O Picurí 11

Page 1


3 De 4 a 13 14 15 16 e 17 18 19 20 21 22 e 23 24 25 26 27 28 e 29 31 32 33 34 e 35 36 37 38 39 40 41 a 43 44 45 46 47 48 e 49 50 51 52

Editorial. O Recuncho de Infantil Cada mes o seu refrán O Señor Inverno Crea Contos Conto de medo Mindfulness na aula O noso camiño Contos e Lendas Creatures corner Make your calm jar Interview with Matt Xogade Lucus Circuitus Arte, san e Internacional Os libros do Club de Lectura Manuel Iglesias Turnes Rúas novas para o futuro Caslos Casares Saídas didácticas Regueifesta O Serán do Cole de Cea Ourencanto Pequenos científicos Emoceante Otero Pedrayo, Ramón Caride, Manuel María e Cea das panadeiras. Manuel María en Cea De cine Unha experiencia inesquecible Fotomemoria Reformando o patio Pasatempos Contraportada

1º de Primaria 1º e 2º de Primaria 3º de Primaria 3º de Primaria 4º de Primaria 4º de Primaria 5º de Primaria 5º e 6º grade 4º grade 6º grade Educación Física 6º de Primaria 1º ESO 1º, 2º e 3º ESO 3º ESO Matías Rodríguez da Torre 4º ESO 2º ESO

EDL Ramón Caride Carlota Álvarez Feijoo Alejandro Pico Rodríguez 3º ESO 2º de Primaria

Podes ver unha versión dixital a toda cor da revista o Picurí en https://issuu.com/ticscea/docs/picuri2017

Nun artigo desta revista agóchase a palabra Picurí. A ver se es quen de atopalo. 2


Houbo unha época na que os nenos e nenas da comarca estudaban en escolas unitarias esparexidas pola zona. E non hai tanto, só 50 anos, xusto ata que se construíu e iniciou a súa andadura o Grupo Escolar de Cea, xermolo do actual CPI Virxe da Saleta. Isto supuxo unir seis escolas unitarias, como ben nos relatou o principal promotor desa obra, José Hipólito Rodríguez Presas, nunha interesante e emocionante entrevista derivada en conversa, unha tarde de calor aquí mesmo, no patio.

seu traballo, o ambiente familiar e saudable, a implicación da comunidade educativa, que colabora cada día para demostrar que non por ser pequenos somos menos importantes. Lembrando a todos os que por aquí pasaron e deixaron a súa pegada. E defendendo que nesta forma de traballar, non masificada, cooperativa, innovadora, integradora e ilusionante está a verdadeira calidade educativa da que tanto se fala. Aquí todos achegamos algo, todos e todas somos importantes, como ben reflectiu Eduardo Galeano na frase que preside o noso patio, ”Moita xente pequena en sitios pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo”.

E ante a pregunta: “Que supuxo isto para Cea?”, respondeu: “Pois eu creo que moito, porque a educación é importantísima, se non hai educación, non hai nada.”

Trátase dunha escola viva, cunha cantidade de proxectos e actividades de calidade desbordante, que cre na educación como ferramenta para mellorar a vida das persoas e que busca a formación integral (cognitiva, emocional e social) co fin de dotar os alumnos/as de todas as ferramentas posibles para desenvolverse no mundo que os rodea.

O CPI Virxe da Saleta ou Cole de Cea, é un exemplo máis de escola rural cunha longa e irregular traxectoria, que naceu cando as aulas se enchían, para dar resposta a unha necesidade imperiosa nos pequenos concellos de Galicia. Estas escolas teñen a relevancia de non ser unicamente centros de estudo e formación de calidade. Son tamén fundamentais para o desenvolvemento da contorna, para o crecemento das vilas, para o asentamento das familias... En resumo, para a conservación do rural, coa súa riqueza cultural e patrimonio insubstituíble. Polo tanto, o peche de cada unha delas é unha traxedia para o concello onde radica, condenándoo aínda máis ao avellentamento, abandono e despoboamento. A fin dunha escola rural é a sentenza definitiva do seu contorno.

Unha pequena mostra do traballo desenvolvido nos últimos dous anos recóllese nesta edición número 11 do Picurí, a nosa revista escolar. Agardamos que sexa do voso agrado, e que sirva para poñer de manifesto que ao Cole de Cea lle queda moito por vivir. E aproveitamos para convocar a toda a comunidade educativa, aos Concellos de Cea e Piñor, a toda a veciñanza, a sumar esforzos para que o Cole de Cea siga medrando e acadando éxitos como ata agora.

O noso centro cumpre os seus primeiros 50 anos orgulloso de ser un centro de referencia na bisbarra, de manterse vivo e con esperanza en tempos difíciles para estas escolas. Reivindicando a dignidade do

Parabéns a todos/as. Por 50 anos máis! O Equipo Directivo.

3


O recuncho De infantil

4


5


6


7


8


9


10


11


12


13


A cada, mes o Seu refran

Alumnos/as de 1ยบ E.P.

14


-

O senor inverno Esta obriña teatral foi realizada polos alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria, para ser estreada durante a Festa de Nadal que celebramos todos os anos no cole. É unha adaptación

dun conto orixinal inventado nas nosas aulas, polo que incorpora temas e conceptos relacionados cos contidos que estábamos a traballar naquel momento. Esperamos que vos guste.

(Están na escena a Píntega (Daniela). a Raposa (Iria) e a Loba (Ainara), cubertas cunha tea e deitadas no chan. A medida que a escena avanza vanse erguendo. Saen da escena cando remata).

ÁLEX: Entón, arredor daquel humano formouse un círculo de xeada que se foi estendendo cada vez máis. Por riba da cabeza do ancián había unha nube gris que ía medrando e deixando caer folerpas de neve e grans de sarabia. Un vento xeado sopraba en volta daquel estraño ser humano, axitando con forza ALEXANDRO: A historia que vos imos contar sucedeu as pólas das árbores e arrincándolle violentamente as nun bosque dos arredores de Cea. Un día, como follas. todos os días, os animaliños que vivían naquel bosque acordaron, como todos os días, coas (Os nenos de 1º van entrando en escena e colócanse primeiras raiolas do sol. Pouco a pouco, como todos en forma de arco con Matteo no medio). os días, foron saíndo das súas tobeiras, niños, guaridas e cubís…O sol seguía no ceo, como todos os días, xusto por tras dos castiñeiros do souto do leste, como todos os días…

MANUEL: Todos os bichiños daquel bosque dos arredores de Cea foron xuntándose en volta daquel forasteiro: A señora Garduña, o señor Miñato, a señora Raposa, a familia de coellos, a señora Loba, a señora Píntega, a señora Xabarina co seu ranchiño, o (Saen a píntega, a raposa e a loba. Entra a familia de señor Lagarto Arnal… Querían saber que era o que coellos (Paula, Dani e Secundino) e estráñanse de velo estaba a pasar e por que facía tanto frío. A neve e a xeada seguían a cubrir a herba, as pedras, os todo cuberto de neve). camiños... ALBA: Pero os seus raios non quentaban o mesmo que outros días. Polo chan do bosque estendérase unha nube case transparente, como a tea dunha araña xigante, pero feita con fíos de xeo e todo o bosque mudara de cores: o que antes era verde, agora era branco. (Entran en escena Rosa, Saleta, Alba, Sara, Rabab e Alexadro levando unha tea branca lentamente (Matteo agachado detrás) e cubrindo a parte dianteira do escenario con ela. Unha vez que deixan a tea saen de escena).

(Sae a a garduña). (Entra o miñato). DIANA: O señor miñato, dende o seu niño na póla máis alta dun enorme piñeiro, tamén viu aquel misterioso vello que fora quen de chegar até o seu fogar sen que os seus agudos ollos de ave de presa o detectaran. Como era posíbel aquilo? Xusto nese intre, o home espirrou: AAAAT...CHISSS!!!!

(O señor inverno queda sentado no borde do escenario). ROSA: Os animais daquel bosque dos arredores de Cea sentiron tanta mágoa daquel triste e solitario Inverno que se reuniron para atopar unha solución. Falaron e falaron, até que finalmente a encontraron! (O señor miñato vai chamar polo señor Inverno).

O señor Miñato, que era o máis veloz de todos, foi chamar ao señor Inverno e díxolle o que todos os animais acordaran en asemblea: Deixaríano ficar alí (Diana, Álex e Martín entran cunha cana e fíos durante tres meses, para que puidese descansar e movendo paxariños por riba da cabeza dos nenos e recuperar as forzas para seguir o camiño e chegar logo marchan). finalmente a Santiago de Compostela. SALETA: Menos algúns piñeiros e abetos, todas as outras árbores quedaran sen follas, con todas as pólas espidas. Moitos paxariños decidiran marchar do bosque, na procura de lugares máis cálidos, que seica había moi lonxe, cara ao sur… Entón aquel misterioso ancián de barba e cabelos brancos, de pé no medio da neve, a xeada a sarabia e o frío vento, ollou para todos os animaliños que se reuniran arredor del, tusiu un par de veces máis para chamar a atención de todos os presentes e despois falou:

Os animaliños do bosque ollábanse uns aos outros con caras estrañadas mentres refregaban as patas e sopraban o seu alento nas palmas dos pezuños, cascos e gadoupas. Que sería aquilo tan misterioso SEÑOR INVERNO (MATTEO): “Estimados habitantes que acontecera naquel bosque dos arredores de Cea? deste bosque dos arredores de Cea, bos días. Eu son o señor Inverno. É un pracer coñecelos a todos e todas. Quero comunicarlles que veño de facer unha (Saen os coellos). longa viaxe, desde o outro extremo do mundo, porque ouvín falar dun lugar chamado Santiago de ÁGUEDA: A primeira que reparou en que algo Compostela e decidín camiñar até alí. Pero cansei de especial pasara no bosque foi a señora garduña. tanto andar porque xa vou un pouco vello e decidín quedar aquí a vivir para sempre”. (Entra a garduña). Ao pé da súa morada, feita no tocón dun vello bidueiro, había… un humano!!! Era un home moi vello, cunha longa barba branca, cabelos brancos, e pelello tamén branco. A garduña, como todos os seus familiares do clan dos mustélidos, tiña un excelente oído e moi boa vista e olfacto. E nin así lograra percibir a chegada daquel ser tan raro.

MARTÍN: O pobre vello despediuse con pena de todos os animaliños, pedíndolles perdón polas molestias que lles tiña causado. Deu un asubío e inmediatamente, a neve, o vento, a xeada e a saraiba pararon de estenderse e volveron a onde estaba el. E coa cara moi triste e o andar canso, o ancián señor Inverno comezou camiñar polo carreiro que levaba á saída do bosque.

SARA: Ao escoitar aquelas palabras, todos os animais se puxeron a falar á vez, nerviosos e preocupados. Se o señor Inverno se quedaba para sempre no seu bosque, que sería deles? Con tanto frío e tanta neve non poderían vivir. Terían que facer como os paxariños e marchar dalí. Aquilo era terríbel!!!

RABAB: Despois de moito falar e razoar, os animais conseguiron finalmente que o señor Inverno comprendera que non podía quedar alí, porque sería o fin de todos os animais e plantas do bosque. Pero tamén sentían pena por aquel pobre velliño, sempre rodeado de frío. Comprenderon que o coitado do señor Inverno non tiña amigos, porque todos fuxían del. Todo o mundo prefire a primavera, o verán ou mesmo o outono...Quen vai querer vivir entre a neve, o vento e a xeada?

(Entran Águeda, Manuel e Basilio coas nubes grises sacudíndoas para que vaian caendo os papeliños (O inverno recolle a tea branca e marcha rodeando a brancos). asemblea dos animaliños diríxese lentamente cara ao frontal do escenario).

15

BASILIO: O señor Inverno púxose tan contento que o vento comezou a tocar unha muiñeira, a sarabia o seu tamboril, e a xeada e a neve a danzar alegremente entre as pólas dos carballos. Aquela música era tan linda, tan meiga, que todos os animais comezaron a danzar tamén, uns cos outros. (Todos danzan arredor do señor Inverno). Unha inmensa ledicia encheu aquel bosque dos arredores de Cea. (Abrázanse cheos de ledicia). Os piñeiros e abetos, que eran os únicos que aínda conservaban os seus verdes abrigos enchéronse misteriosamente de bólas e grilandas de cores e miles de vagalumes acenderon as súas brillantes luciñas para iluminar a noite. (Os nenos de segundo entran coas lanternas acesas). Sen se daren de conta, a aquel bosque dos arredores de cea... TODOS: CHEGOU O NADAL!!!!!


Crea contos

16


Crea contos

17


Conto de medo Rodolfo era un neno que tiña medo a todo. Un día, cando ía para a escola, os seus amigos empezaron a falar dunha casa encantada que había no fondo do pobo. - Hoxe é o día indicado para ir. É Samaín! Primeiro, antes de ir á casa- dixo Carmela, unha compañeira- imos ao cemiterio. Rodolfo tremía co medo. Tiñan que pasar por un bosque, onde se oían moitos ruídos e queixidos, pero se non había outro remedio... Entraron no bosque. -Chissss... Que era iso?

-Oooooh!!! Aaaaaaah!!! -Miña naicina, que medo!!!

Ramón (outro compañeiro) dixo: Ao lonxe viron o director-vampiro, - Teño unha idea! Imos facer que os rodeado de meigas, facendo un conxuro: vampiros, meigas, zombis... caian nunha -Abra-calabra, que todos os nenos que trampa que lles imos preparar! entren no bosque caian na trampa...!” Así, os nenos puxeron un regueiro de sangue dende a fraga até o pobo (xa sabedes o que lles gusta o sangue aos vampiros, e os zombis tampouco lle fan ascos). Ao cheiro do sangue, os monstros saíron do bosque e seguindo o regueiro chegaron ao pobo, onde os esperaba toda a xente, para metelos nos fornos. E así, aquela noite, nos fornos de Cea, en vez de pan cocéronse vampiros, meigas, sapos, cobras... - ...E da casa encantada non se fala nada? - Iso queda para o ano que vén. Alumnos/as de 3º E.P.

18


Mindfulness Na aula

Durante este curso 2016-2017 empezamos a practicar, xeralmente, despois de vir do recreo da mañá, unha actividade nova para nós. Trátase de mindfulness. Cando a profe dixo por primeira vez que iamos practicar mindfulness, eu pensei que se trataba dun exercicio de relaxación (Laura V.) pero logo xa nos fomos dando conta de que era unha actividade de concentración (Paula), que nos axuda, segundo a persoa, de diferentes maneiras:

No colexio aprendemos diferentes actividades que logo, algún poñemos en práctica nas nosas casas: Escoitar un “mantra”, respiración do escalador, escaneo corporal, observar un reloxo de area, fixarnos na nosa respiración, o noso “tempo atmosférico” interior, mindfulness con percusión e que hai? que falta? Traballamos tamén a intelixencia emocional, e para iso fixemos actividades como:

Cando estudo, se antes fixen mindfulness, fíxome máis no que estou facendo (Laura G.).

Pasarnos unha pelota sentados no chan uns a outros dicindo frases positivas ao compañeiro.

Cando xogo ao fútbol ou nos entrenamentos estou máis concentrado no que vou facer (Iago).

Un mural no que cada día imos poñendo ou quitando un papeliño que representa as nosas emocións.

Antes de practicar mindfulness, á hora de ir para a cama, sempre estaba nerviosa e agora non o estou (Lucía).

Unha caixa na que metemos “agradecementos” aos compañeiros.

Ao despertarme para vir ao colexio, se estou nerviosa, prácticoo antes de levantarme (Eire).

Outra caixa dedicada aos “segredos” para contarlle á nosa titora.

Para facer os deberes, concéntrome máis neles e non estou mirando pola ventá como facía antes (Laura F.).

Aconsellámosvos que vós tamén practiquedes MINDFULNESS… Veredes como vos axuda! 19


-

O noso camino Os alumnos/as de 3º e 4º de primaria do curso 2015 – 2016 realizaron unha maqueta en plastilina para representar as diferentes aldeas dos Concellos de Piñor e de Cea, polas que pasa o Camiño de Santiago e que están máis preto do colexio. O traballo consistiu en: 1º Cubrir o taboleiro con plastilina simulando o relevo da zona. 2º Facer distintas figuras de plastilina (casas, xardíns, sinais de tráfico…) representativas das aldeas, destacando a Praza Maior de San Cristovo de Cea e o Mosteiro de Oseira. 3º Colocar todas as pezas e montar a maqueta. 4º Cubrir todo con “alkyl” para darlle consistencia ás figuras.

20


Contos e lendas O MOSTEIRO DE CELANOVA A miña avoa contoume atopouse con Deus que lle dixo: unha lenda de fai moito tempo do quero que me fagas unha casa con Mosteiro de Celanova. tantas ventás como días ten o ano. San Rosendo colleu unha pedra Un día ía San Rosendo polo e tirouna dende o Monte do monte do Castro, en Casasoá, un Castro e dixo que onde pobo do Concello de Celanova e caera a pedra alí faría o mosteiro.

San Rosendo baixou e mediu o terreo de ancho cunha pel de vitelo, e despois disto fixo o mosteiro que hoxe hai en Celanova. Adrián Míguez, 5º Primaria

Un Viaje Espacial El siete de septiembre de 2006, en la nave espacial “NASA” estábamos mi compañero Íker y yo. Nerviosos porque era la primera vez que íbamos al espacio. En eso comenzó la cuenta atrás: cinco, cuatro, tres, dos, uno, cero y… ¡DESPEGUE! Al despegar me puse tan nerviosa que me desmayé. Al aterrizar en Marte, Íker me despertó. Cuando salí de la nave, me asusté, porque no había gravedad. Al ir saltando, me caí en un agujero. ¡Menos mal que estaba atada a una cuerda!

Abajo encontré una especie de gelatina verde llamada “Lara”. Llamé a Íker

gritando y él vino asustado corriendo. Bajó hacia mí y vio a “Lara”. Le gustó tanto que la cogió y la metió en la nave. La 21

cuidamos hasta que nos dimos cuenta de que teníamos que irnos. Le preguntamos al comandante si podíamos llevárnosla con nosotros a la Tierra. Dijo que no, porque podía ser peligroso. Pero nosotros no lo escuchamos y al irnos la escondimos en una maleta que encontramos en la nave. Al volver, como siempre, me desmayé. Cuando llegamos, el comandante nos echó la bronca por traerla pero, al ver que era tan mona, cedió y dijo que podíamos quedárnosla. Larisa, 5º Primaria


Creatures corner Look at all the different characters that pupils of 5th and 6th have created. Really cool.

22


23


MAKE YOUR CALM JAR You need: A jar Wáter Glitter Glue or hair gel A spoon Let’s do it: Heat the wáter (not very hot). Put the water in the jar. Add two big spoons of glue. Add glitter. Mix everything. The jar is ready. Let’s use it: Ask pupils of 4th about how

24


Interview With matt Enese.

My favourite subjects were Spanish, French and English. What was your secondary school? My secondary school was called Loyal Grammar School High Wycombe. What was the subject you hate the most? The subjects I hated the most were Maths, Chemistry and Physics. Where and what are you studying at University? I am studying at the University of Exeter and I am studying Modern Languages. What do you want to be / do in the future? I want to drive fast cars. SOCIAL LIFE AND FREE TIME ACTIVITIES What are your hobbies? My hobbies are watching football, going out with friends and watching TV series. What is your favourite sport? My favourite sport is football. What is your favourite football team? My favourite football team is Chelsea. Talking about cinema, what is your favourite film? I think it’s Batman, The Dark Knight. Do you like eating popcorn when you watch a film? Of course, but only salted not butter.

This school year Matt was our “Auxiliar de conversación”. He was working with groups of Primary and Secondary Education. Let’s read the interview made with pupils of 6th grade. PERSONAL INFORMATION What’s your full name? My name is Matthew Aris Sparavalo.

Where were your parents born? My dad was born in Banja Luke, Croatia. My mum was born in Pula, Croatia.

Can you tell us what is your favourite food? My favourite foods are lasagna, steak and octopus.

Have you got any brother or sister? No, I haven’t got any brothers or sisters.

Do you like travelling? Which is the best place that you have visited? Yes, I do. My favourite cities have been Amsterdam, Prague and Zagreb.

Where do you live in the UK? I live in Buckinghamshire.

When were you born? I was born 16th November 1995.

Do you like animals? Yes, I do.

So, how old are you? I am twenty-one years old.

Have you got any pets at home? No but I want a dog.

Where were you born? I was born in High Wycombe in the United Kingdom.

A YEAR IN OUR SCHOOL Did you enjoy this school year? Yes, I enjoyed it very much. Which is the best experience of having been here? The best experience is Physical Education on Fridays.

SCHOOL LIFE AND STUDIES What was the name of your Primary school? My primary school was called Carrington What’s your opinion about Galicia? Primary School. The people are very nice, the food is very What is the name of your parents? good and Estrella is the best beer. My dad is called Aris and my mum is called What was your favourite subject?

25


xogade O programa XOGADE (Xogo Galego Deportivo en Idade Escolar) ten como obxectivo fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás. Os centros educativos da comarca do Carballiño teñen varias citas ao

longo de cada curso escolar. Unha delas aconteceu o xoves 25 de maio no Pavillón Polideportivo de San Cristovo de Cea. Ducias de nenas e nenos participaron de carreiras, saltos e lanzamentos nunha xornada lúdico-deportiva na que o importante non foi quen gañou

26

cada unha das probas senón o bo ambiente, o compañeirismo e as ganas de esforzarse para superarse a un mesmo. Noutras probas compítese en balonmán, campo a través, xadrez, carreiras de orientación e bádminton.


Lucus circuitus

O alumnado de 5º e 6º de primaria remata o curso cunha visita ás praias e ás terras de Lugo. Comezamos a nosa visita famosa praia das Catedrais, Barreiros, onde, coa sorte ter a marea baixa, vimos espectaculares arcos e incribles covas naturais.

na en de os as

Chegamos á muralla!!! Era alucinante camiñar por enriba dunhas pedras construídas polos nosos antepasados no ano 13 a.C. Seguimos coa visita á fermosa Catedral de Lugo. Admiramos as súas vidreiras, coñecemos a Virxe dos Ollos Grandes, visitamos a capela de San Froilán.

Continuamos ata Ribadeo contemplando a marabillosa paisaxe do Mar Cantábrico. Logo xantamos, demos un paseo e rumbo a Lucus Augusti!!!

27

Por último, ollamos a Casa dos Mosaicos. Esta Domus foi unha casa grande e importante. Ata tiña chan radiante!! Na súa lingua “hipocaustum”, que domóticos eran os romanos!! Construída entre os séculos I e II. Ten o chan cuberto de espectaculares mosaicos e pinturas decorativas nas paredes.


Arte, san e internacional

Antecedentes históricos

A malla do trigo

A tradición do pan de Cea comeza no século XIII, pois, segundo un documento daquela época, o rei castelán Sancho IV concedeu o privilexio ao nacente Mosteiro Cisterciense de Oseira da celebración dunha feira mensual, os días vinte e dous de cada mes, aparellado coa posibilidade de poder dispoñer de “pan branco” elaborado polas panadeiras de Cea. Nun principio era para o consumo dos propios monxes.

A malla é a operación de bater nun cereal coa finalidade de separar a semente ou grans da palla. Aínda que no pasado era unha operación manual na que se facía uso dun sinxelo aparello denominado mallo e máis dun solo preparado para a malla, chamado aira ou eira, esta tarefa é realizada na actualidade por máquinas que reciben o nome xenérico de malladoras.

Ante a calidade deste produto artesanal, non é tampouco aloucado pensar que o propio consumo por parte do pobo ou ben de romeiros que nos visitan na súa peregrinaxe, derivara na orixe soleira e raizame desta tradición gastronómica, ata convertela nun emblema.

A malla é un dos labores do conxunto de traballos que conforma a seitura ou colleita dos cereais, xunto coa sega da planta e o limpado dos grans. Malia que a malla serve para separar a puxa ou gluma do gran, non serve para desprendela doutra envoltura, o farelo, que se efectúa despois da muiñaxe, peneirando a muiñada.

Séculos despois, dende a nova Casa de Borbón, e grazas a un proxecto político que persegue a modernización do Reino, realízase no ano 1752, por parte do Marqués da Ensenada, un censo na vila de Cea. En dito censo catalóganse como panadeiros gran parte dos veciños, reseñándose tamén os fornos, que xa daquela sumaban doce. Na actualidade podemos dicir que a panadaría segue a ser a principal actividade agroindustrial deste concello, á que se dedican máis de vinte fornos que elaboran este afanado produto e ao que dende xa hai varios anos se lle consagra unha Festa de exaltación no mes de xullo.

A forma máis primitiva consiste en golpear o mollo de cereal directamente contra un taboleiro ou unha pedra aplanada, colocados angularmente. A percusión fai soltar o gran. Este método chamábase malla ao lavadoiro. Pero a malla tradicional galega máis estendida efectuábase por medio de golpes cun mallo ou manle nunha aira. A comezos do século XX aínda era posíbel observar o uso dun simple pau como medio de golpeo.

28

Elaboración Ingredientes: fariña do país, auga, sal e fermento. Preparación: o proceso de preparación do pan ten varias fases segundo a indicación xeográfica e a denominación de orixe. Amasado manual durante un mínimo de 60 minutos, 45 se é a máquina. Repouso (durmir o neno): durante uns 45 ou 60 minutos, segundo as condicións ambientais. División da masa (tasar): de xeito manual en porcións de 15 kg ou 0,75kg. Remasado (tendas): volta a amasar o pan 2 segundos en 30 minutos en tres xeiras ou só duas se as condicións ambientais o permiten. Enfornado: faise un corte transversal (fenda) no centro da parte superior da masa e vai ao forno. Cocción: cheo o forno quedan as pezas un mínimo de 120 minutos co forno pechado. Rever: as pezas de pan, unha vez sacadas do forno, deben permanecer en maduración arrefriando un mínimo dunha hora en estantes de madeira. Características Os bolos de pan de cea teñen forma longa e redondeada nos extremos cunha fenda transversal enriba. A forma dos pans ten dúas medidas e formas características. A peza ou poia posúe un peso entre 1 e 1,2 kg e unhas medidas aproximadas o dobre de longas que largas (ancho entre 15 e 18 cm e longo entre 32 e 38 cm). A media poia ou molete 0,5 ou 0,6 kg. Dobre de longo -entre 22 e 27cm- que ancho, de 9 e 11 cm-.


INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA O actual regulamento da “Indicación Xeográfica Protexida, Pan de Cea” foi aprobado pola orde de 16 de Abril de 2004, e posteriormente ratificado. Dacordo co disposto sobre a protección das indicacións xeográficas e as denominacions de orixe dos produtos agrícolas e alimentarios quedan amparados coa indicación xeográfica protexida Pan de Cea os pans que reunindo as características definidas neste regulamento, cumpran na sua elaboración e comercialización os requisitos esixidos por este, quedando prohibida a utilización noutros pans de nomes, marcas ou signos que por similitude fonética, gráfica ou semántica cos protexidos podan inducir a confusión cos que son obxecto deste regulamento e do manual que recolle basicamente a seguinte información: MANUAL DE CALIDADE A zona de elaboración do pan amparado pola IXP Pan de Cea, abrangue o termo municipal de San Cristovo de Cea, Ourense. Dito pan elaborarase exclusivamente con fariña de trigo, auga e sal, engadíndolle para a fermentación masa nai procedente dunha amasada anterior. Os fornos tamén teñen que cumprir unha serie de características típicas e específicas. Unha vez rematada a elaboración: amasado, repouso, división da masa (tasar), reamasado, enfornar, cocción, e rever ( enfriado), o pan ten que presentar unha serie de características, no tocante á forma, codia, miga, peso e dimensións. Finalmente procédese ao envasado e etiquetado, para a sua comercialización e logo pasará unha serie de controis, que fan do noso pan a primeira indicación xeográfica protexida da Unión Europea, e garanten a súa distribución por amplas zonas do Estado Español. FORNOS ADHERIDOS Á IXP Na actualidade hai 17 fornos no rexistro de elaboradores da IXP e no ano 2016 certificáronse case 600.000 kg de Pan de Cea. FORNOS adheridos á IXP : forno da Ánxeles (A Saleta), forno do Calviño (A Saleta), forno As Lamelas (Cea), Forno do Tomás (Cea), forno da Pepita (A Parapeta-Cea), forno da María José (Cea), forno da Rosa (Cea), forno da Digna

(Camiño do Santo Cristo-Cea), forno da Isabel (Cemiterio-Cea), forno do Eliseo (Outeiro), forno da Agustina (Oseira), forno da Belarmina (Eirexa), forno do Quinto (A Lama, Eirexa), forno Cea pan S.L (Castrelo), forno do Chao Real (Castrelo), forno da Maruxa (Casasnovas) e forno do Carlos (Faramontaos). TURISMO: GASTRONOMÍA E PATRIMONIO O pan de Cea é un produto rico e moi coñecido que tamén serve para atraer os turistas. Neste traballo destacaremos a as variedades gastronómicas que se poden conseguir e os roteiros, nos que se pode combinar o sendeirismo co patrimonio. Hai tres roteiros para que os camiñante poidan probar este manxar: a ruta de Cea, a ruta da Viña e a ruta de Oseira. O pan tamén se pode empregar en diferentes pratos como acompañante ou de base de pratos. Dende o ano 1991, cada primeiro domingo de xullo, sen falta, vense celebrando a ``Festa de Exaltación do pan de Cea´´ no Campo da Saleta de Cea. Evento de índole gastronómica e cultural. A Festa comeza a tarde do sábado con distintos obradoiros en torno ao proceso de elaboración do pan e con tapas nos fornos da vila ceesa que conteñen como base principal o pan de Cea. O domingo hai charangas e pandeireteiras. Faise unha comida con diferentes produtos de Galicia, desde viños, lacóns, mel, etc. Pola tarde ten lugar un baile, unha degustación gratuíta do pan de Cea e diversas actuacións musicais. Os chourizos e viño poñen fin a esta festa tan agradable. Da saborosa gastronomía elaborada coa fariña do pan saen produtos propios e singulares como: o pantrigo, o , guillote, molete. Exemplos de delicias gastronómicas que teñen como base o noso pan: bocadillo de pan de Cea con tenreira galega, brusqueta de pan de Cea, torrada salgada de pan de Cea con anchoas, empanada de terreo/zorza. Sobremesas tan sorprendentes como: xeado de pan de Cea con tomate e xamón, muffins de pan de Cea con grelos, pan de Cea doce con mouse de queixo do Cebreiro con salsa de mel de Galicia, pudin de pan de Cea con doce de leite. Tampouco podemos esquecer os produtos

29

típicos galegos acompañados polo pan de Cea: carne ao caldeiro, cocido galego, polbo á feira, asados de año, etc. RUTAS DO PAN DE CEA O legado patrimonial confórmase cunha ampla diversidade que vai dende a arquitectura á tradición. Os fornos son uns dos testemuños máis recoñecidos do seu pasado, formando parte dun conxunto económico e cultural que inclúe os muíños, os prados e as tradicións de vivenda e o traballo labrego. Tres rutas diferentes dan a coñecer a historia do pan e axudan a explorar a herdanza patrimonial: RUTA DE CEA-AGRELA: (3,8km) Percorrido polo núcleo urbano de Cea, visitando os diferentes fornos de Cea e coa posibilidade de ver algún funcionando na actualidade nos que se elabora o famoso Pan de Cea. Pasa por: 1.-Forno do Lodairo, 2-.Forno comunal de Agrela, 3-.Fonte, 4-.Eira, 5Percorrido urbano pola vila rural de Cea. RUTA OSEIRA-SAN MARTIÑO-CASLEDO: (1,1km) Percorrido polo entorno do mosteiro Cisterciense de Santa María A Real de Oseira, punto clave e de partida na historia do pan de Cea. Gozarán do cenobio cisterciense e dunha paraxe natural sen igual, pasa por: 1-.Forno comunal de San Martiño, 2-.Mosteiro de Santa María de Oseira, 3-.Muíño do Casledo. RUTA DA VIÑA-FARAMONTAOS: (2,7km) Percorrido pola parroquia de Viña, un paseo agradabilísimo con encontro coa etnografía do noso concello. Visítanse os fornos de leña nos que se elaboraba o pan recentemente restaurados. Pasa por: 1-.Fonte, 2 -.Casa de Priorado, 3-.Forno Comunal, 4-. Palleiras, 5-. Bar, 6-.Fonte, 7-. Eira, 8-. Forno, 9.Conxunto parroquial, 10-.Fonte, 11-.Forno, 12.Muíño de Bouzón, 13-.Muíño de Vales.

Reportaxe realizada por 1º da ESO: Uxía Álvarez, Uxía García, Alejandro Gil, Nerea Janeiro, Álex Listón, Pablo Navarro, David Rodríguez e Gabriel Teixeira.


Os libros do Club de lectura A galiña azul contén varios contos distintos: un, sobre un peixe que morría, outro dunha bomba que ao estourar lle caían caramelos e xoguetes aos nenos pequenos, e o da galiña azul, que poñía ovos de cores e o alcalde quería matar, pero como a xente non quería que morrese pintaron todas as galiñas do galiñeiro de azul e así non souberon cal era. Gustoume o libro porque aínda que os debuxos non sexan para rapaces maiores, o libro é moi útil para que a xente traballe en equipo, coma, por exemplo, o pobo salvando a galiña. Álex Listón González (1º ESO)

A GALIÑA AZUL (Carlos Casares, Galaxia) Conta a historia dun lugar moi fantástico no que pasan moitas aventuras. Desde xente que quere inventar unha bomba que ao estourar dá xoguetes e caramelos a outros rapaces, ata unha galiña á que queren matar por ser azul e dicir “kokorokó”, pero ao final segue viva por un plan: tinguir todas as galiñas de azul. Gustoume moito o libro, porque quere que nos imaxinemos un mundo no que non haxa problemas e abunde a felicidade” Pablo Navarro Pérez (1º ESO) “Este conto trata dunha galiña que tiña un home chamado Lorenzo. Pero non era unha galiñas calquera, era azul con cinco plumas vermellas na á dereita. É unha galiña moi rara, que ata pon ovos de cores e á parte, non di “cacaracá”, senón “cocorocó”, e isto ten as autoridades preocupadas. Un día chegoulle un oficio pedíndolle ao dono que entregara a galiña, pero aínda que dicían que era para que a vise o veterinario, era mentira, xa que a ían matar. Pero o alcalde, Manolito Listón, dixo un día pola televisión que unha galiña así non era unha galiñas como era debido. Agora, os veciños están da parte de Lorenzo, e disfrazaron as outras galiñas para que non recoñecesen a esta. O conto gustoume, porque é “único”. Eu non lera nunca ningún así. E ademais trata varios temas de animais. Nerea Ledo Janeiro (1º ESO) É un conto no que intervén moita imaxinación, por exemplo, o capítulo da galiña azul, vemos unha galiña que nin é azul, nin pon ovos de cores. A min gustoume, porque á parte de ter imaxinación, tamén ten comedia, na que se fai máis divertida a lectura. É curto e entretido, e para nenos de case todas as idades. É ben interesante. David Rodríguez Peloche (1º ESO)

Este libro ten varios contos, todos algo fantásticos. Un deles ten o título de “A galiña azul”. Este trata sobre un home que ten unha galiña que é de cor azul con pintas vermellas na á dereita. O alcalde e o policía queríana coller para matala, aínda que ao dono lle dicían que só era para investigar sobre ela. Un día a algúen se lle ocorreu pintar todas as galiñas da aldea de azul con pintas vermellas. Só faltaba que lle aprendesen a dicir “cacaracá” e non “cocorocó”. O alcalde dixo que cando chovera todo se ía aclarar. Outro conto é dunha formiga que ía con azúcar. Ía moi delgada e devagar. Un neno vixiouna e acabou morrendo, Outro é sobre unha bomba que ao estourar dará xoguetes e caramelos para todos os rapaces. Gustoume porque é un libro fantástico e faite rir. Hai persoaxes moi graciosos e moi tolos. Tamén porque teñen unhas ideas moi loucas, como a de pintar todas as galiñas de cor azul con pintas vermellas. Uxía Álvarez Pérez (1º ESO) A galiña azul gustoume porque está contado con moita fantasía e é bastante curto. Os debuxos son grandes e bos. Trata distintos temas. O meu preferido foi o da galiña que fai cousas fóra do normal, como ser de cor azul e dicir “cocorocó”. Queríana levar, pero non o deron conseguido. Outro dos contos trata dun peixe que morre por salvar un paxaro. O último trata dunha bomba que ao final deixaría caer larpeiradas e xoguetes para todos os rapaces. Alejandro Gil Vega (1º ESO) O libro da galiña azul trata de moitas cousas: dunha formiga, un peixe, e máis. No conto da formiga, esta estaba coxa e ía con azúcar, e cand chegou fóra morreu. A galiña azul era dun home e dicía “corococó” en vez de “cacaracá”. O alcalde díxolle que a ían levar a un veterianrio, pero querían matala. Un veciño dixo que pintarían todas as galiñas de azul coa á dereita de vermello. Hai outro capítulo sobre a bomba da felicidade. Resultou un conto moi divertido. Uxía García Castro (1º ESO)

30

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS (Carlos Casares, Galaxia) “É unha obra de teatro infantil de Carlos Casares. Nesta historia o máis importante é a árbore, porque nela reflíctese a igualdade representada nos limóns e nas laranxas”. Alicia Nogueira Blanco (2º ESO) “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas é unha historia innovadora que mediante un relato infantil nos mostra que todos somos iguais, xa que aínda que as laranxas e os limóns son froitas diferentes, na historia, as dúas proceden da mesma árbore”. Belén Suárez Feijoo (2º ESO) “Foi un dos mellores libros que lin. Entretido e adecuado para as nosas idades. Quérenos transmitir que non todo é o que parece ser. Recomendo a súa lectura xa que nos fai ver as cousas como realmente son”. Carmen Rocío Pérez Cibrao (2º ESO)


O VELLO E O MAR (Ernest Hemingway, tradución de Carlos Casares, Galaxia)

O PINCIPIÑO (Antoine de Saint-Exupery, tradución de Carlos Casares.. Galaxia)

Reseña: Este libro tratra sobre a historia dun vello pescador habaneiro. O vello é moi amigo dun rapaz que saía pescar com el. Un día, o vello saiu pescar só. Como xa levaba oitenta días sen pillar ren e non pescaba nada, afastouse da costa. Estando no medio do mar pescou un grande peixe. Tras facer isto, un banco de quenllas redeou o seu barco, polo que tivo que matar un e tirar a presa ao mar. Entón, decidiu regresar ao porto da Habana, onde finalmente aparecerá unicamente a cola do grande peixe, e é recibido polo seu xoven amigo.

“En xeral é una crítica ao mundo dos adultos. Nunca deberemos esquecer que algunha vez fomos nenos” César Aviñoá Paredela (2º ESO)

Opinión persoal: Está considerado como un dos mellores libros da literatura universal. Aquí Heminway retrata á perfección o sentimento da saidade, a tristeza por morrer e a desesperación, mesmo ata a loucura desenvolvida por algunhas persoas. Estas sensacións son personificadas na obra por un vello pescador cubano. Ademais, tamén están retratados no relato os sentimentos de alegría, a esperanza e o cariño, no rapaciño novo que quere saír a pescar co vello Santiago, e ao que o pai non deixa. Por tod isto, penso que esta é unha fantástica obra, que aínda que nalgunhas páxinas se enrede e non pareza ter moto contido nin sentido, a lectura en xeral, faiche pensar e tirar opinións propias sobre os asuntos ditos. Xosé Pérez Blanco (3º ESO)

“Nunca debemos perder o noso neno interior e pensar só no diñeiro, xa que hai moitas máis cousas importantes na vida. Ás veces non sabemos valorar as cousas máis insignificantes ou simples” Clara Iglesias Mosteiro (2º ESO)

“Trata temas como o amor, a amizade, o encontro da felicidade e o sentido da existencia a través da observación das cousas sinxelas e pequeñas da vida, como as estrelas ou una flor. Valores que moitas persoas cando chegan a ser adultas, esquecen ou deixan a ul¡n lado por outras cousas que cren máis importantes” César de Bautista Fernández (2º ESO)

“Todas as persoas foron nenos, aínda que poucas o recorden. O libro transmítenos a importancia da amizade. Todas as persoas teñen a súa “metade”, só hai que buscala. O esencial é invisíbel para os ollos, porque o importante non son as cousas que se poden tocar, senón as que non. Finalmente, outra ensinanza é a responsabilidade”. Sara López Gómez (2º ESO) “As persoas maiores réstanlle importancia a cousas que para nós, os nenos, ten máis do que eles lle ven, porque só están centrados nos cartos e no traballo, aínda que haxa adultos que conservan o seu neno interior”. Xiana Vázquez Pérez (2º ESO) “Non se pode ser orgullosos e crerse únicos, o que hai que valorar son as cousas sinxelas da vida”. Belén Suárez Feijoo (2º ESO)

31

O NENO CAN (Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia) Este libro contén varios relatos que gardan moitas similitudes. En todos eles, os protagonistas son rapaces que pasan unha mala situación e todos eles son axudados por un can. O libro denuncia temas da actualidade como o abandono, o maltrato, a violencia de xénero, a explotación infantil...situacións que cada vez aumentan notoriamente. Xiana Vázquez Pérez (2º ESO) O neno can é unha obra na que mediante varios relatos relacionados coas historias de diversos nenos e cans, recolle unhas ensinanzas. Trata temas como o machismo, o matrimonios forzados de mozos novos, a discapacidade... Ponnos a pensar nestes asuntos para que nos deamos conta e lle busquemos unha solución. César de Bautista Fernández (2º ESO)


Manuel Iglesias turnes

O 7 de abril recibimos na sección de 3º e 4º da ESO do Club de lectura ao escritor Manuel Igrexas Turnes, autor de Que non te aten, co cal mantivemos un interesante encontro para falarmos do libro e da pervivencia do mundo do interior do noso país.

Por outra parte, os novos destas granxas faranse amigos e van de camping xuntos. Alí, producirase un imprevisto e acabará por desaparecer a moza dun amigo de Marcos co que pasaban as vacacións. Opinión: Gustounos esta novela por varios motivos. Por unha banda pareceunos concienciadora sobre a violencia de xénero e por outra ensina como é a vida nunha granxa a aquelas persoas que non o saben. É un libro que recomendariamos a todas as persoas que teñan o valor de enfrontarse a unha boa novela.

Sinopse: Marcos traballa cos seus pais nunha granxa de vacas en Galicia. A única competencia profesional destes é a dunha familia inimiga dende a apropiación indebida dunha parcela ao seu avó hai moitos anos. A antiga moza do protagonista (Antía) acaba de deixalo e está moi deprimido. Máis tarde coñecerá a Sara e comezará unha relación moi estable. Cando parecía que todo ía ben atoparase de novo con Antía e recordará os vellos sentimentos que tivo con ela. Dende aquela, verase obrigado a verse con ela por motivos do pasado.

Lucía Daparte, Laura de Manuel e Gisela Panadeiros(3º ESO)

32


,

Ruas novas Para o futuro

A finais de 2007 o goberno do Estado español aprobou a chamada popularmente como Lei da memoria histórica. A grandes liñas a devandita norma ten por obxecto recoñecer e ampliar dereitos a favor dos que padeceron persecución ou violencia, por razóns políticas, ideolóxicas, ou de crenza relixiosa, durante a Guerra Civil e a Ditadura. Así como a pretensión de realizar unha política pública de fomento dos fomento dos valores e principios democráticos.

Localidades próximas como Lalín ou Silleda foron retirando progresivamente as rúas dedicadas ao Xeneralísimo, Xeneral Franco,José Antonio ou todos aqueles nomes relacionados cos golpistas que provocaron unha guerra, represión e ditadura, que acabou coa paz e causou milleiros de mortos en Galiza. Traemos aquí este artigo como reflexión democrática e colectiva, porque na vila de Cea aínda nos quedan exemplos do comentado, ao perviviven as rúas principais Calvo Sotelo e José Antonio. O primeiro ministro na Ditadura de Primo de Rivera e deputado da extrema dereita contrario ao goberno democrático da IIª República, e o segundo, fundador de Falange Española de las JONS, que en pleno século XXI non deberían formar parte da nosa convivencia diaria por exaltaren un pasado imposto, unha negra historia que debemos coñecer, ter memoria sobre a mesma para rehabilitar a verdade. Polo que o mellor xeito de facer xustiza é termos garantías de non volver cometer os mesmos erros, e un bo xeito, en Cea, sería mudarmos o rueiro por un novo, plural, democrático e que vaia cos tempos. Homenaxeemos o rueiro coa nosa rica toponimia local, os nosos autores, que os temos, e ben bos; encarando o futuro con dignidade para esquecérmonos de vez do pretérito incivil.

A partir da aprobación deste textos foron numerosas as condenas do franquismo no ámbito das administracións públicas seguindo o ronsel que moitos colectivos de recuperación da memoria viñan realizando por todo o país, especialmente a Xunta de Galiza, que xa declarara o ano 2006 como Ano da Memoria, e moitas corporacións locais, que comezaron a ter especial recoñecemento coas persoas que padeceron a represión e nunca foran recoñecidas publicamente. Nos concellos galegos existían numerosos vestixios do franquismo, nomeadamente nos rueiros das vilas e cidades, que paseiñamente van desaparecendo a partir de propostas dos propios políticos, de asociacións cívicas ou simplemente por escrupuloso cumprimento da lei citada, a cal no seu artigo número 15 dedicado aos símbolos e monumentos públicos, recolle o seguinte: as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva,da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.

Matías Rodríguez da Torre

33


Carlos casares Carlos Casares naceu en Ourense en 1941, nunha época moi dura para Galiza, a ditadura franquista. E morreu con 60 anos o 9 de marzo de 2002. A pesar de que a súa vida non foi moi longa dedicouse a unha gran cantidade de cousas: foi profesor de secundaria, director da editorial Galaxia, deputado no Parlamento de Galicia, presidente do Consello da Cultura Galega e escritor. Por isto último é polo que lle dedicamos este ano as letras galegas. Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías e unha gran cantidade de contos para nenos e nenas, o máis importante talvez fose "A galiña azul". É autor tamén dunha obra de teatro, "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" e unha gran cantidade de artigos para xornais. Por outra parte, Casares foi sempre un gran defensor do galego, pese que á súa nai lle falaba en castelán. Rematou casando cunha sueca que coñeceu nunha viaxe en tren, e a partir do momento en que casaron comezou a viaxar a Suecia con frecuencia, xa que dicía que Galiza se tiña que inspirar nela. Cando o noso protagonista morre, os do periódico "La Voz de Galicia" no que el publicaba diariamente un artigo fanlle unha homenaxe deixando en branco o espazo que ocupaba o seu artigo. Foi o xeito de nos transmitir a todos os galegos que acababamos de perder un gran defensor da nosa lingua. Andrea Vázquez, Mario Rodríguez, Alicia García e Alba González (3º ESO) AS NOVELAS DE CASARES O SOL DE VERÁN Sinopse: Esta novela nárranos unha historia de amor entre Carlos e Helena. Todo comeza co suicidio de Carlos e este feito dá pé a que Helena comece a recordar todos os veráns que pasou xunto a el desde que eran cativos. Helena volve ao pasado e cóntanos o presente, no que ela e o seu marido Arturo están a facer unha viaxe á casa dos pais dela para darlle a triste noticia. Ao final da novela a protagonista cóntanos que lendo unhas cartas que a súa nai lle entrogou percátase de que é filla de Leopoldo, o gran amor de súa nai e pai de Carlos. A miña opinión: A parte que máis me gustou deste libro foi a historia de maor entre Carlos e Helena. Tamén me agadou a estrutura da novela, que o facía fácil e entretido para ler, aínda que ás veces desesperábame pola lentitude coa que pasaban as cousas.

Celia Rita Otero Rodríguez (4º ESO) OS ESCUROS SOÑOS DE CLÍO Análise: Os doce relatos que costitúen a obra teñen as mesmas características. Neles comeza o autor dicindo como coñceceu a historia a trvés dos libros que encontra en distintos lugares. Estas historias teñen sempre como protagonistas a galegos, ou están ambientadas en Galicia. O tempo no que se desenvolven as historias son a Idade Media, os Séculos Escuros ou o século XIX. Todos os relatos son ficticios, pero o autor utiliza títulos de libros e di consultar diversas fontes para darlle verosimilitude. Están contadas por un narrador omnisciente en terceira persoa e en estilo indirecto. Cada relato ten diferentes protagonistas que na súa meirande parte son galegos, pero tamén os hai nórdicos e portugueses. Os personaxes secundarios, nalgún caso, son históricos. A miña opinión: Para min foi una lectura amena e una boa forma de achegarme por primeira vez ao escritor homenaxeado coas Letras Galegas de 2017. Neste conxunto de historias o autor ourensán fai gala do seu inxenio e da súa imaxinación para ofrecernos doce relatos cargados de sucesos extraordinarios, pero tamén de personaxes históricas e reais que xunto cunha trama, que tamén mestura verosemellanza e fantasía, fan deste libro unha lectuea máis que recomendable para pasar uns bos momentos na compañía dun dos autores máis prolíficos das nosas letras. Ademais o uso dun vocabulario doado e a brevidade dos relatos danlle ao libro un dinamismo que o fai apto para calquera tipo de público. Abraham Hermida Ogando (4º ESO) XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO Sinopse: Elías Paz é un rapaz do rural da provincia de Ourense que pasa a súa primeira adolescencia nun centro escolar cristián. Alí sofre a represión do moral católica, e decide marchar a Ourense a facer o Bacharelato. Na cidade recupera vellas amizades, bota moza e descubre a sexulaidade.

34

Despois marcha a santiago de Compostela para iniciar os estudos na Universidade. Ao tempo que segue os estudos e traduce obras literarias doutras linguas, coñcece o marxismo, ten relacións amorosas e vive a troula compostelá coas súas amizades. A miña opinión: Pareceume que este libro relata uns acontecementos moi crueis, o que me leva a pensar que eu tiven moita sorte en vivir na época na que estou, porque non me gustaría estar na pel dos estudantes daquela altura Alba Torres González (4º ESO) CAMBIO EN TRES Sinopse: Lisardo é un amigo da infancia do Cachorro, que estaba emigrado en Francia igual que este último. Lisardo retorna a Galiza para asistir ao enterro do seu amigo, morto nun accidente de tráfico en Frania cando os dous se dirixían a Reims. Chega por sorpresa á súa casa, onde a súa nai o recibe con bicos e abrazos, pero axiña lle pregunta sobre o acontecido. Terá que contestar a esta pregunta moitas veces máis. A pesar das advertencias de Celso, Lisardo acode á casa do Cachorro onde é interrogado pola nai do seu amigo, entre bágoas. Lisardo vainos narrando durante toda a novela a vida do Cachorro, da pandillas, deles sendo nenos, mozos...Como o Cachorro fora levado a un centro de menores por homicidio do seu amigo o Alemán. Tamén nos dá referencias do Cachorro na emigración e outros problemas violentos que alí ten. A miña opinión: O tema principal da novela é a morriña que sente o Cachorro na emigración. A min gistoume especialmente o uso do monólogo interior para reflectir o carácter dunha persoa tan complexa. Nalgúns puntos o libro tiña dificultades na lectura polo continuado uso de imaxes e frases feitas, que a converten nunha novela entretida e á vez complexa. Hugo López Pérez (4º ESO)


VENTO FERIDO É o primeiro libro de Carlos Casares. Está composto de doce relatos curstos nos que o autor nos mostra diversos temas da vida, de forma expresiva e cunha descrición detallada, que relaciona os sentimentos dos personaxes cos do lector. Deste xeito, cando estás lendo este libro, en realidade vives o mesmo que os protagonistas. Algúns dos temas que trata son a lembranza dun amor pasado, ver como unha persoa pode controlar a outra e as súas consecuencias, o que pensa un señor maior, o que pensamos, en xeral, todos. En particular resalta a violencia, a soidade, o amor ou a dor. É un libro que mostra a sociedade na que vivimos tal como é, con total claridade, tanto as súas parte boas, como as malas. Patricia Payo Fernández (4º ESO)

ILUSTRÍSIMA Fanego é o bispo dunha cidade no interior de Galiza. Nesta cidade prodúcese un enfrontamento entre a curia episcopal e o propio bispo, aos que a cada un apoia un bando. Esta mesma concentración dáse en certa medida na sociedade da época. Protestan pola política levada a cabo por Canalejas e Romanones, tachadas como anticlericais (representada poloa xornal consevador La verdad) e por outros de progresista (apoiada polo xornal El Liberal). Ao principio hai una calma tensa, pero o fámulo e o vigario atacan ditectamente ao bispo a través do voceiro El testigo de Cristo, pola publicación dun artigo asinado polo bispo pero que realmente non escribirá. Este esixe una rectificación, pero o artigo quenta os ánimos na cidade e o sector máis conservador e fanático ataca a familia italiana propietaria do cinematógrafo e ao director de El Liberal. Opinión persoal: Este é un libro que fai crítica social e á igrexa directamente. Paréceme interesante por ser ambientado en Ourense. Miguel Ángel Lozano González (4º ESO)

OS MORTOS DAQUEL VERÁN Esta obra pertence a unha triloxía formada por Ilustrísima, Os mortos daquel verán e remata con Deus sentado nun sillón azul. A estrututa desta novela confórmose en dez informes que un anónimo manda a una xefatura. Esta estuda a actividade dunha asociación clandestina que quere distruír o soño duns cidadáns, que “casualmente” son estuasiastas do levantamento. Esta é una novela basada no comezo da guerra civil , no verán do ano 1936. Moitas escenas son crueis, violentas e con moito sangue. Moisés Caride Feijoo (4º ESO)

DEUS SENTADO NUN SILLÓN AZUL Esta obra narra a vida de dúas personaxes, marido e muller. É una obra narrada na Compostela da posguerra, onde se describe moi minuciosamente a realidade que rodea á parella. A muller observa o protagonista desde a ventá. El, que se identifica como ese “Deus”, ao cabo, é un ser mesquiño e arrogante, violento e coa coa convicción de crerse superior ás mulleres. Na obra vemos como trata de defencer todas as brutalidades acaecidas en Europa, pois o tempo da historia céntrase nos anos trinta ata a segunda guerra mundial. Opinión persoal: É una novela esencialmente descritiva de lugares, que narra numerosas anécdotas. Recomendable para quen lle guste a historia e a política da época, complexa, e na que o autor non deixa detalle por describir. Alejandro Rodríguez Pico (4º ESO)

35


,

Saidas didacticas ,

Saída didáctica a Pontevedra. O pasado mes de decembro o Clube de lectura visitou a cidade de Pontevedra. Alí puidemos facer o roteiro Castelao nun percorrido polo núcleo histórico da Boa vila e o Museo provincial, onde residen grandes obras do autor do Sempre en Galiza. Pola tarde participarmos no CurturGal, a feira galega das industrias culturais. Alí puidemos tirar unha foto de grupo co cineasta Ignacio Vilar, director dos laureados filmes galegos, A Esmorga e Sicixia.

Eh voilà!!!! Son @s nos|@s alumn@s asistindo á peza de teatro "O Principiño", unha adaptación franco-española do libro do mesmo nome e do que o alumnado leu a tradución ao galego feita en 1972 por Carlos Casares, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Chers élèves, merci de votre attention!

representación de Cousas de Castelao, por parte da compañía Os Quinquilláns. Amais @s compañeir@s de 3º da ESO, participaron no proxecto #RosalíaTe convocado pola Asociación de escritores en lingua galega para conmemorar o Día de Rosalía. Construíron un avión co nome da nosa autora galega universal para inaugurar o Aeroporto internacional Rosalía de Castro, e gravaron un mannequin challenge con axuda de alumn@s de infantil, 1º e 2º da ESO e algúns profes.

O 12 de maio todo o alumnado da ESO puidemos desfrutar da gala Enreguéifate, unha auténtica regueifesta con centros de ensino de Galiza e EuskalHerria. Os de 4º da ESO achegámonos ata FP Innova e todos xuntos realizamos unhas actividades no Museo do Pobo Galego. Intercambio linguo-didáctico CPI “Virxe da Saleta” de Cea e CPI “O Toural” de Vilaboa. O alumnado de 2º da ESO deste concello do litoral pontevedrés veu coñecer Cea a finais de marzo. Nós mostrámoslles os nosos grandes

Durante o curso mantivemos outro tipo de actividades poético-musicais no centro e asistimos ao teatro ao Carballiño á

36

recursos: “o pan”, polo que percorremos a vila, estivemos no forno da Ana e, por cortesía do Consello Regulador da IXP “Pan de Cea” explicáronnos a historia e características do noso ouro de trigo. Tivemos tamén ocasión de achegármonos ata a Abadía cisterciense de Oseira e a súa espectacular biblioteca.

O 18 de maio devolvémoslles a visita. Alá fomos toda a secundaria desde o interior de Ourense ao mar da Ría de Pontevedra coa intención de vermos a conserveira Connorsa, as salinas do Ulló e a maxestuosa illa de San Simón.


regueifesta

O alumnado de 2º da ESO deleitounos na Festa das Letras, o pasado 16 de maio, con regueifas cheas de humor, retranca e ritmo: Alexandre Fernández e Raúl Gallego

Alicia Nogueira e César de Bautista

Pero a ti deuche o maio e creste un señorito Ti estás serodio ou non sabes o que che digo.

César Aviñoá e José Manuel Nóvoa

Os rapaces de segundo ímosvos regueifare, vede como o facemos sen ningunha dificultade.

Neste día de hoxe ímosvos cantar unhas regueifas vimos moi cansados porque fomos sachar as leiras.

Pero ti quen te cres con esa barriga acervexada que vés ti máis parvo que tomar quixo con coca cola.

Eu sonche Alicia e este un gran paspán, que só fai estudar, pero sabe regueifar

Ti irías sachar as leiras eu ía botar as vacas seica pro sábado dá mal tempo e hai que facer nas alpacas

Mándasme a min facer esta regueifa co energúmeno d’aquí ao lado se non sabe nin rimar e menos falemos de cantar

Eu chámome César, ela é unha boa peza, entre os dous regueifamos sen cavilar coa cabeza.

Ti andas sempre con présas o do tempo nunca acerta non te apures coas alpacas que o sábado o sol aínda quenta.

Pero Manolito ti que dis que pareces unha cabaza con esa cara de paspán voute partir coa maza.

Agora van os compañeiros esperemos que o logren facer para que nos saia a todos e nos vaia todo ben

Logo xa meterei as alpacas e o sábado vou á feira vou comer o polbo e ao vir fresar ao leira

Sígoche falando a túa rima que non sabes ben falar e de paspán cara terás ti que feo es a rabear. Ai Monolito xa podes calar que es tan parviño que non sabes nin ligar

37

Xiana Vázquez , Sara López e Clara Iglesias Neste día de hoxe tan bonito e soleado ímosvos cantar agora o que nunca foi cantado. Aquí o profe de sociais dándonos apuntamenjtos tres días cada semana non paramos un momento Tamén o mestre Matías comendo un táper de améndoas falándonos do galego Ai, e mira como berra. Aí vén o profe de mates acendendo a pantalla e coas súas avestruces iso si que nunca falla E o noso profe Arturo que é de xeracións pasadas trae o seu radio cassette que pesa tres toneladas. E xa imos rematando que chega a directora darnos en tecnoloxía as clases de caladora


,

O seran do Cole de cea Este ano celebrouse o terceiro serán do Cole de Cea. Nel contamos coa participación de grandes músicos e bailaríns. O número de asistentes foi extraordinario e o seu envolvemento na troula ainda máis. Ademais do espectáculo, cabe destacar a presenza dun furanchiño, cortesía dos alumnos de 4º da ESO e dun mercadiño de libros a mans dos nosos queridos rapaces

de 4º de Primaria. Non tendo de dabondo, houbo unha pequena exposición de instrumentos de gran calidade, así como diversos xogos populares pensados para os máis cativos, pero que ao final tamén serviron de entretemento aos mais veteranos. En resumo, unha gran festa, que ademais supón un importante feito reinvidicativo da nosa cultura.

38


OURENCANTO Unha das experiencias máis fermosas vividas este curso no Cole de Cea foi a participación en Ourencanto. A primeira edición deste certame coral infantil contou coa dirección musical de Josu Elberdín. Enorme traballo das nenas e nos

do cole durante todo un mes de ensaios e no sprint final na fin de semana de Ourencanto. Gran resultado artístico dun proxecto moi fermoso creado por Cárlos Núñez e Crístina R. Boado ao que desexamos moitos anos de vida.

39

Fotos de Ourencanto


Pequenos , cientificos Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitaron o laboratorio do centro para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na clase de Ciencias Naturais sobre mesturas e a súa separación.

Practicaron: decantación, filtracións... Pero as que tiveron mais éxito foron imantación e cromatografía. Mirade o que fixeron!!

40


EMOCEANTE foi un proxecto desenvolvido polo CPI VIRXE SALETA, de CEA, que tratou de recompilar materiais de nivel iniciación, relacionados coa intelixencia emocional e co mindfulness, para aplicar nas aulas nas distintas etapas educativas do colexio (INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA).

Como resultado deste traballo, realizáronse diversas actividades ao longo do curso académico (das que se elaboraron fichas didácticas) e leváronse adiante unhas Xornadas das Emocións no colexio, con obradoiros de ioga, mandalas e viaxes imaxinarias para toda a comunidade educativa.

OBRADOIRO DE IOGA

OBRADOIRO DE MANDALAS

As profesoras de ioga Luz e Yoli introduciron ao noso alumnado nas asanas (posturas do ioga) e en actividades de meditación (como o recitado de mantras), dunha forma lúdica. De feito, os máis pequenos deron un paseo pola selva!

Nesta actividade, con Educación Infantil, realizouse un mandala no patio do colexio con elementos da natureza (flores, follas, ramas...) que os propios rapaces e rapazas encargáronse de buscar. Co resto do alumnado, explicóuselles a orixe da palabra "mandala", o seu significado (círculo) e as súas características máis repetidas. Cos máis pequenos buscamos "mandalas" (formas circulares con simetría) no noso arredor e mesmo no noso corpo. Tamén comentamos exemplos da natureza. Cos máis maiores, falamos dos beneficios de pintar mandalas as posibles interpretacións dos mandalas e os seus usos terapéuticos. Finalmente todo o alumnado elaborou e coloreou a súa propia mandala.

OBRADOIRO DE RELAXACIÓN (MASAXES E VIAXE IMAXINARIA) Nesta actividade, lévase a cabo unha dinámica de quecemento e de atención ao sentido do tacto. Seguimos con dúas masaxes (adaptadas ás distintas idades do alumnado) e rematamos coa realización dunha viaxe imaxinaria.

41


emoceante La educación emocional es fundamental para un desarrollo integral del alumno; por ello, cada vez está más presente en los centros educativos y en la práctica docente. Por lo que respecta a la asignatura de Lengua, la educación emocional permite, además, dotar al alumno de herramientas lingüísticas eficaces para expresar con precisión sus emociones. Los alumnos aprenden nuevos términos, conocen sus matices de significado, y enriquecen su léxico para describir con detalle las emociones que han sentido al vivir determinadas experiencias, pero que no lograban expresar con palabras. Esto es lo que han hecho los alumnos de 1º ESO

- Me siento satisfecha cuando me dan la nota de un examen y he aprobado. - Me siento sobresaltada cuando de noche se cierra una puerta de golpe con el aire. - Me siento insegura e intimidada cuando estoy con alguien que no conozco. - Me siento eufórica cuando viene mi madre a verme - Me sentí ilusionada cuando me enteré de que iba a tener una prima nueva - Me siento compasiva cuando veo un animal herido - Yo sentí compasión por mi primo cuando se le murió su abuela. - El otro día me quedé perplejo y embelesado ante una moto nueva muy bonita. - Yo me sentí eufórico cuando tenía cinco años y mi padrino me regaló mi primera bicicleta. - Me siento muy frustrada cuando en los exámenes me sé una cosa pero no me sé explicar o no me salen las palabras.

- Tengo una tremenda fobia a los ascensores, por culpa de las películas en las que los personajes se quedaban atrapados en ellos. - Me siento feliz y pletórico cuando estamos toda la familia junta. - Me siento apático todas las mañanas. - Tengo fobia a la oscuridad cuando estoy solo. - Me siento apático en las últimas horas de clase. - Me siento desasosegado cuando voy a empezar un partido de fútbol sala. - Me sentí perplejo cuando vi a mi hermano por primera vez en mi vida. - Me siento inseguro antes de hacer un examen. - Me sentí profundamente abatido con la muerte de mi perro Juanito. - Siento gratitud cuando me ayudan con los ejercicios que no entiendo. - Me siento impotente al saber que fallé una pregunta que sabía al entregar el examen. - Me sentí abatido cuando perdimos el partido contra el Carballiño.

Relaciona cada emoción con su emoticono.

42


emoceante La educación emocional entronca con el tema de la poesía lírica, pues esta es, por definición, la expresión personal de las emociones que embargan al poeta. Los alumnos de 2º ESO han seleccionado poemas de conocidos autores y han identificado en sus versos algunas de las emociones básicas. J.L. BORGES Habré de levantar la vasta vida que aún ahora es tu espejo: cada mañana habré de reconstruirla. Desde que te alejaste, cuántos lugares se han tornado vanos y sin sentido, iguales a luces en el día. (...) ¿En qué hondonada esconderé mi alma para que no vea tu ausencia que como un sol terrible, sin ocaso, brilla definitiva y despiadada? Tu ausencia me rodea como la cuerda a la garganta, el mar al que se hunde. (César Bautista: añoranza, nostalgia, tristeza) M.J. DE OTEIZA Flor hermosa y delicada entre fealdad espantosa, por cuanto tienes de hermosa has de morir asustada. ¿Dónde irás, firme o cortada, sin tener infausta suerte? Cortarte es dolor muy fuerte; dejarte es muerte crecida; pues dejarte con la vida es dejarte con la muerte. (César Aviñoá, desengaño, incertidumbre, indecisión) ROSALÍA DE CASTRO Adivínase el dulce y perfumado calor primaveral; los gérmenes se agitan en la tierra con inquietud en su amoroso afán, y cruzan por los aires, silenciosos, átomos que se besan al pasar. Hierve la sangre juvenil, se exalta lleno de aliento el corazón, y audaz el loco pensamiento sueña y cree que el hombre es, cual los dioses, inmortal. No importa que los sueños sean mentira, ya que al cabo es verdad que es venturoso el que soñando muere, infeliz el que vive sin soñar. ¡Pero qué aprisa en este mundo triste todas las cosas van! ¡Que las domina el vértigo creyérase! La que ayer fue capullo, es rosa ya, y pronto agostará rosas y plantas el calor estival. (Clara: ilusión y pasión juvenil vs desengaño de la vejez )

PABLO NERUDA Todos me piden que dé saltos, que tonifique y que futbole, que corra, que nade y que vuele. Muy bien. Todos me aconsejan reposo, todos me destinan doctores, mirándome de cierta manera. Qué pasa? Todos me aconsejan que viaje, que entre y que salga, que no viaje, que me muera y que no me muera. No importa. (...) Tengo miedo de todo el mundo, del agua fría, de la muerte. Soy como todos los mortales, inaplazable. Por eso en estos cortos días no voy a tomarlos en cuenta, voy a abrirme y voy a encerrarme con mi más pérfido enemigo, Pablo Neruda. (Alicia: depresión, miedo, inseguridad, baja autoestima) PABLO NERUDA Te recuerdo como eras en el último otoño. Eras la boina gris y el corazón en calma. En tus ojos peleaban las llamas del crepúsculo. Y las hojas caían en el agua de tu alma. Apegada a mis brazos como una enredadera, las hojas recogían tu voz lenta y en calma. Hoguera de estupor en que mi sed ardía. Dulce jacinto azul torcido sobre mi alma. Siento viajar tus ojos y es distante el otoño: boina gris, voz de pájaro y corazón de casa hacia donde emigraban mis profundos anhelos y caían mis besos alegres como brasas. Cielo desde un navío. Campo desde los cerros. Tu recuerdo es de luz, de humo, de estanque en calma! Más allá de tus ojos ardían los crepúsculos. Hojas secas de otoño giraban en tu alma. (Belén: nostalgia, añoranza, melancolía) ALFONSINA ESTORNI Las cosas que mueren jamás resucitan, las cosas que mueren no tornan jamás. ¡Se quiebran los vasos y el vidrio que queda es polvo por siempre y por siempre será! Cuando los capullos caen de la rama dos veces seguidas no florecerán... ¡Las flores tronchadas por el viento impío se agotan por siempre, por siempre jamás! ¡Los días que fueron, los días perdidos, los días inertes ya no volverán! ¡Qué tristes las horas que se desgranaron bajo el aletazo de la soledad! ¡Qué tristes las sombras, las sombras nefastas, las sombras creadas por nuestra maldad! ¡Oh, las cosas idas, las cosas marchitas, las cosas celestes que así se nos van! (...) (Xiana: angustia, desesperación, desilusión, desengaño, soledad)

43

BENEDETTI ¿De qué se nutre la nostalgia? Uno evoca dulzuras, cielos atormentados, tormentas celestiales, escándalos sin ruido, paciencias estiradas, árboles en el viento, oprobios prescindibles, bellezas del mercado, cánticos y alborotos, lloviznas como pena, escopetas de sueño, perdones bien ganados, pero con esos mínimos, no se arma la nostalgia, son meros simulacros, la válida la única, nostalgia es de tu piel. (Rocío: nostalgia, añoraza, soledad) OCTAVIO PAZ Dame, llama invisible, espada fría, tu persistente cólera, para acabar con todo, oh mundo seco, oh mundo desangrado, para acabar con todo. Arde, sombrío, arde sin llamas, apagado y ardiente, ceniza y piedra viva, desierto sin orillas. Arde en el vasto cielo, laja y nube, bajo la ciega luz que se desploma entre estériles peñas. Arde en la soledad que nos deshace, tierra de piedra ardiente, de raíces heladas y sedientas. Arde, furor oculto, ceniza que enloquece, arde invisible, arde como el mar impotente engendra nubes, olas como el rencor y espumas pétreas. Entre mis huesos delirantes, arde; arde dentro del aire hueco, horno invisible y puro; arde como arde el tiempo, como camina el tiempo entre la muerte, con sus mismas pisadas y su aliento; arde como la soledad que te devora, arde en ti mismo, ardor sin llama, soledad sin imagen, sed sin labios. Para acabar con todo, oh mundo seco, para acabar con todo. (Sara: ira, furia, indignación, desesperación, soledad, incomprensión, desgarro)


,

Manuel maria, Otero, pedrayo, Ramon caride E cea das panadeiras Durante a celebración do II Serán do Cole de Cea, en 2016, ano en que as Letras Galegas se lle dedicaran ao xenial poeta Manuel María, algúns dos amigos e amigas que participaran naquela festa leran un lindísimo texto do poeta da Terra Chá, titulado “ESPELLOS”. Este poema estaba orixinalmente destinado a se publicar en 1986, na revista BISBARRA (Revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea, Coles, Piñor e Vilamarín), editada grazas ao esforzo e teima de Xosé Manuel Quintela, xa falecido. Outro dos colaboradores daquela revista era Ramón Caride Ogando, o grande poeta e narrador nacido en Cea, no ano 1957.

honra de poder publicar o dito poema ESPELLOS xunto cun soneto titulado DON RAMÓN OTERO PEDRAYO, os dous de Manuel María, acompañados dunha nota que o propio poeta lle escribiu a Xosé Manuel Quintela e que ía acompañando o segundo texto. E aínda para máis, temos a inmensa fortuna de publicar un texto inédito de Ramón Caride Ogando, elaborado especialmente para completar e contextualizar a publicación destes poemas na nosa revista.

Agora, grazas á inestimábel axuda da amiga do Cole e bailadora oficial do Serán, Paz Crespo, O PICURÍ ten a grande

44

Que máis podemos dicir? Só que esperamos que desfrutedes destas obras de arte feitas pensando nas nosas terras de Cea. De Cea das Panadeiras.


No número 0 desta mesma revista (1984), aparece o artigo da súa autoría: Terras de Cea. O pazo de Vilaseco, que comeza así: Hai un Vilaseco, onde o vento é bravío e cantador, na terra de Bergantiños que loce como unha estrela pequena nun verso de Pondal. E outro Vilaseco en terras de Cea das Panadeiras, pasado Biduedo, de chao areoso e graves e solemnes carballos poderosos. Eiquí érguese o pazo que foi, nun tempo, de Angelita Varela de Temes, marquesa de Atalaya Bermeja. Neste pazo pasou tempadas de descanso, e non sabemos si de soedade, o poeta Antonio Rey Soto (...).

MANUEL MARÍA EN CEA Desde finais dos anos setenta, e até o seu pasamento, o poeta Manuel María estivo fondamente vencellado a estas terras nosas entre Faro e Miño, participando en moitísimas visitas, estadías e actos, e participando arreo do intenso movemento cultural e nacionalista deses anos. Proba disto é o seu libro de poemas Cantigueiro de Orcellón (Edicións Avantar, O Carballiño, 1984), recentemente reeditado pola Fundación Manuel María, onde se inclúen as cántigas Canción das panadeiras de Cea e o soneto Oseira. Estes dous poemas, xunto co Espellos que hoxe recuperamos eiquí facían parte da sección Os nosos poetas, adicada ao poeta chairego, que ía publicarse no número 5 de BISBARRA (Revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea , Coles, Piñor e Vilamarín), e que non chegou a ver a luz.

45

Noutro texto da mesma época, a Portaleira (1985) ao meu primeiro libro de poemas, Paisaxe de Verde Chuvia, Manuel María di: CEA DAS PANADEIRAS é unha terra sobria, fermosa, contida, amparada pola sombra tutelar da Serra Martiñá e pola lenda monástica de Oseira. A nós a paisaxe penascosa da Martiñá parécenos moi semellante á Arcadia grega. Esta semellanza asombrounos e fíxonos soñar longamente (...) Unha curiosidade: se no primeiro texto Manuel María escrebe en negriña o topónimo Cea das Panadeiras, no segundo é o único completo en maiúsculas de todo o orixinal. Probas da importancia que Manuel lle daba a esta vila. Por certo, Cea das Panadeiras é ben máis fermoso que San Cristovo de Cea. A ver se alguén se anima a poñelo en valor, como se di agora. Ramón Caride


De cine

Durante un longo ano e medio de traballo, ninguén esperaba que o noso pequeno traballo chegase a tantos lugares empezando por Ourense, onde tivemos a honra de gañar o 1º premio do OUFF Escola, chegando a Zaragoza, Plasencia, e proximamente a Valencia.

nunca estiveramos, compartimos momentos con persoas de todos os puntos de España, de Europa e do mundo, puidemos ver os seus traballos, fixemos amizades, vivimos uns días onde todo xiraba ao redor do cine e entre tanto experto recibimos unha morea de felicitacións.

Nestes dous últimos festivais, o International Youth Film Festival-Plasencia Encorto e o Internatinal Youth Film Festival Zaragoza, a pesar de estar entre os finalistas, non recibimos ningún premio. Aínda así, a experiencia é inesquecible, pois non só demos a coñecer ante moita xente o noso traballo, senón que visitamos cidades nas que

Marchamos a Zaragoza o 1 de decembro, e durante dous días vimos curtametraxes, exploramos a cidade e asistimos á entrega de premios. A viaxe a Plasencia foi en avión ata Madrid, onde nos esperaba un autobús que nos levaba á cidade. Nese autobús viaxaban persoas de todo o mundo, dende Corea do Sur, Grecia, Austria, 46

Holanda e incluso algunhas que xa coñeceramos en Zaragoza, o que creaba un ambiente cheo de diferentes culturas e bañado polo cine. Aparte das visitas guiadas por Cáceres e Plasencia, tamén tivemos a oportunidade de participar en diferentes talleres cinematográficos e de sentirnos como auténticos profesionais na gala na que se deron a coñecer aos gañadores. A experiencia non puido ser mellor, pois todo o que aprendemos, coñecemos e vivimos é imposible de esquecer. Carlota Álvarez Feijoo


Unha experiencia inesquecible nolos tres, cara Plasencia; un dezaseis de Marzo ás sete da mañá en avión dirección Madrid, para logo coller un autobús do festival cara Plasencia. Chegaríamos a Plasencia cerca das cinco ou as seis da tarde, cansos todos da longa viaxe. Había moitos rapaces de toda España, e mesmo de Holanda e Austria. Os españois xunto con catro rapazas de Austria quedamos nun alberge, os de Holanda nun hotel e os profesores noutro.

O derradeiro curso na ESO remata, por fin, para min. Foron moitas as aventuras e experiencias vividas no meu querido CPI Virxe da Saleta, popularmente coñecido como “O cole de Cea”. Xa hai máis de cinco anos que comecei os meus estudos no centro, e, pese a que tiven algún que outro altibaixo nas notas, é ben sabido que esta colexio deixa pegada nos seus alumnos, tanto é así que o botarei en falta; pegarase a min coma unha lapa o famoso sentimento galego da morriña. Unha vaga semellanza á morriña que sentiron millóns de galegos emigrantes da súa ben querida Galicia.

Ah! ¿Que non sabiades que esta non era a primeira? Pois antes desta, xa se fixera outra, proposta por David, e na que participou Lucía; a irmá de Carlota. Arre demo! ¿Seica ven de familia de artistas?

Pero deixemos a parte o cole de Cea e centrémonos no tema… Como ben xa sabedes, hai dous anos comezou na ESO un proxecto proposto polo xefe de estudos de secundaria; o noso insistente e preocupado pero ben querido profe de sociais, David. A ver, xa sei que estaredes fartiños de frases tan famosas coma: “¿Estais ahí chicos?” ou “¿Estais vivos?”, pero, tras isto atópase unha gran persoa que se preocupa a diario de que fagamos ben as cousas e non nos pasemos ó famoso “Lado oscuro” que o noso profe de inglés xa ten mencionado unhas cantas veces.

Logo de ter o tema escollido, a historia escrita e a curtametraxe feita...Vale, saltei a época de rodaxe, pero, e que senón, ocupo tres follas e non é plan. Viña a dicir, que tras ter rematada a curtametraxe tiñámola que presentar nalgures, e que mellor sitio que presentala no OUFF Escola de Ourense. A partir deste punto todo foi cara arriba; gañadores do certame, entrevistas na Galega, en Telecinco, aparicións no Faro de Vigo e invitacións a festivais de toda España! Invitáronnos a un festival en Zaragoza, ó que fomos Carlota, David e mais eu. Voltamos sen premio, cunha mención, pero turismo fixemos dabondo e pasámolo bastante ben.

Este proxecto comezou coa búsqueda, por parte da miña compañeira Carlota, de xente que quixese participar. Unha vez que esta xuntou a uns cantos, David explicounos o que iamos facer; falounos das curtametraxes, da técnica de “stop-motion”... Reuniámonos na sala B da biblioteca do centro e alí pensabamos o tema a tratar na nova curtametraxe do centro.

Pois para a próxima tócalle ó irmán pequecho: Jacobo. Agora que me decato xa levo bastante escrito e aínda non chegei ó tema de interés, aínda que non creo que lles importe ós editores de “O Picurí”; canto máis mellor.

Logo, chegou Plasencia... Emociónome ó recordar o que vou relatar a continuación, fáiseme un nó na gorxa ó tratar de sorrir; é a morriña. Voto en falta a eses que cravaron en min o puñal da amizade, unha panda de rapaces cos que convivin tan só tres días, tres días que nos cambiaron, tres días de risas, aventuras, trasnadas e lecer... Tres días que recordarei toda a miña vida; que gardarei, non na miña mente; no meu corazón. Partimos de novo,

47

Recórdoo perfectamente; dezaseis rapaces nuha mesma habitación, non vos preocupedes que non houbo leas, pero tiñamos unha relación entre nós case familiar ou familiar de todo. Véñenme á memoria algún que outro “personaje” como: Juan, Guille, Álex ou Mario; entre outros. Non víamos a hora de deitarnos: calaba un; falaba outro, e así toda a noite. En canto ó festival, estivo moi ben; houbo talleres, ceas conxuntas, saídas a Cáceres de turismo e tempo de lecer só para nós. Agradézovos que nos invitarades e felicítovos pola gran planificación que fixestes. Agora, xa de volta ó presente, tamén tivemos unha invitación para ir a Boiro o pasado noeve de Xuño e outra a un festival en Valencia, ó que por desgraza non poderei asistir a finais de Xuño, porque coincide coa excursión de fin de curso dos alumnos de cuarto da ESO a Londres. Pese a non poder ir, espero que os que vaian o pasen en grande e disfruten da experiencia como disfrutei eu. Para rematar, só dar as grazas: A David, por ensinarnos e aguantarnos. A Carlota, por ser tan optimista. A Raúl, por estar ahí, aínda que ás veces bromeando. A Álex, por esas ideas. A Alicia, por transmitir o seu entusiasmo. A Nieves e Paula, por axudar a escribir esta historia. A todos os de Plasencia, por cravar en min ese puñal e cambiarme a vida. A Patricia, polo seu aporte floral. A Jose Ramón, por darlle vida ó señor Alfonso. A Susana e Valentín, por poñerse no noso lugar animando así de ben. A Paquita, non por corrixir o texto, senón por ser todo iste tempo como unha nai para nós. A todo o centro, por apoiar o noso proxecto. Ás nosas familias, por apoiarnos a nós. E por último, persoalmente, agradecerlle a todo o profesorado as ensinanzas que me axudaron a medrar como persoa. Debo dicir, que as oportunidades pasan unha soa vez na vida, que non existe a sorte; existen as metas e a perseverancia, e que é incríble que algo tan curto poida durar tanto tempo; no meu caso, toda a vida. Alejandro Pico Rodríguez


fotomemoria

Achégase o 50 aniversario do noso centro e queremos botar a vista atrás coa vosa axuda. Para iso organizaremos a exposición FOTOMEMORIA. A vosa colaboración é imprescindible polo que vos animamos a participar coas fotos antigas do voso álbum. Aquelas que fagan referencia á vida nos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, os concellos dos que provén o alumnado do Cole de Cea. E tamén, por suposto, se 48

tedes algunha foto do voso paso polo colexio estariamos encantados de contar con ela. Podedes traelas ao cole ou envialas a ticscea@gmail.com. Ao carón desta páxina podedes ver un pequeño exemplo das xoias fotográficas que, de momento, achegaron xa á exposición.


49


Reformando o patio O ano pasado decidimos comezar a reformar o patio de infantil e primaria. O primeiro que decidimos facer foi unha caseta de madeira para que os rapaces poidan gardar os seus xoguetes nela. Comezamos cortando e lixando as táboas coas que construímos a caseta. Foi unha tarefa moi laboriosa coa que estivemos case dous meses. Consistíu en redondear as esquinas das táboas cortándoas e logo lixándoas, en lixar as táboas por completo e por último en botarlles un produto que as protexese da choiva, sol, etc. O próximo que fixemos foi lixar toda a base e pintala. A continuación enterrámola no patio de infantil e montamos enriba dela a caseta. Do tellado encargouse a profesora. Cando os rapaces pequenos viron a caseta encantoulles e agora téñena chea de xoguetes, pero todos moi ordenados grazas as súas profesoras. Foi unha reforma cun éxito total!

50

Este curso continuou o traballo, esta vez a materia prima foi o caucho… duns neumáticos que amablemente nos trouxeron dende un taller cercano. Utilizamos dous remolques! Houbo que lavalos, pintalos e trasladalos ao patio de infantil, cavar e enterralos rodeando con eles o areeiro. Cumpren unha dobre función: protección contra posibles golpes e decoración. O día que rematamos a instalación, os pequeniños viñeron velo e menudo aplauso que nos deron! Ademáis, cada un de nós desenvolveu un proxecto reutilizando outros neumáticos, que quedarán colocados polos patios: balancíns, butacas, obxectos decorativos ben vistosos. Pouco a pouco ímoslle dando cor aos nosos espazos de lecer. E o próximo ano … máis.

Alumnos de 3º ESO.


pasatempos SUPERSOPA DE LETRAS Atopa nesta sopa de letras o nome dos 24 personaxes de Applícate o conto que están na contraportada do Picurí. SALCHICHORI, ALPEGO, PIRCOCHO, DON CHOFLETO, KIKA, CABEINSEISX, CAPALA, FARATATA, UONOA, TENTAQULON, RAMAN, FORTERMÓN, PALLASITO GUSANITE, LATO, FLITO, LILATATA, PICATUCACÁ, PADI, PATI POTIA, MARÍA DON, O SOL ANTONTÓN, POMPO, e MERLEN POPOMELON.

T

I

D

R

G

Q

B

L

T

M

S

A

R

U

I

C

V

E

R

P

H

S

H

M

N

Z

P

I

R

C

O

C

H

O

Z

M

F

S

M

G

W

Q

O

F

F

L

I

T

O

G

C

Q

Q

D

D

A

E

U

E

H

X

U

H

D

O

N

C

H

O

F

L

E

T

O

V

V

C

I

N

T

P

H

Q

B

L

S

A

L

C

H

I

C

H

O

R

I

Q

L

D

L

A

F

U

N

F

G

T

M

M

Z

D

Z

N

A

Z

M

T

A

U

E

L

F

L

N

A

C

U

O

N

O

A

B

G

L

L

C

N

M

L

F

L

D

R

D

P

T

C

L

B

D

F

Z

A

L

L

A

L

E

F

S

A

T

A

T

A

R

A

F

M

N

G

Z

P

Z

G

C

E

R

B

A

S

E

C

F

D

E

C

A

B

E

I

N

S

E

I

X

F

L

D

C

I

N

L

H

R

D

Á

G

V

V

B

L

P

D

N

B

O

E

H

L

T

T

C

L

B

O

T

N

A

N

A

L

P

O

M

D

U

N

D

I

O

A

R

I

M

R

R

F

D

F

N

B

N

C

N

B

B

P

X

L

G

Q

V

L

M

L

I

O

S

O

L

A

N

T

O

N

T

O

N

E

U

U

V

A

D

A

P

O

T

H

O

B

M

B

I

D

A

P

C

R

S

L

A

T

O

M

I

O

G

B

D

L

T

R

B

Z

C

O

B

M

A

O

B

A

C

I

B

C

Z

B

A

F

O

R

T

E

R

M

O

N

N

N

P

T

Z

Ñ

P

C

P

X

I

D

G

M

Z

B

M

E

G

O

I

P

M

A

R

Í

A

D

O

N

C

D

E

L

A

F

Z

L

B

I

T

N

H

T

T

Z

T

Z

M

P

E

Z

P

B

H

M

R

O

H

F

E

N

P

N

X

H

I

B

P

F

T

B

L

F

T

P

C

N

T

A

G

U

G

A

N

N

P

N

O

X

A

N

A

M

A

R

G

X

H

R

M

S

I

E

T

B

O

X

T

H

L

X

I

M

L

Q

M

A

H

A

N

X

A

T

O

C

T

N

A

B

F

M

D

M

A

X

P

X

D

L

Z

D

N

I

N

C

I

P

S

X

V

X

G

Z

P

M

N

S

X

B

A

B

G

N

C

A

A

B

E

S

Q

K

I

K

A

C

X

R

D

E

N

D

B

A

B

P

Z

D

M

N

D

P

F

N

C

P

V

V

M

I

51


facebook.com/ColedeCea twitter.com/coledecea www.edu.xunta.es/centros/cpivirxedasaleta 52 cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es RĂşa A Costa, s/n 32130 - San Cristovo de Cea (Ourense) 988 28 21 69


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.