Tetractis 36

Page 1

Ano IV. Boletín nº 36

Depósito legal: C 2766-2006

Outubro, 2009

MATEMÁTICAS PARA ESTIMULAR O TALENTO

Actividades do Proxecto Estalmat

Este libro elaborado por diverso profesorado dos comités educativos das seccións de ESTALMAT, comprende unidades de actividades para levar a cabo nas sesións. Os temas tratados son: • Grafos e algunhas amenidades topolóxicas • Divisibilidade e números primos • Sistemas de numeración • Técnicas de reconto • Paridade. Principio do pombal • Xeometría do triángulo con Cabri • Xeometría dobrando papel • Viaxe ao mundo dos poliedros • Xogos de tipo numérico • Xogos de estratexia con simetrías • Criptoloxía • A visualización na demostración matemática

O

• Fractais

• O azar As aportacións de ESTALMAT Galicia son: Xeometría dobrado papel, por Teresa Otero Suárez (IES Antonio Fraguas, Santiago) e Alicia Pedreira Mengotti (IES Monelos, A Coruña) e Criptoloxía, por Gonzalo Temperán Becerra (IES Monelos). O libro está editado pola Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales (thales@cica.es, http:// thales.cica.es) baixo o patrocinio da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. O proxecto ESTALMAT comezou en Madrid en 1998 e en Galicia no ano 2007. Está dirixido a alumnos de 12 e 13 anos que durante dous cursos académicos acoden á Facultade de Matemáticas de

obxectivo desta actividade é o achegamento á ciencia, principalmente ás matemáticas, do sector de poboación galego entre os 14 e 17 anos (3º e 4º ESO, 1º e 2º BACH). A utilización de material multimedia, actuacións teatrais, páxinas web, vídeos, maxia, papiroflexia, sesións de debate e socialización dos coñecementos e experiencias adquiridas serán os métodos utilizados para conseguir espertar o interese e a curiosidade en temas relacionados co espírito científico. Un obxectivo transversal consistirá en poñer en valor modelos femininos tanto na historia da ciencia como no papel da muller na investigación.

Santiago ás diversas sesións impartidas polo profesorado que pertencen ao Comité Académico de ESTALMAT Galicia.

www.estalmatgalicia.com

Queremos aproveitar a Semana da Ciencia 2009 para darlle o primeiro pulo a unha acción na que o seu contido principal serán 6 sesións de 3 horas de duración nas que se tratarán os seguintes temas: • O método científico. Iniciación ao espírito crítico e á análise da realidade. • As matemáticas cotiás. Busca e análise das matemáticas coas que convivimos diariamente. • A maxia e as matemáticas. Utilización das matemáticas para a creación de ilusións e maxia. • A física tamén é cotiá. Busca e análise da física coa que convivimos diariamente, poñendo de manifesto a utilidade das matemáticas para o tratamento destes fenómenos. • O teatro e o cine como recurso de achegamento á ciencia.

As prazas para as chocomates do día 12 e 19 de novembro están todas cubertas; pero, as actividades poderanse seguir na páxina web: www.chocomates.org e baixar o boletín que se vai a editar


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.