Breve panorama da novela e o conto en galicia

Page 1

BREVE PANORAMA DA NOVELA E O CONTO EN GALICIA. TEMAS, OBRAS E AUTORES As primeiras manifestacións da prosa narrativa prodúcense a mediados do século XIX coa novela e o conto literario. A penuria editorial en que se desenvolveu o noso rexurdimento literario fronte ao auxe do xornalismo habería de determinar, pola súa difusión e economía, que as primeiras novelas aparecesen en forma de folletíns por entregas. O gusto dos posibles receptores explicarían a temática folletinesca de obras como Maxina ou a falla espúrea (1880) de Marcial Valladares ou as novelas históricas de López Ferreiro, como A tecedeira de Bonaval (1894). No caso do conto literario, o afán por salvagardar as tradicións e a recuperación da esencia popular tanto na temática como nas formas propiciaron unha liña enxebrista de produción na que poderiamos citar Gallegadas (1887) de Lamas Carvajal e Contos, lendas e tradicións (1891) de Heraclio López Placer. O rexeitamento deste costumismo rural será levado a cabo por Francisco Álvarez de Nóvoa coa súa obra Pé das Burgas, onde dará cabida a personaxes urbanos e burgueses, nunha aposta por unha prosa moderna que trata aparición das Irmandades da Fala en 1916 entrará en fase de reactivación. Froito da preocupación das Irmandades por potenciar a prosa son os suplementos literarios «¡Terra Nosa!» (1919) do xornal El Noroeste da Coruña e a revista Alborada (1922) de Pontevedra. Pero haberían de ser os integrantes do Grupo Nós os que desen o gran paso na modernización da prosa en Galicia. Con eles a prosa galega por riba do costumismo e ruralismo ábrese a horizontes máis novos á vez que enraizados na nosa cultura. Galicia, centrada no paso do Antigo Réxime á sociedade liberal burguesa do século XIX, é o tema das narracións de Otero Pedrayo. A decadencia da fidalguía, clase á cal segundo el lle correspondía propiciar os cambios dunha Galicia feudal a outra moderna, dá paso a unha Galicia esfarelada polos burgueses de vilas e cidades (maiormente foráneos), desprezativos do pasado e negadores da lingua galega (vid. Os camiños da vida). Esta clase social será o obxecto da repulsa de Vicente Risco en O porco de pé. Galicia marcará tamén a obra de Castelao, unha obra rica en valores estéticos e morais (Cousas, Retrincos) ou mesmo simbólicos (Os dous de sempre), na que a alma galega, tomada maiormente de labregos e mariñeiros, queda perfectamente reflectida e que marca o cumio da evolución do conto decimonónico ao moderno. Con Rafael Dieste (Dos arquivos do trasno) volvemos a toparnos cun autor que sabe involucrar ao lector na intelixencia das situacións que lle vai presentando, coincidindo con E. Allan Poe na poética do relato. E de novo a Guerra Civil aborta un renacer laboriosamente xestado. Hai que esperar ata 1951 para que se publique a primeira novela de posguerra, A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero. O realismo será de novo a estética elixida. A través del mostrarase unha linguaxe narrativa fiel á a lingua falada e testemuña das dúas realidades do momento —mundo rural e exilio— ámbitos en que o novelista vive por si mesmo ou describe a través de personaxes dos que se fai eco. A Galicia, pobre e marxinada, de Neira Vilas (Memorias dun neno labrego), a Galicia perseguida nos anos de posguerra (O silencio redimido de Silvio Santiago) ou a Galicia de arrabaldo, explotada polas clases foráneas, que a través da soltura e naturalidade da lingua coloquial recrea Blanco Amor na súa gran novela, A esmorga. Pero tamén hai unha


literatura de evasión, plena de maxia e exotismo que a través do humor, o lirismo e a fantasía dará plenitude á narrativa de Alvaro Cunqueiro (Merlín e familia, Os outros feirantes), sen esquecer que o aproveitamento da técnica e a temática do relato oral será tamén o desencadeante dos procesos fabuladores de carácter parapsicolóxico ou fantástico doutro grande escritor lugués, Anxel Fole (A lus do candil). Os narradores tamén se nutrirán dos grandes innovadores do século XX. Joyce, Faulkner, Kafka e a narrativa experimentalista do «Nouveau Roman» servirán para mostrar unha concepción do mundo de raíz existencial. O mundo narrativo do que en Galicia se denominou Nova Narrativa Galega (Méndez Ferrín, Carlos Casares, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, etc.) parece dominado pola angustia do home, o seu alleamento e a marxinación dos sectores sociais. A realidade soporta un desacougante misterio que sitúa aos personaxes nos límites da realidade (Vento Ferido de Carlos Casares) e o relato explora os universos do mito e a fantasía, cun tratamento simbólico de temas socio-políticos e individuais (Arraianos de Méndez Ferrín). Trátase dunha literatura cunha maior incidencia sobre os mundos urbanos, absurdos e angustiantes, que incorpora as achegas da psicanálise e técnicas do relato contemporáneo: a desaparición do heroe problemático, a obxectualización, a ruptura do tempo cronolóxico, a desaparición da intriga, o monólogo interior, etc. A partir de 1975 apréciase unha nutrida nómina de novos autores a carón dos premios literarios e da potenciación da lingua galega no ensino entre os que cabe destacar Suso de Toro (TicTac) e Manuel Rivas (¿Que me queres, amor?).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.