Guía do curso Traballo Colaborativo Dispositivos Móviles 2 edición

Page 1

GUÍA DO CURSO

DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO COLABORATIVO A TRAVÉS DE DISPOSITIVOS MÓBILES

1


INDICE

Descrición do curso ................................................................................................................... 3 Persoas titoras ........................................................................................................................... 3 Obxectivos ................................................................................................................................. 3 Competencias profesionais do profesorado ............................................................................... 4 Contidos..................................................................................................................................... 4 Correlación das competencias profesionais cos contidos do curso ............................................ 6 Metodoloxía ............................................................................................................................... 6 Seguimento e desenvolvemento do curso.................................................................................. 7 Comunicación coas persoas titoras...........................................................................................10 Avaliación .................................................................................................................................11 a) Criterios de avaliación .......................................................................................................11 b) Ferramentas de avaliación ................................................................................................13 c) Tipos de avaliación ............................................................................................................13 Aplicación práctica nas aulas ....................................................................................................14 Requirimentos para seguir o curso............................................................................................14

2


DESCRICIÓN DO CURSO Esta actividade de formación a distancia non presencial centrase no uso dos dispositivos móbiles, que nos permitirán crear e compartir recursos dixitais, para ser usados na práctica docente así como reflexionar sobre o seu uso e integración dende un enfoque colaborativo. O seu obxectivo fundamental será coñecer e perfeccionar as estratexias metodolóxicas precisas para crear contornas de aprendizaxe colaborativas coa axuda de ferramentas dixitais específicas ou adaptables de dispositivos móbiles (tablets e teléfonos intelixentes) que permitan ó profesoresorado a integración dos mesmos na súa práctica docente, fomentando deste xeito una educación que conecta coa realidade tecnolóxica e social do momento.

PERSOAS TITORAS

OBXECTIVOS 1. Coñecer as posibilidades de apoio á docencia que ofrecen os dispositivos móbiles.

3


2. Desenvolver as competencias dixitais e tecnolóxicas có fin de, por unha banda, ser capaces de deseñar actividades colaborativas baseadas na construcción conxunta de aprendizaxe usando ferramentas e aplicacións específicas para dispositivos móbiles; e, por outra banda, para usar estas estratexias co fin de mellorar a súa formación continua 3. Aprender a manexar diferentes ferramentas e posibilidades da web 2.0 e futura 3.0 para deseñar actividades propias por medio de tarefas colaborativas e constructivas tamén a distancia, integrando os DM na aula como elemento dinamizador do enfoque por proxectos. 4. Aprender a utilizar tecnoloxías e medios para o traballo en equipo, para os procesos colaborativos e para a creación e construcción común de recursos, coñecementos e contidos.

COMPETENCIAS PROFESIONAIS DO PROFESORADO A) Mellorar as prácticas de búsqueda de información en rede e de acceso á mesma; desenvolver estratexias para atopar información relevante; seleccionar recursos de forma eficaz e xestionar distintas fontes de información. B) Mellorar a capacidade de xestionar e almacenar información e contidos para facilitar a súa recuperación, organizar información e datos. C) Ser quen de compartir a ubicación da información e dos contidos atopados, estar disposto e ser quen de compartir coñecemento, contidos e recursos, actuar como intermediario/a, ser proactivo/a na difusión de novas, contidos e recursos, coñecer as prácticas de citación e referencias e integrar nova información no conxunto de coñecementos existentes. D) Adquirir práctica na interacción por medio de diversos dispositivos e aplicacións dixitais, entender cómo se distribue, presenta e xestiona a comunicación dixital, comprender o uso adecuado das distintas formas de comunicación a través de medios dixitais, contemplar diferentes formatos de comunicación, adaptar estratexias e modos de comunicación a destinatarios específicos. E) Mellorar a capacidade de creación de contidos en diferentes formatos, incluindo contidos multimedia, editar e mellorar o contido de creación propia ou allea, expresarse creativamente a través dos medios dixitais e das tecnoloxías. F) Aprender a innovar utilizando a tecnoloxía, participar activamente en produccións colaborativas multimedia e dixitais, expresarse de forma creativa a través de medios dixitais e tecnolóxicos, así como xerar coñecemento e resolver problemas.

CONTIDOS Os contidos do curso están divididos en: Presentación e 6 módulos, cunha carga de traballo estimada total de 50 horas. 4


PRESENTACIÓN DO CURSO E DOS MEMBROS. Tempo para familiarizarse coa plataforma, ler a documentación importante e coñecer ós membros do curso. Haberá un foro para presentarse utilizando un vídeo ou presentación dixital. MÓDULO I. COLABORANDO E MOVILIZÁNDONOS. Conceptos básicos da aprendizaxe móbil e colaborativa. Dispositivos móbiles: tipos e posibilidades. Implicacións metodolóxicas do uso dos dispositivos móbiles. Integración de ferramentas móbiles na práctica docente. MÓDULO II. XESTIONANDO. Ferramentas de xestión para DDMM (dispositivos móbiles): documentos compartidos, calendarios, información. Apps de creación de mapas conceptuais colaborativos. MÓDULO III. COMPARANDO. Criterios de análise das ferramentas de xestión: compatibilidade, navegabilidade, ferramentas de comunicación integradas, tipos de documentos a compartir, facilidade de uso, interfaz, posibilidades de edición, usos no marco do traballo colaborativo. MÓDULO IV. COMUNICANDO. Comunicación sincrónica: chats e mensaxería breve. Videomensaxería. Comunicación sincrónica e asincrónica, audio (streaming podcast) e vídeo en redes sociais. Microblogging, foros e audioforos: audioboo, whatsapp, redeiras. Redes sociais Tipos de comunicación e tipos de interaccións. Os threads ou fíos de discusión. MÓDULO V. CONSTRUINDO E INVESTIGANDO. Apps móbiles para a creación de contidos e actividades colaborativas. Marcadores sociais. Deseño gráfico. Contido multimedia (murais, cómics, presentacións, mapas conceptuais) Apps de aprendizaxe de lectoescritura. Eixos cronolóxicos. Marcadores sociais. O software libre e as licenzas. MÓDULO VI. DESCUBRINDO A WEB 3.0. Realidade aumentada (RA) e niveis. RA baseada en marcadores. Códigos QR , navegadores e xeolocalización. Integración e aplicación da RA na aula e na aprendizaxe. Requisitos necesarios.Os xogos e gamification. Flipped classroom. A aula ó revés. Creación de contidos simples de RA a través de apps. PROXECTO FINAL. Ó longo de tódolos módulos os participantes irán engadindo elementos a un obxecto de aprendizaxe ou proxecto final colaborativo que constituirá o producto final do curso. Este OA poderá ser para a disciplina propia ou interdisciplinar e presentarano en grupo pechado na rede social Twitter.

5


CORRELACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS COS CONTIDOS DO CURSO COMPETENCIAS BÁSICAS

MÓDULOS DO CURSO

A

I, II, III

B

I, II, III

C

II, III

D

II, IV

E

IV, V, VI

F

IV, V, VI

METODOLOXÍA Todos os módulos seguirán os principios do constructivismo social e da aprendizaxe significativa e situativa. Botaremos man, co fin de dar cobertura a estes principios, das ferramentas colaborativas obxecto da formación, facendo que o proceso de aprendizaxe sexa significativa e teña un enfoque eminentemente práctico, aínda que tamén procuraremos familiarizarnos cos conceptos máis relevantes, pero sen entrar demasiado en detalle. Se partimos da base de que a comunicación é a base da colaboración, serán diversas as ferramentas comunicativas que se presentarán dende unha perspectiva colaborativa para a construcción conxunta de coñecemento a través de tarefas de búsqueda e elección de material entre todos, en lugar de ser proporcionado polos tutores. O obxectivo fundamental deste curso non é en ningún caso facerse experto en varias ferramentas, senón ver e analizar a interrelación de todas elas e o seu enorme potencial no seo dunha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa a través de dispositivos móbiles. Cada módulo leva aparellado unha tarefa ou actvidade final, nalgúns casos de tipo individual ainda que na maioría dos módulos atoparémonos con tarefas colaborativas. Ademáis, contaremos con foros específicos propostos para algunhas actividades, así como un foro de dúbidas de cada módulo onde os participantes poderán plantexar dúbidas e problemas, así como axudar a respostar as dos demais. 6


Para o desenvolvemento das diferentes tarefas haberán de seguir o calendario e as rutas de ensino marcadas polas titoras. Ofrecerase un acompañamento especial durante todas as fases do curso. A figura do titor encargarase de atender ás necesidades do alumnado, así como facilitar, axudar e apoiar en todo momento ós participantes.

SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO DO CURSO O seguemento do curso estará centralizado na plataforma PLATEGA, aínda que se empregará tamén a rede social Twitter, así como outros mecanismos de comunicación na Web social. CADRO DE TEMPORALIZACIÓN Modulo Inicial (1 hora) Nº

COÑECÉNDONOS Actividades e tarefas

1 Actividade 1: Foro de presentación. videopresentacións dos participantes

Datas

Presentación

do

curso

e

INICIO

ENTREGA

01/03/2016 08/03/2016

Modulo I (5 horas) Nº

COLABORANDO E MOBILIZÁNDONOS Actividades e tarefas

Datas

2 Tarefa 1. Consulta de recursos. Artigo sobre uso de dispositivos móbiles en educación e vídeo sobre o traballo colaborativo. 3 Actividade 2. Foro 2. Debate “Posibilidades do m-learning e o traballo colaborativo. Vantaxes/desvantaxes”

INICIO

ENTREGA

09/03/2016 15/03/2016 4 Actividade 3. Glosario con conceptos clave

7


Modulo II (6 horas) Nº

XESTIONANDO Actividades e tarefas

Datas

6 Tarefa 2. Creación de grupos con Trello e Wunderlist: reparto de roles (rotatorio nos próximos módulos), distribución de tarefas e acordos grupais INICIO

ENTREGA

7 Actividade 4 colaborativa. Mapa conceptual colaborativo a partir dos termos 16/03/2016 29/03/2016 do glosario creado no módulo I 8 Tarefa 3. Proposta idea proxecto final

Modulo III (6 horas) Nº

COMPARANDO Actividades e tarefas

9 Actividade 5 colaborativa: Mural colaborativo/Infografía sobre comparativa breve Feedly/Pocket, Dropbox/Drive

Datas INICIO

ENTREGA

30/03/2016 07/04/2016 10 Actividade 6. Creación dun diario de aula en Evernote 11 Tarefa 5. Proposta idea para o proxecto final

Modulo IV (6 horas) Nº

COMUNICANDO Actividades e tarefas

Actividade 7 colaborativa. Creación dun programa de radio. Debate: “As 12 posibilidades das ferramentas de comunicación no traballo colaborativo con dispositivos móviles”

Datas

INICIO

ENTREGA

08/04/2016 15/04/2016 13 Actividade 8. Mesa redonda virtual con Hangouts sobre boas prácticas 14 Tarefa 6. Proposta idea para o proxecto final

8


Modulo V (8 horas) Nº

CONSTRUINDO E INVESTIGANDO Actividades e tarefas

Datas

15 Actividade 9 colaborativa. Creación de listaxe colaborativa sobre recursos relacionados con apps de creación 16 Actividade 10 colaborativa. Guión para presentación.

INICIO

ENTREGA

Actividade 11 colaborativa. Elaboración de presentación colaborativa sobre 16/04/2016 27/04/2016 17 app de creación elexida. 18 Tarefa 7. Proposta idea para o proxecto final

Modulo VI (8 horas) Nº

DESCUBRINDO A WEB 3.0 Actividade

Datas

19 Tarefa 8. Lectura e visionado de todo o material proposto. 20 Actividade 12 “Taller”. Investigar/analizar en grupos sobre a integración concreta de RA na aula, en base a unha situación concreta

INICIO

ENTREGA

21 Tarefa 9. Crear unha actividade para o proxecto final usando unha das 28/04/2016 08/05/2016 tecnoloxías emerxentes presentadas no módulo e compartila.

Remate Proxecto final (10 horas) Nº

REMATANDO: PROXECTO FINAL Actividade

Datas

22 Tarefa 10. Remate e entrega do proxecto final

INICIO

ENTREGA

09/05/2016 12/05/2016

9


Durante todo o curso irase traballando cun módulo, que levará aparellado o desenvolvemento do proxecto final que deberá ser entregado ó final do período de duración deste curso.

COMUNICACIÓN COAS PERSOAS TITORAS Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que debes de facer é presentarte á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparás en todos os cursos no primeiro módulo un Foro de presentación de participantes. Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto co resto da comunidade de aprendizaxe, coma cos titores e titoras do curso. Existen varias opcións de comunicación coas titoras: •

A través dos foros existentes. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro correspondente. Os foros de consulta xeral:

Este foro servirá como taboleiro de anuncios. As titoras publicarán nel as novas, anuncios e todas aquela información actualizada e necesaria para o seguemento do curso. Este foro servirá para recoller e compartir dúbidas dos participantes que, dun xeito colaborativo, poidan ser resoltas entre todos.

Este foro está pensado para compartir dúbidas relacionadas con desenvolvemento do proxecto final. Ademáis destes foros, estarán os foros abertos en cada módulo:

Un foro de presentación no Módulo COÑECÉNDONOS para as presentación dos participantes.

Un foro de debate no Módulo I.

Cada módulo contará cun foro propio de dúbidas que servirá para compartir e resolver as dúbidas dos participantes relacionadas cos temas do módulo correspondente. 10


A través do sistema de mensaxería interna da plataforma tamén coñecido como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede e o seu comunicante, xa sexa a titora ou calquera outro participante. A través do correo electrónico que faciliten as titoras e o resto de participantes.

AVALIACIÓN Nas guías das diferentes actividades aparecen descritos os criterios de avaliación que se terán en conta. Recoméndase prestarlles moita atención antes, durante e despois da execución de tódalas actividades e tarefas propostas. As persoas participantes obterán a cualificación de apto/a unha vez entregado o producto final da/s actividade/s proposta/s en cada Módulo máis o obxecto de aprendizaxe ou producto final do curso. A cualificación de non apto/a otorgarase a aqueles participantes que non fagan as entregas correspondentes. Os participantes poden ver a súa evolución a través dunha lista de control na que aparecerán reflexadas as sucesivas entregas. Si algún participante solicita un informe sobre o seu traballo, deberá dirixirse ás titoras que serán as encarregadas de facilitarllo. Os participantes deberán respetar os prazos de entrega. Haberá certa flexibilidade sempre e cando un grupo de traballo ou participante solicite unha prórroga de hasta un módulo de retraso argumentando motivos xustificados. Non podemos esquecer que se trata de traballo colaborativo, así que as causas de posibles retrasos deberán ser solucionadas dentro do propio grupo. A)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O proceso de aprendizaxe avaliarase segundo o nivel de consecución dos obxectivos formulados para a presente formación. Para a obtención da nota final aplicaranse os seguintes criterios: 1. É requisito entregar todas as actividades seguindo as instrucións detalladas recollidas no seu enunciado (duración, forma de presentación, nomeamento, procedemento, pautas organizativas e dinámica: traballo individual, en grupo). Éstas aportan un 60% da cualificación final. 2. O proxecto final obrigatorio aporta un 40% á cualificación final. 3. Será indispensable, para obter a certificación, a avaliación positiva do 80 % das tarefas propostas según a lexislación sobre a avaliación dos cursos: ORDE de 14 de maio de 2013 de convocatoria,recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG Núm 96 do 22 de maio de 2013) 11


Na táboa seguinte recóllense todas as tarefas obrigatorias do curso e o seu valor porcentual. Nome actividades e tarefas

% do valor

Especificación da escala utilizada

10%

Apto / Non apto

10%

Apto / Non apto

10%

Apto / Non apto

10%

Apto / Non apto

Módulo I (5 horas) : MOBILIZÁNDONOS Actividade 2. “Participación no foro” Actividade 3. “Entradas no glosario” Modulo II (5 horas): XESTIONANDO E COLABORANDO Actividade 4. “Mapa conceptual” Modulo III (5 horas): COMPARANDO Actividade 5 colaborativa. Mural colaborativo/Infografía: “Comparativa entre Feedly/Flipboard, Evernote/Trello ou Dropbox/Drive, en relación á súa materia” Actividade 6. Creación dun diario de aula en Evernote. Modulo IV (8 horas): COMUNICANDO Actividade 7 colaborativa. Creación dun programa de radio. Debate: “As posibilidades das ferramentas de comunicación no traballo colaborativo con dispositivos móviles” Modulo V (8 horas): CONSTRUINDO E INVESTIGANDO Actividade 8 colaborativa. Creación de listaxe colaborativa sobre recursos relacionados con apps de creación 10%

Actividade 9 colaborativa. Guión para presentación

Apto / Non apto

Actividade 10 colaborativa. Elaboración de presentación colaborativa sobre app de creación elexida. Modulo VI (9 horas): DESCUBRINDO A WEB 3.0 Actividade 11 “Taller”. Investigar/analizar en grupos sobre a integración concreta de RA na aula, en base a unha situación concreta

10%

Apto / Non apto

Proxecto final (10 horas)

40%

Apto / Non apto

12


B)

F ERRAMENTAS DE AVALIACIÓN

As ferramentas de avaliación serán as propias de Moodle/Platega, así como a observación e seguimento detallado dos traballos desenvolvidos coas diferentes apps no marco do PLEmóbil. C)

TIPOS DE AVALIACIÓN Avaliación formativa ou de proceso: desenvolverase como avaliación continua e atenderá a cada unha das fases de implementación e consecución do curso para acadar a calidade dos procesos docentes e o máximo aproveitamento por parte dos participantes. Autoavaliación: Por unha banda os participantes reflexionarán sobre o seu proceso de aprendizaxe e reflictirán os seus progresos no seu portfolio persoal de aula (implementado en Evernote). Os resultados procedentes da autovaloración do alumnado non serán considerados para a avaliación sumativa. Heteroavaliación:

a. Formativa: Paralelamente á súa evolución, as tutoras orientarán e asesorarán, corrixirán e apoiarán na resolución de tarefas, efectuando unha avaliación formativa continuada. b. De cualificación: Cada módulo presenta unha ou varias actividades, a maioría de tipo colaborativo-comunicativo e de entrega obrigatoria. Neste sentido producirase unha avaliación de desempeño individual dentro do grupo de traballo colaborativo, ou no seu caso unha avaliación persoal en actividades individuais. Éstas proporcionan resultados parciais ao longo do curso, sobre o nivel de competencia acadado polos particpantes, que serán utilizados para a avaliación sumativa final. A cualificación da avaliación continua recollida por este procedemento é cualitativa e preséntase cunha das seguintes cualificacións: apto/non apto. •

Coavaliación:

a. Valoración do desempeño individual e grupal das actividades colaborativas de avaliación continua. Esta valoración conxunta será recollida no diario colaborativo de aula implementado en libreta de Evernote. b. Valoración individual cualitativa do traballo individual de un ou máis compañeiros tras ser compartidos en foros, bases de datos Moodle, cuestionarios de reflexión, ferramenta “taller”, etc. •

Avaliación sumativa / final:

A nota final do curso (FA) será a nota obtida na AC (Avaliación continua) en base a unha serie de actividades relacionadas entre si e organizadas en Probas de Avaliación Continuada (PACs) e o proxecto final resultante do traballo ó longo de todos os módulos. 13


APLICACIÓN PRÁCTICA NAS AULAS Todas os productos finais das actividades propostas neste curso deberían ser integrados na programación de aula dos participantes ó longo do mesmo, para poder contar así con aplicacións prácticas nas aulas, o que favorecerá a observación e reflexión en situacións reais do aprendido durante o curso. Todos os materiais resultantes así como o proxecto final deberían ser compartidos a través dun portal de contidos, espazos abertos na rede ou nos propios centros educativos, favorecendo así unha masa de material que poida ser empregada pola comunidade educativa. O obxectivo principal é que os partipantes obteñan un importante proveito de cara á súa formación continua, e que transmitan ese coñecemento para que o alumnado logre desenvolver de xeito pleno as competencias básicas de “aprender a aprender” e a “competencia no tratamento da información e a competencia dixital”, para así poder mellorar a súa aprendizaxe naqueles ámbitos onde a aprendizaxe informal resulta de gran valor.

REQUIRIMENTOS PARA SEGUIR O CURSO Todos os programas, aplicacións, ferramentas e servizos empregados son accesibles en Internet de xeito gratuito. Os participantes deberían contar con dispositivos móbiles: tablets e teléfonos móbiles intelixentes con calquera dos sistemas operativos: Android ou IPhone Os. Os dispositivos deberán contar cunha conexión a Internet de datos ou rede WiFi, para poder executar as actividades e tarefas propostas no curso. Así mesmo, para a conexión á plataforma de PLATEGA os participantes deberán dispoñer dun ordenador persoal (Windows, Mac, Linux, PC, netbook, portátil, etc.) e conexión a Internet preferiblemente de banda ancha (ADSL, 3G, cable)

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.