# REPENSANDO A ESCOLA
# REPENSANDO A ESCOLA
Un proxecto de SISTEMA LUPO en colaboraciรณn co CEIP ORTIGUEIRA.
www.sistemalupo.com
05
Presentación
08 09 10 11
¿Que? ¿Quen? ¿Onde? ¿Como?
12
30
As actividades 2014/2015 Planos da Memoria Maqueta Lupo na escola Cono 2015/2016 Teito acústico Aula do bosque 2016/2017 Novo aseo de infantil
34
O futuro
14 16 18 20 24 26
4
Durante o curso 2014/15 púxose en marcha esta experiencia de modo experimental no Centro Público de Educación Infantil e Primaria Ortigueira con alumnos de educación infantil e primaria. Os valores que se obteñen da análise da contorna inmediata, neste caso a contorna escolar, sumados ao material e metodoloxía utilizada están pensados para unha sistematización e replicación en diferentes ámbitos. A experiencia do equipo didáctico de sistema lupo sobre arquitectura baséase en material estandarizado e fichas con retos adaptables a cada centro educativo. De igual modo os planos da memoria e o proxecto cara ao futuro é algo común a cada centro. Certamente o caso de Santa Cruz, polo peculiar do seu pasado, faino especial pero todos os centros verán enriquecido o seu historial con achegas doutras xeracións forzando o carácter comunitario da experiencia. O noso obxectivo é dar continuidade ao proxecto dentro dun plan de etapas que termine co proxecto REAL de ampliación do centro escolar. Tentarase continuar nesta dinámica PARTICIPATIVA onde teña cabida toda a comunidade educativa, pais, profesores, antigos alumnos, e por suposto os actuais. Neste curso contamos cun equipo de 77 alumnos dispostos a participar no futuro arquitectónico do seu centro escolar.
5
Carlos Martínez Carrillo
Mirian Miramontes Borrajo
Luís Martínez Sánchez
Ex-alumno, pai de alumnas e Alcalde de Vedra
Educación Infantil
Educación primaria
“Repensando a escola”, como neno, alumno, pai, membro da ANPA e ultimamente como Alcalde no territorio do CEIP Ortigueira, supón un reto, unha ILUSIÓN pero sobre todo un proxecto educativo, arquitectónico e de vida que pode e debe garantir o futuro dun centro con máis de 85 anos, que é parte viva da historia de Vedra, nun lugar privilexiado, co entorno distinto e fermoso como as súas xentes destas terras do Val da Ulla.
As aulas de educación infantil da nosa escola son espazos abertos onde se producen un gran número de interaccións diarias entre os nenos/as, os mestres/as e as familias.
Somos axentes dun proceso educativo, co obxectivo de que o alumnado viva en primeira persoa o proceso de transformación dos edificios e o seu entorno; atendendo á súa complexidade técnica e ás dimensións funcional, estética e educativa.
Proxecto pioneiro en toda Galicia e España, no que nenos e nenas, profesores, o pobo e as institucións, son protagonistas nun diálogo permanente no que CONSTRUIR o seu “COLE” perfecto co que cubrir todas as súas necesidades. Nace sén priesa pero sen pausa e co firme proposito de ser unha realidade nun tempo razoable e prudencial. Seguro que, entre todos, o conseguimos, pois isto tamén é o futuro do noso pobo e do noso rural. 6
Son zonas de xogo, con material perfectamente clasificado e planificado para a adquisición duns obxectivos específicos en cada unha das áreas de aprendizaxe. Espazo e xogo son dous elementos condicionantes o un para o outro e determinantes para o logro dunha aprendizaxe construtiva, onde o alumnado sexa o creador e transformador do xogo a través da modificación dos recursos que se atopan nos distintos espazos. Plantemos novos espazos pedagóxicos e recollamos diversas formas de intelixencia!
Fermín González Blanco
Xaime Furelos Vázquez
Director Sistema Lupo e Arquitecto
Director CEIP Ortigueira
Repensando a escola é un proxecto que se basea nunha “experiencia total” integrando a arquitectura e a educación.
No ano 1928 ergueuse en Ortigueira o edificio antigo, que permitiu concentrar no mesmo lugar e dar continuidade ás escolas de nenos e de nenas que viñan funcionando intermitentemente ciscadas pola parroquia de Santa Cruz de Ribadulla.
Dada a súa transversalidade parece difícil definilo e aínda que descartamos o nome nun principio denominámolo C ao Cubo, Colexio-ComunidadeConstrución son conceptos que foron manténdose comúns durante este proceso onde foron gañando peso outros como participación, xogo, acción... O proxecto non naceu coa intención de quedar no plano teórico, nin tampouco como un encargo ao uso, isto permitiunos traballar cun pé na realidade e outro na ilusión de ver todo ou parte algún día construído...
No ano 1995 construíuse o edificio novo, que coincidindo coa entrada da LOXSE permitiu deixar atrás a etiqueta de centro incompleto, e sentou as bases do colexio tal e como o coñecemos na actualidade. Desde aquí aportaremos o noso gran de area a un proxecto que pretende mellorar a funcionalidade das instalacións integrándoas no entorno e consolidar unha oferta educativa coa calidade e servizos que demanda a sociedade do século XXI.
7
¿Que? Proxecto educativo integral e experimental focalizado no traballo colaborativo e que favorece o espírito de comunidade dentro da escola e coa súa contorna.
8
¿Quen? Proxecto realizado, nunhas condicións máximas de complicidade, entre o claustro, ANPA, Concello e alumnado do CEIP Ortigueira en Santa Cruz de Ribadulla.
9
¿Onde? Nun colexio cunha historia moi especial. No seu día foi un prototipo experimental educativo, vinculado coa Institución Libre de Enseñanza, e deseñado polo arquitecto Antonio Flórez, “o arquitecto das escolas”. Na actualidade o colexio está pendente dunha nova ampliación para conectar os corpos de infantil e primaria. Neste punto o proxecto conecta coa comunidade educativa para reflexionar como debe ser o futuro.
10
¿Como? Proxéctanse diferentes actividades que se solapan de maneira coordinada guiadas polo claustro de profesores asegurando unha coherencia pedagóxica ao proxecto no seu conxunto. Baixo o lema “a arquitectura tamén educa” as actividades tratan de sensibilizar sobre a importancia da contorna inmediata, dos espazos cotiáns.
11
A maqueta do colexio
Lupo no cole
2014/2015
12
Os planos da memoria
O cono
As actividades
Novo aseo para infantil
Aula do bosque
O teito acĂşstico
2015/2016
2016/2017
13
Os planos da memoria Como primeiro paso do proxecto proponse a análise histórica da escola e dos edificios que a compoñen. Para realizalo, faise un traballo de investigación común a todos os alumnos, onde o obxectivo é elaborar un plano da memoria onde se condensen as experiencias, anécdotas e recordos dos alumnos, dos seus pais, dos seus avós ou de veciños que estudaron no CEIP. Desta forma debúxase unha liña de tempo cos distintos acontecementos que sucederon na escola ao longo dos anos e cos cambios que se producen no centro desde os seus inicios. Esta fase permitiu estreitar os lazos intergeneracionales dentro da escola e abrir o proceso de participación á comunidade de ex-alumnos que pola particularidade da poboación son unha gran maioría dos pais e avós dos actuais alumnos. O recordo foi importante á hora de ganduxar a historia entre baleiros.
14
“
A min traballar con profesionais como Fermín Blanco, paréceme unha experiencia moi interesante. E ademais divertida.
“
Sara Lema Seoane. Alumna
15
A maqueta do colexio Como segundo paso e en paralelo ao plano da memoria realízase a maqueta de todo o colexio. Enténdese como unha forma de análise e reflexión critica sobre os espazos que habitan nesta etapa de formación. Preténdese introducir ao alumno no concepto da escala e a visión espacial aumentando ademais as súas destrezas manuais. A maqueta, en calquera caso, é un elemento de xogo e de reflexión común entre os alumnos. Da mesma maneira que o xoguete, a maqueta fomenta o traballo en equipo e a colaboración. O detalle da maqueta permite observar xa algunhas das preocupacións máis evidentes. A principal é a necesidade de unir os dous edificios destinados a aulas cunha pérgola a cuberto así como a posibilidade de chegar á casa do mestre baixo teito e poder reutilizar o edificio como comedor escolar. Aparece tamén o interese pola recuperación de áreas infrautilizadas dentro do complexo e a problemática debida o tendido aéreo de instalacións ou a presenza dun transformador próximo á porta de entrada actual do colexio. Na actualidade están a realizarse as xestións necesarias para o soterrado do tendido e o traslado do transformador. Existe por tanto un desexo claro de recuperar a unidade do complexo e evitar distincións entre o novo e o vello ou entre as aulas e a casa do mestre. Todo é unha escola.
16
“
Nos recreos terminábamos a maqueta, víasenos a todos moi implicados traendo materiais e colaborando. Todos os nenos axudaron en cada cousa anque fora pequeniña. Porque se no traballaran eses nenos, non habería moitas partes rematadas.
“
Israel Barrul. Alumno
17
Lupo no cole “Lupo no Cole” é unha versión de talleres de tipo extraescolar que procede da experiencia dun grupo de arquitectos (sistemalupo) en talleres anuais de Nenoarquitectura para museos e campamentos de verán. Establécense programas de dez sesións de 90 minutos onde se tratan temas relacionados coa arquitectura e os seus efectos colaterais nas artes, a historia ou a ciencia. Neste programa a Arquitectura considérase aglutinante de moitas outras disciplinas parte das cales se están tratando nas aulas de formas específicas e adaptadas ao curriculum académico. Este modelo educativo baseado nos proxectos, de gran presenza nos nosos centros, compleméntase cunha programación flexible chea de retos e documentación facilmente apropiable polo profesor. Componse de fichas individualizadas con actividades a realizar co material lupo (Super Lupo, Eco Lupo, Lupo Plot, DIY, ou lupo virtual, a nosa aplicación) Todo o material é de creación e patentes propias e forma parte dun proxecto global destinado a introducir os valores propios da disciplina arquitectónica no ámbito educativo. As xanelas dos edificios son os ollos cos que miramos o mundo. A través de material didáctico propio de Sistema Lupo, reflexiónase sobre as diferentes formas de relación entre o interior e o exterior dos distintos edificios que forman parte do CEIP de Ortigueira. Por suposto sempre hai espazo e tempo nas actividades para que os alumnos propoñan a súa propia visión do que debería ser unha xanela.
18
“
Tanto eu como os meus compañeiros pasámolo moi ben! Aínda que hai que ter moita paciencia con nós! Tamén penso que grazas a el temos espazos creativos e divertidos.
“
Sara Lema Seoane. Alumna
19
Cono (1). Da teoria a practica Seguindo o traballo do artista Gordon Matta Clark, exponse unha intervención sobre a casa do mestre como un acto de reflexión sobre como deben ser os espazos educativos no século XXI e que papel deben xogar os alumnos na configuración destes espazos. Trasládase a lóxica transversal dos sistemas educativos aos espazos nos que se educa tentando romper os muros da educación convencional dun modo nada metafórico. O proxecto enténdese como unha unidade didáctica en si mesma onde se poden explicar de forma sinxela as xeometrías cónicas derivadas das diferentes interseccións dun plano cun cono. Búscase unha aproximación fundamentalmente práctica a través de pequenas maquetas facilmente construibles cunha simple cartolina e o traballo no patio para comprender as regras xeométricas. O baleirado en forma de cono exposto na casa do mestre ten a finalidade de introducir aos alumnos en conceptos xeométricos e matemáticos dunha forma práctica e divertida. As interseccións do cono cos tabiques e forxados xeran xeometrías en forma de elipse, parábola ou hipérbola. Todo iso leva implícito o efecto transgresor propio da acción artística, o que en principio parece unha tolemia colectiva termina por converterse nunha acción clara, efectiva que transformará o espazo e fará que os alumnos se apoderen definitivamente do mesmo identificándose con el.
20
“
A construción da maqueta pareceume unha moi boa idea porque nos permitiu coñecer mellor o noso colexio e coñecemos moitos tipos de materiais. Outra idea que xurdiu foi a do burato da casa dos mestres, así podemos xogar nela cando chove e pasar dun lado a outro atravesando paredes.
“
Alicia Santaya Vázquez. Alumna
21
Cono (2). Conquistando o meu espazo O proxecto entende a educación como un proceso de formación permanente. As fases de demolición foron executadas polo alumnado dunha escola taller na que os participantes realizan as prácticas á través desta actividade á vez que complementan a súa formación en técnicas de albanelería. Asígnase ao cono a cor vermella e todos os elementos no interior do cono ou en intersección con él van pintados desta cor. Paredes, teitos, pasamanos ou lámpadas son susceptibles de pintarse se se atopan dentro do cono. E todo isto sen saírse das liñas trazadas polos propios nenos. A imaxe final da intervención exponse para ser vista desde o vértice do cono situado nunha das habitacións. O vértice esta situado á altura do alumno de forma que a obra adquire sentido desde este punto de vista quedando ao descuberto o segredo da obra en canto abandonamos esta perspectiva. Toda a casa do mestre convértese a través desta operación nun espazo de xogo que se apropian os nenos e que ata agora permanecía en desuso. Un novo laboratorio de experimentación e de xogo. A maqueta sobre a que se reflexiona e se repensa a escola sitúase neste espazo en vermello, en movemento, en cambio... un espazo no que podemos observar desde o vértice do cono convertido nunha mirilla.
22
“
O burato da casa dos mestres quedou moi ben, porque así podemos pasar dun lado para o outro sen ter que saír polas portas. Tamén está ben o color vermello na parede, porque así cando miras polo buratiño pequeno parece que a casa é toda roxa.
“
María Filloy Seijo. Alumna
23
O teito acustico Dentro das conclusións propias da fase de análise aparece como tema a resolver o acondicionamento acústico do comedor. É un caso recorrente en moitos centros escolares, o comedor é unha peza que foi incorporada ao programa do edificio a petición das ANPAS e xestionado directamente por elas. O seu éxito na xestión empuxou á administración autonómica a ofrecer este servizo que actualmente xa é de uso habitual, con todo as condicións acústicas non están resoltas. O comedor presenta un índice de reverberación moi elevado debido ás fachadas acristaladas que rodean a sala. A carencia de superficie de absorción foi resolta coa inclusión duns paneis fono absorbentes que replicando as figuras de lupo permiten combinarse a modo de mosaico e crear unha actividade participativa cos nenos. Todas estas actividades foron realizadas co apoio de empresas locais ou da brigada de obras deixando unha parte aberta para a participación do neno. O obxectivo é crear unha atmosfera de participación de todos os usuarios de modo que os propios nenos se vexan capaces de resolver o problema e entendelo de maneira directa, é un novo exemplo de acción-reacción de relación teoría-practica, esta actividade acompáñase de clases teóricas onde se traballan conceptos acústicos guiados por Luís Martínez (o profe de música). O mosaico final en dúas cores (branco-laranxa), reproduce diferentes exercicios onde visualizar leis da Gestalt e xogar así coa percepción. O teito acústico constitúe en si un novo compoñente lúdico-educativo.
24
“
Tíñamos un problema grande coa acústica do comedor cando estaban todos os nenos aquí. A verdade e que resolveuse dunha forma eficiente e ademáis queda un espacio moi alegre.
“
Manuel Iglesias.Profesor de primaria
25
El aula del bosque (1) “Arquitecturas Vivas” es otra actividad que se complementa y se nutre de las posibilidades que ofrece la oferta escolar. En este caso se trata de una propuesta para el programa “Voz Natura”, un programa del diario “La Voz de Galicia” para implicar a la comunidad escolar de Galicia en la recuperación y defensa de la naturaleza a través de programas anuales que se desarrollan en los centros. En este caso se propone la creación de un refugio o aula de la naturaleza en el patio, concretamente en la zona más densamente poblada por árboles de diferente porte, uno de las cuales se secó y debe ser talado. Parece un buen momento para hacerle un homenaje. Se propone la forma geométrica protagonista del proyecto; la “oreja”, figura policéntrica basada en la tangencia de tres circunferencias de radio diferente. De hecho utilizaremos el toro cortado como centro de uno de estos focos de la oreja para dibujar la traza de nuestra construcción.
26
“
La idea de hacer una casa de juegos en el patio creo que va a ser estupenda porque así nos entretendremos un poco y va a ser una actividad muy divertida.
“
Iria Otero Álvarez. Alumna
27
A aula do bosque (2) O proxecto permitiranos ademais traballar en colaboración cunha artesá-bióloga especialista neste campo: Idoia Cuesta, que destacou no campo do deseño a través do uso de técnicas vinculadas á cestería tradicional, o seu traballo defínese como cestería contemporánea e será peza fundamental desta actividade. O traballo con Idoia permítenos facer un percorrido completo a través do material e das técnicas para terminar tecendo nosa propia arquitectura. A técnica das estruturas vivas require ademais dun meticuloso coidado na poda e posterior replantación da vimbia de modo que seremos sensibles á época do ano e á humidade do terreo. Tamén nos servirá para experimentar o espazo dos novos volumes propostos en proxecto, a operación orella comeza con bo pé!!
28
“
¡Da gusto ver la participación e implicación de los alumnos!
“
Idoia Cuesta Alonso. Artesá-Bióloga invitada
29
Novo aseo para infantil No terceiro ano propoñémonos a construción dun novo aseo para infantil. Exponse como un proxecto do que os nenos e nenas forman parte desde a súa formulación, dando forma a un dos espazos que utilizan diariamente. As obras deparan sorpresas e a primeira foi atoparnos, durante a demolición, pistas da nosa historia industrial nos ladrillos. Isto deu pé para coñecer máis sobre Cerámicas a Caeyra, fundadas polo marqués de Riestra e subministradoras do material co que o cole foi construído. Estes ladrillos foron reutilizados para contruir a nova fachada, onde son os nenos e nenas os que deseñan os novos aparellos que a definirán. O espazo interior defínese con elementos curiosos e próximos aos seus futuros usuarios como o tobogán de saída que pode ser reconvertido en mesa na aula. Tamén a educación e a aprendizaxe están presentes no Laboratorio de Cor deseñada para aprender moitas cousas sobre como funcionan as mesturas de pigmentos.
30
31
32
33
A arquitectura do seu tempo s. XIX Proxecto de crecemento da escola que una os dous bloques con arquitectura propia do seu tempo.
s. XX
s. XX I
34
PERGOLA E NOVO ACCESO
zona exterior cuberta que comunica o comedor coas aulas e que conforma o novo acceso
INFANTIL
rehabilitacion do bloque orixinal resolvendo a accesibilidade
USO DO EXTERIOR
novos usos e construccións no exterior: horta, areeiro, aula do bosque, ...
COMEDOR
novo comedor e rehabilitación da casa do profesor como cociña e aseos
UNIÓN BLOQUES conexión entre as zonas de primaria e infantil nun hall que comunica tamén coa sala de profesores
PRIMARIA
rehabilitación do bloque para aproveitar o existente e abrindo as aulas o xardín.
ESCALEIRA
novo hall de conexión coa zona baixa e exterior do colexio
AUDITORIO
zona multiusos exterior na cuberta do auditorio/ximnasio
35
SUPERFICIES UTILES TOTAIS ESCOLA ACTUAL Edificio Primaria 480,03 Edificio Infantil 334,72 Casa do Mestre 125,24 TOTAL 940 m ESCOLA REFORMADA
Zona inferior - Uso independente 1. Acceso 2. Ximnasio/Auditorio [247,2m2] 3. Acceso 4. Aula de música [53m2] 5. Sala de caldeiras [36,7m2] 6. Aseos
Zona Primaria 9. Aseos [50m2] 11. Aula [58,1m2] 12. Aula [49,5m2] 13. Aula [50,9m2] 14. Aula [50,6m2] 23. Dirección [52,7m2]
Zonas exteriores 7. Aula do bosque 8. Areeiro 10. Auditorio exterior 15. Cheminea do patio 24. Zona de xogos 28. Estanque 29. Horta
Zona Infantil 16. Invernadoiro [17,9m2] 17. Recuncho [19,1m2] 18. Aula [51,2m2] 19. Casa de xogos [12m2] 20. Aseos [8,9m2] 21. Aula [247,2m2] 22. Recuncho [9,7m2] 30. Aseo [18,5m2] 31. Aula polivalente [48,3m2] 32. Aula apoio primaria [29,3m2]
Infantil + Primaria 1360,6 m² Casa do Mestre (Comedor) 193,2 m² Espacios exteriores cubertos 338,5 m² Sala de caldeiras 36,4 m²
Comedor 25. Aseos [26,3m2] 23. Comedor [51,6m2] 24. Cociñas [18,5m2] 33. Sala de reunións [59,4m2]
TOTAL 1928,7 m2
1
6
Planta sótano 36
2
3
4
5
33
32
30
Planta primeira
31
29 28 27
7
26 25
8
24 9
23 22
10
Planta baixa
11
12
13
14
15
16 17 18 19 20
21
37
38
39
40
41
Un proxecto de Sistema Lupo en colaboraciรณn co CEIP Ortigueira
42
Coordinador
Fermín González Blanco
Profesorado CEIP Ortigueira
Xaime Furelos Vázquez - 3º ciclo de Primaria e Ed. Física Luís Martínez Sánchez - 3º ciclo e Ed. musical Mercedes Maril Yáñez - 2º ciclo de Primaria Manuel Ángel Iglesias Gómez - 1º ciclo de ed. primaria Rosario Casal Mosquera - Lingua inglesa Mirian Miramontes Borrajo - Ed. Infantil Esther Domínguez Dubra - Ed. Infantil Francisco Ferreiro Blanco - Ed. Física
Colaboradores
David Rodríguez Antuña Saúl Gómez Rubio Luis Miguel Fernández López
Caderno
Borja Díaz Carro
Fotografía
Estudio Fermín Blanco CEIP Ortigueira
43
www.sistemalupo.com www.ceip-ortigueira.blogspot.com.es Vedra, xaneiro 2017.
44
# REPENSANDO LA ESCUELA