Comentario de textos narrativos

Page 1

CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA Ao comentar un texto narrativo, debemos ter en conta: 1. A historia (contido) Presentación lóxica dunha serie de acontecementos nun marco espacio­temporal por medio duns personaxes. 2. O discurso (expresión) Maneira en que se presenta a historia por parte dun narrador a un receptor, e que comprende a perspectiva, a voz narrativa, o modo do relato e o tempo.

1. A HISTORIA A acción Pode ser simple ou composta (con varias “historias” –unha principal e outras secundarias, unha servindo de marco para a narración doutras e varias accións paralelas­). A intriga pode mostrarse: desde o comezo (ab initio) ou no seu transcurso (in media res). Os personaxes ●

Poden aparecer caracterizados de diversos xeitos: ­Directamente (nas autobiografías). ­Un personaxe é presentado por outro personaxe. ­É o narrador heterodiexético quen o presenta. ­Combinando as diferentes modalidades. ● Atributos: ­O nome. ­Os atributos físicos e psíquicos (por exemplo na novela psicolóxica). ­A dimensión social (na novela social). ­Un obxecto (que pode ir asociado cun personaxe). ● Tipoloxía: ­Carácter redondo: con trazos ben definidos (aínda que pode contradicirse e experimentar cambios). ­Carácter plano: non posúe trazos individuais e repite as características esquemáticas da clase social, da profesión, etc.

2. O DISCURSO A comunicación narrativa Se a narración é o acto de contar unha historia, o discurso comprende o emisor ou narrador desa historia, o modo de contala (dispoñendo os acontecementos nunha orde, duración, punto de vista, etc.) e o receptor. Así, as tipoloxías que entran na comunicación narrativa son: ●

3

O autor implícito é a imaxe que o autor real proxecta de si dentro do texto; fai partícipe ó lector implícito do seu sistema de valores morais (non representado). Tamén se dá cando o narrador figura como “autor” (“e ti, amigo lector...”) (representado).


O lector implícito é un lector que o texto necesita para a súa existencia e que o proceso de lectura vai establecendo. Cando se menciona “lector”, fálase de lector explícito.

Figuras da narración ● A focalización ­Focalización cero: omnisciencia autorial ou editorial (presencia do autor implícito: o narrador presenta os feitos, intervén con comentarios ou reflexións e valora os personaxes) e omnisciencia neutra (cando non hai autor implícito). ­Relato focalizado externamente: o narrador limítase a captar polos sentidos como unha “cámara fotográfica”. Téndese á obxectividade máis absoluta. ­Relato focalizado internamente: o narrador redúcese ó interior do personaxe. E ó seu servicio están a psiconarración, o monólogo interior e o estilo indirecto libre. [Cómpre lembrar que ó longo dun discurso narrativo é posible que atopemos diversas focalizacións. Entón debemos valorar o influxo de cada unha e determinar cál é a dominante].

3

A voz narrativa En canto protagonista do proceso de comunicación, o narrador está dotado dunha voz e aparece cunha persoa gramatical. Entón temos: ­Narrador autodiexético: protagonista en primeira persoa. Propio de memorias, biografías, etc. ­Narrador heterodiexético: narrador (que non forma parte da historia) e fala en 1ª ou en 3ª persoa del ou de ti (“Vou contarvos algo que sucedeu en 1333:...”). ­Narrador homodiexético: narrador (que forma parte da historia) e fala de si en 1ª ou en 2ª persoa (testemuña, personaxe secundario).

O modo ­Diálogo. ­Discurso directo narrativizado (“... alguén falou dende o alto da tarima queridos, un suceso que ocorreu onte entre nós non pode repetirse e ti alí diante...”). Non hai ningún indicador externo. ­Monólogo dramático (só se oe a voz dun dos interlocutores. Lémbrese o caso de A esmorga). ­Monólogo citado ou soliloquio (discurso en solitario do personaxe introducido polo narrador. Lémbrese Los de abajo: “Descendiendo con agilidad y rapidez, pensaba: “Seguramente ahora sí van a dar con nuestro rastro...” [p. 79]). Se hai ausencia de narrador, fálase de monólogo interior. ­Estilo indirecto. ­Estilo indirecto libre. ­Psiconarración (o narrador conta en estilo indirecto o que os personaxes ou o propio narrador pensan). ­Monólogo autobiográfico. ­Monólogo interior ( ou corrente de conciencia).

O tempo Todo discurso literario necesita sucesión, movemento, pero no caso da narrativa este trazo superlativízase.


­A duración temporal É imposible atoparmos unha coincidencia entre a duración da historia e a do discurso. Os seus tipos correspóndense coas catro formas de movemento narrativo: Resumo (un período amplo sintetízase nunhas liñas ou nun parágrafo). Escena (predominio do diálogo que produce un ritmo lento e parece mostrar o transcurso da realidade tal como se produciu). Elipse (omisión de sectores da historia). Pausa (é o contrario da elipse. Pormenorízase de modo que se orixina un tempo do discurso de maior duración ou ritmo máis lento da historia). ­A orde temporal Todo discurso narrativo está repleto de anacronías, é dicir, de discordancias entre a orde de sucesión da historia e a orde de sucesión no discurso. Distínguense dous tipos: Analepse: relato cara atrás. Prolepse: relato cara adiante. ●

3

O espazo Aínda que ocupe unha función auxiliar dentro do relato, as referencias espaciais contribúen a crear o efecto de realidade e son un factor de coherencia textual. Dentro do discurso manterá relacións privilexiadas coa acción e o personaxe. E fálase de espacio verosímil ou fantástico. Tamén pode semiotizarse e converterse en expoñente de relacións de índole ideolóxica ou psicolóxica (cidade/campo; pazo/casas pobres; espacio aberto/pechado; paisaxe frondosa –estado anímico atormentado na literatura romántica­­).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.