Mr. Lupo
“ CONSTRUÍR É UN ACTO SOCIAL QUE NOS ENRIQUECE” Que é Construíndo con Lupo? É un proxecto encamiñado a fomentar nas escolas toda a potencialidade da arquitectura como disciplina e como realidade que nos rodea. Realizámolo en colaboración co xornal O PaPagaiO. Sempre indagamos formas para achegar a arquitectura aos nenos e este xornal infantil parécenos unha aposta fantástica. gústanos o formato atemporal do xornal en papel, ten un punto de clásico que nós tamén usamos a través da manipulación de bloques lóxicos e do carácter cooperativo das nosas didácticas. Hai unha parte do proceso educativo que está aí dende sempre. Cada mes varía o tema (O PaPagaiO é un xornal mensual). En Construíndo con Lupo trátase a xeometría, as matemáticas, a historia, a música… É tan flexible a arquitectura? É un dos puntos fortes da profesión, o seu carácter transversal, o outro é o traballo por proxectos do que tanto se fala nos últimos anos na educación. Na arquitectura, tradicionalmente, traballouse así, de feito, os proxectos son a asignatura troncal de cada ano na carreira, á que os estudantes de arquitectura lle dedican máis esforzo, é unha asignatura que aglutina todos os coñecementos impartidos no resto de asignaturas. De onde nacen os contidos? Da experiencia de unha década de traballo nos museos. iso permitiunos experimentar múltiples dinámicas. Comezamos a ver que eran moi positivas para os nenos e o proxecto medrou con eles. Non eran talleres illados, dende un principio plantexámolos como series trimestrais de dez sesións. Cada semana tiñamos que crear novos retos e isto obrigábanos a traballar e a profundizar nos avances. Como se xeran didácticas contemporá-
“Construíndo con Lupo é un desafío entre nós e o lector” neas dende un formato tan antigo como un xornal? Pois a través dos contidos, do xogo, da participación dos lectores… Trátase de xerar inquedanzas no neno que o animen a sacar o seu carácter de investigador.
formas que faciliten aos rapaces o achegamento a diferentes materiais e tecnoloxías. Canto nos gustan os retos! Outro punto característico do Sistema Lupo é o traballo cooperativo a través de bloques de grandes dimensións. Si, ese é o punto máis divertido e sorprendente, a experiencia de construír a grande escala é excitante para os participantes. O acto de construír xa é en si mesmo un acto social que enriquece polo mero feito de enfrontarte a problemas que sempre aparecen. a forza educadora que ten a obra é tremenda. Por ese motivo tratamos de reproducir unha obra de construción, e plantexamos uns retos, que ben sexan abertos ou dirixidos por un plano, están pensados para permitir a execución por partes. Desta maneira pódese afrontar a obra en grupos e subgrupos, e entre todos acadar o obxectivo final.
Como recomendas utilizar a sección de arquitectura Construíndo con Lupo? Hai diferentes graos de lectura. a sección ten unha primeira parte informativa, con datos que transmitimos de forma superficial, e unha segunda parte activa, para quen queira involucrarse e traballar cos retos que propoñemos. Os retos poden facerse utilizando as pezas Lupo habituais ou con pezas propias, fabricadas por cada un. a sección é un desafío entre o que propoñemos e o lector.
“A obra ten moita forza educadora”
a fabricación dos bloques é unha parte fundamental do proxecto Lupo… así é, por ese motivo estamos sempre investigando e producindo novos Lupos, con materiais e escalas diferentes. Dentro desta lóxica tamén intentamos incentivar os usuarios a participar desta tolería e tratar de que sexan eles os que fabriquen os seus propios bloques. as xeometrías e os arquivos obtéñense en aberto dende a web e a idea é que os colexios se animen a autoproducilos para aprender a usar as ferramentas e a través delas xerar novas ideas, novos proxectos e crear as plata-
Que ocorre cando non se consegue o obxectivo e a edificación se derruba? É algo que ocorre habitualmente. Hai que aprender a xestionar o fracaso, forma parte da vida e polo tanto debe de adestrarse. É unha parte importante do taller. O momento no que todo se esborralla, que a maioría das veces coincide cando a edificación xa case está rematada, crea un baleiro, pero o modo no que o grupo se recupera, analiza o problema, toma decisións, cambia a estratexia e o volve in-
tentar é un dos meus momentos favoritos.
ABRAHAM CARREIRO
Pretende o proxecto crear novas xeracións de arquitectos e arquitectas, tal vez máis preocupados por temas como o medioambiente ou o patrimonio? Nada máis lonxe, o noso obxectivo é aumetar a cultura arquitectónica dende a
“Tratamos de xerar inquedanzas no neno para sacar o seu carácter de investigador” base, para favorecer a aparición dunha sociedade máis forte e capaz de responder de maneira crítica aos ataques que sofre. Estes ataques non son soamente arquitectónicos, son sociais, medioambientais, patrimoniais, culturais… porque a arquitectura está presente en todos eses ámbitos e a través dela podemos interpretar a nosa contorna dunha maneira global, dende a pequena escala dos obxectos que nos rodean ata o ordenamento do territorio no que nos asentamos, ou as relacións internacionais que nos conectan cada vez máis convertindo o planeta nunha aldea global.