OS MOBLES DEHAI
50 ANOS
DEPARTAMENTODEMADEIRA
O Estilo Retro comeza cos mobles e a decoración dos anos 50 e abarca as décadas dos 60, 70 e 80. As referencias retro inclúen tanto os orixinais como as reproducións inspiradas naquela época.
A década dos 60´s representa o apoxeo da humanidade en todos os sentidos: moda, deseño, arte, música, ciencia, espectáculo, diversión. A chegada do home á lúa, a explosión do Rock and Roll, a minisaia, a psicodelia, o deseño futurista, os autos deportivos, a competencia de clases sociais, a publicidade, a incursión da muller no mundo laboral.
Foi unha época de esplendor industrial, económico, cultural, social, tecnolóxico e político que deixou a súa achega na historia e evolución do deseño industrial.
Respecto ao mobiliario, disparouse a imaxinación e a orixinalidade. As formas dinámicas e asimétricas tomaron protagonismo. A rectitude e severidade da xeometría pasou a un segundo plano chegando aos mobles con alma pop e kitsch. As cores brillantes e futuristas imperaron nesta nova “insurrección” de formas e liñas decorativas. Por exemplo o sofá con forma de luva de béisbol ou a cadeira Ovo de ArneJacobsen encaixarían perfectamente con este carácter tan peculiar.
As publicacións de decoración de referencia nesta decada son EL MUEBLE e La Maison Française. A revista española editouse por primeira vez no ano 1961.
Revue LA MAISON FRANCAISE n° 185 mars 1965
Eran tendencia nos anos 60 segundo estas guías do bo gusto: • • • • • • • • •
Mobles lixeiros e con cristal Biombos e murais Grandes alfombras de pelo longo Toques de vermello en complementos Sofás modulares Paredes brancas Visillos bordados Madeiras nobres como o nogueira Andeis tubulares metálicas
MAGNÍFICAS ALFOMBRAS DE LA, PELO LONGO, DE DESEÑO POP PSICODÉLICO SPACE AGE ORIXINAIS DOS ANOS 60-70. RETRO VINTAGE
MAGNÍFICA LÁMPADA DE TEITO CROMADA E AZUL MARIÑO DE GLOBOS VINTAGE DESEÑO DE ÉPOCA SPACE AGE ORIXINAL ANOS 60 70
MAGNÍFICA LÁMPADA DE TEITO ANTIGA RETRO VINTAGE POP TULIP ANOS 60 70 DESIGN STAFF LEUCHTEN
CaracterĂsticas dos mobles de estilo Retro • Mobles con tendencias modernas. Mobles con estilo pop art por exemplo.
• Sofás ou cadeiras de brazos de estilo kitsch e funky, deseños divertidos e orixinais.
• Os mobles de estilo escandinavo.
• Mobles de liùas rectas e estilizadas e practicamente sen adornos.
Revue LA MAISON FRANCAISE n° 165 mars 1963 : 4 installations "à idées"
• As patas dos mobles, como aparadores, vitrinas e outros auxiliares son rectas e delgadas, case sempre cilĂndricas.
• As mesas de comedor e de café mostran o mesmo deseño pero, ao ser máis altas, é máis lixeiro e aéreo.
• A finais da década dos 60 e os 70 os mobles van adquirindo formas máis redondeadas e grosas e incorporando materiais como o plástico.
โ ข Empezan a aparecer mobles que logo se converterรกn en habituais dos fogares, produto dos cambios que se estรกn dando na sociedade, como as camas liteiras, os sofรกs convertibles e, coa apariciรณn da televisiรณn, mobles para colocala.
โ ข Cadeiras xiratorias con base redonda metรกlica.
• Tamén fan a súa aparición outros elementos, moi populares, como o mobles-bar, incorporados aos living, as mesas camareiras con rodas, as banquetas altas e vanse incorporando paulatinamente as zonas de faladoiro aos salóns xunto aos espazos para ver a televisión en familia.
• Outros mobles novos da época son o sofá modular e as mesiñas telefoneiras. O teléfono instálabase no salón e xurdiron mesas con teléfono e asento incorporado.
• Os materiais plĂĄsticos e baratos como os acrĂlicos, o plexiglĂĄs, o aluminio, o arame, o papel, a fibra de vidro, os cristais dos espellos foron os elementos estrela escollidos para 'vestir' os armarios, as cadeiras, e mesmo, as paredes e os chans.
• A madeira é protagonista así como o cristal. Podes atopar acabados brillantes en materiais tipo formica e mesas de café que se combinan con espellos, cristal e cromo nas patas de cadeiras e mesas.
SALA DE ESTAR
DORMITORIO
COCIÑA
BAÑO
Revue LA MAISON FRANCAISE n° 211 octobre 1967 : La nouvelledécoration 1967
• As cores dos tapizados. As tapicerías pasan de ser grises nos 50, sobrias e elegantes, ás cores alegres e vistosas dos 60 e os anos da estética hippie. Os tapizados van desde a pel, ata imitacións desta, pasando polas máis luxosas como o veludo ou a pana.
• Os sesenta achegan deseños pop, con cores estridentes e debuxos grandes e vistosos en teas e tapizados. Son comúns as raias, os círculos grandes e debuxos grandes e xeométricos tamén nos papeis pintados. As cores dan paso aos máis psicodélicos e futuristas dos anos posteriores.
Revue LA MAISON FRANCAISE n° 225 mars 1969 : 9 installations, Déco, Art de Vivre
COUSAS DA CASA
DEPARTAMENTO DE MADEIRA