexión a internet así como seminarios que podes solicitar para utilizar cando precises preparar un exame, estudar ou facer traballos académicos?
20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
7 Que no mes
3 Que a OMIX de Narón (Oficina municipal de información xuvenil) recibe todas as semanas o boletín de información semanal editado pola Xunta de Galicia con información de interese para mozos/as en canto a: cursos, becas, bolsas e axudas, emprego, actividades, etc.?
de outubro
4 No mes de setembro convócanse as axudas para transporte para mozos/as que estean matriculados na universidade?
5 naron conta cunha oficina de turismo ubicada no parque do río Freixeiro que abre durante os meses estivais. A partir de setembro podes informarte a nivel turístico na pranta 5ª do noso concello?
6 Na OMIX de Narón podes informarte das escolas de tempo libre que hai en Galicia e os cursos de monitor/a e director/a de actividades de T.L.?
ábrese o prazo de solicitude para participar nas escolas deportivas e culturais municipais así como nas clases da Escola de Música Moderna?
9 Que a travEs da
páxina web www.dameuntoke.es podes facernos chegar as túas suxestións de actividades ou interese para telas en conta na programación de mocidade?
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21
Que me recomendas? Durante o verAn recibimos un correo web en www. dameuntoke.es que dicIa: Ola a todos, son novo nesta comunidade e para comezar querIa preguntarlles que me recomendan?
A pregunta ten o seu aquel así que sen pensalo dúas veces puxémonos a remexer, é dicir, atopar pequenas xoias que nos aleden o día. Por este motivo apagamos o televisor e achegámonos á Biblioteca Municipal de Narón coa pregunta Que me recomendas?
A rapaza da fiestra (libro) Cando Lucas decide probar o telescopio que lle regalan os pais polo seu aniversario, non imaxina a sorpresa que lle espera do outro lado da súa fiestra. Tras os vidros escachados dunha fábrica en ruínas descobre unha rapaza, coa que empeza a comunicarse con breves mensaxes escritas en cartóns. Co tempo comprenderá a reclusión desa nena e a aparente imposibilidade para servirlle de axuda.
Pratchett, Terry. !Zas! (libro) Trátase dun libro ben curioso, destes que comezas a ler e non deixas. Non che queremos adiantar moito aquí vai un pequeno resumo: Zas! É o golpe dun mazo de troll cando cae en seco sobre o casco dun anano. Tamén é un xogo de mesa no que se enfrentan as dúas tribus… e é a historia dunha descomunal liorta milenaria que ameaza con estalar de novo.
22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
Unha preciosa obra literaria de Xavier Estévez.
O divorcio e os fillos (DVD) Cada ano miles de parellas de todo o mundo sepáranse ou divórcianse. Parellas novas ou maiores, ricas ou pobres, aquí ou en calquera outro lugar deciden deixar de vivir xuntos e, sempre que teñen fillos, estes quedan abraiados e non son quen de entender que ocorre. Esta película explica as causas e, nun ton desenfadado aclara e desdramatiza unha situación hoxe moi estendida, pero non por iso menos difícil.
Alerta Becquer (libro) A historia mais incrible que nunca liches (Libro IV Premio de Literatura Infantil e Xuvenil) O autor Breogán Riveiro achegounos un mundo fantástico da man da aventura máis incrible que nunca liches. Ben… realmente non sei se esta historia vai ser de certo a “máis incrible” que nunca liches. Coido que non se debe comezar un conto dicindo, por exemplo, “vouche contar algo sobre princesas” e despois contar unha historia sobre astronautas, porque o lector, (que ves sendo ti), pódese (ou sexa; pódeste) sentir defraudado. Se eu digo que vou contar unha historia incrible non falto á verdade, pero cando afirmo que será “a historia máis incrible que nunca liches” ti podes dicir: -e este que saberá o que eu lin?
Eduardo, un mozo en plena efervescencia do primeiro amor, morre por facer algo heroico por Dafne. A fabulosa proba que tanto ansía ocórreselle ao fío dun comentario casual da súa moza: trátase nada máis e nada menos que de trasladar os osos do poeta romántico por excelencia; Gustavo Adolfo Bécquer, dende a súa tumba en Sevilla, ata o cemiterio de Trasmoz. Mais pronto Eduardo e o seu amigo cómplice, Óscar, descobren que extraviaron o cráneo do poeta, polo que emprenden unha disparatada viaxe de centos de quilómetros tras el.
Onde viven os monstruos (DVD) Max é un neno de nove anos argalleiro e sensible, que se escapa da súa casa para navegar a través dos mares e converterse no rei dun precioso mundo repleto de incribles monstruos xigantes, un lugar no que todo o mundo será feliz, pero ser rei convértese nunha tarefa más difícil do que parecía!
Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23
Os libros crean mundos Os libros crean mundos. Tanto o autor ou autora como o lector ou lectora abren portas a novos territorios e a experiencias únicas. Nos libros, hoxe xa nos seus diferentes formatos, atesouramos desde hai séculos todo o saber humano, e tamén todos os sentimentos.
Achegate a Biblioteca Municipal de Naron A Biblioteca Pública Municipal de Narón atópase na rúa 25 de xullo, s/n, moi preto da Casa do Concello. Ofrécenos os servizos de lectura en sala, préstamo a domicilio, actividades culturais, acceso á Internet e conta cunha sección específica de literatura infantil e xuvenil. O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Amigos e amigas de Dameuntoke ánimovos a que descrubades novos mundos da man dos libros.
Escribía o romano Marcial no século I, “canto máis lemos, máis crecemos” e, ao meu xuízo, ninguén expresou ata agora tan ben como él a importancia de ler para a vida de cada un. A biblioteca pública municipal de Narón foi un dos primeiros equipamentos culturais dos que dispuxemos, hai xa trinta anos. Dende aquela, fomos quen de mellorala, dotala dun espazo céntrico, amplo, aberto e luminoso e, sobre todo, enriquecela cada ano con novos fondos que, en moitas ocasións, deciden segundo as súas necesidades, prioridades e gustos os propios usuarios e usuarias. María del Carmen Espada Cortizas Concelleira de Educación e Bibliotecas
O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas. Tamén podedes contactar cos responsables a través da web http://biblioteca.naron.es e os teléfonos 981 38 21 73 / 981 38 68 00
24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón
n
e At
!
n ció
ctividades a s a n a z e Com
das es colas munic de Na ipais ró
n
ás de apuntarse de to n e m o m o u is Chego unicipa as escolas m : actividades d n os prazos de inscrición o s s te Narón. Es
Usica Escola de M
moderna
iciación, ixo, guitarra in ensaio para ba a, rí te ba de (clases aulas de cionamento e guitarra perfec a). ic grupos de mús r bro ata esgota prazo en outu actividades en o se re áb : zo as Pra la comeza as sú prazas. A Esco novembro.
Escolas do deportivas e d Padroado Deportes
sio) (piscina e ximna e usuarios/as qu Prazo: Para os rva de praza se non fixeron a re ción son as ri sc as datas de in seguintes: ar do Bono Famili A) Posuidores ao 12 do : ón Nar e veciños/as de en horario de o br m te se 30 de luns a venres. de 9:00 a 13:00 h. doutros conceB) Veciños/as de setembro no llos: do 19 ao 30 o. mesmo horari a as actividades A Escola comez 0 1 de outubro
portivas Escolas de actividades e exteriores s a conveniad con arco, remo,
s de mesa, tiro esto, piragüismo, (atletismo, teni lonc e) fútbol sala, ba xadrez, fútbol, , boxeo, tempo libre e patinax ng to in golf, badm ante. setembro en di de 12 o D : zo ra P
porEscolas de On l tivas pavil s e e actividad s a conveniad sia
leibol e ximna (balonmán, vo rítmica) setembro en Prazo: Do 12 de diante. a as actividades A Escola comez 0 1 de outubro
lturais Escolas cu o da d do Padroa Cultura de inscrición Prazo: O prazo de setembro 19 abrirase o día
IS
MÁ
M
OR F N I
N
IÓ AC
Para informarvos destas actividades e moitas outras podedes acudir ao servizo Sociocomunitario ou chamar ao 981337700 extensión 1103. Tamén encontraredes moita información na web de mocidade http://www. dameuntoke.es e para consultas concretas non o dubidedes este é o noso correo electrónico omix@naron.es
漏 Sdweb - Soluci贸ns Dixitais