Guía de Berlín 2020

Page 1

Viaxe a Berlín 21-25 de febreiro de 2020

IES DE MELIDE Departamentos de latín e grego

Nome:



IES de Melide. Departamentos de Clásicas

ÍNDICE ITINERARIO DETALLADO..................................................................................................2 PARTICIPANTES....................................................................................................................4 UN POUCO DE HISTORIA...................................................................................................6 ILLA DOS MUSEOS.............................................................................................................14 Altes Museum...........................................................................................................14 Pergamonmuseum ...................................................................................................19 Neues Museum.........................................................................................................25 CENTRO DE BERLÍN Alexanderplatz..........................................................................................................26 Fersenturm ou Torre da Televisión........................................................................26 Rotes Rataus ou Concello Vermello........................................................................27 Neptunbrunner ou Fonte de Neptuno...................................................................27 Berliner Dom ou Catedral de Berlín.......................................................................27 Reichstag.....................................................................................................................28 Monumento ao Holocausto......................................................................................29 Porta de Brandenburgo.............................................................................................29 Parque do Tiergarten.................................................................................................30 Columna da Vitoria...................................................................................................30 Unter den Linden.......................................................................................................31 Kulturforum e Postdamer Platz...............................................................................31 Topografía do Terror.................................................................................................32 Checkpoint Charlie....................................................................................................32 East Side Gallery........................................................................................................33 Gendarmenmarkt.........................................................................................................34 Konzerthaus...............................................................................................................34 Kufürstendamm.........................................................................................................35 Igrexa Memorial do Káiser Guillerme....................................................................35 CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE SACHENHAUSEN..............................................36 BIBLIOGRAFÍA.....................................................................................................................38

1


Viaxe a Berlín 2020

ITINERARIO DETALLADO

VENRES 21 FEBREIRO. MELIDE- SANTIAGO-BERLÍN Saída en bus do instituto ás 4.30 con destino ao aeroporto de Lavacolla. Saída con destino a Madrid ás 6.40, con chegada ás 7.55. Voo con destino a Berlín ás 8.40 con chegada a Berlín ás 11.45, traslado e acomodación no hotel. Ás 16.15 visita da Fernsehturm ou torre da TV. Paseo pola zona da Alexander Platz, Rotes Rathaus ou Concello Vermello de Berlín, vista da Neptunbrunnen ou Fonte de Neptuno e a Berliner Dom ou Catedral de Berlín. Tempo para cear.

SÁBADO 22 DE FEBREIRO. BERLÍN Almorzo ás 7.30. Ás 8.30 visita de Neues Museum. Ás 11.00 percorrido polo Berlín alternativo en visita guiada con freetour. As 12.30 Porta de Brandenburgo, Memorial do Holocausto, Parque Tiergarden, columna da Vitoria. Pola tarde visita a exposición Topografía do Terror, un dos museos do nazismo. As 18.00 visita guiada no museo da Checkpoint Charlie, un dun principais pasos do muro de Berlín. Paseo polo Kulturforum, no que se atopa a Berliner Philarmonie, e a Postdamer Platz. Tempo para cear.

DOMINGO 23 DE FEBREIRO. BERLÍN- ORANIENBURG Almorzo ás 7.30. Ás 8.30 visita do Museo visitando o museo de Pérgamo e o Altes Museum ou museo de Antigüidades na Illa dos Museos. A medio día 2


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

ITINERARIO DETALLADO

traslado a Orienburg para visita ao campo de concentración de Sachsenhausen. Regreso a Berlín e tempo para cear.

LUNS 24 DE FEBREIRO. BERLÍN Almorzo ás 8.00. As 9.00 desprazamento en transporte público para visita da East Side Gallery, resto do muro de Berlín convertido en galería. Desprazamento en metro para visitar sobre ás 11.30 visita da Igrexa Memorial do Kaiser Guillerme, vestixio da 2ª Guerra Mundial, paseo pola zona da Kurfürstendamm. Ás 16.30 visita do Reichstag ou Parlamento alemán, subindo á súa famosa cúpula de cristal. Visita da Konzerthaus, a Casa dos Concertos, na Gendarmenmarkt. Tempo para cear

MARTES 25 DE FEBREIROBERLÍN-SANTIAGO- MELIDE Ás 10.00 recollida de equipaxe e traslado ao aeroporto. Saída do voo a Madrid ás 12.30 con chegada ás 15.35. Saída de Madrid ás 20.00 con chegada á Santiago ás 20.55. Saída en bus cara Melide con chegada aproximada ás 22.00 horas.

HOTEL

MEININGER ALEXANDER PLATZ

3


Viaxe a Berlín 2020

PARTICIPANTES

4


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

PARTICIPANTES

Fernando López Martínez

Susana Losada Soto

Eva Vilariño Mato

5


Viaxe a Berlín 2020

UN POUCO DE HISTORIA A historia urbana de Berlín ten a súa orixe nas tribos eslavas que se asentaron no S. VI d. C. nos vales dos ríos Spree e Havel que no s. VIII fundaron dúas cidadelas, Köpenick e Spandau que se converteron en castelos na Idade Media.

Sacro Imperio Xermánico ou I Reich (962- 1806) No s. XI os saxóns derrotan aos eslavos e aséntanse na zona, creando no s. XIII os asentamentos de Cölln, na actual Illa dos Museos, e Berlín ás beiras do Spree. En 1307 estas dúas poboacións fusiónanse, prevalecendo o nome de Berlín. No s XIV Berlín forma parte da Liga Hanseática. A Hansa era unha federación comercial e defensiva das cidades do norte de Alemaña, Países Baixos, Mar Báltico, Suecia, Polonia e Rusia. No s. XV, coa chegada da familia Hohenzollern, que gobernaba o estado de Brandenburgo, Berlín convértese en capital deste estado. Isto supón o fin da autonomía burguesa e comercial e o

abandono da Hansa. Tras a Guerra dos Trinta Anos , na primeira metade do s. XVII, Berlín quedou destruída e perdeu case a metade da súa poboación. Federico Guillerme I fai unha política de recuperación e agrandamento para atraer a inmigración amparándose na tolerancia relixiosa. Así a cidade medra coa chegada de hugonotes (protestantes calvinistas franceses) e xudeus e créanse novos barrios. En 1701 o estado de Prusia convértese en reino e Berlín pasa a ser a súa capital en 1710 baixo o reinado de Federico I, que manda edificar un novo palacio na illa de Cölln e crea unha grande avenida, Unter den Linden, que levaba ao Tiergarten, antigo pazo de caza dos príncipes e se converte no eixo de crecemento da cidade. Os reis prusianos seguen enriquecendo a cidade e facendo obras de ampliación. En 1793 constrúese a porta de Brandenburgo coma arco triunfal para Federico II o Grande. Despois da ocupación napoleónica en 1806 o Sacro Imperio disólvese tras a abdicación do último monarca.

Vista de Berlín coas novas murallas e máis os comezos da Unter den Linden, Schultz 1688.

6


IES de Melide. Departamentos de Clásicas go arsenal), a Ópera do Estado, a Universidade Humboldt, Academia das Artes, Bibliotecas Reais e o Altes Museum, o primeiro da Illa dos Museos.

II Reich (1871-1918)

Guerra dos Trinta Anos, 1618-1648 Nace como conflito relixioso entre protestantes e católicos, pero convértese nun enfrontamento entre países de Europa Central en busca dun equibrio ou hexemonía. Remata coa paz de Westfalia e o Tratado dos Pirineos

Confederación Xermánica (1815-1871) Berlín convértese no centro económico e industrial prusiano e experimentará un forte crecemento. Establécese o ferrocarril en 1838, que permite a chegada de inmigrantes de todo o país. Xurde unha nova conciencia nacional, propia do romanticismo do momento, e Berlín convértese na nova sede do movemento nacional alemán. Nesta época constrúense grandes conxuntos monumentais como o Zeughaus (anti-

Despois do proceso de unificación de Alemaña, o chanceler prusiano Otto von Bismarck proclama o Imperio Alemán, converténdose Guillerme I, rei de Prusia, en emperador alemán en 1871. Berlín pasa a ser a capital do Imperio. A poboación crece enormemente. Lévase a cabo un novo plan urbanístico con trazado de eixos radiais, grandes arterias periféricas e parques, dotando tamén á cidade con infraestruturas básicas (auga, sumidoiros) e de transporte (canle Landwehr para aliviar o río Spree e metro a partir de 1896). Nesta época constrúese o Rotes Rathaus (o Concello Vermello, 1896), a Catedral de Berlín e o Reichstag (parlamento, en 1894).

Caricatura aparecida nun diario francés en 1866 sobre a Unificación Alemá

7


Viaxe a Berlín 2020

A República de Weimar (1918- 1933) Tras a derrota de Alemaña na I Guerra Mundial e a abdicación do kaiser Guillerme II, na cidade de Weimar aprobouse unha constitución que puxo fin á monarquía dos Hohenzollern e instaurou un réxime republicano. Esta é unha época de fervenza intelectual na que conflúen na cidade artistas como o pintor Grosz, directores de cine como Fritz Lang e Murnau, a actriz Marlene Dietrich, escritores como A. Döblin, Bertold Brecht, o filósofo Walter Benjamin, o psiquiatra Jung (colaborador de S. Freud), científicos como Einstein e Von Braun, músicos como Kurt Weill… Walter Gropius funda en Weimar a Bauhaus, unha escola de arte e arquitectura de vangarda que revoluciona o mundo do deseño e que se integra no Movemento Moderno ao que pertencen tamén Mies Van der Rohe ou Le Corbusier. Nestes anos tentarase construír unha nova idea de cidade a través dunha arquitectura revolucionaria.

O cabaret Weisse Maus de Berlín en 1924.

8

Aínda que foi un período democrático, a República de Weimar foi moi inestable política e socialmente. Producíronse varios golpes de estado militares, de dereitas e levantamentos de esquerdas. Finalmente, a gran crise económica de 1929 fixo que se disparase o desemprego e se derrubase a economía. Todas estas circunstancia favoreceron o ascenso do partido nazi que conseguiu o poder mediante eleccións democráticas en 1933.

III Reich (1933-1945) A. Hitler foi nomeado chanceler de Alemaña o 30 de xaneiro de 1933, a pesar de que o partido nazi non obtivera a maioría necesaria para gobernar nas eleccións de 1932. Ante as dificultades para gobernar en minoría e para evitar pactar con outros partidos, Hitler consegue que se convoquen novas eleccións para o 5 de marzo de 1933. A noite do 27 de febreiro prodúcese o incendio do Reichstag e o partido nazi culpa aos comunistas, que xunto cos socialdemócratas xa foran perseguidos e asasinados durante a campaña electoral. Aínda que non se coñecen os detalles deste incendio, todo apunta a que o responsable foi Hermann Göring, o segundo de Hitler. A raíz deste feito os nazis conseguen que se aprobe o Decreto do Incendio, que abolía a liberdade de prensa e expresión, a privacidade das comunicacións e o respecto pola propiedade privada. Nestas condicións os opositores ao nazismo non puideron rematar a súa campaña electoral.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

O 5 de marzo o partido nazi obtivo vantaxe nas eleccións, pero non a maioría necesaria. Valéndose do Decreto do Incendio, Hitler afastou dos seus escanos aos diputados comunistas e socialdemócratas. Os nazis presentaron entón a Lei Habilitante, que foi aprobada o 23 de marzo na Ópera Kroll na que se daba o poder lexistativo a Hitler, acabando coa división de poderes da República de Weimar. Berlín convértese na capital do III Reich e Hitler xunto co arquitecto Albert Speer elaboran un plan megalómano para converter a cidade na capital mundial, a Capital Mundial Xermania. Speer estaba entusiasmado por poder construír sen límite e no deseño dos edificios aplicou a súa “teoría do valor das ruínas”, segundo a cal os edificios debían ser deseñados seguindo un modelo antigo, usando só bloques de granito, de xeito que co deterioro do tempo desen fermosas

ruínas como nos casos das antigas Roma e Grecia. Neste plan destacaba o Gran Pavillón, que de ser levado a cabo sería o maior espazo pechado do mundo, con capacidade para 180.000 persoas e unha

Maqueta deseñada por Speer para a nova Xermania

9


Viaxe a Berlín 2020 altura de 320 m. en granito. O plan de Speer estaba previsto para executarse despois da vitoria alemana na II Guerra Mundial. Os vestixios que se conservan son a continuación da avenida Unter den Linden a través do Tiergarten até o Estadio Olímpico, construído para as Olimpíadas de Berlín 1936 e o aeroporto de Tempelhof.

En 1936 celebráronse en Berlín as coñecidas como “Olimpíadas Nazis”, nas que Alemaña pretendía demostrar ao mundo a súa superioridade. Nestes xogos varios atletas negros gañaron varias medallas, como o norteamericano Jesse Owens, un dos máis populares, con catro medallas de ouro. Owens, aínda que non foi felicitado persoalmente polo Führer, recibiu os parabéns por escrito do goberno nazi, pero cando regresou ao seu país non foi convidado polo presidente F. D. Roosevelt ás celebracións da Casa Branca. A partir de 1935 comezaron a construírse os primeiros búnkeres antiaéreos de Berlín. Nos xardíns da Antiga Chancelaría do Reich, na Wilhelmstrasse, construíse un búnker para 150 persoas, que foi

10

transformado en 1944 nunha antesala do chamado Búnker do Führer, construído a maior profundidade, con paredes e teitos de catro metros de grosor. Este foi o último posto de mando do III Reich e o último lugar de traballo e residencia do Führer. Aquí suicidouse Hitler coa súa amante Eva Braun o 30 de abril de 1945, cando a derrota de Alemaña era inminente, dando antes orde de calcinar os seus cadáveres. En 1947 os soviéticos fixeron o primeiro intento de demolelo. En 1988 a RDA conseguiu a duras penas destruír o teito do búnker para reurbanizar os terreos. Posteriormente a cidade de Berlín decidiu clausurar todos os espazos que puidesen pertencer ao búnker para evitar que o lugar puidese converterse nun lugar de peregrinación para os neonazis. En 1939 Speer entregou a Hitler a Nova Chancelaría do Reich. Tiña 421 m de longo para que a distancia até o Führer impresionase e intimidase ao visitante. No centro había unha galería de mármore de 146 m. de longo, o dobre que a Sala dos Espellos de Versalles. O despacho de Hitler tiña 400 m², 10 m. de altura e estaba revestido completamente de mármore. En 1948 este e outros edificios foron demolidos por orde soviética. Os bloques de granito e mármores foron utilizados para


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

RFA/RDA (1945-1990)

construír varios mausoleos soviéticos e a estación de metro de Mohrenstrasse. O Exército Vermello chega a Berlín en abril de 1945, orixinándose a Batalla de Berlín, na que ademais do ataque terrestre a cidade foi bombardeada. Berlín foi a cidade máis bombardeada de Alemaña, recibiu 68.000 toneladas de bombas e perderon a vida 35.000 persoas. Ante esta destrución Hitler expresou a Speer: “Para o noso novo plan de urbanización vostede tería que demoler uns 80.000 edificios só en Berlín. Lamentablemente os ingleses non realizaron o traballo de acordo cos seus plans. Pero de todos modos é un comezo!”. Despois da guerra a cidade era un deserto cheo de entullos, a poboación de 4,4 millóns de habitantes quedou reducida a 2,8.

A cidade despois da guerra

O 2 de maio de 1945 a bandeira comunista ondeou no Reichstag, aínda que a rendición incondicional de Alemaña produciuse oficialmente o 8 maio. A poboación alemá foi expulsada de todos os lugares que foran ocupados durante o III Reich, moitas mulleres, homes e nenos foron humillados e aldraxados polas tropas de ocupación. Os aliados ocuparon Alemaña dividíndoa en catro zonas, segundo o acordado na Conferencia de Potsdam: Reino Unido no noroeste, Francia suroeste, EEUU ao sur e a URSS ao leste. Esta división tamén se levou a cabo na propia cidade de Berlín, que foi divida en catro sectores. En 1949 créanse a República Federal Alemá (RFA), na que se fusionaban os territorios ocupados por Francia, Reino Unido e EEUU, e a República Democrática Alemá, constituída polos territorios ocupados pola URSS. Berlín quedou divido en dous sectores: Berlín Leste ou Berlín Oriental, como capital da RDA e Berlín Oeste ou Berlín Occidental, como enclave da RFA, que tiña a súa capital en Bonn. Berlín Oriental contiña a cidade histórica e o seu centro na Alexanderplatz, punto de partida para a construción de dúas grandes avenidas: Karl Marx Allee (antes Stalinalle) cara o leste e a Karl Liebknecht Strasse cara o norte. Proxectouse un gran rañaceos, pero no seu lugar construíuse a Torre da Televisión (Fernsehturm) en 1969. Berlín Occidental configurouse arredor da avenida Kurfüstendamm e tivo

11


Viaxe a Berlín 2020 que proverse de edificios para a súas institucións, xa que non contaba cos equipamentos da cidade histórica. A Universidade Técnica de Berlín reabriuse en 1946 no extremo oeste do Tiergarten, outra sala de ópera, o Deutsche Oper, e o conxunto do Kulturforum, entre os que se encontra Berliner Philarmonie, nas inmediacións do muro, na Potsdamer Platz. As tensións entre o bloque Occidental dos aliados e o bloque Oriental que se orixinaron na posguerra deron lugar a un período coñecido como Guerra Fría, chamado así porque non houbo enfrontamentos militares directos entre os bloques, pero que provocou conflitos armados en terceiros países e graves conflitos económicos e políticos en todo

12

o mundo durante a segunda metade do s. XX. Dende a creación da RDA incrementouse a migración á RFA, e era difícil de controlar. En 1961 as tensións entre o bloque soviético e aliado remataron coa construción dun muro provisional, o Muro de Berlín, que separaba Berlín Occidental de Berlín Oriental, converténdose no símbolo máis coñecido da Guerra Fría. O muro construíuse a instancias do Partido Socialista Unificado de Alemaña, como “Muro de Protección Antifascista”, foi un secreto de estado e levouse a cabo na noite do 12 ao 13 de agosto, quedando só unha pequena parte sen construír. Ao día seguinte seláronse todos os accesos


IES de Melide. Departamentos de Clásicas e colocouse un importante continxente militar por se se producise combate. O muro medía máis de 120 km, 45 dos cales dividían a cidade en dous. Ata a súa caída en 1989 arredor de 200 persoas perderon a vida tratando de cruzar o muro en Berlín, os primeiros en facelo foron algúns dos propios soldados de vixilancia. O muro foi mellorado en repetidas ocasións, sendo construído con formigón armado nos anos 70. O muro de Berlín caeu a noite do 9 ao 10 de novembro de 1989, 28 anos despois da súa construción, como consecuencia das esixencias de liberdade de circulación na RDA e as evasións constantes a embaixadas de outros países e a través das fronteiras con Austria e con Hungría.

Reunificación alemá (1990)

En 1990 despois de negociacións varias e eleccións libres para o todo o conxunto da poboación alemá, as dúas Alemañas reunificáronse, volvendo Berlín a recuperar o status de capital federal da nación. Desenvolveuse un dos plans máis ambiciosos do noso tempo para que Berlín recuperase o seu esplendor pasado e se situase entre as grandes metrópoles europeas. Ao norte do Reichstag, no meandro do Spree executouse unha faixa administrativa, a Potsdamer Platz converteuse nun novo centro comercial e de negocios, e Alexanderplatz recuperou a súa escala e traza orixinal, rodeada de rañaceos nas súas avenidas perimetrais. O Palacio Real reconstruíuse como sede do Foro Humboldt, como centro de promoción da arte e a cultura

13


Viaxe a Berlín 2020

ILLA DOS MUSEOS A illa recibiu este nome polos numerosos museos que ocupan a totalidade da súa metade norte. Orixinariamente era unha área residencial dedicada á arte e á ciencia polo rei Federico Guillerme IV de Prusia en 1841. As coleccións de arte e arqueoloxía acumuladas por varios reis pasaron a ser unha fundación pública en 1918, a Stiftung Preußischer Kulturbesitz (Fundación do Patrimonio cultural prusiano), que mantén hoxe as coleccións e os museos. Durante a Guerra Fría as coleccións prusianas quedaron separadas, pero reagrupáronse logo da reunificación alemá.

Pergamonmuseum

Altes Museum Neues Museum

Actualmente este espazo está en proceso de reorganización e parte dos museos non poden ser visitados.

MUSEO DE ANTIGÜIDADES OU ALTES MUSEUM É un edificio clasicista deseñado por Karl Friedrich Schinkel e construído en 1828. Orixinariamente fora deseñado para expoñer coleccións de arte berlinesas, pero a partir de 1904 acolle antigüidades gregas e romanas, que están expostas na planta principal. Facemos aquí unha selección de pezas interesantes, sen seguir a orde de colocación no museo.

Peixe de ouro escita

Os escitas eran un pobo nómade que a partir do s. IX a. C. estendéronse dende as estepas euroasiáticas até Mesopotamia e Exipto a través do Cáucaso. O historiador grego Heródoto no libro IV das súas Historias descríbeos,

14

detallando os seus ritos funerarios e a abundancia do seu ouro. Este peixe, do s. V a. C, formaba parte da decoración dun escudo e foi atopado por un granxeiro na localidade de Vettersfelde (Polonia), como parte dun rico tesouro formado por pezas de ouro. O estraño do achado foi que se atopou a miles de quilómetros onde se atoparon os principais vestixios dos escitas, nos túmulos funerarios do Norte do Mar Negro. O peixe está decorado con animais de terra e aire e seres mariños, o que podería significar a súa función como talismán para protexer ao guerreiro en todos os medios.

Retrato de Pericles

Copia romana dun orixinal de Lesbos do s. V a. C. Pericles foi un estratego ateniense do s. V a. C., artífice da democracia ateniense xunto con Efialtes.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Nena xogando á chuca

A rapaza viste un quitón e está absorta xogando á chuca, xogo feito cos astrágalos dos cordeiros ou porcos. Escultura helenística do s. II d. C.

Spinario

Escultura helenística do s. III-II a. C., que nos amosa un neno sacando unha espiña dun pé, ao igual que o famoso espinario dos Museos Capitolinos de Roma. Só o torso é orixinal, todo o demais foi engadido polo escultor alemán do s. XIX Emil Wolff.

Colección de vasos Kylix de Aquiles curando a Patroclo

Figuras vermellas do s. V a. C atopado en Vulci (Italia). Móstranos a Aquiles curando ao seu compañeiro durante a Guerra de Troia. No exterior móstranos aos deuses olímpicos, Zeus e Hera fan libacións, mentres que Hermes, Atenea e Apolo reciben a Heracles, que foi divinizado polas súas fazañas.

Ánfora Panatenaica

S. VI a. C., pintada por Eufileto amósanos unha carreira.

Ánfora ática coa recollida de olivas. No outro lado amósanos a Heracles realizando un dos doce traballos, entregando o xabarín de Erimanto a Euristeo. S. VI a. C.

Crátera con escena de ximnasio S. VI a. C., representa a efebos atenienses adestrando, algúns deles teñen o seu nome e un deles, Leagros leva o adxectivo καλός (guapo).

Kylix con escena de xineceo Móstranos a dúas mulleres traballando a la. A que está sentada está preparando a la sobre a súa perna, que seguramente antes protexeu cun epinetro.

Vaso con miniatura erótica Do s. V a. C.

Vaso de Odiseo e as sereas

Do s. IV a. C., procedente de Pestum (Italia)

15


Viaxe a Berlín 2020

Kylix con escena de escola

Do s. V a. C., móstranos a nenos recibindo distintas ensinanzas dos didaskaloi ou mestres. Á dereita das escenas aparece cun bastón o pedagogo, o escravo encargado de traer e levar aos nenos á escola e axudalos coas súas tarefas.

Vaso coa matanza dos pretendentes

S. IV a.C. amósanos a Odiseo vingándose dos pretendentes que acosaron á súa esposa Penélope durante a súa ausencia en Ítaca. Algunhas figuras masculinas levan as inscricións καλός ao lado.

Kylix de atleta con estríxile Do s. V a. C., procedente de Tarquinia (Italia). Amósanos un atleta cun estríxile, disposto a quitar o aceite e o po do adestramento.

Lécito con Caronte

S. V a. C. Os lécitos eran vasillas alongadas, ás veces con fondo branco, para gardar aceites de uso corporal ou tamén con función funeraria. Neste vaso móstrasenos a Caronte, o barqueiro que cruzaba aos mortos na Lagoa Estixia.

16

Kylix do obradoiro dos fundidores de bronce S. V a. C. Este interesante vaso amósanos no seu exterior un obradoiro de traballadores fabricando estatuas en bronce e nel podemos ver as distintas fases de elaboración dunha escultura de bronce.

Ungüentario con forma de cabeza feminina S.V a.C. Tanagra (Grecia)

Crátera do avaro

S. IV a. C, Nola (Italia) Polas máscaras que están colgadas arriba, trátase de actores representando unha escena na que dous homes intentan arrebatarlle o cofre a un avaro. Esta podería ser unha escena da Aulularia de Plauto ou do Díscolos de Menandro, que tratan o tema do avaro, no que logo se inspiraría Molière.

Vaso etrusco con forma de cabeza de muller

S. V a. C, de Vulci (Italia). Este recipiente para viño ten trazos que nos recordan o período orientalizante grego, presente nas kores, ollos amendoados, sorriso, cabelo rizo… Nas asas leva a inscrición do seu autor Χαρίνος ἐποίησεν (Fíxome Kharino)


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Tanagra azul

Terracota do miles gloriosus

Escaravello etrusco

S. II a. C. amosa un dos personaxes tipo da comedia nova grega de Menandro, que logo foi adoptada por Terencio e Plauto en Roma. Trátase do soldado fachendoso, que porta as súas armas e presume das súas fazañas e conquistas amorosas.

S. IV a. C. Atopáronse multitude de figuriñas femininas deste tipo na tumbas de Tanagra (Beocia, Grecia, de aí o seu nome. Están feitas con moldes e moitas delas policromadas, como este caso. Esta leva un sombreiro para protexerse do sol e un abano. Feito en cornalina con tema dos Sete contra Tebas, s. V a. C., o enfrontamento fratricida que enfrontou aos dous fillos de Edipo polo trono de Tebas.

Bronce votivo a Asclepio Pérgamo. Orellas votivas ofrecidas a Asclepio, semideus da medicina grego como agradecemento por unha curación.

Terra sigillata con escena amorosa Seguramente procedente de Arezzo (Italia) e feita mediante molde.

Tintinnabulum itifálico En bronce, Italia, especie de campaíña con forma fálica como amuleto para a fertilidade

Antínoo S. II d. C.: escultura de Antínoo, amante do emperador Hadriano, caracterizado como Dioniso. O mozo morreu afogado nunha viaxe a Exipto e Hadriano divinizouno e a súa imaxe estendeuse por todo o Imperio Romano.

Busto do emperador Gallienus S. III d. C., gobernou xunto co seu pai Valeriano de 253 a 260, permanecendo en Italia, mentres seu pai marchaba ás campañas de Oriente. Despois de ser seu pai capturado e morto en Persia, continuou como único emperador ata o 268.

17


Viaxe a Berlín 2020

Retrato da familia de Septimio Severo

S. II d. C.: tondo pintado en Exipto que retrata a familia de Septimino Severo. Nel aparecen o emperador coa súa muller Iulia Domna e os seus dous fillos Caracalla e Geta. Caracalla asasinou ao seu irmán e a moitos dos seus seguidores e quixo borrar a súa memoria, damnatio memoriae, razón pola que o rostro de Geta aparece borrado.

Escena do Mosaico do Nilo de Palestrina

Formaba parte dun gran mosaico que se atopou en Palestrina e a familia Barberini mandou levantar e colocar no Palazzo Barberini, sen mandar facer antes un estudo previo ou debuxo para saber cal era a composición orixinaria. Esta escena nilótica móstranos dous grupos de barqueiros que beben e fan música nunha illa do Nilo. Este fragmento podería estaba ubicado na parte inferior do mosaico e está realizado cunha técnica moi depurada.

Sátiro e Hermafrodita S. II d. C.? escultura erótica na que un sátiro rexeita a un hermafrodita unha vez que descubre a súa verdadeira natureza ao caerlle a capa.

Retratos de momias de El Fayum S. II d. C. son retratos naturalistas pintados en táboas de madeira que cobren o rostro de moitas momias da provincia romana de Exipto. Están realizados cunha calidade artística extraordinaria e son os únicos achados de pintura antiga en táboa que se conservan.

18

Mosaico con centauros

S. II d.C., procedente da Villa Hadriana (Roma), móstranos unha loita entre centauros e feras.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

MUSEO DE PÉRGAMO OU PERGAMONMUSEUM Foi inaugurado en 1930 e construíuse despois de que fosen traídas as obras de arte. As marabillas arquitectónicas que o conforman constitúen as columnas e paredes do propio museo. Dende 2013 o Pergamonmuseum está sendo reformado por partes.

Altar de Pérgamo É unha das marabillas arqueolóxicas que dá nome ao museo, permanece pechado por obras até 2023. Pérgamo foi unha das máis importantes cidades do mundo helenístico, gobernada polos Atálidas, sucesores de Lisímaco de Tracia, xeneral de Alexandre Magno. Trátase dun monumento relixioso helenístico do s. II a. C. Non está construído coa tipoloxía do templo grego, senón que se trata dun altar en honor a Zeus rectangular con forma de U. Tiña dous niveis, o inferior formado por un muro continuo onde se representou o friso da Xigantomaquia e o superior, constituído por unha dobre fila de columnas de orde xónica. No interior os frisos describen a historia de Télefo, fillo de Heracles e Auxe: a consulta no oráculo de Delfos para coñecer o para-

doiro de súa nai, a construción da nave na que fora abandonada Auxe en mans duns mercadores, a toma de Orestes como refén para conseguir ser curado por Aquiles a cambio de indicarlles aos gregos o camiño correcto a Troia. O altar perdeu a súa función cando o cristianismo triunfou sobre as relixións politeístas. No s. VIII foi parcialmente destruído cando a cidade se fortificou para defenderse contra os árabes. No s. XIII caeu en mans dos turcos. A partir do s. XV a cidade comezou a ser visitada por europeos. En 1871 o altar foi descuberto polo arquitecto alemán Carl Humann e foi transportado e reconstruído en Berlín en 1886 grazas a un acordo entre Alemaña e o Imperio Otomano. Os frisos da Xigantomaquia e a historia de Télefo están considerados obras mestras da escultura grega e representan a culminación do chamado barroco helenístico.

19


Viaxe a Berlín 2020

Porta de Ishtar A Porta de Ishtar era a oitava das portas de acceso á antiga Babilonia, construída arredor do 575 a. C. polo rei Nabucodonosor II na honra da deusa Ishtar, deusa mesopotámica do amor e da guerra, da vida, da felicidade e da natureza. Medía 14 metros de altura por 10 de ancho e era parte dunha Vía Procesional que conducía á cidade e daba acceso ao templo de Marduk, deus tutelar da escritura. Estaba construída en adobe recuberto por ladrillo vidrado e po de lapislázuli, cos teitos e portas de madeira de cedro, e fastosamente decorada con leóns (símbolos de Ishtar), dragóns (símbolos de Marduk) e touros (símbolos de Adad, deus da tempestade), enmarcados en conxuntos ornamentais decorados con rosetas e outros motivos vexetais como palmeiras. Orixinariamente foi considerada unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo, ata que foi substituída polo Faro de Alexandría. Os seus muros de adobe foron achados entre 1899 e 1914 polo arqueólogo Robert Koldewey, o descubridor de Babilonia. Foi reconstruída en Berlín en 1930 engadíndolle os recubrimentos vidrados. en realidade tratábase dunha porta dobre, pero a parte posterior, moito máis grande, aínda está almacenada no museo por falta de espazo

20

para ser exposta. Existen fragmentos da porta espallados por varios museos do mundo en Istambul, Gotemburgo, París, Nova York, Múnic, Toronto, Filadelfia, Chicago ou Boston. Irak, ao igual que ocorre con Grecia e o Partenón, segue reclamando esta marabilla da antiga Babilonia.

Arqueólogos reconstruíndo a porta de Ishtar en 1920


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Kudurru de Marduk-apla-iddina II

Vaso sagrado de Warka ou vaso de Uruk

Os kudurru ou narû balilónicos son monumentos de pedra que mostran representacións divinas cos seus emblemas e figuras antropomórficas que contiñan un texto administrativo sobre transaccións de terras. Este kudurru é da época do rei Mardukapla-iddina II, que reinou do 721 ao 702 a. C. e que usou as terras da coroa para compensar a persoas e unilos a el. Aquí fala do mérito do oficial do templo de Belache-eri e do agasallo de terra que se lle fixo. Ademais do rei, á esquerda, e o oficial, aparecen emblemas de varios deuses que reforzan a acción do regalo

Vasilla de alabastro do 3300 ao 3100 a. C. A súa importancia é capital para a historia da humanidade, pois nárranse por primeira vez escenas de procesión e ritos asociados a un culto. Neste caso trátase da deusa Inanna, ante ela preséntase o gobernante para demostrar a súa lexitimidade.

Selo cilíndrico de presión É unha das pezas máis destacadas do período Uruk (Mesopotamia 3800-3200 a. C.) Podíase usar para decorar ladrillos de arxila frescos facéndoo rodar sobre o seu eixo, que neste caso é de bronce con forma de ovella. O selo describe unha escena na que un home alimenta a dúas ovellas. Aparecen ao seu lado feixes de xuncos verticais, emblemas da deusa Inanna (nome sumerio de Ishtar) e vasillas que se asemellan moito ao vaso de Uruk ou de Warka.

Fachada do Templo de Inanna

A súa construción puido ser no reinado de Karaindash, arredor do 1500 a. C. A fachada é unha reconstrución a partir de fragmentos orixinais, na que deidades femininas sosteñen nas súas mans recipientes de auga que sae en liñas cobregueantes, que simbolizan vida. As deidades masculinas, alternadas coas femininas, son barbudas e están cubertas con prendas que semellan escamas e simbolizan montañas. Estas imaxes simbolizaban que os deuses da montaña e as deusas da auga aseguraban a subministración de auga no sur de Mesopotamia

21


Viaxe a Berlín 2020

Reconstrución de sala de palacio asirio Esta sala monumental reconstruíuse no s. XX a partir da compra de relevos asirios do s. IX a. C. procedentes de Mosul. Os relevos de alabastro contan con inscricións que celebran os feitos do rei Arnusipal II e representan ao rei cazando con arco e frechas.

Relevo erótico en terracota Procedente de Uruk e datado entre o 1850 e 1600 a. C. representa a unha parella facendo o acto sexual na que a muller bebe cervexa cun tubo dun vaso alto.

Taboíñas cuneiformes Procedentes dun fondo de arquivos privado de una residencia de Aššur (s. VIII a. C.), conservadas nun vaso (reproducción)

22

Estela de Asarhaddón Estela do s. VII a. C. atopada en Zincirli (sur de Turquía) que celebra a vitoria do rei asirio Asarhaddón sobre o faraón Tahargo. A estela contén unha maldición: “Quen quite a estela deste lugar borrará o meu nome escrito e escribirá o seu, que Ishtar, a señora da guerra, lle quite a virilidade e o faga muller e o poña aos pés do seus inimigos.”

Mosaico de Orfeo É un mosaico do s. II d. C. e provén do triclinium dunha casa romana de Mileto. Amósanos a Orfeo amansando ás feras coa súa música. Os animais da parte superior, beneficiados pola arte de Orfeo, están en claro contraste cos da parte inferior, que están en estado salvaxe cazando ás súas presas e perseguidos por cupidos.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Porta do Mercado Romano de Mileto É un gran monumento de mármore construído posiblemente no s. II d. C., durante a época do emperador Hadriano, sobre o ano 120 ou 130. Substituíu a un propileo dórico e empregouse como entrada norte da ágora ou mercado de Mileto (actual Turquía). Ten uns 30 metros de anchura por 16 de altura e cinco metros de profundidade. A estrutura está disposta en dúas plantas con tres ocos de acceso. Ao nivel da cuberta e entre as dúas plantas hai frisos ornamentados con relevos de touros e flores. Os frontóns que sobresaen da estrutura están sostidos por columnas corintias e compostas. Os nichos da segunda planta albergaban estatuas de emperadores, algúns deles loitando contra os bárbaros. A porta fora restaurada no s. III d. C.

tras os danos causados por un terremoto. Cando Xustiniano fortificou Mileto no 538, a porta incorporouse ás murallas da cidade. Nos s. X ou XI a porta sufriu outro terremoto, algúns dos elementos da súa estrutura foron empregados nos edificios dos arredores e a maioría ficaron enterrados no chan. A principios do s. XX foi descuberta por un grupo de arqueólogos alemáns que a desenterraron e transportaron a Berlín. Entre 1925 e 1929 foi reconstruída con máis de 750 toneladas de fragmentos no museo recentemente ampliado. Como faltaban moitos materiais empregouse moito material de recheo, práctica que xerou moitas críticas ao museo por mostrar os seus monumentos como orixinais cando estaban constituídos por gran parte de material adicional. A porta quedou moi danada durante os bombardeos da II Guerra Mundial e foi restaurada nos anos 50 do s. XX

23


Viaxe a Berlín 2020

Fachada de Mushatta É a fachada pertencente ao palacio de Qusair Mushatta, construído a máis de 30 km de Ammán (Xordania) durante o período Omeia, na época do califa Walid II (743-744). Tratábase do palacio de inverno do califa para o que se usaron ladrillos cocidos colocados sobre cimentos labrados en pedra. O muro exterior constaba de vinte e cinco torres, na sección central estaba a sala do trono, o patio, a mesquita e un grupo de habitacións e tiña unhas dimensións catro

Propileo do Santuario de Atenea en Pérgamo É un propileo de dúas plantas que constituía a entrada principal do santuario de Atenea Polias en Pérgamo, un dos lugares de culto máis antigos da cidade. No período helenístico foi reformado pola dinastía dos Atálidas e decorado con numerosas ofrendas votivas, para conmemorar as vitorias militares do rei Eumenes II (s. II a. C.). Este rei aumentou e fomentou a famosa biblioteca de Pérgamo, que podería estar situada en parte de este edificio ou moi próxima a el.

24

veces maiores das construcións omeias deste tipo. A fachada está decorada con molduras que crean espazos triangulares decorados con rosetas e elementos vexetais, sobre todo gabiáns de vide, con algúns motivos animais, reais e fantásticos (grifóns e centauros) Crese que despois do asasinato de Wallid II o palacio foi abandonado e posteriormente acabou derrubándose a causa dun terremoto. Os restos do palacio foron escavados por primeira vez en 1840 e foron trasladados a Alemaña en 1903.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

MUSEO NOVO OU NEUES MUSEUM Rematouse de construír en 1855. Quedou case esnaquizado durante a Segunda Guerra Mundial (só quedaron algunhas das paredes exteriores) e foi reedificado para exhibir, como antes da guerra, as coleccións exipcias e prehistóricas. É imprescindible visitar a súa colección de momias e sarcófagos exipcios así como o busto de Nefertiti.

Retrato de momia de muller O nome de Isidora está escrito no que queda da caixa de liño. É do s. II d. C. e procede de El-Hibeh (Exipto)

ao círculo solar Atón. Tivo seis fillas con Akenatón, unha das cales, Anxesenamón (renomeada Ankesenamen despois da represión do culto de Atón) casou con Tutankamón, o fillastro de Nefertiti. Non se sabe con certeza se sobreviviu ao seu home e chegou incluso a gobernar soa. Aínda que o busto non ten inscrición identifícase con Nefertiti pola coroa característica que usa noutras representación existentes ben identificadas. Un equipo de arqueólogos alemán descubriu o busto en 1912 e sacouno do país sen mostrar o busto real aos inspectores. Mostrouse por primeira vez en público en 1924 e dende entón foi obxecto de demanda por parte de Exipto.

Busto de Nefertite É un busto de pedra calcaria con estuco pintado que representa á Gran Esposa Real do faraón exipcio Akenatón. Crese que foi realizado por Tutmose en 1345 a. C. porque se atopou no seu taller de Amarna, Exipto. É unha das obras máis copiadas do mundo e Nefertiti converteuse nunha das mulleres máis famosas do mundo antigo e nunha icona de beleza feminina. Pouco se sabe de Nefertiti. O seu nome significa “A fermosa que chegou” e no s. XIV a. C. foi a esposa de Akenatón, da XVIII dinastía de Exipto, quen iniciou unha nova forma de adoración monoteísta dedicada

25


Viaxe a Berlín 2020

CENTRO DE BERLÍN Alexanderplatz

Orixinalmente era un mercado de gando, recibiu o seu nome en honor dunha visita a Berlín do tsar Alexandre I de Rusia en 1805. A finais do século XIX a praza cobrou importancia como centro comercial coa construción dunha estación de metro do mesmo nome e un mercado. Tivo o seu auxe nos anos 1920, cando xunto con Potsdamer Platz era considerada o corazón da noite berlinesa, chegando a inspirar a novela Berlin Alexanderplatz, publicada por Alfred Döblin en 1929. Durante a Batalla de Berlín, no marco da Segunda Guerra Mundial, a praza foi fortemente danada polos bombardeos e os combates. Esta praza foi o centro de Berlín Oriental e tivo as últimas reformas de magnitude nos anos 60 do século pasado e conserva o seu carácter socialista. En maio de 2007 os obreiros que realizan obras na rede de sumidoiros da praza descubriron no subsolo o que se considera como o maior búnker da Alemaña nazi, construído na capital alemá entre 1941 e 1943 como refuxio da compañía alemá de ferrocarril.

26

Fernsehturm ou Torre da Televisión A Fernsehturm foi construída en 1969 pola extinta República Democrática Alemá e a súa imaxe foi usada desde entón polo goberno da RDA como símbolo do Berlín Oriental.Dende ela pódense ver doadamente todos os distritos do centro de Berlín e continúa a ser un símbolo da cidade. A altura orixinal da Fernsehturm era de 365 metros, pero pasou a ser de 368 logo da instalación dunha nova antena nos anos 1990. É actualmente o segundo edificio máis alto de Europa, só superado pola Torre Ostankino de Moscova. Na cúspide da torre hai unha grande esfera na que se atopan un miradoiro e un restaurante; o miradoiro está a unha altura aproximada de 204 metros sobre o chan. O restaurante, que vira 360 graos cada media hora, atópase uns metros por riba do miradoiro. Dentro do corpo principal da torre hai dous ascensores que levan aos visitantes á esfera en 40 segundos.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Rotes Rathaus ou Concello Vermello É o concello de Berlín, na Rathausstraße. O seu nome débese aos ladrillos vermellos da súa fachada. O edificio foi construído entre 1861 e 1869 polo arquitecto Hermann Friedrich Waesemann e inspirouse no modelo das torres da Catedral de Laon en Francia. O edificio ocupou o lugar de varias edificacións anteriores que databan da idade media e ocupa unha mazá enteira. O edificio sufriu danos durante a II Guerra Mundial. Foi o concello de Berlín Oriental despois da súa reconstrución en 1950. Despois da reunificación alemá, a administración de Berlín trasladouse a este edificio en 1991.

Neptunbrunnen ou Fonte de Neptuno

Foi realizada polo escultor Reinhold Begas en 1891 como agasallo da cidade a Guillerme II, que era gran admirador do escultor. A fonte foi colocada diante do Palacio Real. O estanque da fonte está feito en granito vermello de Suecia.

Representa a Neptuno, deus romano das augas e dos mares co seu tridente, levado por catro tritóns sobre unha cuncha. Na beira do estanque están sentadas catro figuras femininas que representas os ríos Rin, Vístula, Óder e Elba. Tras a polémica demolición do Palacio no réxime da RDA en 1951, a fonte foi desmontada. En 1969, tras a restauración das figuras, a fonte foi instalada no lugar actual.

Berliner Dom ou Catedral de Berlín É a catedral da Igrexa Evanxélica de Alemaña, construída en Berlín entre 1895 e 1905. At ó p a s e n a Illa dos Museos, coa súa portada cara ó xardín Lustgarten e ó Palacio Real berlinés (Berliner Stadtschloss). Foi levantada no lugar onde anteriormente estaba outra catedral barroca que se demoleu en 1894 por orde do emperador Guillerme II e substituída pola actual, deseñada por Julius Raschdorff en estilo neobarroco. Foi seriamente danada polos bombardeos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. Os traballos de reconstrución comezaron en 1975 e concluíron en 1993, con un novo deseño da parte superior máis simple e de menor altura ca a orixinal. No seu interior atópase unha cripta onde se atopan diversos membros da familia Hohenzollern.

27


Viaxe a Berlín 2020

Reichstag

O edificio comezou a construírse en 1984, tras a fundación do Imperio Alemán en 1871 (II Reich). Cando se inaugurou en 1984, tanto o novo edificio como o arquitecto desagradaban a Guillerme II, que o cualificou como “o cumio do mal gusto”. Foron necesarios vinte anos para que o kaiser, en medio da I Guerra Mundial, dese o seu consentimento para engadir a inscrición do frontispicio “DEM DEUTSCHEM VOLKE” (Ao Pobo Alemán). Para fundir as letras o emperador mandou fundir dous canóns franceses obtidos durante as guerras de liberación en 1813. En febreiro de 1933 produciuse o incendio do Reigstag que nunca foi aclarado de todo. Os nazis culparon aos comunistas, detiveron a Marinus van der Lubbe, un comunista neerlandés e o condenaron a morte. Este incendio serviu de escusa para que Hitler asumise plenos poderes e eliminase as liberdades democráticas. Despois do incendio o edificio permaneceu inutilizado por moito tempo. Foi convertido en fortaleza polos últimos efectivos das SS e nel ondeou a bandeira comunista o 30 de abril de 1945, xa que para o Exército Vermello representaba o

28

símbolo principal da Alemaña nazi. O 9 de setembro de 1948 300.000 berlineses reuníronse diante del para protestar polo bloqueo de Berlín por parte dos soviéticos. Nos anos 60 de século pasado comezáronse as reformas máis urxente. A cúpula de cristal foi restituída nos anos 90 cun moderno deseño do arquitecto británico Norman Foster. Hoxe é un dos símbolos da Alemaña reunificada e dende 1999 é a sede parlamentaria do Bundestag (parlamento federal e órgano supremo lexislativo de Alemaña).


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Monumento do Holocausto

É o monumento aos xudeus de Europa asasinados, que se inaugurou en 2005. Foi deseñado polo arquitecto Peter Eisenman e polo enxeñeiro Buro Happold. É un campo inclinado de 19.000 m² cuberto per unha reixa cuadriculada con 2.711 estelas ou lousas de formigón. Aínda que segue o esquema tradicional dun monumento funerario, as estelas están deseñadas para producir unha atmosfera incómoda e confusa, e todo o monumento busca representar un sistema supostamente ordenado que perdeu o contacto coa razón humana. Nun subterráneo anexo (Ort der Information) atópanse todos os nomes das vítimas xudías do holocausto coñecidas. Durante a súa construción houbo unha polémica porque a empresa Degussa, que producía unha substancia anti-grafiti chamada protectosil para cubrir e protexer as estelas, estivera involucrada na produción de gas Zyklon B co que se asasinou aos xudeus durante o holocausto.

reinado de Federico Guillerme II de Prusia por Carl Gotthard Langhans, seguindo o modelo da porta de acceso á Acrópole de Atenas. Neste lugar atopábase nesas datas unha das 18 portas da muralla da cidade de Berlín. A cuadriga do cumio foi levada a París por Napoleón para ser exhibida como trofeo de guerra, pero antes de que isto acontecese Napoleón foi derrocado. Grazas ao mariscal Blücher o carro puido volver a Berlín en 1815 e foi restaurado engadíndoselle unha cruz de ferro deseñada por Schinkel. Ata o ano 1918 soamente membros da familia real, os seus invitados e membros da familia Pfuel tiñan permitido o uso do paso central da porta. En 1933 as tropas das SA desfilaron por primeira vez a través da porta.

Porta de Brandenburgo A Porta de Brandeburgo simboliza a historia alemá como ningún outro monumento. Foi construída entre 1788 e 1791 durante o

29


Viaxe a Berlín 2020 Durante a Segunda Guerra Mundial a Porta sufriu graves danos e a Cuadriga resultou case completamente destruída. As autoridades de Berlín Oriental decidiron refacer a Cuadriga cos moldes orixinais, pero quitando a aguia e a cruz de ferro por consideralos símbolos do militarismo alemán. Coa construción do Muro de Berlín en 1961, a Porta de Brandeburgo quedou en terra de ninguén, sen acceso do leste nin do oeste. Soamente soldados fronteirizos e invitados especiais da RDA tiñan acceso ao monumento. En 1991, trala reunificación de Alemaña, a Cuadriga, que non tivera ningún mantemento en 30 anos, foi desmontada e restaurada. Durante esta restauración engadíronselle de novo a aguia e a cruz de ferro. A Porta de Brandeburgo, despois dunha restauración profunda, foi desvelada entre grandes festividades o 3 de outubro de 2002 (aniversario da Reunificación de Alemaña).

Parque do Tiergarten

En alemán significa “parque dos animais”, pois era un parque de caza da casa dos Hohenzolern, os príncipes prusianos, que

30

despois pasou a ser unha zona de ocio dos berlineses. Ten 210 ha de superficie e é o maior pulmón verde da cidade. Tras a caída do muro de Berlín, a Straße des 17 Juni, que atravesa o parque, foi escenario nos últimos anos do s. XX e primeiros do XXI da Love Parade, un dos eventos musicais máis multitudinarios da Unión Europea.

Columna da Vitoria Está situada no Tiergarten, na rotonda Großer Stern, (“Gran Estrela”) que une cinco grandes avenidas. Construíse para conmemorar a vitoria de Prusia en alianza co Imperio Austríaco contra Dinamarca na Guerra dos Ducados de 1864. Cando se inaugurou, en 1874, serviu para conmemorar tamén as vitorias contra o Imperio Austríaco na Guerra das Sete Semanas (1866) e da Guerra francoprusiana contra o Imperio de Napoleón III. Orixinariamente fora erixida diante do Reichstag, pero durante a Alemaña nazi foi trasladada á súa ubicación actual como traballo preliminar da remodelación de Berlín. Conservouse en pé despois da batalla de Berlín e Francia queixo dinamitala, pero non puido facelo polo veto de Reino Unido e EEUU. Aínda así os franceses levaron os relevos que aludían á súa derrota. Ten 69 metros de altura e pódese acceder a ela subindo 285 chanzos en caracol no seu interior.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

Unter den Linden É o principal bulevar da cidade e o seu nome significa “Baixo os Tileiros”, construíuse baixo o reinado de Federico I de Prusia, como vía de unión entre o parque real de caza, Tiergarten, e o novo palacio real na illa de Cölln. O bulevar comeza na praza de París no lado oeste da porta de Brandeburgo, onde se atopan a Academia de Arte, o coñecido Hotel Adlon e a embaixada de Francia. A 1,5 km en dirección leste da praza atópase a ponte Schlossbrücke, a cal serve de unión coa Illa dos Museos e o centro leste de Berlín.

Kulturforum e Postdamer Platz O Kulturforum é un complexo de edificios próximo a Postdamer Platz no que se atopan centros culturais que foron construídos no Berlín Occidental a partir da división da cidade despois da II Guerra Mundial. Entre estes edificios está a Berliner Philarmonie, sede da Orquestra Filharmónica de Berlín, a Biblioteca Estatal ou a Nova Galería Nacional

A Postfamer Platz nos anos 1920 era un dos puntos máis populares de toda Europa. Como o resto da cidade, viuse sometida ao bombardeo aliado durante os últimos meses da Segunda Guerra Mundial, o que levou á case total destrución das edificacións do lugar. Trala ocupación da cidade por parte dos aliados, a Potsdamer Platz quedou na área onde se dividían os protectorados soviético e norteamericano. Coa construción do Muro, que a cruzaba no seu sector oeste, quedou nunha terra de ninguén inutilizable e non foi reconstruída, malia estares moi próxima á principal avenida comercial de Berlín Leste. Trala caída do muro os berlineses déronse á tarefa de rehabilitar Potsdamer Platz, o que conseguiron no transcurso de menos dunha década. A actual arquitectura do lugar non lembra en nada á orixinal. Nesta praza ten lugar a Berlinale ou Festival de Cine de Berlín, onde se fai entrega dos osos de ouro ás mellores películas do festival.

Berliner Philarmonie

31


Viaxe a Berlín 2020

Topografía do Terror

Entre 1933 e 1945 as instalacións da “Topografía del Terror” albergaron as centrais máis importantes do terror nacionalsocialista: A Policía Secreta do Estado (Gestapo) con cárceres propias, a xefatura suprema das Escuadras de Protección (SS), o Servizo de Seguridade das SS (SD) e, durante a II Guerra Mundial, tamén a Oficina Central de Seguridade do Reich (RSHA) A exposición permanente trata sobre todo das institucións centrais das SS e da policía do “Terceiro Reich”, así como dos crimes cometidos por eles en Europa. Ademais da descrición do sistema de terror implantado, a exposición tamén se centra nos diferentes grupos de vítimas do réxime. A exposición divídese en cinco seccións: I. O nacionalsocialismo chega ao poder II. Institucións de terror (SS e Policía) III. Terror, persecución e exterminio durante o Reich IV. Os SS e a Oficina Central de Seguridade do Reich nos territorios ocupados V. Fin da guerra e da posguerra Tamén se pode facer un percorrido polo terreo por 15 puntos de parada que proporciona unha visión xeral do terreo e inclúe restos do Muro de Berlín

32

Checkpoint Charlie O Checkpoint Charlie é o máis famoso dos pasos fronteirizos do Muro de Berlín entre 1945 e 1990. Atópase na Friedrichstraße, e abría o paso á zona de control estadounidense coa soviética, onde actualmente únense os barrios de Mitte e Kreuzberg. Só se permitía o seu uso a empregados militares e de embaixadas dos aliados, estranxeiros, traballadores da delegación permanente da RFA e funcionarios da RDA. A denominación Charlie procede do alfabeto fonético da OTAN, e é a súa terceira letra. Checkpoint Alpha era o paso de autoestrada en Helmstedt, Checkpoint Bravo o paso de autoestrada en Dreilinden. O Checkpoint Charlie foi escenario de fuxidas espectaculares do Berlín Leste, algunhas especialmente tráxicas como a morte de Peter Fechter, desangrado en 1962 ante os ollos dos que habitaban Berlín Oeste. O punto de control foi demolido o 22 de xuño de 1990, de xeito que agás o Museo do Muro do Checkpoint Charlie non quedou nada que o lembrase, ata o 13 de agosto de 2000, cando se inaugurou unha reconstrución da primeira caseta de control, idéntica salvo nos sacos de area, que agora están recheos de cemento. Á parte do posto, tamén se pode ver o museo dedicado á historia do muro, a derradeira bandeira do Kremlin e varios anacos do muro de Berlín.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas

East Side Gallery

A East Side Gallery é unha galería de arte ao aire libre situada sobre unha sección de 1.316 m. da cara leste do muro de Berlín, que foi salvada do derrubamento con dita finalidade. Atópase preto do centro de Berlín, na rúa Mühlenstraße do distrito Friedrichshain-Kreuzberg, ao longo da beira do río Spree. Está considerada a galería de arte ao aire libre máis grande do mundo. A galería consta de 103 murais pintados por artistas de todo o mundo en 1990 na cara leste do muro de Berlín, homenaxeando a liberdade e documentando a esperanza dun mundo mellor que se produciu co fin da Guerra fría. Foi fundada por dúas asociación de artistas alemáns, a “Federal Association of Artists - BBK” e a “GDR - Artists Association”. En xullo de 2016, co fin de facilitar o acceso ao río Spree dende o MercedesBenz Arena, unha sección de 40 metros foi movida cara o oeste, en paralelo á súa posición orixinal.

á erosión, o graffiti e o vandalismo, e pedir aos artistas que volvesen a pintar as súas obras. Algúns dos artistas negáronse a volver a realizar os murais, indicando que a galería debeu realizar unha restauración e previr a destrución das obras orixinais.

Un dos máis famosos murais é o coñecido como Mein Gott hilf mir, diese tödliche Liebe zu überleben (“Meu Deus, axúdame a sobrevivir a este amor mortal” en alemán), ou Bruderkuss (“Bico entre irmáns” en alemán), que foi pintado de novo en 2009 polo artista ruso Dimitri Vrubel. O mural fai escarnio da famosa fotografía do bico entre Leonid Brezhnev e Erich Honecker que foi tomada durante a celebración do 30 aniversario da República Democrática Alemá en 1979. A imaxe do cadro converteuse nunha importante icona popular do Berlín de finais do século XX e comezos do XXI, polo que se pode observar en multitude de recordos da cidade como homenaxe á euforia que supuxo para a poboación da cidade a apertura do muro de Berlín en 1989.

Con motivo da preparación do vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín, realizouse un programa de renovación que consistía en tapar a maioría dos murais, que se atopaban en mal estado debido

33


Viaxe a Berlín 2020

Gendarmenmarkt

Está localizada no centro da cidade e considérase a máis fermosa de Berlín.O seu nome significa “mercado dos xendarmes”, porque nela estiveron ate 1773 as cortes dos cabalos do rexemento de coiraceiros Gens d’ Armes. Creouse a partir de 1688 no suburbio de Friedrichstadt, no que se asentaron gran parte dos inmigrantes hugonotes franceses que acudiron atraídos pola protección que lles prometera Federico Guillerme I de Brandenburgo mediante o edicto de Potsdam en 1685. Federico I de Prusia concedeulle á comunidade luterana e a comunidade francesa lugares para construír as súas respectivas igrexas, o que deu lugar a Französischer Dom (Catedral Francesa) e no lado sur á Deutscher Dom (Catedral Alemá), que se remataron a finais do s. XVIII baixo o reinado de Federico II. A praza seguiu o esquema da Piazza do Popolo en Roma. Entre ambas igrexas construíuse un pequeno teatro francés, que foi substituído en 1802 por un Teatro nacional de 2.000 plazas. Este teatro queimouse por completo en 1817, o que deu lugar á construción do actual Konzerthaus. En 1859 comezouse a construír o monumento Schiller para conmemorar o centenario do nacemento do poeta.

34

Foi reconstruída despois da II Guerra Mundial. Durante o réxime da RDA cambiou o seu nome por Platz der Akademie (Praza da Academia) e recuperouno despois da reunificación.

Konzerthaus Inaugurouse en 1821 no centro da Gendarmenmarkt, construída por Friedrich Schinkel, converténdose nunha das obras máis emblemáticas deste arquitecto en Berlín É de inspiración grega no exterior e no interior dispuña de 1200 prazas como teatro, xunto cunha sala para concertos e bailes. Aquí estreouse en 1826 a Novena sinfonía de Beethoven. En todo o s. XIX representáronse obras de dramaturgos como Friedrich Schiller, Heinrich von Kliest, Gerhart Hauptmann ou August von Kotzebue. Despois da II Guerra Mundial non foi restaurado ate os anos 80 do século pasado e decidiuse adaptalo a sala de concertos, pois Berlín Oriental xa posuía varios teatros de renome. O exterior reconstruíuse seguindo a idea orixinal de Schinkel, pero o interior foi redeseñado para converterse nun auditorio de concertos con capacida-


IES de Melide. Departamentos de Clásicas de para 1.600 persoas. Ademais engadiuse unha sala pequena con 400 localidades, o club de música e unha sala de ensaios. No interior procurou manterse o estilo de Schinkle co emprego do estuco, mármore e lámpadas de cristal. Entre 1996 e 1999, tras a reunificación alemá, fixéronse varios traballos de restauración. Hoxe en día o edificio alberga tres espazos onde anualmente represéntanse arredor de 550 espectáculos: a sala grande (Großer Saal), a sala pequena (Kleiner Saal) e o Musikclub.

Kufürstendamm É unha das avenidas importantes de Berlín, que toma o seu nome dos antigos Kurfürsten, o Príncipes Electores do Sacro Imperio Romano, que tiñan a función de elixir ao emperador do Sacro Imperio. A partir de 1886 a rúa amplíase a avenida por idea de Bismarck. Cando Berlín foi dividida coa edificación do muro, a Kurfürstendamm converteuse no centro comercial de Berlín Occidental.

Igrexa Memorial do Kaiser Guillerme Esta igrexa consérvase en estado de ruína como memorial da II Guerra Mundial. O edificio construíuse entre 1891 e 1895 de acordo aos planos de Franz Schwechten, cun estilo arquitectónico neorrománico segundo o modelo da catedral de Bonn. O edificio orixinal causaba gran impresión polas súas cinco torres. A torre principal acadaba os 133 metros, sendo a máis alta da cidade. No seu interior, mosaicos de gran valor lembraban a vida e fazañas

do emperador Guillerme I. A construción correra a cargo de Guillerme II para honrar a memoria do seu avó Guillerme I. Sufriu os bombardeos dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial. A estes bombardeos só sobreviviu unha gran torre que foi conservada sen restaurar para lembrar as consecuencias da guerra, albergando na súa parte alta a Freiheitsglocke (Campá da liberdade) e ao que lle foi anexado un edificio moderno para a parroquia. De feito, esta igrexa é tamén coñecida como “a igrexa en lembranza á futilidade da guerra”.

35


Viaxe a Berlín 2020

CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE SACHENHAUSEN

O campo de concentración de Sachsenhausen atópase en Oranienburg, a 40 km de Berlín. Comezou a funcionar o 12 de xullo de 1936, cando as SS transferiron 50 prisioneiros desde o campo de Esterwegen. Nunha primeira fase, o campo destinouse principalmente a prisioneiros políticos, pero xa desde 1938 foron levados alí milleiros de xudeus, desde 1940 milleiros de polacos e desde 1941 milleiros de militares soviéticos, 18.000 dos cales foron fusilados. Os primeiros anos de Sachsenhausen foron de concentración, non de exterminio. Durante a guerra Sachsenhausen expandiuse nun sistema de traballo forzado en 60 subcampos, concentrados ao redor das industrias de armamento, que utilizaba a man de obra gratuíta dos prisioneiros, na rexión de Berlín. Os presos tamén foron sometidos a experimentos médicos. En xaneiro de 1945 había máis de 65.000 prisioneiros en Sachsenhausen, incluíndo a máis de 13.000 mulleres. Os arquivos rexistraron a entrada 140.000 prisioneiros durante o tempo que funcionou o campo e

36

Inscrición “Arbeit Macht Frei”, “O traballo faravos libres, presente en moitos campos nazis.

recolleron a execución ou morte de 30.000 deles, pero nesta cifra non se incluían a milleiros de prisioneiros de guerra fusilados apenas chegaban. Neste campo de concentración foron detidos tamén varios centos de exiliados republicanos españois, entre os que destaca Francisco Largo Caballero. Antes da súa inminente derrota, os nazis ordenaron trasladar aos prisioneiros, disparando as SS contra todos aqueles incapaces de camiñar. As tropas soviéticas liberaron aos superviventes o 2 de maio de 1945, preto da cidade de Schwerin. Desde que as forzas soviéticas ocuparon Berlín e até 1950, Sachsenhausen pasou a ser un campo de concentración soviético usado para represaliar tanto a supostos colaboradores dos nazis dentro da poboación civil, como aos funcionarios do Goberno nazi e antigos militares alemáns, incluídos prisioneiros dos Aliados occidentais. Posteriormente o campo foi adecuado para que os visitantes puideran coñecer o ocorrido ás vítimas do nazismo.


IES de Melide. Departamentos de Clásicas En 1961 erixiuse un monumento en memoria ao prisioneiro, que mostra 18 triángulos en significado das diferentes nacionalidades que foron vítimas e dos prisioneiros que morreron alí. Baixo o obelisco atópase unha estatua que representa a un soldado soviético liberando dous prisioneiros. Tamén hai un museo que expón a realidade que se viviu neste campo.

Falsificación de diñeiro Neste campo de concentración levouse a cabo con mano de obra xudía unha das falsificacións monetarias máis complicadas da historia, sorprendentemente frutuosa. Os alemáns realizaron unha serie de seleccións en Auschwitz e noutros campos de concentración (Mauthausen, entre outros) buscando prisioneiros que coñeceran oficios como fotografía, debuxo e outros relacionados coa arte da imaxe. De alí partiu, sen coñecer o seu destino, un grupo de 140 prisioneiros xudeus que foran seleccionados para levar a cabo estas operacións. Cos medios tecnolóxicos da época era difícil crear réplicas idénticas dun billete. Así e todo, os coñecementos destes prisioneiros conseguiron desafiar até o máis mínimo detalle dos billetes de libras esterlinas, como minúsculas zonas en branco na tinta dunha letra que só se pode apreciar mediante un microscopio; que son mostra da veracidade do billete en cuestión. Todo o mundo consideraba auténticos estes billetes, e polo tanto circularon como se foran diñeiro real. Esta operación chamouse “Operación Krüger”, polo nome do maior das SS encargado de executar o plan). Unha vez concluída a operación os prisioneiros debían ser enviados a Auschwitz para o seu exterminio. Posto que todo

xudeu estaba condenado a morrer, e para evitar isto, pediron permiso para continuar a operación de falsificación diferenciándose da anterior en que agora íanse copiar dólares estadounidenses. O permiso para efectuar esta operación foilles concedido, polo que puideron prolongar a súa vida. Nesta ocasión non se chegaron a poñer en circulación estes billetes a causa do evidente afundimento da Alemaña nazi. Para que non quedasen testemuñas das falsificacións, os prisioneiros foron enviados a Ebensee para ser gaseados. Foron detectados polos soldados estadounidenses e a intervención destes librounos dunha morte segura. Unha serie de camións alemáns baleiraron o seu contido de billetes nos lagos Taupitzsee, Ebensee e no río Enns. En Sachenhausen falsificáronse nove millóns de billetes, valorados en 650 millóns de dólares. Os billetes atopáronse dous anos máis tarde por estes lagos e, debido a que os poboadores das aldeas os atopaban e consideraban auténticos, puxéronse a circular por toda Europa, co que se fixo necesario un cambio de formato nos billetes de libras esterlinas. A pericia deste colectivo de prisioneiros no campo da imaxe e a fotografía redundou na maior falsificación xamais levada a cabo na historia da humanidade e na salvación das súas propias vidas.

Buzos rescatando os billetes de libras esterlinas no lago Toplitz en Austria (1959)

37


Viaxe a Berlín 2020

BIBLIOGRAFÍA E IMAXES Past Finder. Berlin 1933-1945, VVAA, Ch. Links Verlag, Berlín 2014 TOP 10 BERLÍN, Guías Visuales DK, Jürgen Scheunemann https://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Berl%C3%ADn https://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Berl%C3%ADn https://es.wikipedia.org/wiki/Vaso_sagrado_de_Warka https://es.wikipedia.org/wiki/Puerta_del_mercado_de_Mileto https://es.wikipedia.org/wiki/Fachada_de_Mushatta https://es.wikipedia.org/wiki/Busto_de_Nefertiti https://gl.wikipedia.org/wiki/Checkpoint_Charlie https://gl.wikipedia.org/wiki/Mein_Gott_hilf_mir,_diese_t%C3%B6dliche_Liebe_ zu_%C3%BCberleben https://es.wikipedia.org/wiki/Gendarmenmarkt https://gl.wikipedia.org/wiki/East_Side_Gallery https://gl.wikipedia.org/wiki/Campo_de_concentraci%C3%B3n_de_Sachsenhausen https://investorsconundrum.com/2012/02/01/quizas-la-mayor-falsificacion-de-dinerode-la-historia/ https://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Berl%C3%ADn https://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Atracciones_tur%C3%ADsticas_de_ Berl%C3%ADn https://artsandculture.google.com/partner/altes-museum-staatliche-museen-zu-berlin https://artsandculture.google.com/partner/neues-museum-staatliche-museen-zu-berlin https://artsandculture.google.com/partner/pergamonmuseum-staatliche-museen-zuberlin Redacción e maquetación: Susana Losada Soto

38


IES de Melide. Departamentos de Clรกsicas

Apuntamentos

39


Viaxe a BerlĂ­n 2020

Apuntamentos

40




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.