Ano VI. Boletín nº 58
UNHA
Depósito legal: C 2766-2006
XORNADA OLÍMPICA
C
atro alumnas de 1º de Bacharelato e dous alumnos de 2º participaron na Olimpíada Matemática Galega que se celebrou o sábado, 17 de decembro, na Facultade de Matemáticas da USC.
A verdade que foi unha xornada moi animada, xa que, mentres os alumnos lidiaban cos problemas da páxina 3 (6 problemas en 7 horas), máis de cen profesores de Galicia participaban nunha
Presentación de GeoGebra 4 e Proxecto Gauss, organizada pola Facultade de Matemáticas en colaboración co Instituto Geogebra de Galicia, e por se fora pouco, os alumnos de ESTALMAT participaban, á par que todos os equipos de España, nunha actividade chamada Matemáticas ao sprint.
ENQUISAS EN No blog TOMÁTEMATICAS hai un apartado dedicado as enquisa sobre conceptos, personaxes… É unha sección que ten por obxectivos: • Reflexionar sobre algúns conceptos. • Adquirir unha “cultura matemática”. • Pasalo ben, mentres aprendes. Nestes momentos están abertas dúas enquisas, así que
entra no blog e vota.
Decembro, 2011
XI ANIVERSARIO DE AGAPEMA
O
vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA). Este ano a mestra de ceremonias será a profesora Sandra Sambade Nieto, que este curso imparte clase, provisionalmente, no IES Mosteirón (Sada) e que disertará sobre o tema:
Matemáticas e Arquitectura, forma e función resultado do Traballo Fin de Máster de Matemáticas pola Universidade de Santiago. O acto celebrarase, ás 20:00 h, na Aula de Matemáticas do IES Ramón Otero Pedrayo. Sandra Sambade ademais de: • Ser vocal da delegación de AGAPEMA Coruña, • Formar parte da comisión organizadora da Feira Matemática, iniciou a súa andaina no IES Monelos, no curso 2006-07.
www.tomatematicas.blogspot.com ENQUISA 1 O conxunto dos números naturais represéntanse pola letra N, e o conxunto dos números enteiros, pola letra Z, Cal é a orixe desta denominación? A. Da palabra “zephirum”, que significa cifra. B. Da palabra italiana “zero”. C. Da palabra alemá, Zahlen, que significa número. D. Do matemático Zermelo, que estudou a Teoría de conxuntos.
ENQUISA 2 ¿Cal será o motivo polo qué aos números racionais se lles represente pola letra Q? 1. Para os vosos avós os números racionais eran "quebrados". 2. Polo matemático Quetelet. 3. Q cumpre unha propiedade arQuimediana: "entre dous números racionais sempre hai outro racional". 4. Pola palabra "quocient". 5. ¡Qué forte!, dixo o primeiro matemático que demostrou que os números racionais se poden numerar.