Isidoro Brocos. Debuxo e escultura. Colección de Arte ABANCA (Pontevedra)

Page 1


Paxaro pousado nunha póla (detalle), plumiña acuarelada sobre papel. Colección ABANCA


Prolífico debuxante e destacado escultor, Isidoro Brocos (1841-1914) constitúe unha figura singular na vida cultural galega. Vive unha etapa fundamental da nosa historia moderna: o Rexurdimento, época dunha incomparábel inquedanza política, social e artística. Será neste período onde se forxe o seu proxecto artístico.

Prolífico dibujante y destacado escultor, Isidoro Brocos (1841-1914) constituye una figura singular en la vida cultural gallega. Vive una etapa fundamental de nuestra historia moderna: el Rexurdimento, época de una incomparable inquietud política, social y artística. Será en este período donde se forje su proyecto artístico.

Isidoro Brocos é exemplo de artista formado na Academia e de Realismo tardío mais, asemade, representa na arte galega un modelo do individuo moderno, tanto nos seus ideais coma no seu sentimento estético. Na súa carreira ocupa un lugar especial o feito de ter sido mestre de Pablo Picasso na Coruña, cando o malagueño cursaba aulas de modelado de adorno e baleirado

Isidoro Brocos es ejemplo de artista formado en la Academia y de Realismo tardío pero, al mismo tiempo, representa en el arte gallego un modelo de individuo moderno, tanto en sus ideales como en su sentimiento estético. En su carrera ocupa un lugar especial el hecho de haber sido maestro de Pablo Picasso en A Coruña, cuando el malagueño cursaba estudios de


no Instituto Eusebio da Guarda. Este feito eclipsou, quizais, a súa talentosa actividade creativa, avalada por unha considerábel produción e diversos galardóns, entre os cales destacan a súa presenza no Salón de París en 1879, a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes en Madrid en 1880 e o seu nomeamento como Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega en 1905.

modelado de adorno y vaciado en el Instituto Eusebio da Guarda. Ese hecho eclipsó, quizás, su talentosa actividad creativa, avalada por una considerable producción y diversos galardones, entre los que destacan su presencia en el Salón de París en 1879, la tercera medalla en la Exposición Nacional de Bellas Artes en Madrid en 1880 y su nombramiento como Académico de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando y de la Real Academia Gallega en 1905.

Se ben Isidoro Brocos é coñecido principalmente polo seu labor escultórico, é no debuxo onde o artista plasma algúns dos seus máis profundos ideais artísticos e estéticos. Así, esta exposición que agora se presenta na Sede Afundación de Pontevedra inclúe a maior serie de debuxos do

Si bien Isidoro Brocos es conocido principalmente por su labor escultórica, es en el dibujo donde el artista plasma algunos de sus más profundos ideales artísticos y estéticos. Así, esta exposición que ahora se presenta en la Sede Afundación de Pontevedra incluye la mayor serie de


Apolo do Belbedere, lapis de grafito sobre papel. Colecciรณn ABANCA


artista. A través do centenar de obras que compoñen a mostra, trázase un percorrido concibido en varias seccións temáticas: debuxos de academia; historicismo e mitoloxía; relixiosidade; e temática rexionalista, coma a da coñecida escultura Aquí, aquí –La pulga- (1880). Debemos recordar ao respecto as acertadas palabras de Manuel Chamoso Lamas quen, ao facer mención da produción final de Brocos, dicía: «[...] o apaixonante quefacer dos seus debuxos, que son por si sós, cada un deles, unha obra de arte. Neles podemos encontrar toda a explicación e xustificación da súa creación escultórica, á vez que a traxectoria da súa evolución estética».

dibujos del artista. A través del centenar de obras que componen la muestra, se traza un recorrido concebido en varias secciones temáticas: dibujos de academia; historicismo y mitología; religiosidad; y temática regionalista, como la de la conocida escultura Aquí, aquí, -La pulga- (1880). Debemos recordar al respecto las acertadas palabras de Manuel Chamoso Lamas quien, al hacer mención de la producción final de Brocos, decía: «[...] el apasionante quehacer de sus dibujos, que son por sí solos, cada uno de ellos, una obra de arte. En ellos podemos hallar toda la explicación y justificación de su creación escultórica, a la vez que la trayectoria de su evolución estética».


Academia (detalle), lapis carbรณn sobre papel. Colecciรณn ABANCA


Retrato, tinta sobre papel sepia, maio de 1880. Colecciรณn ABANCA


Unha mención especial merecen os cadernos de viaxes de Brocos, unha serie de apuntamentos do natural que o artista tiña por costume realizar nas súas saídas, anotando todas aquelas escenas que espertaban o seu interese. Coa finalidade de que o público que visite a mostra poida gozar destes debuxos, dixitalizamos este material, de forma que se poida ter unha correcta e ampla visión dos mesmos.

Una mención especial merecen los cuadernos de viajes de Brocos, una serie de apuntes del natural que el artista tenía por costumbre realizar en sus salidas, anotando todas aquellas escenas que despertaban su interés. Con el fin de que el público que visite la muestra pueda disfrutar de estos dibujos, hemos digitalizado este material, de tal forma que se pueda tener una correcta y amplia visión de los mismos.

Con esta exposición queremos contribuír a reforzar a presenza dun artista fundamental na historia da arte galega, dar a coñecer máis en profundidade a súa obra e o seu xeito de a concibir no contexto dunha época singular, de finais do XIX ás primeiras décadas do século XX.

Con esta exposición queremos contribuir a reforzar la presencia de un artista fundamental en la historia del arte gallego, dar a conocer más en profundidad su obra y su modo de concebirla en el contexto de una época singular, de finales del XIX a las primeras décadas del siglo XX.


PROGRAMA DIDÁCTICO Visitas comentadas para persoas adultas os xoves ás 19.00 h. (previa reserva) Para grupos e colectivos, en horario a convir Visitas-obradoiro para centros educativos Heroes mitolóxicos de papel e lapis. Infantil a 3º de primaria A miña vida nun caderno de debuxo. 4º de primaria a 2º de ESO Isidoro Brocos, mestre do trazo. 2º ciclo de ESO, bacharelato e C.F. Visitas-obradoiro infantís e xuvenís na fin de semana Máis información e reservas no 986 333 210 ou en areaeducativapontevedra@afundacion.org

APP COLECCIÓN DE ARTE ABANCA

Conéctate a la red wifi y descárgate gratis la aplicación Colección de Arte Conéctate á rede wifi e descarga gratis a aplicación Colección de Arte Enfoca la obra con la cámara de tu dispositivo Enfoca a obra coa cámara do teu dispositivo Encuádrala hasta que se vea completa Encádraa ata que se vexa completa Tu dispositivo reconocerá la obra y podrás ampliar información, guardar en favoritos y compartir en redes sociales O teu dispositivo recoñecerá a obra e poderás ampliar información, gardar en favoritos e compartir nas redes sociais


Antinoo, lapis sobre papel sepia. Colecciรณn ABANCA


Depósito Legal: C 43-2016

Do 16 de febreiro ao 9 de abril de 2016 Sede Afundación Pontevedra Café Moderno Praza de San Xosé, 3 Horario. Luns a venres de 17.30 a 20.30 h Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h

coleccion.abanca.com afundacion.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.