Figuras retóricas blog

Page 1

FIGURAS RETÓRICAS NIVEL FONOLÓXICO

LICENCIAS FONOLÓXICAS

Constitúen un conxunto de fenómenos que supoñen diversas alteracións ou modificacións que afectan á constitución fonolóxica e gráfica das palabras. Son coñecidas pola retórica como figuras de metaplasmo, e podemos diferenciar os seguintes tipos: 1. Metaplasmos por adición de fonemas ou sílabas: Prótese. Aumento dun fonema ou sílaba inicial: ¿Por que a iauga, hastra no ollo da fonte, pra el ten sempre tasto? (M. Leiras Pulpeiro, Obras completas [Tomo I. Poesía])

Epéntese. Aumento dun fonema ou sílaba interna: Chegan nas áas do angueiro, dende terras lonxanas areias, que nos fan pechar os ollos e firen a faciana. (X. Alvarez Limeses, Antre dous séculos) Non sempre xustificados por esixencias métricas ou por razóns de ornato. En tales casos trataríase de simples vulgarismos.

Paragoxe. Aumento dun fonema ou sílaba final: Quérome ir, quérome ire! Para onde, non o sei. (Rosalía de Castro, Follas novas)

2. Metaplasmos por supresión de fonemas ou sílabas:

Aférese. Supresión dun fonema ou sílaba a comezo de palabra: Pois maxinara inda sela mina adourada, Mingas linda. (F. Añón, Poesías galegas)

Síncope. Supresión dun fonema ou sílaba interna: —Corre, neno: non te pares que xa a broa está enfornada. (E. Herrera Garrido, Sorrisas e bágoas)

Apócope. Supresión dun fonema ou sílaba final:


Alí xaz o que fora noutro tempo cantor do eido noso. (E. Pondal, Queixumes dos pinos)

3. Metaplasmos por inversión de fonemas ou sílabas:

Metátese. Inversión ou transmutación dun fonema ou sílaba no interior da palabra. ¡Como a triste branca nube truba o sol que inquieto aluma! (Rosalía de Castro, Follas novas)a:

4. Metaplasmos por substitución de fonemas ou sílabas:

Antítese (antitescon). Substitución dun fonema (raramente unha sílaba) por outro no interior de palabra: ¡...pra espertar dempois de morto aló nas rexiós dos ceos! (V. Lamas Carvajal, Espiñas, follas e frores

Como encadrables entre estas licencias, por afectaren ás combinacións silábicas, poderiamos sinalar as denominadas licencias métricas como a sinalefa, dialefa, sinérese e diérese que se estudiarán en capítulo independente. Tamén poderiamos facer mención dos desprazamentos acentuais (adiantamento ou sístole e retardamento ou diástole), fenómenos máis esporádicos e asociados tanto ao deseño como a esquemas acentuais da propia secuencia versal: Cabaleiros do Oceano arrogantes, por forte fe movidos e piedade. (E. Pondal, Os Eoas)

INTENSIFICACIÓNS FONOLÓXICAS 1. Pola repetición de sons:

Parómeon (homeopróforon ou parhómeon). Iteración do mesmo fonema en posición inicial de sílaba: Cando te vexo de lonxe, atravesando unha gandra, non sei si sinto suidades, si é o que sinto na alma. (E. Pondal, Queixumes dos pinos)

Aliteración (allitteratio). Figura retórica consistente na repetición expresiva dun son en palabras próximas ou nun enunciado para provocar determinadas sensacións ou conseguir un efecto simbólico: En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras. (Rosalía de Castro, Follas novas) Unha repetición en todas as unidades do texto recibiría o nome de tautograma


Podemos aquí facer referencia á capacidade motivadora ou simbólica que teñen determinados sons en relación con determinados sentidos (simbolismo fónico). Dámaso Alonso estableceu unha clasificación para a cor das vocais: a vocal a significa claridade, optimismo; as vocais o e u dan sensación de negrura e opacidade e por ende de pesimismo, desgraza; a vocal i achega a idea de cousa aguda, ferinte e alongada. A intersección de significantes e significados crea un esquema de valores culturais que xera sensacións de luz, cor e son, como pode apreciarse na poesía de Luz Pozo e Díaz Jácome. Cando a onomatopea se prolonga ao longo de diversas palabras, denomínase tamén harmonía imitativa.


É interesante cando reforza o valor fónico ou sentido da frase, como neste fragmento onde o son do martelo da campá, anunciadora da morte, está en admirable axuste coa materia fónica (sons dentais e velares: [t], [k]): (...) pois tocan a morto no campanario da Eirexa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes. (Castelao, Cousas)

Fenómeno producido cando os fonemas dunha palabra describen ou suxiren a realidade significada. Próxima á aliteración, tamén se reserva este nome para aquelas repeticións de fonemas consonánticos que reproducen sons naturais: a consoante r imitaría o acto de correr ou a rodadura; l equivalería a derramar ou fluír; a consoante s significaría asubío; f equivalería a soprido; p, t, k, equivalen a golpe ou estalido, etc. Tamén se coñece como aliteración Onomatopea.

onomatopeica:

Aló enriba o sun sun dos pinos bravos; en baixo a doce paz. (Rosalía de Castro, Follas novas) Rubir e baixar do ruxir do río! (U. Novoneyra, Os eidos)

Con este termo xeral pódense designar dous fenómenos de recorrencias fónicas coincidentes e localizadas nas sílabas ou fonemas finais de dúas ou máis palabras situadas en posicións comparables: a repetición dun termo coa mesma forma casual (homeóptoto) e a igualdade ou semellanza dos sons finais de palabras que pechan frases ou membros consecutivos (homeotéleuto, similiter desinens, homoiteleuto, similidesinenciad). Similicadencia.

—Coincidencia nunha mesma forma flexivo. (pode haber tamén coincidencia de sons): Eles chamaban, entraban, balaban o meu segredo, rían a cachan e logo fuxían deixándome alporizado de carraxe. (Castelao, Cousas)

—Coincidencia de sons: Fanáticos, chámanlle á cencia herexía, ao xenio loucura, grandeza ao poder, valor á ousadía, ao medo pacencia á usura comercio, vergonza ao non ter. (V. Lamas Carvajal, A musa das aldeas)

2. Como soporte material de variadas formas de xogos lingüísticos:

Conmutación (commutatio). Contraposición de dúas frases que conteñen as mesmas palabras con outra orde e réxime: O aire da tarde A tarde do aire.

(U. Novoneyra, Os ei dos)

Anagrama. Xogo verbal que consiste en reordenar as letras dunha palabra ou dunha frase para obter outras palabras ou outras frases. Pode crear un efecto humorístico ou irónico:


Galván en Saor (Saor = Roás, lugar natal de Darío Xohán Cabana, autor desta novela). Seraogna (Seraogna = Angoares, lugar natal de Alfonso Pexegueiro, autor deste poemario).

Palíndromo. Frase ou palabra que pode lerse de esquerda a dereita e de dereita a esquerda: A rosa ve, evasorA A torre da derrotA A lúa é aulA Adival a vidA (Gonzalo Navaza, A torre da derrotA)

Acróstico. Distribución das grafías iniciais de cada verso de modo que lidas en vertical compoñen un nome ou frase: Queira Deus que esta gaita ben tocada Un recordo Ile valla ó bon Gaiteiro, E que millenta máis unda ó primeiro Veñan tocar tamén a Gaita amada. Inda premita Dios que sea soada Voando mui vistoso o meu prumeiro Arrolado cos chíos do punteiro Garrido se mostrando coa alborada. Avante vaya en tod'as romerías Levada polar vilas e arredores. Inda sea a mestra das folías. Calada nunca estea. E de primores Inzando os sons preñados, e alegrías A busquen homes legos e doutores. (X. Manuel Pintos, A gaita gallega)


NIVEL MORFOLÓXICO LICENCIAS MORFOLÓXICAS

Por substitución na morfoloxía flexiva:

Enálaxe (mutatio). Substitución entre palabras que comparten un mesmo lexema, pero pertencen a categorías gramaticais distintas (adxectivos por adverbios, substantivos por verbos, tempos en funcións diferentes, etc.: rexo por rexamente, soñar por soño...): ¡Que bonito neboeiro teu lixeiro zarzallar! (X. Crecente Vega, Codeseira)

Heterose. Permutación entre as clases de morfemas específicos das categorías nominais —xénero, número, grao— e verbais —persoa, número, tempo, etc. (segunda persoa por terceira, presente por futuro, concordancias ad sensum, plurais maxestáticos, plurais de modestia, etc.): —¡Ai como chora o mar, i os pinos, i a paisaxe, Galicia enteira, irmáns, polo noso poeta! (X. Díaz Jácome, Pombal)

Hipálaxe. Figura que consiste en aplicar a determinados substantivos atributos que corresponden a outro substantivo da frase: Luz mollada chegáballe do mar. (A. Cunqueiro, Mar ao norde) INTENSIFICACIÓNS MORFOLÓXICAS

1. Por repetición de morfemas flexivos e derivativos:

Homeóptoto (similiter cadens). Consiste en terminar unha serie de secuencias con palabras na mesma forma casual (tanto nominais como verbais). Esta figura establece relación cos fenómenos de plurimembración estudiados por Dámaso Alonso:


Engurraban séculos de cólera, subían, subían coitelos xusticeiros a procurar a firmeza do brazo, a ensaiar a curva do aire... (Carlos Casares, Ilustrísima)

Políptoto (traducción, polipote). Repetición dun nome ou pronome nos seus diversos casos (políptoto nominal), ou dun verbo nos seus distintos tempos (políptoto verbal). Non debe confundirse coa derivación, xa que esta fundamenta a alteración gramatical nos morfemas flexivos: Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intacta. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. (C. Emilio Ferreiro, O soño sulagado)

Derivación (derivatio). Emprego nunha mesma frase de palabras derivadas dunha mesma raíz. Non se debe confundir coa figura etimolóxica nin co políptoto: Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ao pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. (Rosalía de Castro, Follas novas) Galicia da tristura triste á forza.

(U. Novoneyra, Os eidos 2)

Figura etimolóxica. Repetición dun lexema cunha variación gramatical derivativa, do tipo: «vivir unha vida», «soñar un soño», «tirar un tiro», etc. (acusativos internos): Nunca, reiciña, nunca como agora falla fixéronme os teus bicos mornos: choveu por min chuvia de sangue e traio frío nos ósos. (M. Curros Enríquez, Aires da miña terca)

Entre os exemplos de derivación pode incluírse a parequese, paronomasia baseada na común etimoloxía das palabras: Moe, moe, remoe, remoe Ai, leda! (F. Bouza-Brey, Nao senlleira)


Xeminación (epizeuxe, paliloxía, repetición, duplicación, iteración). Cando unha mesma palabra se repite sen medio ningún. Estaría representada polos esquemas seguin tes: (XX...) , (...XX...) , (...XX): ¡Hala! Hala pra Galicia, que hai brétemas e orballos

e gándaras e serras e relva e pedrugallos. (M. Luís Acuña, Fírgoas)

¡Ai ruada, ruada, ruada da Virxen pequena e a súa barca! (E. García Lorca, Seis poemas galegos)

Anadiplose (reduplicación, repetición). Consiste en repetir ao principio dunha oración unha palabra (ou grupo reducido de palabras) que pertencía á oración ou a un verso precedente. Utilízase para fiar as ideas e dar continuidade ao discurso. Responde ao esquema (...X / X...): Detrás de cada home está ouveando un lobo. Un lobo que te come e ten comesto ó pobo. (C. Emilio Ferreiro, Cimenterio privado) O malpocado pechouse na casa, a comer e a durmir, cobizando a vida dos vermes, dos vermes felices que moran nos xamóns. (Castelao, Os dous de sempre)

En estreita relación coa modalidade está o chamado clímax (concatenación, conduplicación, gradación, cadea), que consiste nunha sucesión de anadiploses. Créase, nunha enumeración, ao repetir unha palabra dun dos elementos enumerados na seguinte e quedar así enlazados uns tras outros, nunha fórmula do tipo (...X / X...; Y / Y...; Z / Z...): Falta o día, é noite escura baixa, baixa, pouco a pouco por montañas de verdura. De verdura e de follaxe, salpicada de fontiñas baixo a sombra da ramaxe Da ramaxe onde cantan paxariños piadores

que coa aurora se levantan. Que coa noite se adormecen para que canten os grilos que coas sombras aparecen. (Rosalía de Castro, Cantares gallegos)

Diácope. Variante da reduplicación. Caracterízase pola relaxación do contacto entre os membros repetidos ao intercalarse unha unidade sintáctica curta (en moitos casos, unha conxunción): Na estrada dos —meus— ollos a milla anguria apurra os bois... ...filósofos bois do meu ollar! (A. Casas, O vento segrel) 2.2. A

distancia:

—En posición inicial de secuencia: Anáfora (epanáfora). Consiste na repetición ao comezo de varias frases consecutivas nun mesmo período do discurso (X... / X... / X...). Produce un efecto de simetría rítmica:


Hai que buscar o Jume e as feridas, hai que inventar o pranto

para conquerir a luz para que a pomba e o pan, para que a paz e fartura, para que o contento, para que a pureza caian sobor de nós coma unha chuvia, para sempre. (C. Emilio Ferreiro, Obra completa)

Epífora (epístrofe, antístrofe, conversión). Repítese unha palabra, ou grupo de palabras, varias veces ao final dun verso ou dun período (...X / ...X / ...X / ...). A repetición do esquema produce un efecto de coherencia e marca un ritmo expresivo: GALICIA digo eu GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hasta os que calan din GALICIA (U. Novoneyra, Os eidos 2)

—Combinación de posición inicial e final: Complexión (epanástrofe, simplote). Cando se dan anáfora e epífora simultaneamente (X...Y / X...Y): A pesares do vento e da tronada, a pesares da chuvia e da tronada, a pesares do lame e da tronada a pesares do chumbo e da tronada a pesares dos

inocentes Galilei inmolados á letra consagrada, hai aínda poetas que residen en torres de almasía amuralladas. (C. Emilio Ferreiro, Cimenterio privado)

Epímone. Consiste en repetir sen intervalo unha mesma palabra ou en intercalar varias veces nunha composición poética un mesmo verso ou unha mesma expresión (verémola, neste segundo sentido, dentro das figuras textuais): Polo vento momo balen os paxaros i as pedras reloucan embaixo das herbas. Os peixes máis claros esbaran. Hai festa nos prados, mais en todas partes hai un neno murcho. As arbres son gaitas, mais en todas partes hai un neno murcho. As rapazas fían, mais en todas partes hai un neno murcho. Roca bullangueira, en tódolos pobos hai un neno murcho. (Luz Pozo, O paxaro na boca)

Epanadiplose (prosapódose, epanalepse, redición, círculo). Consiste en repetir unha palabra ao principio e ao final dunha oración ou dun verso (X...X): Digo cecais non digo digo verba con chumbo e con arrastres. (X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias)


3. Repetición por xogo de palabras

Equívoco ou antanaclase (diáfora). Consiste na repetición dunha palabra na frase ou período, pero con significación distinta. Poden distinguirse dúas modalidades: -Utilización de palabras homófonas (pero non homográficas): ¡Que ben que a bomba vén co seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo. (C. Emilio Ferreiro, O soño sulagado)

-Utilización de das ou máis unidades léxicas homonímicas, homofónicas e homográficas do tipo:

Ponte de ponte; ponte, amiga en ponte

estrangulando o río no que muxo e urro con carballos, follas. Ponte para saír a saia nova e, tan cursi polo xardín, naceranche nos ollos lúas, vésporas e un xerriño de mel. (X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias)

Calembur. As sílabas de dúas ou máis palabras, agrupadas doutro modo, producen un sentido distinto (A+B=AB): ¡Arrula a rula seu esperma teso (...)! (X. Agulla Pizcueta, Cántigo, 1977-1981)

Paronomasia (adnominación). Colocación de palabras distintas, pero de significante parcialmente idéntico ou semellante (parónimos). Poden ter parentesco etimolóxico (quen reparte leva a mellor parte) ou coincidir en semellanza só casualmente (o lume sen queirmarme fai de min fume). É un fenómeno habitual na linguaxe publicitaria porque provoca a sorpresa e esperta o interese: O sol que locía I eu vía i ouvía

o canto do día.

(U. Novoneyra, Os eidos)


NIVEL SINTÁCTICO

LICENCIAS SINTÁCTICAS

1. Por adición:

Pleonasmo. Figura retórica que consiste no uso de máis palabras que as requiridas para expresar un pensamento ou repetir na mesilla frase palabras que teñen o mesmo significado. Como realizacións más comúns temos aquelas secuencias que responden ás estruturas coñecidas baixo a denominación de complemento directo interno ou figura etimolóxica, e aqueloutras nas cales o núcleo do predicado verbal aparece complementado por un sintagma preposicional do tipo ollei cos meus ollos: Dóiome de dor ferida

que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. (Rosalía de Castro, Cantares gallegos)

2. Por acumulación coordinativa:

Enumeración. A acumulación coordinante de elementos diversos: categorías (nomes, adxectivos, verbos e adverbios) e funcións (suxeitos, predicados, complementos). Responde ao esquema da suma: Ari-A2+A3...+An: Fican no seu decurso algúns pontos escuros: os pendores, as cerimonias de fasquía meiga, lavaxes nos luares, abenzoamentos, e certas actitudes de volupia. (Vítor Vaqueiro, A fraga prateada)

Pode crear unha impresión de abundancia ou acumular elementos dispares e ás veces contradictorios (enumeración caótica): Fusiles bombas cañón, tanques, escadras —de mar e vento—, policías, gardas, sociedades anónimas, comanditas, limitadas, xulgados, xefaturas, alfándegas. (Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado)

Segundo a conexión sintáctica dos elementos ternos as figuras seguintes:

Polisíndeto. Consiste en repetir as conxuncións que unen palabras ou oracións cando a sintaxe non o esixe (A1 e A2 e A3... e An) Este procedemento produce unhas veces velocidade e certo ritmo de expresión; outras, un efecto de lentitude e solemnidade:


¡Palabras, e palabras, e palabras! (Rosalía de Castro, Follas novas) E traballou ao xornal. E como isto non era cousa de todos os días, tamén pasou fame moitos deles. E así, Talando co can máis que con ninguén, canda xa este tiña quince e era un can

sabio, chegou el aos cincuenta e cinco. (X. M. Coruxo, Vixiando)

Asíndeto (diálito, artigo, dissolutio ou disxunción). Supresión dos nexos de coordinación ou conxuncións cando son esperados pola lóxica que impón a orde gramatical ou semántica (A1, A2, A3..., An):

Don Pepiño, vello velliño, atoutiñante, coa pinguiña no nariz, todo abrigo negro, pulo nun corpo pequeno contra os fríos, contra Cangas, contra o aburrimento, contra a familia, non se vaia, non vaia fóra, non seña terco, empurra a pesada porta con mans endebles, empurra, entra, a tremer, os ollos vivos, postos xa na mesa de lectura, alí están, agardando o periódico. (B. Graña, Fins do mundo) Miráchesme, mireiche, nos miramos; sorrícheste, sorrínme, os dous sorrimos (...). (F.Añón, Poesías galegas)

Epíteto. Comunmente enténdese como adxectivo que engade ao nome unha calidade sen modificar a súa comprensión. Serve para realzar os trazos connaturais a estes substantivos (verde herba): Revelaron os galos o día a ren do piorno nun craro luar (R. del Valle-Inclán, «Cantiga de vellas»)

3. Por supresión:

Elipse. Omisión dun elemento da oración que o contexto permite deducir ou reconstruir. Queda circunscrito ao ámbito dunha oración: Eran dondas as tardes, rísoñas as mañáns [eran]. (Rosalía de Castro, Follas novas)

Ceugma. Consiste en eludir un elemento de dúas ou máis frases que só está presente nunha delas e sen a cal estas frases serían inintelixibles. O ámbito de operatividade, fronte á elipse, será un espazo sintáctico de maior extensión; xeralmente un enunciado constituido por unha serie de oracións, enlazadas mediante xustaposición ou coordinación: Xa nin rencor, nin desprezo, xa fin temor de mudanzas; tan só unha sede..., unha sede, [teño] dun non sei qué que me mata. (Rosalía de Castro, Follas novas)

4. Por permutación:

Inversión ou anástrofe (AB --> BA). Os elementos intercambian a posición pero seguen estando en contacto: ...limitaran do sol o curso inxente.


(E. Pondal, Os Eoas

Hipérbato. Entendíase na Retórica primeiramente a separación de dúas palabras unidas estreitamente pola intercalación dun memoro que non pertencía a esa oración (AB —> A [x] B). Posteriormente vénse entendendo porhipérbato a producción dunha ruptura máis ou menos violenta entre os membros que integran unha oración: Pódense distinguir catro tipos de hipérbatos: —Tmese: este hipérbato consiste en intercalar nunha palabra elementos alleos: Qual é o voss'amigo que mi vos pedia? se mi-o vós mostrassedes, gracir-vo-lo-ia —Madr'eu amostrar-vo-lo-ei. (Nuno Fernandes Torneol) —Histeroloxía (hysteron-proteron = orde postergada): hipérbato que consiste en anticipar o que debería pospoñerse. Como figura de pensamento consiste na inversión da secuencia lóxíca das ideas: Trocouse en arboriño, i aparece nos ermos orballada, porque gusta das lágrimas da aurora, xoíñas fulgurantes... A isolada, ora é unha abedoira; mais xa fora Nympha, tal vez, ou Princesiña, Facial, ou a Meiga máis linda e argalladora que inquietou ás garoutas de Labrada... (A. Noriega Varela, Do ermo)

—Paréntese: hipérbato que consiste en introducir unha interxección, un complemento ou unha oración, no seo dunha frase, con entoación independente: Como resposta a tanto mar de dudas, (hai que dicilo todo) pasei a vida enteira camiñando ao longo dos teus muros. (Xohana Torres, Estación ao mar)

—Sínquise (synchysis, mixtura verborum): nesta figura conxúganse hipérbatos e anástrofes para provocar un grao extremo de confusión sintáctica: Fai ti, Virxen divina e sonorosa, que o canto meu o esquecemento dome; morrer non deixes ca prisión odiosa escurecido o meu ardente nome. (E. Pondal, Os Eoas) INTENSIFICACIÓNS BASEADAS NA ORDENACIÓN SINTÁCTICA

Isocolon ou compar. É unha figura da ordenación sintáctica que consiste na división do período en membros (kola) semellantes en canto a lonxitude, ton e formación sintáctica: Si cantan, es ti que cantas; Si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. (Rosalía de Castro, Follas novas)

Este fenómeno ten o seu correlato na segmentación, distribución e ordenación dos constituíntes oracionais coñecida como plurimembración (Dámaso Alonso e Carlos


Bousoño, 1970) de dous, tres, ou varios membros: Tolo de contento quitei o ollo, dinlle catro bicos e volvino a pór no seu sitio. (Castelao, Un olla de vidro)

Paralelismo (párison, parisose). Implica unha correspondencia case exacta entre os constituíntes sintácticos de frases ou oracións: Por riba das casas, a torre da eirexa Destácase airosa mostrando unha cruz: Abaixo [A1], tristuras [B1], miserias e loito [C1], Nos ceos [A2], feitizos [B2], espranzas e luz [C2]. (V. Lamas Carvajal, Espiñas, follas e frores)

Habitualmente aparece reforzado pola anáfora ou a epífora:

Umha coroa de violetas [A1] Para a tua alta fronte [B1]. Umha rosa vermelha [A1] Para a tua boca acesa [B1]. (R. Carballo Calero)

Relacionada coa plurimembración está a correlación (termo acuñado tamén por Dámaso Alonso e Carlos Bousoño), que consiste nimba semellanza estrutural provocada non pola coincidencia na sintaxe de oracións sucesivas, sen,ón pola simétrica colocación de palabras no interior de frases ou oracións:

Perdeu, marrando tan tan ditosa vida. a Humildá prezo; a Piedade templo (que derrubou, oh Morte, rúa gadaña); o Mundo, Reina; o rei, a súa Margarida; a Fe, columna; a virtude, exemplo; a pedra (cuxo engaste foi), España. Chore nosa montaña, do gando, leite e novidade espida, semellando as Abellas no exemplo: Que a súa Margarida, Reina, Prezo, Columna, Pedra, Templo, perden Rei, Mundo, Fe, Virtude, España... (Gómez Tonel, Exequias da raíña Margarida)

Quiasmo. Consiste en ordenar de forma simétrica ou cruzada os elementos que compoñen dous grupos de palabras:

As vacas muxindo, balando as ovellas,

Os cas a ladraren, son tristes tamén (Lamas Carvajal, A musa das aldeas) Distribución

(merismo, sinatroísmo). Unha idea xeral, exposta ao comezo, desagrégase en

distintos compoñentes:


Foi por seguilos mandados dun amor verdadeiro que deixou a sĂşa terra e a sĂşa nai: unha terra verde e farturenta, unha nai vella e cega.

(Castelao, Cousas)


NIVEL TEXTUAL

LICENCIAS TEXTUAIS

O valor expresivo fundaméntase no significado das palabras, por iso fronte ás outras figuras que poderian los considerar de dicción, estas figuras son consideradas de pensarnento. Pódense distinguir as seguintes categorías: 1. Por adición:

Amplificación (amplificatio ou dilatatio). Consiste no alongamento dun tema por medio de diferentes procedementos (expolitio, interpretación, perífrase, comparación, símil, apóstrofe, prosopopea, digresión, exclamación, conduplicatio, etc.): A Galiza, a figuranza enteira e vibradoira da Galiza, debuxábase coma unha nuben e podíase abranguer no presente e no pasado, na tona e no fondo, na natureza e na humanidade. Navigaba polo ceo no soar crecedeiro da orballeira. Queixumes de bosques, rechouchíos de paxaros, prantos saloucos, himnos da mar nas costas e nas praias, deitar de fontenlas, de cachoeiras, longo refolgar de ríos, erguemento das serras en peregrinaxc ás albas ermidas dos promontoiros, galgar de ventos nos chaos acariñando a loira pel das centeeiras, pulsando a iauga silandeira dos illós, salmeando nas bidoeiras, ouveando nos píncaros. (R. Otero Pedrayo, A romeiría de Xelmírez)


Interpretación (interpretatio). Procedemento da amplificación que consiste en reiterar con outras palabras o que acaba de dicirse: Chamémoslle [á morte] libro de silencio, pórtico terminal de escravitude, escritura feliz da opacidade, lus que desata e nome da ledicia. (X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias)

Isodinamia. Repítese unha idea por medio da negación do seu contrario. Agora, meu corazón, agora pola noitiña, pola miñanciña, non. (E. Pondal, Queixumes dos pinos)

Paráfrase. Amplificación consistente en explicar extensamente un texto para facilitar a súa comprensión: Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro para desir unha vez siquera, y anque sea torpemente ós que sin razón nin conocemento algún nos despregan, que a noca terra é dina de alabanzas. (Rosalía de Castro, Cantares gallegos)

Paréntese (interposición). Consiste na inserción dunha idea en metade doutro pensamento. Pódese considerar, como vimos, unha variedade de hipérbato, pero a diferencia do hipérbato propiamente dito que é hipérbato dunha parte da oración, a paréntese é hipérbato dunha oración enteira: E non sabemos (abonda xa de paréntesis) engadirnos outra volta a todo eso que se nos esqueceu. (Manuel Antonio, De catro a catro)

Epífrase. Adición de novas ideas á expresión dun pensamento completo en si mesmo: ...pónseme por veces no maxín que aqueles días por min pasados na flor da mocidade, na antiga e longa selva de Esmelle, son soio unha mentira, [que por ter sido tan contada e tan

matinada na memoria miña, coido, eu, o mentireiro, que en verdade aqueles días pasaron por min, e aínda me labraron sorios tales xeiras, como unha afiada trincha nas mans dun vago e fantástico carpinteiro.] Verdade ou mentira, aqueles anos da vida ou da imaxinación foron enchendo cos seus fías o fiso do meu espírito... (Alvaro Cunqueiro, Merlín e familia)

Prosapódose (subnexio). A unión dun pensamento (ou varios pensamentos) a outro pensamento (ou varios pensamentos): Ninguén sabe que cousa é este cativo ser que nos rebule polos rincóns da ialma,


que nos fire cunha risada e nos aqueda logo co acenar da mauciña; que nos enche de degoiros sin nome, e nin xiquera el mesmo ten un fume, unha palabra que abonde pra chamalo cabalmente. (X. M. Álvarez Blázquez, Canle segredo)

Etioloxía (redición). Cando se dá a razón dalgún propósito, ou engadimos algo que declare máis do que se trata, dando a causa: Xa que do corazón libres dispomos, aos páxaros dos bosques imitemos, que os niños fan entre ramaxe e gomos; nosa doce ventura apresuremos, que a vida é curta e responsables somos do tempo tan precioso que perdemos. (Francisco Añón, Poesías galegas)

Sentencia (adaxi o, apotegma, proverbio, refrán). Introducción do refrán no discurso literario: Que no meu entender te comparo Ó mesiño de marzo marzal: Pala mañán, cariña de rosas, Pola tarde, cara de can. (Rosalía de Castro, Follas novas)

Epifonema (aclamación). Enunciado resumo do dito baixo formas pronominais ou adverbiais deícticas (este, tal, así...), apelativas (imperativo) ou entoación exclamativa: ...fuxa amor e o seu fogo violento, que trai ás almas boas sólo males, e da amistad os goces celestiales deixe lugar tan fero sentimento. ;Plomes do mundo, un bo amigo, un campo: he aquí a felicidade buscada tanto! (N. Pastor Díaz, Égloga de Belmiro e Benigno)

Símil (icón, parábola ou colación). Pode considerarse como a vertente textual da comparación. Falariamos de comparación cando os termos se presentan como superior ou inferior ao outro. Cando se establece unha relación de igualdade denomínase símil: Hai un seixo branco que marca o momento do teu nacemento, igual que unha constelación que alumease de lonxe. (Luz Pozo, Códice Calixtino)


Definitio. Relaciónanse as características esenciais dun obxecto: A alma é unha roseira frorecida, cuaxada de rosiñas vermellas e de rosiñas brancas. Alegrías e penas son o vento que pasa; ás veces coma un bico, ás veces treboada. (R. Cabanillas, Vento mareiro)

Écfrase ou descrición. Entre as numerosas variedades temos: —Prosopografía: descrición externa dun personaxe, pero leva implícitos, ás veces, aspectos morais ou de conducta. Grande e desgarbado, os fortes brazos incriblemente longos, a enorme barriga, todo tiña nel unha dimensión anómala e desmesurada. (Carlos Casares, Ilustrísima)

—Cronografía: descrición de tempos. A solemnidade raiolante do dezaoito asosegaba nas mariñas galegas. O século: goberno petrucial de reis bos, devotos, cazadores, ministros de casaca cor cereixa rexendo a modiño o mamo maestoso da monarquía absoluta. (Otero Pedrayo, Os camiños da vida)

-Pragmatografía: descrición de obxectos. Dentro todo está fregadiño de sábado, co chan estrado de area de mar, ben peneirada. No apousento de recibir loce o sofá de respeto con funda de lenzo cru marcado cunha grande letra vermella bordada a punto de cruz. Na cociña brilla unha chocolateira de cobre... (Castelao, Os dous de sempre)

—Etopea: retrato literario das calidades morais dun individuo. Con todo a tía Ádega non gustaba de Rañolas, aínda que lle tivese mágoa, pois o malpocado rapaz viña dunha caste ruin. A súa nai, enlordada de pés a cabeza, non tiña un penisco por onde o demo puidese collela. Era ladra, borracha e candonga. O seu pai... nin a mesma nai poderla dicir quen fora. Agás da súa cepa e da súa familia, Rañolas era moi agudo, moi entendido e moi bo, segundo dicía Pedriño, e a tía Ádega remataba calando e consentindo naquela amizade. (Castelao, Os dous de sempre)

-Retrato: descrición física (externa) e moral (maneira de comportarse, defectos, calidades e sentimentos) dun individuo. O retrato sempre se completa a través das conversas e anécdotas que vive o personaxe e da opinión que teñen os demais sobre el. (...) don Felices, cantor que fora na Igrexa de Santiago, home de moitos misterios, e no tocante ás súas virtudes, cabaleiro moi cortés (...). Lémbrome, como si o estivera mirando, dos seus ollos chispos, vivos e faladores do acabalado nariz colorado, a a de finos beizos moi franca de corte, cantimais que era risoña, e os longos brazos e grandes mans, que chocaban en home de poucas medras coma aquel, que al se andaría pola talla de quintas.


(A. Cunqueiro, Merlín e familia e outras historias)

-Hipotipose: descrición plástica dunha persoa ou coma mediante trazos sensoriais (para expresar valores abastractos). O fidalgo barbuzán ten o espirito limpo como unha estrela. Certo día dixen que as monxas dos conventos eran cativas e vellas e don Froitoso fitoume feramente e fíxome calar, porque para este vello galán aínda son verdades tódalas fermosas mentiras do romanticismo. (Castelao, Cousas) A tía Ádega vive nunha casa pequerrecha, sempre ben encaleada, cunha balconeta de madeira, antre dúas fiestras xemelas, e unha porta de dúas follas. A casa ten fisonomía de boneco, con ollos, nariz e boca, e logo un caparuchete de tellas na cabeza. Cando a tía Ádega cerra unha fiestra, a casa chista un ollo. (Castelao, Os dous de sempre)

2. Fenómenos de sinonimia textual:

Expolición (conmoración, exergasia, epexergasia, epímone). Procedemento de amplificación que consiste en presentar un mesmo motivo en diferentes aspectos (repetir a mesma idea) ou dar voltas en torno á mesma idea: ...Non é o ar, é a triste lúa na Quintana dos mortos. ¿Quen brúa co este xemido de imenso boi melancólico? Nai: é a lúa, é a lúa na Quintana dos mortos. ¡Si, a lúa, a lúa coronada de toxos, que baila, e baila, e baila na Quintana dos mortos!! (F. García Lorca, Seis poemas galegos)

Digresión (excurso, parécbase). Consiste en saírse do tema empregando comparacións ou símiles ou en anticiparse ao curso dos acontecementos, para tomar en seguida o seu fío. As digresións breves desígnanse normalmente co nome de paréntese (visto máis arriba): Por aquela tempada do ano 193... lía eu moitos libros de Metapsíquica ciencia que dempois se chamou Parapsicoloxía. Non comentes do Premio Nobel Charles Richet, senón tamén de outros autores xaponeses, filandeses, daneses e da cas do demo (con perdón). Mais eu non podía dar testemuño de ningún fenómeno metapsíquico ou parapsicolóxico. Non era testigo direuto nin suxeto de ningún caso de premonición, levitación, telepatía, telequinesia, etc. Mais un día ... (Á. Fole, Historias que ninguén creLicencias

por supresión:

3. Licencias por supresión Percusión (epitrocasmo). Figura de condensación textual. Dise todo xunto o que despois se contará máis longamente. Lamas Carvajal utilízao no poema «A Aldea», 19 estrofas para describir o que previamente se cita e dá nome ao poema.

Preterición (praeteritio, pretermisión, paralepse, parasiopese). determinadas unidades temáticas ás que de forma finxida se renuncia a tratar:

Enumeración

de


Coñecín algúns homes que levaron a bandeira vermella cando era pecado e fermosa como baga do acevro. Eu mesmo tiven unha nas mans, unha bandeira vermella, cando era pecado e fermosa coma o bico dunha cegoña. Oín dicir que hai honres en Calcuta e Soweto que aínda levan bandeiras vermellas, fermosas coma camelias nos dentes. Pero eu hoxe non quería falarvos da orgullosa, vermella e triste bandeira que quenceu as mans dos que estaban debaixo, pecado e fermosa coma a lapa do carbón. Só quería falar da baga do acevro, do bico da cegoña, da camelia entre os dentes, da lapa do carbón, e da orgullosa, vermella, triste rosa de Yeats. (M. Rivas, Costa da morte blues)

Reticencia (interrupción, aposiopese). Prodúcese cando unha frase ou oración está incompleta, porque o que segue se dá por entendido: Non houbo galos para a mañá triste dos seus ollos mortos. O home do color da herba ben o sabe e sábeo o río e o arado e os montes e os bimbios tamén o saben. Non houbo galos... (S. García Bodaño, Ao pé de cada hora)

4. Licencias textuais por permutación Histeroloxía. Vista en pequenos segmentos integrada no hipérbato, incluímola neste

apartado cando a oración ou o discurso se cambia e se di á postre o que habería de estar primeiro. Poderían ser consideradas aquí as denominacións de analepse e prolepse, como fenómenos de aliteración da orde temporal da narración. 5. Licencias textuais por substitución:

Lítote (atenuación). Consiste en negar o contrario do que se quere afirmar. Soe facerse con fórmulas de negación (afirmar negando). Non soe faltar a ironía: Nunca serán libres os pobos sufridos. Con augas paradas non roda o rodicio

[=serán escravos] (C. Emilio Ferreiro, Cimenterio privado)

Perífrase (circunlocución, circunloquio). Acción de expresarse por rodeo de palabras: Xa por detrás dos montes se escondía O rubo pai da luz en carro de ouro [=sol] (N. Pastor Díaz, Égloga de Belmiro e Benigno)


INTENSIFICADORES TEXTUAIS

1. Non vinculados a un tipo de estrofa:

Anadiplose textual. Modalidade progresiva da anadiplose que encadea diferentes estrofas: (...X///X... ...Y///Y... ...Z///Z...). É unha manifestación do coñecido leixaprén: Falta o día, e noite escura baixa, baixa, pouco a pouco, por montañas de verdura. De verdura e de follaxe, salpicada de fontiñas baixo a sombra do ramaxe. Do ramaxe donde cantan paxariños piadores que ca aurora se levantan. (Rosalía de Castro, Cantares gallegos) Anáfora textual. Repetición dun mesmo segmento textual, formado por un ou máis versos, ao comezo de varias estrofas consecutivas dun mesmo poema (X... /// X... /// X...): O vento zoa nas outas lumieiras, O vento zoa nas removidas tellas, O vento zoa e unha cantiga enxerga... (M. Lugrís Freire, Ardencias)

Epífora textual. Consiste na finalización dunha serie de estrofas polo(s) mesmo(s) verso(s) (...X /// ...X /// ...). No poema de Rosalía «Vinte unha crara noite» (en Cantares gallegos), composta por dúas estrofas longas, cada estrofa remata cos mesmos versos: «que onde moitos cospen / lama fan». E foron —¡ay!— testigos de aquel teu suspirar que ó meu correspondí con amoriño igual. Pero dempois dos outros mais majos e galáns (mais non que máis te queiran, que haber non haberá) tamén, tamén, meniña, soupeches praticar á sombra dos salgueiros, cabo do romeiral. Por eso eu che cantaba en triste soledá, cando —¡ay de min!— te vía con eles parolar: —«Coida, miña meniña, das práticas que das, que donde moitos cospen lama fan». II


¡Que triste óra te vexo...! ¡Que triste, nena, estás!... os teus frescos colores, ¿donde, meniña, van? O teu mirar sereno, o teu doce cantar, ¿donde, meniña, donde, coitada, toparás? Xa non te vin, meniña, na noite de San Xoán, pediendo as frescas herbas na fonte a serenar. Xa non te vin fresquiña cal rosa no rosal, que muchadiña estabas de tanto saloucar. Ora, de dor ferida, buscando a honriña vas, a honriña que perdeches, mais ¿quen cha volverá? Eu ben, miña meniña, ben cha quixera dar, que aquel que ben che quixo doise de verte mal. Mais anque dir eu diga que limpa, nena, estás, respóndeme sorrindo por se de min bulrar: —«Ben sabes, Farruquiño, Farruco do Pombal, que donde moitos cospen lama fan».

Complexión textual. Consiste en comezar e finalizar unha serie de estrofas por senllos segmentos textuais dun ou máis versos (X...Y///X...Y...): —¿Qué tes na man?

—Unha frol. — ¿Il non será a rosiña dos teus beizos? O lla ti ben, meu rei; eu teño os ollos desnorteados... — —¿Qué tes na man?

— U n paxaro. — ¿II non será a ruliña dos meus soños? O l l a ti ben, meu rei; eu teño os ollos desgobernados... — Qué tes na man?

— Unha pinga de orballo. — ¿II non será Deus mismo na oía man? Olla ti ben, meu rei; eu teño os ollos deslumeados...

(A. Sevillano, Terra liñar)


Epanalepse textual. Apertura e peche dunha mesma unidade estrófica cun mesmo verso ou conxunto de versos (X...X): Os anacos de espello amaban ríos. Amistades coa sal. Coas cousas más antigas. Unha noiva das fontes e dos paxaros noivos. Os cabelos despertos. A sal imaxe donda, central de noites vivas. A lúa cousa antiga. Unha pedra ferve o seu van. O río anda. ¡Que inexactos e xustos os coores da noiva! Unha ave sonora como unha margarida, Sís e nons naturais sabor de frol retente. Cada espello unha vea escurridiza e fría onde gotexa o cheiro dos ríos desiguais. Sober silencios nidios a noiva dos paxaros, Velahí a dormida. Un peito soio. Unha noiva de cousas. Como en calquer estampa. Os anacos de espello amaban ríos. (Alvaro Cunqueiro, Poemas do si e non)

2. Vinculadas a certas formas estróficas (vilancico, glosa): Na primeira modalidade partimos dunha unidade textual coñecida como refrán. Pode darse a repetición dos versos finais ou da súa integridade. No libro Cantares gallegos de Rosalía temos exemplos corno este: Non che digo nada... ¡Pero vaya!

Pasan naquesta vida cousiñas tan extrañas, tan raros feitos vense neste mundo de trampa; tantos milagres vellos, tan novas ensinanzas, e tan revoltos allos con nome de ensaladas, que non che digo nada... ¡Pero vaya!

A glosa consta dun texto base que encabeza o poema e un texto secundario derivado do anterior que presenta unha reiteración periódica dos versos que conforman o texto base (vid. supra).


NIVEL SEMÁNTICO LICENCIAS SEMÁNTICAS

Quedan englobadas dentro dos fenómenos coñecidos como tropos. Con este nome de tropo (= desprazamento) desígnase o cambio de sentido dunha palabra en virtude da súa semellanza ou contigüidade. De al a clasificación en dous grandes grupos: tropos metafóricos (tropos por semellanza) e tropos metonímicos (tropos por contigüidade). 1. Tropos da serie metafórica:

Imaxe Este tropo supón a relación entre dous planos (real e imaxinativo) por unha nota de

semellanza (fundamento) que pode ser obxectiva (baséase en notas lóxicas) ou subxectiva (cando entre os elementos hai unha base irracional). Atendendo aos diferentes tipos de fundamento, A. López Casanova (2001: 226) establece o seguinte cadro, parcialmente modificado:

FUNDAMENTO OBXECTIVO Símil (A como B) Metáfora in praesentia (A é B; A ou B; A, B) Metáfora in absentia [A] - B

FUNDAMENTO SUBXECTIVO Imaxe visionaria (A como B) (A é B; A ou B; A, B) Símbolo [A] - B Visión A+[B x B1]

Imaxe verbal/imaxe adxectiva A+[B x B1]

Símil. Crea unha analoxía entre os dous termos A (real) e B (imaxinativo) por medio da conxunción como, coma: O sapo era como un paxaro triste. (M. Cuña Novás, Fabulario novo)

Metáfora in praesentia / Metáfora in absentia. A distinción entre unha e outra metáfora

baséase en que se mencionen expresamente os dous elementos entre os que se establece


a relación (metáfora in praesentia) ou só se mencione o elemento irreal co que se establece a comparación e non o elemento real que se compara (metáfora in absentia). A metáfora in praesentia pode presentar as seguintes formulacións: —Co verbo ser ou a conxunción ou (A é B; A ou B): O Sol era un paxaro triste que se pousaba no penol. (Manuel Antonio, De catro a catro) Paxaro ou froito asulagado na noite. (M. Cuña Novás, Fabulario novo)

—Por aposición (A, B; A —B—; A: B): Meu corazón, branca vela. (M. Fabeiro, Quechenzare da saudade) O sol —un sátiro louro—.

(A. Iglesia Alvariño, Corazón ao venta) Saudade: muller de orballo. (M. Cuña Novás, Fabulario novo)

—Con modificador preposicional (B de A): A miña sede de mar inmaculado queda coutada por unha estrofa de auga. (Manuel María, Advento)

Metáfora in absentia: Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo.

(Á. Cunqueiro, Cantiga nova que se chanza ribeira) Imaxe verbal / adxectiva. A forma verbal ou o modificador (adxectivo ou preposicional) nimba frase verbal ou nominal (B) substitúese por outra (B1) de doada comprensión dentro do contexto (vid. prosopopea): No mar derreteuse a lúa.

(Amado Carballo, Proel)

Nas queixumosas táboas brosladas finamente polo verme analista de insomnios e fantasmas repousou o meu pai no cadaleito. (R. Otero Pedrayo, «A casa soja»)


Hipérbole (superlación). Esaxeración: Modo na propia sangre a dura pruma rompendo a vea hinchada. (Rosalía de Castro, Follas novas)

Sinestesia. Tipo de metáfora que consiste en atribuír calidades sensitivas a calidades que non lle corresponden. Nun sentido máis restrinxido, é a figura poética que consiste en atribuír a un sentido (vista, oído, etc.) sensacións que corresponden a outro: Berces do luar confuso loiros vals, finos perdóns; mans que nin de ollar me acuso. (E. Blanco Amor, Cancioneiro) A súa queixa no brañal debulla con voz de prata. (Amado Carballo, O galo)

Ironía. Segundo a retórica consiste en expresar unha idea pola expresión da contraria. Pero hai que partir da idea de que a ironía é un fenómeno pragmático e non unicamente semántico, en canto se percibe no contexto e depende das intencións do locutor ou narrador e a capacida de interpretativa do interlocutor ou lector (Linda Hutcheon, 1981). A ironía cruel ou amarga que afecta a grandes sentimentos, a ideas nobres ou a persoas desvalidas, recibe o nome de sarcasmo: Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todas fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha grande desgracia. O pranto deberá ter unha gracia choqueira, para que estoupen de risa os do «patio de butacas».

(Castelao, Cousas)

Alegoría. Procedemento retórico mediante o cal se establece unha correspondencia continuada entre unha serie de ideas e unha serie de imaxes coas que se pode relacionar: Meu corazón, branca vela, ronsel de adeuses espidos na noite da miria Terra. Saíu do porto no abrente; ía en procura de soños, de alegrías, de leceres (...). (Nas horas do fuscolusco meu corazón, branca vela, era ronsel —mil adeuses de mergulladas arelas). (M. Fabeiro, Quechemare da saudade) 2. Tropos da serie metonímica: Metonimia (transnominación). Un tropo no que un termo substitúe a outro porque gardan entre si unha relación de contigüidade. A traslación vén guiada non pola semellanza (como na metáfora) senón pola proximidade existente entre eles, de maneira que na reducción a linguaxe lóxica só é necesario engadir o termo substituído:


—Substitución da causa polo efecto: vive do seu traballo. —Contido por continente: tomamos unhas copas. —A cousa polo seu lugar de procedencia: prefiro un albariño. —O obxecto pola materia de que está feito: unha fermosa cristalería. —A cousa polo signo: traicionou a bandeira. —O concreto polo abstracto: burlou a vixilancia. Hai que facer observar que ao igual que na metáfora existe unha substitución, pero esta non afecta á palabra. Os significados permanecen idénticos: Valeiro o céltigo trono, O ceo disposto ten [Deus] que seia nobre ou pecheiro o que a espada poida erguer, en trunfo e groria da raza cinga a coroa de Rei. (R. Cabanillas, Na noite estrelecida)

Unha modalidade deste fenómeno son os epítetos metonímicos: Non faledes... Caladiños... Que está durmindo o meu neno en dolce paz... [=paz que produce dozural (V. Lamas Carvajal, Espiñas, follas e frores)

Entre outras das modalidades de metonimia poderiamos citar a metalepse ou intercambio que se dá no discurso entre elementos que gardan unha relación de antecedente/consecuente (variante da relación causa —> efecto): Dibuxara ou tetera a defiada e senlleira toupa, as denosiñas i as martas frientas, de vizosas peles. (L. Seoane, Fardel de eisiliado)

Catacrese. Consiste en aplicar o nome dunha cousa a outra semellante cando esta non ten un nome particular: en Follas novas de Rosalía (follas = papeis). Hipálaxe Consiste en aplicar a determinados susbstantivos adxectivos que corresponden a outro susbstantivo do seu contorno. O adxectivo dun substantivo desprázase e refire a outro substantivo que non lle convén semanticamente. O adxectivo desprazouse desde un susbtantivo a outro por contigüidade ou proximidade. É, pois, unha forma de metonimia (J. A. Martínez, 1975): o lento errar palas galerías ---> o errar polas lentas galerías. A diferencia do desprazamento cualificativo (Carlos Bousoño, 1970), a irracionalidade provén do desprazamento sintáctico8 e non semántico. Énfase. Consiste en empregar unha palabra ou expresión nun sentido máis restrinxido e preciso do que ten normalmente: Marcháchete un día ti, aquel que eu quería; fuxiste da terra [terra = Galicia] que tanta alegría i encantos encerra. (Rosalía de Castro, Follas novas)


Sinécdoque. É case unánime a consideración desta figura como metonimia. Unicamente se distinguen dous tipos de proximidade entre os termos, pero a relación é a mesma e non hai base lingüística para distinguilas. A relación causal marca a metonimia; e a cuantitativa (todo pola parte ou viceversa), a sinécdoque: Non che direi que irnos a vingarte, amigo morto polo ferro airado. (C. Emilio Ferreiro, Cimenterio privado)


Considérase sinécdoque particularizante (1) a que designa o todo por un dos seus elementos e sinécdoque xeneralizante (2) cando un elemento vén dado polo nome do conxunto: (1) É unha das voces más importantes (un cantante). (2) A cidade amotinouse (os cidadáns). 9)

Dentro da sinécdoque podemos atopar a variedade designada co nome de antonomasia. Consiste na substitución dun nome polo dunha calidade que lle corresponde de maneira inconfundible: O autor deste libro, a diferencia dos poetas da súa terra, tan humildosos devotos da Santa [= Rosalía], do Bardo [= Pondal] e do Rebelde [= Curros], non por asemellarse a ningún, e moito menos ó consabido trío, fixo da súa independencia un sagro fanatismo (...). (Manuel Antonio, «Prólogo dun libro que ninguén escribeu»)

INTENSIFICACIÓNS SEMÁNTICAS

Antítese.

mesma frase:

É a contraposición entre dúas palabras ou expresións nunha «Escrito na parede do cemiterio»

Se os que xacen dentro non poden saír, e os que viven fóra non queren entrar, estes rexos muros que coutan as campas son un monumento da ideotez humana. (C. Emilio Ferreiro, Cimenterio privado) Hai homes cheos de sombra, homes a contralús que che fan ver a Deus coma unha mar de lus. A noite é necesaria para que ti poidas ver sobro medo e o mal as estrelas arder (X. M. Díaz Castro, Nimbos)

Como unha forma especial de antítese cabe definir o quiasmo, que consiste en ordenar de forma simétrica ou cruzada os elementos que compoñen un grupo de palabras. En sentido estricto, as dúas partes dun quiasmo deberían formar unha antítese: Nos primeiros tempos doña Carmen viviu leda pola esperanza do retorno. Despois a seguranza de morrer no desterro deixouna abraiada. (Castelao, Causas)

Outra figura especial da antítese é a cohabitación ou convivencia natural de contrarios dentro dun mesmo suxeito (útil para mostrar as contradiccións do individuo): (...) en cada fatiga do meu pasar amigo polos cómaros do terror da ledicia. (X. L. Méndez Herrín: Con pólvora e magnolias)


Diloxía ou silepse. Consiste en usar unha palabra en dúas das súas acepcións dentro dun mesmo enunciado, ou a mesma palabra en dous sentidos diversos: Os homes non queren ser burros; quixeran en troques seren leóns, tigres, lobos..., xustamente porque os homes son máis burros que leóns, que tigres, que lobos... (Castelao, Cousas)

Paradoxo. Esta figura crea un contrasentido mediante a unión de dous termos aparentemente contradictorios, pero que están harmonizados. Naquela procesión todos tiñan por quen chorar e todos choraban. E aínda choraba Baltasara [...1 que non tiña pai nin nai [...] e tamén se desfacía carpindo con todos os folgos. —¿Por quen chorabas, Baltasara? E ela dixo, saloucando: -¿O non ter por quen chorar parécelle pequena desgracia, señora? (Castelao, Cousas

Oxímoro. Enfrontamento de dúas palabras ou dúas frases: .Meu recordo é unha roseira que ten, frescas e arumadas,

máis rosas canto máis vellas! (R. Cabanillas, Vento mareiro)

Antífrase. Sería unha afirmación equivalente a unha negación rotunda, con entoación ordinariamente irónica: A figura esgalichada de Pedro cólase na cociña, e endalí a sogra ftreo con alaudos burlescos. —¡Ai, que bo mozo estás! ¡Ai, que ben vestido vés! ¡Ai, que baúles trouxeches! ¡Ai, que rico debes vir! (Castelao, Os dous de sempre


NIVEL PRAGMÁTICO Este nivel está vinculado co conxunto de elementos que interveñen no acto enunciativo.

1. FICCIONALIZAN O ACTO COMUNICATIVO

Personificación ou prosopopea. Consiste en atribuír calidades dos seres humanos a animais ou seres abstractos: Xa as follas murchas penduraban cun longo desespero soando bicadas polo ar do solpor cun marmurar decrebadiño; os millos levaban como nais chorosas o neno loiro da espiga gargado no mol fatelo do cosco. (R. Otero Pedrayo, Os camiños da vida)

Dialoxismo (sennocinatio). Figura retórica que consiste en referir textualmente palabras ou discursos postos en boca dalgunha persoa real ou ficticia. Pode ser soliloquio, se o personaxe fala consigo mesmo, ou coloquio, cando fala con outro: Pois ben… e se tivese morro despois, despois de o sentir eu remexerse, como quizais poidera adeviñarse por algunha siñal? ¡Un crime, si, un crime o me ter calado! Ouvide xa o rebumbio da xentc... —Pediu ausilio e non llo deron, malpocado!...

(R. Dieste, Dos arquivos do trasno)

Cando a persoa está morta, denomínase idolopea (a condesa de Pardo Bazán figura en O

divino sainete de Curros Enríquez como portavoz de todos os que dentro do país están en

contra das reivindicacións galeguistas). 2. VINCULADAS COA FUNCIÓN EXPRESIVA E APELATIVA

Concesión (concessio). Recoñecemento non completo de que algún dos argumentos opostos é verdadeiro: A miña concrusión é que estas telepatías danse máis, ou só se dan, entre persoas moi achegadas polo sangue, ou moi semellantes de carácter e de temperamento. Admito que se poidan dar algunha vez entre persoas de diferente sangue. (Á. Fole, Historias que ninguén cre)

Corrección (correctio). O falante ou escritor desdise (ou insiste sobre o mesmo) para expresarse enseguida con maior propiedade: ¡Ai!, a tristeza, musa dos nosos tempos, coñéceme ben e de moitos anos atrás; mírame como súa, é outra coma min, non me deixa un momento, nin aínda cando quero falar de tantas cousas como andan hoxe no aire e no noso corazón. ¡Tola de min!, ¿no aire, dixen?, ¡no meu corazón, aínda máis fóra de el! (Rosalía de Castro, Follas novas) Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas coma as miñas penas,


feras coma a miña dor. (Rosalía de Castro, Follas novas) Dubitación (dubitatio, addubitatio, aporese, diaporese). Consiste en que o falante ou escritor vacile acerca do que debe dicir ou escribir: Despois do xa dito, ¿terei que engadir que este meu libro non é en certa maneira fillo da mesma inspiración que dou de si os Cantares gallegos? Paréceme que non. (Rosalía de Castro, Follas novas) Conciliación (conciliatio). Aproveitamento dun argumento adverso en favor da propia

causa: Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo [...J. Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. (Vicente Risco, Leria) Calvo Sotelo —o noso leal e tenaz adversario— explicou nun acto en Barcelona (xaneiro de 1936) o alcance daquela frase súa: «Querría mejor una España roja que una España rota». ¿A que lle chamaba Calvo Sotelo «España rota»? Seguramente a unha España na que os pobos diferenciados gozaran de liberdade política. Dixo que «una España rota necesitaría siglos tal vez para reintegrarse, para volver a la unidad». Por esta razón o seu ideario totalitarista preferiría una «España roja» sen liberdades políticas, claro está, porque desta maneira «una España roja no podría durar». Os galeguistas comentamos oportunamente aquelas frases do noso inimigo e dixemos que discorría moi ben porque se «una España rota» subsistise durante séculos, era porque respondía a unha necesidade natural, a unha tendencia fonda de alma española, a principios enraizados na alma do pobo. (Castelao, Sempre en Galiza)


Paradiástole (distinctio, separación, separatio). Consiste en reunir nun contexto palabras de significado parecido, pero opoñendo os respectivos significados (humilde, pero non sumiso; afable >

pero non adulador).

Communicatio. (comunicación, anacoenose). A diferencia da dubitación, en que se establecía a cuestión con nós mesmos, agora faise con outros: Retratados están os ollos verdes e sereos daquela fermosísima, doce, virxinal doncela. Pousa a súa man dereita, unha peciña de marfil que viriera da China entre sedas, no férreo mantel que cobre a man de El Rei. ¿Lémbraste dos ollos craros, da despexada fronte, da boca verdadcira, da vizosa barba? ¿Non hai alí, no mesmo tomo, un home e un Rei? (A. Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca) (B.

Apóstrofe ou invocación. Consiste en dirixirse directamente a persoas presentes ou ausentes, a seres animados ou incluso a obxectos inanimados: Di, oh Musa, daqueles nomeados que por fe muito máis que ferro fortes, navegaron os mares alongados... (E. Pondal, Os Eoas)

Exclamación. Expresión intensa do sentimento que se expresa a través do uso de interxeccións ou frases interxectivas:

¡Ai da nena alunarada, pálida como o luar! Como canta o seu cantar tan serena, e sen pensar que a que lunares ten, fertuna esquiva lle ha de ser mentras viva! (Rosalía de Castro, Follas novas)

Suxección (subiectio ou percontatio) ou hipófora (hipophora). Figura retórica que consiste en facer preguntas que un mesmo responde (ficción de diálogo): ¿Quen fechou esta noite a fenestra azul do mar? Este Mar fuxitivo de tódalas ribeiras. Náufrago do neboeiro que desviou o rumbo dos puntos cardinais. [= o neboeiro impide ver o mar] (Manuel Antonio, De catro a catro)


Interrogación retórica. A pregunta, de resposta evidente, serve para acentuar unha idea: ¡Irmáns, oíde! ¿Sempre teremos de ser escravos, pitiñas mansas, pitos coirentos? ¡Irmáns! Galicia é unha ringleira de galiñeiros... ¡Todos a unha! ¡Matemos tódolos galos negros! (R. Cabanillas, Venta mareiro)

Cando a resposta é simplemente si ou non, fálase de interrogatio. Cando, en cambio, a contestación debería ser máis precisa estamos ante o quaesitum: Galicia, morredoira, largasía restreva, muradana en farrapos, esnaquizada ermida, verba sen lume, largasía e outa lareira esborrallada, ¿como hei falarche pra que te ergas? (Antón Tovar, Non)

Licencia. Reproche dirixido ao público, para incitar o seu amor propio ou cun sentido irónico: Vou contarvos un tonto triste. A pouco de casar dona Micaela comezou a facer camisiñas; mais a súa ilusión abateuse de súpeto e con bágoas nos ollos meteu nun frasco de augardente o froito merado dos seus amores. Dona Micaela escribiu nun papeliño: Adolfo, 12 de malo de 1887. Pegou o papeliño no frasco e despois de bicalo tristemente gardouno no armario de sabas de liño Non vos riades porque o corito é triste. (Castelao, Causas)

Optación. Expresión dun desexo vehemente: —Deprecación ou súplica: ¡Ah, piedade, Señor! ¡Barre esa sombra que en noite eterna para sempre envolve a luz da fe, do amor e da esperanza! (Rosalía de Castro, Follas novas)

—Obsecratio. Súplica feita «en nome de...»: Señor, polo teu amor... Para o pobre que amosa a man un bocadiño de pan (...) (Crecente Vega, Codeseira)

—Imprecación. Desexar mal aos demais: Unha mañá tintinearon os vidros, abanearon os armarios e tremaron as paredes... O xefe caíu de xeonllos, e entón Pedro abriu os brazos e mirou para o teito, buscando a Deus.


—¡Mátao agora, tremor divino! (Castelao, Os dous de sempre)

—Execración. Desexar mal a un mesmo: ¡Pro agora xa todo se amolou, malia a min i a miña mala sorte...! (E. Blanco Amor, A esmorga)

—Ameaza ou conminación: ¡Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos cando van, van como rosas; cando ven, ven como negros! (Rosalía de Castro, Cantares gallegos)

—Obstentación. Afirmar ou negar algo poñendo como testemuña a alguén ou algo: ¡Xuro a Deus, Xan de Ventraces, que che hei de arrincar a lingua! (M. Curros Enríquez, Aires da miña terra)

Suspensión (sustentación). Prodúcese cando se mantén suspenso o ánimo do lector ou oínte. Ás veces disténdese nun final xocoso:

Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño, sorrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos discutían máis enfervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O vagamundo desaparecera sen pagar. (R. Dieste, Dos arquivos do trasno)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.